Estudo e investigación sobre as posibilidades da historia da arte no cinema trasladado a un público de secundaria.
Autoría
L.A.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)

Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Neste traballo proponse unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Fundamentos Artísticos. A través da proxección de películas biográficas sobre artistas, preténdese favorecer unha comprensión profunda e contextualizada dos contidos teóricos da materia, así como estimular o pensamento crítico, a reflexión persoal e a apreciación estética. A proposta metodoloxía une o visionado, a análise colectiva das películas e a elaboración de reflexións persoais escritas, co fin de fomentar o diálogo entre a linguaxe audiovisual e a historia da arte. A temporalización flexible das actividades permite a súa inserción natural ao longo do curso, coincidindo cos bloques temáticos correspondentes a cada artista tratado. A proposta sitúase dentro dun enfoque competencial e participativo, #de acordo con os principios da LOMLOE, e busca reforzar a aprendizaxe significativa a través de metodoloxías activas e interdisciplinares.

Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)

Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)

Máis alén da pantalla
Autoría
V.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)

14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
O uso abusivo das redes sociais na adolescencia está a xerar un impacto preocupante no ámbito educativo, afectando negativamente á concentración, ao rendemento académico, ao benestar emocional e ás relacións interpersoais. Esta realidade require unha resposta preventiva e formativa por parte do Departamento de Orientación, dirixida a fomentar un uso consciente e saudable da tecnoloxía. Neste contexto, preséntase unha proposta de intervención educativa baseada nun programa formativo dirixido ao profesorado titor de 1.º da ESO, integrado no marco do Plan de Acción Titorial (PAT). O obxectivo principal deste traballo é capacitar ao profesorado titor para incorporar estratexias de mindfulness nas titorías, fomentando a súa autonomía na prevención da adicción dixital e actuando como extensión da figura do orientador na aula. Deste xeito, tamén se promove a autorregulación emocional e o benestar do alumnado nun marco inclusivo e adaptado á diversidade. A metodoloxía segue un enfoque por programas e está deseñada para ser realista, sostible e transferible ao contexto educativo actual. Con esta proposta preténdese contribuír á formación docente e á innovación pedagóxica nos centros, mediante prácticas que promovan o uso responsable e inclusivo da tecnoloxía no contexto escolar actual.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
O canto coral en educación secundaria. Análise da percepción e da formación do profesorado de música e a súa aplicación nas aulas.
Autoría
D.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
D.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
Esta investigación ten como obxectivo analizar a formación e a percepción dos docentes de música de educación secundaria de Galicia con respecto ao canto coral e o seu uso nas aulas. Para lograr o obxectivo óptase por un deseño metodolóxico mixto empregando como instrumentos de recollida de datos un cuestionario e unha entrevista semiestruturada elaborados ad hoc. A mostra está formada por cento vinte docentes de música de educación secundaria, no caso do cuestionario, e por catro participantes nas entrevistas. Os resultados manifestan que a meirande parte do profesorado recoñece que a súa formación inicial sobre práctica vocal e canto coral é insuficiente e demandan un maior tratamento desta cuestión nos plans de estudo das universidades e conservatorios de música. Así mesmo, tamén consideran necesario unha mellora da formación continua, atendendo ás necesidades do profesorado. Con todo, recoñecen que o canto coral posúe unha serie de beneficios psicosociais e curriculares moi importantes para a adolescencia.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Revisión sistemática dos programas de prevención do consumo de substancias en España: posibilidades e retos do departamento de orientación
Autoría
S.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 09:00
14.07.2025 09:00
Resumo
A adolescencia constitúe unha etapa crítica na que conflúen diversos factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais que incrementan a vulnerabilidade ao consumo de sustancias. A elevada incidencia do consumo de alcohol, tabaco ou cannabis en España evidencia unha necesidade urxente de implementar estratexias preventivas dende os centros educativos, pois representan un contexto ideal para promover hábitos saudables e previr condutas de risco. Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo analizar os programas de prevención implementados no noso país a través dunha revisión sistemática baseada no protocolo PRISMA. Os programas revisados susténtanse en metodoloxías activas para fomentar habilidades sociais, emocionais e cognitivas, así como para limitar a presión que exerce o contexto. En termos xerais, evidénciase un impacto positivo na redución do consumo, tanto se son aplicados por docentes como por profesionais externos/as. Sen embargo, destácase a escasa implicación dos departamentos de orientación, polo que se conclúe que a prevención debe abordarse dende un enfoque integral e transversal, que involucre tamén ás familias e á comunidade, situando ao/a orientador/a como peza clave para garantir a eficacia e continuidade das accións preventivas dentro do centro educativo.

RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
O emprego de tecnoloxías educativas como apoio ao desenvolvemento do pensamento matemático en educación infantil
Autoría
P.B.Q.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
P.B.Q.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado, na modalidade de deseño dunha proposta de intervención, céntrase na etapa de Educación Infantil e no emprego de recursos tecnolóxicos educativos para a aprendizaxe das matemáticas. O obxectivo principal é elaborar unha proposta que fomente o traballo das matemáticas mediante tecnoloxías educativas, a través dun enfoque interdisciplinario, proactivo e afectivo. Inclúe un marco teórico sobre o ensino das matemáticas, o uso da tecnoloxía na aula e os materiais adecuados para esta etapa. A proposta desenvólvese durante o período de prácticas e contén actividades nas que o alumnado interactúa con recursos tecnolóxicos en contextos lúdicos e colaborativos, favorecendo o desenvolvemento da competencia STEAM. A avaliación baséase na observación e en cuestionarios, e permite validar se a proposta promove unha aprendizaxe interdisciplinaria, proactiva e afectiva. Os resultados esperados buscan demostrar como a tecnoloxía pode innovar o ensino das matemáticas desde idades temperás.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)

Campos de conformación da identidade adolescente en conflicto
Autoría
J.F.B.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)

11.09.2025 13:00
11.09.2025 13:00
Resumo
A sociedad actual amosase cunha complexidade e nun estado de cambio permanente e acelerado coma quizáis en ningún outro momento da historia humán. Este marco, no que nacen e se desenvolven as novas xeracións, proporciona condicións pra que diversos campos nos que se conforma a identidade de adolescentes e xóvenes interactúen en conflito. Este traballo, que adopta a modalidade de revisión bibliográfica, ten coma obxetivo desvelar o papel que diferentes campos (o correspondente á familia, á escola, aos pares e aos medios) xogan na formación da identidade dos xóvenes, máis en particular, tratará de desentrañar os conflitos que, entre os citados campos, resultan da fragmentación ou dispersión de valores que manifestan entre sí

PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Vogal)

A Participación das Familias Inmigrantes na Escola. Unha revisión no marco español (2014-2024).
Autoría
L.B.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.B.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster trátase dun estudo sobre a participación das familias inmigrantes na escola. No marco das dinámicas migratorias actuais, a participación e implicación das familias inmigrantes na escola constitúe un factor crave para promover a súa inclusión social e fortalecer a cohesión comunitaria nas sociedades de acollida. O seu principal obxectivo é a análise e a síntese de estudos teóricos e empiricos sobre a cuestión mencionada, no contexto español, durante o últimos dez anos (2014-2024). Para iso, levouse a cabo unha revisión documental, mediante a procura de bibliografía en bases de datos tales como Dialnet, Web of Science ou Scopus, e, tendo en conta, algúns criterios de procura como a acotación temporal e contextual. Tras a realización da análise conclúese outorgando importancia ás Administracións Educativas, o centro escolar, a comunidade educativa e as entidades do terceiro sector como principais ferramentas para a xestión da participación das familias inmigrantes na escola e a súa inclusión na sociedade.

SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
Mulleres e fluxos migratorios: unha análise dende a educación
Autoría
M.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Máster (TFM) céntrase no papel fundamental da educación no procedemento de integración a nivel social, cultural e laboral do colectivo feminino migrante. Para isto, analízanse aspectos como a feminización dos fluxos migratorios, os desafíos socioculturais e o rol activo que desenvolve a educación como unha ferramenta de transformación social e de loita contra as desigualdades. Así, esta investigación plantexase como unha revisión sistemática, a través do uso do método PRISMA, co obxectivo de analizar sistemáticamente a literatura científica existente na relación coa integración do colectivo feminino migrante no contexto europeo, dende unha perspectiva centrada no ámbito educativo. Cabe destacar que a complexidade existente no fenómeno migratorio intensifícase aínda máis no contexto das migracións femininas, as cales foron históricamente invisibilizadas tanto nas motivacións que as impulsan a migrar, como nas características que lles son atribuídas durante o proceso. Dada a súa relevancia, é crucial profundizar en ditas experiencias dende un enfoque pedagóxico, que non só contribua á súa visibilización, senón que tamén cuestione as estructuras patriarcais que condicionaron a representación das experiencias migratorias femininas.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
A titoría na educación secundaria obrigatoria: análise do modelo de acompañamento educativo en centros de ensinanza de Vigo
Autoría
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster analiza a relación educativa entre o profesorado titor e o alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria, con especial atención ao impacto do acompañamento educativo no desenvolvemento do estudantado. A investigación adopta un enfoque mixto, cunha metodoloxía descritiva que combina cuestionarios a 562 estudantes de 3º e 4º da ESO con grupos focais a 27 titores/as de seis centros educativos de Vigo, tanto públicos como concertados. Os resultados evidencian unha valoración positiva do vínculo afectivo co profesorado titor, especialmente en aspectos como a confianza, o respecto e a amabilidade. Con todo, detectáronse áreas de mellora no desenvolvemento de estratexias que fomenten a autonomía, a reflexión persoal e a toma de decisións do alumnado. As rapazas e o alumnado de centros concertados mostran percepcións máis favorables en ambas escalas. O estudo subliña a importancia do estilo educativo democrático e dunha titoría entendida como acompañamento integral, emocional e académico. Conclúese coa necesidade de fortalecer a formación e os recursos do profesorado titor, así como de impulsar cambios nas culturas dos centros que recoñezan e consoliden a súa función como figura clave na construción do proxecto vital do estudantado.

Análise documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela
Autoría
M.F.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.F.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
A igualdade de dereitos e oportunidades está recoñecida internacionalmente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porén, a desigualdade de xénero continúa presente en multitude de ámbitos, na educación ou no laboral. O sistema educativo pode ter un papel fundamental para o fomento de principios e valores nesta dirección. Así, a normativa anima a isto e establece que cada centro elabore un Plan de Igualdade, podendo ser o/a orientador/a educativo/a unha figura clave no seu desenvolvemento. No presente Traballo Fin de Máster lévase a cabo unha investigación documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela para analizar en profundidade a estrutura e as medidas propostas en ditos plans. Os resultados mostran que non se realiza unha análise da situación dos centros e que as medidas propostas non están contextualizadas, senón que tenden a reproducir as recomendadas na normativa que os rexe. Os Plans de Igualdade semellan ser un trámite burocrático que non responde ás necesidades reais, porén, unha proposta contextualizada e ben deseñada podería ser clave no fomento da igualdade de xénero nunha etapa clave.
A igualdade de dereitos e oportunidades está recoñecida internacionalmente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porén, a desigualdade de xénero continúa presente en multitude de ámbitos, na educación ou no laboral. O sistema educativo pode ter un papel fundamental para o fomento de principios e valores nesta dirección. Así, a normativa anima a isto e establece que cada centro elabore un Plan de Igualdade, podendo ser o/a orientador/a educativo/a unha figura clave no seu desenvolvemento. No presente Traballo Fin de Máster lévase a cabo unha investigación documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela para analizar en profundidade a estrutura e as medidas propostas en ditos plans. Os resultados mostran que non se realiza unha análise da situación dos centros e que as medidas propostas non están contextualizadas, senón que tenden a reproducir as recomendadas na normativa que os rexe. Os Plans de Igualdade semellan ser un trámite burocrático que non responde ás necesidades reais, porén, unha proposta contextualizada e ben deseñada podería ser clave no fomento da igualdade de xénero nunha etapa clave.
Dirección
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
(Re)conectar coa música clásica: Deseño dunha proposta de intervención para educación secundaria
Autoría
A.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
A.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Mestrado presenta una proposta didáctica para o ensino da música clásica na educación secundaria, partindo do desinterese que este xénero adoita xerar entre a mocidade. A proposta combina metodoloxías activas e o uso de ferramentas dixitais cun enfoque creativo que vincula a música clásica co contexto e cos intereses do alumnado. Procúrase fomentar a conexión emocional, cultural e artística coa música clásica, promovendo a súa valoración como parte do patrimonio cultural e como ferramenta educativa. As actividades propostas inclúen escoita activa, análise contextual e reinterpretacións creativas, ofrecendo ao alumnado una experiencia dinámica e significativa. Este traballo pretende contribuír á innovación no ensino musical, potenciando competencias como a creatividade, o pensamento crítico e a sensibilidade artística, ao tempo que adapta a música clásica ás necesidades e ás formas de aprendizaxe do século XXI.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
A educación propia como alternativa á Educación Intercultural Bilingüe nos pobos indíxenas do Ecuador: unha revisión sistemática
Autoría
M.J.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.J.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A proposta de educación propia dos pobos indíxenas no Ecuador xorde como un modelo educativo construído desde as comunidades, baseado nos seus saberes, linguas, cosmovisións e formas de organización. A educación propia preséntase como unha alternativa fronte ao sistema educativo oficial, ao que se lle atribúen limitacións estruturais e epistémicas. Co obxectivo de coñecer as características e singularidades pedagóxicas do modelo de educación propia e a súa relación coa Educación Intercultural Bilingüe (EIB), realizouse esta investigación documental. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura científica, seguindo o protocolo PRISMA 2020. A busca realizouse nas bases de datos (RedALyC, FLACSO Andes e Dialnet), priorizando documentos en castelán, de acceso aberto e con pertinencia temática directa. Os resultados mostran que a educación propia xorde como unha estratexia de resistencia fronte á exclusión histórica e cultural exercida polo sistema educativo estatal. Identifícanse como principais deficiencias da EIB a verticalidade institucional, o colonialismo epistémico e a perda de lexitimidade. En contraste, a educación propia baséase na xestión comunitaria, no uso de linguas orixinarias, na recuperación de saberes ancestrais e no deseño curricular participativo. Conclúese que a educación propia no Ecuador non só representa unha alternativa pedagóxica, senón unha estratexia educativa vencellada á autodeterminación, á autonomía territorial e ao fortalecemento identitario dos pobos indíxenas.

VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)

Variables familiares e conductas de acoso escolar nos/as menores: unha revisión sistemática
Autoría
M.D.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.D.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 09:15
15.07.2025 09:15
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster realízase unha revisión sistemática centrada na análise do acoso escolar ou bullying dende unha perspectiva familiar, abordando o xeito no que distintas variables do entorno familiar inflúen na aparición e desenvolvemento destas condutas nos/as menores. Partindo do recoñecemento da familia como o primeiro axente de socialización, esta investigación busca examinar a influencia que teñen no desenvolvemento de condutas de bullying tanto as variables familiares contextuais (composición familiar, estatus socioeconómico, nivel educativo parental e situación laboral parental) como as dinámicas (comunicación e mediación parental, estilo educativo parental, vínculos e clima familiar, e maltrato e violencia). Para isto, lévase a cabo unha revisión sistemática baseada no modelo PRISMA que inclúe 56 estudos publicados nos últimos cinco anos e extraídos das bases de datos Web of Science, Scopus e ERIC. Os resultados confirman unha relación directa entre as variables familiares, especialmente as dinámicas, e as condutas de acoso escolar. Entre os factores máis destacados atópanse o estilo educativo parental, os vínculos afectivos, o tipo de comunicación e a presenza de violencias no entorno familiar. Estes achados poñen de manifesto a necesidade de promover estratexias de intervención socioeducativa que reforcen o papel protector da familia, recoñecendo a súa importancia na prevención e abordaxe do bullying dende unha perspectiva integral.

QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)

Vídeo Mapping como ferramenta educativa: Proposta para o Módulo de Animación Visual en Vivo no Ciclo de FP tecnico en Vídeo Disc- jockey e Son
Autoría
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 09:00
14.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón o deseño dunha programación didáctica innovadora para o módulo de Animación Visual en Vivo do ciclo de Vídeo Disc-Jockey e Son. A proposta céntrase no uso do vídeo mapping como ferramenta educativa, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento de competencias técnicas e creativas no alumnado. O traballo inclúe a planificación detallada das sesións, con actividades prácticas que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en proxectos audiovisuais reais. Ademais, a proposta busca reforzar a capacidade de traballo en equipo e a creatividade, permitindo que o alumnado explore novas formas de expresión a través das tecnoloxías dixitais aplicadas á creación visual.

Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Proxecto de intervención educativa: Redeseñar un espazo escolar a través da arte.
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.F.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 16:30
16.07.2025 16:30
Resumo
Se parte da necesidade de repensar o espazo educativo co fin de fomentar unha convivencia escolar positiva. Redefinir o patio educativo implica crear un lugar de aprendizaxe e convivencia, ofrecendo ao alumnado un espazo onde as relacións entre iguais, a creatividade e o respecto mutuo sexan fundamentais. Con iso, preténdese demostrar como a arte, desde unha perspectiva pedagóxica, pode non só transformar espazos físicos, senón tamén as dinámicas dentro da comunidade educativa. Para conseguir estes obxectivos o traballo centrarase na transformación do patio educativo, a través da educación artística. Por iso, a modalidade elixida é a de proxecto de intervención para poder levar a cabo nunha aula de Educación Primaria. Exporanse distintas actividades nas que o alumnado poida converterse en parte do proceso e obter así unha aprendizaxe significativa, promovendo valores e aspectos como a igualdade e a inclusión.

Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
O malestar da xuventude na actualidade. Profundizando como persoa orientadora.
Autoría
S.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o malestar xuvenil contemporáneo desde unha perspectiva interdisciplinaria centrada na Orientación Educativa. A través dunha revisión documental crítica de fontes académicas, examínanse os factores estruturais y culturais que inflúen no sufrimiento psicosocial da xuventude. O traballo sitúa o fenómeno no contexto da modernidad tardía, caracterizada polo individualismo neoliberal, a precariedade laboral, a fragmentación identitaria e a perda de referentes colectivos. Plantéxase que o malestar non é un fenómeno exclusivamente individual ou clínico, senon unha expresión contextual de desigualdades estructurais e expectativas socioculturais inalcanzables. Desde a figura do/a orientador/a educativo/a, proponse unha intervención crítica e contextualizada que promova espaxos de acompañamento e resignificación. Asimesmo, abógase por unha politización do malestar que permita transformar o sufrimiento individual en acción colectiva. O documento conclúe subraiando a necesidade de reforzar os vínculos comunitarios, repensar a función orientadora e xerar novas narrativas educativas que reconozan á xuventude como suxeito colectivo activo. A pesar das súas limitacións metodolóxicas, o estudio ofrece un marco interpretativo valioso para a análise e a intervención educativa fronte ás manifestacións do malestar xuvenil en sociedades atravesadas por lóxicas neoliberais.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)

A influenza da vulnerabilidade social no desenvolvemento académico durante a adolescencia
Autoría
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
A adolescencia caracterízase por ser unha etapa complexa para o desenvolvemento do alumnado. Está influenciada por factores que afectan á persoa nas diferentes áreas, especialmente ás que se atopan nunha situación de vulnerabilidade social. O obxectivo foi analizar a influenza de ser inmigrante, posuír baixo nivel socioeconómico ou pertencer a familias disfuncionais no desenvolvemento académico durante a adolescencia. Para isto, realizouse unha investigación documental seguindo a guía Prisma, a través de diferentes bases de datos, revisando a literatura nacional e internacional. Entre os principais resultados atopouse que os principais factores que inflúen no desenvolvemento académico do alumnado inmigrante son o status migratorio, a escolarización interrompida e o descoñecemento lingüístico. O baixo nivel socioeconómico vincúlase cun acceso reducido a recursos e oportunidades educativas, e coa baixa formación dos/as proxenitores/as. No relativo ás familias disfuncionais, encontráronse o consumo de substancias, a violencia doméstica e a separación familiar como factores principais. É necesario formar ao profesorado para intervir co alumnado vulnerable, sendo importante desenvolver accións educativas inclusivas. Conclúese que, aínda que o traballo aborda factores relevantes para a equidade educativa, é preciso seguir indagando sobre factores influentes na disfuncionalidade familiar e estudar a coordinación entre o profesorado e orientadores/as.

Deseño dunha proposta de intervención orientadora desde a acción titorial destinada ao alumnado de 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): Toma de decisións para o desenvolvemento da carreira.
Autoría
G.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
G.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 16:00
14.07.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado ten como obxectivo o deseño dunha proposta de intervención orientadora, enmarcada na acción titorial, dirixida ao alumnado de 3.º e 4.º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), centrada na toma de decisións para o desenvolvemento da carreira. Esta proposta fundamentase nun modelo integrador de titoría e orientación, que favorece unha aprendizaxe profunda e significativa, adaptábel á diversidade de estilos de aprendizaxe do alumnado. Partese da premisa de que a educación secundaria debe preparar para a vida non só desde a formación académica, senón tamén desde unha perspectiva persoal, social e profesional. Por iso, promóvese o desenvolvemento de competencias, habilidades e destrezas que faciliten a transición á vida adulta con madurez e autonomía. Así mesmo, contémplase a participación activa da comunidade educativa na educación para a carreira, incluíndo o ámbito laboral, empresarial e institucional, así como a implicación das familias, asociacións e outros axentes sociais relevantes. Esta sinerxía contribúe a unha orientación máis contextualizada, realista e efectiva.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)

Análise da presenza das 4C da metodoloxía AICLE dentro da aula de Educación Plástica e Visual: Estudo de caso
Autoría
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A metodoloxía AICLE é un enfoque educativo cuxo obxectivo é a aprendizaxe da lingua estranxeira a partir de materias non lingüísticas. Así, avánzase simultaneamente nos contidos curriculares e no dominio da lingua estranxeira, fomentando a competencia comunicativa. O seu emprego implica ter en conta catro aspectos fundamentais para o deseño das actividades, as 4C: o Contido, a Cognición, a Comunicación e a Cultura. Neste traballo analízase a presenza das 4C na Educación Plástica e Visual impartida en lingua inglesa a través da metodoloxía AICLE nun centro público de Santiago de Compostela. Isto levarase a cabo en catro grupos diferentes do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, nos que se analizarán as actividades propostas e a interacción docente-alumnado, utilizando para iso fichas de observación, gravacións de audio e a propia observación na aula.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)

Aproximación á situación educativa e social da comunidade senegalesa en Galicia
Autoría
O.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
O.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 10:15
15.07.2025 10:15
Resumo
O tema das migracións é un dos máis perentorio no mundo globalizado no que vivimos e España converteuse nas últimas décadas nun país receptor de inmigración. De feito, a poboación española sitúa a inmigración nun dos primeiros postos dentro das súas preocupacións nas enquisas periódicas do CIS. O colectivo de persoas estranxeiras africanas é un dos máis numerosos entre a poboación estranxeira en España e, con todo, uns dos grupos menos investigados. Dentro deste marco Senegal é o terceiro país africano que maior número de inmigrantes achega a España, por detrás de Marrocos e Alxeria. Por todo iso, esta investigación céntrase en xerar coñecemento acerca da situación educativa e social da comunidade senegalesa en Galicia, que conta con case 3.350 membros, dos cales pouco máis do 20% son mulleres. É de interese para o estudo a situación da primeira xeración, polo que a mostra está composta de persoas adultas de entre 18 e 50 anos que residen en España desde fai, como mínimo, un ano. A metodoloxía desenvólvese cun enfoque mixto, combinando técnicas cualitativas e o cuantitativas. É unha análise descritiva que lanza resultados de interese para futuras investigacións vinculadas ao perfil educativo dos/as participantes, a formación desenvolvida en Galicia, as súas expectativas e as implicacións para a súa integración. Ademais, faise evidente a necesidade de implementar políticas educativas, sociais e administrativas que faciliten a inclusión e a relación co sistema educativo da poboación migrante.

OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA Cotitoría
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA Cotitoría
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
O impacto da aprendizaxe cooperativa no rendemento académico do estudantado de educación secundaria: unha revisión sistemática.
Autoría
S.H.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
S.H.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster lévase a cabo unha revisión sistemática da litratura coa que se analiza o impacto da aprendizaxe cooperativa no rendemento académico do alumnado de secundaria. A aprendizaxe cooperativa é unha metodoloxía de ensinanza que favorece a interacción entre grupos de estudantes para a consecución de logros comúns na aula, favorecendo a cohesión e integración dos/as estudantes, o pensamento crítico, o desenvolvemento de habilidades sociais e cognitivas e a aprendizaxe autónoma, entre outros. O seu obxectivo principal é identificar como esta metodoloxía de ensinanza contribúe ao logro educativo, identificando os fundamentos teóricos desta metodoloxía, analizando a súas características e estruturas, examinando a relación que ten co rendemento académico e determinando os principais factores que facilitan ou dificultan a súa aplicación. A investigación levouse a cabo a través dunha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA, empregando as bases de datos Web of Science e Scopus. Posteriormente, e para a análise dos documentos empleouse a base de datos Parsifal. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión determinados con anterioridade, obtívose unha selección de 17 estudos que tratan a relación entre a aprendizaxe cooperativa e o rendemento académico en distintas áreas do currículo de educación secundaria. Os resultados amosan que a aprendizaxe cooperativo impacta de forma positiva no rendemento académico do alumnado de secundaria, principalmente cando se implementa seguido dunhas estruturas definidas, con roles ben definidos e cunha guía e apoio docente ao longo do proceso.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
A Identidade Profesional do estudantado de educación en Galicia: Un estudo exploratorio
Autoría
C.I.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
C.I.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto marcado pola precariedade laboral e o descoñecemento social dalgunhas profesións educativas, este traballo explora a construción da identidade profesional do estudantado universitario en Galicia. O seu obxectivo principal é analizar como factores como a autopercepción, o autoconcepto, a cultura institucional, as prácticas profesionais e o contexto sociolaboral inflúen na configuración desta identidade en graos vinculados á educación. A metodoloxía responde a un estudo descritivo-exploratorio que combina revisión bibliográfica e análise empírica, mediante un cuestionario deseñado especificamente para o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Entre os principais resultados, destaca a existencia dunha fenda entre a formación académica e a realidade profesional, a escasa visibilidade de titulacións como Pedagoxía ou Educación Social, e a tensión entre vocación e empregabilidade. Tamén se constata o papel determinante da universidade na consolidación dunha identidade profesional crítica, reflexiva e socialmente comprometida. O estudo conclúe reivindicando unha formación superior que promova valores éticos, pensamento crítico e conciencia social.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Art-educación como ferramenta transformadora fronte aos desafíos climáticos: unha proposta educativa para xerar conciencia.
Autoría
M.L.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.L.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 16:00
14.07.2025 16:00
Resumo
A arte, alén da súa dimensión estética, constitúe unha poderosa ferramenta educativa capaz de provocar reflexións profundas, activar conciencias e transformar realidades. No marco do presente Traballo de Fin de Mestrado afóndase na análise do valor educativo da creación artística como vehículo para a sensibilización ambiental, a través do deseño, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica posta en práctica nun centro de Educación Primaria. Concibida desde unha perspectiva interdisciplinar e sustentada na metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a intervención aséntase sobre un corpo teórico sólido no que converxen a educación artística e a educación para a sustentabilidade. Durante a mesma, o alumnado implicouse na análise de problemáticas ambientais actuais, elaborando creacións plásticas que emerxeron da reflexión compartida e do traballo colaborativo. A análise dos resultados obtidos pon de manifesto a capacidade da arte para vehicular mensaxes significativas e fomentar actitudes transformadoras.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)

As Escolas Comunitarias en Senegal: Unha análise da escola comunitaria de Sinthiou Diamé
Autoría
D.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
D.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
As escolas comunitarias constitúen experiencias que buscan unha transformación educativa e social, mediante unha educación crítica, creativa, que fomente a resolución de problemas e que promova a adquisición de coñecementos básicos, tanto individuais como colectivos. O seu papel non se limita unicamente a mellorar o acceso e a calidade educativa, senón que tamén permite ás comunidades aplicar estes coñecementos adquiridos na súa vida cotiá co-mo actores e non como simples beneficiarios. O estudo que se presenta ten como obxectivo xeral analizar desde diversas perspectivas as escolas comunitarias do Senegal en xeral e, en particular, o funcionamento, os desafíos e as contribucións da Escola Comunitaria Sinthiou Diamé, co fin de comprender o seu papel no acceso á educación básica, a súa vinculación coa comunidade local e a súa importancia co-mo modelo alternativo en contextos rurais e vulnerables. Para a realización desta análise, un estudo de caso, baseámonos nun enfoque cualitativo con un paradigma interpretativo, baseado na análise de documentación institucional, informes de ONGs e estudos académicos. Para garantir a validez da análise, empregamos a técnica da triangulación de fontes e unha análise de contido temático. Esta análise permitiu evidenciar a importancia da participación comunitaria no funciona-mento das escolas comunitarias, así como os desafíos e limitacións que enfrontan para a súa sustentabilidade. Tamén mostra o impacto da escola comunitaria na comunidade local, re-presentando unha alternativa fundamental naquelas zonas rurais e suburbanas onde aínda existen fendas na equidade educativa dentro do sistema senegalés.

O impacto da musicoterapia en alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo.
Autoría
A.M.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.M.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 17:30
16.07.2025 17:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da eficacia da musicoterapia como ferramenta educativa e terapéutica para nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A través dunha revisión sistemática de 18 estudos científicos recentes recollidos da base de datos de SCOPUS, e coa súa análise a partir de categorías e subcategorías deseñadas para a mesma, identifícanse melloras significativas nas áreas da comunicación, da interacción social, da regulación emocional e das habilidades cognitivas, así como outros aspectos importantes a analizar. Utilizáronse métodos cualitativos, cuantitativos e mixtos, destacando o uso de ensaios controlados aleatorizados (ECA), dos cales resultaron o efecto positivo da aplicación da musicoterapia tanto en contextos escolares como clínicos, destacando á súa vez o seu valor como intervención inclusiva. A musicoterapia preséntase entón como unha estratexia eficaz e motivadora que favorece o desenvolvemento integral do alumnado con TEA.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)

Escola de familias, un proxecto de innovación para reforzar o vínculo co centro educativo
Autoría
E.N.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
E.N.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 13:30
14.07.2025 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado presenta unha proposta de intervención dirixida a fortalecer a Escola de Familias dun instituto público de Santiago de Compostela, en colaboración co Departamento de Orientación. O proxecto parte dunha análise de necesidades, respaldada tanto por un marco teórico e lexislativo actualizado, como polo coñecemento práctico do contexto escolar. Máis alá do enfoque tradicional, apóstase por unha iniciativa innovadora que combina a elaboración de materiais didácticos co diseño de recursos específicos; incluíndo unha plataforma dixital e un foro participativo para mellorar a comunicación coas familias. As actividades plantexadas a partir dos obxectivos formulados, abordan de forma directa problemáticas detectadas como o emprego das redes sociais, a orientación vocacional, os hábitos de estudo e o fomento da autonomía. Esta proposta busca, en definitiva, consolidar un espazo eduactivo aberto e dinámico que reforce o vínculo entre o centro educativo e as familias; tratándose de esta forma dunha proposta viable, contextualizada e con potencialidade de continuidade e mellora.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
Escolas promotoras de saúde: rutinas activas na aula de educación infantil.
Autoría
A.O.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.O.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 17:30
16.07.2025 17:30
Resumo
A Educación Infantil constitúe unha etapa clave para o desenvolvemento integral das crianzas. O movemento e a actividade física contribúen ao desenvolvemento integral dos nenos/as, a nivel físico, cognitivo, emocional e social/relacional. Este estudo tivo como obxectivo avaliar a eficacia dunha intervención baseada en descansos activos nunha aula multigrao de 9 nenos/as co fin de promover rutinas máis activas no contexto educativo. A investigación, de carácter descritivo e transversal, utilizou como instrumento o podómetro-acelerómetro Onwalk One Plus, que rexistrou datos de pasos realizados e distancias recorridas. Os resultados amosaron que os descansos activos son unha estratexia eficaz para aumentar o movemento dos nenos/as na aula. O seu impacto na mellora da condición física non é decisivo, pero si contribuíron a presentar unha xornada escolar máis activa, favorecendo a promoción da saúde. Finalmente, elaboráronse materiais didácticos en forma de recursos audiovisuais para que poidan ser empregados por outros docentes.

Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)

As disidencias sexuais na LIX en galego: a súa integración nas aulas de Educación Primaria
Autoría
E.P.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
E.P.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Esta investigación presenta un estudo de caso a partir da intervención nunha aula de Educación Primaria a través da lectura e manipulación de seis obras cunha temática ou personaxes pertencentes ao colectivo LGBT+. Realizáronse diferentes tarefas grupais e individuais de forma autónoma co obxectivo de provocar unha reflexión que afondase na realidade das disidencias sexuais, para poder avaliar a existencia, ou non, do impacto de dita intervención. Para isto, comparáronse as súas opinións e coñecementos iniciais cos finais, buscando a importancia da literatura como medio, transmisor e referente destas realidades invisibilizadas.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)

