Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e manexar as técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva de datos económicos e empresariais, así como a metodoloxía das principais estatísticas das que se dispón.
- Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da probabilidade e a inferencia estatística, así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos e empresariais.
- Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
- Seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á análise de cada fenómeno, así como interpretar os resultados obtidos.
Tema 1.- INTRODUCIÓN.
1.1.- A Ciencia Estatística, definición e contido.
1.2.- Conceptos básicos de Estatística: Poboación, Subpoboación, Mostra, Variables, Atributos e Escalas.
Tema 2.- ANÁLISE DE DATOS UNIVARIANTES.
2.1 - Distribucións de frecuencias.
2.2.- Representacións gráficas.
2.3.- Medidas: Resumo numérico de datos cuantitativos univariantes.
TEMA 3.- ANÁLISE DE DATOS BIVARIANTES.
3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas.
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas.
3.3.- Medidas: Resumo numérico de datos cuantitativos bivariantes.
3.4.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza.
TEMA 4.- PROBABILIDADE E MODELOS PROBABILÍSTICOS.
4.1.- Experimentos aleatorios, espazo mostral e sucesos.
4.2.- Propiedades da probabilidade. Probabilidade condicionada.
4.3.- Variables aleatorias e as súas características.
4.4.- Modelos de probabilidade discretos: Ensaios de Bernoulli e distribucións relacionadas.
4.5.- Modelos de probabilidade continuos: Distribución uniforme e distribución normal.
4.6.- Introdución á distribución normal bivariante.
TEMA 5.- INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA.
5.1.- Poboación e mostra. Mostraxe aleatoria simple.
5.2.- Estimación puntual de parámetros: proporción e media.
5.3.- Intervalo de confianza para a proporción e para a media.
BÁSICA:
Esteban García, J. y otros (2011): Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Ed. Paraninfo, Madrid.
Martín Pliego, F.J., García Secades, M. (2007): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Ed. Thomson, Madrid.
Martín Pliego, F.J., Ruiz-Maya Pérez, L. (2005): Fundamentos de Probabilidad. Ed. Thomson, Madrid.
Peña, D., Romo, J. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Ed. McGraw-Hill/ Interamericana de España
Ruiz Muñoz, D. (2004): Manual de Estadística editado por eumed.net. ISBN: 84-688-6153-7 https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
Tomeo Perucha, V.; Uña Juárez, I. (2009): Estadística descriptiva. Ed. Garceta, Madrid
COMPLEMENTARIA:
Anderson, D. R.; Sweeney, D.J., Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
Berenson, M.L., Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Pearson Educación / Prentice Hall.
Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Centro de Estudios Ramón Areces.
Durá Peiró, J.M., López Cuñat, J.M. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ariel.
Freund, J.E., Miller, I., Miller, M. (2000): Estadística matemática con aplicaciones. Pearson Educación / Prentice Hall.
García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ariel.
Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. McGraw Hil.
Levin, R.I., Rubin, D.S. (1996): Estadística para administradores. Pearson Educación / Prentice Hall.
Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Prentice Hall.
Newbold, P. ; Carlson, W.L.; Thorne, B. (2007): Estadística para administración y economía. Prentice Hall.
Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. McGraw Hill.
Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC. (2ª ed. 2000; 3ª ed.2005).
Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Civitas.
Spiegel, M.R.; Schiller, J. ; Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. McGraw Hill.
Triola, M.F. (2004): Estadística. Pearson Educación.
Webster A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Irwin.
LIBROS DE EXERCICIOS
Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Parramón.
Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Parramón.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ariel.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. AC.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. AC.
C3 - Identificar os métodos numéricos para resolver problemas TIPO: Coñecementos ou contidos
C7 - Seleccionar fontes estatísticas para a toma de decisións empresariais TIPO: Coñecementos ou contidos
CP12 - Actuar no ámbito da economía e a empresa avaliando as desigualdades por razón de sexo/xénero TIPO: Competencias
CP2 - Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais TIPO: Competencias
HD2 - Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións TIPO: Habilidades ou destrezas
HD5 - Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións TIPO: Habilidades ou destrezas
HD8 - Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) TIPO: Habilidades ou destrezas
As sesións expositivas teñen como obxecto a explicación dos aspectos esenciais de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle ao estudantado, a información adicional necesaria que lle permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As sesións interactivas (en seminario ou en aula de informática) estarán orientadas facilitar a compresión e aprendizaxe dos contidos da materia e fomentar a participación do estudantado mediante a resolución de problemas, relacionados cos ámbito da economía en xeral e da empresa en particular.
O estudantado terá a súa disposición recursos didácticos complementarios ás clases na aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.
O sistema principal é o de avaliación continua, de xeito que:
- O estudantado obterá un 40% da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.
- O 60% restante da puntuación obterase a través dun exame final.
- O sistema de avaliación na oportunidade ordinaria é o mesmo que na oportunidade extraordinaria de recuperación.
- A avaliación continua é incompatible coa realización do exame final sobre o 100% da nota.
De acordo coa Normativa de permanencia na USC para o Grao e Master (Art. 5.2) a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación significará que a cualificación final do estudante é distinta de NON PRESENTADO.
O estudantado que xa fixera avaliación continua da materia nalgún curso anterior poderá optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota. Esta opción, ao ter a consideración de excepcional, deberá ser comunicada ao profesorado da materia no prazo e forma que se indicará ao comezo do curso.
Valoración da asistencia ás clases: adoptase o apartado d) do artigo 1 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas de grao e máster: “As faltas de asistencia non poderán puntuar negativamente na nota da proba final de avaliación, pero si se poderán ter en conta na avaliación continua. En todo caso, de realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, o/a estudante que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia. A falta de asistencia a actividades ordinarias que se realicen de forma síncrona fóra dos horarios establecidos para a materia non terán efectos na avaliación final, sen prexuízo das especificidades que se contemplen na programación docente”.
O estudantado con dispensa de asistencia á clase será avaliado mediante un exame final específico, que se valorará co 100% da nota, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación. A dispensa de asistencia está regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”. Inclúese o uso indebido das tecnoloxías.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: C3, C7, CP12, CP2, HD2, HD5, HD8
Exame final: C3, CP2, HD2, HD5, HD8
A materia é de 6 créditos polo que as horas de traballo totais distribúense en 54h de horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación, e 96 horas de traballo persoal do alumnado.
• A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o estudantado debe facer o esforzo por empregar esta linguaxe durante todo o curso.
• Sendo un dos obxectivos da materia a interpretación dos resultados estatísticos obtidos ou daqueles outros recolleitos noutras fontes, a participación e discusión na aula é unha ferramenta moi útil para a comprensión da materia.
Empregaranse a Aula Virtual da materia e aplicativos informáticos de tipo folla de cálculo, JASP e GRETL.
A materia impártese en galego.
Juan Carlos Estevez Nuñez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- ecadrian.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Bruno Blanco Varela
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- b.blanco.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:40-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
22.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |