A presente proposta de Grao xorde da necesidade de adaptar á nova realidade e necesidades das organizacións a formación profesional e académica dos profesionais da administración e xestión de empresas. Cómpre profesionais que sexan capaces de xestionar a innovación tecnolóxica e poidan aplicar as solucións da tecnoloxía da información aos problemas das organizacións. De maneira que, ademais de coñeceren amplamente as diferentes áreas da empresa e a súa interrelación co contorno económico, o profesional debe ser capaz de incorporar e xestionar a tecnoloxía no ámbito da empresa, tanto na organización como nas súas estratexias de procura de competitividade.
A profunda transformación dixital que é necesario afrontar reviste unha importancia especial polo potencial efecto no investimento, no crecemento e na competitividade empresarial asociados ao uso destas tecnoloxías. A dixitalización da sociedade e da industria presenta retos e xera oportunidades para a industria que deberá adaptar os seus procesos, produtos e modelos de negocio. A competitividade do tecido produtivo e da economía depende en boa medida da capacidade das empresas para exploraren o potencial económico da tecnoloxía e competiren con éxito nun contorno dixital e global.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (2ª edición) Presencial
Duración:
4 anos académicos
Código RUCT: 1500218
Número de ECTS: 240
Número prazas: 45
Decano/a ou director/a do centro:
ROBERTO BANDE RAMUDO
roberto.bande [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Ada Maria Perez Pico
adamaria.perez [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Nivel MECES: 2
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Nova economía e tecnoloxía
- G3202101
- Formación básica
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Administración e dirección de empresas
- G3202102
- Formación básica
- Segundo semestre
- 6 créditos
Ferramentas tecnolóxicas para a empresa
- G3202103
- Formación básica
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Matemáticas I: álxebra
- G3202104
- Formación básica
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Xestión comercial
- G3202105
- Formación básica
- Segundo semestre
- 6 créditos
Fundamentos de contabilidade
- G3202106
- Formación básica
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Ferramentas de análise económica
- G3202107
- Formación básica
- Segundo semestre
- 6 créditos
Fundamentos de programación
- G3202108
- Formación básica
- Segundo semestre
- 6 créditos
Inglés para a xestión empresarial I
- G3202121
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Matemáticas II: cálculo
- G3202122
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Estatística empresarial
- G3202201
- Formación básica
- 6 créditos
Fundamentos de dereito
- G3202202
- Formación básica
- 6 créditos
Economía dixital
- G3202221
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Dirección estratéxica e xestión da innovación
- G3202222
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Sistemas integrados de xestión
- G3202223
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Inglés para a xestión empresarial II
- G3202224
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Introdución ás finanzas
- G3202225
- Obrigatorio
- 6 créditos
Dirección de operacións
- G3202226
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Análise de estados financeiros
- G3202227
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Fiscalidade da empresa
- G3202228
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Aplicacións web e aplicacións móbiles
- G3202229
- Obrigatorio
- 6 créditos
Dirección comercial
- G3202230
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Marketing dixital
- G3202321
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Xestión de persoas
- G3202322
- Obrigatorio
- 6 créditos
Minería de datos e intelixencia de negocios
- G3202323
- Obrigatorio
- 6 créditos
Aprendizaxe automática para a empresa
- G3202324
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Modelos de toma de decisións
- G3202325
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Dereito da contratación electrónica
- G3202326
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Comercio electrónico
- G3202327
- Obrigatorio
- 6 créditos
Xestión financeira da empresa
- G3202328
- Obrigatorio
- 6 créditos
Investigación comercial
- G3202329
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Habilidades directivas
- G3202330
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Tecnoloxía para procesos en industrias intelixentes
- G3202331
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Contabilidade de xestión
- G3202332
- Obrigatorio
- 4,5 créditos
Comunicación dixital
- G3202421
- Optativo
- 4,5 créditos
Prácticas externas
- G3202422
- Obrigatorio
- 12 créditos
Traballo fin de grao (mención en Desenvolvemento Empresarial)
- G3202423
- Obrigatorio
- 7,5 créditos
Trabajo fin de grado (mención en Xestión da Información)
- G3202424
- Obrigatorio
- 7,5 créditos
Traballo fin de grao
- G3202425
- Obrigatorio
- 7,5 créditos
Xestión de proxectos
- G3202441
- Optativo
- 4,5 créditos
Desenvolvemento de novos produtos e marcas
- G3202442
- Optativo
- 4,5 créditos
Fiscalidade no contorno dixital
- G3202443
- Optativo
- 4,5 créditos
Emprendemento e plan de negocio
- G3202444
- Optativo
- 4,5 créditos
Fontes de financiamento para o emprendemento
- G3202445
- Optativo
- 4,5 créditos
Análise da viabilidade financeira e o risco
- G3202446
- Optativo
- 4,5 créditos
Xestión internacional da empresa
- G3202447
- Optativo
- 4,5 créditos
Sistemas de información para a contabilidade e finanzas
- G3202448
- Optativo
- 4,5 créditos
Sistemas de información para a dirección
- G3202449
- Optativo
- 4,5 créditos
Tecnoloxía de soporte para novos modelos de negocio
- G3202450
- Optativo
- 4,5 créditos
Talleres tecnolóxicos
- G3202451
- Optativo
- 4,5 créditos
Tecnoloxías para Big Data
- G3202452
- Optativo
- 4,5 créditos
Sistemas de apoio á toma de decisións financeiras
- G3202453
- Optativo
- 4,5 créditos
Xestión da seguridade da información
- G3202454
- Optativo
- 4,5 créditos
Xestión da seguridade da información
- G3202454
- Optativo
- 4,5 créditos
Xestión da Diversidade
- G3202455
- Optativo
- 4,5 créditos
Xestión de datos para a empresa
- G3202456
- Optativo
- 4,5 créditos
O plan de estudos do Grao en Empresa e Tecnoloxía comprende 276 créditos ECTS, dos que o alumnado deberá cursar 240, distribuídos en 4 cursos de 60 créditos, que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir.
• Formación básica: 60
• Obrigatorias: 120
• Optativas: 40,5
• Prácticas Externas OB : 12
• Traballo fin de Grao: 7,5
o Total: 240

Recoñecemento de créditos optativos sen equivalencia no grao
- G3202RNOEQUIV00
- Optativo
- 1 créditos
O plan de estudos organizouse en 5 módulos:
• Módulo de formación Básica: 60 créditos, que se ofertan a través de 10 materias de 6 créditos cada unha na primeira metade do plan de estudos. Deles, 36 créditos vincúlanse ás materias básicas do ámbito de coñecemento Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, marketin, comercio, contabilidade e turismo.
• Materias de formación obrigatoria: 120 créditos correspondentes a materias obrigatorias que se distribúen ao longo de todo o Grao en función dos resultados do proceso de formación e aprendizaxe que debe adquirir o alumnado.
• Módulo de formación Optativo: 40,5 créditos que se ofertan no último curso.
• Módulo de Prácticas Externas.
• Módulo de Traballo de Fin de Grao.
O/A alumno/a ten a posibilidade de elixir entre dúas mencións:
• Desenvolvemento Empresarial e Emprendemento.
• Xestión da Información e da Tecnoloxía.
O alumnado que non queira conseguir unha especialización determinada pode escoller entre as 17 materias optativas ofertadas.
Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, o alumnado poderá ser admitido no Grao en Empresa e Tecnoloxía se reúne os requisitos de acceso que se establecen na normativa vixente, pero sería desexable que posuísen as seguintes características persoais e académicas:
• interese pola realidade económica e as súas implicacións para o mundo da empresa.
• compromiso social.
• capacidade analítica e crítica.
• curiosidade tecnolóxica e inquietudes emprendedoras.
• capacidade de adaptación a unha contorna cambiante e competitiva.
• competencias lingüísticas (orais e escritas) en castelán, galego e inglés.
• emprego de ferramentas informáticas básicas.
• coñecementos básicos de economía e empresa.
1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos: libre cun máximo de 75 créditos.
1. Plan de Acción Titorial da Facultade:
Orientación a estudantes de novo ingreso:
• Presentación da Facultade. O primeiro día lectivo do curso o equipo de goberno da Facultade organiza unha sesión informativa dirixida especialmente aos estudantes de primeiro curso coa finalidade de favorecer a súa integración. Nesta sesión realízase unha presentación dos órganos de goberno, dos servizos e infraestruturas dos que dispón o centro e das normativas máis importantes da USC en materia de estudantes.
• Presentación da Biblioteca Intercentros. O persoal da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo fai unha presentación na Facultade dos distintos servizos que ofrece ao alumnado.
• Xornada de benvida aos novos estudantes do Campus. O Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo organiza unha xornada de benvida dirixida aos alumnos/as de novo ingreso no Campus. Nesta xornada, entre outras actividades, os responsables dos distintos servizos con que conta a USC no Campus preséntanse e póñense ao dispor dos alumnos/as.
• Conferencia na Facultade sobre o proceso de adaptación ao sistema de Bolonia baixo a perspectiva do traballo do estudante.
• Acompañamento a través do Programa de Alumnos Titores da USC. Este programa ten como obxectivo que os estudantes seleccionados asesoren e orienten aos estudantes de novo ingreso. Para iso realizan previamente un curso de formación.
Orientación ao longo dos estudos:
• Sesión informativa sobre programas de mobilidade.
• Sesión informativa sobre o Traballo de Fin de Grao.
• Sesión informativa sobre o programa de prácticas externas.
• Programa de Apoio Titorial Extraordinario da USC para axudar aos estudantes para superar as materias que lles presentan especiais dificultades.
Orientación para a toma de decisións ao finalizar os estudos:
• Conferencias sobre procura de emprego e emprendemento.
• Sesión informativa sobre oferta de formación de posgraduado.
2. Titor/a Persoal
Consiste no acompañamento e seguimento do alumnado ao longo de todo o proceso formativo. O Titor/a Persoal é unha figura común ás dúas modalidades de docencia, presencial e virtual. Ademais, na modalidade virtual este titor/a encargarase de asesorar ao alumnado sobre aqueles aspectos do funcionamento da Facultade e/o do grao como: programas de mobilidade, prácticas externas, traballo fin de grao, servizo de biblioteca, entre outros.
3. Ademais o alumnado recibirá apoio a través da Unidade de Xestión da Facultade, así como da Unidade de Xestión Académica do Campus de Lugo, tanto de maneira presencial como telemática. Tamén contan co apoio da Oficina de Información Universitaria para calquera cuestión xenérica que desexen consultar.
4. A nivel técnico, será o Centro de Atención a Usuarios (CAU) o responsable de dar soporte para o acceso á rede, e tamén de recibir e solucionar incidencias de acceso ao Campus Virtual, en contacto co Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe.
5. A área de Orientación Laboral da USC ten un papel importante en todo o relacionado coa inserción laboral dos universitarios: información sobre recursos de interese profesional, actividades formativas en habilidades para a procura de emprego, intermediación entre as empresas e estudantes, e titulados/as, etc.
6. Para os alumnos de último curso do Grao colaborarase co Proxecto Mentoring da USC. Devandito proxecto pon en contacto aos mentorizados (alumnos de último ano de grao, pero tamén de máster e egresados) cos mentores (directivos/as de empresas, profesionais ou emprendedores/as con ampla bagaxe profesional e preparación de áreas afíns ao alumnado que participa), co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional. Desta forma os mentores comparten cos mentorizados os seus coñecementos e experiencias, aconsellándoos para que poidan explotar mellor as súas fortalezas e aproveitar as oportunidades da súa contorna.
7. Os estudantes con necesidades especiais contan co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) que se encarga da coordinación e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade e a equidade entre todos os membros da comunidade universitaria.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
As probas de acceso ás tres universidades galegas (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) e para persoas maiores de 25 e 45 anos) están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Para solicitar praza, o alumnado debe cumprir algúns dos seguintes requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 412/2014:
• Ter un título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
• Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que España teña subscrito acordos internacionais nesta materia.
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, para maiores de 40 anos con experiencia laboral ou profesional ou a proba para maiores de 45 anos.
• Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
• Ter un título universitario oficial de grao, máster ou un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensino universitario (diplomado universitario, arquitecto técnico, licenciado, arquitecto, enxeñeiro) ou títulos equivalentes.
• Ter cursados estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que, ó finalizar os estudos universitarios estranxeiros, non teñan obtido a súa homologación en España e queiran continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente recoñeza a lo menos 30 créditos ECTS.
• Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei Orgánica 8/2013, non incluídas nos apartados anteriores.
De maneira xeral existen as seguintes vías de acceso á Universidade:
• Proba de acceso á universidade (ABAU): Unha vez terminado o bacharelato, para poder acceder a un grao universitario débese superar a Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
https://ciug.gal/gal/abau
• Acceso desde a Formación Profesional: Se se dispón dun título oficial de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no sistema educativo español, pódese acceder a estudar unha titulación de grao na universidade. As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do título de técnico superior realizado sobre un máximo de 10. Se se desexa mellorar a nota de admisión aos estudos de grao, pódese facer a proba da parte voluntaria da ABAU.
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/desca…
• Proba de acceso para maiores de 25 anos: Poden facer esta proba as persoas que sexan maiores de 25 anos de idade no ano en que se celebre a proba e que non teñan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outra vía.
• Maiores de 45 anos: Os maiores de 45 anos de idade poden estudar titulacións oficiais de grao despois de superar unha proba de acceso adaptada.
• Acceso maiores de 40: mediante validación da experiencia laboral.
O acceso de maiores de 40 anos ao Grao en Empresa e Tecnoloxía mediante validación da experiencia profesional que se deseñou realizarase considerando os perfís profesionais idóneos e a entrevista de carácter persoal.
O nivel de cualificación profesional esixido ao solicitante será o correspondente ás cualificacións profesionais das familias profesionais e niveis do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP), elaborado polo Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL).
Por parte da Universidade estableceuse a seguinte relación de familias profesionais e niveis con acceso ao grao en Empresa e Tecnoloxía:
Relación de familias profesionais e niveis con acceso ao grao
• Administración e Xestión : Nivel 2 e 3.
• Comercio e Marketing: Nivel 2 e 3.
• Imaxe e Son: Niveis 2 e 3.
• Informática e Comunicacións: Niveis 2 e 3.
• Resto de familias profesionais: Nivel 3.
O grao en Empresa e Tecnoloxía proporciona ao alumnado formación para:
1. Coñecer os fundamentos da integración da tecnoloxía na xestión empresarial.
2. Capacitar ao alumnado no manexo de ferramentas de cálculo e análise que permitan a compresión da contorna económica e social e o seu marco xurídico.
3. Dotar ao alumnado de capacidade para a toma e execución de decisións nas áreas fundamentais da administración e dirección de empresas.
4. Coñecer e ensinar a planificar e implantar solucións tecnolóxicas en diversos ámbitos da xestión empresarial.
Obxectivos formativos das mencións
A mención en Desenvolvemento Empresarial e Emprendemento ten como obxectivo capacitar ao alumnado na análise e desenvolvemento de novas oportunidades de negocio nun contexto global.
A mención en Xestión da Información e a Tecnoloxía ten como obxectivo capacitar ao alumnado na aplicación de solucións tecnolóxicas avanzadas en diversos ámbitos da xestión empresarial.
CP1 - Aplicar os fundamentos xurídicos do sistema económico e fiscal español e internacional que afectan á actividade empresarial.
CP2 - Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análises e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP3 - Xestionar a estratexia de recursos humanos desenvolvendo as habilidades directivas necesarias.
CP4 - Analizar o uso do Big Data e a intelixencia artificial e de negocio para a mellora dos procesos empresariais.
CP5 - Manexar os sistemas de información empresarial para a toma de decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación.
