Uso y funciones de la plica en el Cancioneiro da Ajuda: identificación del usus scribendi de los copistas

Antonio Fernández Guiadanes

Este artículo constitúe unha primera aproximación a un fenómeno escriturario do Cancioneiro da Ajuda que ata o momento non fora obxecto de estudo particularizado por parte da crítica especializada: o uso e as funcións duns signos diacríticos aos que denomino plicas (altas, medias e baixas). Cabe destacar que, por unha parte, a análise destas marcas revela que se pode chegar a establecer, en certos casos, o usus scribendi dos copistas que participaron na confección do códice; e, por outra, algunhas delas poden resultar de interese á hora de realizar o establecemento do texto crítico das cantigas que transmite.