Reparación do dereito á educación para das mulleres vítimas no posconflito. O caso da Ruta Pacífica das mulleres
Autoría
A.A.P.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.A.P.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 11:15
15.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo final do Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario vinculado á liña de investigación Pedagoxía social, educación social e áreas de intervención socioeducativa, céntrase na reparación educativa para mulleres vítimas do conflito armado, que experimentaron a vulneración do dereito á educación no contextos do violencia sociopolítica. Examínase o caso do movemento feminista A Ruta Pacífica das Mulleres para entender o seu papel na reparación integral das vítimas en Colombia. Mediante unha revisión sistemática adaptada do manifesto PRISMA 2020 proposto por Tricco et. Al. (2018), analízanse políticas, programas e accións educativas entre 2013 e 2023. A revisión revela que, aínda que se recoñece a importancia das mulleres como axentes clave nos procesos educativos, de memoria, xustiza e verdade tras o acordo de paz de 2016, as políticas, programas e actividades existentes son insuficientes, carecen de efectividade e, por parte dos gobernos locais, falta de vontade política para a súa implementación. A partir dos achados da revisión e do Informe Final: Hay Futuro si Hay Verdad Vol. VII, Hallazgos y Recomendaciones da Comisión da Verdade (2022), pódese afirmar que a reparación integral está lonxe aínda de ser efectiva para os 9.681.288 de persoas que foron recoñecidas como vítimas pola Unidade para as Vítimas, sendo o 50,2 % mulleres. Finalmente, preséntanse conclusións que se centran no recoñecemento da reparación educativa á poboación na que se centra este traballo final e ao labor da Ruta Pacífica en clave de reparación educativa, o que leva a propoñer liñas de investigación que poden ser desenvolvidas nunha Tese Doutoral.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Análise das representacións das masculinidades disidentes na LIX galega: cara unha deconstrución na Educación Primaria
Autoría
D.P.D.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
D.P.D.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
As masculinidades disidentes lanzan unha chamada de auxilio desde idades temperás, afogadas nun sistema de sexo-xénero que impón o seu silencio e marxinación. O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda a necesidade de repensar os modelos de masculinidade presentados ao alumnado, especialmente na etapa de Educación Primaria a través da investigación-acción. A intervención educativa sostense na idea de que a literatura infantil e xuvenil é capaz de ofrecer unha nova maneira de ler a sociedade grazas as obras, as personaxes e a súa pertinente reflexión, fuxindo dos discursos dominantes que imperan nas realidades do alumnado. Os resultados da intervención -materializados nunha obra artístico-literaria- evidencian o impacto de metodoloxías innovadoras sensibles a estas realidades en prol de crear un mundo máis xusto que fuxe da violencia entre iguais.
As masculinidades disidentes lanzan unha chamada de auxilio desde idades temperás, afogadas nun sistema de sexo-xénero que impón o seu silencio e marxinación. O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda a necesidade de repensar os modelos de masculinidade presentados ao alumnado, especialmente na etapa de Educación Primaria a través da investigación-acción. A intervención educativa sostense na idea de que a literatura infantil e xuvenil é capaz de ofrecer unha nova maneira de ler a sociedade grazas as obras, as personaxes e a súa pertinente reflexión, fuxindo dos discursos dominantes que imperan nas realidades do alumnado. Os resultados da intervención -materializados nunha obra artístico-literaria- evidencian o impacto de metodoloxías innovadoras sensibles a estas realidades en prol de crear un mundo máis xusto que fuxe da violencia entre iguais.
Dirección
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)
Aprender coa tecnoloxía: unha revisión do uso das TIC na educación secundaria española.
Autoría
L.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 17:00
14.07.2025 17:00
Resumo
A incesante evolución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) está a transformar o panorama educativo, xerando un cambio de paradigma que posibilita novas modalidades de ensinanza-aprendizaxe. Neste contexto de transformación dixital, o presente Traballo Fin de Máster pretende abordar a relación entre o emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas aulas de secundaria a aprendizaxe do alumnado. Para este fin, realízase unha revisión documental da evidencia científica actual no contexto español, centrándose na incorporación das tecnoloxías ao eido escolar para analizar os seus efectos na adquisición de coñecementos dos e das adolescentes. Os resultados acadados evidencian o impacto positivo das tecnoloxías cando estas son integradas con metodoloxías activas, xa que contribúen á adquisición de aprendizaxes máis contextualizadas, personalizadas e significativas.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Proposta de intervención para mellorar a motivación escolar dos e das adolescentes a través da educación emocional
Autoría
A.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 18:00
14.07.2025 18:00
Resumo
A motivación no ámbito educativo é unha cuestión pouco traballada por diversos motivos, entre eles a falta de formación do profesorado neste aspecto para facerlle fronte. Así mesmo, a educación emocional resulta fundamental para un axeitado desenvolvemento integral do alumnado e, por tanto, tamén o é para incrementar a súa motivación intrínseca no eido escolar. Por iso, a importancia deste traballo radica na necesidade de non esquecer o benestar e o axeitado desenvolvemento integral dos e das mozos e mozas, para que teñan a oportunidade de transitar pola súa etapa escolar de maneira positiva. Así, este traballo xustifícase neste contexto e con el preténdese deseñar un proxecto de intervención para fomentar a motivación escolar do alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia e, ademais, proxectar a importancia da educación emocional na motivación e no éxito académico do alumnado.
A motivación no ámbito educativo é unha cuestión pouco traballada por diversos motivos, entre eles a falta de formación do profesorado neste aspecto para facerlle fronte. Así mesmo, a educación emocional resulta fundamental para un axeitado desenvolvemento integral do alumnado e, por tanto, tamén o é para incrementar a súa motivación intrínseca no eido escolar. Por iso, a importancia deste traballo radica na necesidade de non esquecer o benestar e o axeitado desenvolvemento integral dos e das mozos e mozas, para que teñan a oportunidade de transitar pola súa etapa escolar de maneira positiva. Así, este traballo xustifícase neste contexto e con el preténdese deseñar un proxecto de intervención para fomentar a motivación escolar do alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia e, ademais, proxectar a importancia da educación emocional na motivación e no éxito académico do alumnado.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Efectos das saídas á contorna na aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria: unha proposta de integración de Ciencias Sociais e Educación Física
Autoría
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 18:30
16.07.2025 18:30
Resumo
As saídas didácticas á contorna son unha ferramenta pedagóxica fundamental para promover unha aprendizaxe integral no alumnado de Educación Primaria. Por este motivo, este Traballo de Fin de Máster engloba, a través dunha fundamentación teórica, tres piares interrelacionados que contribúen a unha formación transversal do alumnado, tales como a educación ao aire libre, a educación patrimonial e a práctica de actividade física en contextos naturais. Esta proposta consta dunha parte práctica dirixida a estudantes de terceiro de primaria onde, por medio dunha saída ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, preténdese a adquisición de coñecementos patrimoniais e de actividade física, así como un aumento de motivación froito do contacto coa contorna. Os resultados evidencian un aumento de aprendizaxes e de interese dos estudantes, tanto na área de Ciencias Sociais, como na de Educación Física, confirmando a eficacia das saídas didácticas.

ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
Cara a unha educación inclusiva: análise da accesibilidade en centros escolares da comunidade autónoma de Galicia
Autoría
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Cando falamos de educación inclusiva facemos referencia a unha “educación para todos e todas”, que non segregue a ningún alumno/a por causa de discapacidade física, psíquica, e/o sensorial, nin tampouco por motivos de incorporación tardía ao sistema educativo, motivos económicos, de cultura, raza, xénero, entre outros. A inclusión real do alumnado no sistema educativo, por tanto, non é compatible coa existencia de barreiras arquitectónicas, pois estas limitan, dificultan ou impiden a liberdade de movementos das persoas no que se refire ao acceso e ao desprazamento. Por este motivo, a través da realización do presente traballo de fin de máster preténdese analizar, desde un punto de vista descritivo en que situación atópanse os centros educativos da comunidade autónoma de Galicia respecto a as barreiras arquitectónicas e á accesibilidade. O traballo divídese en dous partes. Na primeira establécese o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados coa accesibilidade, inclusión, barreiras arquitectónicas etc., así como a normativa e lexislación vixente en relación coa creación de centros accesibles. Na segunda parte preséntanse os resultados da investigación.

MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Violencia sexual dixital na mocidade: recursos para a prevención e intervención educativa na ESO
Autoría
C.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
C.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 16:00
15.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da violencia sexual dixital na adolescencia como unha forma de violencia emerxente que afecta directamente á convivencia escolar, á saúde emocional do alumnado e á construción de relacións igualitarias. Enmarcado na especialidade de Orientación Educativa, e partindo dun enfoque preventivo, deséñase unha proposta de intervención dirixida ao contexto da educación secundaria, implicando de forma activa a toda a comunidade educativa. O seu obxectivo principal é dotar a profesorado, alumnado e familias de ferramentas que sirvan para comprender, previr e afrontar situacións de violencia sexual dixital. Para iso, proponse a creación dun banco de recursos pedagóxicos accesible para a comunidade educativa, complementado cun ciclo de obradoiros formativos de carácter participativo, e adaptado ás características de cada colectivo. En conclusión, este traballo reforza a necesidade dunha escola comprometida co coidado e a construción de contornas seguras, recoñecendo os límites, pero tamén o potencial transformador dunha comunidade implicada e consciente co progreso dixital.

MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)

Afrontar o cambio climático: a ansiedade climática entre o alumnado de secundaria
Autoría
M.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 17:00
15.07.2025 17:00
Resumo
A cuestión climática está a recibir cada vez máis atención en todos os ámbitos da sociedade. Como consecuencia, este tema foi gañando presenza tamén nos currículos educativos. No estudo das súas consecuencias, máis alá das ambientais, están as repercusións na saúde mental. Recentemente foron introducíndose termos como ansiedade climática ou eco-ansiedade. Múltiples estudos suxiren que a mocidade é a poboación máis vulnerable a esta afectación, aínda que non queda claro se esta vulnerabilidade conduce a unha predominancia en mozos e mozas de problemas de ecoansiedade. Neste traballo realizouse unha investigación cuantitativa co obxectivo de coñecer a resposta emocional e a eco-ansiedade que produce o fenómeno antropoxénico do cambio climático na rapazada de secundaria. Avaliáronse as emocións asociadas ao cambio climático, a eco-ansiedade, a experiencia subxectiva do cambio climático e o compromiso condutual a través de escalas validadas, e realizáronse análises descritivas, de correlación, de diferenzas de medias e de varianza. Os resultados amosaron un nivel moi baixo de eco-ansiedade e un predominio de emocións neutrais sobre o cambio climático, así coma unha mínima percepción das súas consecuencias na contorna. Porén, observouse un certo grao de condutas proambientais na esfera privada, sendo as mulleres as que se amosaron máis preocupadas e reportaron unha maior iniciativa a levar a cabo condutas proambientais. Ademais, observouse que a experiencia do cambio climático e a preocupación e ansiedade climática estaban relacionadas co compromiso condutual, o que suxire que fomentar certa preocupación climática na xuventude pode servir como motor para a acción. Estes resultados apuntan á necesidade de traballar a conciencia ambiental nos centros educativos desde unha perspectiva que aborde as súas causas, consecuencias e medidas de acción climática, adaptándose á realidade e capacidades do alumnado.

De qué maneira os estereotipos presentes na educación afectan á creatividade e a imaxinación nunha aula de Educación Infantil e nunha de Primaria
Autoría
M.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 17:00
14.07.2025 17:00
Resumo
Este traballo de investigación ten como finalidade analizar como inflúen os estereotipos, presentes na sociedade, no desenvolvemento da creatividade no contexto educativo, así como comprender a súa implicación no proceso educativo. Así mesmo, realizarase unha comparativa entre dous grupos de alumnado: un de 4º de Educación Infantil e outro de 2º de Educación Primaria, co fin de observar a evolución da creatividade nesas etapas educativas. Preténdese tamén identificar e comprender a influencia dos estereotipos sociais nas producións dos nenos e nenas. Analizando ditas producións realizarase unha observación comparativa tentando dar resposta á cuestión central que ten por título este traballo, reflexionando así sobre a importancia do traballo con metodoloxías baseadas nas artes para poder conservar un pensamento creativo e crítico e limitar a presenza de estereotipos nas producións infantís.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
Relación entre a exposición á pornografía e as actitudes e expectativas sexuais do alumnado de secundaria e bacharelato
Autoría
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 18:00
15.07.2025 18:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo analizar a relación entre a exposición á pornografía e as actitudes e expectativas sexuais do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. A través dun deseño cuantitativo, recompiláronse datos de 151 estudantes de entre 14 e 19 anos pertencentes a un instituto galego mediante cuestionarios anónimos online. Avaliouse o perfil de consumo pornográfico, as actitudes sexuais e a autoestima. Os resultados revelaron unha prevalencia importante no consumo de pornografía, a influencia da orientación sexual na adhesión a actitudes sexuais sexistas e violentas, así como unha asociación significativa entre o consumo e a adhesión a ditas actitudes. Pola súa banda, a autoestima só se relacionou significativamente co consumo de pornografía violenta nos homes heterosexuais. Os resultados poñen de manifesto a necesidade de replantexar a educación sexual desde un enfoque inclusivo, crítico e con perspectiva de xénero. Neste sentido, a orientación educativa preséntase como unha peza clave para o deseño e a implementación de intervencións que promovan un desenvolvemento afectivo-sexual saudable, respectuoso e libre de violencia entre a adolescencia.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
A cartografía social como ferramenta didáctica desde a educación ambiental no proceso de rehabilitación ambiental das Pontes de García Rodríguez
Autoría
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster orientase cara ao desenvolvemento dunha metanarrativa gráfica fundamentada na cartografía social como ferramenta didáctica para a avaliación crítica do proceso de transformación ecolóxica e urbana asociada á rehabilitación ambiental do espazo anteriormente ocupado pola mina das Pontes de García Rodríguez (Galicia). A investigación inscríbese no cruzamento entre educación ambiental, cartografía social e desenvolvemento comunitario, xustificada tanto pola vinculación persoal co espazo como pola vontade de articular os saberes disciplinares e metodolóxicos adquiridos durante o curso na súa dimensión socioeducativa. Desde unha perspectiva metodolóxica, adóptase un enfoque cualitativo que combina entrevistas semiestructuradas a actores clave do territorio e técnicas de fotointerpretación cara á construción de cartografías participativas adaptadas da metodoloxía de mapeo situado desenvolvida polo colectivo Iconoclasistas. A análise da información realizouse mediante o software ATLAS.Ti e por medio dunha análise DAFO espacial, co obxectivo de identificar discursos, percepcións e tensións en torno á apropiación da nova paisaxe postmineira. Os resultados evidencian que o espazo presenta múltiples fortalezas (ambientais, paisaxísticas e sociais), pero tamén afronta ameazas derivadas da posible instalación de novos proxectos industriais e da falta de mantemento de infraestruturas clave, o que pon en risco a súa apropiación comunitaria e valor educativo. Así mesmo, constátase a baixa intervención da comunidade local nos procesos de resignificación do territorio, o que reforza a necesidade de ferramentas que favorecen a participación, a xeración de coñecemento situado e a toma de decisións colectivas informadas. Neste sentido, a metanarrativa gráfica final demostra un alto potencial como recurso didáctico en contextos educativos formais e non formais, ao posibilitar a integración de múltiples voces e promover unha reflexión crítica en torno á sustentabilidade e ao desenvolvemento local.

GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
Metodoloxías de alfabetización de persoas adultas en América Latina: revisión sistemática do programa “Yo sí puedo”
Autoría
B.S.O.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
B.S.O.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
O analfabetismo foi identificado como unha das grandes problemáticas sociais e educativas de América Latina. Isto débese ás repercusións sociais que derivan do atraso e abandono escolar, a redución das posibilidades de empregabilidade, a exclusión social, a perda de oportunidades de aproveitamento cultural e o deterioro xeral da calidade de vida. No ano 2001, desenvolveuse un programa que responde ás necesidades educativas en América Latina respecto do fenómeno do analfabetismo: o programa de alfabetización Yo sí puedo. Diversos países de América Latina e do mundo teñen adaptado e implementado este programa, que demostrou altos niveis de eficiencia na redución do analfabetismo e no impacto social dos grupos participantes. Co obxectivo de realizar unha aproximación ás experiencias de implementación do programa Yo sí puedo, levouse a cabo unha revisión sistemática documental, regrada polas directrices do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). Este enfoque investigativo permitiu detallar os aspectos metodolóxicos do programa e valorar os avances xerados no territorio latinoamericano. Así mesmo, identificáronse dificultades e desafíos durante a implementación do programa, relacionados coas instancias gobernamentais, os modos de vida das comunidades e os aspectos metodolóxicos da proposta. Conclúese que o programa de alfabetización Yo sí puedo é unha ferramenta efectiva no que respecta á diminución do analfabetismo e á transformación social no contexto latinoamericano. Porén, tendo en conta as dificultades documentadas, propóñense orientacións para mellorar a calidade dos procesos de implementación e a optimización de resultados.

A aprendizaxe do galego nas aulas da comarca do Bierzo.
Autoría
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 19:00
15.07.2025 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda o estudo e proposta de mellora do ensino da lingua galega nos centros educativos públicos da comarca do Bierzo. Nun primeiro momento, procédese á contextualización da situación sociolingüística da zona mediante a análise das súas características territoriais e socioculturais, así como do marco legal vixente en materia de protección da lingua galega. A investigación céntrase na presenza actual do galego no ámbito educativo berciano, coa finalidade de identificar tanto os desafíos como as oportunidades existentes para a súa promoción. Como parte aplicada do estudo, deseñouse e levouse a cabo unha proposta de intervención didáctica dirixida ao alumnado de terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria, dentro da materia optativa de Lingua e Cultura Galega, no IES Bérgidum Flavium de Cacabelos. A intervención estruturouse en tres sesións desenvolvidas ao longo da semana das Letras Galegas do ano 2025. Para avaliar a eficacia da proposta, levouse a cabo unha análise comparativa das percepcións do alumnado cara ao galego antes e despois da intervención. Os resultados obtidos evidencian unha mellora significativa na actitude do estudantado cara á lingua galega, así como un avance na superación dos posibles estigmas sociolingüísticos.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Percepcións do alumnado de ESO ante a non monogamia: estudo de caso dun instituto de ensino secundario galego
Autoría
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 19:00
14.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo presenta un estudo de caso exploratorio sobre as percepcións do alumnado de Educación Secundaria ante as relacións non monógamas consensuadas (CNM), un modelo afectivo en crecemento pero aínda invisibilizado nos contextos educativos. A partir dun marco teórico centrado na aprendizaxe relacional na adolescencia, a normatividade monógama e a educación sexual no sistema educativo español, analizamos as representacións, crenzas e necesidades formativas do alumnado ao respecto. O obxectivo principal foi comprender como se constrúen estas percepcións e cal é o papel da escola nesta aprendizaxe, prestando especial atención á función do Departamento de Orientación. Empregamos unha metodoloxía mixta cunha mostra de 62 estudantes dun centro público de Galicia, recollendo os datos mediante un cuestionario e un grupo focal. Os resultados mostran unha elevada influenza da socialización informal, a persistencia de crenzas estereotipadas e a escasa integración da diversidade relacional na educación formal. Concluímos sinalando a necesidade de ampliar o enfoque da educación sexual escolar, incorporando contidos sobre diversidade relacional e reforzando o papel do Departamento de Orientación como axente clave na creación de espazos inclusivos, críticos e seguros para a exploración afectiva do alumnado.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Ensinando a aprender. Proposta de intervención en docentes para a promoción da Aprendizaxe Autorregulada
Autoría
N.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
N.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
A aprendizaxe autorregulada (AAR) comprende un conxunto de habilidades que axudan ó alumnado a ser persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social. Para fomentar a autorregulación no alumnado unha vía fundamental é a súa ensinanza e, por isto, os/as docentes son axentes clave. A literatura suxire que o coñecemento da AAR, as crenzas e a autoeficacia do/a docente asócianse á promoción da autorregulación nas aulas. Ademais, as prácticas de promoción da AAR que realizan os docentes amosan efectos favorables sobre as vertentes motivacional e estratéxica da AAR no alumnado. En base a isto, co presente Traballo Fin de Mestrado (TFM) preténdese ofrecer unha proposta de intervención coa que axudar ós/ás mestres a promocionar a AAR dende o seu exercicio docente. O obxectivo, polo tanto, será aumentar o coñecemento que teñen sobre as prácticas de promoción da AAR, modificar as crenzas dos/as docentes e, finalmente, aumentar a súa autoeficacia de cara á súa capacidade para fomentar a AAR dende a aula.
A aprendizaxe autorregulada (AAR) comprende un conxunto de habilidades que axudan ó alumnado a ser persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social. Para fomentar a autorregulación no alumnado unha vía fundamental é a súa ensinanza e, por isto, os/as docentes son axentes clave. A literatura suxire que o coñecemento da AAR, as crenzas e a autoeficacia do/a docente asócianse á promoción da autorregulación nas aulas. Ademais, as prácticas de promoción da AAR que realizan os docentes amosan efectos favorables sobre as vertentes motivacional e estratéxica da AAR no alumnado. En base a isto, co presente Traballo Fin de Mestrado (TFM) preténdese ofrecer unha proposta de intervención coa que axudar ós/ás mestres a promocionar a AAR dende o seu exercicio docente. O obxectivo, polo tanto, será aumentar o coñecemento que teñen sobre as prácticas de promoción da AAR, modificar as crenzas dos/as docentes e, finalmente, aumentar a súa autoeficacia de cara á súa capacidade para fomentar a AAR dende a aula.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Análise do marco Culturally Responsive-Sustaining (CR-S) de Nova York e posibilidades para a súa adaptación ao sistema educativo galego: propostas desde a orientación escolar para a atención á diversidade.
Autoría
M.J.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.J.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza a viabilidade de adaptar criticamente o marco Culturally Responsive-Sustaining (CR-S), desenvolvido en Nova York, ao sistema educativo galego, centrándose en como os seus principios poden axustarse e contextualizarse segundo a normativa vixente en Galicia. A través dunha investigación cualitativa e documental, examínanse os fundamentos teóricos e normativos do CR-S e compáranse coa lexislación europea, estatal e autonómica aplicable en Galicia, identificando converxencias, retos e oportunidades para a súa adaptación ao contexto galego. O estudo destaca a relevancia de contextualizar o currículo, reforzar a formación docente en pedagoxías inclusivas, fomentar a participación activa da comunidade educativa e avanzar cara a estratexias de avaliación contextualizada, en resposta á crecente diversidade cultural nas aulas galegas. Preséntanse propostas concretas para adaptar e contextualizar os principios do CR-S nos centros educativos de Galicia, sempre en coherencia coa normativa vixente. Así mesmo, delimítase o papel do departamento de orientación escolar como facilitador e mediador neste proceso, asesorando ao profesorado, promovendo a participación familiar e comunitaria, e liderando a reflexión sobre a atención á diversidade desde unha perspectiva inclusiva e culturalmente relevante.

TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
A política educativa local. Análise dos concellos da comarca de Caldas
Autoría
L.S.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.S.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 12:15
15.07.2025 12:15
Resumo
A política educativa municipal en Galicia adoita quedar nun segundo plano fronte ao protagonismo autonómico e estatal, o que se traduce nunha ambigüidade competencial que afecta á implicación dos concellos e das súas responsables políticas. Neste contexto, o obxectivo xeral do presente Traballo Fin de Máster é analizar as competencias en materia educativa da administración local nos concellos da comarca de Caldas. Con dito propósito, será preciso afondar nas súas prácticas, limitacións e desafíos cunha posta en valor da importancia do coñecemento do territorio como base para unha educación de proximidade. En concreto, mediante unha metodoloxía de natureza cualitativa e empregando como instrumento principal as entrevistas semiestruturadas dirixidas ás persoas responsables neste eido nos concellos, procederase a estudar de xeito preciso o seu grao de implicación, xunto co seu coñecemento como actrices relevantes nos seus territorios. Os resultados da investigación poñen de manifesto a vontade política dos concellos e do seu compromiso dende o papel transformador da educación como ferramenta social. Con todo, esa ambición choca coa realidade das limitacións normativas, orzamentarias e da falta de claridade nas competencias, que frean unha acción educativa sostida e eficaz. Como consecuencia, a comarca de Caldas evidencia a necesidade dunha segunda descentralización que permita aos seus gobernos locais exercer un liderado real e adaptado ás necesidades específicas do seu territorio. As implicacións deste estudo remiten á necesidade dunha reflexión sobre o papel da administración local na garantía do dereito á educación, subliñando que só cun maior recoñecemento das competencias e con máis recursos, os concellos poderán impulsar políticas educativas que reflictan as singularidades do seu contexto e fomenten unha transformación social profunda e duradeira. Deste xeito, conclúese que a educación de proximidade debe deixar de ser un concepto presente só na literatura á esixencia de materializarse en políticas reais para toda a cidadanía.

VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Os círculos restaurativos como resolución de conflitos: unha proposta dende o departamento de orientación para a mellora da convivencia do alumnado de ESO
Autoría
V.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
V.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras nun marco de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interacción harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade educativa. Son numerosas as investigacións sobre a convivencia escolar, cuxos resultados mostran a relevancia da resolución pacífica dos conflitos para a mellora da mesma, así como o respaldo lexislativo co que contan estas propostas. Por ende, formúlase unha proposta de intervención orientadora no marco do Plan de Acción Titorial e o Plan de Convivencia baseada nos círculos restaurativos, e destinada ao alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria segundo as necesidades detectadas nun centro educativo galego. A través da mesma, preténdese mellorar a convivencia da aula e do centro, e dotar tanto ao alumnado como ao profesorado de estratexias de resolución pacífica de conflitos.

GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
A competencia docente do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria co alumnado en situación de discapacidade.
Autoría
L.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo presenta unha investigación de campo centrada na discapacidade e nas necesidades formativas do profesorado de Educación Secundaria en relación con esta temática. A educación inclusiva é un reto fundamental no ámbito educativo, e a preparación do profesorado resulta clave para garantir a adecuada atención á diversidade dentro da aula. Neste estudo, búscase analizar a percepción que teñen os orientadores sobre a formación do profesorado en materia de discapacidade dentro da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).Para iso, levouse a cabo un traballo de campo baseado na aplicación de entrevistas dirixidas a orientadores educativos de dez centros escolares da provincia de Ourense. A través destas entrevistas, preténdese identificar as fortalezas e carencias na formación docente respecto á atención ao alumnado con discapacidade, así como coñecer as necesidades e propostas de mellora neste eido. Os resultados obtidos permitirán xerar un diagnóstico sobre a situación actual da formación do profesorado en relación coa discapacidade e formular recomendacións que contribúan a mellorar a capacitación docente para favorecer unha educación máis inclusiva e equitativa.

VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
As maletas pedagóxicas. Unha ferramenta para achegar ás aulas de Educación Primaria referentes artísticos.
Autoría
A.V.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.V.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 18:00
14.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo de fin de mestrado tenta ofrecer unha posible aplicación das maletas pedagóxicas, empregadas en museos, nas aulas de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na área de Educación Plástica e Visual. O traballo revisa literatura sobre as maletas pedagóxicas. Tamén inclúe unha proposta didáctica deseñada para o terceiro curso da etapa de Educación Primaria, na que se pretende achegar referentes artísticos contemporáneos á aula a través da maleta pedagóxica, posibilitando o desenvolvemento do pensamento crítico así como de contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Este traballo de fin de mestrado tenta ofrecer unha posible aplicación das maletas pedagóxicas, empregadas en museos, nas aulas de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na área de Educación Plástica e Visual. O traballo revisa literatura sobre as maletas pedagóxicas. Tamén inclúe unha proposta didáctica deseñada para o terceiro curso da etapa de Educación Primaria, na que se pretende achegar referentes artísticos contemporáneos á aula a través da maleta pedagóxica, posibilitando o desenvolvemento do pensamento crítico así como de contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
O papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios: unha revisión sistemática
Autoría
L.V.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
L.V.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 19:30
16.07.2025 19:30
Resumo
A música, dentro do ámbito da educación, sempre foi tratada como unha disciplina complementaria e illada, ocupando un lugar secundario dentro do currículo. Pese a isto, os estudos máis recentes demostraron que a través da mesma, pódense promulgar determinadas habilidades motoras e sociais, así como fomentar a creatividade ou o pensamento crítico, entre outros. No presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) realízase unha revisión documental seguindo o protocolo PRISMA acerca do papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios. Enténdese por enfoque STE(A)M unha aproximación á ensinanza das ciencias, tecnoloxías, enxeñerías e matemáticas de forma interdisciplinaria, onde a rigorosidade dos conceptos científicos é desenvolvida mediante actividades didácticas inmersivas aplicadas ao mundo real. Mentres que, a interdisciplinariedade, é entendida como unha metodoloxía pedagóxica que establece conexións entre as diferentes disciplinas académicas do currículo, para lograr un coñecemento máis significativo e integral.
A música, dentro do ámbito da educación, sempre foi tratada como unha disciplina complementaria e illada, ocupando un lugar secundario dentro do currículo. Pese a isto, os estudos máis recentes demostraron que a través da mesma, pódense promulgar determinadas habilidades motoras e sociais, así como fomentar a creatividade ou o pensamento crítico, entre outros. No presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) realízase unha revisión documental seguindo o protocolo PRISMA acerca do papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios. Enténdese por enfoque STE(A)M unha aproximación á ensinanza das ciencias, tecnoloxías, enxeñerías e matemáticas de forma interdisciplinaria, onde a rigorosidade dos conceptos científicos é desenvolvida mediante actividades didácticas inmersivas aplicadas ao mundo real. Mentres que, a interdisciplinariedade, é entendida como unha metodoloxía pedagóxica que establece conexións entre as diferentes disciplinas académicas do currículo, para lograr un coñecemento máis significativo e integral.
Dirección
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
A paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica: Proposta didáctica para a materia de Análise Musical I
Autoría
S.J.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
S.J.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 13:30
14.07.2025 13:30
Resumo
Con este traballo preténdese explorar a utilización da paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica, xunto á incorporación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a través dunha proposta didáctica deseñada para a materia de Análise Musical I. Primeiro, realízase unha revisión bibliográfica ao redor dos conceptos de deep listening, paisaxe sonora e un breve percorrido histórico sobre o uso de tecnoloxías na música do século XX. Posteriormente, defínese o deseño da proposta e avalíase o proceso de implementación nun centro de Santiago de Compostela. O proxecto ten como obxectivo fomentar a escoita activa e profunda do alumnado para así poder transitar de maneira máis consciente a súa contorna sonora. Así mesmo, búscase que estas actitudes sirvan como fonte de inspiración para a creación sonora a través do uso de TIC. Finalmente, preséntanse propostas de mellora expostas unha vez finalizada a implementación, incluíndo a extensión temporal da intervención para acadar unha correcta asimilación de todos os contidos.
Con este traballo preténdese explorar a utilización da paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica, xunto á incorporación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a través dunha proposta didáctica deseñada para a materia de Análise Musical I. Primeiro, realízase unha revisión bibliográfica ao redor dos conceptos de deep listening, paisaxe sonora e un breve percorrido histórico sobre o uso de tecnoloxías na música do século XX. Posteriormente, defínese o deseño da proposta e avalíase o proceso de implementación nun centro de Santiago de Compostela. O proxecto ten como obxectivo fomentar a escoita activa e profunda do alumnado para así poder transitar de maneira máis consciente a súa contorna sonora. Así mesmo, búscase que estas actitudes sirvan como fonte de inspiración para a creación sonora a través do uso de TIC. Finalmente, preséntanse propostas de mellora expostas unha vez finalizada a implementación, incluíndo a extensión temporal da intervención para acadar unha correcta asimilación de todos os contidos.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Uso da mediación lingüística nunha aula multigrao: L1 e L2.
Autoría
L.V.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
L.V.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Actualmente, atopamos unha crecente aparición do plurilingüismo nas aulas, motivado pola diversidade cultural e pola actual lexislación educativa. Ante isto, precisamos estratexias comunicativas que permitan reformular as mensaxes e chegar a todo o alumnado. Entre elas destaca a -mediación lingüística-, á cal o Volume Complementario ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas engade novos descritores para a súa definición. Por isto, e ante os escasos estudos neste ámbito, este Traballo de Fin de Máster pretende afondar e dar a coñecer esta situación comunicativa cada vez máis frecuente nas aulas. Así, realizouse unha investigación cualitativa cunha análise comparativa das intervencións de 9 persoas (profesorado e alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria). Os datos mostran diferentes exemplos de mediación lingüística oral (comunicación, conceptos ou textos) e a maneira e finalidade ca que se presenta, o que reafirma a súa presenza cotiá nas aulas.
Actualmente, atopamos unha crecente aparición do plurilingüismo nas aulas, motivado pola diversidade cultural e pola actual lexislación educativa. Ante isto, precisamos estratexias comunicativas que permitan reformular as mensaxes e chegar a todo o alumnado. Entre elas destaca a -mediación lingüística-, á cal o Volume Complementario ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas engade novos descritores para a súa definición. Por isto, e ante os escasos estudos neste ámbito, este Traballo de Fin de Máster pretende afondar e dar a coñecer esta situación comunicativa cada vez máis frecuente nas aulas. Así, realizouse unha investigación cualitativa cunha análise comparativa das intervencións de 9 persoas (profesorado e alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria). Os datos mostran diferentes exemplos de mediación lingüística oral (comunicación, conceptos ou textos) e a maneira e finalidade ca que se presenta, o que reafirma a súa presenza cotiá nas aulas.
Dirección
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
Educación inclusiva: proposta de intervención educativa para promover o benestar emocional en adolescentes con discapacidade física
Autoría
L.D.P.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.D.P.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 13:30
15.07.2025 13:30
Resumo
A proposta de intervención educativa que se pretende desenvolver ten como obxectivo fomentar a inclusión de alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) con discapacidade física, escolarizados/as en centros ordinarios da comunidade autónoma de Galiza. Para logralo, formularanse propostas dirixidas a promover o desenvolvemento da autoestima e dunha autopercepción positiva por parte dos/as adolescentes, especialmente aqueles/as que presentan unha discapacidade física. A través de dita proposta preténdese, así mesmo, fortalecer as relacións interpersoais e crear un ambiente escolar positivo e seguro, que axude a previr situacións de discriminación ou marxinación, promovendo un clima de respecto e inclusión en todo o centro escolar. En conclusión, a través de diversas dinámicas e actividades, buscarase non só o benestar individual dos/as adolescentes con discapacidade física, senón tamén o fortalecemento do tecido social no grupo escolar. Con esta proposta espérase contribuír á formación dunha comunidade educativa máis inclusiva, empática e cohesionada que teña en consideración todo tipo de diversidades. Ao promover o respecto e a comprensión mutua, créanse as bases para unha convivencia na que todos/as os/as estudantes poidan desenvolverse plenamente, libres de prexuízos e discriminación
A proposta de intervención educativa que se pretende desenvolver ten como obxectivo fomentar a inclusión de alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) con discapacidade física, escolarizados/as en centros ordinarios da comunidade autónoma de Galiza. Para logralo, formularanse propostas dirixidas a promover o desenvolvemento da autoestima e dunha autopercepción positiva por parte dos/as adolescentes, especialmente aqueles/as que presentan unha discapacidade física. A través de dita proposta preténdese, así mesmo, fortalecer as relacións interpersoais e crear un ambiente escolar positivo e seguro, que axude a previr situacións de discriminación ou marxinación, promovendo un clima de respecto e inclusión en todo o centro escolar. En conclusión, a través de diversas dinámicas e actividades, buscarase non só o benestar individual dos/as adolescentes con discapacidade física, senón tamén o fortalecemento do tecido social no grupo escolar. Con esta proposta espérase contribuír á formación dunha comunidade educativa máis inclusiva, empática e cohesionada que teña en consideración todo tipo de diversidades. Ao promover o respecto e a comprensión mutua, créanse as bases para unha convivencia na que todos/as os/as estudantes poidan desenvolverse plenamente, libres de prexuízos e discriminación
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
A segregación escolar e a atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante: unha revisión sistemática da cuestión en España.
Autoría
A.V.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.V.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 13:15
15.07.2025 13:15
Resumo
A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás políticas educativas que os regulan. De aí que o obxectivo deste traballo céntrese en explorar e sintetizar criticamente a literatura científica sobre este fenómeno no sistema educativo español non universitario. Para iso, empregouse unha metodoloxía de revisión sistemática seguindo as recomendacións do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses), que nos permitiu seleccionar 14 estudos nas bases de datos Dialnet, Scopus e Web of Science. Os resultados revelan, en primeiro lugar, unha tendencia xeral de diminución da segregación dende comezos do século, mais persisten niveis moderados cunha forte asimetría territorial que se intensifica cando se toma en consideración outros factores de vulnerabilidade. En segundo lugar, amósase que este fenómeno non pode ser explicado por un único mecanismo causal, senón pola interacción de factores contextuais, institucionais e socioculturais. Asemade, os achados constatan que este tipo de segregación ten efectos perniciosos sobre as traxectorias educativas do alumnado, tanto nativo coma non nativo, ao tempo que mingua as posibilidades dunha sociedade igualitaria e cohesionada. Finalmente, identifícanse propostas co fin de atenuar a situación que van dende a reformulación das políticas de admisión até medidas dirixidas aos propios centros, así como o reforzo do papel das autoridades locais para que poidan xestionar a situación dende a perspectiva micro, o que evidencia a necesidade de coordinación entre todos os actores implicados.