Programa Vírate: Intervención dirgida a menores que agreden sexualmente.
Autoría
S.A.R.
Grao en Criminoloxía
S.A.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
Este Trabajo de Fin de Grado presenta el diseño de un programa de intervención criminológica dirigido a menores que cumplen una medida judicial por la comisión de los delitos contra la libertad sexual, comprendidos en el Título VIII del Código Penal (1995). La propuesta surge ante la baja probabilidad de encontrar, en la comunidad gallega, intervenciones específicas para esta tipología delictiva. El proyecto ha sido diseñado para que resulte su aplicación en esta comunidad, con el objetivo principal es reducir el riesgo de reincidencia a través de la intervención sobre los factores de riesgo dinámicos identificados por la criminología como precipitantes de la conducta delictiva. Así, desde un enfoque multisistémico, basado principalmente en el modelo cognitivo-conductual, se abordan aspectos tales como: el reconocimiento de la problemática, la sexualidad saludable, la autoestima, la empatía con la víctima, la autorregulación emocional y la detección de aspiraciones personales y sociales. El programa se estructura en siete módulos, con actividades semanales que combinan dinámicas teórico-prácticas grupales con un trabajo personal del menor. Para evidenciar la efectividad de este programa, se propone una evaluación intergrupos utilizando una versión adaptada del Protocolo para la Evaluación de Delincuentes Sexuales Juveniles II (J-SOAP-II), proponiendo un grupo experimental y un grupo control, con el objetivo de obtener resultados comparativos que demuestren la validez de esta intervención. En definitiva se espera que, tras la aplicación, el grupo experimental muestre una disminución significativa en factores de riesgo vinculados a la conducta sexual ilícita.

Dirección
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
Estudo sobre as agresións sexuais facilitadas por drogas
Autoría
D.A.A.
Grao en Criminoloxía
D.A.A.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Nos últimos anos, as agresións sexuais facilitadas polas drogas aumentaron significativamente, xerando unha crecente alarma social. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é examinar a literatura científica recente sobre este tipo de agresións sexuais, buscando actualizar o coñecemento existente sobre o tema e arroxar luz sobre o estado actual do problema, así como orientar a súa abordaxe para acadar unha maior eficacia nos protocolos de actuación. Realizouse unha busca nas bases de datos Web of Science e PubMed de artigos publicados entre 2020 e 2025, ambos incluídos. A busca produciu un total de 236 documentos, que se reduciron a 19. Engadíronse outros documentos e lexislación obtida doutras fontes bibliográficas. Como resultado, foi posible identificar que o perfil de vítima máis frecuente é o dunha muller nova, mentres que o perfil do agresor adoita ser masculino, cunha idade media de 33 anos. Ademais, os datos analizados mostran que o alcol é a substancia máis consumida nestas agresións; e estas tenden a producirse en ambientes de ocio nocturno e en domicilios particulares, o que demostra a existencia de patróns recorrentes en canto ao escenario e as circunstancias nas que se producen estes delitos. As recentes modificacións lexislativas do Código Penal adaptaron as respostas penais a este tipo de agresións. A Guía de Boas Prácticas para a Actuación Forense do Ministerio de Xustiza (2022) establece directrices para a correcta avaliación e documentación das lesións en casos de delitos facilitados por substancias psicoactivas. O protocolo do SERGAS (2025) coordina as accións dos servizos sanitarios, o xulgado de garda e o IMELGA para garantir unha atención integral e especializada ás vítimas de submisión química.

SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titoría)
Tribunal
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titor do alumno)
SÁNCHEZ SELLERO, INÉS (Titor do alumno)
A retórica no ordenamento xurídico contemporáneo
Autoría
G.A.A.
Grao en Dereito
G.A.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
A retórica é un arte que se practica dende o inicio dos tempos do ser humano racional. Este arte na actualidade moi pouco estudiado é unha gran ferramenta de poder para os operadores xurídicos contemporáneos. Dentro deste traballo trátase de entender a importancia da aplicación que ten a retórica sobre os operadores xurídicos. Para chegar ao fin desexado é importante coñecer os fundamentos do tema, xa que a retórica vai estreitamente ligada á argumentación xurídica e unha precisa da outra para complementarse e chegar ao fin que se persegue, que sempre ten que ser a xusticia. Esta arma de poder chamada retórica é tratada dende a antigua Grecia por grandes filósofos como Platón, Aristóteles, Cicerón, entre outros. Pero aínda no século XX, segue sendo un tema estudiado por filósofos como Charles Perelman, Robert Alexy. Na actualidade a filosofía do dereito dentro das facultades de dereito cada vez ten menos presencia. A argumentación xurídica e a retórica que son artes que se practican dende fai moito tempo, pero na actualidade están perdendo forzas debido a que non se fomenta o seu estudio dentro das aulas das universidades, cando en realidade estas dúas señoras cando se unen teñen un poder de convición moi alto, algúns chámano manipulación psicolóxica, pero outros o entendemos como a condución da alma cara a xusticia. Como todo neste mundo, temos unha vertente positiva da retórica que é a xa mencionada, aquela que ten como objexectivo final a búsqueda da verdade e a aplicación da xusticia, pero tamén ten a súa parte negativa, xa que, qué pasa si alguén a usa para facer o mal? Por iso é de suma importancia saber identificar con qué intención se está a aplicar este arte

OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
Tribunal
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)

A aportación de proba obtida por particulares no proceso penal
Autoría
N.A.P.
Grao en Dereito
N.A.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:15
26.06.2025 13:15
Resumo
O obxectivo deste traballo limítase a unha análise das probas que os particulares poden achegar nos procesos penais. En primeiro lugar, e para orientar o lector, ofrécese un breve esbozo dos principios reitores neste ámbito. Baixo estas premisas, preséntanse os conceptos teóricos necesarios en materia de ilegalidade e regra de exclusión. Para axudar a crear unha comprensión completa da situación, estudamos os efectos deste fenómeno e, en particular, o risco ao que se expón os dereitos e liberdades fundamentais tanto das partes como de terceiros. A partir desta base de coñecemento, procedemos a examinar a diversa xurisprudencia que chegou aos nosos tribunais: desde as sentenzas pioneiras, o coñecido caso Falciani, e ata a actualidade. Observamos os requisitos esixidos polos tribunais para a admisibilidade destas probas nos procesos penais. Finalmente, recollemos as consecuencias derivadas dos cambios na dirección xurisprudencial ante a ausencia dunha declaración normativa eficiente e sólida.

RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Titor do alumno)

A Intelixencia Artificial e as decisións automatizadas da Administración Pública en España
Autoría
N.A.P.
Grao en Dereito
N.A.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
A Intelixencia Artificial é unha disciplina científica que, mediante o uso de algoritmos e datos, é capaz, mediante sistemas de IA, de analizar a información otorgada, ordenala, filtrala e obter dela unha solución para a consecución dunha serie de obxetivos específicos. Neste traballo falaremos dunha evolución da IA e do seu impacto na sociedade, economía e medioambiente das grandes potencias. En concreto, na Unión Europea e España. A través de ditos sistemas de IA búscase beneficiar aos seres humanos provocando só aqueles perxuizos necesarios para conseguir dito obxetivo. Ponse de manifesto a importancia da protección dos dereitos fundamentais e os valores da Unión Europea a hora de intentar conseguir ditos obxetivos, así como a protección da Democracia e do Estado de Dereito. É sabido que a IA comporta danos e riscos, por iso, os Estados Membros da Unión deben estar preparados ante os desafíos que puidesen xurdir e para elo, créanse as directrices como as Directrices Éticas para unha Ia fiable ou a Estratexia Europea para dar forma a un futuro próspero en Europa, entre outras. O mesmo pasa coa IA en España, onde falaremos tamén do seu marco normativo, así como das Estratexias sobre IA que posee España e que quere por en funcionamento para lograr que a IA, en consonancia coa UE, sexa fiable, ética, legal e robusta. Ademais neste traballo tamén analizaremos casos importantes como son o caso BOSCO, COMPAS ou Syri. Os cales foron fundamentais para entender o alcance e riscos da IA en relación a opacidades, falta de transparencia, así coma os riscos das decisións automatizadas das Administracións Públicas e a falta de auditabilidade e rendición de contas

VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Contratos internacionais. Límites ó exercicio da autonomía da vontade do art. 3 do Regulamento Roma I: contratos domésticos e intra-UE (arts. 3.3 e 3.4 Roma I).
Autoría
P.A.S.
Grao en Dereito
P.A.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten por obxecto a análise do alcance da autonomía da vontade no contexto da elección do Dereito aplicable nas obrigas contractuais internacionais desde a óptica dos artigos 3.3 e 3.4 do Regulamento Roma I. Para iso, estúdase, por unha banda, o ámbito de aplicación do artigo 3.3, facendo especial fincapé en expor cando nos atopamos ante unha situación interna e cando ante unha situación internacional, onde cobra especial importancia o estudo da recente Sentenza do TXUE Inkreal. Así mesmo, trátase de expor o efecto que xorde da elección de lei en supostos conflitivos como a remisión a corpos normativos non estatais, a denominada lex mercatoria e o papel que xogará a autonomía material nesa elección. Así mesmo, incidirase igualmente en coñecer o ámbito de aplicación do artigo 3.4, os Estados que poden ser considerados Estados membros e a natureza das normas de Dereito comunitario que efectivamente teñan carácter de disposicións imperativas; tendo presente o problema que implica que a aplicación esixida polo artigo sexa a da lex fori, e a relación espacial con outras normas incluídas en instrumentos normativos comunitarios. Unha vez delimitado este ámbito de aplicación e a natureza das normas dos devanditos artigos, estudarase a relación das disposicións imperativas internas coas leis de policía recollidas no artigo 9 do Regulamento Roma I.

MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titor do alumno)

Dereitos de Autor fronte á Intelixencia Artifical
Autoría
L.A.A.S.
Grao en Dereito
L.A.A.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
O desenvolvemento de sistemas de IA afectou o funcionamento das sociedades a nivel global; nese sentido, os dereitos de autor foron especialmente enfrontados. Por iso, o obxectivo do presente traballo é analizar as problemáticas xurdidas en cada fase da vida dunha IA: os inputs, co uso de material protexido nos datos de entrada e adestramento da IA sen o consentimento do titular da propiedade intelectual; os prompts, sobre a probabilidade que unha instrución ingresada por un usuario pode estar dotada de creatividade suficiente para ser susceptible de protección; e, outputs, nos que se identifican problemáticas que van máis aló de recoñecer un dereito e identificar ao titular do mesmo. Para o que, se parte dunha revisión sistemática da doutrina, a casuística xerada e a resposta dos Estados a este fenómeno, en especial España e a Unión Europea. Entre as principais conclusións identifícase que existe un marco xurídico europeo ante os inputs que debe ser mellorado; mentres que, non existe ningunha norma que aborde as fases de prompts e outputs nin a nivel europeo nin a nivel nacional.

GARCIA VIDAL, ANGEL (Titoría)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA VIDAL, ANGEL (Titor do alumno)
GARCIA VIDAL, ANGEL (Titor do alumno)
As vítimas de trata de persoas no Dereito da Unión Europea: Análise dos mecanismos de reparación
Autoría
C.A.E.
Grao en Dereito
C.A.E.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
En maio de 2024 o acervo comunitario aumentaba ca aprobación da Directiva (UE) 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de maio de 2024, sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica. Dita Directiva, entre outras cousas, incorpora novos dereitos e medidas de protección para estas vítimas e así mesmo modifica parcialmente a Directiva 2011/36, relativa á prevención e loita contra a trata de seres humanos e a protección das vítimas, xa que esta última non respondía dunha forma completa las necesidades específicas das vítimas. O delito de trata de persoas, obxecto deste traballo, é, ademais dunha grave violación dos dereitos humanos, unha forma específica desta violencia. A raíz do aumento do número de vítimas de trata, tendo en conta as consecuencias negativas que xera para as súas vítimas e, aproveitando o compromiso que a Unión Europea manifestou ter ca súa reparación, este traballo busca identificar os concretos mecanismos de reparación que están previstos na lexislación comunitaria. Partindo das cinco modalidades de reparación establecidas pola ONU a comezos deste século na Resolución 60/147, ambas Directivas prevén a indemnización, as medidas de rehabilitación e as garantías de no repetición. Pero non o fan respecto á satisfacción. A súa vez, só unha delas fai referencia á restitución. As dúas normas comparten a regulación destas medidas, pero á hora de facer comparacións, a Directiva (UE) 2024/1385, aínda pendente de traspoñer na inmensa maioría das lexislacións internas, ofrécenos una regulación máis extensa e detallada. Ademais de manter as “tradicionais” modalidades de reparación, inclúe medidas relacionadas cas novas tecnoloxías, especialmente relativas ao apoio online, e más próximas ao contexto actual.

MONTERO FERRER, CARMEN (Titoría)
MONTERO FERRER, CARMEN (Titoría)
Tribunal
MONTERO FERRER, CARMEN (Titor do alumno)

Os contratos formativos
Autoría
D.A.S.
Grao en Dereito
D.A.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
No presente traballo analízase a evolución e regulación dos contratos formativos en España, destacando o seu papel na inserción laboral e na cualificación profesional da mocidade. O Real Decreto-lei 32/2021 introduciu modificacións clase na sua regulación, establecendo o contrato formativo con días modalidades: formación en alternancia e obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos. Historicamente, os contratos formativos foron evolucionando para adaptarse ás necesidades do mercado laboral e do sistema educativo. Anteriormente coexistían distintas figuras, como o contrato en prácticas e o contrato de formación e aprendizaxe, o que xeraba certa confusión e segmentación. A reforma buscou simplificar o marco legal e mellorar a integración da formación coa experiencia laboral. A repercusión desta reforma localízase na necesidade de reducir a temporalidade e mellorar a empregabilidade xuvenil. Establecéronse novas condicións para garantir o cumprimento do obxectivo formativo destes contratos, evitando o seu uso fraudulento como man de obra barata sen formación real. Ademais, a reforma facilita unha maior coordinación entre empresas e entidades educativas para mellorar a calidade da formación recibida. A nova regulación presenta avances en termos de protección e dereitos das persoas traballadoras en formación, pero tamén fai referencia á carga administrativa que supón para as empresas e á necesidade dunha supervisión efectiva para previr abusos. Polo tanto, o éxito destes contratos dependerá da súa correcta implementación e da capacidade das institucións para fomentar o seu uso axeitado, asegurando que realmente contribúan á cualificación profesional e á estabilidade laboral da mocidade traballadora en España.

FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titor do alumno)

A presunción de inocencia en delitos contra a liberdade sexual
Autoría
C.A.V.
Grao en Dereito
C.A.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
A presunción de inocenciasupón un piar fundamental do Estado de Dereito moderno. A súa salvagarda evita os procesos inquisitivos propios do Antigo Réxime. Porén, existen supostos delituosos, como é o caso das agresións sexuais, que, por teren lugar en contornas de intimidade, contan como única proba de cargo ca testemuña da vítima. Para que este poida ser considerado como proba suficiente, debe cumprir certos requisitos perfilados xurisprudencialmente: ausencia de interese espurio, ausencia de incredibilidade subxectiva e persistencia na acusación. Aínda que poida parecer sinxelo, existen diversos casos nos que a cuestión se volve complexa. Así, danse supostos nos que a vítima tarda en denunciar os feitos, atópase nunha situación persoal que xera dúbidas sobre a veracidade da súa testemuña ou, pola súa idade, existen incertezas sobre a fiabilidade das súas palabras. Ademais, non sempre están claramente definidos os perfís do que constitúe unha agresión sexual. Segundo o Tribunal Supremo, isto terá lugar sempre que concorran dous elementos: un obxectivo, a comisión dos feitos, e outro subxectivo, o ánimo libidinoso do autor. Non pode faltar mención, nun traballo desta natureza, ao caso de Dani Alves, no que se imputaba unha agresión sexual ao futbolista nunha discoteca de Barcelona. A sentenza, que foi recorrida, condenaba nunha primeira instancia a Alves, que posteriormente foi absolto. Ao meu ver, análise da proba feita na sentenza absolutoria é deficiente, pois non ten en conta adecuadamente a natureza dos elementos periféricos do caso. Así pois, estimo que o máis oportuno tería sido condenar ao xogador.

Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titoría)
Tribunal
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Titor do alumno)

O delito de asasinato: o asasinato hiperagravado do artigo 140.1 CP.
Autoría
H.A.Y.
Grao en Dereito
H.A.Y.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
O asasinato é o máis grave dos delitos contra a vida recollidos no Código penal. Malia atoparse dende antigo castigado coas penas máis severas, no ano 2015 o lexislador introduciu, a través do artigo 140.1 CP, un tipo hiperagravado por tres circunstancias que determinan a imposición da prisión permanente revisable, sobre as cales recaerá o obxecto principal desta análise. Para iso, é necesario partir do estudo dos elementos constitutivos do asasinato, xa que, como se expoñerá máis adiante, están estreitamente relacionados con moitos dos problemas que plantea a aplicación do artigo 140.1 CP. Asemade, analizaranse brevemente os demáis aspectos comúns do tipo básico, así como o tipo agravado. A continuación, abordaranse os problemas máis recurrentes relativos á aplicación e interpretación das circunstancias do artigo 140.1 CP, particularmente en relación coa súa proclividade á vulneración do principio non bis in idem, atendendo ás solucións, xeralmente carentes de consenso, achegadas pola xurisprudencia e a doutrina. Ademais, a través deste estudo individualizado das diferentes circunstancias, reflectiranse as principais e numerosas críticas postas de relieve por diversos autores en relación coa súa introdución no texto punitivo. Finalmente, exporanse os problemas de constitucionalidade que parecen rodear a prisión permanente revisable, así como as críticas (novamente numerosas) das que foi obxecto.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)

Análise de sentenzas penais sobre delitos de agresión sexual infantil
Autoría
M.D.C.A.L.
Grao en Criminoloxía
M.D.C.A.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O abuso sexual infantil abrangue calquera actividade sexual na que se inclúa un neno ou nena sin capacidade para manifestar o seu libre consentimento. O presente estudo trata de coñecer os últimos datos sobre dita tipoloxía de delito mediante un análise de sentenzas xudiciais. Para iso, analizánronse 100 sentenzas penais aleatorias executadas no año 2024 osbre delitos de agresión sexual a menores de 16 anos, que impliquen contacto físico coa vítima e que o fallo sexa condenatorio. A información obtida analizouse en catro dimensións: aspectos xudiciais, características da vítima, características do agresor e variables do delito. Aplicouse os estadísticos Chi-cuadrado r Pearson y t de Student para analizar a relación entre variables. Os resultados amosaron que o 91% das vítimas corresponden ao sexo femenino, mentras que os agresores na súa totalidade son homes. O período de maior risco de vitimización é a niñez, sendo habitual que a relación vítima-agresor sexa intrafamiliar, o escenario do delito sexa residencial, o modus operandi presencial e que o método comisico sexa o prevalemento. Destácase que o tipo de agresión máis xudicializado é a penetración, realizándose de maneira reiterada no tempo.

Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
A prevención de riscos laborais na relación laboral especial do servizo do fogar familiar: unha aproximación crítica con perspectiva de xénero.
Autoría
M.A.A.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.A.A.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ofrece unha análise crítico da prevención de riscos laborais no ámbito da relación laboral especial do servizo do fogar familiar, con especial atención ás particularidades que esta presenta. O estudo, partindo dunha análise da normativa aplicable a este colectivo ao longo da historia e ata a actualidade, aborda as dificultades estructurais que afectan á efectividade das políticas preventivas neste sector, derivadas tanto do seu desenvolvemento no ámbito privado do fogar como das limitacións normativas e operativas que isto implica. Do mesmo xeito, incorpórase de forma transversal unha perspectiva de xénero, indispensable para comprender a feminización do colectivo e as múltiples formas de vulnerabilidade que afectan ás traballadoras do fogar, na súa maioría mulleres e inmigrantes. Finalmente, examínanse as novidades introducidas polo Real Decreto 893/2024, de 10 de septiembre, por el que se regula la protección de la seguridad y la salud en el ámbito del servicio del hogar familiar, que a priori supón un avance significativo na equiparación de dereitos en materia de seguridade y saúde laboral para este colectivo históricamente precarizado.

MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Vogal)

A Administración Exterior
Autoría
L.A.D.
Grao en Dereito
L.A.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
No marco da Constitución Española, as relacións internacionais son competencia exclusiva do Estado. O Goberno dirixe a Política exterior, o que fai do seu presidente unha figura clave. Cabe destacar a importancia formal do Rei, ao que se lle atribúe un papel de representación. Ao poder lexislativo correspóndelle autorizar algúns tratados e ser informado do resto, mentres que outros tratados, que implican a cesión do exercicio de competencias derivadas da Constitución, requiren dunha lei orgánica. A política exterior divídese en varias etapas: elaboración, execución e control. O modelo de control lexislativo difire en distintos países. Con todo, é importante considerar que a política exterior das moitas autocracias que existen no mundo non pode ser analizada nos mesmos termos, considerando o funcionamento da Administración dos réximes totalitarios e o marcado personalismo na toma de decisións noutros casos. Tamén cobra relevancia a interacción entre a política interior e a política exterior. O principio de unidade de acción no exterior é importante para asegurar a boa coordinación. A nivel práctico, isto implica que os distintos departamentos non actúen de forma totalmente independente. A acción exterior das Comunidades Autónomas está prevista en varios estatutos de autonomía. O Tribunal Constitucional pronunciouse sobre o caso de Cataluña: as Comunidades poden levar a cabo actividades fóra de España no exercicio das súas competencias, pero non poden manter as relacións entre suxeitos internacionais propias do dereito internacional. No relativo á Política Exterior e de Seguridade Común é necesario destacar o labor do Alto Representante e do presidente do Consello Europeo. Aínda que a política exterior é competencia dos Estados membros, estes deben ser leais, o que implica non actuar contra os intereses da Unión Europea.

O control das subvencións e axudas públicas.
Autoría
J.A.A.R.
Grao en Dereito
J.A.A.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo estuda o réxime xurídico do reintegro das subvencións públicas en España, centrado na Lei Xeral de Subvencións como normativa principal. Analízase como este mecanismo permite recuperar fondos públicos cando se modifican as condicións que xustificaron a concesión, protexendo así o patrimonio público. A investigación aborda tanto aspectos materiais como procedementais, ofrecendo unha visión integral desde as causas ata os efectos xurídicos do reintegro. A metodoloxía baséase na análise doutrinal, xurisprudencial e normativa, clasificando as causas de reintegro en dous grupos: a invalidez do acto inicial (nulidade e anulabilidade) e a revogación por incumprimento posterior, conforme ao artigo 37 da Lei. Examínanse diversas causas, desde a obtención indebida mediante falsidade, falta de xustificación e incumprimento de obxectivos, ata a resistencia aos controis e a percepción de axudas incompatibles co dereito europeo. Tamén se estuda o sistema de cálculo do reintegro, que inclúe o importe principal e os xuros de demora, analizando a evolución do tipo de xuro aplicado e o cómputo temporal. Identifícanse os suxeitos obrigados, diferenciando entre beneficiarios principais e responsables solidarios ou subsidiarios. Por último, analízase o procedemento administrativo do reintegro, desde o seu inicio ata a resolución, revisando garantías, prazos, medidas cautelares como a retención de pagamentos, e a interpretación xurisprudencial sobre a motivación e proporcionalidade na graduación do reintegro.

Garrido Juncal, Andrea (Titoría)
Garrido Juncal, Andrea (Titoría)
Tribunal
Garrido Juncal, Andrea (Titor do alumno)

O contrato SWAP. Desenrolo xurisprudencial da presunción de erro por incumprimento das obrigas de información
Autoría
R.B.V.
Grao en Dereito
R.B.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O fundamento deste traballo e ofrecer unha comprensión xeral do concepto de instrumento financeiro, en especial do contrato de permuta de tipos de interés, o seu encuadre xurídico, a función socioeconómica da que trae causa, e unha revisión crítica ó desenrolo xurisprudencial que levou a presumir erro na contratación por incumprimento das obrigas de información.

GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Titor do alumno)

Análise xurídica da resposta institucional á violencia de xénero: especial referencia á Lei Orgánica 1/2004.
Autoría
E.B.L.
Grao en Dereito
E.B.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 17:30
26.06.2025 17:30
Resumo
A violencia de xénero é unha manifestación de desigualdade estrutural entre homes e mulleres que se exerce no ámbito das relacións afectivas, onde a muller é sempre o suxeito pasivo e o home o suxeito activo. Esta forma de violencia, que durante moito tempo permaneceu oculta e normalizada, xerou unha crecente preocupación e rexeitamento social que motivou a transformación das políticas públicas e xurídicas orientadas á súa erradicación. No ámbito legal, esta evolución concretouse na aprobación de normas que abordan a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, superando a concepción exclusivamente penal para incorporar medidas de prevención, asistencia e protección ás vítimas. A Lei Orgánica 1/2004 constitúe un punto de inflexión, ao establecer unha resposta transversal que implica diferentes órganos e ámbitos, tanto xudiciais como sociais. Ademais da normativa, tamén se produciu unha importante evolución doutrinal e xurisprudencial, coa participación de distintas instancias xurídicas e académicas que contribuíron a definir os límites, retos e posibilidades da loita contra esta forma específica de violencia. Entre as medidas máis destacadas atópanse as de carácter cautelar e a creación de órganos xudiciais especializados que permiten unha resposta máis áxil e eficaz. Este traballo céntrase no estudo do tratamento procesual destas situacións, analizando os instrumentos xurídicos existentes, os dereitos recoñecidos ás vítimas e os mecanismos activados para garantir a súa protección. Conclúe valorando os avances acadados e sinalando a necesidade de seguir mellorando os recursos e a formación profesional para acadar unha xustiza máis sensible, próxima e efectiva.

Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)

A consideración do suicidio como accidente de traballo
Autoría
C.B.S.
Grao en Dereito
C.B.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O suicidio resulta un dos problemas máis urxentes no noso país. Numerosos autores realizaron estudos sobre as causas que conducen ás persoas a manifestar e levar a cabo este tipo de comportamentos auto lesivos. A morte autoinflixida no contexto laboral xorde como consecuencia da unión entre as vulnerabilidades individuais, o estrés no traballo e as dificultades no ámbito persoal. Nos últimos anos, desgraciadamente, saltou a voz de alarma tras o coñecemento de casos como o da teleoperadora France Télécom ou o da traballadora que foi vítima de acoso sexual na empresa Iveco. Ademais, o suicidio pode verse desencadeao por numerosos motivos, non só vinculados a razóns económico-empresariais, senón tamén relativos a factores de risco psicosocial como o estrés laboral, a síndrome do queimado, o acoso moral, sexual ou outras formas de violencia. Neste Traballo de Fin de Grao faise unha revisión sobre a evolución da xurisprudencia en relación coa cualificación do suicidio como accidente de traballo. Para iso, analizaranse sentenzas clave das que se poden extraer os requisitos que, a día de hoxe, os nosos tribunais consideran relevantes para a súa valoración. Entre elas, destaca a Sentenza do Tribunal Supremo do 25 de setembro de 2007 e a Sentenza do Tribunal Supremo do 27 de febreiro de 2023. Por último, farase fincapé na importancia da saúde mental para o desenvolvemento do benestar dos empregados e conseguir un bo clima de traballo, aspectos que, resultan imprescindibles, para previr o risco de condutas suicidas.

A figura do axente encuberto no proceso penal: especial referencia ao axente encuberto informático
Autoría
L.B.L.
Grao en Dereito
L.B.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 15:00
17.07.2025 15:00
Resumo
Este traballo centrarase no concepto de axente encuberto como unha nova medida de investigación, con especial énfase no concepto de axente informático infiltrado. A aparición de novas formas de delincuencia trouxo consigo a necesidade de buscar novos medios de investigación a través dos cales se poida frear a delincuencia de forma máis eficaz, e é precisamente neste contexto onde xorde o concepto de axente de policía infiltrado. Así, as seguintes páxinas abordarán temas como o equilibrio entre o concepto de axente infiltrado e certos dereitos fundamentais, os requisitos e condicións legais que debe cumprir a autorización xudicial, a duración e extensión da medida, así como o valor probatorio e a posible responsabilidade penal do axente. Unha parte significativa do traballo tamén estará adicada ao concepto de axente informático infiltrado, unha modalidade introducida pola Lei Orgánica 13/2015, que busca combater as novas formas de delincuencia en liña, centrándose especialmente nos casos de pornografía infantil.

A responsabilidade patrimonial por danos causados a terceiros durante a fase de execución dun contrato administrativo.
Autoría
S.B.P.
Grao en Dereito
S.B.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
As Administracións Públicas recorren frecuentemente ás distintas fórmulas contractuais existentes -entre elas, os contratos administrativos- para a xestión dos servizos públicos da súa titularidade, para a construción e xestión de infraestruturas, etc. Durante a execución destes contratos públicos pódense ocasionar danos ou perxuízos aos cidadáns. Ante tal situación, a lexislación prevé unha regra xeral de atribución de responsabilidade patrimonial ao contratista ou concesionario, así como unha serie de exepcións segundo as que a responsabilidade recae na Administración contratante. O réxime xurídico aplicable e a xurisdición competente para coñecer das eventuais reclamacións será diferente en función dos suxeitos intervintes. Non obstante, non existen regras claras que permitan dar unha resposta unívoca á cauística que se pode presentar. Neste traballo procurarase sistematizar os criterios de aplicación analizando os pronunciamentos xurisprudenciais e a doutrina dos órganos administrativos en materia de contratación pública.

Santiago Iglesias, Diana (Titoría)
Santiago Iglesias, Diana (Titoría)
Tribunal
Santiago Iglesias, Diana (Titor do alumno)

Trastorno por consumo de substancias opioides
Autoría
L.C.L.
Grao en Criminoloxía
L.C.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
O trastorno por consumo de opiáceos maniféstase cando un individuo emprega estes fármacos de maneira incorrecta ou perigosa, o que dá lugar a un consumo problemático que se volve habitual. Este comportamento inflúe de maneira significativa na vida cotiá da persoa, afectando a súa saúde física, emocional, social e laboral. No canto de empregar a expresión técnica trastorno por consumo de opioides, en moitos casos elíxense palabras como dependencia ou adicción aos opiáceos para referirse a este asunto. A dependencia descríbese como unha situación na que o corpo se afixo á droga; de xeito que, ao deixala de consumir, aparecen síntomas de abstinencia que poden ser severos e difíciles de soportar. Por outra banda, a adicción relaciónase cun trastorno crónico do cerebro no que a persoa sente un impulso compulsivo cara ao consumo da substancia, mesmo recoñecendo que iso lle causa un grave dano a súa saúde e ao seu contorno. O perigo de desenvolver este tipo de trastorno increméntase notablemente cando se fai un uso indebido dos opiáceos. Isto inclúe tomar doses máis altas das prescritas, usalos con máis frecuencia da recomendada, empregar os medicamentos con fins recreativos para buscar unha sensación de euforia, ou consumir opioides que non son da propia receita. Co aumento deste problema en diversas partes da sociedade, é esencial crear conciencia sobre as súas orixes, efectos e maneiras de previlo. Polo tanto, este traballo ten como obxectivo destacar a seriedade do trastorno por consumo de opiáceos e fomentar unha reflexión sobre o uso responsable destes medicamentos, así como a necesidade de intervencións dende o ámbito legal, sanitario e educativo.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Presidente/a)
ARROJO ROMERO, MANUEL (Secretario/a)
VIDAL MILLARES, MARIA (Vogal)

O marco xurídico da produción da enerxía eólica en Galicia. Entre a simplificación administrativa e a desregulación ambiental.
Autoría
R.C.L.
Grao en Dereito
R.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 13:30
01.07.2025 13:30
Resumo
Na actualidade o sector eólico en Galicia está a vivir un parón no que respecta á instalación de novos parques que permitan avanzar na produción desta enerxía renovable. Malia as iniciativas lexislativas e empresariais que buscan incentivar o crecemento deste sector, a tramitación dos proxectos estase a ver comprometida por unha serie de decisións xudiciais, nomeadamente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e pola oposición dalgúns sectores da sociedade, que impulsan a maioría de procesos contenciosos. A importancia do sector eólico atinxe a cuestións tanto materiais, económicas e de afectación territorial; como ambientais. Neste traballo, tratamos de achegarnos ao marco normativo que regula a produción de enerxía eólica en Galicia, así como a unha serie de figuras xurídico-administrativas e lexislativas problemáticas que, como resposta a estas dificultades, vén impulsando o lexislador autonómico. Unha serie de cambios normativos que nos últimos anos someteron este sector a continuas reformas e medidas de simplificación administrativa. Neste contexto, analízase se as reformas introducidas nos procedementos administrativos de autorización de proxectos eólicos se corresponden cunha vontade de simplificación e axilización de trámites ou se, en cambio, esconden unha tendencia cara á desregulación, a eliminación de garantías de protección do interese xeral, a relaxación de controis ambientais ou á redución da participación pública nos procesos administrativos de toma de decisións.

PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Presidente/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Secretario/a)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Vogal)

Xuizos paralelos en redes sociais: un estudo sobre o caso de Juana Rivas
Autoría
M.C.G.
Grao en Criminoloxía
M.C.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 13:00
30.06.2025 13:00
Resumo
Os xuízos paralelos crean opinións polarizadas e radicais con respecto a procesos penais popularizados nos medios de comunicación e ás partes implicadas neles, que poden chegar a afectar aos seus dereitos fundamentais. Neste escenario, as redes sociais actúan coma unha caixa de resonancia destes discursos, aumentando a súa perigosidade e podendo condicionar ao desenrolo dos procesos. Por isto, o presente traballo ten por obxecto analizar o caso de Juana Rivas mediante un análise de contidos, aplicando unha metodoloxía analítico-descritiva con diversas categorías de análise a un corpus de mensaxes na rede social X.

HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
Tribunal
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titor do alumno)

As intervencións telefónicas no proceso penal
Autoría
N.C.M.
Grao en Dereito
N.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
O traballo presentado a continuación desenvólvese sobre as medidas de intervención telefónica como dilixencias de investigación levadas a cabo no proceso penal. Abordarase en qué consisten estas medidas e cales son as esixencias que prevé a actual Lei de Enxuizamento Criminal para adoptalas conforme a dereito.

Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titoría)
Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titoría)
Tribunal
Noya Ferreiro, Maria Lourdes (Titor do alumno)

A influencia da socialización e a personalidade na delincuencia xuvenil
Autoría
N.C.P.
Grao en Criminoloxía
N.C.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 12:30
30.06.2025 12:30
Resumo
Este traballo académico analiza a influencia dos procesos de socialización e dos rasgos de personalidade na delincuencia xuvenil en España. A través dun enfoque cualitativo e unha análise estatística de datos entre os anos 2018 e 2023, estúdase o perfil do menor infractor e os factores de risco asociados; como a desestruturación familiar, o fracaso escolar, o consumo de drogas ou a pertenza a grupos antisociais. O traballo tamén examina a evolución dos delitos cometidos polos menores, sendo os máis frecuentes as lesións, os roubos e os hurtos, e destaca un aumento na reincidencia. Ademais, analízase a eficacia das medidas xudiciais aplicadas e propónse o Modelo do Triple Risco Delitivo como marco explicativo da continuidade delitiva. O estudio conclúe que é necesario un enfoque integral de prevención e intervención que combine apoio familiar, educativo e comunitario para reducir a delincuencia xuvenil e favorecer a reinserción social.

Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Titor do alumno)

Menores Estranxeiros Non Acompañados e delincuencia: unha revisión actual.
Autoría
N.C.V.
Grao en Criminoloxía
N.C.V.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
O fenómeno da inmigración non deixa de medrar pero, coa aparición de novos contextos sociais, este adáptase e muda en forma, o que obriga ás administracións e ás sociedades a buscar novas solucións que satisfagan as necesidades de colectivos tan vulnerables como son os menores estranxeiros non acompañados, que se enfrentan a múltiples desafíos antes e durante o proceso migratorio, pero tamén unha vez chegan ao país de acollida. É por iso que, se tratará de explorar, dende unha óptica criminolóxica, a influencia destas novas correntes migratorias na delincuencia, tendo en conta o rol das políticas migratorias e de protección infantil, así como dos diversos factores que poden influir no seu itinerario vital e modular o risco de aparición de condutas desviadas.

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titor do alumno)

A mediación no ámbito familiar: unha especial referencia á custodia tras a separación ou o divorcio
Autoría
S.C.G.
Grao en Dereito
S.C.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo analiza a mediación no ámbito familiar, con especial atención á garda e custodia tras a separación ou divorcio. Ademais, o traballo parte do recoñecemento do conflito como un elemento inherente á convivencia humana e propón a mediación como unha vía alternativa, pacífica e humanizada fronte ao proceso xudicial, especialmente útil nos conflitos familiares marcados por unha alta carga emocional. A primeira parte céntrase nos fundamentos da mediación familiar: o seu concepto, a súa regulación normativa (tanto estatal como autonómica, especialmente en Galicia), e os principios reitores como a voluntariedade, imparcialidade, confidencialidade, boa fe e o interese superior do menor. Tamén se describe detalladamente o procedemento de mediación e as novidades introducidas pola Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza. A segunda parte aborda os conceptos de responsabilidade parental, patria potestade e a garda e custodia, diferenciando as súas modalidades e salientando o papel do principio do interese superior do menor como criterio decisivo na toma de decisións. Analízase tamén o impacto da ruptura de parella sobre os fillos, as súas consecuencias psicolóxicas e emocionais, e a relevancia da mediación como ferramenta para minimizar estes efectos. Insístese na importancia da comunicación cos menores, a súa participación indirecta no proceso e o mantemento dunha relación parental sa tras a separación. En definitiva, o traballo defende a mediación familiar como un instrumento eficaz e necesario para acadar acordos duradeiros, responsables e respectuosos coas necesidades de todas as persoas implicadas, priorizando sempre o benestar do menor.

VALIÑO CES, ALMUDENA (Titoría)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titoría)
Tribunal
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titor do alumno)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Titor do alumno)
Incitación ao odio e á violencia a través das redes sociais: estigmatización do inmigrante en X
Autoría
S.C.M.
Grao en Criminoloxía
S.C.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivos principais analizar como se configura o discurso de odio en liña dirixido ao inmigrante e a súa posible vinculación con condutas violentas fóra da contorna dixital. Tras unha contextualización teórica sobre o fenómeno migratorio, o discurso de odio, o racismo, a xenofobia e o papel das redes sociais na propagación destas narrativas, encontrouse que, aínda que existen indicios de relación entre o odio en liña e a violencia offline, os estudos que analizan dita vinculación aínda son escasos. Posteriormente, a través dunha metodoloxía cualitativa e unha mostraxe intencional, analizáronse 168 comentarios publicados na rede social X durante o período da crise migratoria de Ceuta en maio de 2021. A análise mostrou patróns frecuentes de estigmatización e deshumanización. Gran parte das mensaxes describen a inmigración, neste contexto, como unha invasión ou unha ameaza, facendo uso de xeneralizacións, termos despectivos e oposicións simbólicas entre persoas nacionais e estranxeiras. Tamén se acharon comentarios que incitaban, directa ou indirectamente, á violencia e á expulsión de persoas inmigrantes

LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titor do alumno)

A acción militar israelí contra Gaza en 2023 como un acto de xenocidio.
Autoría
A.C.G.
Grao en Dereito
A.C.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
O estudo centrarase no conflito israelo-palestino, detallando a ocupación desde 1967, así como as políticas de asentamentos e o bloqueo de Gaza. Tamén analizará a ofensiva israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, avaliando os efectos sobre a poboación civil, a proporcionalidade das respostas militares e o cumprimento das normas do dereito internacional humanitario. Este traballo examinará se a actual ofensiva militar israelí na Franxa de Gaza pode constituír un acto de xenocidio segundo as normas do dereito internacional. Baseándose na definición tomada da Convención de 1948 para a prevención e a sanción do delito de xenocidio, examinaranse os diversos elementos necesarios: a existencia de actos criminalizados e unha intención específica de destruír, total ou parcialmente, un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso. Mediante a análise da xurisprudencia internacional, pronunciamentos de diversas organizacións, informes de organizacións de dereitos humanos e declaracións de líderes políticos, podemos identificar unha serie de elementos que poden constituír indicios graves de intención xenocida.

JORGE URBINA, JULIO (Titoría)
JORGE URBINA, JULIO (Titoría)
Tribunal
JORGE URBINA, JULIO (Titor do alumno)
JORGE URBINA, JULIO (Titor do alumno)
Análise médico-forense e criminolóxica das feridas de bala
Autoría
S.C.L.
Grao en Criminoloxía
S.C.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
As armas de lume constitúen un elemento central na análise criminolóxica e forense da violencia letal. A súa capacidade lesiva varía en función da tipoloxía da arma, do tipo de proxectil empregado e do contexto no que se utilice. Este traballo tivo como obxectivo examinar as diferenzas entre armas curtas e longas, así como a súa relación cos patróns lesivos, atendendo tamén ás implicacións médico-legais en casos de suicidio, homicidio ou atentados múltiples. Realizouse unha revisión bibliográfica comparativa entre contextos civís e militares e entre diferentes países, destacando a maior incidencia de suicidios con armas en Estados Unidos fronte a cifras moito menores en Europa. Tamén se analizou a evolución técnica do armamento, observándose un incremento progresivo da súa letalidade. Estes achados poñen de manifesto a necesidade de abordar con maior profundidade a regulación da dispoñibilidade de armas e a capacitación pericial na análise dos seus efectos.

Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Titor do alumno)

O Tribunal do Xurado en España: Análise Xurídica e Social das súas Influencias e Disfuncións
Autoría
S.C.L.
Grao en Dereito
S.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este artigo analiza o papel do Tribunal do Xurado no sistema xurídico español. Comeza cunha análise evolutiva e contextualizada da súa orixe como institución e da súa incorporación ao sistema xurídico español, protexido pola Constitución española. A partir de aí, desenvólvese a súa estrutura e contido de acordo coa Lei Orgánica 5/1995. Sobre esta base, preséntanse as súas principais deficiencias e problemas en relación cos elementos esenciais da súa estrutura xurídica. Faise especial fincapé nos riscos de manipulación por influencias tanto internas como externas, así como no seu impacto a nivel individual e colectivo. Abórdanse factores como o medo, a presión social e a influencia dos medios de comunicación en casos especialmente sensibles, ilustrados con exemplos actuais. Tamén se inclúe a obxección de conciencia como un posible elemento a considerar nunha futura reforma. Ademais, inclúense gráficos que tentan reflectir a potencial tendencia punitiva do tribunal do xurado baseándose en datos empíricos. Con todo trátase de promover a reflexión sobre o marco xurídico vixente, proporcionando información tanto normativa como práctica. O obxectivo deste traballo é ofrecer unha visión completa e contrastada do xurado popular en España, abarcando as consideracións sociais, psicolóxicas e legais que inflúen no seu funcionamento.

Traballo Fin de Grao
Autoría
L.C.M.
Grao en Dereito
L.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 19:00
26.06.2025 19:00
Resumo
O presente traballo analiza a influencia da IA no proceso penal, máis concretamente na proba, así como os efectos da IA na recollida e análise da proba penal, sinalando vantaxes como a eficiencia ou a maior capacidade de tratamento de datos, pero tamén riscos coma a falsificación de probas, a opacidade dos algoritmos, a posibilidade de sesgos discriminatorios ou a vulneración dos principios procesuais. Acompañadas estas cuestións dos principais desafíos legais e éticos derivados do uso da IA, como a garantía do debido proceso, a supervisión humana, a transparencia dos sistemas utilizados ou a necesidade dunha normativa clara que protexa os dereitos fundamentais e asegure a lexitimidade das decisións xudiciais automatizadas. Tamén se explora o marco normativo europeo e español, incluíndo a recente aprobación do Regulamento (UE) 2024/1689 sobre IA, así como outras disposicións clave como o RGPD, a LOPDGDD e a Carta de Dereitos Dixitais. Finalmente, estúdanse nel se a IA pode mellorar os aspectos técnicos e operativos da xustiza penal sen que esta eficiencia se impoña sobre os dereitos das persoas e os principios do Estado de Dereito, concluíndo que a IA pode ser unha ferramenta útil para complementar a labor do xuíz, pero que debe ser aplicada con cautela.

Detección do dano psicolóxico simulado en accidente de tráfico mediante tarefas de coñecemento e recoñecemento de síntomas
Autoría
V.C.M.
Grao en Criminoloxía
V.C.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 16:00
30.06.2025 16:00
Resumo
Os accidentes de tráfico son un fenómeno que ten unha importante repercusión na saúde mental de quen o sofre, sendo un traballo psicolóxico forense determinar a existencia o inexistencia dunha pegada psicolóxica. No seguinte traballo abordarase, dende opunto de vista da psicoloxía forense, o dano psicolóxico que se deriva dos accidentes de tráfico. Para iso, levarase a cabo una aproximación legal e epidemiolóxica dos accidentes de tráfico, así como das súas consecuencias dende un punto de vista psicolóxico mediante unha evaluación forense. Una vez tratada a parte conceptual, presentarase un estudio empírico para coñecer a utilidade da entrevista clínico-forense, do inventario SCL-90-R e dun cuestionario que aborda os síntomas do Trastorno por Estrés Postraumático en casos de accidentes de tráfico; así como a relevancia que ten a orde de aplicación destes instrumentos. Recurriuse a un deseño de simulación no que se pediu aos participantes (quenes no debían ser víctimas dun accidente de tráfico grave) que simularan o dano psicolóxico que presentaría una vítima real.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Seijo Martínez, María Dolores (Titor do alumno)

O impacto da intelixencia artificial e a tecnoloxía deepfake sobre os dereitos fundamentais. Especial incidencia sobre a privacidade e a liberdade de información
Autoría
S.C.R.
Grao en Dereito
S.C.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 10:30
30.06.2025 10:30
Resumo
O presente traballo pretende aportar unha reflexión sobre a resposta do ordenamento xurídico ante a auxe da intelixencia artificial e tecnoloxías conexas, cuxa expansión está modificando rápida e profundamente o contexto económico, político e social actual. Tras analizar o concepto de “intelixencia artificial” e facendo unha especial referencia ás ultrasuplantacións, procedemos a examinar as cuestións éticas que suscita a súa utilización e o seu impacto sobre os principios estruturais do Estado social e democrático de Dereito. Destacando a importancia de contar cun réxime normativo que protexa os principios democráticos e os dereitos fundamentais dos seus cidadáns en todos os aspectos das súas vidas, este traballo enfócase principalmente na vulneración dos dereitos da personalidade e nas liberdades de expresión e información mediante a profundización na lexislación comunitaria e nacional vixente.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)

Análise comparativo do procedemento ante o Tribunal do Xurado e o Procedemento Penal Abreviado
Autoría
N.C.S.
Grao en Criminoloxía
N.C.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
A Institución do Xurado tivo un gran recoñecemento na nosa historia xurídica como símbolo de liberdade e participación directa dos cidadáns no poder xudicial. A Lei Orgánica que desenvolve o mandato constitucional do artigo 125, relacionado con esta participación, foi promulgada en 1995, polo que se asenta sobre as bases dun proceso ordinario común que hoxe en día é substituído por un procedemento abreviado máis áxil e eficiente, sen sacrificar as garantías procesuais fundamentais. O presente traballo céntrase en, a través dunha revisión de diversas fontes bibliográficas, analizar os principais aspectos nos que se diferenzan ambos os procedementos, prestando especial atención ás distintas fases procesuais que compoñen cada un. A pesar de asentarse sobre a mesma base, o tratamento de cada fase procesual e as implicacións que teñen sobre as garantías e dereitos dos encausados son substancialmente distintos.

Varela Gomez, Bernardino (Titoría)
Varela Gomez, Bernardino (Titoría)
Tribunal
Varela Gomez, Bernardino (Titor do alumno)

Herdanza dixital
Autoría
M.C.M.
Grao en Dereito
M.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo dedicase á análise da definición e das posibles formas de transmisión da herdanza dixital. Está motivado polo interese que suscita este tema, dada a tendencia ascendente da creación da nova xeración de contidos e archivos dixitais resultantes da interacción en liña en múltiples aspectos da vida cotiá. Configurouse en base a perceptiva revisión bibliográfica da normativa legal e de diferentes publicacións e textos xurídicos de expertos. Inclúense tamén algunhas valoracións publicadas en blogs e páxinas webs de avogados e notarios de exercicio. Durante este traballo podremos coñecer que é a herdanza dixital, que activos a compoñen, o concepto de identidade dixital e a relevancia, cada vez maior, que teñen os bens dixitais que a conforman. Tratarei de explicar que acontece con todos eses bens dixitais no momento que o causante falece, e que suxeitos están lexitimados para encargarse deles e das instruccións que o causante deixe para despois da súa morte. Ademais, analizarase a forma na que se transmite o patrimonio dixital e toda a problemática que recolle o termo do testamento dixital.

MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Titor do alumno)

Abuso de posición dominante nos mercados dixitais: análise do caso Apple (At.40437)
Autoría
S.E.C.M.
Grao en Dereito
S.E.C.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O crecente desenvolvemento dos mercados dixitais e as plataformas que interactúan neles provocou un cambio significativo na estrutura e no funcionamento do sistema económico global. Estes mercados presentan características únicas que os fan considerablemente diferentes dos mercados tradicionais, o que resulta nun ambiente ideal para a proliferación de comportamentos anticompetitivos. Neste sentido, o dereito antimonopolio enfróntase a novos desafíos á hora de mitigar condutas potencialmente abusivas por parte de empresas que ocupan unha posición vantaxosa no mercado. Así, esta tese céntrase na análise deste fenómeno, tomando como referencia o caso Apple contra Spotify (AT 40437), que representa un exemplo relevante e recente de como unha gran empresa tecnolóxica pode distorsionar o funcionamento do mercado abusando da súa posición privilexiada.

HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titor do alumno)

A posición na sucesión gallega do cónxuxe supérstite e a parella de feito inscrita
Autoría
M.C.L.
Grao en Dereito
M.C.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
En este traballo expóñense as posibilidades coas que conta un causante para delegar na parella as decisión relativas á propia herdanza, especialidades propias do dereito galego en contra do principio xeral do dereito estatal de testamentos persoalísimo. A súa vez faremos tamén unha análise da protección que a propia comunidade postganancial outorga ao cónxuxe así como a protección que o causante pode dispoñer a favor da parella en testamento ou en pactos sucesorios.

REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titoría)
REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titoría)
Tribunal
REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Titor do alumno)

Traballo fin de grao
Autoría
C.C.V.
Grao en Criminoloxía
C.C.V.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 16:30
30.06.2025 16:30
Resumo
A comorbilidade entre o trastorno bipolar e o trastorno por consumo de substancias supón un problema complexo no sistema de xustiza penal, en particular á hora de determinar o grao de responsabilidade penal do acusado. A ausencia dunha regulación legal expresa obriga aos tribunais a operar mediante construcións xurisprudenciais que, aínda que permiten a aplicación de circunstancias exoneratorias ou atenuantes baseadas na alteración das facultades volitivas e cognitivas do acusado, provocan unha disparidade interpretativa significativa. Esta circunstancia pon de manifesto a necesidade dunha abordaxe interdisciplinar que avance cara á consolidación de criterios uniformes que garantan unha resposta penal coherente e técnica adaptada á realidade clínica do acusado.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Violencia sexual no alumnado universitario: un estudo sobre a percepción de risco
Autoría
N.C.I.
Grao en Criminoloxía
N.C.I.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
A violencia sexual constitúe un grave problema para a saúde e un problema social persistente que afecta de forma desproporcionada a mulleres e nenas, causando consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais. No contexto universitario, onde conflúen factores como o consumo de alcohol e a vida social activa, o risco de sufrir este tipo de agresións vese acentuado. Por iso, o obxectivo de esta investigación é analizar como perciben os e as estudantes universitarias a violencia sexual, centrándose en tres aspectos chave: o medo percibido ante determinadas situacións, a percepción de ser unha potencial vítima e a relación entre risco e consumo de alcohol. Así mesmo, recóllense testemuñas reais de estudantes que xa sufriron este tipo de violencia. A investigación basease nunha mostra de 292 estudantes universitarios, maioritariamente mulleres. Utilizouse un cuestionario online anónimo no que se incluían cuestións sobre experiencias persoais, consumo de alcohol e situacións que poderían derivar en agresión sexual. Os resultados indican que as mulleres presentan niveis notablemente máis elevados de medo e percepción de risco que os homes, especialmente ante situacións onde interveñen alcohol e drogas. Obsérvase, ademais, una correlación positiva entre o consumo de alcohol e o incremento da percepción de risco. O estudo pon de manifesto a vulnerabilidade percibida polas mulleres universitarias e a necesidade de tomar medidas preventivas e educativas. Tamén evidenciase como factores como o consumo de alcohol e o entorno inflúen na concorrencia e percepción de estes delitos.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Utilidade actual da argumentación xurídica
Autoría
E.C.P.
Grao en Dereito
E.C.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao aborda a evolución e relevancia contemporánea da argumentación xurídica, elemento central no exercicio do dereito desde a antigüidade ata a actualidade. Ao longo da historia, a argumentación xurídica foi evolucionando dende as súas raíces na retórica clásica, pasando polas grandes achegas de autores como Aristóteles, Cicerón e, en tempos máis recentes, Ronald Dworkin ou Robert Alexy. A pesar dos avances tecnolóxicos e da crecente influencia da intelixencia artificial no ámbito xurídico, a capacidade de argumentación segue sendo insubstituíble para a interpretación, aplicación e defensa do dereito. O estudo destaca como a argumentación xurídica segue a ser un piar fundamental para garantir decisións xustas e equitativas nun contexto global cada vez máis complexo e tecnolóxico. Ademais, explorase o seu papel na protección dos dereitos fundamentais, destacando a importancia dun enfoque humanístico e ético no exercicio do dereito.

Discriminación interseccional no ámbito laboral
Autoría
U.C.R.
Grao en Dereito
U.C.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O obxetivo de este Traballo de Fin de Grado é reflexionar sobre a existencia de discriminación interseccional, como unha figura diferente da discriminación múltiple, no ámbito do dereito do traballo. O sea estudio comenza cun percorrido pola evolución do marco normativo no ámbito europeo, continuando co seu desenvolvemento no ordenamento xurídico español, tanto a nivel estatal como autonómico, destacando a relevancia da Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación, que por primeira vez define ambos conceptos de forma expresa. A seguir, analízase a orixe e evolución do termo desde os seus comezos no feminismo negro ou afrofeminismo, abordando as diferenzas conceptuais entre os termos múltiple e interseccional, sinalando como unha parte da doutrina aínda tende a empregalos como sinónimos. Seguidamente, analízanse os distintos supostos de concorrencia discriminatoria nas relacións laborais, tales como a combinación de etnia e xénero ou persoas LGTBI con discapacidade, facendo fincapé na discriminación causada pola combinación de ser muller e outro factor. Nesta liña, analízase a resposta jurisprudencial ante este tipo de situacións, advertindo que a súa aplicación segue sendo escasa actualmente, e como hai casos nos que podería recorrerse ao enfoque interseccional sen que iso sucedese. O estudo conclúe sinalando a necesidade dunha aplicación máis efectiva da interseccionalidad nas políticas públicas, incluíndose esta en os plans de igualdade das empresas e o seu debido control por parte da Inspección de Traballo.

FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)

Responsabilidade por produtos defectuosos na era dixital
Autoría
J.D.B.
Grao en Dereito
J.D.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Atopámonos nunha época na que a sociedade está sometida a numerosos e recorrentes cambios debido á dixitalización dos servizos e á forma de organizar a mesma. Isto implica que determinados ámbitos xurídicos se vexan obrigados a actualizar as súas pretensións e a forma de regular as situacións ou conflitos que se inscriben neles; isto é algo que ocorre no ámbito da responsabilidade por produtos defectuosos. Trátase dun dereito constitucionalmente protexido, concretamente no artigo 51 da Constitución Española, no cal se establece que os poderes públicos deben garantir a defensa dos consumidores e usuarios. A protección dos consumidores tamén é competencia da Unión Europea, regulada en distintos artigos do TFUE e do TUE; concretamente, no artigo 4.2.f do TFUE e no artigo 3.3 do TUE. Dentro do abundante acervo comunitario en materia de protección dos consumidores, destaca, entre os actos máis recentes, a Directiva (UE) 2024/2853 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2024, sobre responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos e pola que se derroga a Directiva 85/374/CEE do Consello (en diante, a Directiva); esta pretende facer fronte a esta nova realidade actualizando as disposicións anteriores que regulan esta materia, especialmente tendo en conta os novos problemas que poden xurdir a causa dos avances técnicos. Este traballo centrarase principalmente na análise desta Directiva e dos cambios que introduciu respecto das normativas anteriores que regulaban esta materia; de como se modifica o réxime de responsabilidade dos produtores e importadores que implica esta nova forma de utilizar a intelixencia artificial para fabricar produtos que posteriormente se lanzan ao mercado onde os consumidores os adquiren; e, se é o caso, de como responderán polos danos que os devanditos produtos poidan ocasionar a estes ou a terceiros.

Os Traballos da Comisión de Dereito Internacional en materia de responsabilidade dos Estados nas situacións de Sucesión de Estados. Un estudo sobre o estado da cuestión
Autoría
D.D.F.
Grao en Dereito
D.D.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente TFG analiza desde unha perspectiva xurídica os traballos levados a cabo pola Comisión de Dereito Internacional e os Grupos de Traballo na materia de responsabilidade por feitos internacionalmente ilícitos nos casos onde ocorre á súa vez unha sucesión de Estados. En primeiro lugar, exponse as consideracións que se toman en conta por parte da Comisión para levar a cabo o seu labor sobre o tema, incluíndo as delimitacións do seu alcance e os principios preliminarmente acordados. Seguidamente expóñense os resultados dos traballos desde os seus inicios en 2017 ata a actualidade, analizando os artigos que foron aprobados provisionalmente e aquelas cuestións crave aínda por desenvolver. Para acabar, expóñense os temas e razóns valorados por este organismo para proxectar os desafíos futuros da súa axenda e analízanse tamén as implicacións dos diferentes puntos de vista expresados polas delegacións nacionais, reflectindo os debates existentes dunha práctica estatal non unificada.

ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titoría)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Titor do alumno)

O axente encuberto no proceso penal
Autoría
N.D.D.
Grao en Dereito
N.D.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 18:00
26.06.2025 18:00
Resumo
Nas últimas décadas, o auxe de novas formas de delincuencia, especialmente a delincuencia organizada, o tráfico de drogas, a trata de persoas e o terrorismo, esixiu unha profunda transformación do dereito penal e procesual. Este tipo de delitos, caracterizados pola súa complexidade estrutural, o seu alto grao de planificación e ocultación, así como o seu alcance transnacional, puxeron de manifesto os límites dos métodos de investigación tradicionais. Ante delitos cada vez máis sofisticados, o sistema procesual tivo que despregar ferramentas de intervención extraordinarias, entre as que destaca a figura do axente encuberto, regulada no artigo 282 bis da LECrim. Esta figura está suxeita a unha serie de estritos requisitos legais debido á súa pronunciada restrición de dereitos fundamentais, que, nun Estado de dereito como o noso, demanda a aplicación do axeitado criterio de proporcionalidade, non exento de problemas.

Liquidación da sociedade de gananciais: supostos conflitivos na formación do activo do inventario
Autoría
C.D.D.D.S.
Grao en Dereito
C.D.D.D.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao abórdanse as dificultades que poden existir á hora de conformar o activo do inventario da sociedade de lucrativas. Nun momento inicial, e a modo de introducir o tema central do traballo detállanse os pasos para seguir nun procedemento de disolución e liquidación da sociedade lucrativa, dándolle importancia así mesmo á presunción de ganancialidad e á peculiaridade que denota o caso dunha separación de feito respecto do momento en que debe entenderse disolta a sociedade legal de lucrativas. Con iso, o núcleo central do traballo reside na identificación e a correspondente explicación daqueles supostos que son conflitivos na práctica polas dificultades que existen acerca de considerar os bens ou dereitos que forman parte da sociedade lucrativa sexan considerados lucrativas ou privativos e deber producirse ou non a súa inclusión no activo do inventario da sociedade conxugal; supostos como a apertura de contas correntes conxuntas, o caso da quen pertence e en que porcentaxe a vivenda familiar, as posibles indemnizacións que poida percibir un dos cónxuxes por un despedimento ou unha baixa laboral, as diferentes melloras ou incrementos patrimoniais que se produzan acorde ao artigo 1359 CC, a actividade profesional ou empresarial dun ou de ambos os cónxuxes e a formalización de plans de pensións ou de xubilación.

Liberdade de expresión no entorno dixital: dos límites clásicos aos contemporáneos
Autoría
A.D.T.
Grao en Criminoloxía
A.D.T.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
A liberdade de expresión é un dos pilares fundamentais de calquera Estado democrático, xa que permite aos seus cidadáns comunicar ideas, opinións e críticas, contribuíndo de esta maneira ao pluralismo e ao debate político necesario para o desenvolvemento social e político. Sen embargo, para que esta liberdade non se converta nun instrumento que xere desorde ou dano na poboación, é imprescindible fomentar o seu uso responsable e adecuado ao dereito, podendo garantir asía a orde e a paz social. Ao largo deste documento analizaranse os límites clásicos que de maneira tradicional se foron aplicando á liberdade de expresión, tales como a prohibición de discursos que inciten ao odio, inxurias e calumnias, e como estes límites foron evolucionando e redefiníndose ante os novos desafíos que formulan as redes sociais. Estas plataformas dixitais transformaron o modo no que se exerce a liberdade de expresión, xerando debates complexos sobre a regulación dos contidos, da responsabilidade os intermediarios, neste caso as plataformas que provén o servizo, e a protección de dereitos complementarios. Atopámonos ante novos límites conceptuais á liberdade de expresión, pola extensión de diferentes movementos culturais como son a cultura woke e a cultura da cancelación ademais de outros problemas que xorden no entorno dixital como son as fake news, os deepfakes ou os haters. Principalmente para abordar estes problemas centrarémonos principalmente no parco legal español e europeo, tendo en conta como afecta tamén no ámbito internacional, facendo especial referencia a os Estados Unidos que é de onde proveñen a maioría das plataformas sociais. A partir disto, observamos os poucos límites que se lle impoñen a este dereito nos Estados Unidos, mentres que no resto do mundo optase por modelos máis equilibrados ou con máis tendencia cara a censura dos contidos que se queren transmitir.

LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titoría)
LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PORTAS, MARIA BEGOÑA (Titor do alumno)

O xurdimento do Tribunal Constitucional no período de entreguerras e a súa recepción en España e Portugal
Autoría
C.D.D.
Grao en Dereito
C.D.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 14:00
18.07.2025 14:00
Resumo
A investigación aborda a xénese, evolución e proxección contemporánea dos tribunais constitucionais en Europa, desde a codificación kelseniana de 1920 ata a institucionalización das Cortes ibéricas: o Tribunal Constitucional español (1979) e o Tribunal Constitucional portugués (1982). Partindo da tese de Roberto L. Blanco Valdés sobre o fracaso do constitucionalismo normativo no período de entreguerras, demóstrase que a xustiza constitucional só arraiga onde existe unha cultura democrática estable. Tras revisar os precedentes norteamericanos e o laboratorio austríaco, analízanse as carencias de control xurisdicional nas experiencias autoritarias de Weimar e Italia, e argumentase que España e Portugal interiorizaron esas leccións durante as súas transicións democráticas. O traballo compara a arquitectura, competencias e lexitimidade social de ambos tribunais, salientando as súas diferenzas de deseño (sistema 4 4 2 2 fronte á fórmula 10 + 3) e as súas respostas a crises recentes —descentralización, austeridade e dereitos dixitais. Conclúese que, malia a politización e a sobrecarga procesual, ambos modelos seguen a ser pezas chave do Estado de Dereito. Porén, a crecente polarización política esixe reforzar a súa independencia, transparencia e axilidade procedemental para preservar a súa lexitimidade.

BLANCO VALDES, ROBERTO LUIS (Titoría)
BLANCO VALDES, ROBERTO LUIS (Titoría)
Tribunal
BLANCO VALDES, ROBERTO LUIS (Titor do alumno)

Beneficios fiscais a maternidade na Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
Autoría
A.D.T.
Grao en Dereito
A.D.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar os diversos beneficios fiscais na maternidade no marco da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que constitúen unha ferramenta fundamental para apoiar ás familias e fomentar a natalidade. A protección familiar é un mandato constitucional articulado a través de políticas sociais e fiscais. As medidas públicas de apoio e protección da maternidade enmárcanse dentro de políticas de apoio á familia, á infancia e á igualdade de xénero. Examinaranse os diversos beneficios fiscais, as prestacións económicas e as diversas axudas. Un dos principais beneficios fiscais por maternidade é a dedución por maternidade no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que será obxecto dun estudo detallado. Ademais, analizarase o seguinte: como estas medidas contribúen a mellorar a situación económica das familias, fomentar a natalidade, apoiar a igualdade de xénero e que beneficios achegan á sociedade no seu conxunto. Os beneficios fiscais por maternidade en España representan un conxunto de medidas destinadas a aliviar a carga financeira das familias, promover as taxas de natalidade e facilitar a conciliación da vida laboral e persoal. A dispoñibilidade de deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, prestacións económicas e axudas contribúen a unha sociedade máis equitativa e inclusiva.

RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titoría)
Tribunal
RUIBAL PEREIRA, LUZ MARIA (Titor do alumno)

Os Acordos UE Marrocos e o Sáhara Occidental: Un Análise Xurídica
Autoría
S.V.D.G.
Grao en Dereito
S.V.D.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
Dende a descolonización española en 1975, a situación xurídica, política e económica do Sáhara Occidental estivo rodeada de controversia. A consideración do Sáhara Occidental como un territorio non autónomo provocou unha serie de problemas que afectan aos seus dereitos, principalmente, ao dereito de libre determinación dos pobos, recoñecido polas Nacións Unidas na súa Carta, así como á soberanía permanente sobre o seu territorio e a explotación dos seus recursos, ou ao principio do efecto relativo dos tratados. Isto débese á ocupación levada a cabo por parte de Marrocos, que reclama como propio o territorio a pesar da negativa do representante do Sáhara Occidental, a Fronte Polisario. Como consecuencia diso, o Reino de Marrocos, obviando o principio do efecto relativo dos tratados, decide subscribir unha serie de acordos coa Unión Europea nos que se afecta directamente parte do territorio do Sáhara Occidental. O problema ten como orixe a ausencia de consulta ao pobo saharauí e á Fronte Polisario, como representante deste, para a adopción deses acordos sobre o seu territorio. Ante isto, a Fronte Polisario impugna as decisións que aproban ditos acordos e introdúcese nunha batalla legal contra as institucións europeas, Marrocos e confrarías pesqueiras marroquís partidarias da continuación dos acordos, o cal deu comezo a un longo período de procedementos ante os órganos xudiciais da Unión Europea para tentar solucionar un conflito que, a día de hoxe, aínda non foi resolto por completo.

TEIJO GARCIA, CARLOS (Titoría)
TEIJO GARCIA, CARLOS (Titoría)
Tribunal
TEIJO GARCIA, CARLOS (Titor do alumno)
TEIJO GARCIA, CARLOS (Titor do alumno)
A noción de conformidade no contrato de suministro de contidos e servizos dixitais
Autoría
Y.D.M.
Grao en Dereito
Y.D.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo trata sobre o contrato como unha figura xurídica clave no dereito privado. Analízase a súa evolución ó longo do tempo e como se adapta aos cambios sociais, tecnolóxicos e ao comercio electrónico, prestando especial atención á protección do consumidor, considerado a parte máis débil da relación contractual. Distínguense os suxeitos que interveñen no contrato (consumidores e empresarios), o contido das obrigas asumidas, e os efectos legais que derivan do contrato. Un punto central é a análise da falta de conformidade, distinguindo entre os requisitos subxectivos e obxectivos para que un ben ou servizo se considere conforme ó acordado. Tamén se revisan os dereitos dos consumidores, como a protección de datos ou a posibilidade de resolver o contrato, e as obrigas dos empresarios, como entregar o ben conforme ou actualizar servizos. Por último, analízanse os remedios legais ante a falta de conformidade, tanto os europeos como os nacionais, e a súa xerarquía.

LETE ACHIRICA, JAVIER (Titoría)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Secretario/a)
DIAZ MARTINEZ, ANA (Vogal)

Sensibilidade do SCL-90-R para a avaliación da simulación en Incapacidade Temporal
Autoría
A.E.R.
Grao en Criminoloxía
A.E.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 17:00
30.06.2025 17:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo o análise da capacidade de simulación dunha enfermidade mental dunha poboación non psiquiátrica, co propósito de obter una Incapacidade Temporal. Para iso, neste estudo empelouse o cuestionario SCL-90-R, ao que os suxeitos debían responder en dúas ocasión distintas; a primeira sendo una resposta honesta, e a segunda unha resposta simulada. Mediante o análise dos resultados, descubriuse que a poboación ten una capacidade óptima de simulación. A estratexia de simulación seguida polos participantes foi a acumulación de síntomas, e iso propiciou que tiveran resultados moi superiores aos da poboación xeral, e tamén aos da poboación psiquiátrica coa que foron comparados. Ademais, mediante o análise dos índices de validez, detectouse á maior parte dos individuos como simuladores, o que indica que a ferramenta non é aplicable á totalidade dos casos.

Análise da doutrina do Tribunal Constitucional relativa ao Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana
Autoría
A.M.F.B.
Grao en Dereito
A.M.F.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:30
18.07.2025 11:30
Resumo
O Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido comúnmente como “plusvalía municipal”, é un tributo municipal potestativo, directo, real, obxectivo e instantáneo que grava o incremento de valor dos terreos como consecuencia de actos xurídicos, tanto a título oneroso como lucrativo, inter vivos ou mortis causa. Representa unha parte moi importante dos ingresos dos Concellos, chegando a supoñer entre o 6 % e o 8 % dos ingresos tributarios totais das Entidades Locais en España, acadando máis de 2.600 millóns de euros no ano 2018. Porén, a raíz de varias sentenzas do Tribunal Constitucional e das súas consecuencias xurídicas, o volume total de ingresos foi diminuíndo segundo os datos oficiais, sendo de 2.075 millóns de euros no ano 2021, e cunha previsión de tan só 85 millóns de euros para o ano 2023. Polo tanto, estamos ante unha controversia de importante transcendencia económica, xa que incide directamente nos recursos cos que os Concellos elaboran e executan os seus orzamentos. Ao longo dos últimos anos produciuse un cambio radical nesta tributación como consecuencia da declaración de inconstitucionalidade de varios artigos do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, que constitúe a súa norma marco. O cumprimento do principio constitucional de capacidade económica, así como a prohibición da confiscatoriedade, consagrados no artigo 31.1 da Constitución Española, constitúe a base arredor da cal xiran todas as modificacións normativas relativas a este tributo. No presente traballo imos analizar as consecuencias xurídicas das Sentenzas do Tribunal Constitucional que deron lugar á aprobación do Real Decreto-lei 26/2021, do 8 de novembro, que adaptou o TRLHL á xurisprudencia constitucional.

NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titoría)
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Titor do alumno)

Análise da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre o crebafolguismo
Autoría
C.A.F.D.L.P.
Grao en Dereito
C.A.F.D.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
Neste traballo contense unha análise xurisprudencial no ámbito do dereito laboral sobre o tema do crebafolguismo, unha práctica prohibida lexislativamente só na súa vertente externa, pero que, tanto doutrina como xurisprudencia, encargáronse de impedir tamén nas súas vertentes interna e tecnolóxica. Antes da análise ofrécese un estudio sobre o seu concepto e as súas restricións legais. A práctica do crebafolguismo ten lugar cando os traballadores exercitan o seu dereito fundamental de folga recoñecido no art. 28.2 da Constitución Española, máis concretamente, cando os traballadores folguistas vense substituídos por traballadores externos, internos ou por elementos tecnolóxicos, por iso é tan importante ver como o Tribunal Supremo reacciona ante estas situacións.

GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARATE CASTRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Secretario/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Vogal)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Secretario/a)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Vogal)
Persoa xurídica, compliance penal e exención da responsabilidade penal en España
Autoría
I.F.F.
Grao en Dereito
I.F.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na responsabilidade penal da persoa xurídica e no programa de prevención de riscos penais (compliance penal) na súa triple faceta: como instrumento de adecuación á cultura de cumprimento, de exención, e atenuación da súa responsabilidade penal. Tras resumir brevemente os aspectos fundamentais do marco regulador da responsabilidade penal das persoas xurídicas no CP español e, en especial, os presupostos esenciais para a atribución da responsabilidade penal á persoa xurídica polo delito cometido pola persoa física, seguidamente, analízanse os requisitos que deben observar os 'compliance programs' para ser considerados eficaces e idóneos ós efectos de excluir ou atenuar a responsabilidade penal. Por último, abórdase a figura do oficial de cumprimento.

Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Tribunal
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titor do alumno)

O greenwashing como barreira para a transición ecolóxica no sector téxtil: a necesidade dunha regulación efectiva.
Autoría
L.F.G.
Grao en Dereito
L.F.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 14:00
18.07.2025 14:00
Resumo
Partindo da preocupación polo impacto ambiental e polas comunicacións enganosas, estúdase o fenómeno do greenwashing, especialmente no sector téxtil, un dos máis afectados pola utilización de alegacións ambientais desleais como vantaxe comercial. Para iso, o primeiro paso consiste en comprender e describir as características esenciais do concepto, identificando as prácticas máis habituais e o seu impacto tanto ambiental como social. A continuación, céntrase a atención no marco normativo vixente, analizando a súa capacidade real para facer fronte a este tipo de condutas. Neste sentido, resáltase con especial énfase a Directiva (UE) 2024/825, a cal complementa e reforza o previsto particularmente na Lei 3/1991 de Competencia Desleal. A través da revisión, así como da valoración de supostos prácticos, preténdese avaliar a eficacia destas normas, tanto no contexto internacional como nacional. Por último, abórdanse medidas complementarias, tanto vinculantes como voluntarias, que poden contribuír a unha regulación máis sólida e á transformación do modelo produtivo. Como conclusión, cabe destacar a necesidade de reforzar o control institucional, impulsar a responsabilidade empresarial e fomentar o pensamento crítico dos consumidores.
Partindo da preocupación polo impacto ambiental e polas comunicacións enganosas, estúdase o fenómeno do greenwashing, especialmente no sector téxtil, un dos máis afectados pola utilización de alegacións ambientais desleais como vantaxe comercial. Para iso, o primeiro paso consiste en comprender e describir as características esenciais do concepto, identificando as prácticas máis habituais e o seu impacto tanto ambiental como social. A continuación, céntrase a atención no marco normativo vixente, analizando a súa capacidade real para facer fronte a este tipo de condutas. Neste sentido, resáltase con especial énfase a Directiva (UE) 2024/825, a cal complementa e reforza o previsto particularmente na Lei 3/1991 de Competencia Desleal. A través da revisión, así como da valoración de supostos prácticos, preténdese avaliar a eficacia destas normas, tanto no contexto internacional como nacional. Por último, abórdanse medidas complementarias, tanto vinculantes como voluntarias, que poden contribuír a unha regulación máis sólida e á transformación do modelo produtivo. Como conclusión, cabe destacar a necesidade de reforzar o control institucional, impulsar a responsabilidade empresarial e fomentar o pensamento crítico dos consumidores.
Dirección
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Presidente/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Secretario/a)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Vogal)
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Presidente/a)
VILLANUEVA TURNES, ALEJANDRO (Secretario/a)
ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Vogal)
Fentanilo na Toxicología Forense
Autoría
D.F.L.
Grao en Criminoloxía
D.F.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 12:20
17.07.2025 12:20
Resumo
O fentanilo é un opioide sintético cunha potencia ata cen veces superior á da morfina, cuxa expansión global xerou unha crise de saúde pública en varios países. Este traballo analiza o seu impacto desde a perspectiva da toxicología forense, avaliando as súas propiedades farmacolóxicas, vías de detección, implicacións xurídicas e presenza en delitos como a submisión química. Mediante unha revisión bibliográfica de fontes científicas, estúdanse as principais técnicas analíticas para a súa identificación, a complexidade da súa interpretación post mortem, así como os desafíos legais derivados da aparición constante de análogos non fiscalizados. Ademais, abórdanse casos forenses e o seu impacto na criminalidade e na saúde pública, propoñendo medidas preventivas e de mellora na detección. O traballo conclúe que o fentanilo representa unha ameaza multidimensional que require unha resposta integral, multidisciplinar e coordinada a nivel institucional.

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titor do alumno)

A resolución extraxudicial de conflitos individuais de traballo: a súa evolución
Autoría
A.F.C.
Grao en Dereito
A.F.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo ten como obxecto o estudo da resolución extraxudicial de conflitos individuais no ámbito laboral, con especial atención a súa evolución. En primeiro lugar, analízanse os fundamentos xurídicos da resolución extraxudicial no dereito laboral español, abordando as distintas etapas do período constitucional: os primeiros desenvolvementos, os albores do novo marco constitucional e a posterior fase de consolidación normativa e institucional. A continuación, delimítase o concepto de conflito laboral, diferenciando os tipos de conflitos segundo a súa natureza e segundo o tipo de interese afectado. Neste punto, destácase a especial relevancia do conflito individual, así como as dificultades existentes para distinguir entre conflitos individuais, colectivos e plurais. O traballo afonda nunha análise detallada dos métodos de resolución extraxudicial. Pártese dun estudo dos antecedentes históricos dos procedementos extraxudiciais en España, para centrarse posteriormente no seu desenvolvemento a nivel estatal e nos distintos acordos interprofesionais desenvolvidos polas comunidades autónomas. Dentro de esta investigación, analízase con maior profundidade aquelas comunidades autónomas que foron pioneiras na implantación de sistemas propios de resolución extraxudicial de conflitos, así como a forma na que cada unha das dezasete comunidades aborda a inclusión ou exclusión dos conflitos individuais nos seus respectivos acordos. Posteriormente, descríbense os sistemas actuais de resolución extraxudicial de conflitos individuais, distinguindo entre os métodos autocompositivos e heterocompositivos. Finalmente, o traballo conclúe cun estudo crítico dos límites da conciliación previa obrigatoria, especialmente en conflitos tan relevante como o despido, expoñendo os motivos polos cales consideramos que este requisito preprocesual, malia o seu carácter preceptivo, non acada unha eficacia práctica efectiva.

Propostas de mellora na atención policial a vítimas de violencia de xénero dende a perspectiva da Xustiza Terapéutica
Autoría
C.F.B.
Grao en Criminoloxía
C.F.B.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
A violencia de xénero recoñeceuse no ámbito nacional e internacional como un problema social complexo e unha forma de discriminación con amplas repercusións que afecta á vida, aos dereitos e ás liberdades das mulleres e que, polo tanto, debe abordarse de maneira integral e urxente. En España, o elevado número de denuncias rexistradas cada ano, evidencia a necesidade dunha resposta institucional coordinada, eficaz e centrada na protección das vítimas. A maior parte destas denuncias preséntanse ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, nas comisarías de Policía Nacional e cuarteis da Garda Civil, o que sitúa a estes corpos como actores esenciais, non só na atención inmediata, senón tamén nos labores de acompañamento e seguimento posterior, nos que tamén participan as policías locais. Neste traballo realízase unha introdución ao marco normativo e policial español en materia de violencia de xénero. Dende o paradigma da Xustiza Terapéutica, que establece que na lei e na súa aplicación deben potenciarse os elementos terapéuticos e minimizar aqueles que poidan resultar iatroxénicos, reflexiónase sobre a importancia dunha intervención policial que non só cumpre cos requisitos legais, senón que tamén teña en conta o impacto psicolóxico na actuación institucional sobre as vítimas. Máis alá da xestión do risco, a atención policial debe contemplar tamén a dimensión psicolóxica e emocional das vítimas. Proponse a necesidade de deseñar e implementar protocolos policiais con orientación de Xustiza Terapéutica que poidan contribuír ao benestar psicolóxico das vítimas.

Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)

A reacción en lexítima denfensa fronte a actores non estatais: análise da práctica internacional
Autoría
A.F.L.
Grao en Dereito
A.F.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo busca analizar a evolución da aplicabilidade do dereito á lexítima defensa desde unha perspectiva doctrinal, xurisprudencial e práctica, analizando o seu cambio desde unha ferramenta de reacción ante agresións interestatais ata a súa apelación #ante ameazas provenientes de grupos armados non estatais, en circunstancias como o terrorismo internacional. Estudaranse as tensións interpretativas que xurdiron por mor destas novas ameazas. Ademais, vai describir e analizar o seu desenvolvemento desde a redacción inicial do artigo 51 da Carta da ONU ata a práctica máis recente, así como a súa configuración vixente, tanto legal como xurisprudencial. A aparición de novas formas de terrorismo global puxo en evidencia a necesidade de reestruturar o sistema de seguridade comunitaria. A gravidade dos ataques perpetrados por actores non estatais incentivou que os estados vítimas destes exerzan a forza contra eles, o que conleva unha reconsideración de certas estruturas xurídicas xa consolidadas no ordenamento xurídico internacional, como o dereito de lexítima defensa, institución na que, en moitas ocasións, amparáronse os Estados para acabar coas bases territoriais dos grupos terroristas. Igualmente, o estudo analiza casos emblemáticos, como a sentenza da Corte Internacional de Xustiza no asunto Nicaragua contra Estados Unidos, e aborda a lexitimidade de doutrinas como a lexítima defensa preventiva e a teoría do “Estado non disposto ou incapaz” (unwilling or unable). A resposta desigual da comunidade internacional ante estas prácticas e a ambigüidade no desenvolvemento de normas consuetudinarias poñen de relevo a fraxilidade do consenso xurídico en relación ao uso da forza.

Os Interdictos do Pretor: Unha manifestación do seu Imperium
Autoría
N.F.T.
Grao en Dereito
N.F.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
Detodas as maxistraturas que conforman o cursus honorum, a pretura destaca polo seu papel principal no dereito privado. A figura do Pretor, investido polo imperium mixtum (é dicir, o poder reforzado vinculado á iurisdictio civil) ten o deber de velar pola boa marcha dos litixios. Para ido, fan uso dunha ampla gama de recursos, como a estipulación ou o embargo, sendo o interdicto o máis relevante. O interdicto permite ao Pretor, non só impedir certos comportamentos, senón tamén esixir a restitución ou exhibición de certos bens. Todo isto ten como obxectivo proporcionar unha solución eficaz ás disputas entre particulares. Non obstante, é na práctica onde realmente demostran o seu potencial. Como instrumentos en continua evolución, sempre buscan adaptarse ás necesidades da realidade xurídica. Grazas a isto, convertéronse na pedra angular da defensa de institucións como a posesión, que sen interdictos como o unde vi ou uti possidetis estaría completamente desamparada. Pero a súa eficacia tamén se estende a outros ámbitos, desempeñando un papel fundamental nas disputas entre fundos colindantes. Son responsables de portexer non só a integridade física dos bens, senón tamén a integridade xurídica daqueles dereitos derivado da coexistencia de bens, como as servidumes

GONZALEZ BUSTELO, ANA MARIA (Titoría)
GONZALEZ BUSTELO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ BUSTELO, ANA MARIA (Titor do alumno)

Análise dos delitos cibernéticos: cracking, hacking e estafa informática
Autoría
C.F.R.
Grao en Criminoloxía
C.F.R.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
A día de hoxe, a maioría das persoas viven en sociedades dixitais de tal maneira que as súas actividades tanto persoais, profesionais, de lecer, etc. realízanse por medio do ciberespazo, o que posibilitou unha nova oportunidade atractiva para os delincuentes na comisión das súas condutas fraudulentas. Estes suxeitos empregan técnicas cada vez máis sofisticadas, aproveitándose así mesmo das debilidades existentes na persecución dos delitos cibernéticos e na insuficiencia de medidas de seguridade implementadas nos sistemas informáticos. No presente traballo, analizarase en profundidade o ciberdelito, as súas características e categorizaciones. Ademais, examinarase a normativa vixente tanto no contexto internacional como nacional, do mesmo xeito que a figura do victimario e da vítima. En particular, prestarase atención no delito de cracking, hacking e estafa informática. Por último, tratarase brevemente os mecanismos de control social formais e as medidas de seguridade pertinentes.

CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titoría)
CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titoría)
Tribunal
CASTRO CORREDOIRA, MARIA (Titor do alumno)

Proceso penal e proba.
Autoría
M.G.A.
Grao en Dereito
M.G.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 15:30
17.07.2025 15:30
Resumo
A proba constitúe un dos piares fundamentais do proceso penal, en tanto que garante que as decisións xudiciais susténtense na veracidade dos feitos e nunha valoración obxectiva, racional e motivada dos elementos probatorios achegados. A súa adecuada práctica e valoración permite equilibrar os dereitos das vítimas e das persoas acusadas promovendo así a equidade procesual. En ausencia dunha actividade probatoria lexítima e conforme ás disposicións constitucionais e legais, o proceso penal perde a súa esencia de imparcialidade, eficacia e lexitimidade. A evolución tecnolóxica supón unha transformación significativa no ámbito probatorio, coa incorporación de novas ferramentas como a proba dixital e o uso progresivo da intelixencia artificial no ámbito xurídico. Estes avances contribuíron a axilizar trámites procesuais e a proporcionar novas fontes de evidencia, representando un notable progreso. Con todo, a súa implementación expón importantes desafíos éticos e xurídicos, relacionados coa protección de dereitos fundamentais. Así mesmo, o proceso penal contemporáneo debe integrar de maneira transversal a perspectiva de xénero, a fin de asegurar unha xustiza efectiva, inclusiva e sensible ás desigualdades estruturais que afectan de maneira desproporcionada ás mulleres.

A oferta pública de adquisición de valores
Autoría
A.G.G.
Grao en Dereito
A.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:00
30.06.2025 11:00
Resumo
No seguinte Traballo de Fin de Grao realizarase un exame exhaustivo e fundamentado dunha figura económica clásica, a Oferta Pública de Adquisición de valores. Comezará centrando e introducindo a figura, e seguirá cunha explicación da mesma, así como a contextualización histórica e legal deste instrumento económico, ofrecendo una visión xeral da figura e delimitando o marco xurídico ao que se encontra suxeita, tanto dentro da fronteira da Unión Europea como a nivel estatal. Posteriormente, e para unha mellor compresión, explicaranse os diferentes tipos de Ofertas Públicas de Adquisición existentes e como se encontran contempladas na lexislación española, o proceso vixente para levar a cabo unha OPA adecuadamente e os distintos organismos que deben supervisala e aprobala para que esta teña plena eficacia legal. Seguidamente, falarase brevemente dos dereitos que rodean a figura do accionista da empresa opada, ademais dunha breve crítica a regulación española e europea. Explicaranse tamén os mecanismos legais existentes que axudan as empresas a protexerse contra as Ofertas, de forma tanto previa como posterior ao seu lanzamento, e a legalidade acerca do uso destes medios defensivos. Para rematar, expoñeranse brevemente algúns matices prácticos das OPAS trasladados aos caos reais acaecidos en España, concluíndo ca que posiblemente sexa a Oferta Pública de Adquisición mais relevante a nivel nacional, o caso Endesa de 2005 e o caso BBVA-Sabadell.

A proba de intelixencia no proceso social.
Autoría
X.G.T.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
X.G.T.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
01.07.2025 10:00
01.07.2025 10:00
Resumo
A actividade de intelixencia xa non é unha actividade exclusiva dos Estados, pois a evolución tecnolóxica e os cambios culturais, expandiron o seu uso ás organización empresariais. Atopa gran utilidade na actividade probatoria, encadrándose no control empresarial as actividades tradicionais de obtención de intelixencia, dando lugar a unha xeración constante de información probatoria, especialmente, grazas ao uso intensivo da tecnoloxía; e que se reclasifican aos medios de proba tradicionais regulados pola nosa LEC, pese a sua ineficacia, ou dificultades de encaxe, dadas as notables diferencias nas suas características, intensidade ou modo de producción, sendo notable a posible vulneración sistemática de dereitos fundamentais, e o gran uso de novas tecnoloxías; motivo polo cal, analizase a importancia da intelixencia no mundo do traballo, así como as condicións de validez procesal, na orde social, das actividades de intelixencia adoptadas baixo forma de control empresarial, e se propón a creación dun novo tipo de medio de prueba, que permita unha regulación procesual máis garantista.

MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titoría)
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
MANEIRO VAZQUEZ, YOLANDA (Titor do alumno)

A responsabilidade precontractual na Proposta de modernización do Código civil.
Autoría
L.G.C.
Grao en Dereito
L.G.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo trata a responsabilidade precontractual, aquella xurdida cando as partes dunha negociación previa á celebración dun contrato non se comportan de conformidade coas esixencias da boa fe, causando danos á outra partes. O réxime desta responsabilidade carece de regulación en España, mais a atención pola materia é creciente. Trátanse os principais supostos xeradores de responsabilidade precontractual, así como as zonas grises desta figura xurídica, dentro do marco que establece a Proposta de Modernización do Código Civil, elaborada pola Comisión Xeral de Codificación do Ministerio de Xustiza en 2023.

REBOLLEDO VARELA, ANGEL LUIS (Presidente/a)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)

O dereito da persoa acusada a non declarar contra si mesma: alcance e consecuencias no proceso penal.
Autoría
N.G.R.
Grao en Dereito
N.G.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 16:00
17.07.2025 16:00
Resumo
A través deste traballo, intentamos dar unha visión amplía sobre o dereito a non declarar contra si mesmo, así como, poñéndoo en relación con outros que derivan do mesmo, localizados no artigo 24.2 da Constitución Española e no artigo 118 da Lei de Axuizamento Criminal. Tamén, abórdase a súa aplicación tanto no ámbito penal como no sancionador administrativo, subliñando a súa extensión progresiva a outros procedementos co carácter punitivo. Asimesmo, mencionamos diversa xurisprudencia tanto estatal como internacional que nos ofrece respostas distintivas sobre a repercusión, límites e posibilidades de exercicio que ostenta este dereito nas súas diferentes versións, como son: o dereito a gardar silencio e a mentir. Respecto ao dereito a gardar silencio, traballaremos sobre se se debe valorar ese silencio, provocando así unha posible limitación na defensa do investigado se opta por esta alternativa. Na mesma liña está o dereito a mentir, xa que, ata o sonado caso Marta del Castillo nunca se penou a un suxeito pasivo por non dicir a verdade sobre o paradoiro do cadáver ou simplemente sobre a súa declaración. Finalmente, desenvolvemos a declaración do investigado, como medio de proba ou de defensa, o seu valor e a importancia que ten dentro dun proceso e ante dilixencias policiais. Do mesmo xeito, a posibilidade de admitir ou non a confesión a raíz da obtención de probas contrarias a Dereito.

Transfusións de sangue nos testigos de jehová: análisis ético-jurídico
Autoría
V.A.G.G.
Grao en Dereito
V.A.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
21.02.2025 12:00
21.02.2025 12:00
Resumo
Os Testigos de Jehová rexeitan as transfusións de sangue baseándose nunha interpretación bíblica, chocando esta decisión co seu dereito á vida. Esta postura resulta polémica, sobre todo cando afecta a menores de idade, e refírese a situacións de grave risco para a saúde. No presente traballo realízase unha análise dos dereitos afectados, ponderando cal prevale en cada situación e ata onde se pode limitar o seu exercicio, atendendo principalmente ao criterio da autonomía da liberdade. Garantir a liberdade é o criterio preferente, con todo, cando se trata de menores en risco grave debe priorizarse o seu interese superior prevalecendo o dereito á vida e á asistencia sanitaria do menor sobre as conviccións relixiosas.
Os Testigos de Jehová rexeitan as transfusións de sangue baseándose nunha interpretación bíblica, chocando esta decisión co seu dereito á vida. Esta postura resulta polémica, sobre todo cando afecta a menores de idade, e refírese a situacións de grave risco para a saúde. No presente traballo realízase unha análise dos dereitos afectados, ponderando cal prevale en cada situación e ata onde se pode limitar o seu exercicio, atendendo principalmente ao criterio da autonomía da liberdade. Garantir a liberdade é o criterio preferente, con todo, cando se trata de menores en risco grave debe priorizarse o seu interese superior prevalecendo o dereito á vida e á asistencia sanitaria do menor sobre as conviccións relixiosas.
Dirección
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titoría)
Tribunal
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)
OTERO PARGA, MILAGROS MARIA (Titor do alumno)
Análise criminolóxica da prostitución e da trata de persoas ca fin da súa explotación sexual
Autoría
M.G.C.
Grao en Criminoloxía
M.G.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao aborda unha análise criminolóxica da prostitución e da trata de persoas con fins de explotación sexual, diferenciando ambos fenómenos para evitar a confusión conceptual. A través dunha revisión bibliográfica, examínanse as diversas tipoloxías da prostitución, incluindo as novas formas dixitais, así como os complexos factores causais que impulsan tanto a oferta como a demanda. Profundízase nos modelos legais de regulación da prostitución (prohibicionista, abolicionista, regramentista). O estudo enfatiza a grave violación de dereitos fundamentais que supón a explotación sexual, e afóndase no perfil das víctimas, principalmente mulleres e nenas, así como dos tratantes e proxenetas. Finalmente, evalúanse as principais medidas de prevención e intervención, subliñando a necesidade dun enfoque integral que inclúa a educación, a sensibilización social e unha forte persecución do crime organizado.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titor do alumno)

Avaliación forense do dano psicolóxico simulado da violación a través do PAI
Autoría
C.G.F.
Grao en Criminoloxía
C.G.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:30
08.07.2025 11:30
Resumo
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Desastres naturais e cómputo de prazos procesuais
Autoría
L.G.L.
Grao en Dereito
L.G.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo examina o impacto de distintas catástrofes sobre o funcionamento da Administración de Xustiza en España, partindo da premisa de que este poder do Estado non pode permanecer alleo aos efectos de situacións excepcionais. Para iso, analízanse tres casos que marcaron un punto de inflexión na xestión xudicial das crises: a pandemia da COVID-19, a Depresión Aislada en Niveis Altos (DANA) que afectou gravemente á Comunidade Valenciana no ano 2024, e o terremoto de Lorca en 2011. A través do estudo de cada un destes eventos, abórdase como se xestionaron os prazos procesuais, a paralización dos órganos xudiciais, a afectación dos medios materiais e das infraestruturas, así como as medidas normativas adoptadas. A análise pon de manifesto que estes acontecementos non só representaron interrupcións significativas no funcionamento normal da xustiza, senón que actuaron como catalizadores para a mellora das capacidades de resposta e adaptación do sistema xudicial ante situacións de emerxencia. Analízase, ademais, a evolución da normativa procesual e organizativa a partir destas experiencias, prestando especial atención ao Protocolo de actuación xudicial en supostos de grandes catástrofes aprobado en 2011, así como ás medidas urxentes adoptadas durante o estado de alarma pola pandemia. Por último, inclúese unha breve mención ao apagón masivo rexistrado no ano 2025 como exemplo recente dunha ameaza que, aínda que diferente na súa natureza, pon de manifesto a necesidade de anticipación, dixitalización e flexibilidade ante futuras crises. Todo isto demostra que o sistema xudicial precisa estar mellor preparado para este tipo de crises. Contar cunha boa planificación, dixitalización real, protocolos claros e persoal formado é clave para que a xustiza non se deteña cando máis se necesita.

CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titor do alumno)

O sistema fiscal nos modelos de financiamento das ccaa: análise comparada entre o réxime común e o foral
Autoría
R.G.C.
Grao en Dereito
R.G.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 10:30
18.07.2025 10:30
Resumo
O sistema fiscal español, no que respecta ás súas particularidades territoriais, sempre foi e continúa a ser obxecto de debate político, xurídico e económico, tanto polas razóns que xustifican a súa existencia como pola súa posible modificación ou ampliación. Este traballo aborda as orixes dos réximes forais de ambos territorios ata a súa culminación nos actuais Concierto Económico do País Vasco e Convenio Económico de Navarra. Ademais, analiza e contrapón os diferentes modelos de financiamento autonómico presentes hoxe en día en España, comparando o réxime común, aplicado á maioría das comunidades autónomas, cos sistemas fiscais propios dos territorios forais. Para iso, afonda nas competencias normativas en relación cos tributos cedidos ou concertados, nas competencias de recadación, revisión, inspección ou xestión, e traza unha imaxe xeral da descentralización fiscal do Estado. Examínase tamén o cupo como eixo central do mecanismo do Concierto Económico e a aportación no Convenio, o seu cálculo e as consecuencias que implica en relación coa solidariedade interterritorial, así como os retos pendentes de cara ao futuro.

A cláusula de non punibilidade no artigo 177 bis.11 do código penal: análise xurisprudencial.
Autoría
C.G.C.
Grao en Dereito
C.G.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza a cláusula de non punibilidade do artigo 177 bis.11 do Código Penal español dende unha perspectiva normativa, xurisprudencial e de dereitos humanos, con especial énfase na análise xurisprudencial. Esta disposición establece unha exención de responsabilidade penal para as vítimas de trata de seres humanos que cometeran delitos como consecuencia directa da súa explotación. O traballo comeza contextualizando a trata de persoas como unha forma contemporánea de escravitude que atenta contra a dignidade humana. A continuación, examínase o marco internacional que sustenta o principio de non punibilidade, salientando instrumentos como o Protocolo de Palermo, a Directiva 2011/36/UE e o Convenio de Varsovia, así como a súa progresiva incorporación ao ordenamento xurídico interno. Analízase o artigo 177 bis, centrándose no seu apartado 11, onde se contempla unha cláusula eximente aínda interpretada de forma restritiva pola xurisprudencia. Compáranse tres sentenzas clave: SAP Barcelona 183/2020 e STSJ Cataluña 315/2021, que aplican a cláusula cun enfoque protector, e STS 960/2023, que adopta un criterio restritivo, cuestionado pola súa falta de respaldo legal e vulneración de dereitos fundamentais, como sinala o voto particular. Así mesmo, valóranse as reformas introducidas pola Directiva (UE) 2024/1712, que amplía as formas de explotación consideradas como trata, estende o principio de non punibilidade ás infraccións administrativas e reforza a protección das vítimas dende unha perspectiva interseccional e victimocéntrica. O traballo denuncia a revitimización institucional derivada dunha aplicación formalista do Dereito Penal e defende un enfoque centrado na vítima e cunha perspectiva de xénero. En definitiva, deféndese unha interpretación do artigo 177 bis.11 coherente cos compromisos internacionais e co respecto aos dereitos humanos.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
Crimes históricos cometidos por mulleres na historia criminolóxica española e a súa catalogización Psiquiátrico Forense
Autoría
N.G.F.
Grao en Criminoloxía
N.G.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:30
01.07.2025 17:30
Resumo
Este traballo, a través dunha revisión de distintas fontes científicas e xurídicas, centrouse no estudo de mulleres delincuentes, máis especificamente de mulleres homicidas, na historia de España desde finais do século XX ata a actualidade, identificando patróns históricos, sociais e legais que influíron na percepción da criminalidade feminina no noso país. Ademais, levou a cabo unha análise da súa catalogación psiquiátrico-forense, relacionando os distintos supostos coa historia da psiquiatría e as diferentes achegas das teorías criminolóxicas. Apreciouse unha clara diferenza entre a percepción social dun crime cometido por un home e o cometido por unha muller, atribuíndolle a esta última un trastorno tanto de tipo biolóxico como psicolóxico que predisponía a conduta delituosa. Con este traballo preténdese reflexionar acerca da importancia deste tema debido ao aumento de criminalidade feminina e a súa falta de abordaxe científica ao longo da historia.

TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
Tribunal
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titor do alumno)

Opción de compra de bens inmobles
Autoría
C.I.G.G.
Grao en Dereito
C.I.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo aborda a figura xurídica da opción de compra de bens inmobles, analizando, en primeiro lugar, o concepto e a natureza do dereito de opción e o contrato do mesmo nome. Respecto do primeiro, destácase a súa configuración como dereito real ou persoal, segundo como acorden as partes e, en canto ao segundo, a súa atipicidade no Dereito civil común, a pesar da súa importancia no tráfico como contrato preparatorio, especialmente no ámbito inmobiliario. A continuación, estúdanse os elementos subxectivos e obxectivos do contrato, por unha banda, as partes intervenientes (concedente e titular da opción), e, por outro, a identificación do inmoble, o prezo da compravenda, a existencia dunha eventual prima e o prazo para o exercicio da opción. Examínase tamén a súa configuración como negocio xurídico autónomo ou como cláusula accesoria doutros contratos, centrándonos, en concreto, no arrendamento con opción de compra. Especial referencia merece, a pesar de que non responda á finalidade típica do contrato, a opción en función de garantía, cuxa validez tradicionalmente foi moi discutida, pola prohibición do pacto comisorio. O traballo dedica un apartado a diferenciar a opción de compra doutras figuras afíns para evitar a súa confusión. Desenvólvense as distintas fases do dereito de opción, desde o seu nacemento e exercicio até a súa consumación, así como a posible transmisibilidade do dereito. En materia rexistral, analízase o réxime de inscrición da opción de compra, os seus efectos fronte a terceiros. Finalmente, abórdanse as causas de extinción dese dereito. O presente traballo pretende ofrecer unha visión plural e actualizada dunha figura xurídica relevante no tráfico inmobiliario e con implicacións prácticas relevantes tanto para particulares como para outros operadores xurídicos.

DIAZ MARTINEZ, ANA (Titoría)
DIAZ MARTINEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
DIAZ MARTINEZ, ANA (Titor do alumno)
DIAZ MARTINEZ, ANA (Titor do alumno)
Presunción de inocencia e xuízos paralelos: Impacto no tribunal por xurado.
Autoría
C.G.N.
Grao en Dereito
C.G.N.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 15:30
26.06.2025 15:30
Resumo
O traballo analiza o impacto dos xuízos paralelos e da xustiza mediática sobre o principio de presunción de inocencia, especialmente nos casos xulgados por xurado. Destácase como a cobertura informativa, moitas veces sensacionalista, pode afectar a percepción pública e mesmo influír na imparcialidade do proceso xudicial. A diferenza fundamental entre xustiza estatal e mediática radica no respecto ao procedemento legal e á temporalidade: mentres a xustiza formal se basea en probas e garantías, a mediática adiántase a emitir xuízos sen sentenza firme. Profúndase no contido e regulación do principio de presunción de inocencia, tanto no ámbito constitucional español coma nos tratados internacionais, e en como este principio pode verse comprometido pola presión mediática. Tamén se analiza a necesidade dunha actividade probatoria válida e suficiente para desvirtuar a presunción de inocencia, así como os efectos da proba ilícita no proceso penal. Dedícase un apartado ao papel dos medios na creación de “xuízos paralelos” e como estes poden distorsionar o relato xudicial, afectando dereitos fundamentais. Finalmente, examínase a figura do xurado, especialmente vulnerable á influencia da opinión pública, con casos como o de Dolores Vázquez como exemplo dun erro influenciado por factores alleos ao xuízo. O traballo conclúe coa necesidade de protexer o proceso penal fronte ás interferencias mediáticas, reforzar a ética xornalística e garantir un equilibrio entre a liberdade de información e o respecto aos dereitos fundamentais.

Análise da comunicación xurídica en redes sociais: estudo da plataforma X
Autoría
I.G.O.
Grao en Dereito
I.G.O.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
As redes sociais desenvolven un papel chave na sociedade actual, brindan aos usuarios a possibilidade de intercambiar experiencias, expresar opinións e incluso coñecer novas oportunidades a nivel laboral. Estas plataformas en liña evolucionaron de maneira significativa dende os seus inicios na década de 1990, época onde aparecen sitios web classmates.com e sixdegrees.com. A día de hoxe o desenvolvemento das redes sociais é de tal magnitude que podemos topar diversas categorías, especializadas cada unha delas nunha concreta fin, de tal sorte que aparecen as redes sociais xeneralistas, profissionais e especializadas nuns concretos objetivos e cunha serie de características propias. Para logar una análise da comunicación xurídica dentro da plataforma X servímonos dunha metodoloxía mixta, conformada pro unha parte descritiva, construíndo un marco teórico conceptual de búsqueda bibliográfica e documental acompañado dunha sección analítica integrada pola recolleita, análise e clasificación de datos que darían lugar a fonte primaria da investigación. Tras o estudo posterior da información rexistrada, observamos unha serie de resultados tales como a preponderancia do xénero masculino dentro dos difusores de información de contido xurídico dentro de X, contan entre eles cunha idade similar, dentro das suas publicacións tan só a medade conteñen material xurídico e é predominante a comunicación por parte de membros da Carreira Xudicial e Fiscal. Ao igual que con outras ramas do coñecemento, o ámbito xurídico tamén está a contar con comunicadores nas novas plataformas que brinda internet, pero este feito tamén acarrea desafios no tocante a protección da información e datos persoais. Tratar todas estas cuestións resulta chave para a construcción aun espazo virtual máis confiable para todos os usuarios.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
SIXTO GARCIA, JOSE (Titor do alumno)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titor do alumno)
A modalidade hiperagravada do asasinato: unha análise teórica e xurisprudencial.
Autoría
C.G.S.
Grao en Dereito
C.G.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
A reforma introducida pola Lei Orgánica 1/2025, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro do Código Penal, supuxo indiscutiblemente un antes e un despois na evolución do Dereito Penal contemporáneo en España. Xorde nun período de forte conmoción social, incorporando a prisión permanente revisable para establecer unha resposta penal máxima ante crimes considerados polo lexislador de extrema gravidade, e tratar de ofrecer unha resposta punitiva sólida. No presente traballo estudaremos, en primeiro lugar, o marco normativo que regula o asasinato, así como as circunstancias que agravan ou hiperagravan a súa comisión. Examínanse figuras chave como a aleivosía, crueldade, o asasinato por prezo ou para encubrir outros delitos, e afóndase nas catro causas que permiten aplicar a prisión permanente revisable segundo o artigo 140 do Código Penal. Ademais, abórdase un enfoque comparado con outros ordenamentos xurídicos europeos e reflexiónase brevemente sobre a proporcionalidade da prisión permanente revisable respecto dos principios do Estado de Dereito. Posteriormente, realízase unha análise xurisprudencial detallada dunha selección de casos mediáticos relevantes no noso país: o parricidio de Moaña, o de Gabriel Cruz, Diana Quer, ou o triplo asasinato de Valga, que contribuíron á configuración xudicial do concepto de asasinato hipercualificado. Préstase especial atención ás dificultades interpretativas que xorden da convivencia entre agravantes tradicionais do 139.1 e as novas circunstancias do artigo 140.

VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titoría)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Titor do alumno)

O crimen de persecución por motivos de xénero baixo o réximen talibán, unha análise dende o Dereito Internacional Penal
Autoría
B.G.T.
Grao en Criminoloxía
B.G.T.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
En Afganistán, as políticas e accións do réxime talibán suscitaron dúbidas sobre se cualifican como delito de persecución por razón de xénero segundo o Estatuto de Roma e outros instrumentos de dereito penal internacional. Este traballo examina os elementos clave deste delito, baseándose no artigo 7.1.h do Estatuto, e contextualiza a situación das mulleres afgás, que se enfrontan a graves restricións na educación, o emprego e a vida pública, o que evidencia unha intención discriminatoria que reforza a súa exclusión social. O estudo avalía a xurisdición da Corte Penal Internacional sobre Afganistán, destacando a importancia do principio de complementariedade e a falta de vontade do sistema xudicial afgán para abordar estes crimes. Tamén sinala como o rexeitamento por parte do réxime talibán á autoridade da Corte representa un desafío para a xustiza internacional. Ademais, identifica barreiras específicas asociadas aos crimes por razón de xénero, incluídos obstáculos culturais e sociais que dificultan o acceso das vítimas á xustiza. Finalmente, propón medidas para fortalecer os mecanismos internacionais, mellorar a protección das vítimas e promover a rendición de contas efectiva.

