Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso é unha continuación do curso Inglés para a Xestión Empresarial I. O curso combina a aprendizaxe de conceptos teóricos coa realización de actividades prácticas e céntrase principalmente no desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita. Os alumnos reforzarán os conceptos aprendidos e mellorarán tanto a linguaxe como as destrezas propias do inglés empresarial utilizando exemplos prácticos e material auténtico relacionado cos conceptos que se traballan no curso (documentos financeiros, correos electrónicos, chamadas telefónicas, cartas comerciais, pedidos, facturas, documentos de transporte, documentación bancaria, etc.).
O principal obxectivo do curso é elevar o nivel de inglés dos alumnos, en particular no que se refire ao seu uso en contextos comerciais. A finalidade é a de preparar aos alumnos para traballar no sector comercial.
Ao rematar o curso os alumnos deberían alcanzar un nivel de inglés entre o B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Este curso axudará aos alumnos a:
• aumentar a confianza en si mesmos á hora de desenvolverse en inglés en situacións profesionais
• aprender e saber contextualizar un amplo número de termos e conceptos comerciais
• adquirir unha maior fluidez para expresar, debater e analizar distintas ideas e conceptos empresariais
• mellorar a capacidade de comprensión oral en contextos económicos e empresariais
• desenvolver unha boa comprensión lectora de textos comerciais auténticos
• recoñecer e saber utilizar unha ampla variedade de documentos comerciais e empresariais
O curso está dividido en tres módulos:
1.- International Trade
• Making enquiries
• Replying to enquiries
• Requesting quotations and negotiating
• Placing orders
• Replying to orders
2.- Transport and Insurance
• Looking for shipping advice
• Sending goods
• Making complaints
• Responding to complaints
3.- Banking and Finance
• Choosing a payment method
• Writing payment reminders
• Replying to payment reminders
Cada módulo divídese en dúas seccións principais:
Business Theory:
Nesta sección preséntanse distintos temas relacionados co mundo empresarial a través de lecturas e documentos diversos que inclúen exercicios do tipo de lectura comprensiva, vocabulario, comprensión auditiva e tarefas de produción oral e escrita.
Business Language and Skills:
Esta sección céntrase no léxico (vocabulario e fraseoloxía), funcións e destrezas lingüísticas necesarias para desenvolverse en distintas situaciones típicas dun entorno de comercio internacional. Para facer fronte a estas situacións é necesario dominar diferentes habilidades e aprender a realizar diferentes funcións en inglés.
I. BÁSICA:
SMITH, A. (2013). Best Commercial Practice. Eli.
• Calquera gramática con exercicios prácticos de nivel intermedio ou superior (véxase: 1 sección GRAMMAR AMD PRACTICE).
• Un dicionario bilingüe de inglés-español, español-inglés e un bo dicionario de inglés de negocios (véxase: 2 DICCIONARIOS).
II. COMPLEMENTARIA:
SKOESTER, A., PITT, A., HANDFORD, M. & LISBOA, M. (2012). Business Advantage (Intermediate). Cambridge University Press
1 GRAMMAR AND PRACTICE
ALEXANDER, L.G. (1990). Longman English Grammar Practice. Longman
BRIEGER, n. & SWEENEY, s. (1994). The Language of Business English: Grammar and Practice. Prentice Hall
CUDER DOMÍNGUEZ, P. y R. LÓPEZ (2005). Gramática Oxford para estudiantes de inglés: Bachillerato. Oxford U.P.
DUCKWORTH, M. (2003). Business Grammar and Practice. Oxford U.P.
EASTWOOD, J. (1999). Oxford Practice Grammar. Oxford U.P.
MURPHY, R. (2002). English Grammar in Use. Intermediate. Cambridge U.P.
SWAN, M & C. WALTER (1997). How English Works. Oxford U.P.
http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
http://www.englishpage.com/grammar/
2 DICTIONARIES
Cambridge International Dictionary of English. Cambridge U.P.
Diccionario Oxford Inglés Español, Español-Inglés. Oxford U.P.
Oxford Dictionary of Business English. Oxford U.P.
Longman Business English Dictionary. Longman.
Diccionario Oxford Business Español-Inglés Inglés-Español. Oxford.
LOZANO IRUESTE, J.M.; Diccionario Bilingüe de Economía y Empresa. Pirámide
https://www.oed.com https://dictionary.cambridge.org/
http://www.learnersdictionary.com/
http://www.ldoceonline.com/
http://www.thefreedictionary.com/
http://thesaurus.reference.com/
http://www.wordreference.com/
3 VOCABULARY
FLOWER, J. (1990). Build your Business Vocabulary. Language Teaching Publications
HORNER, H. & P. STRUTT (1996). Words at Work. Cambridge U.P.
LEWIS, M. (Ed.) (1987). Idioms at Work. Language Teaching Publications
MASCULL, B. (1996). Key Words in Business. HarperCollins Publishers
MASCULL, B. (2017). Business Vocabulary in Use: Intermediate. Cambridge U.P.
REMACHA, S & MARCO, E (2007). Professional English in Use ICT. Cambridge
4 BUSINESS COMMUNICATION
ASHLEY, A. (1984). A Handbook of Commercial Correspondence. Oxford U.P.
BRUCE, K. (1992). Telephoning. Longman
ELLIS, M. & N. O'DRISCOLL (1987). Socializing. Longman
FARRAL, C. & M. LINDSLEY (2008). Professional English in Use: Marketing. Cambridge U.P.
KERRIDGE, D. (1988). Presenting Facts and Figures. Longman
NATEROP, B.J. & R. REVELL (1997). Telephoning in English. Cambridge U. P.
O'DRISCOLL, N. & A. PILBEAM (1987). Meetings and Discussions. Longman
PRODROMOU, L & LUCIA BELLINI (2012). Flash on English for Commerce.
STRUTT, P. (1995). Longman Business English Usage. Longman
5 PRONUNCIATION
HANCOCK, MARK (2003). English Pronunciation in Use. Cambridge
6 FURTHER PRACTICE
http://esl.about.com/od/intermediateenglish/
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
http://www.learnenglish.org.uk/
http://www.elionline.com
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
Ao superar esta materia os alumnos han de ser capaces de:
C1. Aplicar habilidades de comunicación efectiva no entorno empresarial e tecnolóxico, tanto na lingua propia como en inglés
HD1. Utilizar, confeccionar e comunicar información na lingua estranxeira.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
HD6. Demostrar capacidade para o aprendizaxe autónomo e a auto avaliación.
O curso ten un enfoque práctico e funcional co obxectivo de que o alumno utilice desde o principio o tipo de linguaxe que vai necesitar para desenvolver a súa actividade profesional en inglés. Espérase dos alumnos que interactúen entre si e asuman riscos na utilización da linguaxe con fins comunicativos. As distintas actividades foron deseñadas para axudar aos alumnos a lograr comunicarse de xeito efectivo en contextos empresariais específicos e proporcionarlles a oportunidade de estar en contacto co tipo de linguaxe utilizada dentro deste campo. A finalidade principal é lograr que o alumno utilice a lingua inglesa con fins comunicativos reais e efectivos.
Cada unidade implica unha serie de explicacións teóricas por parte do profesor, actividades prácticas no uso da linguaxe e traballo persoal en casa. Proporcionarase material adicional para completar os contidos de clase.
As actividades prácticas inclúen corrixir e aclarar as dúbidas xurdidas nos exercicios de casa, práctica de estruturas gramaticais e destrezas comunicativas, simulación de situacións reais utilizando produción oral e escrita en inglés, etc. Os alumnos participarán activamente neste tipo de actividades que se levarán a cabo en parellas ou pequenos grupos.
O sistema de cualificación basearase na avaliación continua do desempeño do alumno ao longo do curso, complementada con probas escritas e/ou orais, de acordo aos seguintes parámetros:
I. CONVOCATORIA ORDINARIA (Xaneiro)
I.1.- Alumnos con asistencia obrigatoria.
Avaliación continua ao longo do curso. Valorarase a preparación das tarefas diarias, a participación active en clase e a realización dos traballos e probas escritas e/ou orais propostos ao longo do curso.
A nota final calcularase como segue:
a) Avaliación continua (30%)
• Participación activa , tarefas diarias, probas escritas, e proxecto final
b) Probas finais (70%)
• Proba escrita 50%
• Proba oral 10%
• Proxecto final 10%
A data da proba oral anunciarase en clase. O exame final realizarase na data oficial publicada pola Facultade.
É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto na proba escrita como na oral para poder superar a materia.
I.2.- Alumnos con dispensa oficial de asistencia.
Estes alumnos deberán realizar e entregar nas datas sinaladas os traballos e tarefas escritas e/ou orais solicitados, o que supoñerá ata un 20% da nota, as probas finais ata un 80% (exame escrito 60%, oral 10% e proxecto final 10%).
A data da proba oral anunciarase nalgún momento ao longo do curso. O exame final realizarase na data oficial publicada pola Facultade, salvo que se acorde algunha outra cousa para casos concretos.
É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto na proba escrita como na oral para poder superar a materia.
I.3.- Alumnos repetidores.
O sistema de avaliación será o mesmo que para os alumnos en I.1
II. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (Xullo)
Aplicarase o mesmo sistema que para a convocatoria ordinaria de xaneiro. A nota de avaliación continua, así como calquera parte superada na convocatoria ordinaria dese ano, respectarase nesta convocatoria.
AVISO IMPORTANTE: En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Inglés para a Xestión Empresarial II é unha materia obrigatoria impartida durante o terceiro semestre do Grado en Empresa e Tecnoloxía que ten 4,5 créditos ECTS.
O tempo de dedicación a esta materia é de 113 horas, das que 36 son de clases e as 77 restantes de traballo persoal e autónomo do alumno.
A asistencia regular ás clases coas tarefas do día preparadas é esencial. A participación activa no desenvolvemento das clases é unha parte integral tanto para o desenvolvemento da súa aprendizaxe como para o do propio curso. Tanto as ausencias, como a non preparación previa das clases, así como a falta de participación nas actividades prácticas terán unha influencia negativa na nota final.
Os exercicios prácticos, tanto os realizados en clase como os propostos para facer en casa como traballo persoal, teñen a función de reforzar o traballo realizado en clase.
Recoméndase encarecidamente utilizar recursos extra tales como películas en inglés, cancións, internet, revistas, etc. para incrementar o grado de exposición á lingua inglesa, e non limitarse ao input lingüístico proporcionado en clase.
Tamén se recomenda distribuír o tempo de estudo de xeito diario, no canto de concentralo todo nun ou dous días por semana.
Antonio Alvarez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- antonio.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Veronika Prokopova
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- veronika.prokopova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:45-18:45 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 6 |
20.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
17.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |