Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar a materia, o estudante poderá:
- Comprender como a área de operacións contribúe á competitividade da empresa.
- Coñecer cales son as decisións da área de operacións.
- Comprender as diferenzas entre a produción de bens e a prestación de servizos e a súa influencia nas decisións na área de operacións.
- Tomar decisións na área de operacións de xeito informado, considerando as súas implicacións competitivas e comprendendo as relacións entre elas.
- Coñecer as principais tecnoloxías empregadas na área de operacións.
Organización da produción e xestión de operacións.
A contribución competitiva das operacións.
Decisións de operacións.
Básica
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
Complementaria
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
C3. Manexar métodos numéricos para resolver determinados problemas
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
C8. Utilizar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión empresarial.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e
aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais
CP8. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións nas distintas áreas funcionais
As sesións dedicadas ás clases expositivas, en forma de "clase maxistral", terán como obxectivo presentar ao estudantado o contido dos temas que compoñen o programa, facendo fincapé nos aspectos especialmente relevantes e nas relacións entre eles.
As sesións interactivas centraranse na aplicación práctica dos contidos teóricos presentados nas sesións expositivas. Estas sesións, que consistirán en prácticas no aula de informática, resolución de problemas y estudios de casos, terán como obxectivo mellorar a capacidade do estudantado para recoñecer, definir e analizar os problemas aos que se enfrontan as empresas e para tomar as decisións máis axeitadas, facilitando á vez a interacción entre as partes interesadas. Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o estudantado terá que dedicar a cada unha delas.
Nas titorías, o profesorado guiará ao estudantado e axudarálle a resolver as dúbidas e problemas aos que se enfronta no proceso de aprendizaxe.
A materia terá unha aula virtual operativa, que será o modo preferente de entrega de actividades. Do mesmo xeito, o foro de dita aula, o correo institucional e a plataforma Microsoft Teams utilizaranse como canles de comunicación.
Poderase levar a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación da materia realizarase do seguinte xeito:
- Avaliación continua: análise de casos, entrega de exercicios, tarefas, probas de avaliación continua, etc. Peso na nota final: 50%.
- Exame final. Peso na nota final: 50%.
Estas dúas partes que compoñen a cualificación dos/as estudantes aplicaranse en ambas as dúas oportunidades, de tal xeito que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) manterase para a segunda oportunidade.
Para poder suma-la nota de avaliación continua é necesario que os estudantes obteñan unha nota superior ou igual a cinco (sobre dez) no exame. Para aprobar o curso é necesario que a nota total do exame mais as das actividades sexa igual ou superior a cinco (sobre dez).
A lista de competencias que se avaliarán nesta materia detállase a continuación:
- Avaliación continua: CB2; CB3; CB4; CB5; CG7; CT4; CT5; CT10; CE3; CE5; CE6; CE10; CE13
- Exame final: CG1; CB1; CT5; CE2; CE3
Na avaliación, ademais da adquisición de coñecementos, teranse en conta aspectos como o uso axeitado das técnicas e ferramentas da materia, claridade e capacidade expositiva, dominio da terminoloxía da materia ou participación activa.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións".
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas é un dereito, pero tamén un deber do estudantado, salvo que ao estudante lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo o “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”. Os estudantes a quen sexa concedida a dispensa serán avaliados cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota final.
Dito isto, para os estudantes sen dispensa, a asistencia a clase non terá unha incidencia directa na nota de avaliación, pero será necesaria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para participar nas actividades avaliables que se poidan expor nelas. Existen causas xustificadas de falta de asistencia no marco do devandito regulamento.
Para os estudantes repetidores o sistema de avaliación será o mesmo, existindo a posibilidade, a xuízo do profesorado, de conservar a avaliación positiva de actividades do curso anterior.
O materia ten 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
O total de horas de traballo distribúese do seguinte xeito:
.- Presencial (inclúe horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 42
.- Traballo persoal do estudantado: 71.5
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:45-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
06.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |