Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ó completar a materia o estudantado será capaz de confeccionar un informe sobre a situación da empresa para realizar o seu diagnóstico e permitir implementar melloras na mesma.
Análise do entorno
Ferramentas para a análise
Análise da situación financeira a curto e longo prazo
Rendibilidade e risco
Básica:
- ARCHEL DOMENCH, P. y OTROS ( 2018):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed. Pirámide.
- PALOMARES, J. y PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
- RIVERO TORRE, P. (2012): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Facilitaranse as referencias na aula e a través do Campus Virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais
C11. Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para apoiar a toma de decisións empresariais
CP11. Actuar no ámbito da economía e da empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisións empresariais e tecnolóxicas
As sesións expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa.
As sesión interactivas dedícanse á resolución de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver polo estudantado e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
O estudantado terá con tempo previo, o material que se use na exposición e os enunciados dos problemas e casos a resolver e a información necesaria para a preparación das cuestións a discutir dispoñendo así do material necesario para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
Co propósito de controlar a progresión dos estudantes, así como o grao de comprensión, capacitación e asimilación do contido da materia, avaliaranse os traballos e demais actividades entregadas. Estas actividades obrigatorias inclúen traballo persoal e en grupo (procura de material bibliográfico, lectura do devandito material, elaboración de informes, presentación dos resultados, entre outros). Para a realización destes traballos o estudantado conta co apoio na aula e con tutorías co profesorado encargado da materia. Tamén se farán exames ao longo do período lectivo.
Vanse a utilizar as ferramentas dispoñibles na USC Virtual como apoio á docencia na materia, co obxectivo de favorecer a comunicación entre os estudantes e os profesores e, en consecuencia, expor debates e outras cuestións e dúbidas relacionados coa materia. A participación do estudante terase en conta na cualificación final.
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (40%): terá en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa en clase. En particular, na avaliación continua valoraranse:
a) a asistencia a clases (requírese un mínimo do 80%).
b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nas mesmas.
c) traballo(s) e casos que se entregarán por escrito e presentaranse en clase.
d) probas de nivel, a realizar en datas que se indicarán na aula virtual, co fin de controlar o grao de comprensión e asimilación por parte do estudantado do contido da materia.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT2, CT5, CT6, CE2, CE3 e CE13
(2) Exame final teórico-práctico (60%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. O estudante debe obter no exame unha cualificación mínima global de 2 puntos.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT5 e CE3
NOTAS XERAIS:
O sistema de avaliación será o mesmo en ambas as oportunidades de exame (maio/ xuño e xullo) e para todos os estudantes.
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Traballo presencial na aula:
- Docencia teórica: 14 horas
- Docencia interactiva: 22 horas
- Tutorización en grupo reducido: 2 horas
- Exame: 4 horas
Traballo persoal do estudantado: 71,5 horas
Considérase necesario:
- A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas.
- A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
- A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.
M. Luisa Lopez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mluisa.lopez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:45-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
18.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |