O desemprego en España: Análise econométrica
Autoría
E.D.C.A.P.
Grao en Economía
E.D.C.A.P.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar o fenómeno do desemprego en España dende unha perspectiva empírica, mediante a aplicación de técnicas econométricas a datos de series temporais comprendidos entre 1978 e 2024. O estudo comeza cunha contextualización histórica do desemprego na economía española, seguida dunha análise máis profunda de dous períodos de crise relevantes: a recesión de 2008 e a pandemia da COVID-19. Posteriormente, desenvólvese un modelo econométrico que incorpora algunhas das variables que inflúen na taxa de paro, como o PIB, a inflación, os tipos de xuro e variables ficticias para eventos extraordinarios (CRISE e COVID). Finalmente, extráense conclusións relevantes a partir da análise realizada, que permiten unha mellor comprensión do desemprego en España e das súas posibles implicacións económicas. Número de palabras do traballo: 8693.

Dirección
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON Cotitoría

Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)

Smart contracts sobre blockchain: Innovación tecnolóxica e desafíos legais
Autoría
L.A.A.
Grao en Economía
L.A.A.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao afonda na tecnoloxía blockchain e nos contratos intelixentes. Ambos representan unha das innovacións máis destacadas dos últimos anos, con potencial para transformar a forma na que se formalizan e executan acordos. Esta relevancia motivou a elaboración do traballo, no que se analizan os fundamentos teóricos da tecnoloxía, o funcionamento dos smart contracts e mais as implicacións dende un punto de vista técnico e xurídico. O estudo aborda conceptos claves como o almacenamento, a súa execución e os elementos que afectan á eficiencia e seguridade dos contratos. Ao mesmo tempo, outórgaselles unha atención especial aos desafíos que presenta a súa aplicación, especialmente en relación coa integración no marco legal actual e a protección de datos. Finalmente, exponse unha reflexión crítica acompañada dunhas liñas de investigación futuras. NÚMERO DE PALABRAS: 9203

Vidal Portabales, Jose Ignacio (Titoría)
Vidal Portabales, Jose Ignacio (Titoría)
Tribunal
Vidal Portabales, Jose Ignacio (Titor do alumno)

A desinformación e a economía
Autoría
C.A.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.A.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre desinformación e economía, un vínculo cada vez máis relevante nun contexto marcado pola sobrecarga informativa e a dixitalización. A desinformación, entendida como a difusión intencionada de información falsa ou manipulada, ten un impacto directo na percepción da realidade, na toma de decisións económicas e na confianza nas institucións. A través do estudo de diferentes actores implicados, como gobernos, medios de comunicación, grupos de presión e plataformas dixitais, amósase como este fenómeno condiciona o comportamento de consumidores, investidores e responsables políticos, xerando incerteza e distorsións nos mercados. A análise de diversos indicadores revela unha crecente vulnerabilidade social fronte á desinformación, así como as súas consecuencias sobre a estabilidade económica e democrática. O traballo tamén recolle as principais estratexias de resposta, desde iniciativas de alfabetización mediática e verificación de contidos ata o uso da intelixencia artificial, salientando o papel clave das institucións europeas na loita contra esta ameaza. Así mesmo, inclúese unha breve análise da situación do noso país e da importancia da Unión Europea na loita contra a desinformación.

MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titoría)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titoría)
Tribunal
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Iberia Líneas Aéreas de España S.A. Operadora
Autoría
A.J.A.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.J.A.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo compárase a situación económico-financeira de Iberia entre 2021 e 2023, avaliando a súa recuperación tras a pandemia e a súa posición fronte a Vueling e Air Europa. Os resultados evidencian que Iberia superou a quebra contable e acadou en 2023 unha posición financeira sólida, consolidando así un modelo de negocio sostible.

ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titoría)
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)

Organización científica do traballo dende unha perspectiva histórica
Autoría
H.A.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
H.A.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina a implantación e o desenvolvemento da Organización Científica do Traballo (OTC), influenciada polo taylorismo e o fordismo, en España, e concretamente en Galicia, durante o réxime franquista. Desde unha perspectiva histórica, organizativa e socioeconómica, o proxecto final explora como estas prácticas laborais, orixinarias de contornas industriais eficientes, se estableceron nun sistema autoritario, centralizado e con recursos tecnolóxicos limitados, como o da España franquista. En primeiro lugar, o proxecto final explica a orixe da OTC nos Estados Unidos con Frederick Taylor e Henry Ford, a súa difusión por Europa e Xapón, e a súa adaptación ás particularidades culturais e económicas de certos estados. Despois, o estudo céntrase na España durante a época franquista, onde a OTC serviu como instrumento de control social e laboral a través de regulacións rigorosas, seguimento do tempo de traballo e sistemas xerárquicos que restrinxían a liberdade dos empregados. Analízanse sectores importantes, como o sector da automoción (incluíndo exemplos como SEAT, FASA-Renault e Citroën Vigo) e o sector téxtil (Roca Umbert e COINTEX), onde se perciben aumentos de produtividade xunto cun notable empeoramento das condicións laborais, especialmente para as mulleres. En Galicia, analízase a implantación da OCT nos sectores conserveiro e da automoción, destacando a resistencia dos traballadores mediante folgas e organización clandestina, como é o caso das Comisións Obreiras. Finalmente, a tese critica a deshumanización do traballo baixo a OCT e considera o seu legado na España democrática contemporánea, onde seguen existindo formas de control laboral baixo o pretexto da eficiencia e a competitividade, aínda que adaptadas ás novas tecnoloxías e modelos como o lean management. A tese final conclúe salientando a importancia de harmonizar a produtividade co respecto á dignidade no traballo.

MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)

Análise de Demografía e economía
Autoría
P.A.D.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.A.D.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo enmárcase dentro da Economía da Poboación, disciplina que aplica a análise económica aos fenómenos demográficos. A través dun enfoque estruturado centrado no caso español, analizaranse as principais dinámicas e problemáticas poboacionais actuais: descenso da natalidade, envellecemento, inmigración e despoboamento rural. O obxectivo da análise é identificar as implicacións destes fenómenos no contexto socioeconómico, así como propoñer posibles liñas de actuación desde o sector público. Na primeira parte abórdanse os fundamentos teóricos, partindo das ideas básicas de teóricos como Becker, Malthus ou Barro. Analízase, en base a estas ideas, o contexto de transición demográfica actual, caracterizado por baixas taxas de fecundidade e un envellecemento acelerado, enfatizando no caso español. A segunda parte do traballo analiza as consecuencias económicas destes cambios, particularmente sobre o sistema de pensións e o sistema sanitario, destacando os retos de sustentabilidade fiscal. Determinarase tamén o papel da inmigración como axente atenuante dos fenómenos demográficos, analizando os seus efectos no mercado laboral e na Facenda Pública. Finalmente, estúdase o despoboamento rural, identificando a súa orixe histórica e as súas posibles causas, así como as políticas públicas desenvolvidas para reverter a tendencia. Entre as principais conclusións que se poden extraer da análise, destácase a necesidade de reforzar a natalidade mediante políticas de conciliación, vivenda e educación, mellorar a integración da inmigración e reformular o sistema de pensións con criterios de sustentabilidade e equidade. É necesario para iso adaptar as políticas públicas á nova estrutura demográfica, promovendo a cohesión territorial e un envellecemento activo. Atopáronse algunhas limitacións á hora de realizar o traballo, como unha base maioritaria en fontes secundarias, motivos de extensión ou datos suxeitos a revisión constante, polo que podería afectar á validez temporal dalgunhas das conclusións expostas.

Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titoría)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titoría)
Tribunal
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titor do alumno)

O Camino Portugués e a súa variante costeira: Un Análise de Elección entre Peregrinos
Autoría
F.J.A.L.
Grao en Economía
F.J.A.L.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise exploratoria da toma de decisións dos peregrinos nas variantes portuguesas do Camiño de Santiago. Para iso, empréganse diversas ferramentas estatísticas que proporcionan unha perspectiva máis empírica da realidade do camiño. O estudo baséase en datos de peregrinos que percorreron estas rutas no ano 2023, co fin de examinar os diferentes factores que inflúen na súa decisión. En primeiro lugar, contextualízase a relevancia do Camiño Portugués tradicional e da ruta da Costa, seguida dunha breve exposición da metodoloxía empregada e da definición das variables utilizadas. Posteriormente, aplícanse dous enfoques estatísticos para identificar tendencias e relacións significativas. Finalmente, analízanse e compáranse os resultados obtidos, xunto cunha reflexión sobre as limitacións do estudo e posibles melloras. Este traballo consta de 8.095 palabras.

NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Predición da quebra empresarial: Un estudo empírico na Eurozona
Autoría
M.A.R.
Grao en Economía
M.A.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
O presente traballo analiza a quebra empresarial mediante unha revisión de diferentes metodoloxías de predición. O obxectivo principal é desenvolver un modelo predictivo baseado en datos reais da Eurozona, considerando variables de fácil obtención como o tamaño, a liquidez, o endeudamento e indicadores financeiros. Este estudo presenta tamén unha revisión da literatura académica relacionada, con especial atención á posible traslación de enfoques desenvolvidos en mostras de empresas dos Estados Unidos a outras rexións. Tras a selección da mostra e a definición das metodoloxías, realízase un análise empírica que avalía a utilidade de distintos algoritmos para predicir a quebra empresarial como o modelo de regresión, as máquinas de vectores de soporte (SVM), as redes neuronais e as árbores de decisión. A partir dos resultados, discútense as súas fortalezas e limitacións, e suxírense posibles liñas futuras de investigación.

LADO SESTAYO, RUBEN (Titoría)
LADO SESTAYO, RUBEN (Titoría)
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)

O auxe do modelo de subscrición na economía dixital: O caso de Netflix
Autoría
C.B.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.B.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Netflix converteuse nunha das plataformas de streaming líderes do panorama audiovisual global, transformando profundamente os hábitos de consumo de contidos. Logrouno grazas a un modelo de subscrición innovador e a unha estratexia orientada á personalización da experiencia do usuario. Esta revisión sistemática analiza a súa evolución comercial, económica e bursátil, así como o impacto da súa expansión internacional na consolidación do seu modelo de negocio. A partir da análise da literatura académica recompilada, analízase o funcionamento do modelo de subscrición de Netflix, a estrutura de prezos, o desenvolvemento de contido propio, o uso intensivo de datos e algoritmos e, máis recentemente, a incorporación de novas fórmulas como o modelo AVOD (Advertising Video on Demand). Tamén se abordan os grandes retos que afronta a plataforma: a saturación do mercado, o impacto da pirataría dixital ou a crecente presión competitiva. O estudo ofrece así unha visión completa dos factores que explican o seu posicionamento actual, con especial atención ao papel do márketing nun contorno dixital cada vez máis saturado de contidos. Identifícanse, en definitiva, as claves do seu éxito e os desafíos que ameazan a súa sustentabilidade no mercado audiovisual.

BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Vogal)

Analise sobre volatilidade dos activos financeiros
Autoría
J.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Ao longo deste traballo analizaranse diferentes medidas de volatilidade: volatilidade histórica, implícita, realizada e condicional. Obtérmanse estas medidas de volatilidade para catro activos financeiros: petróleo, ouro, SP 500 e Bitcoin. Cada activo presenta un comportamento distinto en termos de risco. Mentres que o ouro e o SP 500 amosan un perfil máis moderado e estable, o Brent presenta unha volatilidade máis elevada. O Bitcoin, como criptoactivo, destaca pola súa alta volatilidade, forte asimetria e leptocurtose, características tipicas dos activos especulativos. Unha vez analizadas todas as series, conclúese que o Bitcoin é o activo máis volátil da mostra, mentres que o SP 500 é o que presenta un comportamento máis estable. Os resultados permiten observar como a natureza do activo inflúe nos seus patróns de risco e na elección de ferramentas de xestión axeitadas. O traballo consta de 7165 palabras.

IGLESIAS CASAL, ANA (Titoría)
IGLESIAS CASAL, ANA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS CASAL, ANA (Titor do alumno)
IGLESIAS CASAL, ANA (Titor do alumno)
Análise das vivendas de uso turístico en Santiago de Compostela
Autoría
M.A.B.R.
Grao en Economía
M.A.B.R.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
As vivendas de uso turístico ocupan un lugar destacado nas primeiras páxinas dos xornais e no debate público nos últimos anos. A crecente popularidade convertéronos como unha opción de aloxamento preferida para millóns de persoas. Este fenómeno non está exento de polémica, xa que a súa expansión xerou unha gran variedade de efectos nas cidades. Este traballo de fin de grao céntrase na análise e a evolución recente do turismo en España e, en particular, en Galicia, a través do estudo da vivenda de uso turístico. A análise céntrase en Santiago de Compostela, cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e destacado punto de interese internacional que atrae cada ano un gran número de turistas. Ao longo do traballo se estudará a evolución das vivendas de uso turístico na capital galega, así como os distintos efectos que este tipo de aloxamentos ten na cidade. Tras presentar e debater os aspectos máis relevantes do fenómeno, o traballo concluirá cunha serie de reflexións finais que sintetizan os principais resultados e propuestas para unha futuras liñas de investigación.

PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titoría)
Tribunal
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titor do alumno)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titor do alumno)
Investigación en Turismo: Rendibilidade e Crebas no Camiño de Santiago
Autoría
A.B.U.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.B.U.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O Camiño de Santiago presenta multitude de estudos no seu entorno, pero os relacionados co ámbito das finanzas é escaso. Neste traballo proponse o obxectivo de recadar información a cerca da rendibilidade obtida polos negocios hostaleiros, enfocándose nas circunstancias explicativas, así como os factores determinantes desta. Da mesma maneira recompilaremos información sobre as crebas deste tipo de negocios. Para isto faremos una revisión da literatura académico científica e levarémola ao caso particular do Camiño, revisión da que concluiremos que nos últimos anos apréciase como a rendibilidade aumenta, dato que se contrasta co incremento significativo dos negocios nesta rama, pese a algúns inconvenientes deste subsector turístico, como pode ser a alta estacionalidade.

VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titor do alumno)

Xestión de recursos humanos e sustentabilidade/responsabilidade social.
Autoría
D.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é un concepto que co paso do tempo foi adquirindo gran relevancia dentro da estratexia corporativa das empresas. Refírese ao compromiso voluntario das organizacións co ámbitos económico, social e medioambiental, indo máis alá do cumprimento legal. As empresas que adoptan esta filosofía promoven o crecemento sostible mediante condicións laborais dignas, fomentando o respecto ao medio ambiente a través de prácticas como a produción limpa. Estas estratexias medioambientais están avaladas por normativas como EMAS e ISO 14001. Segundo varios estudos, unha empresa comprometida co medio pode xerar maior interese entre os candidatos que optan a un posto de traballo. Ademais, contratar a xente sensibilizada co medio ambiente mellora a imaxe da empresa. Neste contexto xorde o Green Human Resource Management (Green HRM), que mediante, por exemplo, técnicas de recrutamento, selección e contratación sostibles trata de integrar a xestión ecolóxica no ámbito dos recursos humanos. Este traballo pretende analizar como inflúen as prácticas de recrutamento verde na percepción dos futuros traballadores sobre determinados atributos organizativos. Realizáronse e difundíronse dous cuestionarios a unha mostra de 100 persoas. Nunha das ofertas menciónase o compromiso medioambiental desta, mentres que na outra non. Tras a análise dos resultados amosase que a responsabilidade medioambiental si inflúe, de forma significativa, na maioría dos ítems analizados. Sen embargo, á hora de considerar a empresa como unha das primeiras opcións para traballar, a oferta sen mención ao compromiso ambiental obtén mellor valoración, o que podería deberse á influencia doutras variables como o salario ou a estabilidade laboral. O traballo consta de 8.364 palabras sen contar os anexos.

CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titoría)
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titor do alumno)

O marisqueo na localidade da Pobra do Caramiñal
Autoría
R.B.G.
Grao en Economía
R.B.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo trata dende unha perspectiva económica o funcionamento da confraría da Pobra do Caramiñal e a situación do sector marisqueiro da zona. A primeira parte do traballo consta do funcionamento das confrarías en xeral, que funcións desempeñan e a súa organización interna. A continuación, lévase a cabo unha análise sobre os problemas que presenta o marisqueo na localidade. Finalmente, se aportan algunhas recomendacións que poderían axudar a mellorar a situación.

MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)

Acceso á vivenda en Galicia: unha análise por áreas funcionais.
Autoría
A.C.B.G.
Grao en Economía
A.C.B.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo aborda o acceso á vivenda en Galicia, un problema consolidado nos últimos anos como un dos principais retos sociais tanto en Europa como en España e nas súas Comunidades Autónomas. Aos problemas estruturais existentes que limitan a accesibilidade, veu sumarse o uso turístico das vivendas, todo isto nun contexto de crecente demanda de vivenda residencial. A análise céntrase en avaliar a accesibilidade á vivenda para uso residencial a nivel municipal, especialmente nas áreas urbanas funcionais. Para iso, tras unha descrición da problemática nos ámbitos europeo, español e galego, e das diferentes iniciativas normativas que trataron de darlle resposta, no traballo evalúase a accesibilidade nas áreas urbanas funcionais galegas. Dada a non dispoñibilidade de indicadores específicos a nivel municipal, constrúese un indicador que relaciona o prezo estimado dunha vivenda tipo de 100 metros cadrados coa renda neta media por persoa. Ademais, analizáronse outras variables adicionais e complementarias como o réxime de tenza, os prezos de alugueiro e a expansión das vivendas de uso turístico; que axudan a explicar a accesibilidade á vivenda. A metodoloxía é cuantitativa, baseada en series temporais (2015-2024) con datos do IGE, INE e o Observatorio da Vivenda de Galicia. Detéctase un deterioro xeneralizado da accesibilidade residencial na maioría dos concellos analizados, debido a un crecemento sostido do prezo da vivenda non compensado polo avance das rendas. O alugueiro aumentou especialmente nas cidades máis grandes, mentres que en concellos turísticos como O Grove ou Sanxenxo, a presión do turismo reduciu a dispoñibilidade de vivenda habitual. Nos centros urbanos, as dificultades non poden atribuírse exclusivamente ao turismo, senón ao fundamental desequilibrio entre oferta e demanda.

RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titoría)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

A intelixencia artificial e a súa aplicación nas pemes.
Autoría
J.B.Y.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.B.Y.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
A partir deste TFG pretendo analizar a aparición e evolución da intelixencia artificial, así como a súa posterior aplicación e impacto no sector empresarial. Ademais, tratarei en profundidade tanto as oportunidades como os retos que isto proporcionará ás pemes e como se están desenvolvendo co uso e incorporación desta nova ciencia nos seus procesos. A continuación, farei mención a diversas ferramentas da IA que as empresas están a implementar nas súas actividades, así como o efecto que estas están a ter nas súas principais áreas funcionais. Por último, vou desenvolver un cuestionario deseñado para ser respondido por unha serie de pequenas e medianas empresas galegas e, deste xeito, poder obter unha perspectiva máis ampla do efecto que esta nova ciencia tivo e está a ter. Unha vez obtidas as respostas, reflectirei no traballo unha serie de conclusións ao respecto.

PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titoría)
PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titoría)
Tribunal
PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titor do alumno)

Análise da contratación tras a reforma laboral de 2021
Autoría
M.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao analízanse as medidas e efectos da reforma laboral de 2021 no ámbito da contratación laboral en España, facendo especial fincapé na temporalidade estructural no país e no contrato fixo-discontinuo como maior aposta do novo marco normativo. A investigación céntrase tanto nos cambios normativos introducidos como nos efectos e datos obtidos derivados da súa aplicación. Nun primeiro momento, exponse os motivos que levan a unha necesaria nova reforma laboral como é a permanente temporalidade e desemprego no mercado laboral español. Isto se fai mediante unha clara contextualización da situación que se vive e dende cando ocorre. A continuación, detállanse as principais modificacións legais recollidas no Real Decreto-lei 32/2021 como é a reconfiguración do contrato fixo-discontinuo, a abolición do contrato por obra e servizo, o reforzo do réxime sancionador e a modificación dos contratos formativos. A metodoloxía adoptada baséase na análise documental e estatística a través de organismos como o INE, o SEPE ou a Seguridade Social. Desta maneira, é posible observar unha evolución da maneira na que se contrata antes e despois da reforma, o que permite interpretar dende unha perspectiva crítica os efectos reais no mercado laboral español. O traballo ten como fin principal avaliar se a reforma laboral de 2021 supuxo un verdadeiro avance en canto á calidade do emprego, valorando a capacidade da mesma para erradicar a precariedade sen comprometer a flexibilidade das empresas ou afectar negativamente a súa actividade. Así, estudiarase en detalle o papel dos contratos fixo-discontinuos para alcanzar a estabilidade dos traballadores coa capacidade dos empregadores de poder adaptar o seu persoal ás variacións da demanda. Ademáis, o traballo tamén presenta unha reflexión crítica sobre as ventaxas e inconvenientes do contrato fixo-discontinuo, así como as expectativas que se teñen no futuro. Finalmente, valórase a efectividade da reforma e a súa capacidade para xerar emprego estable e de calidade. Número de palabras: 8.790

VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titoría)
VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titoría)
Tribunal
VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titor do alumno)

Proxecto de viabilidade financeiro hostaleiro.
Autoría
D.X.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.X.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao desenvolve un estudo de viabilidade económico-financeira centrado na reconversión da Panificadora de Vigo nun hotel boutique de estilo “lifestyle”. A proposta combina a rehabilitación dun conxunto patrimonial emblemático cunha oferta turística innovadora, integrando aloxamento, restauración, spa, espazos creativos e actividades culturais. O proxecto busca posicionarse nun segmento pouco explotado na cidade, diversificando as fontes de ingresos e reforzando a sustentabilidade operativa.

SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
Análise económica - financeira de Selmark S.L.
Autoría
R.C.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.C.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo céntrase na análise económica e financeira da empresa Selmark, S.L. (en diante Selmark), co obxectivo de avaliar a súa situación durante o período 2021-2023 e comparala con dúas compañías do mesmo sector. A estrutura do traballo organízase principalmente en tres bloques. En primeiro lugar, preséntase unha descrición xeral da empresa, que inclúe información básica sobre a súa orixe, evolución e actividade. A continuación, desenvólvese unha análise da contorna externa e interna, que permite contextualizar a posición da empresa dentro do seu sector. Finalmente, leva a cabo a análise económica-financeira, que constitúe o núcleo central do estudo. Este elabórase mediante o cálculo de tendencias, cocientes e rendibilidades, co fin de interpretar o seu rendemento e evolución en base a información histórica. En xeral, os resultados mostran como Selmark, destaca pola súa sólida posición financeira, con alta liquidez, baixo endebedamento e unha rendibilidade crecente. Fronte aos seus competidores, distínguese pola súa estabilidade e menor risco, consolidándose como unha empresa equilibrada O traballo consta de 9652 palabras.

Determinantes da emisión eficiente de gases a nivel de países
Autoría
I.C.S.
Grao en Economía
I.C.S.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo trata de analizar a emisión eficiente de gases de efecto invernadoiro a través de dez países da Unión Europea no período entre 1995 e 2023. Entendemos a emisión eficiente como a capacidade dunha unidade económica de xerar menos emisións de CO2 en función do seu esquema enerxético, sendo o país máis eficiente aquel que consiga xerar menos pegada de carbono en relación coa súa estrutura de subministración de enerxía. Utilizaremos un modelo de datos de panel para avaliar o impacto do mix enerxético e do pib sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro. A análise comparativa entre países revela diferentes traxectorias, Suecia ou Francia conseguen modelos enerxéticos máis eficientes fronte a outros como Alemaña ou Chequia que manteñen unha gran dependencia de combustibles fósiles. Os resultados demostran que os combustibles fósiles, especialmente o carbón e o gas natural, teñen un efecto positivo e significativo sobre as emisións, mentres que o PIB mantén unha relación negativa, algo que se explica a través da curva ambiental de Kuznets. Con todo, as renovables e a nuclear non son significativas no noso modelo, isto recalca a súa influencia indirecta sobre a redución nas emisións, comportándose como elementos sustitutivos doutras fontes de enerxía contaminantes. En base á estimación determinamos que o país que máis se adapta á descrición de eficiencia enerxética é Suecia grazas ao relativo pouco uso que fai dos combustibles fósiles e o gran peso que teñen as renovables.

RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
GONZALEZ MURIAS, PILAR Cotitoría
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
GONZALEZ MURIAS, PILAR Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
Análise da produción, demanda e saldos eléctricos das Comunidades Autónomas (2011-2021)
Autoría
X.C.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
X.C.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Nun momento como o actual, caracterizado pola aposta pola descarbonización da economía, acompañada de dous procesos tan relevantes como o de electrificación e dixitalización, resulta de sumo interese estudar o comportamento dos territorios en canto á xeración e demanda de enerxía eléctrica. O presente TFG ten como obxectivo xeral analizar a produción e demanda de enerxía eléctrica nas comunidades e cidades autónomas do Estado español nos anos 2011, 2016 e 2021. Logo de realizar unha breve presentación do marco regulatorio español da enerxía eléctrica a modo de contextualización, a análise pretende verificar a existencia dun proceso de substitución das fontes non renovables polas renovables ao longo do tempo e identificar os territorios que están a contribuír con maior intensidade a esta transición enerxética. No ámbito da demanda, identifícanse os factores que poderían explicala (poboación, riqueza e intensidade enerxética), establecendo unha clasificación de comunidades autónomas e comprobando se esa clasificación se mantén no tempo. Deseguido, contrapóñense os comportamentos dos ámbitos da produción e da demanda para clasificar os diferentes territorios en deficitarios, excedentarios ou equilibrados, reflexionando sobre as implicacións de cada perfil. Finalmente, extráense un conxunto de conclusións estruturadas en función dos obxectivos propostos neste traballo.

CHAS AMIL, MARIA LUISA (Titoría)
CHAS AMIL, MARIA LUISA (Titoría)
Tribunal
CHAS AMIL, MARIA LUISA (Titor do alumno)

Plataformas de e-recruitment con Intelixencia Artificial: Papel dos factores tecnolóxicos e emocionais na actitude cara ao seu uso
Autoría
D.C.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.C.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Nun contexto marcado pola transformación tecnolóxica, as plataformas de e-recruitment e a intelixencia artificial (IA) convertéronse nunha ferramenta clave nos procesos de recrutamento e selección de persoal, permitindo ás organizacións optimizar recursos e reducir tempos. Este traballo afonda no concepto de recrutamento e selección, abordando a súa evolución histórica, fases e principais características, e analiza, desde a perspectiva do candidato, como se percibe o uso destas plataformas nos devanditos procesos. Para iso, plantexouse un modelo composto por diferentes variables co fin de identificar cales inflúen de forma significativa na actitude de uso do solicitante cara a este tipo de ferramentas. A través dunha enquisa realizada a 97 persoas, os resultados amosan que só as variables funcionais (utilidade e facilidade de uso) teñen un efecto significativo, mentres que o resto, de carácter emocional, non presentan unha relación relevante. Estes resultados evidencian que os candidatos valoran principalmente a eficiencia e a simplicidade do proceso, por riba doutros aspectos vencellados ás súas emocións. Neste sentido, conclúese que, aínda que a implementación de plataformas de e-recruitment baseadas en IA pode mellorar a eficacia organizativa, é fundamental que as empresas garantan unha experiencia clara, funcional e ben comunicada, que favoreza unha percepción positiva do proceso nun entorno laboral cada vez máis dixitalizado.

CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Autopistas del Atlántico, S.A.
Autoría
S.C.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.C.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Autopistas del Atlántico, S.A. é unha empresa concesionaria da autoestrada AP9 cuxa actividade principal é a construción, conservación e explotación desta infraestrutura. Forma parte do grupo empresarial Itínere Infraestruturas, S.A. e pertence ao sector de infraestruturas e transporte, caracterizado por un elevado investimento inicial e unha xestión a longo prazo, sendo o seu contrato de concesión vixente ata o ano 2048. Este traballo analiza a evolución económico-financeira de AUDASA entre o período 2021 e 2023, nun contexto de recuperación á causa da pandemia de 2020. A empresa mostra unha evolución positiva, cun crecemento do resultado do exercicio, unha elevada rendibilidade e unha xestión axeitada da súa débeda. Presenta un efecto panca positivo e unha cobertura de xuros sólida, o que amosa unha boa saúde financeira. Así mesmo, a análise comparativa con outras concesionarias do sector, como AUCALSA e AVASA, e o estudo do funcionamento do sector, mostra como AUDASA, a pesar da súa debilidade a curto prazo, está consolidada dentro do sector de concesións en España.

ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titor do alumno)

Análisis económico financeiro
Autoría
D.C.G.
Grao en Economía
D.C.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Dirección
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titoría)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titor do alumno)

Análise internacional do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo
Autoría
A.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao analízase o branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo desde unha perspectiva comparativa, centrando a atención nas respostas institucionais e normativas de España, Reino Unido e Estados Unidos. Ambos fenómenos, aínda que diferentes nos seus obxectivos, comparten mecanismos operativos e representan unha ameaza crítica para a estabilidade financeira e a seguridade internacional. A investigación emprega unha metodoloxía cualitativa, baseada na análise documental e no estudo de casos prácticos, que permite avaliar a eficacia dos marcos legais, estruturas institucionais e medidas preventivas de cada país. Examínanse os principais métodos de branqueo (como o uso de criptomoedas, sociedades offshore, o sector inmobiliario e os homes de palla) e a súa interrelación co financiamento do terrorismo, que adoita nutrirse de fontes lícitas e ilícitas difíciles de rastrexar. A través de casos como a Operación Karasu (España), Destabilise (Reino Unido) e Fortune Runner (EE.UU.), evidéncianse patróns comúns, como o uso de sistemas informais de transferencia de valor, criptodivisas como Tether (USDT) e estruturas empresariais pantalla. Ademais, todas estas redes operan de forma transnacional, aproveitando baleiros legais e a falta de coordinación entre países. O estudo destaca que, malia os avances normativos e operativos, persisten desafíos como a opacidade na titularidade real dos activos, a limitada trazabilidade das criptomoedas e as barreiras á cooperación internacional. Como resposta, propóñense recomendacións centradas en reforzar a transparencia financeira, mellorar a supervisión dos VASPs e promover estándares globais de cumprimento e cooperación. En conxunto, o traballo conclúe que só mediante unha resposta integral, coordinada e innovadora será posible frear o uso do sistema financeiro con fins delituosos e protexer a orde económica e a seguridade global.

TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
Tribunal
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titor do alumno)

Análise economico-financiero: LOGISTA INTEGRAL S.A.
Autoría
A.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O seguinte traballo ten como obxectivo o análise da situación económica e financeira de LOGISTA INTEGRAL S.A., unha empresa especializada na distribución de distintos tipos de produtos a través das súas filiais. Para acadar este propósito, analizaranse as contas publicadas de LOGISTA, así como as das súas competidoras máis próximas, principalmente entre os anos 2020 a 2024. Tamén se buscará relacionar o estado da empresa co seu contexto económico tanto interno como externo. Co fin de explicar a situación actual de LOGISTA, o traballo estrutúrase de maneira que se contextualice inicialmente a empresa. Despois, analizaranse as contas de LOGISTA, para despois ampliar ese análise cunha comparación coas empresas coas que compite. Finalmente, realízase un análisis DAFO xunto con unhas propostas de mellora que rematan en conclusións situadas ao final do traballo. Como conclusión, obsérvase que as contas de LOGISTA gozan de boa saúde e que, a pesar de diferentes riscos derivados do sector de actividade e de diferentes ratios provenientes das súas contas anuais, a empresa é a líder indiscutible no sector no que exerce a maior parte da súa actividade. O traballo consta de 9961 palabras.

CID BOUZAS, BIANCA (Titoría)
CID BOUZAS, BIANCA (Titoría)
Tribunal
CID BOUZAS, BIANCA (Titor do alumno)
CID BOUZAS, BIANCA (Titor do alumno)
Unha análise econométrica das transaccións de vivenda en España.
Autoría
L.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza os determinantes da demanda de vivenda en España durante o período 2008-2024, utilizando un modelo econométrico con datos trimestrais. Tras aplicar o método de Mínimos Cadrados Ordinarios e verificar os supostos clásicos da regresión, os resultados indican que a taxa de paro, o produto interior bruto, o tipo de xuro hipotecario e o índice de prezos da vivenda son factores significativos na evolución da demanda inmobiliaria. Esta análise permite comprender mellor as dinámicas do mercado e pode servir de base para futuras investigacións e políticas públicas que busquen mellorar o acceso á vivenda.

LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)

Retrato dunha Galiza en tránsito. Transformacións socioeconómicas no século XXI
Autoría
E.C.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.C.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
As fondas transformacións socioeconómicas acaecidas en Galiza no último medio século mudaron radicalmente o perfil económico, demográfico, laboral e social do territorio. En pouco máis de trinta anos, Galiza pasou de ser unha economía eminentemente agraria e rural a ser unha economía máis moderna, dinámica, conectada e mellor posicionada. Con todo, tamén se presenta como unha sociedade máis vella, máis concentrada xeograficamente e con profundos retos aos que debe facer fronte. A repoboación do rural, a cohesión territorial, a transición tecnolóxica, a equidade na distribución da riqueza e o investimento sostido en innovación constitúen algúns dos desafíos clave do futuro. Sobre este contexto versa a dinámica do presente estudo, que ten como obxectivo principal ofrecer, a través da análise descritiva de datos estatísticos e da revisión de diversos estudos académicos, unha visión integral que permita comprender non só as dinámicas económicas e sociais, senón tamén as interrelacións entre ambas e o seu impacto no desenvolvemento endóxeno de Galiza.

ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Titoría)
DIOS VICENTE, ADRIAN Cotitoría
ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Titoría)
DIOS VICENTE, ADRIAN Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Vogal)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Vogal)
Informe de valoración da empresa STAC S.L.
Autoría
J.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo realízase a valoración de Sistemas Técnicos del Accesorio y Componentes (STAC). Para iso, empezarei presentando á empresa, expoñendo a súa historia, recorrido e feitos relevantes. A continuación, realizarei un análise do sector no que opera a empresa para comprender as características principais do seu entorno. Posteriormente, establecerei o grupo de comparación que se vai utilizar no análise económico- financeiro. Partindo de toda a información recollida, procederei a establecer a estratexia máis adecuada para a empresa para os próximos anos, formando así os estados financeiros proforma que nos permitan valorar a empresa. Para obter información sobre a empresa, consultei información en bases de datos, noticias, páxina web da empresa e incluso información e coñecemento proporcionados pola propia empresa. Ademais, como base do informe de valoración tomei os modelos APV e MACE, elaborados polo profesor Alfonso Rodríguez Sandías.

RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titoría)
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
Análise do impacto económico e social das cooperativas
Autoría
M.P.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.P.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como finalidade analizar o impacto económico e social das cooperativas partindo do marco da Economía Social. O estudo céntrase en 16 cooperativas galegas pertencentes a diversos sectores, avaliando a súa viabilidade financeira mediante a interpretación dunha serie de ratios financeiras clave. Os resultados amosan unha notable diversidade na saúde financeira, mentres algunhas cooperativas amosan solvencia e rendibilidades destacables (como Abeluria e Avada), outras afrontan desafíos estruturales (Miudiño ou Negra Sombra). Ademais, abórdase a relevancia que ten o papel da financiación para as cooperativas, que se enfrontan a dificultades á hora de acceder ao crédito. Por outra parte, o uso das Finanzas Éticas segue sendo limitado, principalmente por descoñecemento ou falta de adaptación ás súas necesidades en comparación coa banca tradicional. Conclúese que as cooperativas son unha alternativa viable ás empresas tradicionais, combinando rendibilidade con compromiso social, sendo necesario abordar as limitacións ás que se enfrontan para consolidar o seu papel como axentes clave na consecución ataunha economía máis xusta e sostible.

FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titor do alumno)

Inmigración e mercado laboral en España: perfís migratorios e efectos sobre o Estado de benestar
Autoría
N.C.L.
Grao en Economía
N.C.L.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza, dende unha perspectiva empírica, a relación entre os fluxos migratorios, o mercado laboral e o Estado de benestar en España. Na primeira parte revísase a literatura socioeconómica sobre migración, prestando atención ás causas e consecuencias derivadas do fenómeno, así como ao marco normativo europeo e nacional. A continuación, preséntase evidencia empírica sobre as políticas de integración e a percepción social da inmigración. Seguidamente, examínase a evolución da inmigración en España dende 1960 ata a actualidade, caracterizando o perfil sociodemográfico do colectivo e a súa inserción no mercado laboral, atendendo ás desigualdades por xénero, nivel educativo, idade e procedencia, entre outras variables. Posteriormente, contextualízase o papel do Estado de benestar e analízanse os factores que facilitan ou, no seu caso, dificultan o acceso da poboación inmigrante aos servizos públicos. Por último, conclúese que, se ben a inmigración supón unha importante contribución ao mercado de traballo e ao sostemento do sistema de protección social, existen barreiras estruturais que limitan a súa inclusión económica e social.

SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Fiscalidade empresarial. Réxime fiscal das cooperativas.
Autoría
P.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao busca analizar o réxime fiscal das Sociedades Cooperativas en España. Veremos cales son as particularidades deste tipo de sociedades e as diferenzas con outras á hora de tributar, especialmente no Imposto de Sociedades. Coñeceremos tamén o custo que supón para o Estado Español os beneficios fiscais destas sociedades. Para acadar estos obxectivos, centrarémonos na lexislación española para diferentes impostos e a información que a Axencia Tributaria pon á nosa disposición, así como artigos e bibliografía de diferentes autores.

VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Análise economico-financiero, Endesa S.A.
Autoría
S.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
A finalidade de este traballo e realizar unha análise económica e financeira da empresa Endesa, unha das referentes do sector eléctrico español. Estruturase en catro partes: comezando pola presentación da empresa seleccionada, unha segunda parte centrándose en explicar o entorno tanto xeral como específico, así como unha breve análise interna; pasando despois a análise económica e financeira da empresa, para rematar cun resumo de todos os puntos, o que permite ter unha visión xeral do traballo levado a cabo. Destacar que para a análise económica-financeira, o diagnóstico e as propostas de mellora están baseadas en datos recollidos das contas anuais da empresa e dos estados financeiros, a partir dos cales calculamos os diversos ratios e gráficos que nos axudan a entender e explicar a situación da empresa. Como conclusións deste traballo, gustaríame remarcar a importancia das crisis vividas nos últimos cinco anos en Europa, e como estas afectaron negativamente aos resultados de Endesa en maior medida que aos da súa principal competidora.

DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
Análise estrategico de Binter Canarias
Autoría
M.D.S.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.D.S.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como finalidade analizar a situación estratéxica de Binter Canarias, unha aerolínea rexional que xoga un papel fundamental na conexión do arquipélago canario. O estudo pretende determinar se as estratexias actuais da empresa están correctamente aliñadas coas características da súa contorna, así como cos seus recursos e habilidades internas, nun contexto caracterizado pola evolución do sector aéreo, a sustentabilidade e a crecente competencia. Para iso, utilizouse unha metodoloxía baseada na análise estratéxica clásico. Primeiramente, analizouse a contorna externa utilizando ferramentas como a análise PESTEL e o modelo das Cinco Forzas. Despois, avaliouse a contorna interna considerando a cadea de valor e a identificación de recursos e habilidades. Toda esta información incorporouse nunha análise DAFO que serviu como fundamento para avaliar a adecuación das estratexias da empresa. Os resultados indican que Binter enfronta desafíos significativos, tales como o aumento da presión normativa, a débeda do goberno coas aerolineas e a diminución da demanda de segmentos como o pasaxeiro de negocios. Con todo, tamén conta con vantaxes como a súa sólida posición no mercado, as súas boas relacións co goberno e o control sobre actividades crave grazas á súa integración vertical. As estratexias actuais, que se enfocan na diferenciación de servizos, a expansión de roteiros e a innovación tecnolóxica, considéranse adecuadas e coherentes co diagnóstico estratéxico. O traballo consta de 9.409 palabras desde introdución ata conclusións.

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

O impacto dos factores financieiros sobre o ESG Risk Rating en el sector Food Retailers
Autoría
E.D.S.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.D.S.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
En este trabajo, estudiamos como se relacionan las variables que conforman este indicador, así también como influyen indicadores financieros dentro del mismo a través del sector Food Retailers. Mediante una metodología basada en el análisis de correlación entre las diferentes variables del ESG y financieras, proporcionadas por sus cuentas anuales y por empresas de rating, buscamos determinar como todas estas variables afectan al ESG Risk Rating proporcionado por Sustainalytics. Una vez realizado el análisis, con los datos e información que se ha recopilado, no podemos afirmar que las variables financieras que se han usado en este estudio influyan de forma significativa en el rating ESG de las empresas del sector Food Retailers.

Garrido Ruso, María (Titoría)
RIEIRO GARCIA, MANUEL Cotitoría
Garrido Ruso, María (Titoría)
RIEIRO GARCIA, MANUEL Cotitoría
Tribunal
Garrido Ruso, María (Titor do alumno)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titor do alumno)
Garrido Ruso, María (Titor do alumno)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titor do alumno)
Medidas de desigualdade rexional
Autoría
G.D.G.
Grao en Economía
G.D.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Este traballo analiza os distintos tipos de medidas de desigualdade que existen, e os principais enfoques económicos que xiran en torno a estas desigualdades. Examinando o caso de España, destacando as diferenzas entre comunidades dende mediados do Siglo XIX, así como a desigualdade entre rexions da UE neste Siglo XXI. O estudo pon o foco tanto na dimensión estatística como nas interpretacións teóricas que axudan a entender a persistencia das desigualdades territoriais.
Este traballo analiza os distintos tipos de medidas de desigualdade que existen, e os principais enfoques económicos que xiran en torno a estas desigualdades. Examinando o caso de España, destacando as diferenzas entre comunidades dende mediados do Siglo XIX, así como a desigualdade entre rexions da UE neste Siglo XXI. O estudo pon o foco tanto na dimensión estatística como nas interpretacións teóricas que axudan a entender a persistencia das desigualdades territoriais.
Dirección
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
Tribunal
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titor do alumno)
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titor do alumno)
Innovación e Tecnoloxía en Galicia: Análise da Transformación Dixital
Autoría
N.D.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.D.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo nace da necesidade de comprender como as tecnoloxías emerxentes están a transformar o tecido económico e social, así como da importancia de dispoñer de criterios claros para avalialas antes da súa adopción. A través da análise do caso galego, constrúese unha visión que vai máis alá do ámbito técnico para incorporar tamén as dimensións organizativa, cultural e estratéxica. O estudo enlaza a evolución histórica da dixitalización coa situación actual do sector tecnolóxico, explorando o seu potencial para xerar coñecemento, mellorar a produtividade e actuar como motor de cambio noutros ámbitos económicos. A metodoloxía combina teoría e práctica. Revísanse modelos de adopción tecnolóxica e contrástase a súa aplicabilidade con experiencias reais. A partir diso, propónse un enfoque metodolóxico flexible, que permite avaliar novas ferramentas dixitais segundo criterios como a utilidade percibida, a adaptación ao contexto, a facilidade de integración ou o impacto medible. Esta proposta busca achegar claridade nunha contorna marcada pola velocidade dos cambios, que pode conducir a decisións precipitadas ou pouco eficaces. O caso galego emprégase non só como obxecto de estudo, senón tamén como exemplo de como a innovación se desenvolve nun territorio con fortalezas, limitacións e características propias. Analízase como o dinamismo do sector TIC local condicionou o ritmo de adopción no conxunto do ecosistema, e como factores como a conectividade, o talento dispoñible ou as políticas públicas influíron nos resultados. En conxunto, o traballo ofrece ferramentas concretas para interpretar e xestionar a complexidade tecnolóxica, propoñendo unha visión crítica, estruturada e útil para anticipar decisións máis informadas e sostibles.

DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Titoría)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Titor do alumno)

Modelos de desenvolvemento inclusivo de enerxías renovables.
Autoría
A.D.M.
Grao en Economía
A.D.M.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
As fontes de enerxía renovable están a aumentar a súa participación a nivel mundial coa finalidade de complementar, e en parte reducir, o papel das fontes de enerxía fósiles convencionais. Este traballo de 8.786 palabras ten como obxectivo informar sobre a situación actual das fontes de enerxía renovable empregadas, incluíndo as súas debilidades e as súas fortalezas, as cales influirán na súa evolución durante os próximos anos. Posteriormente, abárcanse de forma máis detallada os biocombustibles, debido á relevancia do transporte na emisión de gases de efecto invernadoiro, destacando dentro deste grupo o biodiésel, o bioetanol e o biometano. Nun contexto marcado polo cambio climático, a redución dos recursos das fontes de enerxía fósiles e as elevadas tensións xeopolíticas, resáltase a necesidade de impulsar a investigación, o apoio e a implementación de fontes de enerxía renovable.

REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titor do alumno)

Crecemento e liberdade económica: Unha análise cuantitativa.
Autoría
D.D.D.
Grao en Economía
D.D.D.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente estudo examina o concepto de liberdade económica, a súa medición, os elementos que a compoñen e as súas implicacións no ámbito económico, cun enfoque particular na súa evolución durante as tres últimas décadas. Para facilitar unha análise global sistemática, constrúense diversos índices mundiais que permiten comparacións homoxéneas ao longo do tempo. Ademais, avalíase a influencia da liberdade económica sobre un conxunto de variables económicas clave, incluíndo a incidencia da pobreza, a desigualdade de ingresos, o desenvolvemento humano, a acumulación de capital humano, o desempeño ambiental e a distribución da riqueza. Finalmente, estímase o impacto agregado da liberdade económica no crecemento económico, así como a contribución específica de cada un dos seus compoñentes no devandito crecemento, considerando diferentes mostras temporais. 9920 palabras.

DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Titoría)
DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
O Proxecto EeMap no contexto da Axenda Urbana Española: Financiación verde para unha vivenda sustentable
Autoría
Y.D.D.P.
Grao en Economía
Y.D.D.P.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
A vivenda sostible ocupa un lugar central nas políticas de desenvolvemento urbano contemporánea, especialmente en España, onde as tensións entre a demanda de vivenda e a eficiencia enerxética do parque de vivendas supoñen retos críticos. Este traballo explora como a Axenda Urbana Española (AUE) artella un enfoque estratéxico para afrontar os retos da vivenda sostible, integrando diversas ferramentas e actores clave. Aquí preséntase como elemento central o Proxecto EeMap (Plan de Acción de Hipotecas Eficientes Enerxéticas), pensado para impulsar o financiamento verde mediante o desenvolvemento e promoción de hipotecas orientadas á eficiencia enerxética. A análise céntrase no potencial transformador das hipotecas verdes, deseñadas para facilitar o acceso a vivendas eficientes enerxéticamente mediante incentivos financeiros específicos. Mediante unha revisión da súa implantación en España, analízanse os seus beneficios ambientais e económicos, xunto coas limitacións que dificultan a súa adopción masiva, como a falta de harmonización normativa e a percepción de elevados custos iniciais. Como veremos, para maximizar o potencial das hipotecas verdes requírese un entorno propicio onde se xunten políticas públicas eficaces, incentivos financeiros e colaboración intersectorial. Neste sentido, o financiamento verde pode xogar un papel decisivo na transformación do sector residencial, favorecendo a creación de cidades sostibles, inclusivas e adaptadas aos retos ambientais e sociais do futuro. Conseguir avances neste ámbito transcende o ámbito nacional e está aliñado cos compromisos internacionais asumidos para protexer o equilibrio ecolóxico do planeta.

CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titoría)
Tribunal
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titor do alumno)

O traballo a tempo parcial na hostalaría: unha visión estatística centrada nos pequenos negocios.
Autoría
I.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao analízase o traballo a tempo parcial no sector da hostalaría dende unha perspectiva estatística e práctica, centrando a atención nos pequenos negocios. A través do uso de fontes oficiais como o Instituto Nacional de Estatística (INE), estúdanse as características do emprego parcial en España, atendendo a unha serie de variables e á súa relevancia nun sector marcado pola estacionalidade e a necesidade de flexibilidade. A análise mostra un claro predominio das mulleres nesta modalidade contractual e unha realidade desigual, na que moitas persoas acceden a estes traballos non por elección, senón por falta de alternativas a xornada completa. Sen embargo, vemos tamén como o traballo a tempo parcial pode ser útil ao compaxinar varios empregos. O estudo enriquécese coa análise do hotel A Tafona do Peregrino, en Santiago de Compostela. Nel avalíase a experiencia dunha traballadora con contrato parcial fixo-descontinuo, elixido voluntariamente e adaptado ás necesidades do hotel. Con este caso, contrástanse os datos xerais cunha aplicación práctica que deixa ver un uso responsable e eficiente desta modalidade de emprego. O traballo conclúe que, se ben o emprego parcial pode ser unha ferramenta útil, a súa posta en práctica debe ser coidadosa para evitar precariedade e desigualdades. Ademais, propóñense algunhas melloras para garantir o seu uso xusto e equilibrado en sectores como a hostalaría.

Informe de valoración de Frinsa del Noroeste, S.A.
Autoría
J.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é elaborar un informe de valoración para Frinsa del Noroeste, S.A., unha empresa dedicada á fabricación e venda de produtos enlatados. O informe comeza cunha presentación da empresa, describindo brevemente a súa historia e a evolución das cifras relevantes. A continuación, analizaremos o macro e microambiente da empresa mediante ferramentas como PESTEL, DAFO e as Cinco Forzas Competitivas de Porter. Continuando co informe, realizaremos unha análise económico-financeira da empresa e dos seus competidores, estudando os impulsores de valor e os factores fundamentais. Nesta análise, veremos como a empresa exhibe un maior crecemento e rendibilidade en comparación cos competidores seleccionados. Baseándonos en toda a información recompilada, desenvolveremos unha estratexia para a empresa, da que derivaremos os estados financeiros pro forma, que nos permitirán realizar posteriormente a valoración. Esta estratexia centrarase en manter as marxes da empresa e optimizar a estrutura de capital. Finalmente, a empresa valorarase mediante dous métodos de valoración fundamentais. Como resultado, obtemos un valor de mercado do capital entre 325 e 375 millóns de euros a principios de 2024. Para concluír o informe de valoración, analizaremos o risco de valoración mediante tres análises de sensibilidade. Este traballo consta de 9.994 palabras.

RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titor do alumno)

Estudo de mercado de zumes en España: situación actual e perspectivas
Autoría
L.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
No presente traballo realízase un estudo de mercado do sector dos zumes e dos néctares en España. O obxectivo principal é tanto determinar e identificar as oportunidades e tendencias como coñecer a situación do sector na actualidade. En consecuencia, desenvolveuse unha análise desagregada desde o punto de vista da oferta e a demanda, facendo uso da información de fontes secundarias. En primeiro lugar, desde o punto de vista da oferta, realízase unha análise do sector; así como a produción nacional, as vendas netas e as principais macromagnitudes. A continuación, estúdase a balanza e os fluxos comerciais co resto de Europa. Posteriormente, realízase un estudo dos principais axentes fabricantes e distribuidores e unha análise de formación de prezos. En segundo lugar, desde o punto de vista da demanda, realízase unha análise cuantitativa de consumo e gasto en termos agregados e desagregados. Posteriormente, realízase unha análise cualitativa, o cal ten unha segmentación baseada no comportamento, realizando unha análise por subcategorías: unha segmentación socioeconómica baseada no comportamento, para poder identificar os perfís do mercado potencial; e unha segmentación baseada no servizo buscado, analizando os criterios de compra dos consumidores. Así mesmo, desagréganse as diferentes e novas tendencias no sector e os criterios de decisión de compra dos consumidores. Ademais, analízase o posicionamento das principais empresas do sector español. Por último, realízase unha análise DAFO para poder plasmar de forma breve e esquematizada a situación actual. Desta forma obtense unha análise máis completa da situación, tanto interna como externa, do sector. Así mesmo, este traballo termínase coas limitacións e futuras ampliacións, así como o número de palabras que este documento ten. O traballo ten unha extensión de 9.999 palabras

RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
Tribunal
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titor do alumno)

Falta De Relevo Xeracional E Ocupación Do Sector Pesqueiro Galego.
Autoría
M.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo aborda a problemática da falta de relevo xeracional no sector pesqueiro galego, un sector clave para a economía da rexión. Ao longo da investigación analízase como o envellecemento dos traballadores, a escasa atracción da mocidade cara á pesca e os problemas coas condicións laborais están a provocar unha redución da forza laboral no sector. Ademais, estúdanse os efectos negativos que esta situación está a ter nas comunidades costeiras, tanto en termos de emprego como de sustentabilidade económica, achegando datos estatísticos. Tamén se analizan as posibles causas internas e externas deste problema. A partir destes achados, preséntanse posibles solucións que axuden a revitalizar o sector. Este traballo ten como obxectivo salientar a importancia de tomar medidas urxentes para asegurar o futuro deste sector tan esencial para Galicia.
Este traballo aborda a problemática da falta de relevo xeracional no sector pesqueiro galego, un sector clave para a economía da rexión. Ao longo da investigación analízase como o envellecemento dos traballadores, a escasa atracción da mocidade cara á pesca e os problemas coas condicións laborais están a provocar unha redución da forza laboral no sector. Ademais, estúdanse os efectos negativos que esta situación está a ter nas comunidades costeiras, tanto en termos de emprego como de sustentabilidade económica, achegando datos estatísticos. Tamén se analizan as posibles causas internas e externas deste problema. A partir destes achados, preséntanse posibles solucións que axuden a revitalizar o sector. Este traballo ten como obxectivo salientar a importancia de tomar medidas urxentes para asegurar o futuro deste sector tan esencial para Galicia.
Dirección
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
Análise económico financeira de Adolfo Domínguez
Autoría
L.F.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.F.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O grupo Adolfo Domínguez constitúe unha das firmas máis importantes dentro do sector téxtil e da moda en España, especialmente en Galicia, onde mantén a súa sede central. Con máis de cinco décadas de traxectoria, a compañía consolidouse como un referente dentro da moda de autor, destacando polo seu compromiso coa sustentabilidade e coa responsabilidade empresarial. O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da situación de Adolfo Domínguez nos últimos cinco exercicios dispoñibles. Para iso realizáronse unha serie de cálculos e indicadores clave a partir do Balance de Situación e da Conta de Perdas e Ganancias da empresa, así como a súa comparación cun grupo de referencia. Todo isto permitiu elaborar un diagnóstico da situación da empresa e, en base a este, posibles propostas de mellora. A análise realizada pon de manifesto a consolidación da compañía como unha marca de autor con gran recoñecemento, pioneira en materia de sustentabilidade e cunha forte imaxe de marca. Este feito, xunto cun proceso de reestruturación, permitiu á empresa pasar de rexistrar perdas a obter un resultado positivo nos dous últimos exercicios. Porén, a compañía presenta unha situación financeira débil, cunha forte dependencia do financiamento alleo e problemas de solvencia e liquidez. O traballo consta de 9.999 palabras.

VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
Tribunal
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titor do alumno)

Conciliación entre o teletraballo e a vida familiar: Comparativa Países Baixos e España
Autoría
C.F.V.
Grao en Economía
C.F.V.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar o efecto dunha serie de factores persoais como a idade ou o xénero, ademais de laborais e familiares na satisfacción co teletraballo durante o COVID 19, centrándonos en aspectos de conciliación e de equilibrio entre a vida laboral e familiar. Para ese efecto, utilizarase unha serie de microdatos obtidos da enquisa de Living, Working and COVID 19 (2020), elaborada por Eurofound para o conxunto da UE27. Neste traballo, realizaremos unha análise empírica comparativa entre España e Países Baixos para identificar as diferenzas de valoración do teletraballo entre ambos os Estados provocadas por aspectos relacionados coa conciliación laboral e persoal. Numero total de palabras = 9.496
O obxectivo deste traballo é analizar o efecto dunha serie de factores persoais como a idade ou o xénero, ademais de laborais e familiares na satisfacción co teletraballo durante o COVID 19, centrándonos en aspectos de conciliación e de equilibrio entre a vida laboral e familiar. Para ese efecto, utilizarase unha serie de microdatos obtidos da enquisa de Living, Working and COVID 19 (2020), elaborada por Eurofound para o conxunto da UE27. Neste traballo, realizaremos unha análise empírica comparativa entre España e Países Baixos para identificar as diferenzas de valoración do teletraballo entre ambos os Estados provocadas por aspectos relacionados coa conciliación laboral e persoal. Numero total de palabras = 9.496
Dirección
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Alfabetización financeira en mozos adultos galegos
Autoría
E.F.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.F.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este estudo analiza de forma exploratoria a alfabetización financeira en mozos adultos galegos, tendo en conta diferentes factores como: idade, xénero, nivel educativo e a experiencia adquirida coa contratación de produtos financeiros. A alfabetización financeira defínese como o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para tomar decisións económicas. Para medir estes niveis adaptouse un cuestionario de recoñecemento internacional da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), o cal mide os aspectos básicos da alfabetización financeira. Os resultados obtidos na devandita enquisa evidencian unha correlación positiva entre os conceptos avaliados, o nivel educativo e a formación en áreas económicas. Os resultados, así mesmo, mostran unha significativa relación coa posesión de activos financeiros. En canto ao xénero, púidose observar unha brecha entre mulleres e homes, sendo estes últimos os que xeralmente posúen un coñecemento máis amplo na área. Por outra banda, a idade e os ingresos revelan unha conexión de gran pertinencia co coñecemento financeiro. Os datos suxiren que reforzar a formación financeira en Galicia podería supoñer unha mellora no benestar dos mozos adultos galegos, así como reducir algunhas brechas de xénero entre homes e mulleres.

CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Titoría)
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Titoría)
Tribunal
CASTIÑEIRA CARRACEDO, MARTIÑO (Titor do alumno)

Bancarización e endebedamento familiar en España
Autoría
I.F.V.
Grao en Economía
I.F.V.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na análise da inclusión financeira en España, considerada desde dúas perspectivas fundamentais: o acceso á bancarización e a débeda das familias. Nun ambiente caracterizado pola rápida dixitalización, os cambios no sistema financeiro e os efectos socioeconómicos causados pola pandemia da COVID-19, esta investigación busca comprender non só como se accede formalmente ao sistema bancario, senón tamén como se utilizan realmente os seus servizos e as repercusións económicas que este uso ten para as familias. O obxectivo do estudo é dobre: primeiro, examinar o nivel de acceso á bancarización, o uso de ferramentas dixitais como Bizum ou tarxetas, e o comportamento de aforro das familias; segundo, analizar os principais tipos de débeda (hipotecas, préstamos ao consumo, préstamos persoais e informais) e como evolucionaron. Ademais, compárase a situación de España coa doutras nacións desenvolvidas (Estados Unidos, Alemaña, Xapón, Portugal, Italia e Grecia) para contextualizar os resultados e identificar patróns comúns ou diferenzas significativas. Unha das achegas máis relevantes do estudo é o uso da base de datos Global Findex 2021 do Banco Mundial, que facilita a análise comparativa e lonxitudinal. Esta ferramenta permite a creación de gráficos que axudan a visualizar a evolución dos indicadores desde 2011 ata 2021. O estudo conclúe que, aínda que España mostra altos niveis de inclusión financeira, existen riscos asociados ao uso excesivo do crédito ao consumo e á falta de educación financeira. Polo tanto, a inclusión debe avaliarse non só polo seu alcance, senón tamén pola súa calidade e sustentabilidade ao longo do tempo. O traballo consta de 7.209 palabras.

ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titoría)
ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titoría)
Tribunal
ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titor do alumno)

A participación de Bulgaria e Romanía nas cadeas globais de valor logo da súa adhesión á UE
Autoría
S.F.C.
Grao en Economía
S.F.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao avalía a evolución de Bulgaria e Romanía nas cadeas globais de valor (CGV) tras a súa adhesión á Unión Europea en 2007, comparándoas con outros Novos Estados Membros (NEM) de orixe socialista: Polonia, Hungría, República Checa, Eslovenia e Eslovaquia. En primeiro lugar, analízase o contexto institucional e económico previo á integración, así como os factores determinantes da participación nas CGV: salarios, investimento estranxeiro directo (IED), PIB per cápita e calidade regulatoria e de goberno. A continuación, examínanse as series temporais destas variables para o período 2007_2019, identificando tendencias de converxencia e diverxencia. Na segunda parte, descompónse o “Trade in Value Added” (TiVA) de ambas economías, distinguindo entre o valor engadido doméstico na demanda estranxeira (VADforward) e o valor engadido foráneo nas exportacións brutas (VAEbackward). Os datos revelan que, aínda que ambos países incrementaron a súa integración nas CGV, persisten diferenzas estruturais e un atraso institucional que modera a súa competitividade. Ao longo de todo o documento, compárase o comportamento de Romanía e Bulgaria cos demais NEM, salientando o papel motor da IED e a necesidade de fortalecer a capacidade regulatoria e a calidade do goberno para avanzar no proceso de integración nacional nas CGV.

RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
Tribunal
RODIL MARZABAL, OSCAR (Titor do alumno)
RODIL MARZABAL, OSCAR (Titor do alumno)
A Reforma do Sistema de Financiación Local en España
Autoría
D.G.O.
Grao en Economía
D.G.O.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o sistema de financiamento local vixente en España, co obxectivo de identificar as súas principais debilidades e propoñer unha serie de liñas de reforma que permitan mellorar o seu funcionamento, garantindo que os entes locais poidan desempeñar da mellor maneira posible as súas funcións. Durante o estudo, realízase unha revisión da lexislación fundamental, o que permite comprender o funcionamento actual do sistema. Obsérvase que os ingresos dos entes locais estrutúranse principalmente ao redor de tributos propios, a participación nos ingresos do Estado e as CC. AA e as transferencias da Administración Central. A partir desta análise, e tomando como referencia os resultados do exercicio 2022, observamos unha serie de deficiencias que dificultan o cumprimento dos principios básicos do sistema. As principais problemáticas detectadas afectan especialmente os principios de corresponsabilidade fiscal, suficiencia financeira e equidade horizontal. Por tanto, é necesario abordar de maneira contundente unha serie de reformas que permitan garantir o cumprimento destes principios. Para iso, recóllense unha serie de reformas elaboradas previamente pola Comisión de Expertos para a Reforma do financiamento Local, priorizando algunha delas. Estas propostas céntranse na reforma do marco competencial, a revisión das regras de disciplina fiscal que afectan á execución do gasto, a modernización dos tributos propios municipais e a mellora do sistema de transferencias, para mellorar a equidade horizontal.

LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA Cotitoría
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA Cotitoría
Tribunal
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titor do alumno)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titor do alumno)

Aplicación da teoría de xogos nas ciencias políticas: A guerra comercial entre China y EE.UU.
Autoría
S.G.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.G.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo utiliza a teoría de xogos para analizar o conflito comercial entre Estados Unidos e China, examinando conceptos como o equilibrio de Nash e o dilema do prisioneiro. Aborda como as estratexias proteccionistas e a desconfianza mutua levaron a decisións subóptimas que afectan a ambas as economías. Tamén se estudan as implicacións políticas, o papel das institucións internacionais como mediadoras e os factores económicos que inflúen nas decisións estratéxicas de ambos os países. Finalmente, a análise destaca o papel da teoría de xogos para axudar a comprender as dinámicas de cooperación e conflito no comercio internacional.

FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titor do alumno)

Análise económico-financeiro
Autoría
J.G.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.G.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Aceites Abril S.L é unha empresa galega, con sede en Ourense que conta cunha ampla gama de productos olivícolas que a sitúan como un referente e líder no sector dos aceites alimentarios. O propósito do presente traballo é examinar a situación económica-financiera de Aceites Abril entre os anos 2021 e 2023. Para iso, empregáronse diversas ferramentas de análise financiera e o cálculo de indicadores económicos sobre a información das contas anuais. Ademais, os resultados obtidos contrastáronse cos dun grupo de comparación composto por empresas do sector de características similares a Aceites Abril. O estudo estrutúrase en catro seccións diferenciadas. En primeiro lugar, descríbense a empresa obxecto de análise, resaltando as súas características principais e a súa cartería de productos. En segundo lugar, levouse a cabo una análise externa e interna da empresa para delimitar o sector no que opera e as súas principais estratexias e obxectivos. A terceira parte focalízase no estudo económico e financeiro. E, finalmente, extraéronse as conclusións obtidas e presentado posibles propostas de mellora orientadas a períodos futuros. A partir dos achados da presente análise, lógrase unha maior precisión na avaliación da situación económica financeira de Aceites Abril. Esta entidade goza dunha posición destacada no mercado, sustentada nunha sólida rendibilidade económica e financeira, o que lle confiere unha vantaxe competitiva dentro do seu sector. Con todo, cabe resaltar as dificultades relacionadas co endebedamento, sobre todo no curto prazo, as cales supoñen un desafío para a súa estabilidade financeira. En sintese, Aceite Abril mantén unha posición favorable dentro da industria e atópase inmensa nun proceso de mellora continua, encamiñado a superar os obstáculos que limitan a súa capacidade de consolidación económica e financeira.

Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Tribunal
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
Impacto da desigualdade económica na innovación: unha análise econométrica a nivel internacional
Autoría
I.G.P.
Grao en Economía
I.G.P.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A capacidade innovadora é unha das grandes características que fan destacar a unha economía. Debido a súa importancia, fixéronse varios estudos para verificar se existe relación coa desigualdade económica e outros factores que poden afectar á innovación dun país. Por elo, este traballo ten como obxectivo observar cales son os factores que explican a distinta competencia innovadora a nivel internacional, así como comprobar se pode vir explicada pola desigualdade e a pobreza. Con este obxectivo, utilizouse unha mostra de 29 países de tres continentes diferentes durante o período 2005-2020, creando a base de datos máis completa posible utilizando fontes de organizacións internacionais. O obxectivo foi modelar o comportamento da innovación como función da desigualdade e a pobreza mediante a estimación de catro modelos econométricos. As variables dependentes empregadas foron, dependendo do modelo, as solicitudes de patentes nacionais por millón de habitantes e o gasto en I+D como porcentaxe do PIB. As explicativas foron o coeficiente de Gini, o PIB per cápita axustado á paridade de poder adquisitivo, a porcentaxe da poboación de 25 a 64 anos con educación superior e a taxa de pobreza con umbral de 6,85 dólares diarios. Os resultados obtidos mostran que o modelo máis axeitado é unha regresión de panel de efectos fixos, xa que revela factores ocultos (económicos, sociais...) que explican as variacións na capacidade innovadora entre os países. Isto reflectiu unha relación positiva da desigualdade a través do Gini coas patentes mentres que coa medida da pobreza é unha relación negativa coas patentes. Mentres que co gasto en I+D é a inversa. Están condicionadas polas características estruturais de cada país, recollidas na ordenada de orixe. En conclusión, para cada país hai que levar políticas públicas que melloren a equidade económica enfocadas especialmente cara a redución da pobreza. Este traballo contén 9961 palabras.

TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titoría)
GUNTIN ARAUJO, XULIA Cotitoría
TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titoría)
GUNTIN ARAUJO, XULIA Cotitoría
Tribunal
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titor do alumno)
TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titor do alumno)

Políticas económicas dos países da área euro
Autoría
L.G.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.G.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este estudo analiza as leis de control de alugueiros implementadas en Berlín e Barcelona nos últimos anos e contrasta como se implementaron, que aconteceu como resultado e que deixaron como legado político. Os mercados inmobiliarios de ambas as cidades están baixo unha presión crecente debido a acontecementos en curso, como o aumento das chegadas de turistas á zona, a falta de vivenda pública e o aumento repentino da demanda de vivenda. Non obstante, as cidades teñen traxectorias diferentes en canto ás súas institucións, historia e cultura. Debido a estes problemas, os gobernos locais e rexionais tiveron que intervir con plans que xeraron problemas e aumentaron as expectativas.

Cao Fernández, Manuel (Titoría)
Cao Fernández, Manuel (Titoría)
Tribunal
Cao Fernández, Manuel (Titor do alumno)
Cao Fernández, Manuel (Titor do alumno)
Infraestructura de carga para vehículos eléctricos en España. Análise financeira do coste.
Autoría
D.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
No presente traballo abordarase unha análise financeira do coste da infraestructura de caraga para os vehículos eléctricos en España, que servirá para poñer en contexto a situación actual na que encontra. Para levalo a cabo, obtivéronse datos de diversas fontes como portais especializados na movilidade eléctrica, informes oficiais de organismos involucrados na transición enerxética, ademáis de informaciñon extraída de fontes do goberno como o Boletín Oficial do Estado ou a Axencia Tributaria. Consta de catro apartados diferenciados, sendo o primeiro deles unha intrdución para poñer o tema en contexto. Síguelle o marco teórico, no cal presentaranse tanto os tipos de cargadores como tipos de carga existentes para os vehículos eléctricos e a distribución dos puntos de carga no territorio da Unión Europea. En terceiro lugar, exponse a análise do coste da infraestructura, na que se fará especial énfasis nos diferentes tipos de coste a ter en conta á hora de proceder coa instalación dos puntos de recarga. En cuarto lugar, encóntrase a análise financeira da infraestructura de carga e é aquí onde se abordarán os temas da financiación, da rendibilidade e da amortización. Finalmente, conclúese cunha avaliación da viabilidade financeira da infraestructura e con algunha recomendación ou suxerencia para mellorar a eficiencia respecto aos costes.

A economía social en Galicia: Arroupa, modelo de inserción laboral en Galicia.
Autoría
M.G.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.G.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A economía social en Galicia está a desempeñar un papel crecente e transformador. É unha ferramenta eficaz de inserción sociolaboral, especialmente nun contexto social e económico cheo de desafíos estruturais: unha poboación que envellece, zonas rurais en declive, paro xuvenil persistente, fendas de xénero e colectivos en situación de exclusión que afrontan enormes barreiras para incorporarse ao mercado laboral ordinario. Neste contexto, o modelo de economía social, baseado na primacía da persoa, a solidariedade, a xestión democrática e o compromiso co territorio ,consolídase como unha resposta sólida, sostible e adaptativa. Galicia conta con máis de 3.500 entidades activas de economía social, e só en 2024 creáronse 230 novas, o que reflicte unha clara aposta institucional e social por formas empresariais con fins colectivos. Estas entidades non só están a crear máis de 61.000 postos de traballo directos en total, considerando tanto a economía social de mercado (23.019 empregos) como a non de mercado (38.244 empregos) , senón que o fan con especial énfase en colectivos vulnerables: persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, parados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, mocidade sen experiencia ou persoas migrantes. Isto demostra que a economía social non só crea emprego, senón que constrúe oportunidades reais para quen máis o precisa. Alén da súa contribución ao emprego, a economía social ten un impacto territorial decisivo: moitas destas entidades están implantadas en zonas rurais ou intermedias, onde contribúen a frear a despoboación, fixar poboación, e garantir servizos básicos que o mercado baseado no capital non cobre. Convértense así en axentes de cohesión territorial e desenvolvemento local, axudando a que a riqueza se distribúa de xeito máis equitativo. Neste marco xeral, o caso de Arroupa, analizado en profundidade, constitúe un exemplo paradigmático de boa práctica. Esta empresa de inserción, impulsada por Cáritas Diocesana de Santiago, logrou artellar con éxito tres dimensións clave: a inserción laboral de persoas vulnerables, a sustentabilidade medioambiental a través da economía circular, e o consumo responsable. O seu modelo, baseado na recollida, clasificación e venda de roupa reutilizada, non só reduce os residuos téxtiles senón que xera emprego digno para persoas que anteriormente foran excluídas do mercado laboral. A través de itinerarios personalizados, formación, acompañamento e orientación, Arroupa permite ás persoas traballadoras avanzar cara a unha vida autónoma. A experiencia dunha traballadora entrevistada, que tras anos sen oportunidades comeza a recuperar a súa traxectoria formativa e profesional, ilustra á perfección o valor humano e transformador destes proxectos. Arroupa tamén introduciu innovacións como a entrega social mediante vales QR, que dignifican o acceso a produtos básicos e fomentan a autonomía das persoas. Ademais, a súa presenza en cinco cidades galegas e a súa rede de máis de 215 contedores téxtiles amosan que este modelo é replicable e escalable. En resumo, este traballo permite afirmar que a economía social en Galicia non é unha solución marxinal, senón unha ferramenta de transformación real, que pode e debe reforzarse nos vindeiros anos. Non só crea emprego: xera comunidade, redistribúe recursos, e sitúa ás persoas no centro da actividade económica.

VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)

Análise económico financeiro de Galuresa S.A.
Autoría
A.G.D.L.O.
Grao en Economía
A.G.D.L.O.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Galuresa S.A é una empresa familiar fundada en Santiago de Compostela en 1960, dedicada principalmente a comercialización o por menor de combustibles para a automoción en establecementos especializados. Gracias o seu forte compromiso cos clientes, Galusera logrou consolidarse coma a empresa con maior facturación do sector en Galicia no ano 2023. O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da compañía, e comparar a súa situación coa de dúas empresas competidoras do sector: Puntos Bajo Coste S.L. e Lence Torrs S.L. O estudo divídese en tres partes: en primeiro lugar, introdúcese e contextualizase brevemente a empresa obxecto do análise; en segundo lugar, exponse o entorno e a situación actual do sector en que opera; e, por último, como eixe central do traballo, realizase un análise económico financeiro, acompañado dunha serie de propostas de mellora. Este diagnóstico elaborouse en base aos porcentaxes verticais e horizontais, así como a partir dunha serie de ratios económico e financeiros calculados a partir das contas anuais do período 2021 2023. O estudo realizado amosa que Galuresa é unha compañía cunha estrutura económico-financeira sólida, caracterizada pola elevada proporción de activo non corrente e elevada liquidez, así como por financiarse principalmente con recursos propios, sen recorrer a elevados niveles de endebedamento. Esta combinación permite a empresa aumentar o seu INCN cada exercicio, manter uns marxes netos por enriba da media do sector, conservar o equilibrio financeiro e obter unhas rendibilidades económicas e financeiras elevadas. O traballo consta de 9.623 palabras.

Recursos Humanos e Sostibilidade
Autoría
M.G.D.
Grao en Economía
M.G.D.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Analízase a empregabilidade sostible (ES) dos traballadores no contexto laboral actual, ante o envellecemento da poboación activa. Obsérvase que, nas últimas décadas, a investigación e o interese polo análise da ES dos traballadores creceu sustancialmente na xestión moderna, xerando así grandes contribucións teóricas e científicas sobre eles. Cabe destacar que aínda na actualidade, a ES non figura cunha definición aceptada pola comunidade científica, co que desgraciadamente, condúcenos a uns resultados con pouca relevancia. Este enfoque dos Recursos Humanos está aliñado cos principios da sostibilidade, que inclúen, ademais da sostibilidade ambiental, a social e a económica. O obxectivo principal consistiu en examinar como variables (saúde física e mental, benestar e empregabilidade) inflúen na sostibilidade laboral a longo prazo. Empleouse unha metodoloxía cualitativa mediante entrevistas semiestruturadas a traballadores de diversidade xeracional e distintos sectores. Os resultados revelan niveis elevados de saúde física e mental e satisfacción laboral. Inclúese a necesidade de programas de apoio e políticas organizacionais que faciliten a conciliación laboral-persoal.

ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titor do alumno)

Evolución do pensamento económico sobre a desigualdade.
Autoría
A.G.M.
Grao en Economía
A.G.M.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo analiza a evolución do pensamento económico sobre a desigualdade dende finais do século XVIII ate a actualidade, investigando como diversas correntes e autores interpretaron este fenómeno segundo o contexto histórico e social no que se situaban. A través dunha lectura crítica da obra Visions of inequality : from the French Revolution to the end of the Cold War. de Branko Milanovic, reconstrúense as achegas de figuras clave como Quesnay, Smith, Ricardo, Marx e Kuznets, contemplando como a desigualdade foi considerada dende perspectivas moi diversas (dende unha orde natural e necesaria, ate consecuencia inherente do capitalismo) e como as ideas presentadas influíron nas políticas e debates posteriores. O traballo estrutura o contido en capítulos que contextualizan historicamente a cada autor e explican como as súas obras reflicten a forma en que se entende a distribución da riqueza e renda. A Guerra Fría marca o punto final do marco temporal da obra de Milanovic, pero ese horizonte amplíase co fin de ofrecer unha lectura máis próxima ao presente, incorporando así unha análise da desigualdade no século XXI a través das contribucións de economistas como Piketty e Niño Becerra, centrando a atención nos efectos da globalización e os cambios tecnolóxicos recentes. Con esta aproximación histórica e crítica, o traballo pretende amosar que a desigualdade non é un fenómeno neutro nin inevitable, senón unha construción histórica influída por decisións políticas, sociais e económicas. A reflexión final procura suscitar no lector unha mirada consciente, informada e comprometida cara un dos desafíos máis persistentes do noso tempo.

VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titoría)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titoría)
Tribunal
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titor do alumno)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titor do alumno)
Análise Económico Financeiro de Meliá Hotels International, S.A.
Autoría
N.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo académico presenta un análise económico-financeiro da cadea hoteleira Meliá Hotels International, S.A. durante o período 2018 a 2023. Ao largo destes anos, a compañía enfrontouse a importantes perdas derivadas da pandemia do COVID19, que afectou de forma especialmente significativa ao sector turístico. Sen embargo, dende o ano 2021, Meliá deu mostra dunha recuperación progresiva, apoiada nunha sólida estratexia de expansión internacional, innovación tecnolóxica e mellora da experiencia do cliente. O estudo fundaméntase no análise de dous dos principais estados financeiros: balance de situación e conta de perdas e ganancias. A partir destes, realízase un análise das porcentaxes verticais e horizontais das súas cifras, así como un estudo de ratios clave que permiten medir a solvencia, rendibilidade e risco da empresa. Os datos desta compáranse cun grupo conformado por dous das súas principais empresas competidoras: NH Hotels España S.A.U. e Riusa II, S.A. Os resultados mostran que, aínda que Meliá presenta un alto nivel de endebedamento, mantén unha posición sólida a curto prazo e reforzou os seus niveis de liquidez. A pesar de que a súa rendibilidade veuse negativamente afectada durante a crise sanitaria, os indicadores financeiros evidencian signos de mellora, aínda que tímidos. O análise DAFO revela fortalezas como o seu posicionamento internacional e ameazas vinculadas á competencia e á aparición de novas formas de aloxamento. Como recomendacións, proponse continuar apostando pola innovación, optimización de custes e fidelización do cliente, así como traballar na mellora dos seus niveis de rendibilidade e a negociación de prazos de cobro máis curtos e prazos de pago máis amplos. Estas medidas permitirán á empresa consolidar a súa recuperación e manter unha vantaxe competitiva no entorno dinámico e esixente.

REY ARES, LUCIA (Titoría)
REY ARES, LUCIA (Titoría)
Tribunal
REY ARES, LUCIA (Titor do alumno)
REY ARES, LUCIA (Titor do alumno)
O Teletraballo, un Estudo Teórico e Empírico.
Autoría
N.G.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.G.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 10:30
19.02.2025 10:30
Resumo
O teletraballo cobrou unha gran relevancia nos últimos anos, especialmente tras a pandemia do COVID-19, que impulsou a súa adopción debido ás restricións sanitarias. Este Traballo de Fin de Grao, cunha extensión de 9.977 palabras, analiza a súa evolución, vantaxes, inconvenientes e percepcións desde diferentes perspectivas, combinando unha revisión teórica cun estudo empírico baseado na realización dunha enquisa. A revisión teórica baséase principalmente na evolución do teletraballo e a súa regulación en España. Tamén se centra en definir as distintas modalidades existentes de teletraballo e analízanse as vantaxes e inconvenientes deste método de traballo así como a súa tendencia actual. Na parte empírica, preséntanse os resultados dunha enquisa dirixida a persoas con e sen experiencia en teletraballo. A análise dos datos permite identificar os factores que inflúen na decisión de teletraballar ou non, así como as percepcións sobre esta modalidade. Para iso, establecéronse distintos perfís de participantes, incluíndo teletraballadores, non teletraballadores e estudantes, o que permite unha visión máis ampla e detallada sobre as opinións respecto a esta forma de emprego. Os resultados reflicten que o teletraballo é percibido positivamente en aspectos como o aforro en desprazamentos, a conciliación laboral e persoal, e a flexibilidade horaria. Con todo, tamén se identifican desafíos importantes, como a falta de interacción social, a dificultade para desconectar do traballo e a falta de interacción social. O teletraballo é unha modalidade en crecemento, a pesar do retroceso despois do levantamento das restricións sanitarias, con importantes beneficios pero tamén con retos aos que enfrontarse. O seu futuro dependerá da evolución do mercado laboral, as regulacións e a adaptación das empresas e traballadores a esta forma de emprego.

BARRAL BUCETA, BRAN (Titor do alumno)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titor do alumno)
Plan de empresa para TESEC AV
Autoría
C.N.H.L.
Grao en Economía
C.N.H.L.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste na elaboración dun plan de empresa, polo cal se pretende avaliar e valorar a viabilidade de TESEC AV, unha empresa dedicada á produción de eventos e aluguer de material audiovisual. O traballo dividirase en tres bloques: no primeiro analizarase a viabilidade comercial, a través da cal poderemos obter unha perspectiva da contorna da empresa; no segundo falarase da viabilidade técnica pola cal obteremos información sobre o material que utiliza a empresa para a súa actividade e a súa organización interna; e no terceiro bloque realizarase unha análise económica-financeira empregando ratios financeiros, balances e contas previsionais, unha análise tanto de ingresos como de gastos e unha valoración da empresa a través dos seus fluxos de caixa. Finalmente, pecharase cun apartado de conclusións obtidas tras o desenvolvemento do proxecto e as limitacións atopadas á hora de realizalo.

LADO SESTAYO, RUBEN (Titor do alumno)
LADO SESTAYO, RUBEN (Titor do alumno)
Patentes e o seu impacto na innovación
Autoría
Y.I.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Y.I.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este estudo examino o impacto das patentes na innovación. A investigación analizada estuda como as patentes poden seguir sendo unha ferramenta fundamental para a innovación, ao mesmo tempo que outorgan dereitos exclusivos aos inventores. En primeiro lugar, os requisitos de patentabilidade non deben ser uniformes. Débeselle atribuír a cada sector uns requisitos diferenciados dependendo do ritmo inventivo. En segundo lugar, a duración e amplitude das patentes débese axustar ao ritmo inventivo de cada sector buscando a compensación. Por último, suxírense propostas económicas para a mellora do sistema de patentes. Estas propostas idean taxas progresivas que obrigan aos titulares a revelar o valor privado das súas innovacións, axustando a protección para evitar bloqueos a novos avances.

ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titoría)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titor do alumno)

Acordos sobre o cambio climático e evolución das emisións (1972 a 2024)
Autoría
A.I.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.I.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O cambio climático representa un dos maiores retos globais na actualidade, e as cumes climáticas xurdiron como espazos clave para a cooperación internacional fronte a este problema. Este traballo analiza a evolución destas cumes no período 1972 a 2024, destacando acordos importantes como o Protocolo de Kioto e o Acordo de París. Ademais, desde a perspectiva da teoría de xogos, estúdanse as tensións entre os intereses nacionais e a necesidade dun compromiso global. Os resultados amosan unha clara diferenza entre os obxectivos acordados e as accións reais. Isto débese a que moitos países amosan reticencia a cumprir o acordado nas cumes por medo a perder competitividade, esperando que sexan outros os que lideren o cambio. Esta actitude xera desconfianza mutua e atrasa os avances. Así mesmo, a falta de mecanismos de seguimento e sancións eficaces debilita o cumprimento dos compromisos adquiridos. En conxunto, estes factores explican por que, a pesar das negociacións e acordos, a resposta internacional segue a ser limitada fronte á urxencia da crise climática

ANTELO SUAREZ, MANEL (Titoría)
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titoría)
Tribunal
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titor do alumno)
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titor do alumno)
Organización de empresa (planificación, organización, dirección e control)
Autoría
I.I.D.
Grao en Economía
I.I.D.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar os procesos de planificación, organización, xestión e control en IKEA, para comprender como estes elementos contribúen ao seu funcionamento e éxito empresarial. Nel, analizaremos IKEA desde diversas perspectivas, como a súa organización estrutural, a súa estratexia, a coordinación entre departamentos, a motivación e a comunicación interna dentro da empresa, e a súa responsabilidade social corporativa. A metodoloxía empregada baséase na análise da información obtida das páxinas web oficiais de IKEA, noticias externas e manuais, aplicando ferramentas e conceptos aprendidos ao longo da titulación. En primeiro lugar, realizouse un estudo do seu entorno e estratexia, mediante análises PESTEL e DAFO. A continuación, analízase a súa organización interna e a forma en que os seus equipos son guiados e motivados. Os resultados indican que IKEA mantén unha forte identidade como unha marca accesible e sostible a escala global, apoiada nunha estrutura organizativa claramente establecida e tácticas que promoven a súa expansión. Non obstante, recoñécense desafíos relacionados coa comunicación interna e a capacidade de adaptación á competencia e aos cambios nas preferencias dos consumidores. A información accesible é xeral e corporativa, o que limita o coñecemento detallado da xestión diaria e dos procesos internos específicos. Finalmente, preséntanse as limitacións do traballo, as posibles ampliacións e a bibliografía empregada no seu desenvolvemento.

SAIFULINA , NAILYA (Titoría)
SAIFULINA , NAILYA (Titoría)
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Análise económico financieiro: EBRO FOODS SA
Autoría
B.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar, en termos económicos e financeiros, a empresa Ebro Foods; unha multinacional española do sector agroalimentario, líder mundial na produción de arroz e segunda na produción de pasta. O noso estudo centraráse na súa traxectoria entre os anos 2019 e 2023, e compararémola con GB Foods, o seu principal competidor.

SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titoría)
SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titoría)
Tribunal
SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR (Titor do alumno)

Responsabilidade Social Corporativa na industria da moda
Autoría
Y.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Y.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Nos últimos anos, os problemas medioambientais convertéronse nunha das principais preocupacións da sociedade a todos os niveis. A industria da moda ten un impacto moi relevante neste sentido, debido aos recursos necesarios para a fabricación de roupa e ás externalidades negativas xeradas neste proceso. Este traballo pretende analizar que papel xoga a Responsabilidade Social Corporativa e a sustentabilidade neste sector, comparando o modelo de moda sostible co modelo de moda rápida predominante. Para iso, ponse en contexto a situación actual da industria da moda e úsanse como casos de estudo as empresas Inditex e Ecoalf, como exemplos dos modelos de moda rápida e de moda sostible. Ademais, apórtase unha visión adicional sobre a sustentabilidade na industria coa empresa portuguesa Play Up, que destaca pola súa produción local e coleccións limitadas. A análise destaca a dificultade de acadar a sustentabilidade plena seguindo os principios que guían o modelo de moda rápida, e que o futuro do sector debe orientarse cara a un consumo máis responsable, seguindo un enfoque de economía circular.

Influencers e publicidade ilícita
Autoría
N.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.I.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A irrupción dos influencers nas redes sociais dinamitou o panorama publicitario, adquirindo un gran protagonismo nas campañas comerciais das empresas. A súa capacidade para condicionar os comportamentos dos usuarios deu lugar ao marketing de influencers, unha estratexia publicitaria que permite promocionar os produtos e servizos dunha marca dun xeito máis fiable a través das plataformas de redes sociais. O estudo destas plataformas, xunto cos diferentes tipos de contido publicitario, proporciona unha visión xeral da actividade dos líderes de opinión nas redes sociais. Esta realidade tamén pode ser abordada desde unha perspectiva xurídica, mediante unha revisión detallada da normativa publicitaria española aplicable aos influencers, a identificación das prácticas comerciais ilícitas máis comúns e a análise da eficacia real das leis e das súas sancións como mecanismos preventivos.

Análise das políticas para a reducción das emisións de CO2 no sector enerxético e rol da economía circular
Autoría
M.L.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.L.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao mostrase unha análise das principales políticas, leis e normativas que se están a aplicar tanto na Unión Europea como en España para tratar de implantar unha economía circular donde se consigan reducir os problemas mediomabientais. Entre os principais problemas encontrase a emisión de Gases Efecto Invernadeiro (GEI) a atmosfera, sobre todo, a emisión de CO2. Por iso, realizouse unha análise dos datos sobre a evolución das emisións de CO2 por sectores, centrándose no sector enerxético, o cal ten unha gran importancia para conseguir a esperada economía circular.

SANDE VEIGA, DIEGO (Titoría)
SANDE VEIGA, DIEGO (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Vogal)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Vogal)
O impacto do envellecemento da poboación no gasto público
Autoría
R.L.T.
Grao en Economía
R.L.T.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
España enfróntase a un dos grandes desafíos para as sociedades occidentais no século XXI: o envellecemento da poboación. Resultado dunha baixa taxa de natalidade e un incremento sostido da esperanza de vida, derivado das melloras nas condicións de vida. Este fenómeno levará a unha transformación da pirámide de poboación que terá consecuencias sobre unha serie de partidas dos Orzamentos Xerais do Estado. Comprometerá a evolución demográfica a sustentabilidade das finanzas públicas xa deterioradas nos últimos anos? Neste traballo estúdiase a incidencia do envellecemento demográfico sobre o gasto público en España no horizonte temporal 2023-2070.
España enfróntase a un dos grandes desafíos para as sociedades occidentais no século XXI: o envellecemento da poboación. Resultado dunha baixa taxa de natalidade e un incremento sostido da esperanza de vida, derivado das melloras nas condicións de vida. Este fenómeno levará a unha transformación da pirámide de poboación que terá consecuencias sobre unha serie de partidas dos Orzamentos Xerais do Estado. Comprometerá a evolución demográfica a sustentabilidade das finanzas públicas xa deterioradas nos últimos anos? Neste traballo estúdiase a incidencia do envellecemento demográfico sobre o gasto público en España no horizonte temporal 2023-2070.
Dirección
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA Cotitoría
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA Cotitoría
Tribunal
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titor do alumno)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titor do alumno)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titor do alumno)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Titor do alumno)
Da crise de 2008 a policrise posterior a 2020
Autoría
J.L.B.
Grao en Economía
J.L.B.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución da crise financeira que comeza a finais de 2007 co estalido da burbulla inmobiliaria en Estados Unidos e fai unha pequena reflexión sobre a policrise posterior a 2020, con enfoques económicos, sociais e políticos. Comezamos contextualizando o panorama económico global anterior a 2008, marcado por procesos de financiarización e desigualdades estruturais que remataron en crise. Analizamos as causas da crise así como as súas consecuencias e as respostas dun grupo de países: España, China, Estados Unidos, Alemaña e Grecia. A segunda parte do traballo céntrase na análise de datos para clarificar as consecuencias desta crise mediante o PIB, a débeda pública, a balanza comercial, a taxa de desemprego e o prezo da vivenda. A través disto, observamos as diferentes políticas económicas que levaron a cabo os diferentes países. Nas conclusións, explicamos como a crise de 2008, sumada á crise da débeda soberana, non só produce un estancamento na economía, senón que tamén acaba por afectar á crise da Covid-19 e á crise enerxética posterior.

DIOS VICENTE, ADRIAN (Titoría)
DIOS VICENTE, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
DIOS VICENTE, ADRIAN (Titor do alumno)
DIOS VICENTE, ADRIAN (Titor do alumno)
Política Económica das Comunidades Autónomas Historicas
Autoría
G.L.D.
Grao en Economía
G.L.D.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza e compara os modelos de financiamento autonómico de dúas comunidades autónomas históricas en España: Galicia e Euskadi. O estudo aborda o réxime común de financiamento aplicado en Galicia e o réxime foral aplicado no País Vasco, destacando as súas diferenzas estruturais e funcionais dentro do sistema autonómico español. A metodoloxía empregada baséase nunha análise descriptiva e comparativa fundamentada en fontes xurídicas, económicas e académicas, xunto co estudo dos principais indicadores macroeconómicos, os recursos de cada sistema de financiamento e a análise orzamentaria das mesmas. O traballo organízase en tres capítulos: o primeiro abrangue o marco teórico dos sistemas de financiamento autonómico; o segundo analiza os recursos de financiamento tanto do réxime foral como do réxime común; e o último analiza as execucións orzamentarias tanto de Galicia como de Euskadi.

Gobernanza Fiscal en Galiza
Autoría
L.L.G.
Grao en Economía
L.L.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
A gobernanza fiscal en Galicia transformouse nun dos asuntos máis relevantes na comunidade autónoma, é crucial para asegurar un financiamento apropiado dos servizos públicos, particularmente fronte ao desafío do envellecemento da poboación. A súa correcta administración facilita o cumprimento das normativas fiscais e un mellor uso dos fondos europeos. Ademais, axuda a diminuír as desigualdades territoriais e fortalecer a cohesión social. A pregunta que guía este estudo é: Que reformas son necesarias para mellorar a gobernanza fiscal en Galicia? Para respondela, realízase unha revisión da literatura académica sobre os marcos fiscais europeos e españois, prestando especial atención ás principais normas e institucións que regulan a estabilidade orzamentaria, como o Pacto de Estabilidade e Crecemento, o Semestre Europeo e a Lei de Estabilidade Orzamentaria. Este estudo analiza a evolución dos últimos anos, destacando o seu compromiso coa disciplina fiscal e o cumprimento das regras vixentes. Con todo, tamén se recoñecen tensións e retos que poñen en risco a viabilidade do modelo vixente, tales como o envellecemento da poboación, a dispersión xeográfica, a diminución gradual dos recursos europeos e a rivalidade fiscal entre as comunidades autónomas. A investigación determina que, Galicia necesita avanzar en reformas estruturais que fortalezan a súa habilidade para adaptarse. Dentro das suxestións atópanse a modificación do sistema de financiamento autonómico, a optimización da coordinación institucional, a transformación dixital da xestión fiscal e o estímulo da implicación dos cidadáns na elaboración dos orzamentos. En definitiva, a investigación proporciona unha perspectiva completa dos desafíos e oportunidades aos que se enfronta Galicia para fortalecer unha gobernanza fiscal máis xusta, eficaz e resistente fronte aos retos futuros.

NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titoría)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titoría)
Tribunal
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titor do alumno)

Análise da emisión de bonos verdes en España
Autoría
J.L.I.
Grao en Economía
J.L.I.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
No contexto da loita contra o cambio climático e a transición cara unha economía ambientalmente sostible, os bonos verdes son un instrumento crave de financiamento sostible. Así, o obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é analizar a evolución e características das emisións de bonos verdes en España. Estúdase o seu crecemento ao longo do tempo, os sectores aos que se destinan os fondos recadados, o impacto ambiental e algunhas das principais entidades emisoras. Ademais, compárase a posición de España con respecto a outros países. A metodoloxía utilizada combina a revision de literatura e documentos e informes económicos e ambientais de entidades públicas e privadas, coa análise empírica da situación de España en comparación con outros países, especialmente no contexto europeo, empregando as bases de datos de organismos internacionais. Os resultados mostran que o mercado español é un dos máis activos en emisións tanto a nivel mundial como da Unión Europea. A adopción de débeda verde aumentou nos últimos anos e a maioría dos fondos invístense en proxectos verdes de tres sectores: enerxías renovables, transporte sostible e eficiencia enerxética, que contribúen a reducir as emisións de CO2. Por último, aínda que o mercado español está en crecemento, ten marxe para integrar os bonos verdes no conxunto do mercado de débeda, pois en comparación con outros países da súa contorna está atrasado. Para iso conta con emisores moi activos, entre eles unha das empresas privadas líderes a nivel global en emisións de bonos verdes. Número de palabras: 9.552

O futuro dunha industria téxtil sostible en Galicia
Autoría
M.L.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.L.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
O estudo destaca a crecente relevancia da sustentabilidade na industria textil, examinando o seu efecto ambiental e social, así como as oportunidades de innovación e competitividade que presenta. Analízase a situación da economía circular en Galicia para o sector téxtil, onde Inditex desempeña un papel significativo no cambio cara a modelos máis sostibles. O marco teórico revisa a relevancia da innovación ambiental en Europa e España, as normativas actuai e a achega da moda aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Obsérvase o papel do consumidor na transformación do sector e a evolución de tendencias como a compra en múltiples canles e a preferencia por materiais sostibles. A través da análise Triple Bottom Line, o traballo mide o impacto económico, social e ambiental de Inditex, resaltandoa súa estratexia de sustentabilidade e as accións para diminuír a súa pegada ecolóxica. Conclúe que a sustentabilidade é un factor crucial para o futuro da industria téxtil e unha oportunidade de crecemento e innovación.

SANDE VEIGA, DIEGO (Titor do alumno)
SANDE VEIGA, DIEGO (Titor do alumno)
O cumplimento e xestión dos ODS nos equipos deportivos profesionais
Autoría
L.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao, cunha extensión de 9.609 palabras, ten como obxectivo analizar o grao de integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na xestión dos equipos deportivos profesionais, con especial atención aos equipos de fútbol da Liga. A través dun enfoque teórico práctico, examínase cómo estas entidades deportivas adoptan e promoven os ODS nas súas estratexias empresariais e de responsabilidade social corporativa (RSC). Na primeira parte do traballo, contextualízase o marco global dos ODS, destacando a súa evolución e situación por continentes. Analízase a relevancia dos mesmos no ámbito empresarial e, máis concretamente, no sector deportivo. Posteriormente, realízase un estudo detallado da situación en España, evaluando o compromiso e as iniciativas dos clubes da Liga en relación cos ODS. A segunda parte do estudo céntrase nun análisis detallado de varios clubes, utilizando diferentes fontes como a base de datos SABI. Examínanse informes de sostibilidade e responsabilidade social corporativa dos clubes seleccionados, identificando as iniciativas implementadas e a súa aliñación cos ODS. Ademais, evalúase a transparencia e eficacia destas accións en termos de impacto social e ambiental. Os resultados obtidos permiten identificar as fortalezas e debilidades na integración dos ODS por parte dos clubes analizados. Conclúese cunha serie de recomendacións orientadas a mellorar a contribución do fútbol profesional ao desenvolvemento sostible, fomentando prácticas empresariais responsables e aliñadas cos obxectivos globais establecidos pola Axenda 2030.

García Chas, Romina (Titoría)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA Cotitoría
García Chas, Romina (Titoría)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA Cotitoría
Tribunal
García Chas, Romina (Titor do alumno)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA (Titor do alumno)

A incidencia do entorno organizacional na satisfacción co teletraballo
Autoría
A.L.T.
Grao en Economía
A.L.T.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
A finalidade deste traballo é analizar como inflúen os factores persoais e organizativos na satisfacción co teletraballo durante a pandemia da COVID-19. Para iso, realizouse unha análise empírica comparativa entre España e Alemaña, baseada nos microdatos da enquisa Living, Working and COVID-19 elaborada por Eurofound (2020). A investigación parte dunha metodoloxía cuantitativa, empregando un modelo econométrico Probit Ordenado, aplicado a un conxunto de seis variables. A análise descriptiva e os modelos estimados permiten comprender as relacións que explican os factores asociados cunha maior satisfacción co teletraballo, así como as diferenzas existentes entre ambos países. Finalmente, o traballo conclúe coas principais conclusións extraídas da análise. O conxunto deste traballo está composto por 6.534 palabras.

Análise Económico- Financeiro Ignacio González Montes, S.A.
Autoría
A.L.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.L.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira de Ignacio González Montes, S.A., empresa galega dedicada á fabricación de conservas de peixe e marisco. Conta con máis dun século de traxectoria e unha facturación de 152,5 millóns de euros no ano 2023. O estudo avaliará a súa evolución entre 2020 e 2023, comparándoa con empresas do sector mediante porcentaxes verticais, horizontais e ratios clave. A empresa destaca pola súa alta capacidade produtiva e a súa expansión internacional, sendo a empresa individual líder no sector. Porén, presenta desafíos como un elevado nivel de endebedamento a curto prazo e un exceso de inventario, que se intensifican co paso dos anos, ademais de rexistrar rendibilidades negativas. En conclusión, a pesar de que Ignacio González Montes ten potencial para competir no sector, debe reestruturar a súa débeda, diversificar mercados e optimizar inventarios para poder competir cos líderes do mercado, os grupos empresariais como Frinsa do Noroeste, S.A. ou Jealsa Foods, S.A.

RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)

Xestión de Recursos Humanos e Diversidade Xeracional
Autoría
E.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Actualmente, nun contexto marcado por continuos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos, é común atopar nas empresas persoas de xeracións distintas traballando xuntas. Esta convivencia xera novas necesidades na xestión dos RRHH, pois cada grupo desenvolve formas diferentes de entender o traballo, relacionarse cas persoas, ou priorizar valores como a estabilidade, a flexibilidade ou o benestar persoal. Con este traballo inténtase indagar nesta realidade, poñendo a diversidade xeracional como un elemento que pode converterse nun valor engadido usándoo do modo correcto. Para isto realizamos un estudo que inclúe unha parte teórica, acompañado dunha práctica na que se recolle a opinión das persoas pertencentes a distintas xeracións. O obxectivo é comprender as diferenzas dos diferentes grupos xeracionais temas coma a importancia que lle outorgan a diferentes prácticas de RRHH, éticas laborais ou recompensas no traballo. Os resultados obtidos mostran que a pesar de encontrar aínda moitas similitudes á hora de pensar, si é certo que encontramos certos rasgos diferenciadores, como o son a maior sensibilidade social das novas xeracións e a revalorización que, os máis xoves, lle dan a calidade, uso e desfrute do paso do tempo.

Análise dos premios á docencia universitaria en España: Proposta de mellora para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela
Autoría
E.M.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.M.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten de dous obxectivos principais: (1) analizar os premios á docencia universitaria e (2) propoñer unha mellora para o vixente premio da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo estrutúrase en tres capítulos ademais da introdución e das conclusións. No primeiro capítulo contextualízase o tema, defínense os conceptos de excelencia e innovación docente e exponse a metodoloxía empregada para levar a cabo o estudo. No segundo capítulo realízase unha análise dos premios aos docentes universitarios, clasificándoos en función á súa entidade outorgante, alcance xeográfico, período avaliado, tipo de recoñecemento e foco en docencia, investigación ou innovación. No terceiro capítulo realízase unha proposta de mellora para do premio existente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Preséntase unha contextualización do premio actual, un deseño das bases da proposta, os axustes necesarios e os beneficios esperados, co obxecto de fomentar unha maior implicación e recoñecemento do profesorado. Destácase a necesidade de valorar máis o labor docente universitario e de premiar a súa calidade e innovación de forma máis eficaz, pois este recoñecemento resulta fundamental para fomentar un ensino de calidade, sostible e adaptada a todo contexto. Total de palabras: 8. 585 palabras.

PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Tribunal
PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Congalsa, S.L.
Autoría
A.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da empresa Congalsa, S.L., dedicada á elaboración e comercialización de produtos ultraconxelados, principalmente derivados do peixe, marisco e masas que están dirixidos principalmente ao canal HORECA e retail. Conta cunha facturación de 135,8 millóns de euros no ano 2023 e presenza en 36 países. O estudo avaliará a súa evolución de 2019 a 2023, xunto coa dun grupo de comparación de empresas similares do sector CNAE 4639. A análise realizouse mediante análises verticais e horizontais, así como o cálculo de ratios clave. A empresa destaca polo seu crecemento nas vendas, a súa aposta pola innovación, a sustentabilidade e a diversificación de produtos, así como pola súa estratexia de internacionalización. Non obstante, presenta certos desafíos financeiros, como unha elevada dependencia do endebedamento a curto prazo, marxes de rendibilidade inferiores ao grupo de comparación e unha baixa cobertura da débeda, que limitan a súa estabilidade a longo prazo. En conclusión, aínda que Congalsa ten potencial para competir no sector, deberá reforzar a súa estrutura financeira, optimizar a súa liquidez operativa e mellorar a súa rendibilidade para consolidar a súa posición fronte aos principais grupos do sector. O traballo consta de 9.421 palabras.

Rendemento axustado ao risco de investimentos ESG en Brasil, México, Perú e Xapón. Análise con GARCH.
Autoría
A.M.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Neste traballo analízase como se comportan os índices Environmental, Social, e Governance (ESG) fronte aos seus comparables tradicionais en Brasil, México, Perú e Xapón durante o período de marzo 2020 a novembro 2024. O obxectivo do traballo é observar a existencia de vantaxes dos mercados tradicionais e ESG en termos de rendemento axustado ao risco. Utilízase un modelo Generalized Autoregressive Conditional Heteroskedasticity (GARCH) para ter unha mellor estimación da volatilidade condicional e ratios como Sharpe, Sharpe Modificado, Jensen, Treynor e Sortino para medir o rendemento axustado ao risco, considerando un rendemento libre de risco do 0%. O período analizado é moi complicado debido á pandemia, inflación e tipos de interese anormalmente altos. Un patrón interesante é que os índices ESG en Brasil e México (máis desenvolvidos que Perú) resisten mellor este período. O único índice desenvolvido analizado é Xapón e presenta resultados mixtos. A inversión ESG non funciona igual en todas as rexións, polo que require adaptación segundo o contexto macroeconómico, desenvolvemento de mercado e composición sectorial. O seguinte traballo conta con 6562 palabras.

LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN Cotitoría
IGLESIAS CASAL, ANA (Titoría)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
IGLESIAS CASAL, ANA (Titor do alumno)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)
IGLESIAS CASAL, ANA (Titor do alumno)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)
Industria extractiva e conflitos ambientais e sociais
Autoría
H.M.V.
Grao en Economía
H.M.V.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
A industria extractiva é un dos sectores máis importantes da economía actual. A súa capacidade para extraer, transformar e distribuir os recursos naturais atopados na terra convértea nunha actividade imprescindible para o ser humano. Sen embargo, é un sector que conleva un gran impacto social e medioambiental, especialmente nos territorios subdesenvolvidos onde adoita operar. A industria extractiva pode darse en diferentes formas, desde actividades mineiras, ata a industria dos hidrocarburos, como o petróleo e o gas natural, principalmente. O impacto deste tipo de industria maniféstase en forma de conflitos socioambientais en moito lugares, entre eles Perú, onde a minería xoga un papel moi destacado, tanto social como económicamente, pois é o sector máis importante para o país andino. Con todo, tamén é o causante da maioría de conflitos sociais rexistrados nos últimos anos no país e durante o século XXI déronse multitude de disputas entre o Estado e empresas mineiras e os indíxenas e locais afectados por esta actividade, con sucesos tráxicos que quedarán gravados na historia do Perú para sempre, como o masacre de Bagua.

DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titoría)
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titor do alumno)

Plan de Marketing Dixital no mercado de Vehículos de Ocasión
Autoría
M.M.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.M.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) desenvolve un Plan de Marketing Dixital para a empresa ficticia Autos Xacobeo, especializada na venda de coches de segunda man. O obxectivo principal é deseñar unha estratexia dixital eficaz que incremente a visibilidade, optimice a captación de clientes e reforce a fidelización nun mercado altamente competitivo. Para iso, o traballo comeza cunha análise detallada do mercado de vehículos de ocasión, identificando tendencias clave e factores que impulsan o seu crecemento. Posteriormente, realízase unha análise DAFO para avaliar as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas da empresa, sentando as bases da estratexia de marketing dixital. O plan estrúcturase en torno a catro piares fundamentais: Optimización dixital e posicionamento SEO: Mellor do sitio web, uso de palabras clave estratéxicas e optimización para motores de busca. Estratexia en redes sociais e publicidade dixital: Campañas segmentadas en Facebook, Instagram e Google Ads para captar e converter clientes potenciais. Marketing de contidos e email marketing: Creación de contido relevante para atraer e fidelizar clientes mediante newsletters e publicacións informativas. Medición e control de resultados: Implementación de indicadores clave de rendemento (KPIs) para avaliar a efectividade das estratexias e optimizalas continuamente. O traballo conclúe destacando a importancia dun enfoque omnicanal, combinando a venda en liña coa experiencia física no concesionario. Así mesmo, enfatízase a necesidade de transparencia e confianza no proceso de compra como elemento diferenciador no mercado de vehículos de ocasión.

PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titoría)
PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titor do alumno)

Impacto das políticas migratorias comúns no sur de Europa: un modelo econométrico
Autoría
A.M.C.
Grao en Economía
A.M.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
A migración adquiriu un papel central no debate político e social dentro da Unión Europea, especialmente tras as recentes crises migratorias e o crecemento dos fluxos cara ao sur do continente. España, Italia, Grecia e Portugal, pola súa situación xeográfica e pertenza ao espazo Schengen, convertéronse en puntos clave de entrada a Europa. Ante esta situación, a Unión Europea tratou de impulsar unha política migratoria común, cuxo principal instrumento é o Sistema Europeo Común de Asilo (SECA). Porén, persisten dúbidas sobre a súa eficacia e adecuación ás realidades específicas destes países. Neste traballo estímase un modelo econométrico de datos de panel que mostra que tanto o desenvolvemento económico como as redes migratorias inflúen positivamente no saldo migratorio. Con todo, a política migratoria común presenta un efecto negativo, reflectindo o seu carácter restritivo. Os resultados suxiren que, aínda que existe base teórica e empírica para unha política migratoria común, a súa efectividade real vese limitada pola falta de harmonización e a prevalencia dos intereses nacionais. En conxunto, este traballo está composto por 8.674 palabras.

AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Análise económico financeiro de Leche Celta, S.L.
Autoría
C.M.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.M.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo contén a análise económico-financeira da compañía láctea Leche Celta durante o período comprendido entre os anos 2018 e 2023. Para iso, aplicáronse técnicas de análise vertical e de tendencias tanto ao Balance como á Conta de Perdas e Ganancias. Ademais, calculáronse diversos indicadores e ratios cuxos resultados se compararon cun grupo de comparación formado por cinco empresas semellantes do mesmo sector, o que permitiu contextualizar a situación de Leche Celta fronte á súa competencia. O traballo está organizado en torno a catro seccións principais: a primeira describe as principais características da empresa; a segunda inclúe unha análise interna e externa para contextualizar a empresa dentro do seu sector e definir a súa estratexia; a terceira céntrase na análise económico-financeira dos seus principais estados contables; e a cuarta recolle as principais conclusións obtidas. A análise realizada pon de manifesto que Leche Celta presenta unha posición relativamente favorable en termos de solvencia, a curto e longo prazo, en comparación co grupo de comparación, aínda que existen diversos aspectos nos que debe mellorar para acadar os niveis óptimos que presentan as empresas do sector. En particular, os niveis de rendibilidade económica e financeira da empresa están lonxe de acadar as cifras do sector. O informe consta de 9.847 palabras.

Análise económico-financeira de ELPOZO Alimentación S.A.
Autoría
F.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
F.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
No seguinte traballo faremos unha análise económico-financeira da empresa ELPOZO, empresa do grupo empresarial Fuertes, para o período temporal do 2019 ao 2023. Para iso estruturamos o traballo en catro partes: a primeira para introducir á empresa e ao seu grupo; a segunda para contextualizar tanto a situación do seu sector (parte externa) como a súa (parte interna); unha terceira sobre a análise da empresa e as súas competidoras, comparando as súas situacións a través dunha análise porcentual e de tendencias, unha análise financeira e outra económica, e unha parte final resumindo os principais aspectos e conclusión sobre o traballo. De todo o traballo podemos destacar a súa clara posición de liderazgo no sector e a súa recuperación no 2023 dunha caída que levaba arrastrando o sector dende o 2021. Podemos dicir que todo isto é gracias a súa sólida estabilidade financeira e por iso boa situación de liquidez e solvencia, sen esquecernos da gran experiencia que acumula e dos seus múltiples esforzos para asegurar a calidade, sostibilidade e innovación nos seus procesos e produtos.

A fenda de xénero na contorna laboral española
Autoría
Y.M.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Y.M.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Dirección
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)
Información asimétrica nos Sistemas Financeiros
Autoría
L.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na información asimétrica dos sistemas financeiros, incluíndo conceptos fundamentais como a selección adversa, o risco moral e o deseño de incentivos. Cando unha das partes nunha transacción posúe información que a outra descoñece, pode ter lugar o fenómeno coñecido como selección adversa. Pola súa banda, o risco moral fai referencia á inclinación dunha persoa a tomar maiores riscos cando non se enfronta ás consecuencias completas das súas accións debido á cobertura ou protección que lle brinda a outra parte. A creación de mecanismos que axustan os intereses de ambas as partes e minimizan os problemas causados pola información asimétrica é o obxectivo principal do deseño de incentivos. O tema principal deste traballo é o estudo do impacto de información asimétrica nos sistemas financeiros, influíndo na estabilidade e na eficiencia financeira. Examínanse os custos de transacción relacionados coa desigualdade de información, e tamén se abordan as dificultades que enfronta o sector financeiro no seu intento de reducir eses inconvenientes. Tamén é importante resaltar as oportunidades que se presentan ao poñer en práctica as solucións eficientes e as perspectivas futuras para mellorar a transparencia e diminuír a falta de información. Finalmente, preséntanse diversos exemplos de selección adversa e de risco moral nos sistemas financeiros. Estes exemplos mostran como a falta de información simétrica pode causar resultados pouco favorables e aumentar os riscos a nivel sistémico, subliñando a necesidade de abordar estes problemas e fomentar unha maior estabilidade e eficiencia nos sistemas financeiros.

Análise económica da xestión forestal en Galicia: carbono e decisión óptimas de corta
Autoría
P.N.O.D.G.
Grao en Economía
P.N.O.D.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O proceso actual de tranformación da industria forestal tradúcese, entre outras esferas, en novas vías de rendabilidade nas explotación de madeira. O mercado de permisos voluntarios e a optimización do turno de corta son cuestións esenciais de xestión e maximización de rendemento. Nestas liñas plantéxanse dous obxectivos: facer unha análise dos mercados de permisos dende a óptica do seu potencial e limitacións, e determinar o turno óptimo de corta nun caso aplicado en explotación Pinus Radiata. Este segundo obxectivo segue un enfoque cuantitativo mediante a aplicación do modelo de Faustmann e Análises de sensibilidade, amosando nos resultados que a alta exposición da especie analizada á enfermidade das bandas provoca un acortamento signitificativo no turno óptimo, dificultando a posibilidade de adhesión aos mercados de permisos.

LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titoría)
LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titor do alumno)

Plan de negocio de Restaurante Nieto S.L.U
Autoría
S.N.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.N.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Dada a relevancia económica, turística e cultural que presenta a hostalería en Santiago de Compostela, especialmente na zona vella e en torno ao Camiño de Santiago, este traballo ten a finalidade de elaborar un plan de negocio que sirva de guía para a apertura dun Restaurante. O estudo estrutúrase como un plan de negocio que avalía a eficiencia e rendibilidade da actividade a través dun enfoque integral, combinando a análise do entorno (PESTEL), o estudo da competencia (Modelo das cinco forzas de Porter) e unha análise interna mediante a matriz DAFO. O proxecto contempla unha proposta gastronómica baseada en produtos de calidade, dándolle unha especial importancia a visibilidade dixital e a xestión de recursos humanos e materiais. Ademais, inclúese unha planificación operativa onde se teñen en conta aspectos como número de empregados, as materias primas a utilizar ou o equipamento necesario. Así como, un estudo da viabilidade económico-financeira (ingresos, custos, investimentos, financiamento, etc.) con proxección a 8 anos. Os resultados mostran que o restaurante podería ser rendible a medio e largo prazo, con indicadores financeiros positivos como un VAN favorable e unha TIR superior ao custo de capital. Este traballo demostra que o Restaurante Nieto S.L.U é unha iniciativa viable, cun modelo sostible e competitivo no ámbito da hostalería en Santiago de Compostela.

O consumo de cervexa nos fogares galegos.
Autoría
I.N.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.N.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O traballo recolle a perspectiva sobre a situación actual do sector cervecexeiro nos fogares de España e Galicia, sirvindo de base para unha investigación de mercado do consumo da cervexa nos fogares galegos. Esta investigación ten como principal obxectivo estudar o comportamento, coñecemento e actitude que presentan os galegos á hora de consumir no fogar. Como punto de partida, preséntanse as diferentes clasificacións da cervexa e un análisis dos grupos cervecexeiros e as principais marcas. Posteriormente, presentase a evolución do consumo da cervexa en España por canles de 2013 a 2023 e, o seu consumo e gasto nos fogares de España e Galicia, analizando os seus patróns de consumo e as diferenzas entre ambos. A continuación, recóllense as futuras tendencias do mercado que axudarán a anticiparse e comprender a evolución nos hábitos de consumo. Para concluir, póñense en relieve os resultados obtidos a partir da investigación de mercado realizada, e as principais conclusións. Ademáis, coméntanse as diferentes limitacións á hora de realizar o traballo e as posibles líneas de investigación.

Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Tribunal
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titor do alumno)

As empresas municipais de vivenda e solo: un instrumento áxil e eficaz na xestión da política urbanística de vivenda
Autoría
A.N.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.N.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O dereito de acceso a unha vivenda digna é un dereito fundamental e un piar básico do benestar social recollido tanto na Constitución Española como na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Sen embargo, nos últimos anos, garantir a accesibilidade á mesma converteuse nun importante desafío para as administracións, especialmente trala crise inmobiliaria de 2008, que supuxo un drástico parón na construción de vivenda que se estende ata o momento actual. A falta de novas promocións para atender a crecente demanda e a escaseza de vivenda pública, están contribuíndo a un desaxuste entre a oferta e a demanda, que leva ao tensionamento do mercado, con prezos á alza e dificultades para acceder á alugueres alcanzables, principalmente nos sectores de rendas máis baixas. A análise das experiencias pasadas conducen a pensar que a creación dunha nova EMVS en Santiago permitiría mobilizar de novo o sector inmobiliario e ofrecer solucións á actual crise habitacional.

A evolución da desigualdade de ingresos na Unión Europea (2005-2024)
Autoría
S.N.F.
Grao en Economía
S.N.F.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar a evolución da desigualdade de ingresos nos Estados membros da Unión Europea desde o ano 2005 ata o ano 2024, así como examinar os efectos que tiveron as crises económicas de 2008 e 2020 sobre dita desigualdade. En primeiro lugar, lévase a cabo unha revisión bibliográfica sobre o concepto de desigualdade, na que se destaca o seu carácter multidimensional e pluridisciplinar, e na que se exploran as posibles perspectivas da súa análise, as causas que conducen á desigualdade de ingresos e as consecuencias que caracterizan a súa presencia a longo prazo. A continuación, analízase a desigualdade de ingresos mediante un estudo empírico, para o cal se empregan como indicadores o coeficiente de Gini, o cociente S80/S20 e a distribución de ingresos por cuantís, e os países agrúpanse en función da súa posición xeográfica. Entre os resultados máis relevantes obsérvase que o nivel de desigualdade de ingresos na Unión Europea diminuíu, principalmente debido aos esforzos de reestruturación da distribución de ingresos por parte dos países que se incorporaron nas fases de ampliación a partir de 2004. Do mesmo xeito, ambas crisis presentaron efectos negativos sobre o nivel de desigualdade de ingresos na Unión Europea, aínda que o seu impacto foi diverso e non revela a existencia dun patrón xeográfico claro.

GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Titoría)
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
Análise económico-financeiro LVMH.
Autoría
S.O.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.O.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analizouse a situación actual de Moët Hennessy Louis Vuitton, que, tras varios anos de crecemento, experimentou unha caída nos seus resultados. Comenzouse cunha análise externa e interna, para posteriormente estudar as contas anuais mediante porcentaxes horizontais, verticais e distintas ratios. A empresa posúe unha carteira de marcas diversificada, cun alto valor económico e social. Co obxetivo de adaptarse aos cambios do contorno, está a orientar a súa estratexia cara a personalización do proceso de compra e a optimización da cadea de valor coa introcución da intelixencia artificial. O principal mercado no que opera é China, cuxo goberno está a promover políticas contra a ostentación, o que obriga á compañía a reformular a súa estratexia operativa de Asia, dirixíndoa cara o fortalecemento das vendas no Xapón. Conclúese que a empresa é máis rendible que a competencia, tanto a nivel económico como financeiro, e presenta unha maior solvencia a longo prazo. Con todo, a súa elevada dependencia dos custos fixos, explica a reducción da marxe no último exercicio.
No presente traballo analizouse a situación actual de Moët Hennessy Louis Vuitton, que, tras varios anos de crecemento, experimentou unha caída nos seus resultados. Comenzouse cunha análise externa e interna, para posteriormente estudar as contas anuais mediante porcentaxes horizontais, verticais e distintas ratios. A empresa posúe unha carteira de marcas diversificada, cun alto valor económico e social. Co obxetivo de adaptarse aos cambios do contorno, está a orientar a súa estratexia cara a personalización do proceso de compra e a optimización da cadea de valor coa introcución da intelixencia artificial. O principal mercado no que opera é China, cuxo goberno está a promover políticas contra a ostentación, o que obriga á compañía a reformular a súa estratexia operativa de Asia, dirixíndoa cara o fortalecemento das vendas no Xapón. Conclúese que a empresa é máis rendible que a competencia, tanto a nivel económico como financeiro, e presenta unha maior solvencia a longo prazo. Con todo, a súa elevada dependencia dos custos fixos, explica a reducción da marxe no último exercicio.
Dirección
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Secretario/a)
PALLAS GONZALEZ, JULIO (Vogal)
Análise dos centros especiais de emprego en Galicia. Oportunidades e desafíos
Autoría
A.O.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.O.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado céntrase no análise da economía social, con especial atención ao papel que desempeñan os Centros Especiais de Emprego na inclusión laboral das persoas con discapacidade en Galicia. O estudo abórdase dende unha perspectiva teórica e práctica, examinando a súa base legal, os seus obxectivos principais e o seu impacto no ámbito económico social. Recoñécese que estes centros contribúen de forma activa a integración laboral das persoas con discapacidade, ao tempo que promoven unha distribución máis equitativa das oportunidades e fortalecen os valores propios da economía social. Os datos evidencian unha tendencia positiva no desenvolvemento dos CEE en Galicia, cun incremento tanto no número de entidades como na contratación. Este crecemento concéntrase sobre todo no sector servizos, sendo as provincias da Coruña e Pontevedra ás de maior volume de contratación. No caso dos CEE integrados na economía social, observouse tamén un aumento no emprego, destacando a contratación masculina sobre a feminina. Estes resultados resaltan o papel estratéxico dos CEE na promoción da inclusión sociolaboral e no fortalecemento de economía social na comunidade galega.

CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
Clausura sostible dun vertedoiro de Galicia
Autoría
M.E.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.E.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo ofrece unha abordaxe multidisciplinar ao estado actual dos residuos en España e analiza con especial atención o alcance rexional dun vertedoiro en Galicia, abarcando desde os residuos industriais perigosos ata a evolución dos vertedoiros, coa proposta de modelos máis sostibles como os parques urbanos ou as plantas de coxeración. A investigación de mercado sobre a xestión de residuos representa un dos retos ambientais máis relevantes da actualidade. Mediante fontes estatísticas e xornalísticas, lexislación autonómica e artigos especializados, investíganse os casos de vertedoiros como os de Bens, Sogama e Gesuga, co obxectivo de establecer comparacións e propoñer solucións que permitan un peche máis viable para o vertedoiro de Cerceda. Os resultados obtidos permiten desenvolver unha serie de propostas para mellorar a xestión de residuos. Incorpórase o estudo do potencial enerxético dos residuos, baseado no aproveitamento enerxético e a educación ambiental, a través de tecnoloxías como o biogás e o biometano. Todo isto está orientado a contribuír a unha transición ecolóxica sostible no sector dos vertedoiros ao aire libre.

BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Titoría)
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Titoría)
Tribunal
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Titor do alumno)

Intelixencia artificial e dereitos de propiedade intelectual
Autoría
M.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao analízase o impacto da intelixencia artificial (IA) nos dereitos de propiedade intelectual, con especial atención ao sector musical. A rápida evolución das tecnoloxías de IA permitiu a creación de numerosas obras musicais, voces sintéticas e interpretacións que imitan a artistas reais, o que na actualidade xerou numerosos debates legais e éticos sobre a autoría, a orixinalidade e a titularidade destas creacións. Como obxectivo principal deste estudo, atopamos examinar como afecta a intelixencia artificial aos dereitos de autor e que solucións se poden proporcionar para adaptarse a esta nova realidade. Para iso, realizouse unha análise teórica e xurídica da propiedade intelectual, así como tamén un estudo práctico con casos reais que xeraron controversias entre artistas internacionais como Bad Bunny. Destácanse as principais lagoas legais existentes, como a falta de recoñecemento da autoría humana ou a escasa protección fronte á imitación ou clonación de voces e estilos de artistas reais. Ademais, tamén se propoñen unha serie de futuras regulacións para un uso mellor, máis claro e equilibrado desta ferramenta, que permita protexer tanto a innovación tecnolóxica como, á súa vez, os dereitos de autor.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titor do alumno)

A economía social en España: as empresas de inserción
Autoría
M.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo céntrase no papel das empresas de inserción como ferramenta fundamental dentro da economía social en España, destacando a súa capacidade para xerar emprego e axudar a persoas en situación de exclusión ou vulnerabilidade. Estas entidades, que están reguladas por normativas específicas e a través de itinerarios de inserción personalizados, ofrecen formación, apoio e axuda para a incorporación ao mercado laboral. Examinouse a súa evolución e presenza en diferentes rexións de España, centrándose en Galicia, onde se observou unha presenza significativa destas empresas de inserción, concretamente no sector servizos. A análise conclúe co caso dunha empresa galega, ARROUPA, avaliando a súa situación financeira e o seu impacto social. Esta análise permitiu observar como é posible equilibrar a súa sustentabilidade económica co seu impacto social, aínda que tamén revela certas variacións financeiras que vale a pena considerar. Este traballo conclúe que as empresas de inserción son unha ferramenta eficaz para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva, e a importancia de seguir fortalecendo este modelo a través de políticas públicas e apoio institucional. Este traballo consta de 9779 palabras.
Este traballo céntrase no papel das empresas de inserción como ferramenta fundamental dentro da economía social en España, destacando a súa capacidade para xerar emprego e axudar a persoas en situación de exclusión ou vulnerabilidade. Estas entidades, que están reguladas por normativas específicas e a través de itinerarios de inserción personalizados, ofrecen formación, apoio e axuda para a incorporación ao mercado laboral. Examinouse a súa evolución e presenza en diferentes rexións de España, centrándose en Galicia, onde se observou unha presenza significativa destas empresas de inserción, concretamente no sector servizos. A análise conclúe co caso dunha empresa galega, ARROUPA, avaliando a súa situación financeira e o seu impacto social. Esta análise permitiu observar como é posible equilibrar a súa sustentabilidade económica co seu impacto social, aínda que tamén revela certas variacións financeiras que vale a pena considerar. Este traballo conclúe que as empresas de inserción son unha ferramenta eficaz para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva, e a importancia de seguir fortalecendo este modelo a través de políticas públicas e apoio institucional. Este traballo consta de 9779 palabras.
Dirección
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
O impacto da reforma laboral de 2022 no perfil dos traballadores fixos descontinuos: Análise empírica para Galicia
Autoría
T.P.S.
Grao en Economía
T.P.S.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo pretende analizar o impacto que puido ter a reforma laboral de 2022 sobre a figura dos traballadores fixos descontinuos na comunidade autónoma de Galicia. En concreto, analízase o perfil que tiñan estes nos anos 2019, 2021 e 2024 e compárase o seu perfil e a súa evolución co dos traballadores temporais para ver se houbo cambios relevantes en torno ás variables elixidas (sexo, idade, nivel de estudos, lugar de nacemento e ocupación). En teoría, a reforma laboral mellorou significativamente as condicións laborais deste tipo de contratación, porén, como afectou aos diferentes colectivos do mercado laboral galego é unha cuestión aínda aberta, sen unha resposta clara. Ademais, o impacto da reforma pode ter diferenzas territoriais relevantes, por iso se analizará se os resultados obtidos para Galicia son ou non similares aos observados noutros territorios de aplicación da norma. Complétase a análise estudando o posible impacto da reforma sobre o perfil dos traballadores fixos permanentes en Galicia, dado que parte da redución da contratación temporal ten suposto tamén o aumento deste tipo de contratación. Toda a análise realizada baséase nos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que foron tratados para obter as estatísticas necesarias e así poder sacar as conclusións que se expoñen neste traballo.

FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
Tribunal
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
LAGO PEÑAS, SANTIAGO (Presidente/a)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Secretario/a)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Vogal)
Modelos de Estados de Benestar:unha análise comparativa da súa capacidade redistributiva
Autoría
R.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Con este traballo preténdese analizar os diferentes sistemas de benestar social existentes na Unión Europea, establecendo unha comparativa entre eles e avaliando as súas capacidades redistributivas. Á análise céntrase no modelo liberal, conservador-corporativista, socialdemócrata e mediterráneo, empregando indicadores como o nivel de gasto de cada país respecto o seu PIB. Os resultados evidencian que os países cun maior nivel de gasto social e un deseño máis progresivo das políticas públicas presentan un maior éxito na redución da desigualdade. Tamén se sinala en varios apartados a importancia do investimento en servizos públicos e da coordinación entre políticas de emprego e protección social. No traballo conclúese que a capacidade redistributiva dos Estados de benestar na UE é desigual, e que os modelos máis cohesionados e inclusivos acadan mellores resultados sociais.

¿Son máis ou menos frecuentes as recesións na economía española?
Autoría
B.P.D.
Grao en Economía
B.P.D.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza a frecuencia e as distintas características das recesións na economía española. O obxectivo é identificar a evolución das crises e examinar a través da metodoloxía do CFC, cal é a súa frecuencia. Para iso, mediante os principais enfoques, métodos basados en regras, como a dos dous trimestres negativos consecutivos do PIB ou métodos algorítmicos, como o modelo Bry-Broschan, realízase unha comparación dos distintos análises sobre o que se considera unha recesión. Ademáis, combínase unha análise teórica e unha metodoloxía de datos procedentes de fontes oficiais como o INE, extraendo datos do PIB e de variables macroeconómicas que permiten aplicar criterios de datación e comparar os resultados. Por último, indícase o papel das políticas de estabilización económica e a súa correlación co ciclo económico, co obxectivo de identificar e reducir os efectos negativos das recesións.

FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titor do alumno)

Análise económico-financeira: Adega Condes de Albarei SAU
Autoría
A.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financieira para a empresa Adega Condes de Albarei SAU, a cal está situada no concello de Cambados e se dedica á elaboración de viño. Con esta análise preténdese realizar un diagnóstico completo da entidade i evaluar a súa situación. Esta será realizada para un período de anos concreto (2020-2022) e os resultados obtidos polas diferentes porcentaxes e ratios serán comparados cos dun grupo de comparación cuxas características serán similares. Como conclusión, esta análise revela que Adega Condes de Albarei SAU conta cun desequilibrio financieiro, pero cunha leve melloría nos datos do ano 2022.
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financieira para a empresa Adega Condes de Albarei SAU, a cal está situada no concello de Cambados e se dedica á elaboración de viño. Con esta análise preténdese realizar un diagnóstico completo da entidade i evaluar a súa situación. Esta será realizada para un período de anos concreto (2020-2022) e os resultados obtidos polas diferentes porcentaxes e ratios serán comparados cos dun grupo de comparación cuxas características serán similares. Como conclusión, esta análise revela que Adega Condes de Albarei SAU conta cun desequilibrio financieiro, pero cunha leve melloría nos datos do ano 2022.
Dirección
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)
A Economía Social: Os centros especiais de emprego con ánimo de lucro
Autoría
J.P.I.
Grao en Economía
J.P.I.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A economía social representa un modelo alternativo de desenvolvemento que se basa en valores como a solidariedade e o compromiso coas persoas. Neste contexto, os centros especiais de emprego (CEE) facilitan o acceso ao emprego das persoas con discapacidade que atopan barreiras no mercado laboral ordinario. Este traballo repasa a situación actual das persoas con discapacidade en España para o ano 2023 e para os centros especiais de emprego con iniciativa empresarial no 2024 en Galicia, cunha análise socioeconómica que reflexa o envellecemento deste sector da poboación, desigualdades de xénero e diferencias provinciais. En Galicia, para as persoas valoradas, hai ata 246000 persoas con algún grado de discapacidade moito máis numerosos a partires dos 65 anos. Dentro dos centros rexistrados na comunidade, a maior parte son de iniciativa empresarial, os cales reciben apoio público en forma de axudas salariais, financiación e subvencións. O panorama para este tipo de centros en canto ao marco legal vai mudar proximamente, xa que as distintas autoridades planean unha maior esixencia dos requisitos para acceder ás axudas e pertencer á economía social. Por tanto, esperan novos retos para os CEEIE que deberán adaptarse se queren seguir optando á contratación reservada e f inanciación pública.

EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
Tribunal
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
Traballo Fin de Grao: Pode Indonesia consolidarse como potencia turística como España ou é só un auxe pasaxeiro?
Autoría
E.X.P.M.
Grao en Economía
E.X.P.M.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao compara os modelos turísticos de España e Indonesia durante o período 2015 e 2023, co obxectivo de analizar se Indonesia pode consolidarse como potencia turística (como xa o é España) ou se o seu auxe é conxuntural. Grazas ao modelo de ciclo de vida turística de Butler e á análise de indicadores cuantitativos, puidéronse examinar elementos como o volume de chegadas, o turismo doméstico, o gasto medio por turista, a duración das estadías, a estacionalidade, os ingresos turísticos, o emprego e a contribución ao PIB. España é un destino turístico maduro, cunha forte consolidación internacional, altos ingresos e unha elevada contribución ao PIB. Porén, enfróntase a desafíos estruturais como a estacionalidade, a brevidade das estadías, a masificación e a presión medioambiental. A pesar de ter iniciado un proceso de rexuvenecemento baseado na dixitalización e na diversificación da súa oferta, o seu modelo continúa sendo intensivo en volume. Indonesia, pola súa banda, atópase nunha fase de desenvolvemento cara á consolidación. Aínda que as súas cifras absolutas están bastante por detrás das españolas, destaca polo seu turismo doméstico masivo, estadías máis longas, menor estacionalidade e un recente aumento do gasto medio por turista. As súas políticas actuais buscan sentar as bases dun crecemento máis equilibrado e duradeiro, combinando sustentabilidade, descentralización e diversificación territorial. O estudo conclúe que Indonesia non está a atravesar un simple auxe efémero, senón un proceso de consolidación con verdadeiro potencial, aínda que deberá superar retos importantes como a desigualdade territorial, a presión ambiental ou a falta de profesionalización do sector se quere posicionarse como un referente turístico mundial, evitando repetir os erros doutros modelos.

MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titor do alumno)
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titor do alumno)
Ecoloxía e conflitos ambientais: o papel do Ecoloxismo dos pobres e do Ecofeminismo
Autoría
L.P.G.
Grao en Economía
L.P.G.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Este estudo analiza o movemento ecoloxista, definíndoo e contextualizando a súa base histórica, ao tempo que o desvincula de erróneas concepcións. Estudaremos tamén as súas principais correntes antes de centrarnos en dúas vertentes fundamentais. Estas vertentes poñen en punto de mira a defensa das comunidades e actores máis vulnerables: O ecoloxismo dos pobres e o ecofeminismo. Ambos denuncian e poñen en evidencia as desigualdades territoriais e de xénero, evidenciando como os impactos ambientais, causados polo sistema económico actual, afectan desproporcionadamente no Sur Global e nas mulleres.
Este estudo analiza o movemento ecoloxista, definíndoo e contextualizando a súa base histórica, ao tempo que o desvincula de erróneas concepcións. Estudaremos tamén as súas principais correntes antes de centrarnos en dúas vertentes fundamentais. Estas vertentes poñen en punto de mira a defensa das comunidades e actores máis vulnerables: O ecoloxismo dos pobres e o ecofeminismo. Ambos denuncian e poñen en evidencia as desigualdades territoriais e de xénero, evidenciando como os impactos ambientais, causados polo sistema económico actual, afectan desproporcionadamente no Sur Global e nas mulleres.
Dirección
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)
A eficiencia informativa nos mercados de apostas deportivas
Autoría
A.P.B.
Grao en Economía
A.P.B.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A eficiencia informativa nos mercados financeiros foi obxeto de estudo durante décadas. Probar a Hipótese dos Mercados Eficientes non é doado, razón pola cal esta hipótese aínda xera unha considerable controversia hoxe en día, sendo obxeto de debate e estudo entre numerosos economistas e investigadores de todo o mundo. Este traballo ten como obxectivo analizar a eficiencia informativa nas apostas deportivas, avaliando se as cuotas ofrecidas constitúen unha boa estimación das probabilidades reais asociadas a un evento deportivo; é dicir, se estas cuotas reflicten toda a información dispoñible en calquera momento dado. A metodoloxía deste traballo seguiu unha abordaxe cualitativa, utilizando a investigación e a recollida de información a través de artigos, traballos académicos, estudos cuantitativos e estudos analíticos de varios autores.

Evolución recente do sector vitivinícola galego: análise da Denominación de Orixe Valdeorras
Autoría
J.P.G.
Grao en Economía
J.P.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
Ao longo deste Traballo de Fin de Grao levarase a cabo unha análise da Denominación de Orixe Valdeorras, situada no noroeste de España, na provincia de Ourense, destacando a súa relevancia dentro do sector vitivinícola galego. Descríbese o contexto histórico da comarca, marcada por unha tradición vitivinícola que se remonta á época romana, e resáltase a importancia das variedades autóctonas e a súa recuperación, como a Godello e a Mencía, piares da súa identidade enolóxica, grazas ao plan REVIVAL. A D.O. Valdeorras, recoñecida oficialmente en 1945, soubo conxugar tradición e modernidade, incorporando avances tecnolóxicos nos procesos de cultivo e vinificación sen renunciar ás prácticas herdadas. Esta combinación permitiu a obtención de viños de alta calidade que destacan pola súa personalidade e carácter propio. O texto tamén fai fincapé nos factores xeográficos e climáticos que definen a singularidade da zona: solos pizarrosos e arcillosos, un microclima atlántico con influencia continental e unha orografía complexa que favorece a diversidade de matices nos viños. Á súa vez, analízase a evolución recente do sector na comarca de Valdeorras, atendendo a cuestións como a superficie, a produción, o número de empresas que operan no sector e outros aspectos como a distribución por variedades ou a superficie por municipios. Finalmente, abórdase o impacto económico e social do sector vitivinícola en Valdeorras, que representa unha fonte esencial de emprego, dinamización rural e atracción turística.

LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
Tribunal
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titor do alumno)

Estereotipos de xénero: a publicidade dos supermercados
Autoría
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
A publicidade é unha ferramenta presente no noso día a día, non só repercute no noso consumo, tamén ten unha grande influencia nos nosos hábitos sociais, condutas e comportamentos. A miúdo presenta unha imaxe da muller que non reflicte a realidade, promovendo estereotipos que reforzan a desigualdade de xénero. Neste traballo imos estudar o papel da publicidade na creación e perpetuación destes estereotipos. Para iso, detallaremos o concepto de publicidade, así como os seus elementos. Analizarase a historia da muller na publicidade, así como a evolución da súa imaxe durante as distintas etapas. Tamén examinaremos a orixe e o significado dos estereotipos e as súas funcións dende o punto de vista de varios autores. Centrarémonos na representación da muller, nos trazos e atributos que se lle atribúen e nos principais estereotipos de xénero vinculados tanto a homes como a mulleres. Por último, realizaremos unha análise cualitativa dos estereotipos de xénero na publicidade dos supermercados, examinando diversos anuncios extraídos dunha colección de folletos e catálogos destas cadeas.

A importancia das Cadeas Globais de Valor desde a óptica da industria electrónica
Autoría
X.R.N.
Grao en Economía
X.R.N.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Neste traballo centrarémonos nas cadeas de valor, que serán o punto de partida desde o que intentaremos explicar o fenómeno da globalización e as recentes tendencias de sustentabilidade engadidas ao proceso produtivo co fin de acadar un mundo máis limpo. En concreto, optamos por enfocar o traballo nas cadeas de valor dirixidas cara á industria electrónica, xa que, xunto coa automoción, a enerxía ou a alimentación, é unha das que máis peso e importancia ten na economía. Ademais, dentro destas e en xeral, decantámonos por este sector porque nos parece o máis interesante dada a súa relevancia nas últimas décadas, onde un sector electrónico potente é sinónimo de poder. Tamén afondaremos naquelas rexións que soportan o aspecto máis negativo destes procesos produtivos, tendo que lidar coas múltiples externalidades negativas da actividade. En resumo, o obxectivo deste traballo é investigar e aprender sobre os aspectos máis xerais das cadeas globais de valor e afondar na súa incidencia na industria electrónica, para contribuír a unha mellor comprensión da complexidade técnico-organizativa e das implicacións medioambientais dos procesos que hai detrás da fabricación de produtos electrónicos (ordenador, móbil, etc.). Todo isto, abordándoo desde un punto de vista sistémico, obxectivo e actual.

Análise Económica-Financeira dunha das Grandes Pezas do Sector Automobilístico
Autoría
L.D.M.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.D.M.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Stellantis S.L. é unha filial de Stellantis N.V. con 3 plantas en España: Madrid, Zaragoza e Vigo. Esta foi creada en marzo de 1995 e pertence ao sector de automoción. Cabe destacar que a matriz levou a cabo en 2021 unha fusión entre PSA e FCA para así dar lugar a coñecida Stellantis. A través da súa actividade busca mover persoas e crear conexións. O obxectivo deste traballo é facer unha análise económica-financeira da empresa de automóbiles Stellantis S.L. e para iso faremos uso de determinados estados financeiros para calcular unha serie de ratios que nos mostrarán a situación na cal se encontra a empresa nos tres anos de estudo: 2021, 2022 e 2023. Como se pode ver na web de ANFAC, o sector automobilístico ten unha participación do 8,2% no PIB español, o que indica que é bastante importante para o país. Con este traballo poderase observar os bos movementos e resultados realizados por Stellantis e o efecto dun deterioro para que o último ano, 2023, non teña o mellor dos seus resultados. Este traballo consta de 9.913 palabras.

Análise Económico Financeiro do Banco Santander, S.A.
Autoría
D.R.G.
Grao en Economía
D.R.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
No presente traballo realízase un análise económico-financeiro do Banco Santander. Para elo, lévase a cabo un breve estudo do entorno interno e externo da entidade, co fin de comprender o contexto no que opera. A continuación, efectúase un análise horizontal e vertical dos seus estados financeiros, así como o cálculo e interpretación dos seus principais ratios financeiros: liquidez, solvencia, rentabilidade, calidade de activos, eficiencia, bursátiles e ESG. Estes análises permiten establecer unha comparación co banco BBVA, principal competidor do Santander na península Ibérica. Finalmente, preséntanse as conclusións do estudo, xunto con posibles liñas de investigación futura.
No presente traballo realízase un análise económico-financeiro do Banco Santander. Para elo, lévase a cabo un breve estudo do entorno interno e externo da entidade, co fin de comprender o contexto no que opera. A continuación, efectúase un análise horizontal e vertical dos seus estados financeiros, así como o cálculo e interpretación dos seus principais ratios financeiros: liquidez, solvencia, rentabilidade, calidade de activos, eficiencia, bursátiles e ESG. Estes análises permiten establecer unha comparación co banco BBVA, principal competidor do Santander na península Ibérica. Finalmente, preséntanse as conclusións do estudo, xunto con posibles liñas de investigación futura.
Dirección
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Comportamentos responsables co medio ambiente: Diferenzas xeracionais
Autoría
N.R.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.R.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo céntrase nos comportamentos responsables co medio ambiente no ámbito empresarial, destacando o seu impacto na sustentabilidade. Dado que na actualidade nas empresas conviven empregados de distintas xeracións, con crenzas, valores e actitudes diferentes, realizouse un estudo empírico co obxectivo de analizar se existen ou non diferenzas significativas nos comportamentos voluntarios cara ao medio ambiente entre os empregados pertencentes á Xeración X e aqueles da Xeración Z. A mostra incluíu 83 participantes: o 53% da Xeración X e o 47% da Xeración Z. Entre os comportamentos cunha media máis alta destacan: reflexionar antes de actuar en relación co medio ambiente e animar aos compañeiros a ser máis conscientes ecoloxicamente. En contraste, as accións cunha media máis baixa serían a participación en eventos ambientais e o voluntariado. Ademais, os resultados da proba T só evidencian unha diferenza estatisticamente significativa: fronte á Xeración Z, a Xeración X indica que dedica máis tempo de forma espontánea a axudar aos seus compañeiros en prácticas sostibles.

Tecnoloxía, Desenvolvemento e Sociedade: Unha Revisión Bibliográfica
Autoría
S.R.G.
Grao en Economía
S.R.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 16:00
01.07.2025 16:00
Resumo
O desenvolvemento tecnolóxico ten unha gran capacidade para alterar modelos de conduta e pensamento establecidos. Como fenómeno relevante para as ciencias sociais, esixe unha análise en profundidade e un sistema definido para ordenar a información. Scopus foi a base de datos de referencia que permitiu determinar perspectivas e identificar artigos relevantes. Utilizouse a metodoloxía PRISMA para a recollida e identificación das referencias debido á súa adecuación cos propósitos da presente revisión bibliográfica. Ademais, recorriuse a conceptos sensibilizadores para contextualizar a investigación e para redactar o comando de busca, o cal devolveu 114 resultados. Tras realizar os procesos de selección, estudáronse 67 obras. Logo, formuláronse cinco categorías emerxentes: perspectivas teóricas e conceptuais; orde social e político; desenvolvemento sostible; factores culturais, éticos e relixiosos; e saúde mental e física. Cada unha agrupaba críticas, reflexións e propostas relativas á tecnoloxía e aos procesos de desenvolvemento que buscaban orientar a discusión. Finalmente, destacouse a importancia de repensar a relación existente entre o ser humano e a tecnoloxía ao afondar na súa importancia para a orde social, na relevancia de empregar criterios sostibles e na lexitimidade do proceso como elemento fundamental.

Análise económico-financeira do sector da distribución en España
Autoría
J.R.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.R.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Mercadona, S.A. é unha das principais compañías do sector da distribución en España, cunha cota de mercado do 26,6%, converténdose na líder. Esta posición obtívoa, en gran medida, ao seu modelo de negocio diferencial, centrado na oferta de produtos de marca propia e na eficiencia operativa. O obxectivo do presente traballo é desenvolver unha análise económico-financeira de Mercadona, S.A., correspondente aos exercicios comprendidos entre 2021 e 2023. Para iso, aplicouse técnicas como a análise porcentual e de tendencias sobre tres estados financeiros clave, empregando os datos obtidos da plataforma SABI. Ademais, calculáronse diversos indicadores e ratios financeiros, que foron contrastados cos doutras empresas competidoras. Este enfoque permitiu analizar o contexto actual de Mercadona, así como identificar a súa evolución e tendencia. A estrutura do estudo organízase en tres partes. En primeiro lugar, preséntase unha breve historia do sector da distribución, dende os orixines ata a actualidade, incluíndo un diagnóstico do entorno actual do mercado español e as recentes crisis superadas. En segundo lugar, móstrase a análise económica-financeira de Mercadona, comparado coas súas principais competidoras. Finalmente, expóñense as conclusións, xunto coas limitacións e ampliacións. Entre os principais resultados evidenciase unha elevada liquidez, unha débeda externa moi reducida, ausencia de financiación bancaria e unha estrutura financeira baseada principalmente nos fondos propios, especialmente na auto-financiación. A retención de liquidez xera unha ratio de tesourería superior á recomendada, así como unha mellora da eficiencia da xestión financeira e a optimización dos fluxos de efectivo. Ademais, o baixo nivel de endebedamento contribúe a unha sólida situación financeira, reflexada no equilibrio financeiro mantido durante o período avaliado e no continuo crecemento de ambos rendementos - económico e financeiro-.

MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

Análise económica financeira Enxeñaría Semasa S.a
Autoría
S.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal a realización dunha análise económica financeira da empresa Enxeñaría Semasa S.A, comparándoa cun grupo de competidores do sector, para finalmente localizar as súas debilidades e facer propostas de mellora. Despois de obter e estudar os resultados realizarase un diagnóstico final, xunto con propostas de mellora e conclusións.
Este traballo ten como obxectivo principal a realización dunha análise económica financeira da empresa Enxeñaría Semasa S.A, comparándoa cun grupo de competidores do sector, para finalmente localizar as súas debilidades e facer propostas de mellora. Despois de obter e estudar os resultados realizarase un diagnóstico final, xunto con propostas de mellora e conclusións.
Dirección
Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Tribunal
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
A evolución dos RRHH, un piar estratéxico
Autoría
J.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O presente estudo aborda a evolución dos departamentos de recursos humanos, desde as súas orixes ata a actualidade. O obxecto de análise deste estudo céntrase nun proceso caracterizado pola súa prolongada duración e as súas grandes transformacións, influenciado de maneira significativa polas principais potencias mundiais, Reino Unido e os Estados Unidos de América. En consecuencia, abordarase a maneira en que estes países experimentaron un desenvolvemento, así como o modo en que devandito desenvolvemento influíu no resto dos países. Será de gran relevancia realizar unha análise da evolución dos devanditos departamentos en España, para coñecer como ocorreu no noso país. En última instancia, co propósito de proporcionar unha maior claridade visual e desde unha perspectiva máis empresarial, utilizaranse como exemplos empresas de renome como Ford e Río Tinto, unha empresa británica cunha significativa presenza en España. O traballo estrutúrase ao redor dunha serie de fases, iniciando coa elaboración dun marco teórico e unha revisión do estado da cuestión, elementos que son fundamentais para comprender de maneira teórica e fundamentada a evolución en cuestión. Na seguinte fase, abordarase a implementación do traballo, a cal se estruturará en tres segmentos. O primeiro segmento abordará a evolución do fenómeno en cuestión desde as súas orixes ata a actualidade. O segundo segmento centrarase na evolución do fenómeno nos países de referencia e en España. O terceiro segmento centrarase no estudo de casos de dúas grandes empresas. En última instancia, o estudo concluirá cunha sección dedicada á síntese dos acontecementos históricos e á proposta de posibles directrices para investigacións futuras. O traballo consta de 9.912 palabras e 36 páxinas.

Selección de persoal en base a Competencias
Autoría
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A selección de persoal baseada en competencias foi ganando protagonismo no ámbito laboral ao centrarse en identificar as capacidades e competencias específicas que os candidatos deben posuír para desempeñar as súas funcións. Tendo en conta que as competencias transversais serán cada vez máis necesarias, é relevante comprender como os estudantes perciben e valoran as súas propias habilidades. Esta comprensión pode axudar ás institucións educativas a deseñar programas e cursos que fortalezan as competencias menos desenvolvidas, facilitando a mellora do seu perfil profesional. O obxectivo principal desta investigación é afondar no modelo de selección de persoal por competencias e analizar como os estudantes do grao en Administración e Dirección de Empresas perciben as súas competencias en creatividade, pensamento crítico, traballo en equipo e toma de decisións. Ademais, avalíase se esta percepción varía segundo o sexo ou o curso académico. Para elo, deseñouse un cuestionario considerando tanto as competencias demandadas no mercado laboral futuro como as establecidas na memoria do grao. O traballo estrutúrase en tres partes: un marco teórico sobre a evolución do modelo de selección por competencias, un estudo empírico co análise dos resultados, e unha reflexión final.

A evolución e o futuro do Mecanismo Europeo de Estabilidade
Autoría
A.R.R.
Grao en Economía
A.R.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) xurde como resposta ás deficiencias estruturais da eurozona, evidenciadas durante a crise da débeda soberana. O seu papel como instrumento de asistencia financeira foi determinante para soster a estabilidade económica de varios Estados membros, ofrecendo apoio condicionado a reformas estruturais e axustes fiscais. As intervencións en Grecia, Irlanda, Portugal, Chipre e España ilustran tanto a súa capacidade de resposta como as tensións derivadas da condicionalidad imposta. A pesar da súa consolidación como ferramenta financeira permanente e a súa elevada dotación de capital, o MEDE enfrontou un uso marxinal en crises recentes, como a derivada do COVID-19. Esta situación revela a persistente desconfianza cara ao mecanismo, percibido en moitos casos como símbolo de subordinación aos intereses dos Estados con maior peso económico. A reforma do Tratado do MEDE, aínda que amplía as súas funcións (supervisión, reestruturación da débeda e respaldo ao Fondo Único de Resolución) non resolve as críticas relativas á súa lexitimidade democrática, falta de transparencia e encaixe institucional fose do marco xurídico da Unión Europea. A evolución do MEDE expón interrogantes sobre o seu futuro papel na arquitectura europea. A posibilidade de transformalo nun Fondo Monetario Europeo ou de utilizalo para financiar novas prioridades comúns, como a defensa ou a transición verde, dependerá da súa capacidade para adaptarse a un modelo máis transparente. A clave estará en equilibrar a eficacia financeira cun marco institucional que garanta a rendición de contas e reforce a cohesión entre os Estados membros da eurozona.

DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
Tribunal
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titor do alumno)

O cooperativismo agroalimentario galego
Autoría
P.S.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.S.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o papel do cooperativismo agroalimentario en Galicia, un sector que desempeña un rol estratéxico no desenvolvemento económico e social do medio rural. O obxectivo principal é examinar a estrutura actual do tecido cooperativo agroalimentario galego, identificar as súas principais fortalezas e debilidades, e valorar o seu impacto territorial, económico e social. A metodoloxía empregada foi de carácter descriptivo e analítico, baseada na revisión de fontes estatísticas, informes institucionais e bibliografía especializada. Así mesmo, inclúense estudos de caso de cooperativas representativas do sector, co fin de ilustrar boas prácticas e modelos de éxito en contextos reais. Entre os resultados máis relevantes, destaca que o cooperativismo agroalimentario galego presenta unha estrutura dual, con numerosas cooperativas de pequeno tamaño con forte arraigamento local e un grupo reducido de grandes cooperativas que concentran a maior parte da produción e do emprego. A pesar da súa fragmentación, o sector amosa un crecemento sostido en termos de facturación e emprego, así como un peso crecente das mulleres tanto no traballo operativo como nos órganos de goberno
O presente traballo analiza o papel do cooperativismo agroalimentario en Galicia, un sector que desempeña un rol estratéxico no desenvolvemento económico e social do medio rural. O obxectivo principal é examinar a estrutura actual do tecido cooperativo agroalimentario galego, identificar as súas principais fortalezas e debilidades, e valorar o seu impacto territorial, económico e social. A metodoloxía empregada foi de carácter descriptivo e analítico, baseada na revisión de fontes estatísticas, informes institucionais e bibliografía especializada. Así mesmo, inclúense estudos de caso de cooperativas representativas do sector, co fin de ilustrar boas prácticas e modelos de éxito en contextos reais. Entre os resultados máis relevantes, destaca que o cooperativismo agroalimentario galego presenta unha estrutura dual, con numerosas cooperativas de pequeno tamaño con forte arraigamento local e un grupo reducido de grandes cooperativas que concentran a maior parte da produción e do emprego. A pesar da súa fragmentación, o sector amosa un crecemento sostido en termos de facturación e emprego, así como un peso crecente das mulleres tanto no traballo operativo como nos órganos de goberno
Dirección
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
As exportacións como fonte de crecemento nacional: Modelo econométrico para Galicia (2009-2013)
Autoría
N.S.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.S.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo formúlase como unha continuación do traballo realizado por Cancelo e Vázquez-Rozas (2020), co propósito de ampliar e afondar nas cuestións que abordan as autoras nesa análise realizada para os anos 2002-2019. Neste traballo de fin de carreira, titorizado por Maite Cancelo e Emilia Vázquez-Rozas, autoras do traballo citado anteriormente, analízanse como afectan as exportacións ao crecemento económico, realizando un modelo econométrico para Galicia para o período comprendido entre os anos 2009-2013. Partindo da definición de comercio exterior, pasando polas diferentes tipoloxías e polas diversas teorías económicas, seguindo por centrar o estudo especificamente nas exportacións, concretamente de Galicia para o período citado anteriormente, obtemos que a nivel nacional, Galicia ocupa a sexta posición, representando as exportacións de esta comunidade autónoma case un 8% das exportacións nacionais. Polo que, tendo en conta o anterior, e sumándoo ao analizado no traballo das titoras, temos que, as exportacións galegas son unha das variables que hai que ter en conta para analizar a influencia destas no PIB Galego, ademais das exportacións (XGA) tamén se toman como variables relevantes na análise a formación bruta de capital fixo (FBCF), o emprego galego (LGA), as importacións (MGA) e o stock de capital produtivo de Galicia (SKGA). Con base en esas variables, realizase unha análise individual de cada unha, posteriormente desenvolvese o modelo econométrico que da como resultado a cointegración das variables que se tiveron en conta para a análise, e finalmente obtense como conclusión, que o PIB galego vese afectado polas variables emprego galego, formación bruta de capital fixo, exportacións galegas e unha variable ficticia para os anos 2013 e 2020. Este traballo consta finalmente de 8.671 palabras.

O prezo da vivenda sobre as decisións de fecundidade. Unha aplicación ao caso español.
Autoría
A.S.V.
Grao en Economía
A.S.V.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza, dende unha perspectiva empírica, a relación entre os prezos da vivenda e a la taxa de fecundidade. Na primeira parte revísase literatura referente á teoría económica sobre fecundidade, esencialmente, o trade off calidade vs. cantidade proposto por Gary Becker e o altruismo en modelos de xeracións solapadas, así como a relativa a mercados competitivos sen incertidumbre. Na segunda parte analízanse, dende unha perspectiva comparada coa Unión Europea, os datos acerca da concentración da renta e a riqueza en España, tendo en conta o peso das propiedades inmobiliarias sobre a riqueza neta dos fogares españois, para extrapolar a posible relación empírica entre desigualdade e fecundidade. Plantéxase tamén evidencia empírica aos efectos da regulación por parte dos gobernos. Para iso, obsérvase evidencia do control dos prezos do alquiler e do aumento da oferta pública de vivenda (de alquiler e de compraventa) comparando o caso español co doutras economías. Conclúese, a raíz dos datos, que o maior campo de actuación atópase na segunda alternativa. Finalmente, empléase o modelo proposto por Dettling y Kearney (2014) con datos de carenta e catro provincias españolas para os anos 2015 2022, onde destaca a escasa significatividade do mercado inmobiliario sobre a taxa de fecundidade global, a pesar da relación negativa que garda o prezo do alquiler coa mesma.

A industria da moda
Autoría
H.S.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
H.S.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A moda é un aspecto presente no día a día de cada un dos individuos deste mundo, xa sexa en maior ou menor medida, pero todos estiveron en contacto con esta industria nalgún momento. Este Traballo de Fin de Grao analiza a evolución da moda dende unha perspectiva histórica, cultural e, sobre todo, empresarial, centrándose no papel do márketing na industria da moda ao longo do século XX e XXI. O obxectivo principal é avaliar como as estratexias de márketing influíron no crecemento das firmas do sector e no comportamento dos consumidores, así como as implicacións actuais destas prácticas. Para iso, estudaránse algúns dos casos máis salientables de todo o sector, en ambos séculos, analizando o auxe do márketing tradicional e a súa transición ao márketing dixital, así como coñecer as motivacións actuais do consumidor respecto da sustentabilidade e das implicacións éticas da industria da moda no medio ambiente. Este traballo consta de 8856 palabras.

Análise económico financeiro: Toyota España S.L
Autoría
A.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Toyota España trátase dunha sociedade limitada unipersoal filial de TOYOTA MOTOR CORPORATION, a cal adícase á venda de automóbiles e vehículos de motor lixeiros, sendo unha das tres principais empresas deste sector en España. Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico financeira da empresa automobilística anteriormente referida, para proporcionar información clave para a toma de decisións estratéxicas, durante o período comprendido entre o 2019 e o 2023. Para dita análise empregaremos diversas ratios, así coma porcentaxes verticais e horizontais, abarcando tanto o curto coma o longo prazo. Ademais, estes resultados serán comparados cos do seu principal competidor, co obxectivo de contextualizar o desempeño da empresa. O traballo divídese en tres bloques xerais, o primeiro baséase nunha pequena presentación da empresa, na segunda parte realizamos tanto unha análise interna coma externa do seu sector e competencia, na terceira parte realizase a análise económico-financeira, obxectivo central do traballo, para finalmente rematar coas conclusións xunto coas posibles ampliacións do traballo. En canto aos resultados da análise realizada, estes mostran unha sólida posición na xestión financeira, destacando o seu uso eficiente do endebedamento e un efecto palanca positivo, ademais dunha crecente rendibilidade económica. Non obstante, súa estrutura financeira a curto prazo evidencia problemas de liquidez, agravados pola elevada concentración da débeda a c/p. Así mesmo, aínda que a evolución do ciclo de explotación foi positiva, Toyota España segue por detrás do seu principal competidor neste ámbito, debido especialmente á perda de poder negociador cos provedores. O presente traballo consta de 9.986 palabras.

Análise económico-financeira de International Airlines Group (IAG)
Autoría
M.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar a situación económico-financeira do grupo International Airlines Group (IAG) tras a crise xerada pola pandemia da COVID-19. Para iso, estudouse a súa evolución recente, a súa rendibilidade, estrutura financeira e posición competitiva en comparación con outros grandes grupos europeos da industria. A través da análise de ratios clave, avaliouse a recuperación económica do grupo e propuxéronse medidas para asegurar a súa viabilidade futura. IAG amosou unha sólida recuperación ata o ano 2024, con elevados beneficios e marxes operativas grazas á súa eficiencia operativa. Sen embargo, mantén aínda debilidades importantes derivadas da crise e da necesidade de endebedarse durante eses anos pola paralización de boa parte da súa actividade, o que se reflicte na súa estrutura financeira, cun desequilibrio financeiro aínda presente en 2024. Para garantir a súa viabilidade a longo prazo, recoméndase reforzar os fondos propios, refinanciar parte da débeda a longo prazo e manter o control do gasto operativo, co fin de mellorar a súa autonomía financeira e continuar sendo un grupo rendible.

A industria alimentaria española e as súas estratexias operativas
Autoría
M.S.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.S.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 16:30
01.07.2025 16:30
Resumo
A industria alimentaria española, líder en termos de valor engadido e emprego, afronta unha profunda transformación operativa marcada pola dixitalización, a sustentabilidade, a seguridade alimentaria e as crecentes demandas dos consumidores. Neste contexto, este Traballo de Fin de Grao analiza as principais estratexias operativas adoptadas polas empresas do sector, con especial atención ao caso de Mercadona, líder no sector da distribución de alimentos. O estudo estrutúrase arredor de catro eixes estratéxicos clave: integración e xestión da cadea de subministración, innovación tecnolóxica e dixitalización, xestión da calidade e seguridade alimentaria e sustentabilidade e economía circular. A través da análise teórica e unha abordaxe de estudo de caso, o estudo identifica como estas estratexias melloran a eficiencia, a trazabilidade, a competitividade e o compromiso ambiental do sector. Os resultados mostran que unha implementación coherente e proactiva destas estratexias operativas non só mellora o rendemento empresarial, senón que tamén permite unha resposta eficaz aos desafíos actuais aos que se enfronta o sector alimentario. Finalmente, o proxecto conclúe coas limitacións experimentadas e as recomendacións prácticas dirixidas a promover un desenvolvemento máis sostible, resiliente e tecnoloxicamente avanzado. O número de palabras do traballo sen a portada, o resumo, os índices e a bibliografía é de 9.987 palabras.

GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titor do alumno)

A Unión Bancaria na zona euro: construción, desenvolvemento e retos pendentes
Autoría
X.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
X.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza a Unión Bancaria, estudando a súa construción, evolución e retos pendentes. Comeza cunha revisión histórica do proceso de integración monetaria europea ata a creación da moeda única, destacando os problemas estruturais do sistema bancario que quedaron en evidencia coa crise da débeda soberana. A seguir, explícanse os tres piares fundamentais da UB: o Mecanismo Único de Supervisión, que centraliza a supervisión das entidades significativas no BCE; o Mecanismo Único de Resolución, encargado da xestión de crises bancarias evitando o uso de fondos públicos; e o Sistema Europeo de Garantía de Depósitos, aínda sen implantar, que busca protexer os aforros dos depositantes de forma igualitaria na eurozona. Tamén se analizan os avances e limitacións da UB desde o Informe dos Cinco Presidentes (2015), incluíndo actuacións fronte á pandemia da COVID-19, á guerra de Ucraína, aos riscos climáticos e dixitais, e ás recentes tensións bancarias internacionais. Estúdanse casos concretos como o Banco Popular e os bancos italianos Veneto Banca e Banca Popolare di Vicenza, que ilustran a aplicación práctica dos mecanismos da UB. O traballo conclúe que, malia os avances significativos, a Unión Bancaria segue incompleta e condicionada pola falta de vontade política para avanzar na mutualización de riscos. A súa culminación é esencial para garantir a estabilidade financeira, afrontar futuros episodios de crise e reforzar a confianza no proxecto europeo.

Análise Económico Financieiro: Mercedes Benz España, S.A.U
Autoría
B.S.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.S.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Mercedes Benz España, S.A.U é a filial en España da marca alemá Mercedes Benz e dedícase tanto a fabricación como a venta de vehículos en España dende o ano 1989. Nos anos recentes tivo que sufrir a crisis mundial ocasionada polo Covid 19, e aínda así, é unha empresa que goza dunha gran saúde financieira e encóntrase en crecemento nos últimos anos, sendo líder en España do sector premium e dos eléctricos e híbridos. O obxectivo deste traballo é realizar unha análise da compañía no período 2020 a 2023, dividindo esta análise en tres bloques: unha análise interna da marca matriz e da filial, incluíndo as súas visións e estratexias; unha análise externa para comprender o sector no que opera; e finalmente unha análise financeira a través de diferentes ratios que permiten avaliar a súa situación contable e financeira. A partir desta análise conclúese que Mercedes Benz España é unha empresa que, a pesar da crise, está a vivir unha etapa de crecemento do seu negocio, ao tempo que mellora a súa saúde financeira ,especialmente en termos de débeda, o que lle permite consolidarse como líder en varios segmentos do mercado automobilístico español. Este traballo consta de 9176 palabras.

Análise económico financeiro
Autoría
M.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Neste traballo analízase a situación financeira da empresa Fluchos na actualidade. Para o desenvolvemento do traballo, divídese en catro partes: en primeiro lugar, destacanse as principais características da empresa. En segundo lugar, realizase a análise do sector, para poder coñecer o contexto da situación empresarial da empresa obxeto de análise. En terceiro lugar, realízase o análise económico-financeiro, tanto de Fluchos como das suas principais competidoras dentro da industria do calzado. Para rematar, analízanse os resultados obtidos e extraense conclusións, ademáis de identificar os puntos fortes, débiles e certos aspectos a mellorar.

Análise Económico Financeira de Mercadona, S.A.
Autoría
A.S.D.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.S.D.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Neste traballo analízase a situación económico-financeira de Mercadona durante o período 2019-2024. O estudo inclúe unha revisión dos estados financeiros da empresa, entre os que se atopan o balance e a conta de perdas e ganancias, co obxectivo de avaliar a súa estrutura, evolución e principais indicadores de liquidez, rendibilidade e solvencia. O período analizado abrangue eventos de grande impacto, como a pandemia da COVID-19 e a guerra en Ucraína, que afectaron significativamente o entorno operativo de Mercadona. Para situar Mercadona no seu contexto sectorial, realízase unha comparación cos datos dos seus principais competidores no sector da distribución comercial en España. Aplícanse técnicas de análise financeira como os porcentaxes verticais e horizontais, así como ratios financeiras clave. Os resultados identifican as fortalezas e debilidades de Mercadona en termos de liquidez, rendibilidade e solvencia, proporcionando unha visión da súa capacidade para facer fronte aos desafíos futuros.

Bancarización, aforro e endeudamento familiar
Autoría
J.S.R.
Grao en Economía
J.S.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución da bancarización, o aforro e o endebedamento familiar en España entre 2011 e 2021. A fonte principal é o Global Findex Database do Banco Mundial. Defínese bancarización dos fogares que inclúe como dimensións principais a profundidade, a cobertura e a intensidade de uso. O seu comportamento en España analízase seleccionando varios indicadores cuantitativos. No caso español, destaca o alto grao de bancarización xeral ao longo do tempo da poboación e un gran descenso nos mozos producido en 2017. Os pagos dixitais, a posesión de tarxetas de débito e crédito, aumentaron entre 2011 e 2021. O aforro tamén creceu e as diferenzas entre grupos de idade, ingreso, sexo e educación reducíronse. O nivel de endebedamento reduciuse en España debido á progresiva redución dos préstamos realizados por familiares e amigos. España presenta, en xeral, un nivel de bancarización moi similar ao grupo de países de altos ingresos e distante do grupo de países de ingresos medios, do mesmo xeito que para o aforro. O endebedamento presenta unha evolución negativa mentres que a maioría dos países de altos ingresos mostra unha evolución positiva ou constante. As diferenzas entre grupos poboacionais, na maioría dos casos, son menores en España que no grupo de países de altos ingresos. A maior diferenza entre España e o grupo de países de altos ingresos atopámola no comportamento da poboación nova en 2017 e nalgúns indicadores de 2021, pois presenta un descenso porcentual que non concorda coa evolución esperada nin co comportamento doutros países similares. Este traballo conta con 9368 palabras.

Impacto da Integración Económica nas Cadeas Globais de Valor: Efectos, Oportunidades e Desafíos
Autoría
D.S.R.
Grao en Economía
D.S.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2025 10:00
02.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a relación entre os procesos de integración económica e a inserción dos países nas cadeas globais de valor (CGV), examinando como a liberalización comercial, o investimento estranxeiro directo (IED) e as políticas rexionais configuran o posicionamento das economías na estrutura produtiva global. Explóranse as principais teorías sobre integración económica (Balassa, Viner, Krugman), así como os seus efectos estáticos e dinámicos sobre o comercio internacional e a especialización produtiva. O traballo afonda no concepto de CGV, salientando a súa evolución, as implicacións do upgrading industrial e o papel da globalización na fragmentación xeográfica das fases produtivas. Analízanse os beneficios e riscos asociados á participación nas CGV, incluído o seu impacto sobre a IED, a transferencia tecnolóxica e a desigualdade estrutural. Tendo en conta que a integración económica adopta principalmente unha dimensión rexional, abórdase a rexionalización das CGV. Menciónase a existencia das chamadas grandes factorías rexionais como Factory Asia, Factory Europe ou Factory North America, que amosan que tanto a globalización produtiva como a comercial funcionan como procesos rexionalizados. A nivel empírico, compáranse os procesos de integración e inserción en CGV de tres economías emerxentes do sueste asiático (Vietnam, Malaisia e China), evidenciando diferenzas significativas no seu grao de sofisticación produtiva e dependencia externa. Así mesmo, estúdase o caso de Polonia, cuxo proceso de integración na Unión Europea permitiu un notable upgrading industrial, consolidándose como un nó clave nas CGV europeas. O traballo conclúe que a integración económica non só facilita o acceso ás CGV, senón que condiciona a súa calidade, sendo clave o deseño de políticas públicas orientadas ao desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a resiliencia industrial. Este traballo conta con 9.833 palabras.

Análise Económico-financeiro de Aluminios Cortizo S.A.
Autoría
N.T.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.T.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
Aluminios Cortizo trátase da empresa líder no sector a nivel nacional na fabricación de perfís de aluminio e PVC. Conta con presenza en 60 países e completa todo o ciclo de produción. No traballo realizaremos unha análise económica-financeira da empresa e do grupo de comparación. A primeira parte tratará da presentación da empresa obxecto de estudo, onde realizaremos tamén unha análise interna e externa da mesma. Posteriormente realizarase unha análise económica-financeira partindo do cálculo de ratios e porcentaxes para o período 2020-2022. Chegamos á conclusión de que Aluminios Cortizo é a empresa máis prometedora das analizadas, basando a súa financiación principalmente en recursos propios. Conta con rendibilidades superiores que as do grupo de comparación que permiten o seu posto como empresa líder no sector a nivel nacional.

A economía social, os centros especiais de emprego sin ánimo de lucro.
Autoría
A.T.C.
Grao en Economía
A.T.C.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
O traballo analiza a economía social (ES) e os centros especiais de emprego (CEE) sen ánimo de lucro en Galicia. A ES baséase en valores de solidariedade e xestión democrática, e creceu como un sector clave na xeración de emprego. Os CEE facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade, promovendo a estabilidade e a inclusión. Porén, enfróntanse a desafíos como a redución do financiamento, a fenda salarial e a adaptación ás novas tecnoloxías. A pesar das dificultades, a ES segue sendo unha ferramenta clave para o desenvolvemento sostible, con oportunidades en sectores emerxentes.
O traballo analiza a economía social (ES) e os centros especiais de emprego (CEE) sen ánimo de lucro en Galicia. A ES baséase en valores de solidariedade e xestión democrática, e creceu como un sector clave na xeración de emprego. Os CEE facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade, promovendo a estabilidade e a inclusión. Porén, enfróntanse a desafíos como a redución do financiamento, a fenda salarial e a adaptación ás novas tecnoloxías. A pesar das dificultades, a ES segue sendo unha ferramenta clave para o desenvolvemento sostible, con oportunidades en sectores emerxentes.
Dirección
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
Tribunal
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
Influencers e moda sostible. O papel dos creadores de contido na transición cara a unha industria da moda máis responsable
Autoría
P.T.M.D.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.T.M.D.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo analiza, desde unha perspectiva teórico práctica, o papel dos creadores de contido en redes sociais como promotores de prácticas sostibles no sector da moda. En primeiro lugar, preséntase un marco teórico que contextualiza os impactos ambientais do modelo de produción e consumo do fast fashion e dos desafíos que enfronta a industria téxtil para avanzar cara a unha maior sustentabilidade. Tamén se inclúen exemplos de marcas que tentan integrar prácticas responsables nos seus procesos de negocio. O segundo bloque teórico céntrase no potencial dos influencers e as redes sociais para concienciar e influír no comportamento dos consumidores. Exponse como estas plataformas poden converterse en ferramentas clave para fomentar un consumo máis ético e responsable. A parte empírica do traballo consiste na análise de 169 publicacións de 12 perfís de influencers (tanto de moda xeral como sostible) durante un período de tres meses. Mediante distintas probas estatísticas, examínanse aspectos como o compromiso, o uso de hashtags sostibles, o tipo de contido e o seu enfoque. Os resultados revelan que os perfís sostibles mostran unha maior coherencia entre o seu discurso e as súas accións, destacando por transmitir mensaxes auténticas e educativas. Pola contra, os perfís de moda xeral tenden a centrarse na promoción constante de tendencias, con menor énfase na sustentabilidade. Conclúese que os influencers poden desempeñar un papel relevante na promoción de prácticas sostibles, sempre que exista unha coherencia entre o discurso e as accións. A comunicación consciente en redes sociais posiciónase así como unha ferramenta clave para avanzar cara a unha industria da moda máis ética e responsable.

Creación de empresa. Mei Li, S.L.
Autoría
G.V.V.D.L.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
G.V.V.D.L.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a viabilidade de crear un centro estético en Vigo que combine a atención presencial co servizo a domicilio, respondendo ao aumento da demanda do sector. Abórdanse aspectos como a análise do entorno, a competencia, o público obxectivo, o plan de marketing, a estimación da demanda e a viabilidade económico financeira. O obxectivo é avaliar se esta proposta pode consolidarse como unha opción rendible, diferenciadora e sustentable no tempo.

CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titoría)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titor do alumno)

Deseñando un experimento: Como afectan as diferenzas de xénero nos factores psicolóxicos ás preferencias polos atributos laborais.
Autoría
O.V.I.
Grao en Economía
O.V.I.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2025 12:45
19.02.2025 12:45
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar como afectan as diferenzas de xénero nos factores psicolóxicos ás preferencias polos atributos laborais. Con esta investigación preténdese analizar se estas diferenzas de xénero nos factores psicolóxicos explican, polo menos en parte, a fenda salarial. Con ese obxectivo, tomarase como base o estudo Preference for the Workplace, Investment in Human Capital, and Gender do ano 2016 de Wiswall e Zafar, co fin de deseñar un experimento que poderá ser realizado no futuro entre o alumnado universitario da Universidade de Santiago de Compostela. Este experimento servirá para contrastar e verificar os resultados do estudo de Wiswall e Zafar. A gran maioría dos estudos actuais que tratan de investigar as diferenzas de xénero nos factores psicolóxicos chegan á evidencia de que atributos como a aversión ao risco ou a fuxida da competencia son trazos que perpetúan a fenda salarial de xénero, obrigando ás mulleres a escoller entornos laborais máis tranquilas que lles permitan unha conciliación familiar. Finalmente, propoñeremos algunhas medidas que poderían implantarse para afrontar a fenda salarial de xénero en función dos resultados que se obteñan no futuro nesta investigación. A extensión deste traballo é de 8.825 palabras.

LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER (Titoría)
LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER (Titoría)
Tribunal
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Presidente/a)
PENA BOQUETE, YOLANDA (Secretario/a)
ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Vogal)

Análise económico-financeira de Aluminios Cortizo, S.A.
Autoría
M.V.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.V.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Aluminios Cortizo, S.A. é unha empresa multinacional galega de carácter familiar, líder actualmente no sector da producción de aluminio. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha análise económico-financeira da empresa no período 2019-2023. Para iso, leváronse a cabo análises verticais e horizontais do Balance de Situación e da Conta de Perdas e Ganancias. Así mesmo, calculáronse diferentes indicadores e ratios que posteriormente foron comparados cos dun grupo de comparación conformado polas principais empresas competidoras no ámbito galego. Con todo iso, elaborouse un diagnóstico da situación actual da compañía e definíronse unha serie de propostas de mellora. O informe estruturouse en catro grandes apartados. No primeiro preséntase a empresa e as súas diferentes características; no segundo inclúese unha análise interna e unha análise externa, para coñecer máis sobre o funcionamento da empresa e as características do sector no que se enmarca. O terceiro apartado engloba a análise económico-financeira e cuarto e último recolle as principais conclusións atopadas. A análise realizada confirma a posición de liderado da empresa dentro do sector, baseada na súa forte capacidade produtiva, presenza internacional e innovación tecnolóxica. Tamén destaca por contar cunha estrutura financeira equilibrada e unha boa rendibilidade financeira. Pola contra, hai varios aspectos que debería mellorar como a súa capacidade de pagamento a curto prazo, a xestión do seu ciclo operativo ou a súa rendibilidade económica, que poderían contribuír a reforzar aínda máis a súa posición competitiva. Este traballo consta de 9.227 palabras.

Análise económico financeira de Volkswagen Group España Distribución, S.A.
Autoría
M.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
A empresa seleccionada para a realización deste traballo é VOLKSWAGEN GROUP ESPAÑA DISTRIBUCIÓN S.A. (en adiante, Grupo Volkswagen España), filial de VOLKSWAGEN AG (en adiante, Grupo Volkswagen). Os principais motivos para esta elección foron a relevancia do grupo dentro do mundo do motor, un sector clave para o desenvolvemento económico. O obxectivo do traballo é analizar a situación económico-financeira do Grupo Volkswagen España e a súa evolución ao longo do período 2019 a 2023. Para iso, realizarase un estudo da capacidade de pagamento da empresa a curto e longo prazo, así como dos niveis de rendibilidade e risco desta. Ademais, definiuse un GC composto por dous dos seus principais competidores co obxectivo de contextualizar a posición da empresa dentro do sector. A partir da análise, elaborarase un diagnóstico da empresa, co fin de coñecer a súa evolución e a súa situación actual. Ademais, formularanse propostas de mellora. Os resultados da análise amosan que a empresa mantén unha estrutura financeira equilibrada, especialmente a curto prazo, unha mellora continua na xestión operativa e unha rendibilidade crecente. Porén, a empresa tamén presenta certas debilidades como unha baixa autonomía financeira e unha elevada dependencia de provedores. Estas conclusións permiten ditaminar áreas clave de actuación co fin de reforzar a súa estabilidade e competitividade no futuro. O traballo consta de 9.981 palabras

Valoración de Activos sen Prezo de Mercado.
Autoría
L.V.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.V.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2025 13:00
19.02.2025 13:00
Resumo
O presente traballo céntrase nos activos sen prezo de mercado, que son aqueles bens que posúen as empresas con capacidade operativa, pero que non contan cun mercado recorrente onde se realicen transaccións habituais e, polo tanto, o seu prezo é máis difícil e complicado de calcular. Actualmente, estes activos son fundamentais no funcionamento das empresas modernas. Estes elementos patrimoniais presentan unha correlación directa co fomento da innovación, a creación de estratexias e a transparencia financeira das empresas, dentro dun contexto sen un mercado aparente, inexacto e sen certeza. Neste estudo ponse o foco nos activos intanxibles, o goodwill ou fondo de comercio, activos especializados, instrumentos financeiros non cotizados e outros bens culturais. Dentro dos citados, realizo un maior énfase nos activos intanxibles e o fondo de comercio, debido a que nun entorno cada vez máis dixitalizado e asentado no coñecemento, son cruciais na creación de valor, o desenvolvemento e as vantaxes competitivas dunha entidade. A análise contable recae no tratamento das normativas contables que describen os criterios de recoñecemento, valoración inicial e posterior. Estas normativas son a NIC-38, dedicada principalmente á definición e recoñecemento inicial dos activos intanxibles; a NIIF-13, determinación do valor razoable; a NIIF-3 relacionada coas combinacións de negocio e a NIC-36, que establece as probas de deterioro de valor para representar unha correcta valoración. O tratamento contable baséase nunha citación e explicación minuciosa da normativa, seguida dunha presentación de casos prácticos simplificados que reflicten, dunha maneira xeral, a valoración destes activos sen prezo de mercado.

TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titoría)
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titoría)
Tribunal
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titor do alumno)

Estudo de mercado do iogur e os postres lácteos en españa: situación actual e perspectivas
Autoría
A.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
O sector dos iogures e postres lácteos en España é un dos que presenta maior crecemento nos últimos anos no mercado español. Isto débese á introdución de novos produtos e á mellora dos xa existentes. O presente estudo ten como obxectivo fundamental a análise do mercado español dos iogures e postres lácteos, así como das súas tendencias, características e particularidades de funcionamento e mercado. Para iso, empregarémonos distintos métodos de análise e fontes de información. Este estudo realizarase con base nunha análise da oferta e a demanda, con datos económicos principais. Esta análise ten como finalidade contextualizar o sector nas súas dimensións reais dentro do panorama internacional e nacional. Para isto, realizarase tamén unha breve análise das principais empresas do sector. Elaborarase un modelo das 5 forzas de Porter, baseado nun estudo do ciclo de vida do produto e unha análise microeconómica empregando a ferramenta DAFO. O intervalo temporal do traballo abranguerá desde 2020 ata 2024, salvo en determinados puntos nos que se empregarán períodos máis amplos para unha análise máis completa. A finalidade de todo isto é estudar a evolución do mercado, cales son as súas tendencias e cara a onde podería evolucionar no futuro. Por último, procederase á extracción das conclusións obtidas e realizarase unha síntese dos resultados acadados e das estimacións proporcionadas por medios de información especializados.

OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titoría)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Fiscalidade Empresarial. Imposto sobre Sociedades e Fiscalidade Internacional. Análise do Imposto Mínimo Global
Autoría
D.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2025 13:00
02.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao aborda, dende unha perspectiva xurídica e técnica, o Imposto sobre Sociedades no Estado español. Analízase nun primeiro momento o seu contexto e evolución, para despois profundar no funcionamento deste tributo. Todo isto realizado dende un punto de vista legal e cuantitativo, aportando datos e estatísticas que axudan a comprender a súa importancia dentro do sistema tributario español. Tamén se trata o concepto da dobre imposición xurídica (internacional) e económica (nacional e internacional), así como os diferentes mecanismos para o seu tratamento que ofrece a Lei 27/2014 do Imposto sobre Sociedades (exencións e deducións). Como complemento, analízase a reforma fiscal do ano 2015 introducida en España principalmente a través da dita lei, que provocou grandes cambios de tendencia no uso dos mecanismos para evitar a dobre imposición. Na parte final do traballo abórdase o problema actual da competencia fiscal entre xurisdicións e o race to the bottom (Oxfam, 2016), unha carreira á baixa nos tipos do Imposto sobre Sociedades que fai que as empresas deslocalicen a súa actividade para reducir o pago de impostos. Así xorde o concepto do Imposto Mínimo Global do 15% (promovido polo G20 e a OCDE). Neste traballo explícase o seu funcionamento e ámbito de aplicación, así como a súa implementación en España mediante a Lei 7/2024. Por último, reflexiónase sobre a efectividade desta reforma como ferramenta para combater a elusión fiscal.

Análise Económico-Financieira de Pazo de Señorans
Autoría
A.V.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.V.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao consiste en realizar unha análise da situación económico-financieira de Pazo de Señorans, S.L., empresa dedicada á elaboración e comercialización de viños albariños con D.O. Rías Baixas e destilados, en menor medida, no mercado rexional. Con este propósito, realizouse unha análise detallada do seu desempeño económico e financieiro para o período de 2021-2023. Para poñer en contexto a súa posición no sector, integrarase un grupo de comparación composto por Pazo de Rubianes, S.L. e Adega Condes de Albarei, S.A.U. A comparación cos seus competidores directos realizarase mediante un estudo dos porcentaxes verticais, horizontais e o cálculo de diferentes ratios económicos e financieiros. Como conclusión, a análise indica que Pazo de Señorans atópase nunha boa posición e que, a longo prazo, podería incrementar súa cota de mercado con respecto aos seus competidores, optando por unha estratexia de diferenciación do produto clara, xa que presenta certas ratios como o marxe BAIT, a ratio de autonomía financieira, de liquidez, de solvencia e tesorería superiores aos seus principais competidores. O traballo consta de 9.689 palabras.

Análise Económico-Financeira de Audax Renovables S.A.
Autoría
D.V.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.V.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Audax Renovables S.A. é un grupo enerxético independente formado por máis de 20 empresas. Actualmente é líder no segmento PEME na produción de enerxía de orixe 100 % renovable en España. Este traballo ten como obxectivo realizar a análise económico-financeira da empresa Audax Renovables S.A. durante o período comprendido entre 2019 e 2023. Para iso, aplicáronse métodos de análise vertical e de tendencias sobre dous dos seus principais estados financeiros: o Balance e a Conta de Perdas e Ganancias. Ademais, os resultados foron comparados cos dun grupo de comparación composto polos principais competidores do sector. Isto permitiu avaliar a situación actual da compañía e propoñer medidas orientadas a optimizar a súa xestión e mellorar o seu rendemento no futuro. O informe estrutúrase en catro seccións principais. En primeiro lugar, preséntase unha descrición xeral da empresa e das súas características máis relevantes. A continuación, realízase unha análise tanto externa como interna, co obxectivo de comprender mellor a estratexia de Audax Renovables S.A. e o entorno no que opera. A terceira parte céntrase na análise económico-financeira propiamente dita e, finalmente, na última sección recóllense as conclusións máis destacadas do estudo.

A evolución do marco operativo do BCE
Autoría
F.V.B.
Grao en Economía
F.V.B.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo examina a transformación do marco operativo do Banco Central Europeo (BCE) e como evolucionou a forma en que implementa a súa política monetaria desde a súa fundación ata a actualidade. O propósito principal é explorar as ferramentas utilizadas pola institución para cumprir co seu mandato de garantir un crecemento de prezos estable así como analizar a forma en que ditas ferramentas se axustaron fronte a diversas crises económicas. O análisis comeza cun marco teórico da política monetaria. Tras isto, realízase unha revisión do enfoque orixinal do BCE centrado en mecanismos convencionais. Posteriormente, abórdase o profundo cambio que tivo lugar a raíz da crise financeira de 2008, momento no que o BCE se viu obrigado a adoptar instrumentos non tradicionais para enfrontar os retos das numerosas crises da última década, como o Covid-19 ou a crise inflacionaria tras a invasión de Ucraína. Tamén se detallan as razóns que impuxeron a adopción destas medidas extraordinarias, así como o seu impacto na redefinición do papel do BCE dentro do panorama económico europeo. Finalmente realízase unha reflexión persoal sobre os aprendizaxes obtidos e unha valoración do proceso de adaptación seguido pola institución ante os retos que enfrentou nos últimos anos.

Publicidade, prezo e neuromarketing: factores no consumo alimentario na infancia
Autoría
I.V.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.V.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2025 12:00
01.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar e comprender como o márketing inflúe no consumo alimentario infantil, centrando a atención en tres variables clave: o prezo, a publicidade e o neuromárketing. A través dunha revisión da literatura científica e de datos estatísticos actualizados, explóranse os principais factores que condicionan os hábitos alimentarios na infancia e o seu impacto na saúde pública. Abórdanse as desigualdades sociais no acceso a unha dieta saudable, evidenciando como o prezo pode ser unha barreira para as familias con menos recursos. Así mesmo, examínase a influencia da publicidade na elección de produtos, especialmente nos menores, que presentan unha maior vulnerabilidade ante as mensaxes comerciais. Finalmente, estúdase o papel do neuromárketing na toma de decisións alimentarias, destacando a súa capacidade para activar respostas inconscientes no consumidor. O traballo salienta a necesidade de políticas reguladoras máis estritas e de estratexias educativas que fomenten hábitos alimentarios saudables dende a infancia. Comprender como operan estas ferramentas de márketing resulta esencial para frear o avance do sobrepeso e da obesidade infantil.