Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, textos e contextos

Criterios de admisión

O Máster está dirixido fundamentalmente a egresados que proceden das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. Aínda así, a súa estrutura facilita o acceso de calquera licenciado (300 ECTS) ou graduado (240 ECTS) doutras titulacións, sobre todo do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais, que desexe completar a súa formación no ámbito dos estudos medievais.

 

O perfil de ingreso que se procura é o dun alumno interesado en profundar no estudo da Idade Media europea, desde unha perspectiva artística, filolóxica, histórica, lingüística ou literaria, mais sempre consciente de que, antes de centrar o seu interese nun aspecto concreto, debe coñecer de forma suficiente o contexto histórico-cultural no que se enmarcan as manifestacións concretas que desexa estudar, para establecer as oportunas relacións.

 

Titulacións por orde de preferencia:

  1. Licenciaturas ou Graos en Filoloxía (en todas as especialidades), Historia, Historia da Arte e Humanidades.
  2. Licenciatura en Xeografía e Filosofía. Diplomados en Documentación.
  3. Outras titulacións das ramas de Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas.

A USC aplica a este mestrado os criterios xerais de matrícula.