Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o rol da economía dixital na economía
-Identificar e explicar as políticas públicas para o desenvolvemento da economía dixital
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais relacionadas coa economía dixital
Contidos:
Coñecer os conceptos e características da economía dixital
Coñecer as ferramentas estatíticas para a medición da economía dixital
Entender as políticas públicas para a promoción e desenvolvemento da economía dixital
Entender os efectos da economía dixital nos sectores produtivos
Entender as implicacións da economía dixital na sociedade
Estes contidos serán estruturados nos seguintes temas:
TEMAS
1. Introdución á economía dixital
-Definición e características básicas
-A economía dixital en perspectiva histórica
2. Fundamentos teóricos da economía dixital
-Custo marxinal cero e economías de escala
-Custos de transacción e economía dixital
-Innovacións dixitais nos modelos de negocio
3. Políticas públicas para a economía dixital
-O marco regulador na Unión Europea e en España
-Promoción da economía dixital
4. Retos da economía dixital
-Desigualdades socio-económicas e economía dixital
-Necesidades materiais da economía dixital
-Economía dixital e tributación
Bibliografía básica:
Barefoot, K., Curtis, D., Jolliff, W. A., Nicholson, J. R., & Omohundro, R. (2018). Defining and Measuring the Digital Economy. U.S. Bureau of Economic Analysis (BEA). https://www.bea.gov/research/papers/2018/defining-and-measuring-digital…
Benages, E.; Fernández de Guevara, J.; Hernández, L. (2023). La economía digital en España. Avances y retos por regiones y sectores. Cotec & IVIE https://cotec.es/proyectos-cpt/la-economia-digital-en-espana-2/
Consejo Económico y Social. (2021). La digitalización de la economía (1/21). https://www.ces.es/prensa-digital/-/asset_publisher/hSrVbpkaZ1mj/conten…
EuropeanCommission. (2023). Preguntas y respuestas: Ley de Mercados Digitales: garantizar unos mercados digitales justos y abiertos. EuropeanCommission-EuropeanCommission. https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/QANDA_20_2349
Frase, P. (2020). Cuatro futuros: Ecología, robótica, trabajo y lucha de clases para después del capitalismo. Blackie Books.
García Novoa, C. (2019). Los grandes retos fiscales de la economía digital desde la perspectiva europea. En 4o Revolución Industrial: La fiscalidad de la sociedad digital y tecnológica en España y Latinoamérica (1.a ed.). Thomson Reuters -Aranzadi
Gobierno de España. (2022). España Digital 2026. http://espanadigital.gob.es/sites/espanadigital/files/2022-10/Espa%C3%B…
Mason, P. (2016). Postcapitalismo: Hacia un nuevo futuro. Paidós.
Noam, E. (2018). Inequalityand theDigital Economy. En L. Pupillo, E. Noam, & L. Waverman(Eds.), DigitizedLabor: TheImpactoftheInternet onEmployment(pp. 117-140). Springer International Publishing. https://doi.org/10.1007/978-3-319-78420-5_8
Robles, J. M. (Ed.). (2017). Las desigualdades digitales. Los límites de la Sociedad Red (Vol. 25). Funcas. https://www.funcas.es/revista/las-desigualdades-digitales-los-limites-d…
Signorelli, S., Torrecillas Jodar, J., & Papazoglou, M. (2024). MappingEU levelfundinginstruments2021-2027 toDigital Decadetargets. https://doi.org/10.2760/45054
Fontes de informes e series estatísticas de interese:
Asociación Española de la Economía Digital: https://www.adigital.org/publicaciones/
España Digital: https://espanadigital.gob.es/
European Comissión. The Digital Economy and Society Index (DESI): https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/policies/desi
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): Encuesta sobre el uso de TIC y comercio electrónico en las empresas https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1…
Instituto Nacional de Estadística (INE): Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación (TIC) en los Hogares https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1…
C2. Identificar conceptos fundamentais da economía dixital e o seu impacto na organización das empresas.
C7. Seleccionar fontes estatísticas para a toma de decisións empresariais.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintos enfoques, amosando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas, con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
CP11. Actuar no eido da economía e da empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisións empresariais e tecnolóxicas.
A docencia expositiva está orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral. Estas exposicións irán acompañadas de lecturas por parte do estudantado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Tamén se pode utilizar un modelo híbrido combinando a clase presencial con outros recursos didácticos a través do Campus Virtual.
A docencia interactiva presencial de seminario estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e a achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos do caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público. As sesións interactivas serven para pór en práctica os contidos abordados nas sesións expositivas e, así, contribuír á súa comprensión e fixación.
Titorías en grupo
Actividades de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como revisión de prácticas ou problemas.
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Será o espazo preferente para a entrega e avaliación de traballos.
O traballo individual do estudante oriéntase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Non é permitido o uso de dispositivos electrónicos na aula sen autorización previa por parte do profesor.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en dúas compoñentes:
a) A proba final de carácter obrigatorio, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (50% da puntuación total).
b) A realización das actividades de avaliación continua propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (50% da puntuación total). Estas actividades poderán consistir en exercicios prácticos, obradoiros, exposicións orais e traballos individuais ou en grupo. Tamén será avaliada a participación activa xeral na aula.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a que faga media ponderada (mantendo o peso do 50% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
No caso de fraude na realización de exames ou traballos, aplicarase o disposto na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o/a estudante non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Non existe ningunha modalidade de avaliación específica para o alumnado repetidor.
O alumnado que teña recoñecida dispensa de asistencia á clase deberá pórse en contacto co profesor coordinador da materia na primeira semana desde que a dispensa é recoñecida oficialmente para abordar a súa situación. Este alumnado será avaliado a través dun exame específico que suporá o 100% da nota final. Ao igual que no exame xeral, todos os contidos abordados no curso, a través de calquera medio (explicacións, lecturas, traballos, etc.) son susceptibles de ser materia de exame. É responsabilidade do estudante estar ao tanto deses contidos.
Docencia teórica: 14 horas
Docencia interactiva/seminario: 22 horas
Titorización en grupo reducido: 2 horas
Exame: 4 horas
Traballo persoal do estudante e outras actividades: 71,5 horas
Esta materia parte da base de que o alumnado adquiriu as competencias e os obxectivos de aprendizaxe das materias cursadas no curso anterior, especialmente na materia de Nova economía e tecnoloxía.
Recoméndase o seguimento continuado das aulas e tomar apuntamentos da explicación do profesor. Todo o explicado polo profesor é susceptíbel de ser materia de exame. As presentacións de diapositivas son só un apoio á explicación, non un substituto (noutras palabras: o estudo das diapositivas non abonda para superar a materia).
Recoméndase non esgotar os prazos de entrega das actividades prácticas para non arriscarse a deixar actividades sen entregar por causa de imprevistos.
Lémbrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:45-17:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 6 |
12.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
10.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |