Ir o contido principal

Conferencias

Resultados

'Feminidade e industria musical'

O relatorio que impartirá este mércores a cantautora galega María Xosé Silvar, Sés, na Facultade de Humanidades encádrase no actos organizados pola USC co gallo do Día Internacional da Muller

Proxeria: Ter un neno ancián

O próximo día 29 de febrero, e co gallo do Día Internacional das Enfermidades Raras, impartirase na Facultade de Bioloxía a conferencia “Proxeria: ter un neno ancián” polo Dr. Ricardo Villa Bellosta, especialista nesta enfermidade.

A proxeria, tamén coñecida como síndrome de proxeria Hutchinson-Gilford (HGPS, polas súas siglas en inglés), é unha condición xenética autosómica dominante fatal extremadamente rara de envellecemento acelerado en nenos. Aqueles que nacen con proxeria adoitan vivir ata a adolescencia ou a vintena. Segundo datos da Fundación en Investigación en Proxeria de Boston (EEUU), no mundo hai 193 nenos ou adultos novos que viven en 51 países (incluido España) con proxeria. Con todo, nos últimos 20 anos, grazas ao descubrimento da súa causa xenética, fóronse dando importantes pasos que mostran "certa esperanza" nos tratamentos.

Ricardo Villa Bellosta é investigador Ramon e Cajal na Universidade de Santiago de Compostela e Investigador Principal do grupo “Metabolic Homeostasis and Vascular Calcification”. O seu laboratorio atópase no Centro Singular de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e é grupo emerxente no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Imparte docencia para o departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. O seu proxecto de investigación foi seleccionado para o programa de mecenado SUMA Valor. Actualmente está a desenvolver un proxecto de investigación sobre proxeria financiado pola Progeria Research Foundation de EE.UU.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2019.