Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Introdución ás Finanzas ten como obxectivo ofrecer ao estudantado unha base sólida que lle permita comprender os principais elementos que conforman o sistema financeiro –como os activos, as institucións e os mercados–, así como os cambios derivados da integración das novas tecnoloxías. Así mesmo, busca que o estudantado interprete a empresa como un conxunto de relacións contractuais que inflúen nas decisións financeiras e que esixen unha actuación ética e responsable orientada á creación de valor. A materia tamén capacita para manexar relacións e conceptos matemáticos aplicados á análise de operacións financeiras, teniendo en cuenta o valor do diñeiro no tempo; comprender a relación entre rendibilidade, risco e valor, e valorar distintos tipos de activos financeiros. Finalmente, preténdese que o estudantado sexa capaz de utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros e recorrer a fontes de información fiables dispoñibles.
– Finanzas e sistema financeiro. Dixitalización do sector financeiro.
– Activos, intermediarios e mercados financeiros. Tipos de interese.
– Papel e obxectivo da dirección financeira. Goberno Corporativo, ética e responsabilidade social.
– Principios básicos das finanzas.
– Fundamentos de matemática financeira.
– Rendibilidade, risco e valor. Valoración de activos financeiros.
– Prácticas con follas de cálculo.
– Finanzas na internet (información sobre tipos de interese, mercados, institucións, activos).
Bibliografía básica
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y otros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
PINDADO-GARCIA, J. (2012). Finanzas empresariales. Ediciones Paraninfo, SA.
Bibliografía complementaria
ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para todos, ESIC, 1999
ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BROWN, R.L., KOPP, S., ZIMA, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona, 2007.
SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las operaciones financieras. Pirámide.
VILLALOBOS, J.L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
C9 – Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais.
C11 – Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
HD5 – Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD8 – Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CP2 – Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análises e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP5 – Manexar os sistemas de información empresarial para a toma de decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación.
Ao tratarse da primeira materia de finanzas que introduce ao estudantado por vez primeira no manexo teórico-práctico de conceptos financeiros é especialmente importante que perciba a aplicabilidade dos seus contidos. En particular, no curto e medio prazo a materia ha de dotar aos estudantes dos coñecementos necesarios para cursar materias relacionadas co ámbito financeiro en cursos posteriores, e, no longo prazo, debe dotar aos futuros profesionais das ferramentas e coñecementos necesarios para a toma de decisións financeiras básicas, tanto para as empresas como para outras institucións e, mesmo, para as economías domésticas.
As sesións dedicadas ás clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. Nas sesións interactivas trátase de que o estudante aplique os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. As prácticas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Estas consistirán na resolución de exercicios e casos na aula e nas horas de traballo autónomo do estudantado e están encamiñadas a enfrontar ao estudantado á toma de decisións.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de maneira presencial no horario oficial publicado polo centro. Pola súa banda, as sesións dedicadas a clases expositivas desenvolveranse na aula asignada e as sesións prácticas poden ser tanto na aula habitual como nas salas de informática mediante o manexo da folla de cálculo.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do estudantado que poderá incluír, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración de traballos individuais ou colaborativos, entre outras. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o estudantado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que se poderán realizar parcialmente de maneira virtual, tanto sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) como asincrónica (campus virtual ou correo electrónico institucional). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle. Poderanse habilitar tarefas na aula virtual da materia con data e hora límite para a entrega de casos, traballos ou exercicios.
A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polo estudantado (participación activa na resolución de casos, presentación e exposición de traballos, resolución de problemas, prácticas na aula de informática etc.)/ etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o estudantado de primeira matrícula como para o estudantado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Exame final: Ponderación: 60% da cualificación final. Proba OBRIGATORIA de carácter teórico-práctico, podendo consistir nun test ou outras modalidades de cuestións. Cualificarase sobre 6 puntos, e requirirase un mínimo de 2,5 puntos para sumar a nota de avaliación continua. Nesta parte se avaliarán as seguintes competencias: C9, C11, HD5 e HD8
2. Avaliación continua. Ponderación: 40% da cualificación final. Propoñerase a realización de varias actividades prácticas de diferentes tipos: resolución de caso práctico, análise de texto/vídeo e comentario, conferencia temática e resolución dun test de coñecementos relacionados coa devandita actividade etc. A non realización destas actividades xustificada con algunha das causas incluída no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela compensarase de forma que non afectará o cálculo da nota de avaliación continua. No caso de que a causa non entre dentro das mencionadas no Regulamento, non se poderá recuperar nin substituír por outras actividades alternativas. Nesta parte se avaliarán as seguintes competencias: C9, C11, HD5, HD8, CP2 e CP5
Asistencia: para que a cualificación obtida mediante a avaliación continua sexa tida en conta na nota final da materia, será requisito que o estudante asistise, polo menos, ao 80% das clases interactivas programadas. Esta condición garante unha participación activa nas actividades prácticas e formativas que conforman o seguimento continuo da aprendizaxe.
A NOTA FINAL calcularase da seguinte forma:
a) En caso de obter unha cualificación de 2,5 ou superior no exame, sumarase a nota de E.C.
b) En caso de obter unha nota inferior a 2,5 no exame, a nota final será a de E.C.
Estes criterios serán aplicables a todos os estudantes matriculados na materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame, e en primeira ou sucesivas matrículas.
Calquera estudante poderá presentarse ao exame final haxa realizado ou non as actividades propostas na avaliación continua. En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provirá exclusivamente do exame final optando ao 60% da nota.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o estudantado de primeira matricula como para o estudantado repetidor.
Estudantado repetidor: Os estudantes que xa cursasen a materia e dispoñan dunha cualificación de E.C. en calquera dos 2 cursos anteriores ao actual, poden manter dita nota. No campus virtual habilitarase un formulario para comunicalo, dentro do prazo indicado, á coordinadora da materia.
Estudantado con dispensa: Aos estudantes que, por causas recollidas en Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, soliciten e obteñan dispensa de asistencia a clase, avaliaráselles a través dunha proba única, que se celebrará na data oficial establecida e cuxa nota supoñerá o 100% da cualificación final desta materia. En caso de ser aprobada esta solicitude, deberá comunicalo á coordinadora da materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
Presenciais (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 54 horas. Das cales:
– Docencia expositiva: 18h
– Docencia interactiva/ de seminario/ laboratorio (aula de informática, talleres, proxectos etc.)/ etc.): 30h
– Titorías en grupos reducidos: 3h
– Exame e revisión: 4h
Traballo persoal do estudantado: 96 horas. A distribución inclúe o estudo autónomo individual ou en grupo (24 horas), resolución de casos prácticos/ exercicios, lecturas ou outros (47 horas); preparación de traballos (3 horas); preparación de exames (22 horas).
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o estudantado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o estudantado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do estudantado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Adicionalmente, o estudantado que se dispón a cursar esta materia debería ter coñecementos básicos de matemáticas, tales como despexar sistemas de ecuacións con dúas incógnitas e traballar con logaritmos, límites e sucesións. Así mesmo, o manexo de follas de cálculo permitiría ao estudante resolver rapidamente moitos dos exercicios que se traballan na aula.
Ada Maria Perez Pico
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Vanessa Miramontes Viña
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- vanessa.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:45-19:05 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
15:00-17:10 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula Informática 1 |
17:30-19:40 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula Informática 1 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
01.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |