Estudo sobre as agresións sexuais facilitadas por drogas
Autoría
D.A.A.
Grao en Criminoloxía
D.A.A.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Nos últimos anos, as agresións sexuais facilitadas polas drogas aumentaron significativamente, xerando unha crecente alarma social. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é examinar a literatura científica recente sobre este tipo de agresións sexuais, buscando actualizar o coñecemento existente sobre o tema e arroxar luz sobre o estado actual do problema, así como orientar a súa abordaxe para acadar unha maior eficacia nos protocolos de actuación. Realizouse unha busca nas bases de datos Web of Science e PubMed de artigos publicados entre 2020 e 2025, ambos incluídos. A busca produciu un total de 236 documentos, que se reduciron a 19. Engadíronse outros documentos e lexislación obtida doutras fontes bibliográficas. Como resultado, foi posible identificar que o perfil de vítima máis frecuente é o dunha muller nova, mentres que o perfil do agresor adoita ser masculino, cunha idade media de 33 anos. Ademais, os datos analizados mostran que o alcol é a substancia máis consumida nestas agresións; e estas tenden a producirse en ambientes de ocio nocturno e en domicilios particulares, o que demostra a existencia de patróns recorrentes en canto ao escenario e as circunstancias nas que se producen estes delitos. As recentes modificacións lexislativas do Código Penal adaptaron as respostas penais a este tipo de agresións. A Guía de Boas Prácticas para a Actuación Forense do Ministerio de Xustiza (2022) establece directrices para a correcta avaliación e documentación das lesións en casos de delitos facilitados por substancias psicoactivas. O protocolo do SERGAS (2025) coordina as accións dos servizos sanitarios, o xulgado de garda e o IMELGA para garantir unha atención integral e especializada ás vítimas de submisión química.

Dirección
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Tribunal
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titor do alumno)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titor do alumno)
A Intelixencia Artificial e as decisións automatizadas da Administración Pública en España
Autoría
N.A.P.
Grao en Dereito
N.A.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
A Intelixencia Artificial é unha disciplina científica que, mediante o uso de algoritmos e datos, é capaz, mediante sistemas de IA, de analizar a información otorgada, ordenala, filtrala e obter dela unha solución para a consecución dunha serie de obxetivos específicos. Neste traballo falaremos dunha evolución da IA e do seu impacto na sociedade, economía e medioambiente das grandes potencias. En concreto, na Unión Europea e España. A través de ditos sistemas de IA búscase beneficiar aos seres humanos provocando só aqueles perxuizos necesarios para conseguir dito obxetivo. Ponse de manifesto a importancia da protección dos dereitos fundamentais e os valores da Unión Europea a hora de intentar conseguir ditos obxetivos, así como a protección da Democracia e do Estado de Dereito. É sabido que a IA comporta danos e riscos, por iso, os Estados Membros da Unión deben estar preparados ante os desafíos que puidesen xurdir e para elo, créanse as directrices como as Directrices Éticas para unha Ia fiable ou a Estratexia Europea para dar forma a un futuro próspero en Europa, entre outras. O mesmo pasa coa IA en España, onde falaremos tamén do seu marco normativo, así como das Estratexias sobre IA que posee España e que quere por en funcionamento para lograr que a IA, en consonancia coa UE, sexa fiable, ética, legal e robusta. Ademais neste traballo tamén analizaremos casos importantes como son o caso BOSCO, COMPAS ou Syri. Os cales foron fundamentais para entender o alcance e riscos da IA en relación a opacidades, falta de transparencia, así coma os riscos das decisións automatizadas das Administracións Públicas e a falta de auditabilidade e rendición de contas

VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titor do alumno)

As vítimas de trata de persoas no Dereito da Unión Europea: Análise dos mecanismos de reparación
Autoría
C.A.E.
Grao en Dereito
C.A.E.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
En maio de 2024 o acervo comunitario aumentaba ca aprobación da Directiva (UE) 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de maio de 2024, sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica. Dita Directiva, entre outras cousas, incorpora novos dereitos e medidas de protección para estas vítimas e así mesmo modifica parcialmente a Directiva 2011/36, relativa á prevención e loita contra a trata de seres humanos e a protección das vítimas, xa que esta última non respondía dunha forma completa las necesidades específicas das vítimas. O delito de trata de persoas, obxecto deste traballo, é, ademais dunha grave violación dos dereitos humanos, unha forma específica desta violencia. A raíz do aumento do número de vítimas de trata, tendo en conta as consecuencias negativas que xera para as súas vítimas e, aproveitando o compromiso que a Unión Europea manifestou ter ca súa reparación, este traballo busca identificar os concretos mecanismos de reparación que están previstos na lexislación comunitaria. Partindo das cinco modalidades de reparación establecidas pola ONU a comezos deste século na Resolución 60/147, ambas Directivas prevén a indemnización, as medidas de rehabilitación e as garantías de no repetición. Pero non o fan respecto á satisfacción. A súa vez, só unha delas fai referencia á restitución. As dúas normas comparten a regulación destas medidas, pero á hora de facer comparacións, a Directiva (UE) 2024/1385, aínda pendente de traspoñer na inmensa maioría das lexislacións internas, ofrécenos una regulación máis extensa e detallada. Ademais de manter as “tradicionais” modalidades de reparación, inclúe medidas relacionadas cas novas tecnoloxías, especialmente relativas ao apoio online, e más próximas ao contexto actual.

MONTERO FERRER, CARMEN (Titoría)
MONTERO FERRER, CARMEN (Titoría)
Tribunal
MONTERO FERRER, CARMEN (Titor do alumno)

A presunción de inocencia en delitos contra a liberdade sexual
Autoría
C.A.V.
Grao en Dereito
C.A.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
A presunción de inocenciasupón un piar fundamental do Estado de Dereito moderno. A súa salvagarda evita os procesos inquisitivos propios do Antigo Réxime. Porén, existen supostos delituosos, como é o caso das agresións sexuais, que, por teren lugar en contornas de intimidade, contan como única proba de cargo ca testemuña da vítima. Para que este poida ser considerado como proba suficiente, debe cumprir certos requisitos perfilados xurisprudencialmente: ausencia de interese espurio, ausencia de incredibilidade subxectiva e persistencia na acusación. Aínda que poida parecer sinxelo, existen diversos casos nos que a cuestión se volve complexa. Así, danse supostos nos que a vítima tarda en denunciar os feitos, atópase nunha situación persoal que xera dúbidas sobre a veracidade da súa testemuña ou, pola súa idade, existen incertezas sobre a fiabilidade das súas palabras. Ademais, non sempre están claramente definidos os perfís do que constitúe unha agresión sexual. Segundo o Tribunal Supremo, isto terá lugar sempre que concorran dous elementos: un obxectivo, a comisión dos feitos, e outro subxectivo, o ánimo libidinoso do autor. Non pode faltar mención, nun traballo desta natureza, ao caso de Dani Alves, no que se imputaba unha agresión sexual ao futbolista nunha discoteca de Barcelona. A sentenza, que foi recorrida, condenaba nunha primeira instancia a Alves, que posteriormente foi absolto. Ao meu ver, análise da proba feita na sentenza absolutoria é deficiente, pois non ten en conta adecuadamente a natureza dos elementos periféricos do caso. Así pois, estimo que o máis oportuno tería sido condenar ao xogador.

Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titor do alumno)

Análise de sentenzas penais sobre delitos de agresión sexual infantil
Autoría
M.D.C.A.L.
Grao en Criminoloxía
M.D.C.A.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O abuso sexual infantil abrangue calquera actividade sexual na que se inclúa un neno ou nena sin capacidade para manifestar o seu libre consentimento. O presente estudo trata de coñecer os últimos datos sobre dita tipoloxía de delito mediante un análise de sentenzas xudiciais. Para iso, analizánronse 100 sentenzas penais aleatorias executadas no año 2024 osbre delitos de agresión sexual a menores de 16 anos, que impliquen contacto físico coa vítima e que o fallo sexa condenatorio. A información obtida analizouse en catro dimensións: aspectos xudiciais, características da vítima, características do agresor e variables do delito. Aplicouse os estadísticos Chi-cuadrado r Pearson y t de Student para analizar a relación entre variables. Os resultados amosaron que o 91% das vítimas corresponden ao sexo femenino, mentras que os agresores na súa totalidade son homes. O período de maior risco de vitimización é a niñez, sendo habitual que a relación vítima-agresor sexa intrafamiliar, o escenario do delito sexa residencial, o modus operandi presencial e que o método comisico sexa o prevalemento. Destácase que o tipo de agresión máis xudicializado é a penetración, realizándose de maneira reiterada no tempo.

Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
O control das subvencións e axudas públicas.
Autoría
J.A.A.R.
Grao en Dereito
J.A.A.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo estuda o réxime xurídico do reintegro das subvencións públicas en España, centrado na Lei Xeral de Subvencións como normativa principal. Analízase como este mecanismo permite recuperar fondos públicos cando se modifican as condicións que xustificaron a concesión, protexendo así o patrimonio público. A investigación aborda tanto aspectos materiais como procedementais, ofrecendo unha visión integral desde as causas ata os efectos xurídicos do reintegro. A metodoloxía baséase na análise doutrinal, xurisprudencial e normativa, clasificando as causas de reintegro en dous grupos: a invalidez do acto inicial (nulidade e anulabilidade) e a revogación por incumprimento posterior, conforme ao artigo 37 da Lei. Examínanse diversas causas, desde a obtención indebida mediante falsidade, falta de xustificación e incumprimento de obxectivos, ata a resistencia aos controis e a percepción de axudas incompatibles co dereito europeo. Tamén se estuda o sistema de cálculo do reintegro, que inclúe o importe principal e os xuros de demora, analizando a evolución do tipo de xuro aplicado e o cómputo temporal. Identifícanse os suxeitos obrigados, diferenciando entre beneficiarios principais e responsables solidarios ou subsidiarios. Por último, analízase o procedemento administrativo do reintegro, desde o seu inicio ata a resolución, revisando garantías, prazos, medidas cautelares como a retención de pagamentos, e a interpretación xurisprudencial sobre a motivación e proporcionalidade na graduación do reintegro.

Garrido Juncal, Andrea (Titoría)
Garrido Juncal, Andrea (Titoría)
Tribunal
Garrido Juncal, Andrea (Titor do alumno)

O contrato SWAP. Desenrolo xurisprudencial da presunción de erro por incumprimento das obrigas de información
Autoría
R.B.V.
Grao en Dereito
R.B.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O fundamento deste traballo e ofrecer unha comprensión xeral do concepto de instrumento financeiro, en especial do contrato de permuta de tipos de interés, o seu encuadre xurídico, a función socioeconómica da que trae causa, e unha revisión crítica ó desenrolo xurisprudencial que levou a presumir erro na contratación por incumprimento das obrigas de información.

GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titor do alumno)

A consideración do suicidio como accidente de traballo
Autoría
C.B.S.
Grao en Dereito
C.B.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O suicidio resulta un dos problemas máis urxentes no noso país. Numerosos autores realizaron estudos sobre as causas que conducen ás persoas a manifestar e levar a cabo este tipo de comportamentos auto lesivos. A morte autoinflixida no contexto laboral xorde como consecuencia da unión entre as vulnerabilidades individuais, o estrés no traballo e as dificultades no ámbito persoal. Nos últimos anos, desgraciadamente, saltou a voz de alarma tras o coñecemento de casos como o da teleoperadora France Télécom ou o da traballadora que foi vítima de acoso sexual na empresa Iveco. Ademais, o suicidio pode verse desencadeao por numerosos motivos, non só vinculados a razóns económico-empresariais, senón tamén relativos a factores de risco psicosocial como o estrés laboral, a síndrome do queimado, o acoso moral, sexual ou outras formas de violencia. Neste Traballo de Fin de Grao faise unha revisión sobre a evolución da xurisprudencia en relación coa cualificación do suicidio como accidente de traballo. Para iso, analizaranse sentenzas clave das que se poden extraer os requisitos que, a día de hoxe, os nosos tribunais consideran relevantes para a súa valoración. Entre elas, destaca a Sentenza do Tribunal Supremo do 25 de setembro de 2007 e a Sentenza do Tribunal Supremo do 27 de febreiro de 2023. Por último, farase fincapé na importancia da saúde mental para o desenvolvemento do benestar dos empregados e conseguir un bo clima de traballo, aspectos que, resultan imprescindibles, para previr o risco de condutas suicidas.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

A figura do axente encuberto no proceso penal: especial referencia ao axente encuberto informático
Autoría
L.B.L.
Grao en Dereito
L.B.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 15:00
17.07.2025 15:00
Resumo
Este traballo centrarase no concepto de axente encuberto como unha nova medida de investigación, con especial énfase no concepto de axente informático infiltrado. A aparición de novas formas de delincuencia trouxo consigo a necesidade de buscar novos medios de investigación a través dos cales se poida frear a delincuencia de forma máis eficaz, e é precisamente neste contexto onde xorde o concepto de axente de policía infiltrado. Así, as seguintes páxinas abordarán temas como o equilibrio entre o concepto de axente infiltrado e certos dereitos fundamentais, os requisitos e condicións legais que debe cumprir a autorización xudicial, a duración e extensión da medida, así como o valor probatorio e a posible responsabilidade penal do axente. Unha parte significativa do traballo tamén estará adicada ao concepto de axente informático infiltrado, unha modalidade introducida pola Lei Orgánica 13/2015, que busca combater as novas formas de delincuencia en liña, centrándose especialmente nos casos de pornografía infantil.

Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)

Menores Estranxeiros Non Acompañados e delincuencia: unha revisión actual.
Autoría
N.C.V.
Grao en Criminoloxía
N.C.V.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
O fenómeno da inmigración non deixa de medrar pero, coa aparición de novos contextos sociais, este adáptase e muda en forma, o que obriga ás administracións e ás sociedades a buscar novas solucións que satisfagan as necesidades de colectivos tan vulnerables como son os menores estranxeiros non acompañados, que se enfrentan a múltiples desafíos antes e durante o proceso migratorio, pero tamén unha vez chegan ao país de acollida. É por iso que, se tratará de explorar, dende unha óptica criminolóxica, a influencia destas novas correntes migratorias na delincuencia, tendo en conta o rol das políticas migratorias e de protección infantil, así como dos diversos factores que poden influir no seu itinerario vital e modular o risco de aparición de condutas desviadas.

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titor do alumno)

A mediación no ámbito familiar: unha especial referencia á custodia tras a separación ou o divorcio
Autoría
S.C.G.
Grao en Dereito
S.C.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo analiza a mediación no ámbito familiar, con especial atención á garda e custodia tras a separación ou divorcio. Ademais, o traballo parte do recoñecemento do conflito como un elemento inherente á convivencia humana e propón a mediación como unha vía alternativa, pacífica e humanizada fronte ao proceso xudicial, especialmente útil nos conflitos familiares marcados por unha alta carga emocional. A primeira parte céntrase nos fundamentos da mediación familiar: o seu concepto, a súa regulación normativa (tanto estatal como autonómica, especialmente en Galicia), e os principios reitores como a voluntariedade, imparcialidade, confidencialidade, boa fe e o interese superior do menor. Tamén se describe detalladamente o procedemento de mediación e as novidades introducidas pola Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza. A segunda parte aborda os conceptos de responsabilidade parental, patria potestade e a garda e custodia, diferenciando as súas modalidades e salientando o papel do principio do interese superior do menor como criterio decisivo na toma de decisións. Analízase tamén o impacto da ruptura de parella sobre os fillos, as súas consecuencias psicolóxicas e emocionais, e a relevancia da mediación como ferramenta para minimizar estes efectos. Insístese na importancia da comunicación cos menores, a súa participación indirecta no proceso e o mantemento dunha relación parental sa tras a separación. En definitiva, o traballo defende a mediación familiar como un instrumento eficaz e necesario para acadar acordos duradeiros, responsables e respectuosos coas necesidades de todas as persoas implicadas, priorizando sempre o benestar do menor.

VALIÑO CES, ALMUDENA (Titoría)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titoría)
Tribunal
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titor do alumno)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titor do alumno)
Incitación ao odio e á violencia a través das redes sociais: estigmatización do inmigrante en X
Autoría
S.C.M.
Grao en Criminoloxía
S.C.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivos principais analizar como se configura o discurso de odio en liña dirixido ao inmigrante e a súa posible vinculación con condutas violentas fóra da contorna dixital. Tras unha contextualización teórica sobre o fenómeno migratorio, o discurso de odio, o racismo, a xenofobia e o papel das redes sociais na propagación destas narrativas, encontrouse que, aínda que existen indicios de relación entre o odio en liña e a violencia offline, os estudos que analizan dita vinculación aínda son escasos. Posteriormente, a través dunha metodoloxía cualitativa e unha mostraxe intencional, analizáronse 168 comentarios publicados na rede social X durante o período da crise migratoria de Ceuta en maio de 2021. A análise mostrou patróns frecuentes de estigmatización e deshumanización. Gran parte das mensaxes describen a inmigración, neste contexto, como unha invasión ou unha ameaza, facendo uso de xeneralizacións, termos despectivos e oposicións simbólicas entre persoas nacionais e estranxeiras. Tamén se acharon comentarios que incitaban, directa ou indirectamente, á violencia e á expulsión de persoas inmigrantes

LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titor do alumno)

Análise médico-forense e criminolóxica das feridas de bala
Autoría
S.C.L.
Grao en Criminoloxía
S.C.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
As armas de lume constitúen un elemento central na análise criminolóxica e forense da violencia letal. A súa capacidade lesiva varía en función da tipoloxía da arma, do tipo de proxectil empregado e do contexto no que se utilice. Este traballo tivo como obxectivo examinar as diferenzas entre armas curtas e longas, así como a súa relación cos patróns lesivos, atendendo tamén ás implicacións médico-legais en casos de suicidio, homicidio ou atentados múltiples. Realizouse unha revisión bibliográfica comparativa entre contextos civís e militares e entre diferentes países, destacando a maior incidencia de suicidios con armas en Estados Unidos fronte a cifras moito menores en Europa. Tamén se analizou a evolución técnica do armamento, observándose un incremento progresivo da súa letalidade. Estes achados poñen de manifesto a necesidade de abordar con maior profundidade a regulación da dispoñibilidade de armas e a capacitación pericial na análise dos seus efectos.

Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titor do alumno)

O Tribunal do Xurado en España: Análise Xurídica e Social das súas Influencias e Disfuncións
Autoría
S.C.L.
Grao en Dereito
S.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este artigo analiza o papel do Tribunal do Xurado no sistema xurídico español. Comeza cunha análise evolutiva e contextualizada da súa orixe como institución e da súa incorporación ao sistema xurídico español, protexido pola Constitución española. A partir de aí, desenvólvese a súa estrutura e contido de acordo coa Lei Orgánica 5/1995. Sobre esta base, preséntanse as súas principais deficiencias e problemas en relación cos elementos esenciais da súa estrutura xurídica. Faise especial fincapé nos riscos de manipulación por influencias tanto internas como externas, así como no seu impacto a nivel individual e colectivo. Abórdanse factores como o medo, a presión social e a influencia dos medios de comunicación en casos especialmente sensibles, ilustrados con exemplos actuais. Tamén se inclúe a obxección de conciencia como un posible elemento a considerar nunha futura reforma. Ademais, inclúense gráficos que tentan reflectir a potencial tendencia punitiva do tribunal do xurado baseándose en datos empíricos. Con todo trátase de promover a reflexión sobre o marco xurídico vixente, proporcionando información tanto normativa como práctica. O obxectivo deste traballo é ofrecer unha visión completa e contrastada do xurado popular en España, abarcando as consideracións sociais, psicolóxicas e legais que inflúen no seu funcionamento.

Abuso de posición dominante nos mercados dixitais: análise do caso Apple (At.40437)
Autoría
S.E.C.M.
Grao en Dereito
S.E.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O crecente desenvolvemento dos mercados dixitais e as plataformas que interactúan neles provocou un cambio significativo na estrutura e no funcionamento do sistema económico global. Estes mercados presentan características únicas que os fan considerablemente diferentes dos mercados tradicionais, o que resulta nun ambiente ideal para a proliferación de comportamentos anticompetitivos. Neste sentido, o dereito antimonopolio enfróntase a novos desafíos á hora de mitigar condutas potencialmente abusivas por parte de empresas que ocupan unha posición vantaxosa no mercado. Así, esta tese céntrase na análise deste fenómeno, tomando como referencia o caso Apple contra Spotify (AT 40437), que representa un exemplo relevante e recente de como unha gran empresa tecnolóxica pode distorsionar o funcionamento do mercado abusando da súa posición privilexiada.

HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titor do alumno)

A posición na sucesión gallega do cónxuxe supérstite e a parella de feito inscrita
Autoría
M.C.L.
Grao en Dereito
M.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
En este traballo expóñense as posibilidades coas que conta un causante para delegar na parella as decisión relativas á propia herdanza, especialidades propias do dereito galego en contra do principio xeral do dereito estatal de testamentos persoalísimo. A súa vez faremos tamén unha análise da protección que a propia comunidade postganancial outorga ao cónxuxe así como a protección que o causante pode dispoñer a favor da parella en testamento ou en pactos sucesorios.

REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titoría)
REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titoría)
Tribunal
REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titor do alumno)

Violencia sexual no alumnado universitario: un estudo sobre a percepción de risco
Autoría
N.C.I.
Grao en Criminoloxía
N.C.I.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
A violencia sexual constitúe un grave problema para a saúde e un problema social persistente que afecta de forma desproporcionada a mulleres e nenas, causando consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais. No contexto universitario, onde conflúen factores como o consumo de alcohol e a vida social activa, o risco de sufrir este tipo de agresións vese acentuado. Por iso, o obxectivo de esta investigación é analizar como perciben os e as estudantes universitarias a violencia sexual, centrándose en tres aspectos chave: o medo percibido ante determinadas situacións, a percepción de ser unha potencial vítima e a relación entre risco e consumo de alcohol. Así mesmo, recóllense testemuñas reais de estudantes que xa sufriron este tipo de violencia. A investigación basease nunha mostra de 292 estudantes universitarios, maioritariamente mulleres. Utilizouse un cuestionario online anónimo no que se incluían cuestións sobre experiencias persoais, consumo de alcohol e situacións que poderían derivar en agresión sexual. Os resultados indican que as mulleres presentan niveis notablemente máis elevados de medo e percepción de risco que os homes, especialmente ante situacións onde interveñen alcohol e drogas. Obsérvase, ademais, una correlación positiva entre o consumo de alcohol e o incremento da percepción de risco. O estudo pon de manifesto a vulnerabilidade percibida polas mulleres universitarias e a necesidade de tomar medidas preventivas e educativas. Tamén evidenciase como factores como o consumo de alcohol e o entorno inflúen na concorrencia e percepción de estes delitos.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Discriminación interseccional no ámbito laboral
Autoría
U.C.R.
Grao en Dereito
U.C.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O obxetivo de este Traballo de Fin de Grado é reflexionar sobre a existencia de discriminación interseccional, como unha figura diferente da discriminación múltiple, no ámbito do dereito do traballo. O sea estudio comenza cun percorrido pola evolución do marco normativo no ámbito europeo, continuando co seu desenvolvemento no ordenamento xurídico español, tanto a nivel estatal como autonómico, destacando a relevancia da Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación, que por primeira vez define ambos conceptos de forma expresa. A seguir, analízase a orixe e evolución do termo desde os seus comezos no feminismo negro ou afrofeminismo, abordando as diferenzas conceptuais entre os termos múltiple e interseccional, sinalando como unha parte da doutrina aínda tende a empregalos como sinónimos. Seguidamente, analízanse os distintos supostos de concorrencia discriminatoria nas relacións laborais, tales como a combinación de etnia e xénero ou persoas LGTBI con discapacidade, facendo fincapé na discriminación causada pola combinación de ser muller e outro factor. Nesta liña, analízase a resposta jurisprudencial ante este tipo de situacións, advertindo que a súa aplicación segue sendo escasa actualmente, e como hai casos nos que podería recorrerse ao enfoque interseccional sen que iso sucedese. O estudo conclúe sinalando a necesidade dunha aplicación máis efectiva da interseccionalidad nas políticas públicas, incluíndose esta en os plans de igualdade das empresas e o seu debido control por parte da Inspección de Traballo.

FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)

Liquidación da sociedade de gananciais: supostos conflitivos na formación do activo do inventario
Autoría
C.D.D.D.S.
Grao en Dereito
C.D.D.D.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abórdanse as dificultades que poden existir á hora de conformar o activo do inventario da sociedade de lucrativas. Nun momento inicial, e a modo de introducir o tema central do traballo detállanse os pasos para seguir nun procedemento de disolución e liquidación da sociedade lucrativa, dándolle importancia así mesmo á presunción de ganancialidad e á peculiaridade que denota o caso dunha separación de feito respecto do momento en que debe entenderse disolta a sociedade legal de lucrativas. Con iso, o núcleo central do traballo reside na identificación e a correspondente explicación daqueles supostos que son conflitivos na práctica polas dificultades que existen acerca de considerar os bens ou dereitos que forman parte da sociedade lucrativa sexan considerados lucrativas ou privativos e deber producirse ou non a súa inclusión no activo do inventario da sociedade conxugal; supostos como a apertura de contas correntes conxuntas, o caso da quen pertence e en que porcentaxe a vivenda familiar, as posibles indemnizacións que poida percibir un dos cónxuxes por un despedimento ou unha baixa laboral, as diferentes melloras ou incrementos patrimoniais que se produzan acorde ao artigo 1359 CC, a actividade profesional ou empresarial dun ou de ambos os cónxuxes e a formalización de plans de pensións ou de xubilación.

Liberdade de expresión no entorno dixital: dos límites clásicos aos contemporáneos
Autoría
A.D.T.
Grao en Criminoloxía
A.D.T.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
A liberdade de expresión é un dos pilares fundamentais de calquera Estado democrático, xa que permite aos seus cidadáns comunicar ideas, opinións e críticas, contribuíndo de esta maneira ao pluralismo e ao debate político necesario para o desenvolvemento social e político. Sen embargo, para que esta liberdade non se converta nun instrumento que xere desorde ou dano na poboación, é imprescindible fomentar o seu uso responsable e adecuado ao dereito, podendo garantir asía a orde e a paz social. Ao largo deste documento analizaranse os límites clásicos que de maneira tradicional se foron aplicando á liberdade de expresión, tales como a prohibición de discursos que inciten ao odio, inxurias e calumnias, e como estes límites foron evolucionando e redefiníndose ante os novos desafíos que formulan as redes sociais. Estas plataformas dixitais transformaron o modo no que se exerce a liberdade de expresión, xerando debates complexos sobre a regulación dos contidos, da responsabilidade os intermediarios, neste caso as plataformas que provén o servizo, e a protección de dereitos complementarios. Atopámonos ante novos límites conceptuais á liberdade de expresión, pola extensión de diferentes movementos culturais como son a cultura woke e a cultura da cancelación ademais de outros problemas que xorden no entorno dixital como son as fake news, os deepfakes ou os haters. Principalmente para abordar estes problemas centrarémonos principalmente no parco legal español e europeo, tendo en conta como afecta tamén no ámbito internacional, facendo especial referencia a os Estados Unidos que é de onde proveñen a maioría das plataformas sociais. A partir disto, observamos os poucos límites que se lle impoñen a este dereito nos Estados Unidos, mentres que no resto do mundo optase por modelos máis equilibrados ou con máis tendencia cara a censura dos contidos que se queren transmitir.

LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titoría)
LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titor do alumno)

A noción de conformidade no contrato de suministro de contidos e servizos dixitais
Autoría
Y.D.M.
Grao en Dereito
Y.D.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo trata sobre o contrato como unha figura xurídica clave no dereito privado. Analízase a súa evolución ó longo do tempo e como se adapta aos cambios sociais, tecnolóxicos e ao comercio electrónico, prestando especial atención á protección do consumidor, considerado a parte máis débil da relación contractual. Distínguense os suxeitos que interveñen no contrato (consumidores e empresarios), o contido das obrigas asumidas, e os efectos legais que derivan do contrato. Un punto central é a análise da falta de conformidade, distinguindo entre os requisitos subxectivos e obxectivos para que un ben ou servizo se considere conforme ó acordado. Tamén se revisan os dereitos dos consumidores, como a protección de datos ou a posibilidade de resolver o contrato, e as obrigas dos empresarios, como entregar o ben conforme ou actualizar servizos. Por último, analízanse os remedios legais ante a falta de conformidade, tanto os europeos como os nacionais, e a súa xerarquía.

LETE ACHIRICA, JAVIER (Titoría)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Secretario/a)
DIAZ MARTINEZ, ANA (Vogal)

Análise da doutrina do Tribunal Constitucional relativa ao Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana
Autoría
A.M.F.B.
Grao en Dereito
A.M.F.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:30
18.07.2025 11:30
Resumo
O Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido comúnmente como “plusvalía municipal”, é un tributo municipal potestativo, directo, real, obxectivo e instantáneo que grava o incremento de valor dos terreos como consecuencia de actos xurídicos, tanto a título oneroso como lucrativo, inter vivos ou mortis causa. Representa unha parte moi importante dos ingresos dos Concellos, chegando a supoñer entre o 6 % e o 8 % dos ingresos tributarios totais das Entidades Locais en España, acadando máis de 2.600 millóns de euros no ano 2018. Porén, a raíz de varias sentenzas do Tribunal Constitucional e das súas consecuencias xurídicas, o volume total de ingresos foi diminuíndo segundo os datos oficiais, sendo de 2.075 millóns de euros no ano 2021, e cunha previsión de tan só 85 millóns de euros para o ano 2023. Polo tanto, estamos ante unha controversia de importante transcendencia económica, xa que incide directamente nos recursos cos que os Concellos elaboran e executan os seus orzamentos. Ao longo dos últimos anos produciuse un cambio radical nesta tributación como consecuencia da declaración de inconstitucionalidade de varios artigos do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, que constitúe a súa norma marco. O cumprimento do principio constitucional de capacidade económica, así como a prohibición da confiscatoriedade, consagrados no artigo 31.1 da Constitución Española, constitúe a base arredor da cal xiran todas as modificacións normativas relativas a este tributo. No presente traballo imos analizar as consecuencias xurídicas das Sentenzas do Tribunal Constitucional que deron lugar á aprobación do Real Decreto-lei 26/2021, do 8 de novembro, que adaptou o TRLHL á xurisprudencia constitucional.

NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titoría)
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titor do alumno)

Persoa xurídica, compliance penal e exención da responsabilidade penal en España
Autoría
I.F.F.
Grao en Dereito
I.F.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na responsabilidade penal da persoa xurídica e no programa de prevención de riscos penais (compliance penal) na súa triple faceta: como instrumento de adecuación á cultura de cumprimento, de exención, e atenuación da súa responsabilidade penal. Tras resumir brevemente os aspectos fundamentais do marco regulador da responsabilidade penal das persoas xurídicas no CP español e, en especial, os presupostos esenciais para a atribución da responsabilidade penal á persoa xurídica polo delito cometido pola persoa física, seguidamente, analízanse os requisitos que deben observar os 'compliance programs' para ser considerados eficaces e idóneos ós efectos de excluir ou atenuar a responsabilidade penal. Por último, abórdase a figura do oficial de cumprimento.

Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Tribunal
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titor do alumno)

O greenwashing como barreira para a transición ecolóxica no sector téxtil: a necesidade dunha regulación efectiva.
Autoría
L.F.G.
Grao en Dereito
L.F.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 14:00
18.07.2025 14:00
Resumo
Partindo da preocupación polo impacto ambiental e polas comunicacións enganosas, estúdase o fenómeno do greenwashing, especialmente no sector téxtil, un dos máis afectados pola utilización de alegacións ambientais desleais como vantaxe comercial. Para iso, o primeiro paso consiste en comprender e describir as características esenciais do concepto, identificando as prácticas máis habituais e o seu impacto tanto ambiental como social. A continuación, céntrase a atención no marco normativo vixente, analizando a súa capacidade real para facer fronte a este tipo de condutas. Neste sentido, resáltase con especial énfase a Directiva (UE) 2024/825, a cal complementa e reforza o previsto particularmente na Lei 3/1991 de Competencia Desleal. A través da revisión, así como da valoración de supostos prácticos, preténdese avaliar a eficacia destas normas, tanto no contexto internacional como nacional. Por último, abórdanse medidas complementarias, tanto vinculantes como voluntarias, que poden contribuír a unha regulación máis sólida e á transformación do modelo produtivo. Como conclusión, cabe destacar a necesidade de reforzar o control institucional, impulsar a responsabilidade empresarial e fomentar o pensamento crítico dos consumidores.

PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Presidente/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Secretario/a)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Vogal)

Fentanilo na Toxicología Forense
Autoría
D.F.L.
Grao en Criminoloxía
D.F.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 12:20
17.07.2025 12:20
Resumo
O fentanilo é un opioide sintético cunha potencia ata cen veces superior á da morfina, cuxa expansión global xerou unha crise de saúde pública en varios países. Este traballo analiza o seu impacto desde a perspectiva da toxicología forense, avaliando as súas propiedades farmacolóxicas, vías de detección, implicacións xurídicas e presenza en delitos como a submisión química. Mediante unha revisión bibliográfica de fontes científicas, estúdanse as principais técnicas analíticas para a súa identificación, a complexidade da súa interpretación post mortem, así como os desafíos legais derivados da aparición constante de análogos non fiscalizados. Ademais, abórdanse casos forenses e o seu impacto na criminalidade e na saúde pública, propoñendo medidas preventivas e de mellora na detección. O traballo conclúe que o fentanilo representa unha ameaza multidimensional que require unha resposta integral, multidisciplinar e coordinada a nivel institucional.

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titor do alumno)

A resolución extraxudicial de conflitos individuais de traballo: a súa evolución
Autoría
A.F.C.
Grao en Dereito
A.F.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo ten como obxecto o estudo da resolución extraxudicial de conflitos individuais no ámbito laboral, con especial atención a súa evolución. En primeiro lugar, analízanse os fundamentos xurídicos da resolución extraxudicial no dereito laboral español, abordando as distintas etapas do período constitucional: os primeiros desenvolvementos, os albores do novo marco constitucional e a posterior fase de consolidación normativa e institucional. A continuación, delimítase o concepto de conflito laboral, diferenciando os tipos de conflitos segundo a súa natureza e segundo o tipo de interese afectado. Neste punto, destácase a especial relevancia do conflito individual, así como as dificultades existentes para distinguir entre conflitos individuais, colectivos e plurais. O traballo afonda nunha análise detallada dos métodos de resolución extraxudicial. Pártese dun estudo dos antecedentes históricos dos procedementos extraxudiciais en España, para centrarse posteriormente no seu desenvolvemento a nivel estatal e nos distintos acordos interprofesionais desenvolvidos polas comunidades autónomas. Dentro de esta investigación, analízase con maior profundidade aquelas comunidades autónomas que foron pioneiras na implantación de sistemas propios de resolución extraxudicial de conflitos, así como a forma na que cada unha das dezasete comunidades aborda a inclusión ou exclusión dos conflitos individuais nos seus respectivos acordos. Posteriormente, descríbense os sistemas actuais de resolución extraxudicial de conflitos individuais, distinguindo entre os métodos autocompositivos e heterocompositivos. Finalmente, o traballo conclúe cun estudo crítico dos límites da conciliación previa obrigatoria, especialmente en conflitos tan relevante como o despido, expoñendo os motivos polos cales consideramos que este requisito preprocesual, malia o seu carácter preceptivo, non acada unha eficacia práctica efectiva.

Propostas de mellora na atención policial a vítimas de violencia de xénero dende a perspectiva da Xustiza Terapéutica
Autoría
C.F.B.
Grao en Criminoloxía
C.F.B.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
A violencia de xénero recoñeceuse no ámbito nacional e internacional como un problema social complexo e unha forma de discriminación con amplas repercusións que afecta á vida, aos dereitos e ás liberdades das mulleres e que, polo tanto, debe abordarse de maneira integral e urxente. En España, o elevado número de denuncias rexistradas cada ano, evidencia a necesidade dunha resposta institucional coordinada, eficaz e centrada na protección das vítimas. A maior parte destas denuncias preséntanse ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, nas comisarías de Policía Nacional e cuarteis da Garda Civil, o que sitúa a estes corpos como actores esenciais, non só na atención inmediata, senón tamén nos labores de acompañamento e seguimento posterior, nos que tamén participan as policías locais. Neste traballo realízase unha introdución ao marco normativo e policial español en materia de violencia de xénero. Dende o paradigma da Xustiza Terapéutica, que establece que na lei e na súa aplicación deben potenciarse os elementos terapéuticos e minimizar aqueles que poidan resultar iatroxénicos, reflexiónase sobre a importancia dunha intervención policial que non só cumpre cos requisitos legais, senón que tamén teña en conta o impacto psicolóxico na actuación institucional sobre as vítimas. Máis alá da xestión do risco, a atención policial debe contemplar tamén a dimensión psicolóxica e emocional das vítimas. Proponse a necesidade de deseñar e implementar protocolos policiais con orientación de Xustiza Terapéutica que poidan contribuír ao benestar psicolóxico das vítimas.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)

Proceso penal e proba.
Autoría
M.G.A.
Grao en Dereito
M.G.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 15:30
17.07.2025 15:30
Resumo
A proba constitúe un dos piares fundamentais do proceso penal, en tanto que garante que as decisións xudiciais susténtense na veracidade dos feitos e nunha valoración obxectiva, racional e motivada dos elementos probatorios achegados. A súa adecuada práctica e valoración permite equilibrar os dereitos das vítimas e das persoas acusadas promovendo así a equidade procesual. En ausencia dunha actividade probatoria lexítima e conforme ás disposicións constitucionais e legais, o proceso penal perde a súa esencia de imparcialidade, eficacia e lexitimidade. A evolución tecnolóxica supón unha transformación significativa no ámbito probatorio, coa incorporación de novas ferramentas como a proba dixital e o uso progresivo da intelixencia artificial no ámbito xurídico. Estes avances contribuíron a axilizar trámites procesuais e a proporcionar novas fontes de evidencia, representando un notable progreso. Con todo, a súa implementación expón importantes desafíos éticos e xurídicos, relacionados coa protección de dereitos fundamentais. Así mesmo, o proceso penal contemporáneo debe integrar de maneira transversal a perspectiva de xénero, a fin de asegurar unha xustiza efectiva, inclusiva e sensible ás desigualdades estruturais que afectan de maneira desproporcionada ás mulleres.

A responsabilidade precontractual na Proposta de modernización do Código civil.
Autoría
L.G.C.
Grao en Dereito
L.G.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo trata a responsabilidade precontractual, aquella xurdida cando as partes dunha negociación previa á celebración dun contrato non se comportan de conformidade coas esixencias da boa fe, causando danos á outra partes. O réxime desta responsabilidade carece de regulación en España, mais a atención pola materia é creciente. Trátanse os principais supostos xeradores de responsabilidade precontractual, así como as zonas grises desta figura xurídica, dentro do marco que establece a Proposta de Modernización do Código Civil, elaborada pola Comisión Xeral de Codificación do Ministerio de Xustiza en 2023.

REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Presidente/a)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)

O dereito da persoa acusada a non declarar contra si mesma: alcance e consecuencias no proceso penal.
Autoría
N.G.R.
Grao en Dereito
N.G.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
A través deste traballo, intentamos dar unha visión amplía sobre o dereito a non declarar contra si mesmo, así como, poñéndoo en relación con outros que derivan do mesmo, localizados no artigo 24.2 da Constitución Española e no artigo 118 da Lei de Axuizamento Criminal. Tamén, abórdase a súa aplicación tanto no ámbito penal como no sancionador administrativo, subliñando a súa extensión progresiva a outros procedementos co carácter punitivo. Asimesmo, mencionamos diversa xurisprudencia tanto estatal como internacional que nos ofrece respostas distintivas sobre a repercusión, límites e posibilidades de exercicio que ostenta este dereito nas súas diferentes versións, como son: o dereito a gardar silencio e a mentir. Respecto ao dereito a gardar silencio, traballaremos sobre se se debe valorar ese silencio, provocando así unha posible limitación na defensa do investigado se opta por esta alternativa. Na mesma liña está o dereito a mentir, xa que, ata o sonado caso Marta del Castillo nunca se penou a un suxeito pasivo por non dicir a verdade sobre o paradoiro do cadáver ou simplemente sobre a súa declaración. Finalmente, desenvolvemos a declaración do investigado, como medio de proba ou de defensa, o seu valor e a importancia que ten dentro dun proceso e ante dilixencias policiais. Do mesmo xeito, a posibilidade de admitir ou non a confesión a raíz da obtención de probas contrarias a Dereito.

A cláusula de non punibilidade no artigo 177 bis.11 do código penal: análise xurisprudencial.
Autoría
C.G.C.
Grao en Dereito
C.G.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a cláusula de non punibilidade do artigo 177 bis.11 do Código Penal español dende unha perspectiva normativa, xurisprudencial e de dereitos humanos, con especial énfase na análise xurisprudencial. Esta disposición establece unha exención de responsabilidade penal para as vítimas de trata de seres humanos que cometeran delitos como consecuencia directa da súa explotación. O traballo comeza contextualizando a trata de persoas como unha forma contemporánea de escravitude que atenta contra a dignidade humana. A continuación, examínase o marco internacional que sustenta o principio de non punibilidade, salientando instrumentos como o Protocolo de Palermo, a Directiva 2011/36/UE e o Convenio de Varsovia, así como a súa progresiva incorporación ao ordenamento xurídico interno. Analízase o artigo 177 bis, centrándose no seu apartado 11, onde se contempla unha cláusula eximente aínda interpretada de forma restritiva pola xurisprudencia. Compáranse tres sentenzas clave: SAP Barcelona 183/2020 e STSJ Cataluña 315/2021, que aplican a cláusula cun enfoque protector, e STS 960/2023, que adopta un criterio restritivo, cuestionado pola súa falta de respaldo legal e vulneración de dereitos fundamentais, como sinala o voto particular. Así mesmo, valóranse as reformas introducidas pola Directiva (UE) 2024/1712, que amplía as formas de explotación consideradas como trata, estende o principio de non punibilidade ás infraccións administrativas e reforza a protección das vítimas dende unha perspectiva interseccional e victimocéntrica. O traballo denuncia a revitimización institucional derivada dunha aplicación formalista do Dereito Penal e defende un enfoque centrado na vítima e cunha perspectiva de xénero. En definitiva, deféndese unha interpretación do artigo 177 bis.11 coherente cos compromisos internacionais e co respecto aos dereitos humanos.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)

O crimen de persecución por motivos de xénero baixo o réximen talibán, unha análise dende o Dereito Internacional Penal
Autoría
B.G.T.
Grao en Criminoloxía
B.G.T.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
En Afganistán, as políticas e accións do réxime talibán suscitaron dúbidas sobre se cualifican como delito de persecución por razón de xénero segundo o Estatuto de Roma e outros instrumentos de dereito penal internacional. Este traballo examina os elementos clave deste delito, baseándose no artigo 7.1.h do Estatuto, e contextualiza a situación das mulleres afgás, que se enfrontan a graves restricións na educación, o emprego e a vida pública, o que evidencia unha intención discriminatoria que reforza a súa exclusión social. O estudo avalía a xurisdición da Corte Penal Internacional sobre Afganistán, destacando a importancia do principio de complementariedade e a falta de vontade do sistema xudicial afgán para abordar estes crimes. Tamén sinala como o rexeitamento por parte do réxime talibán á autoridade da Corte representa un desafío para a xustiza internacional. Ademais, identifica barreiras específicas asociadas aos crimes por razón de xénero, incluídos obstáculos culturais e sociais que dificultan o acceso das vítimas á xustiza. Finalmente, propón medidas para fortalecer os mecanismos internacionais, mellorar a protección das vítimas e promover a rendición de contas efectiva.

A esixencia de responsabilidade penal internacional no marco do conflito palestino-israelí.
Autoría
Z.I.F.
Grao en Dereito
Z.I.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O conflito palestino-israelí, malia ser unha realidade de longa duración e amplamente debatida, resulta unha cuestión de gran actualidade e en constante desenvolvemento, que involucra o debate de temas de Dereito Internacional Público, sendo necesaria a definición dun marco xurídico. Para isto, pártese dunha breve contextualización histórica, sentando as bases para a posterior cualificación de cuestións xurídicas. Concretamente, abordarase a aplicación do Dereito Internacional Humanitario, co obxectivo de determinar as obrigas das partes no conflito. A continuación, trataranse outras cuestións controvertidas, coma a estatalidade palestina, cuxa análise é esencial para chegar ao fin último deste traballo: a determinación da xurisdición da Corte Penal Internacional e a esixencia de responsabilidade penal internacional ante esta.

LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)

A renovación do CGPJ nun contexto de polarización política
Autoría
S.I.M.
Grao en Dereito
S.I.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
A Constitución española de 1978 introduce o CGPJ como órgano de goberno do poder xudicial co obxectivo de garantir a súa independencia, e para iso toma como modelos os Consellos Superiores da Maxistratura francés e italiano despois da Segunda Guerra Mundial. O Consello español componse de vocais pertencentes á carreira xudicial e xuristas de recoñecida competencia, pero a carta magna unicamente recolle a forma de elección destes últimos. Debido a que na actualidade todos os vocais do Consello son elixidos polas Cortes Xerais, o enfrontamento político nelas desembocou no bloqueo durante seis anos da renovación do CGPJ. Neste traballo, despois de introducir o principio de separación de poderes, examinaremos os modelos europeos que inspiran ao noso CGPJ, a regulación do Consello no ordenamento xurídico español e a evolución dos sistemas de elección dos vocais xudiciais, centrándonos nas complexidades da última renovación do CGPJ e nas recomendacións e propostas de reforma que achegadas tanto a nivel nacional coma internacional.

