Ir o contido principal

O Campus Terra da USC presenta a súa oferta académica no salón de orientación universitaria Unitour Oviedo

El Campus Terra de la USC presenta su oferta académica en el salón de orientación universitaria Unitour Oviedo
El Campus Terra de la USC presenta su oferta académica en el salón de orientación universitaria Unitour Oviedo
A xestora de especialización da Oferta Docente do Campus Terra da USC, Margarita Vilela, e a xestora de Comunicación, Natalia Alonso, presentaron este luns no salón de orientación universitaria...
Lugo

A xestora de especialización da Oferta Docente do Campus Terra da USC, Margarita Vilela, e a xestora de Comunicación, Natalia Alonso, presentaron este luns no salón de orientación universitaria Unitour Oviedo a oferta académica do Campus Terra da USC a través dun espazo expositor polo que pasaron preto dun milleiro de estudantes.

 

A oferta académica do Campus Terra da USC consta na actualidade de quince títulos de grao, dous dobres graos, doce mestrados oficiais, dous mestrados propios e sete programas de doutoramento. Ademais, dez dos títulos de grao que se ofertan contan cunha subvención da Deputación Provincial de Lugo que financia o 50% da primeira matrícula. 

 

O Hotel La Reconquista acolleu unha nova edición desta feira especializada en oferta universitaria que lle permite aos seus asistentes atopar respostas a cuestións tales como ‘ ¿A que quero dedicarme?’ ou ‘ ¿Que quero estudar?’ e que conta xa con máis de dez anos de historia. O Campus Terra da USC compartiu espazo con outras universidades como a Carlos III de Madrid, CEU San Pablo ou Universidade de Deusto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.