CP6 - Deseñar a integración dos sistemas de información e a súa aplicación nos distintos ámbitos da xestión da empresa.
CP7 - Xestionar proxectos de creación ou transformación de produtos ou procesos.
CP8 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións nas distintas áreas funcionais.
CP9 - Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
CP10 - Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a diversidade e os valores democráticos.
CP11 - Actuar no ámbito da economía e a empresa valorando o impacto social, económico e ambiental das decisións empresariais e tecnolóxicas.
CP12 - Actuar no ámbito da economía e a empresa avaliando as desigualdades por razón de sexo/xénero.
HD1 - Utilizar, confeccionar e comunicar información en lingua estranxeira.
HD2 - Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3 - Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD4 - Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
HD5 - Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD6 - Demostrar capacidade para a aprendizaxe autónoma e autoavaliación.
HD7 - Demostrar creatividade, iniciativa e espírito emprendedor e innovador.
HD8 - Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
C1 - Aplicar habilidades de comunicación efectiva na contorna empresarial e tecnolóxica, tanto en linguas propias como en inglés.
C2 - Identificar conceptos fundamentais de economía dixital e o seu impacto na organización de empresas.
C3 - Manexar métodos numéricos para resolver determinados problemas.
C4 - Definir a estratexia comercial da empresa.
C5 - Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento.
C6 - Identificar normas legais e fiscais na xestión empresarial.
C7 - Seleccionar fontes estatísticas para a toma de decisións empresariais.
C8 - Utilizar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión empresarial.
C9 - Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais.
C10 - Desenvolver solucións tecnolóxicas personalizadas para as necesidades empresariais.
C11 - Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
C12 - Manexar técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas e de xestión en distintos formatos e medios.
C13 - Identificar as mellores prácticas en liderado e xestión de recursos humanos para mellorar a produtividade e promover unha cultura empresarial sólida.
C14 - Entender como o proceso de globalización actual ven afectado polo desenvolvemento de novo coñecemento e tecnoloxía.
Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
Prácticas
O alumnado do Grao deberá cursar obrigatoriamente 12 créditos de prácticas realizadas en empresas relacionadas coa titulación. Esta materia ofértase no último semestre. Estas prácticas poderán realizarse tanto de forma presencial como virtual en función da forma de organización do traballo da empresa.
Os perfís profesionais para os que capacita este título son:
• Especialista en administración de empresas e tecnoloxía: xestionar unha empresa co obxectivo de conseguir a maior eficiencia, formular e analizar as estratexias da organización aplicando as novas tecnoloxías.
• Responsable da xestión das diferentes áreas funcionais da empresa: xestionar e dirixir calquera das áreas funcionais da empresa: contabilidade, finanzas, marketing, recursos humanos...
• Responsable de innovación e xeración de novos modelos de negocio: impulsar unha cultura empresarial innovadora facilitando a identificación, desenvolvemento e implantación de novas maneiras de facer as cousas.
• Consultor de e‐business e TIC: asesorar e prestar apoio a empresas no ámbito do deseño de novas estratexias de negocio dixitais.
• Director tecnolóxico da empresa: buscar e analizar as mellores estratexias para ir introducindo gradualmente solucións tecnolóxicas innovadoras; asesorar a outros directivos e facer plans de futuro para a empresa.
• Director de márketing e comunicación dixital: dirixir e xestionar o departamento de marketing dunha empresa, así como a creación, implantación e execución do Plan de Marketing Dixital.
• Xestor de proxectos: xestionar recursos, controlar a execución e liderar equipos orientados cara ao deseño de proxectos en empresas innovadoras.
• Analista de intelixencia de negocios: analizar os datos utilizados pola empresa para dar soporte á toma de decisións. Serve de nexo entre as diferentes áreas da empresa e a dirección
O Traballo Fin de Grao son 7,5 créditos ofertados no último semestre. A temática do TFG estará relacionada coa mención que curse o alumnado, se opta por mención, ou cunha temática relacionada cos resultados do proceso de formación e aprendizaxe, se non realiza ningunha mención.