A dixitalización do procedemento notarial e rexistral: evolución normativa, impulso europeo e análise da Lei 11/2023
Autoría
A.I.T.
Grao en Dereito
A.I.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
O presente traballo analiza o proceso de dixitalización do notariado e dos rexistros en España, culminando coa promulgación da Lei 11/2023, do 8 de maio, como marco normativo de transformación estrutural no exercicio notarial. Esta lei non xorde de forma illada, senón que é o resultado dunha evolución normativa, técnica e social que se desenvolveu ao longo de máis de dúas décadas. Ao longo do traballo estúdase como o contexto europeo, especialmente a través do Regulamento eIDAS e da Directiva 2019/1151, impulsou de maneira decisiva a adopción de ferramentas electrónicas e a harmonización dos procedementos. Preséntase unha revisión sistemática das fases evolutivas do notariado dixital, desde os primeiros pasos coa informatización das notarias e a creación do Índice Único Informatizado, ata a implantación de sistemas como SIGNO e a sinatura electrónica cualificada. Así mesmo, analízanse os principais instrumentos introducidos pola Lei 11/2023: o protocolo electrónico, a videoconferencia notarial, a expedición de copias electrónicas autorizadas, a identificación dixital avanzada e a constitución telemática de sociedades. Dedícase un epígrafe ao réxime transitorio e á aplicación gradual da Lei, así como aos principais desafíos detectados na súa implementación, entre os que destacan a desigualdade territorial, as limitacións técnicas e a necesidade de adaptación organizativa. Finalmente, inclúense reflexións críticas sobre os límites da reforma e os retos pendentes, tanto dende a perspectiva xurídica como social e tecnolóxica. O traballo conclúe cunha valoración sobre o futuro do notariado dixital no marco dunha administración europea cada vez máis interconectada e centrada na cidadanía.

Trigo García, María Belén (Titoría)
Trigo García, María Belén (Titoría)
Tribunal
Trigo García, María Belén (Titor do alumno)

A protección do informante na lei 2/2023: análise do sistema xurídico español tras a transposición da directiva (UE) 2019/1937
Autoría
R.L.F.
Grao en Dereito
R.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 19:00
15.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo analiza a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que denuncian infraccións normativas e de loita contra a corrupción. A lei transpón a Directiva (UE) 2019/1937 ao dereito español e establece un marco xurídico destinado a fomentar a denuncia de infraccións, protexendo ao mesmo tempo os denunciantes de represalias. En primeiro lugar, estúdase o contexto normativo que levou á aprobación da Lei, así como o seu propósito principal e os obxectivos complementarios. A continuación, defínese o seu ámbito de aplicación, tanto persoal, material como temporal. A análise continúa cos sistemas de información internos e o seu marco xurídico. A continuación, abórdase a canle de información externa, xestionada por autoridades independentes. Tamén se describen as súas características e procedementos específicos. Dedícase unha sección á Autoridade Independente de Protección de Denunciantes, que aborda a súa estrutura e competencias. Tamén se estuda a divulgación pública como medio extraordinario de denuncia de infraccións. O traballo conclúe analizando as medidas de protección dos denunciantes, así como o réxime sancionador previsto pola lei, que clasifica as infraccións e determina as sancións aplicables.

Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
BETETOS AGRELO, NOELIA Cotitoría
Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
BETETOS AGRELO, NOELIA Cotitoría
Tribunal
Almeida Cerreda, Marcos (Titor do alumno)
BETETOS AGRELO, NOELIA (Titor do alumno)

Análise da regulación da Intelixencia Artificial na negociación colectiva
Autoría
L.L.M.
Grao en Dereito
L.L.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O auxe da dixitalización e a implementación dos sistemas de IA afecta a todos os aspectos da vida cotidiana incluído o ámbito laboral. O seu carácter novedoso e seu rápido desenvolvemento dificulta a capacidade de resposta do lexislador , provocando situacións cun latente risco de vulneración de dereitos fundamentais dos traballadores. No presente traballo realízase unha análise da regulación actual do uso da IA no ámbito laboral. Abordaremos o marco normativo estatal e europeo así como a función da negociación colectiva. Serán estudados os convenios colectivos das empresas pertencentes ao IBEX 35, analizando a regulación establecida nos mesmos e os posibles efectos que ésta pode suponer aos traballadores.
O auxe da dixitalización e a implementación dos sistemas de IA afecta a todos os aspectos da vida cotidiana incluído o ámbito laboral. O seu carácter novedoso e seu rápido desenvolvemento dificulta a capacidade de resposta do lexislador , provocando situacións cun latente risco de vulneración de dereitos fundamentais dos traballadores. No presente traballo realízase unha análise da regulación actual do uso da IA no ámbito laboral. Abordaremos o marco normativo estatal e europeo así como a función da negociación colectiva. Serán estudados os convenios colectivos das empresas pertencentes ao IBEX 35, analizando a regulación establecida nos mesmos e os posibles efectos que ésta pode suponer aos traballadores.
Dirección
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)
A discapacidade permanente no contrato de traballo: puntos críticos
Autoría
M.L.P.
Grao en Dereito
M.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Nas últimas décadas, a concepción e o tratamento xurídico das persoas con discapacidade evolucionaron de forma significativa. O antigo enfoque médico-rehabilitador, que consideraba a estas persoas como receptoras pasivas de coidados, deu paso a un modelo social que as recoñece como suxeitos activos, con plenos dereitos e con capacidade para contribuír plenamente á sociedade. Esta mudanza de paradigma supuxo unha transformación profunda na maneira de entender a discapacidade, vinculándoa non só a condicións individuais, senón tamén a barreiras sociais e estruturais que dificultan a súa participación en igualdade de condicións. Este novo enfoque foi respaldado por un marco normativo sólido que promove a igualdade de trato e prohibe calquera forma de discriminación. A nivel internacional e europeo, consolidáronse principios que garanten o dereito das persoas con discapacidade a un traballo digno e que obrigan os empregadores a adoptar medidas específicas para eliminar obstáculos, entre elas a necesidade de realizar axustes razoables no entorno laboral. No contexto estatal, adoptáronse reformas importantes para reforzar a accesibilidade, a igualdade de oportunidades e a inclusión activa no mercado de traballo. Estes cambios reflicten un compromiso crecente coa protección efectiva dos dereitos das persoas con discapacidade e coa promoción dun entorno laboral máis xusto e equitativo. Este Traballo de Fin de Grao examina o dereito das persoas con discapacidade a un traballo digno, analizando tanto a súa dimensión xurídica como xurisprudencial. Estúdanse figuras fundamentais como os axustes razoables, o emprego protexido, as accións positivas e, de forma destacada, a evolución na regulación da extinción do contrato por incapacidade permanente, poñendo especial atención nos avances máis recentes en materia de non discriminación e accesibilidade laboral.

MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
Tribunal
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
Análise da regulación da prostitución en España
Autoría
S.L.F.
Grao en Dereito
S.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A prostitución é, e semple foi, obxecto de debate a nivel social, xurídico e político por tratarse dunha cuestión complexa e polémica que adoita encontrarse relacionada coa vulneración dos dereitos humanos e, sobre todo, das mulleres. En España non existe unha regulación clara e homoxénea respecto a este fenómeno, e moitas veces afirmase que a prostitución encontrase en situación de alegalidade. Así, este traballo ten como obxectivo estudar a regulación existente en España que se refira a esta actividade, así como recopilar a distintas fórmulas xurídicas que se propoñen acerca da mesma. Para iso, comenzaremos analizando o concepto de prostitución e sua distinción en relación a outras figuras cercanas. Tamén estudiaremos a situación na que se encontra, dende un punto de vista social e xurídico. E, por último, comparemos os distintos sistemas normativos que se propoñen para regular al que, coloquialmente, se ha considerado y denominado o oficio máis antigo do mundo.

GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
Tribunal
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titor do alumno)

Os dereitos da personalidade. A identidade de xénero.
Autoría
U.L.P.
Grao en Dereito
U.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grado estudamos un dos considerados pola doutrina como «novos» dereitos da personalidade no ordenamento xurídico español: o Dereito á identidade de xénero, a través dunha perspectiva doutrinal e xurisprudencial, con referencias ao Dereito comparado. A partir do estudo dos dereitos da personalidade, especialmente daqueles que integran o seu núcleo duro constitucional (art. 18 CE), conclúese que o dereito á identidade persoal, incluída a vertente relativa ao xénero, é un novo dereito que, aínda que non está regulado na Constitución especificamente, garda unha estreita vinculación cos principios da dignidade humana e do libre desenvolvemento da personalidade tipificados no art. 10 CE. Partindo da premisa do seu interese constitucional, examínanse as primeiras manifestacións e a evolución do termo «identidade de xénero». Inicialmente empregábase indistintamente xunto coa expresión «identidade sexual», pero a recente xurisprudencia do Tribunal Constitucional do ano 2022 disipou a posible confusión que puidese crear esa indistinción ao definir e diferenciar claramente os termos «sexo» (biolóxico) e «xénero» (social e sentido), reforzando así a protección dos dereitos das persoas trans. Finalmente, faise unha análise da evolución lexislativa e xurisprudencial do tratamento deste dereito, desde as súas primeiras manifestacións xurisprudenciais nos anos 80, ata a súa consolidación lexislativa en normas como a Lei 3/2007 ou a actual Lei Trans (4/2023), destacando os progresivos avances dunha lei a outra, especialmente en materia de rectificación rexistral da mención do sexo e en relación cos menores transexuais.

AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
Tribunal
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
O axente encuberto: valor como medio de investigación no proceso penal.
Autoría
P.M.A.
Grao en Dereito
P.M.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 16:30
17.07.2025 16:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao trata da diligencia de investigación prevista no artigo 282 bis da LACrim, sendo esta o emprego de axentes encubertos na investigación da delincuencia organizada, facendo un análise acerca da natureza do axente encuberto. En primeiro lugar, analízase conceptualmente o axente encubierto en pos de facer un deslinde conceptual en canto á casuística das relacións entre funcionarios das Forzas e Corpos de Seguridade e os suxeitos investigados, cunha especial referencia á modalidade incluida na reforma da LACrim de 2015, o axente encuberto informático. Ademáis, este traballo incide na diferenciación do agente encuberto do policía infiltrado, así como tratar diversas situacións que non son propiamente a dilixencia de investigación do axente encuberto, sen olvidar a cooperación internacional cunha mención los axentes encubertos de países extranxeiros que van desenvolver as seas actuacións en España. Na segunda parte, procédese a relatar a actuación do axente encuberto, partindo do seu ámbito de aplicación para tratar o proceso de nomeamento do axente encuberto, trazando unha secuencia lóxica da actuación do agente encuberto, desde a autorización xudicial e a dación dunha identidade asumida, ata o valor da proba que este produce. O marco legal utilizado é o artigo 282 bis da Lei de Axuizamento Criminal, complementado con obras e artigos doutrinais recentes nesta figura e acompañado, en gran parte, da xurisprpudencia do Tribunal Supremo, de suma importancia no coñecemento desta figura.

Novas tendencias na protección do investidor
Autoría
S.M.V.
Grao en Dereito
S.M.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
Este TFG ten por obxecto o estudo das novas tendencias no relativo á protección do investidor. Reflexiónase sobre a problemática específica coa que se atopa o investidor nos mercados de valores. Analizarase a posición do investidor nos mercados desde o prisma da súa protección, tendo en conta o lugar central que ocupa neles. Repásanse os distintos mecanismos de protección que o ordenamento xurídico, tanto europeo como estatal, proporciona ao investidor. Trátase, concretamente, a problemática da transparencia informativa como mecanismo fundamental sobre o que se basea toda a protección do investidor, xa que resulta insuficiente para ofrecer un respaldo adecuado aos investidores nos mercados. En concreto, abordarase a crise que sofre este mecanismo, tendo en conta que o investidor non amosa interese ningún por ler os informes financeiros que recibe, nin posúe tampouco a capacidade necesaria para manexarse nun ámbito altamente técnico que pode causar graves prexuízos ao seu patrimonio e á súa economía persoal. Por último, repasaranse as novas tendencias e alternativas, ao tempo que se proporán ideas innovadoras relativas á protección do investidor, como a necesidade de poñer o foco na educación financeira.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)

Resistencia Galega
Autoría
M.M.C.
Grao en Criminoloxía
M.M.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o fenómeno de Resistencia Galega, un movemento independentista que actuou de forma clandestina en Galiza durante a primeira década do século XXI. Xurdido nun contexto de crise institucional, económica e identitaria, e trala desarticulación doutros grupos, RF foi obxecto dun amplo debate xurídico, mediático e social, especialmente en torno á súa posible cualificación como organización terrorista. A investigación explora a súa orixe, evolución, estrutura e actividade operativa, así como as reaccións institucionais, mediáticas e sociais que xerou. Ademais, inclúe unha revisión teórica do concepto de terrorismo dende distintas perspectivas, e compárao con outros grupos armados. Mediante unha metodoloxía cualitativa e documental, o estudo permite extraer conclusións valiosas sobre un tema tan delicado como é a relación entre identidade colectiva, violencia política e as formas nas que o Estado responde dentro dun sistema democrático. En definitiva, este traballo non só busca entender un episodio concreto da historia de Galiza, se non tamén contribuír a construír unha memoria crítica e comprometida cos matices, coas preguntas incómodas, e coa necesidade de mirar cara o pasado para comprender mellor o presente. Por que, o acontecido con RG non é só un episodio illado, se non unha mostra de como se xestan os conflitos, de como se nomean, e de como eliximos recordalos.

BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)

Traballo Fin de Grao
Autoría
R.M.C.
Grao en Dereito
R.M.C.
Grao en Dereito
Resumo
O presente traballo ten por obxecto levar a cabo unha análise xurídica rigorosa dos incentivos fiscais e das medidas de apoio económico dirixidas á creación e mantemento do emprego, tanto no ordenamento xurídico español como no marco normativo da Unión Europea. Para iso, parte do exame dos principios constitucionais que rexen a materia tributaria, en particular os de capacidade económica, igualdade, progresividade e non confiscatoriedad consagrados no artigo 31.1 da Constitución Española, así como da repartición competencial entre o Estado e as comunidades autónomas en materia fiscal. Procédese ao estudo sistemático dos principais instrumentos de incentivación vixentes, distinguindo entre os incentivos fiscais en sentido estrito, talles como as deducións no Imposto sobre Sociedades, e as medidas sobre as cotizacións sociais, entendidas estas como prestacións patrimoniais de carácter público non tributario, cuxa finalidade é incentivar a contratación e favorecer o mantemento do emprego. A análise incorpora unha perspectiva comparada que permite examinar o encaixe xurídico destes incentivos no contexto europeo, prestando especial atención aos límites e requisitos derivados da normativa sobre axudas de Estado, en particular os artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, identifícanse os principais desafíos que expón a utilización destes instrumentos, como a necesidade de condicionar a súa aplicación á xeración de emprego estable e de calidade, a avaliación periódica da súa efectividade, a prevención de distorzas na competencia e a adecuada articulación dos incentivos dentro do marco de sustentabilidade orzamentaria. O traballo conclúe que, desde unha perspectiva xurídico-tributaria, os incentivos fiscais e as medidas sobre cotizacións sociais poden constituír mecanismos válidos de política pública en materia de emprego, sempre que se deseñen conforme os principios constitucionais, sométanse a control e avaliación e aplíquense con criterios de eficiencia, transparencia e vinculación a resultados obxectivos.

Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Coordinador)

Abuso do mercado de valores: manipulación de cotizacións e abuso de información privilexiada
Autoría
D.M.P.
Grao en Dereito
D.M.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
Un sistema financeiro estatal atópase formado por diversos mercados, entre os cales se encontra o Mercado de Valores, mercado virtual consistente nun espazo de fluxo monetario no que se compran, venden e negocian con bens inmateriais, os chamados títulos (tanto de renda fixa como variable) e outros valores negociables. É importante destacar tamén a figura dos usuarios deste mercado, que son os inversores e que se atopan no eixe central da lexislación, na procura da súa protección. Este mercado de valores vese ameazado por diversos riscos, entre os que se atopan as prácticas abusivas. O que supón a existencia destas prácticas abusivas é a alteración da información de presos e a distorsión dos recursos, desencadeando una perda de confianza por parte dos inversores que podería supor a fin da actividades destes mercados. Comezouse a falar de protección dos mercados de valos nos Estados Unidos como consecuencia do crack da bolsa do 20, e, posteriormente, dita situación e gran parte da súa normativa se trasladou a Unión Europea, onde se implantaron moitos dos piares da normativa de protección do mercado de valores. No marco da Unión europea atopámonos coa Directiva de abusos de mercado do ano 2003, que supuxo un gran paso na normativa proteccionista. Actualmente está en vigor o Regulamento 596/2014 que recolle como prácticas abusivas a manipulación de cotizacións e o abuso de información privilexiada.
Un sistema financeiro estatal atópase formado por diversos mercados, entre os cales se encontra o Mercado de Valores, mercado virtual consistente nun espazo de fluxo monetario no que se compran, venden e negocian con bens inmateriais, os chamados títulos (tanto de renda fixa como variable) e outros valores negociables. É importante destacar tamén a figura dos usuarios deste mercado, que son os inversores e que se atopan no eixe central da lexislación, na procura da súa protección. Este mercado de valores vese ameazado por diversos riscos, entre os que se atopan as prácticas abusivas. O que supón a existencia destas prácticas abusivas é a alteración da información de presos e a distorsión dos recursos, desencadeando una perda de confianza por parte dos inversores que podería supor a fin da actividades destes mercados. Comezouse a falar de protección dos mercados de valos nos Estados Unidos como consecuencia do crack da bolsa do 20, e, posteriormente, dita situación e gran parte da súa normativa se trasladou a Unión Europea, onde se implantaron moitos dos piares da normativa de protección do mercado de valores. No marco da Unión europea atopámonos coa Directiva de abusos de mercado do ano 2003, que supuxo un gran paso na normativa proteccionista. Actualmente está en vigor o Regulamento 596/2014 que recolle como prácticas abusivas a manipulación de cotizacións e o abuso de información privilexiada.
Dirección
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)
O principio de oportunidade e o proceso por delitos leves.
Autoría
M.M.S.
Grao en Criminoloxía
M.M.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 17:00
17.07.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda as cuestións básicas que deron lugar sobre os novos delitos leves (antigas faltas) e a introdución do principio de oportunidade no ordenamento xurídico español tras a reforma realizada pola Lei Orgánica 1/2025, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro. Analizaránse cuestións como as definicións, os carácteres identificativos, órganos facultados, regulación e o ámbito de aplicación, entre outros.
O presente Traballo de Fin de Grao aborda as cuestións básicas que deron lugar sobre os novos delitos leves (antigas faltas) e a introdución do principio de oportunidade no ordenamento xurídico español tras a reforma realizada pola Lei Orgánica 1/2025, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro. Analizaránse cuestións como as definicións, os carácteres identificativos, órganos facultados, regulación e o ámbito de aplicación, entre outros.
Dirección
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)
La transposición de la Directiva (UE) 770/2019 en el Texto Refundido por el que se aprueba la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios
Autoría
C.M.T.
Grao en Dereito
C.M.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
El presente trabajo trata como se ha abordado por el legislador nacional la trasposición de la Directiva 770/2019 en el ordenamiento español, siendo desarrollado su contenido en el Texto Refundido por el que se aprueba la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios. Esta Directiva supuso un avance significativo en la armonización del Derecho contractual digital en el ámbito de la Unión Europea, fijando como principal objetivo el establecimiento de normas comunes relativas a determinados aspectos de los contratos celebrados entre empresarios y consumidores para el suministro de contenidos y servicios digitales, ya sea a cambio de un precio o mediante la cesión de datos personales. En un contexto cada vez más tecnológico, en el que los bienes y servicios digitales ocupan un lugar central en la vida económica y social, se hacía necesaria una regulación que garantizase un nivel adecuado de protección al consumidor, a la vez que ofreciera seguridad jurídica a los empresarios que comercializan con tales contenidos. La presente Directiva introduce conceptos novedosos como la cesión de datos personales como contraprestación contractual, el régimen de conformidad y las medidas correctoras frente a su incumplimiento, lo cual ha obligado a adaptar diversas normas del ordenamiento español. En este pequeño estudio, se abordará principalmente el ámbito de aplicación, así como el régimen de la falta de conformidad con los contenidos y servicios digitales suministrados.

Deseño dun programa de prevención da violencia de xénero en adolescentes: 'Xeración Violeta'. Unha proposta dirixida ao alumnado de 4º da ESO.
Autoría
M.O.P.
Grao en Criminoloxía
M.O.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
A violencia de xénero non é un fenómeno exclusivo da parella adulta, pois a súa presenza nas relacións afectivas entre adolescentes é cada vez maior, manifestándose a través de condutas de control, celos, dominación ou violencia psicolóxica. Esta violencia en idades temperás a miúdo vese normalizada pola influencia dos mitos do amor romántico e os estereotipos de xénero. Neste contexto, é fundamental unha intervención preventiva, pois nesta etapa é cando se constrúen as bases da identidade persoal, afectiva e social. Así, o presente traballo ten como obxectivo o deseño dun programa de intervención dirixido a adolescentes de 4º da ESO, co propósito de previr a violencia de xénero dende o ámbito educativo. O programa deseñado busca non só sensibilizar ao alumnado sobre a gravidade deste fenómeno, senón tamén traballar aspectos clave como son os roles e estereotipos de xénero, a identificación dos mitos do amor romántico e o recoñecemento de sinais de alerta nas relacións afectivas. Ademais, pretende dotar aos mozos e mozas de ferramentas emocionais que lles permitan establecer vínculos saudables baseados no respecto e igualdade, así como darlles a coñecer os recursos especializados aos que poden acudir en caso de necesitalo. Esta proposta debe entenderse como parte dun proceso máis amplo e continuado de educación para a igualdade. Resulta desexable incorporar este tipo de intervencións de maneira transversal no currículo educativo, promover a implicación das familias e adaptar os contidos aos novos formatos de socialización dixital, onde tamén se reproducen situacións de violencia. Así mesmo, sería recomendable avaliar o impacto real deste tipo de programas a medio e longo prazo, co obxectivo de mellorar a súa eficacia e adecuación ás necesidades do alumnado.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Mallo López, Sabela Carme (Titor do alumno)

Sobre o crime de xenocidio en Gaza
Autoría
N.P.G.
Grao en Dereito
N.P.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, a xa crítica situación humanitaria na Franxa de Gaza (froito dun conflito prolongado e de repetidas hostilidades por parte do Estado de Israel) empeorou a niveis sen precedentes. A escala da devastación e os métodos empregados nas operacións militares xeraron unha profunda preocupación internacional, reavivando o debate sobre a posible comisión do crime de xenocidio contra a poboación palestina. Neste marco, iniciáronse procedementos ante a Corte Penal Internacional e a Corte Internacional de Xustiza co obxectivo de cualificar xurídicamente os feitos e determinar as responsabilidades tanto individuais como estatais. Este estudo ten como obxectivo examinar, desde unha perspectiva xurídica, se a conduta observada pode ser cualificada como crime de xenocidio segundo o dereito internacional aplicable.

PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titoría)
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titor do alumno)

A intelixencia artificial na Administración Pública: oportunidades e desafíos legais.
Autoría
A.P.V.
Grao en Dereito
A.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A intelixencia artificial irrompeu en todos os ámbitos da nosa esfera, ofrecendo oportunidades e vantaxes significativas como a axilización de trámites, a redución da carga administrativa ou a mellora na prestación de servicios públicos. Porén, o uso da Intelixencia Artificial na administración Pública presenta importantes desafíos legais, como son a falta de transparencia na toma de decisións automatizadas, a posible vulneracións de dereitos fundamentais, así como problemas na protección dos datos persoais. Neste ámbito, o caso Syri, xulgado polo tribunal da Haya no ano 2020 é unha forma perfecta para exemplificar de forma práctica todas estas problemáticas, pois foi declarado ilegal debido a opacidade no seu funcionamento, a falta de garantías axeitadas para os cidadáns e o risco de discriminación. Deste xeito, analízase como a intelixencia artificial está sendo progresivamente implementada na Administración Pública, abordando tanto os seus beneficios como os riscos que plantexa e a necesidade dun marco regulador que garantice o respeto aos dereitos fundamentais, para o cal se realiza unha análise de diferentes fontes bibliográficas.

A compensación por desequilibrio económico do artigo 97 do Código Civil.
Autoría
N.T.P.V.
Grao en Dereito
N.T.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten por obxecto examinar o papel fundamental da xurisprudencia do Tribunal Supremo na interpretación e aplicación do artigo 97 do Código Civil. No análise da figura é indudable que existen ciertos puntos sobre os que non hai controversia ningunha no seu estudo, como é o caso da natureza da figura. Mentres que outras cuestión xeran unha mayor problemática. Tales cuestións son o concepto de desequilibrio económico, a determinación do quantum, a realización do xuízo prospectivo que permite fixar a temporalidade, ou as causas de extinción. A estructura do traballo articulase arredor do estudo de catro sentenzas representativas de cada unha das cuestións controvertidas, completadas con doctrina e outras resolución relevantes, mostrando un claro reflexo da aplicación práctica do artigo 97 do Código Civil, así como dos criterios que orientan a interpretación do Tribunal Supremo.

A modalidade ordinaria da suspensión da execución do resto da pena (liberdade condicional): regulación xurídico-penal.
Autoría
N.P.R.
Grao en Dereito
N.P.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo ten por obxecto o estudo da figura da liberdade condicional na súa modalidade ordinaria, desde o seu nacemento como o último período dun sistema de execución penal dividido en etapas, ata a súa configuración actual como unha modalidade de suspensión da execución do resto da pena privativa de liberdade. Incidiremos, desde un punto de vista crítico, nas diversas reformas que experimentou esta institución penal en España, especialmente a partir da Lei Orgánica 1/2015, que alterou por completo o seu réxime xurídico, tanto desde un punto de vista interpretativo como procedemental. Expoñerase, desde unha perspectiva doctrinal e xurisprudencial, o réxime xurídico da liberdade condicional, abordando os seus requisitos, o procedemento para a súa concesión, as prohibicións ou deberes que poden impoñerse ao liberado condicional e a súa posible revogación.
O presente traballo ten por obxecto o estudo da figura da liberdade condicional na súa modalidade ordinaria, desde o seu nacemento como o último período dun sistema de execución penal dividido en etapas, ata a súa configuración actual como unha modalidade de suspensión da execución do resto da pena privativa de liberdade. Incidiremos, desde un punto de vista crítico, nas diversas reformas que experimentou esta institución penal en España, especialmente a partir da Lei Orgánica 1/2015, que alterou por completo o seu réxime xurídico, tanto desde un punto de vista interpretativo como procedemental. Expoñerase, desde unha perspectiva doctrinal e xurisprudencial, o réxime xurídico da liberdade condicional, abordando os seus requisitos, o procedemento para a súa concesión, as prohibicións ou deberes que poden impoñerse ao liberado condicional e a súa posible revogación.
Dirección
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria en tempos de coronavirus
Autoría
C.P.V.
Grao en Dereito
C.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo céntrase no estudo da responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria no contexto extraordinario da pandemia de COVID-19, sobre a base do principio constitucional consignado no art. 106.2 da CE e do seu desenvolvemento na LRXSP. Abórdase o fundamento do devandito instituto en canto garantía fronte aos danos que, cumprindo os requisitos de efectividade, antixuridicidade, evaluabilidade económica, individualidade e conexión causal, tivo por efecto o funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos sanitarios nunha conxuntura de tal excepcionalidade. Singularmente, concéntrase na análise da procedencia das reclamacións patrimoniais nos seguintes ámbitos: a falta de protección do persoal sanitario, os contaxios en ámbitos hospitalarios, e os efectos adversos da vacinación. De igual modo, préstase particular atención ao influxo da forza maior en canto causa exonerante de responsabilidade nunha crise sanitaria de grandes magnitudes.

Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Tribunal
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)
A publicidade encuberta, con especial referencia ao entorno dixital
Autoría
F.P.D.
Grao en Dereito
F.P.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo examina a publicidade encuberta no entorno dixital como unha forma de publicidade que, a diferenza dos métodos tradicionais, se integra no contido que consumimos diariamente nas redes sociais e outras plataformas en liña sen revelar claramente a súa natureza comercial. Esta práctica, cada vez mais común no entorno mediático actual, supón importantes desafíos legais e éticos. A investigación brasease nunha análise da regulación dos actos de engano e as omisións enganosas na Lei de Competencia Desleal e na Lei Xeral de Publicidade, destacando a consideración da publicidade encuberta como ilegal por ser enganosa canso se oculta ou disfraza o carácter promocional da mensaje. Ao mesmo tempo, obsérvanse os requisitos necesarios para considerar unha acción como encuberta e as seas consecuencias, así como as características diferenciados con outras figuras relacionadas como a publicidade indirecta, a publicidade subliminal ou a colocación de produtos. Esta revisión destaca o auxe dos creadores de contido e dos influencers, que adquirieron especial relevancia no panorama actual debido ao auso xeneralizado das redes sociais. A súa actividade nas redes sociais transformou a forma en que se fai a publicidade e como a perciben os consumidores. Unha nova realidade á que tanto as normativas como os sistemas de autorregulación se adaptaron para ofrecer unha maior protección aos usuarios.

MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titoría)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Entre a simulación e a intelixencia artificial: un estudio comparativo sobre a credibilidade e a identificación de testemuñas
Autoría
N.R.P.
Grao en Criminoloxía
N.R.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar como se perciben e valoran os testemuños que puideron ser xerados por intelixencia artificial (IA) ou simulados por persoas, en función da formación académica das persoas avaliadoras. Nun contexto no que a IA se está consolidando como unha ferramenta con impacto crecente en múltiples ámbitos, resulta fundamental examinar ata que punto as súas producións poden ser confundidas con testemuños auténticos e como varía esta percepción segundo o perfil do avaliador ou avaliadora. Para iso, recolléronse datos dunha mostra composta por 40 participantes con formación nos ámbitos comunitario, xurídico (Dereito) e criminolóxico, quenes avaliaron unha serie de testemuños reais e simulados. Utilizáronse diferentes variables para a análise: a percepción de credibilidade de cada testemuño, o número de acertos na identificación de testemuños falsos ou xerados por IA, a seguridade manifestada ao emitir os xuízos, e as bases argumentativas que xustificaban cada resposta. Os resultados mostran diferenzas significativas entre os grupos, especialmente no relativo á identificación das simulacións humanas. Tamén se observa que a percepción de credibilidade non sempre se relaciona co nivel de acerto, e que existen patróns recorrentes nas decisións tomadas, destacando factores como a coherencia interna, a carga emocional ou a fluidez verbal. Estes resultados apuntan á necesidade de revisar os métodos clásicos de avaliación do testemuño, xa que ferramentas tradicionais como o Reality Monitoring ou as escalas do MMPI-2 poderían non ser igual de eficaces ante contidos xerados artificialmente. Así mesmo, discútese o papel que xogan os sesgos, a formación previa e a confianza subxectiva na toma de decisións. Finalmente, expóñense as implicacións prácticas do estudo en diferentes ámbitos e propóñense liñas futuras de investigación orientadas a adaptar as metodoloxías periciais aos novos desafíos que presenta a tecnoloxía.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Coordinador)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

O dereito á asistencia xurídica gratuita
Autoría
A.R.G.
Grao en Dereito
A.R.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:45
18.07.2025 11:45
Resumo
O presente traballo centrase na analise do dereito constitucional á asistencia xurídica gratuita, que garante o acceso á xustiza para as persoas que carezcan de recursos económicos ou que se atopen en condicións de desigualdade debido a outras circunstancias recollidas na Ley 1/1996, de 10 de xaneiro, principal eixe sobre o que bascula dito dereito. Destácase o procedemento de creación e evolución do dereito, as súas actuales características e regulación atendendo á normativa en vigor e tamén as críticas existentes relativas ao mesmo, así como a necesidade dunha reforma. Noutras palabras, trátase de abordar algúns aspectos do pasado, do presente e do futuro da asistencia xuridica gratuita no noso ordenamento xurídico, incidindo especialmente na urxencia de certos cambios relativos á asistencia gratuita tal e como está configurada na actualidade.

Vilaboy Lois, Lotario (Titoría)
Vilaboy Lois, Lotario (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
O delito de rebelión: historia e análise do tipo no século XIX
Autoría
L.R.M.
Grao en Dereito
L.R.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo trata da análise histórico-xurídica do delito de rebelión na lexislación española ao longo do século XIX. O estudo comeza coa evolución dos delitos contra a Coroa na etapa pre-codificadora, partindo do crimen maiestatis da República Romana, pasando pola súa transformación en delito de lesa maxestade durante a Idade Media, ata chegar á influencia das ideas ilustradas, que supuxeron un cambio de paradigma ao reformular o enfoque penal e desprazar a protección do monarca cara á do Estado. Abórdase tamén o concepto de delito político, cuxa definición estivo condicionada polas circunstancias sociais e políticas de cada momento histórico, así como os intentos de autores nacionais e internacionais por acadar unha definición máis precisa baseada no ben xurídico protexido. A codificación penal española iníciase coa promulgación do Código Penal de 1822, que inclúe a primeira definición do delito de rebelión. Lévase a cabo unha análise xurídica dos cambios normativos e doutrinais presentes nese Código e nos posteriores (1848 e 1870), en relación cos elementos do tipo e os obxectivos perseguidos coa súa aprobación. Por último, analízase o desenvolvemento da configuración normativa do sistema de dobre incriminación coa introdución do delito de rebelión militar. A través dun estudo cronolóxico, ponse de manifesto a influencia directa que cada cambio de Goberno exerceu na súa tipificación e a convivencia de ambos delitos.

ORTEGO GIL, PEDRO (Titoría)
ORTEGO GIL, PEDRO (Titoría)
Tribunal
ORTEGO GIL, PEDRO (Titor do alumno)
ORTEGO GIL, PEDRO (Titor do alumno)
Intelixencia Artificial na Administración Tributaria e dereitos dos contribuíntes.
Autoría
R.J.R.R.
Grao en Dereito
R.J.R.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
A utilización de sistemas de Intelixencia Artificial no ámbito tributario é capaz de aportar beneficios relevantes e, a súa vez, entrar en colisión con certos dereitos dos contribuíntes. Este traballo aborda a evolución histórica e conceptual da Intelixencia Artificial, co fin de comprender as características técnicas e xurídicas que a definen. Así mesmo, analiza o marco normativo máis recente, con especial atención ao Regulamento da Unión Europea de Intelixencia Artificial e á Estratexia de Intelixencia Artificial desenvolvida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Finalmente, examínanse algún dos dereitos que poden verse comprometidos polo uso de estos sistemas no ámbito tributario: o dereito a obter unha resolución debidamente motivada, o dereito á protección de datos persoais e o dereito á igualdade e non discriminación.

RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
Tribunal
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Presidente/a)
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Villaverde Gómez, María Begoña (Vogal)

O cambio de nome e sexo no Rexistro Civil para as persoas transexuais. Evolución e a nova Ley 4/2023.
Autoría
M.B.R.V.
Grao en Dereito
M.B.R.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 14:00
16.07.2025 14:00
Resumo
O presente traballo ten por obxecto a análise do cambio de nome e sexo no Rexistro Civil para as persoas transexuais, á luz da evolución normativa e xurisprudencial en España, con especial atención á Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Partindo dun estudo teórico sobre o nome como dereito subxectivo e a súa regulación xurídica, afóndase no dereito á identidade de xénero como manifestación do libre desenvolvemento da personalidade e da dignidade humana. Abórdase a evolución histórica do recoñecemento xurídico das persoas trans, dende a xurisprudencia do Tribunal Supremo previa á Lei 3/2007, pasando por esta normativa (que supuxo un importante avance, aínda que limitado pola súa perspectiva médica e excluínte), ata chegar ao novo paradigma que representa a Lei 4/2023. O traballo tamén examina as críticas doutrinais á nova regulación, valorando os logros acadados en termos de despatoloxización e accesibilidade, pero sen deixar de sinalar os riscos derivados dunha posible utilización fraudulenta do procedemento ou dunha falta de precisión na súa aplicación práctica. A través desta análise xurídica e xurisprudencial, o traballo pretende ofrecer unha visión completa, crítica e actualizada do marco normativo aplicable aos dereitos das persoas trans no ámbito do Rexistro Civil.

As medidas relativas a fillos e fillas nos procesos de familia: o interese superior do menor
Autoría
I.S.D.R.
Grao en Dereito
I.S.D.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxecto analizar o principio do interese superior do menor como criterio reitor na resolución das crises matrimoniais, no marco do Dereito de familia. A través dunha análise normativa, doutrinal e xurisprudencial, examínase como este principio orienta a actuación xudicial en cada un destes ámbitos, destacando o seu carácter transversal e a súa función como guía e eixo vehicular na resolución de conflitos entre proxenitores. A investigación céntrase no estudo de catro aspectos xurídicos fundamentais nos procedementos de separación, divorcio ou nulidade con fillos menores: a atribución da garda e custodia, o réxime de visitas do proxenitor non custodio, a pensión de alimentos e o uso da vivenda familiar. A través da análise doutrinal, xurisprudencial e normativa, examínase como os órganos xurisdicionais ponderan e aplican o interese superior do menor, buscando preservar o seu benestar físico, emocional e psicolóxico. Malia que o principio en cuestión goza de amplo recoñecemento, a súa aplicación práctica require unha valoración casuística que atenda ás circunstancias particulares de cada familia, dando prioridade á estabilidade e continuidade na vida do menor. Asemade, ponse de manifesto a importancia dunha interpretación dinámica e evolutiva do concepto, en consonancia coas transformacións sociais e familiares contemporáneas.

CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
Tribunal
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titor do alumno)

A técnica de fenotipado de ADN aplicada ao ámbito criminal. Aplicación práctica do procedemento mediante a predición da cor de ollos.
Autoría
C.T.D.
Grao en Criminoloxía
C.T.D.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 18:00
16.07.2025 18:00
Resumo
A técnica do fenotipado de ADN, aplicada ao ámbito criminal, consiste na análise do perfil xenético dunha persoa, para predicir as súas características físicas (actualmente, sobre todo, cóntase cunha boa precisión na predición da cor de ollos, pel e pelo), a súa idade, así como a súa ascendencia bioxeográfica. A súa aplicación pode resultar moi beneficiosa para casos criminais, en cuxas investigacións non se logra avanzar porque os axentes policiais non teñen ningún sospeitoso có cal comparar as mostrar xenéticas atopadas na escena do crime. Desta forma, poderíase coñecer o aspecto desta persoa, e centrar a busca entre os individuos que comparten as mesmas características. Neste traballo, ademais de facer unha revisión bastante pormenorizada sobre o que é o fenotipado forense e todo o que implica, levouse a cabo na práctica a análise de varias mostrar de ADN para predicir a cor de ollos, a modo de exemplificar dalgunha maneira como se obteñen estes datos a partir das ferramentas que se dedican á estimación das características fenotípicas.

CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
Tribunal
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titor do alumno)

Avaliación da credibilidade do testemuño nas forzas de seguridade
Autoría
I.T.M.
Grao en Criminoloxía
I.T.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo analiza comparativamente a credibilidade percibida de tres tipos de testemuños sobre agresións sexuais: declaracións reais de vítimas, simulacións deliberadas creadas por persoas e narrativas xeradas por intelixencia artificial mediante modelos de linguaxe. O obxectivo principal é identificar diferenzas narrativas, psicolóxicas e lingüísticas entre estas fontes, e analizar como inflúen na percepción de veracidade por parte de avaliadores humanos, especialmente axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Entre os obxectivos específicos inclúense: examinar os criterios utilizados para valorar a credibilidade, medir a capacidade de discriminación entre tipos de testemuños, explorar as implicacións legais do uso da IA en procesos penais e propoñer recomendacións para garantir a fiabilidade da proba testemuñal. Deseñouse un estudo experimental con 40 participantes (20 axentes das forzas de seguridade e 20 persoas do grupo comunitario). Cada participante avaliou tres testemuños, un de cada tipo, valorando a súa credibilidade, orixe, grao de seguridade e os motivos da súa decisión. Analizáronse os acertos obxectivos, a confianza subxectiva e os argumentos empregados. Os resultados evidenciaron unha baixa taxa de acertos: só un 2,5 por cento identificou correctamente os tres testemuños reais, e máis do 70 por cento non acertou ningún caso simulado ou xerado por IA. A pesar diso, a media de confianza foi elevada, especialmente no grupo de forzas de seguridade, o que reflicte un fenómeno de sobreconfianza. Os criterios máis citados foron o contido, o nivel de detalle e a coherencia, pero ningún se asociou cun maior nivel de precisión. As conclusións reforzan o exposto no marco teórico: os xuízos humanos sobre a veracidade son falibles e vulnerables a sesgos, e os métodos tradicionais de análise poden resultar insuficientes fronte a ameazas emerxentes como a IA. Recoméndase formación específica, o uso de ferramentas automáticas para detectar textos artificiais e protocolos periciais adaptados que preserven a integridade do proceso penal.

O aumento do delito de estafa informática: análise dende un punto de vista criminolóxico.
Autoría
A.M.T.I.
Grao en Criminoloxía
A.M.T.I.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
As situación nas que os individuos foron vítimas dun delito de estafa informática aumentaron de forma exponencial nos últimos anos, sobre todo a raíz da crise da COVID-19. Isto vén da man de gran cantidade de avances tecnolóxicos das últimas décadas, e dos cada vez máis extensos e diversos usos de internet para o día a día das persoas. Para levar a cabo esta acción delituosa existen diversas modalidades que se atopan en constante evolución para adaptarse a estes avances. Neste traballo pretendo facer unha análise dende un punto de vista criminolóxico deste delito, falando da súa regulación en España e das modalidades que podemos atopar, dos factores que poden servir de motivación para levalo a cabo ou causar o seu incremento, dos perfís da vítima e do vitimario, e das posibles formas de prevención que se poidan aplicar para este feito delituoso.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
Tribunal
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titor do alumno)

A criminalización do ecocidio no Estatuto de Roma
Autoría
D.V.C.
Grao en Dereito
D.V.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a viabilidade e conveniencia de incluír o crime de ecocidio como quinto delito no Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional (CPI). Partindo dos antecedentes no Dereito Internacional -desde a tipificación de danos ambientais no Protocolo Adicional I de 1977 ata as propostas doutrinais máis recentes-, examínanse os debates que conduziron á exclusión do ecocidio do texto final de 1998 e a súa posterior revitalización académica e política. Realízase un estudo comparado das definicións formuladas polo Panel Internacional de Expertos (IEP) e polo Promise Group da UCLA, así como da emenda presentada por Vanuatu en setembro de 2024, que adopta a redacción do IEP. A través dun análise técnico-xurídico dos elementos obxectivos e subxectivos propostos, e das modalidades de emenda do Estatuto -incluíndo enfoques por fases e modificacións preambulares-, avalíanse as barreiras técnicas, políticas e xurídicas para a súa codificación. O traballo propón unha folla de ruta gradual, comezando coa ampliación da competencia material da CPI e unha fase preambular, para allanar o camiño cara á tipificación autónoma e efectiva do ecocidio.

O recoñecemento de Estados: o proceso de creación dun Estado xudeu en Palestina.
Autoría
A.L.V.M.
Grao en Dereito
A.L.V.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
O estatus xurídico e político do Estado de Israel, así como as súas actuacións a nivel internacional, constitúen un dos temas máis importantes e debatidos do momento na escena internacional. Ao longo do tempo, as accións deste Estado e as controversias arredor da súa existencia desencadearon intensos debates, acrecentados polos continuos conflitos que subxugan a rexión. Este tema está enmarcado na Lección 10 contida na Parte IV da Guía Docente do Programa da materia Dereito Internacional Público (DIP). A configuración de Israel foi froito dun arduo proceso forxado ao longo de varios séculos, que culminou en 1948 coa proclamación formal do Estado xudeu. Sen analizar o percorrido histórico, as tensións xeradas e as aspiracións dos pobos da rexión, non se pode comprender a magnitude e complexidade dun conflito que segue marcando o destino de árabes e xudeus. Por iso, a través deste Traballo de Fin de Grao (TFG), estruturado en seis capítulos, abordaranse os principais fitos históricos e políticos que conformaron o marco idóneo para a constitución de Israel: desde o nacemento do sionismo, pasando polo Mandato Británico sobre Palestina, ata culminar na súa constitución definitiva. Finalmente, analizaranse os acontecementos ocorridos despois de 1948. Todo isto será abordado desde a perspectiva do Dereito Internacional Público, co obxectivo de comprender se as actuacións emprendidas ao longo da historia contan co respaldo e os fundamentos xurídicos necesarios para soster a existencia de Israel como entidade estatal.

A lexítima viuval: tratamento da figura no CC e a LDCG
Autoría
L.Y.V.
Grao en Dereito
L.Y.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 10:15
15.07.2025 10:15
Resumo
Neste traballo realízase unha análise comparativa do desenvolvemento xurídico da lexítima do cónxuxe viuvo, tanto no Código Civil español como no Dereito Civil de Galicia. Para iso, preséntanse as características específicas da lexítima viúval, destacando os elementos comúns de ambos os sistemas xurídicos e, á súa vez, os aspectos nos que difiren. O interese que esperta este concepto e a súa singular regulación, non só en relación co dereito galego, senón tamén en comparación con outros dereitos civís autonómicos existentes no Estado español, reside principalmente nas especificidades que presenta en relación con outras lexítimas, destinadas a protexer o cónxuxe sobrevivente e garantir a súa posición económica tras o falecemento do seu cónxuxe. O sistema sucesorio gallego ofrece unha regulación da lexítima viúva máis modernizada ca a do Código Civil, polo que o proxecto tamén analizará a vía de futuro en canto a posibles reformas da institución.