Auditorio

A II promoción do grao en Empresa e Tecnoloxía e a XIII promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) celebrarán o seu acto de graduación o vindeiro 6 de xuño, ás 18.30 horas, no Auditorio da Facultade de Veterinaria.
O acto presidirao o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, e nel intervirán o padriño da promoción de ADE, o CEO de Torre de Núñez, José Manuel Núñez Torre; e a madriña e padriño da de Empresa e Tecnoloxía, os docentes do centro Alba Lugilde e Santiago Argüeso. A continuación será a entrega de insignias e diplomas ao estudantado.
Na cerimonia intervirán ademais o decano da Facultade de ADE, Roberto Bande Ramudo; o decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín; o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e a tenente de alcalde do Concello de Lugo, Olga López Racamonde.