Ir o contido principal

Minerais contra o cancro

O obxectivo deste proxecto é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e valorar o seu uso como complemento nos tratamentos de quimio e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.

imaxe representativa da iniciativa

O proxecto

Os minerais son nutrientes esenciais que xogan un papel vital en moitos procesos fisiolóxicos e bioquímicos xa que actúan como cofactores de varios encimas clave (proteínas que se encargan de catalizar las reaccións bioquímicas do metabolismo) involucradas na defensa antioxidante, a resposta inmune, a cicatrización de feridas e a regulación da expresión xénica, entre outras funcións.

Aínda que as necesidades fisiolóxicas dos minerais están ben definidas tanto en humanos como en animais, e que a suplementación con minerais na dieta ten demostrado ser unha ferramenta eficaz e segura para a prevención de enfermidades específicas causadas por minerais, as deficiencias de minerais seguen sendo moi frecuentes en todo o mundo. Na maioría dos casos trátase de procesos silenciosos que non provocan unha clínica clara, pero que actúan como agravantes doutras enfermidades.

Nos últimos anos, un gran número de publicacións científicas revelan deficiencias e desequilibrios de minerais en numerosas patoloxías clínicas, particularmente en pacientes críticos. Nestes doentes, o estrés oxidativo (alteración bioquímica que se produce cando a oxidación supera os sistemas antioxidantes do organismo creando un grave desequilibrio entre ambos) está involucrado no desenvolvemento de dano tisular secundario e fallo orgánico, e os minerais que contribúen á defensa antioxidante, principalmente selenio, cobre e zinc, mostran niveis baixos no sangue.

Dentro dos pacientes criticamente enfermos, o papel dos minerais é especialmente relevante nos doentes con cancro. Así, tense demostrado que existe unha estreita relación entre determinadas deficiencias minerais con certos tipos de tumores. Por exemplo o selenio nos tumores de mama e de próstata. O síndrome de anorexia-caquexia é moi común nos procesos tumorais. Nestes procesos prodúcense a miúdo deficiencias de elementos esenciais como selenio, zinc ou ferro, que xogan un papel homeostático (equilibrio entre todos os sistemas do corpo) esencial. Estes elementos tamén son moi importantes no proceso inflamatorio que se produce arredor da maioría destes tumores, o que provoca que as necesidades nutricionais sexan maiores que no individuo san.

Estudos recentes mostran que a suplementación con micronutrientes antioxidantes (onde se inclúe o selenio) está demostrando ser un tratamento adxuvante en quimioterapia e radioterapia, que diminúe os efectos secundarios destes tratamentos e mellora a calidade de vida e o prognostico dos pacientes.

A nosa experiencia como veterinarios sinala que no Norte de España as deficiencias de minerais, sobre todo de selenio, iodo e cobre son moi frecuentes, sendo necesario suplementar adecuadamente aos animais para que non se vexa afectada tanto a súa saúde como a súa produción. Persoas e animais comparten moitas fontes de alimentación e é moi razoable pensar que as mesmas deficiencias ocorran nas persoas pero, por moi estraño que pareza, apenas hai estudos sobre elo.

Quen somos

Somos un equipo multidisciplinar integrado por persoal investigador das Facultades de Veterinaria e Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

O proxecto está coordinado pola profesora Dra. Marta López Alonso, investigadora principal do Grupo de Investigación IMedA. Este equipo, do que forman parte os profesores Marta Miranda Castañón e Víctor Pereira Lestayo, conta cunha larga traxectoria internacional no estudo dos efectos de minerais tóxicos e esenciais sobre a saúde animal, humana e medioambiental. Pioneiros do emprego da abordaxe One World, One Health teñen participado en numerosos proxectos internacionais dende animais de renda en sistemas de produción intensivo e ecolóxico, ao emprego de mascotas como bioindicadores de contaminación ambiental para o home, ou o estudo dos efectos da contaminación das minas de ouro nos ecosistemas acuáticos da Amazonia.

A Dra. López Alonso é membro do panel de Expertos FEEDAP da European Food Safety Authority, que regula o emprego de aditivos nas dietas animais. Dentro deste campo, teñen desenvolto suplementos minerais para paliar as deficiencias minerais que sofren os animais, mellorando a súa saúde (inmunidade e reprodución) e os seus rendementos produtivos. Destaca neste sentido o emprego de algas mariñas en nutrición animal, que ademais de aportar minerais supoñen unha alternativa eficaz ao emprego de antibióticos co obxectivo de reducir o emprego dos mesmos en produción animal.

De forma paralela a este proxecto están levando a cabo unha investigación sobre o papel dos minerais en patoloxías crónicas en cans, incluídos os procesos oncolóxicos, do que se ocupa directamente a alumna de doutorado Belén Larrán Franco. No proxecto tamén participa moi activamente o profesor Dr. Carlos Herrero Latorre do grupo de investigación QUAL da USC, experto en interaccións entre minerais e modelos estatísticos quimiométricos e redes neuronais, claves para entender as complexas interaccións que ocorren a nivel orgánico entre minerais e por tanto responsables dos seus efectos metabólicos.

No HULA o equipo de investigación está coordinado polo seu director asistencial o Dr. Rafael Monte Secades, e participan os equipos de Oncoloxía e Endocrinoloxía e Nutrición, coordinados polo Dr. Ignacio Fernández Sobrado, especialista en Oncoloxía Médica e a Dra. Rosa Argüeso Armesto, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, que desenvolven a súa actividade asistencial no HULA. Destaca ademais a participación da graduada en enfermería Dña. Inés Rivas Fernández, que realiza o seu labor asistencial na xestión de procesos integrados de diagnóstico e tratamento de cancro y levará a cabo a súa Tese doutoral dentro deste proxecto.

Colabora economicamente

  • Podes colaborar no noso proxecto a través dunha acción de micro mecenado na plataforma Precipita da Fundación española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
  • Ver o proxecto en Precipita
Minerales contra el cáncer

 

Colabora doando o teu sangue

  • Para a primeira fase do estudo necesitamos mostras de sangue da poboación de Lugo. O teu sangue é importante!

 

Formulario de colaboración

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2022.