Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Conhecer e saber empregar os conceitos e técnicas básicas precisas para a comprensom do funcionamento da economia mundial.
- Conhecer as características estructurais da fase actual do sistema económico capitalista.
- Saber interpretar os câmbios recentes e principais problemas que afectan à economia mundial.
- Conhecer e saber empregar as principais fontes estatísticas económicas.
Evolución do pensamiento económico
A medición económica
A ciencia y tecnoloxía no desenvolvemento económico e no proceso de globalización actual
Instrumentos públicos para a promoción e o desarrollo da ciencia e tecnoloxía
Fluxos comerciais e de investimento no contexto da globalización
O sistema monetario e financiero no contexto da globlalización financiarizada
Procesos de integración económica
A crise climática no proceso de globalización actual
Antuñano Maruri, I., Sánchez Andrés, A., et All., (2009), Política económica. Elaboración y políticas coyunturales. Ed. Tirant lo Blanch. Valencia.
Berzosa, C., Bustelo, P. e de la Iglesia, J. (2001). Estructura económica mundial. Ed. Síntesis. Madrid. 2ª ed. act. e amp. Madrid.
Durán Romero, García de la Cruz, Sánchez Díez, (2013), Estructura económica y relaciones internacionales. Garceta. Madrid.
García de la Cruz, J. M.; Ruesga Benito, S. M., (2007), Economía española. Estructura y regulación. 2ª ediçom. Thomson.
García Delgado, J. L. (Dir.), (2009), Lecciones de economía española. Ed. Cívitas (6ª ediçom).
Prada blanco, A. e Lago Peñas, S., 2009, Galicia unha economía europea 1986-2066. Ed. Galaxia. Vigo
Rallo Romero, A., Guzmán Cuevas, J., Santos Cumplido, F. J., (Coords.), (2001), Curso de estructura económica española. Ed. Pirámide.
C14. Entender como o proceso de globalización actual ven afectado polo desenvolvemento de novo coñecemento e tecnoloxía
C8. Empregar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectiva na xestión empresarial.
C12. Manexar técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas e de xestión en distintos formatos e medios.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD6. Demostrar capacidade para o aprendizaxe autónomo e autoevaluación.
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais.
CP9. Abordar os problemas e retos dende diferentes perspectivas coa capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
Parte Expositiva:
A exposición dos temas propostos correrá a cargo do profesor nas sesións expositivas. Isto será acompañado por lecturas por parte do estudantado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións.
Parte Interactiva
O estudantado terá que facer fronte a presentacións, lecturas de textos, debates, etc. O estudantado terá acceso a unha aula virtual, no cal terán dispoñibles todas as tarefas xunto cunha documentación básica para poder realizala.
A participación e asistencia ás aulas interactivas é obrigatoria.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado (realización de actividades prácticas individuais, participación en actividades colaborativas, exames, etc.)
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primera oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación obtida fose superior á da primeira oportunidade.
O sistema de avaliación en ambas oportunidades será o seguinte:
1. Avaliación continua: realización de actividades prácticas individuais, participación en actividades colaborativas, etc. Terá un peso do 40% na calificación final. As actividades avaliables estarán recollidas na aula virtual, xunto coa súa ponderación. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: C14, CP2, CP9
2. Examen final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe. A proba pode basearse en preguntas tipo test, preguntas de razoamento e discusión e interpretación de datos e gráficas. Terá un peso do 60% na calificación final. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: c8, c12. Esta proba final terá carácter presencial, a celebrar na data hora fixada pola facultade.
Para poder engadir á nota da proba final de contidos a puntuación correspondente á avaliación continua, o estudantado deberá acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final de contidos, e ter participado, a través da asistencia á clase e entrega dos exercicios porpostos polo profesor, como mínimo, do 80% das actividades propostas. Para superar a materia é preciso obter unha nota conxunta mínima de 5 puntos. É obrigatoria a asistencia ás sesións interactivas, como mínimo nun 80%. O estudantado cun porcentaxe superior de faltas de asistencia ás sesións interactivas ao 20%, será avaliado a trvés do exame final que pasará a contar o 100% da nota
No caso de non superar a materia, a puntuación correspondente á avaliación continua non será gardada para cursos posteriores.
Os alumnos repetidores deberán asisitir tamén ás clases inetractivas, a excepción de que presenten unha exención de docencia
Dacordo coa Normativa de Permanencia vixente da USC para os estudos de grao e máster, a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do alumnado sexa distinta de Non Presentado.
O estudantado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase será avaliado cun exame final específico, que suporá o 100% da cualificación final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC
Docencia teórica 18 horas
Seminario de ensino interactivo (30 horas)
Docencia interactiva nunha aula/laboratorio de informática. Titoría en grupos reducidos durante 3 horas.
Exame de 4 horas
Traballo persoal do alumnado 96 horas
Nom existem prerrequisitos normativos.
Recomenda-se o seguimento continuado das aulas pressenciais, e o estudo da bibliografia básica (preferivelmente de forma prévia ao desenvolvimento de cada tema do programa).
Aconselha-se a consulta frequente das principais fontes estatísticas empregadas, assi como algúm dos principais jornais diários.
Lembra-se, e aconselha-se, a disponibilidade de serviço de tutorias para a resoluçom de qualquer tipo de dúvida ou problema que se pressente ao longo do curso.
Juan Alberto Turnes Abelenda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 6 |
08.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
08.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |