Actividade organizada polo Grupo de Innovación Docente Tecnomarketing e co apoio da Deputación de Lugo e da USC.

O xoves 23 de outubro, ás 12:00h, o Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, no Campus Terra, acollerá a mesa redonda que leva por título “A innovación na industria agroalimentaria vista dende varias ópticas”, un encontro que busca poñer en común diferentes experiencias e perspectivas arredor da investigación, desenvolvemento e innovación no sector agroalimentario galego, un eixo clave da nosa actividade económica.
O debate estará moderado por Hugo Criado, CEO da empresa lucense Medrar, e contará coa intervención de Eugenia Juncal, directora de I+D+i de Granja Campomayor, que achegará a visión dunha empresa referente en innovación no ámbito agroalimentario, Elio López, CEO de Innogando, quen representará o impulso das startups tecnolóxicas no sector, Manuel Arias, propietario de XEOU Helados, que compartirá a experiencia dunha empresa en proceso de consolidación innovadora, e Victoria Carballeira, doutoranda industrial en Medrar, que ofrecerá a perspectiva do vínculo das empresas coa universidade como motor de transferencia de coñecemento e innovación.
A actividade está aberta ao público xeral.