Aproximación á complexa relación entre as sancións administrativas e penais: o principio ne bis in ídem
Autoría
C.G.L.
Grao en Dereito
C.G.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
Este traballo aborda a problemática relación entre o Dereito administrativo sancionador e o Dereito penal, centrándose nos límites do poder punitivo do Estado e no principio ne bis in ídem, que impide sancionar dúas veces polos mesmos feitos. En primeiro lugar, estúdanse as diferenzas entre ambos sistemas sancionadores, revisando diversas teorías doutrinais: as cualitativas, que sosteñen que o penal e o administrativo protexen bens xurídicos distintos; as cuantitativas, que os diferencian pola gravidade das sancións; as formais, que se basean no órgano que impón a sanción; e as mixtas, que combinan criterios anteriores. Analízanse tamén as posturas de autores relevantes e o papel do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que emprega criterios como a natureza do ilícito e a severidade da sanción para determinar se un procedemento ten carácter penal. Posteriormente, o traballo examina as diferenzas procedementais entre ambas as ordes, como o órgano sancionador, a imparcialidade, o dereito á defensa ou a presunción de inocencia. En canto ás diferenzas materiais, destácanse cuestións como o principio de legalidade, a culpabilidade, a autoría e a imposición de sancións privativas de liberdade. A segunda parte do traballo dedícase ao estudo do ne bis in ídem, explicando a súa evolución, o seu recoñecemento xurisprudencial e a súa regulación legal actual. Desenvólvese a teoría da tripla identidade (suxeito, feito e fundamento), necesaria para a súa aplicación, e discútese sobre supostos nos que non se aplica, como cando as sancións protexen bens xurídicos distintos ou en contextos de suxeición especial. Finalmente, conclúese que a distinción entre ambas as ordes sancionadoras carece dunha base dogmática sólida e que o sistema actual precisa dunha reforma que clarifique os seus principios, garanta os dereitos fundamentais e evite tanto a duplicidade sancionadora como situacións de impunidade.

Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
Tribunal
Almeida Cerreda, Marcos (Titor do alumno)

A Unión Europea ante o cambio climático: O Pacto Verde
Autoría
V.G.G.
Grao en Dereito
V.G.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 12:30
27.06.2025 12:30
Resumo
Neste traballo analizaremos a participación da UE no réxime xurídico internacional en materia de cambio climático desde un enfoque xurídico e histórico. Explícase como a CMNUCC de 1992 deu orixe ao réxime xurídico internacional nesta materia. Posteriormente, o Protocolo de Quioto de 1997 supuxo o primeiro compromiso xurídicamente vinculante, aínda que con limitacións importantes, como a non ratificación por parte dos Estados Unidas e a exclusión dos países en desenvolvemento de obrigas cuantificadas. Con todo, o Acordo de París de 2015 presenta unha nova estratexia máis inclusiva e flexible que inclúe no seu compromiso aos países en desenvolvemento para presentar as NDC. Por outra banda, tamén consideraremos o liderazgo da UE na loita contra o cambio climático, impulsando acordos como o de París e desenvolvendo iniciativas e regulacións propias malia os obstáculos impostos polos EUA e outros emisores clave. Entre as inciativas da UE para acadar a neutralidades climática en 2050 destaca o PVE, con metas como reducir un 55% as emisión para 2030. Inclúe a implementación da Axentda 2030 e a aprobación da Lei do Clima Europea, que converte eses obxectivos en vinculantes. Para acadalos, o PVE establece múltiples estratexias que buscan encamiñar Europa cara a recuperación ecolóxica, a evolución do sistema alimentario, a mobilidade cara un modelo sostible, a descarbonización do sistema enerxético, a movilización da industria a prol dunha economía limpia e circular, facer fronte á eficiencia enerxética da construcción e propón acadar a contaminación cero para un entorno sen sustancias tócias. Además, o PVE prevé o seu financiamento a través do Fondo de Transición Xusta, que mobilizará ata 260.000 millóns de euros anuais ata 2030, sendo tamén imprescindible a colaboración do sector privado.

LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LIROLA DELGADO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

O pacto de mellora na Lei de Dereito Civil de Galicia
Autoría
M.D.L.I.R.
Grao en Dereito
M.D.L.I.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao analizarase unha figura típica do dereito civil galego: o pacto de mellora. Trátase dun pacto sucesorio que permite a unha persoa con veciñanza civil galega transmitir en vida bens ou dereitos aos seus descendentes, beneficiándose dunha importante redución da carga fiscal. A diferenza da herdanza tradicional, o pacto de mellora permite que os bens se transmitan antes do falecemento do titular, aínda que pode establecerse que a adquisición sexa efectiva tras a súa morte. Este pacto está regulado na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, converténdose así nunha figura moi relevante en Galicia, xa que na maior parte de España este tipo de negocios xurídicos están prohibidos. Ao longo deste traballo, levarase a cabo un estudo detallado das características tanto obxectivas como subxectivas do pacto de mellora, así como das causas e consecuencias da súa ineficacia. Ademais, profundarase naqueles aspectos que foron menos desenvolvidos pola lexislación co obxectivo de achegar unha visión máis completa e periférica desta figura xurídica tan relevante na nosa Comunidade Autónoma.

A esixencia de responsabilidade penal internacional no marco do conflito palestino-israelí.
Autoría
Z.I.F.
Grao en Dereito
Z.I.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O conflito palestino-israelí, malia ser unha realidade de longa duración e amplamente debatida, resulta unha cuestión de gran actualidade e en constante desenvolvemento, que involucra o debate de temas de Dereito Internacional Público, sendo necesaria a definición dun marco xurídico. Para isto, pártese dunha breve contextualización histórica, sentando as bases para a posterior cualificación de cuestións xurídicas. Concretamente, abordarase a aplicación do Dereito Internacional Humanitario, co obxectivo de determinar as obrigas das partes no conflito. A continuación, trataranse outras cuestións controvertidas, coma a estatalidade palestina, cuxa análise é esencial para chegar ao fin último deste traballo: a determinación da xurisdición da Corte Penal Internacional e a esixencia de responsabilidade penal internacional ante esta.

PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)

Os Locais Comerciais no Réxime de Propiedade Horizontal: Un Enfoque Xurisprudencial
Autoría
E.I.G.
Grao en Dereito
E.I.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo analiza o réxime xurídico dos locais comerciais no contexto da propiedade horizontal en España, partindo da Lei 49/1960, do 21 de xullo. Estúdanse as obras permitidas no interior do local e a súa incidencia nos elementos comúns do edificio, con especial atención á instalación de saídas de fumes, accesos independentes e outras actuacións necesarias para o desenvolvemento de actividades económicas. Así mesmo, examínanse os supostos de división, agregación e segregación de locais e os requisitos legais para levalos a cabo. Outro eixo fundamental do traballo é a contribución dos locais aos gastos comúns do edificio. Analízanse as cláusulas de exoneración previstas nos estatutos, a súa validez xurídica e o criterio restritivo aplicado pola xurisprudencia, especialmente en relación coas obras de accesibilidade, ascensores e servizos xerais. Dedícase tamén un apartado ao cambio de uso dos locais comerciais, especialmente á súa transformación en vivendas ou ao seu destino como vivendas de uso turístico, conforme á reforma operada pola Lei Orgánica 1/2025. Abórdanse as restricións estatutarias e o procedemento legal para a súa autorización. En canto ao uso dos elementos comúns, diferénciase entre o uso común e o uso privativo ou exclusivo por parte dos locais, abordando os supostos máis conflitivos e a posibilidade de adquirir dereitos mediante usucapión. Finalmente, estúdase o réxime de cesación de actividades molestas, insalubres ou perigosas conforme ao artigo 7.2 da LPH, así como a responsabilidade civil derivada de danos entre a comunidade e os propietarios dos locais.

A renovación do CGPJ nun contexto de polarización política
Autoría
S.I.M.
Grao en Dereito
S.I.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
A Constitución española de 1978 introduce o CGPJ como órgano de goberno do poder xudicial co obxectivo de garantir a súa independencia, e para iso toma como modelos os Consellos Superiores da Maxistratura francés e italiano despois da Segunda Guerra Mundial. O Consello español componse de vocais pertencentes á carreira xudicial e xuristas de recoñecida competencia, pero a carta magna unicamente recolle a forma de elección destes últimos. Debido a que na actualidade todos os vocais do Consello son elixidos polas Cortes Xerais, o enfrontamento político nelas desembocou no bloqueo durante seis anos da renovación do CGPJ. Neste traballo, despois de introducir o principio de separación de poderes, examinaremos os modelos europeos que inspiran ao noso CGPJ, a regulación do Consello no ordenamento xurídico español e a evolución dos sistemas de elección dos vocais xudiciais, centrándonos nas complexidades da última renovación do CGPJ e nas recomendacións e propostas de reforma que achegadas tanto a nivel nacional coma internacional.

A dixitalización do procedemento notarial e rexistral: evolución normativa, impulso europeo e análise da Lei 11/2023
Autoría
A.I.T.
Grao en Dereito
A.I.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
O presente traballo analiza o proceso de dixitalización do notariado e dos rexistros en España, culminando coa promulgación da Lei 11/2023, do 8 de maio, como marco normativo de transformación estrutural no exercicio notarial. Esta lei non xorde de forma illada, senón que é o resultado dunha evolución normativa, técnica e social que se desenvolveu ao longo de máis de dúas décadas. Ao longo do traballo estúdase como o contexto europeo, especialmente a través do Regulamento eIDAS e da Directiva 2019/1151, impulsou de maneira decisiva a adopción de ferramentas electrónicas e a harmonización dos procedementos. Preséntase unha revisión sistemática das fases evolutivas do notariado dixital, desde os primeiros pasos coa informatización das notarias e a creación do Índice Único Informatizado, ata a implantación de sistemas como SIGNO e a sinatura electrónica cualificada. Así mesmo, analízanse os principais instrumentos introducidos pola Lei 11/2023: o protocolo electrónico, a videoconferencia notarial, a expedición de copias electrónicas autorizadas, a identificación dixital avanzada e a constitución telemática de sociedades. Dedícase un epígrafe ao réxime transitorio e á aplicación gradual da Lei, así como aos principais desafíos detectados na súa implementación, entre os que destacan a desigualdade territorial, as limitacións técnicas e a necesidade de adaptación organizativa. Finalmente, inclúense reflexións críticas sobre os límites da reforma e os retos pendentes, tanto dende a perspectiva xurídica como social e tecnolóxica. O traballo conclúe cunha valoración sobre o futuro do notariado dixital no marco dunha administración europea cada vez máis interconectada e centrada na cidadanía.

Trigo García, María Belén (Titoría)
Trigo García, María Belén (Titoría)
Tribunal
Trigo García, María Belén (Titor do alumno)

Acoso escolar e saúde mental: os trastornos depresivos como consecuencia psicosocial
Autoría
L.J.A.
Grao en Criminoloxía
L.J.A.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
O acoso escolar é un fenómeno que cada vez está máis presente na nosa sociedade e sobre o cal xorden preguntas achega do por que se produce e que consecuencias provoca. Ao longo deste traballo abordaranse os múltiples factores que rodean o acoso escolar coa finalidade de achegar luz sobre o tema. Para iso levará a cabo unha revisión bibliográfica co obxectivo de abordar a relación entre sufrir algún tipo de acoso escolar e padecer, como consecuencia do mesmo, trastornos depresivos e outro tipo de patoloxías. Así mesmo, tamén se busca contextualizar este fenómeno e coñecer as causas, os tipos e os principais axentes implicados. Tamén, realizarase unha análise da resposta penal ante este tipo de situacións e unha comparativa entre os protocolos de actuación aplicados nos centros educativos de Galicia e País Vasco; e os programas KiVa e Zero, sobre os cales se efectuará unha análise para coñecer a súa efectividade.

BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
Tribunal
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titor do alumno)

A relación laboral especial penitenciaria
Autoría
L.L.A.
Grao en Dereito
L.L.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao trata sobre o réxime baixo o que a persoa interna nun centro penitenciario pode, e en certo modo debe, desenvolver unha actividade laboral como parte do tratamento para a súa futura reinserción social. Analízase, tras unha breve contextualización histórica da súa paradoxal evolución (de ser un método de tortura a considerarse un dereito da persoa interna), o marco xurídico actual do traballo penitenciario, partindo da súa previsión polo Estatuto dos Traballadores como unha relación laboral de carácter especial e, en consecuencia, do seu desenvolvemento lexislativo nun instrumento propio: o RD 782/2001, do 6 de xullo. Será obxecto de estudo, segundo o cumprimento total ou parcial das notas básicas de voluntariedade, retribución, dependencia e alleidade, cales das modalidades de traballo en prisión ás que ten acceso a persoa interna entran no ámbito de aplicación da relación laboral especial, e cales son as consecuencias da súa aplicación: os dereitos, deberes, réxime retributivo ou protección laboral aos que quedarán sometidos os suxeitos da relación laboral. Esclarecendo, en virtude dos pronunciamentos xurisprudenciais que veñen completar a escasa regulación, semellanzas e diferenzas, xustificadas e inxustificadas, entre o réxime penitenciario e a relación laboral común, e analizando se se pode considerar producida unha verdadeira relación laboral, ou se, dadas as inherentes peculiaridades da situación da persoa interna, é só unha ficción.

MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titoría)
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUNIN SANCHEZ, LARA MARIA (Titor do alumno)

A relación entre a xente nova e a administración pública
Autoría
M.L.F.
Grao en Dereito
M.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza a relación entre a xuventude e a administración pública, poñendo especial énfase no papel que xogan as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na participación activa e o acceso a servizos públicos por parte da xente nova. Partindo dunha caracterización do colectivo xuvenil como grupo social específico, estúdanse as competencias administrativas en materia de mocidade, a normativa vixente, e a estrutura organizativa dedicada a este ámbito. A continuación, examínase como o uso das TIC transformou a forma en que a mocidade se relaciona coa administración, tanto en termos de participación democrática como no acceso a dereitos e servizos. Analízanse tamén datos europeos sobre habilidades dixitais e uso da internet en mozos de entre 16 e 24 anos, establecendo correlacións que evidencian brechas de acceso ou exclusión dixital. O traballo aborda o dereito e deber de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas segundo as leis 39/2015 e 40/2015, así como o impacto da xurisprudencia neste ámbito, cunha especial e importante mención ao contexto universitario galego. Por último, identifícanse as principais barreiras que enfronta a mocidade na súa relación coa administración e ilústranse mediante estudos de caso como o bono cultural, as axudas ao alugueiro en Galicia e o Ingreso Mínimo Vital. O obxectivo desta análise é achegar unha visión crítica sobre a situación para comprender ata que punto as políticas públicas actuais responden ás necesidades reais da mocidade, así como detectar os factores que dificultan un vínculo eficaz entre este colectivo e a administración. Ademais, esta análise propón algunha solución para mellorar esta situación, ofrecendo unha base para futuras propostas que favorezan unha maior accesibilidade, inclusión e participación xuvenil nos asuntos públicos.

Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Tribunal
Nogueira López, María da Alba (Titor do alumno)

A protección do informante na lei 2/2023: análise do sistema xurídico español tras a transposición da directiva (UE) 2019/1937
Autoría
R.L.F.
Grao en Dereito
R.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 19:00
15.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo analiza a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que denuncian infraccións normativas e de loita contra a corrupción. A lei transpón a Directiva (UE) 2019/1937 ao dereito español e establece un marco xurídico destinado a fomentar a denuncia de infraccións, protexendo ao mesmo tempo os denunciantes de represalias. En primeiro lugar, estúdase o contexto normativo que levou á aprobación da Lei, así como o seu propósito principal e os obxectivos complementarios. A continuación, defínese o seu ámbito de aplicación, tanto persoal, material como temporal. A análise continúa cos sistemas de información internos e o seu marco xurídico. A continuación, abórdase a canle de información externa, xestionada por autoridades independentes. Tamén se describen as súas características e procedementos específicos. Dedícase unha sección á Autoridade Independente de Protección de Denunciantes, que aborda a súa estrutura e competencias. Tamén se estuda a divulgación pública como medio extraordinario de denuncia de infraccións. O traballo conclúe analizando as medidas de protección dos denunciantes, así como o réxime sancionador previsto pola lei, que clasifica as infraccións e determina as sancións aplicables.

BETETOS AGRELO, NOELIA Cotitoría
Almeida Cerreda, Marcos (Titoría)
BETETOS AGRELO, NOELIA Cotitoría
Tribunal
Almeida Cerreda, Marcos (Titor do alumno)
BETETOS AGRELO, NOELIA (Titor do alumno)

A complexidade do linguaxe xurídico administrativo: análise e proposta de mellora
Autoría
F.J.L.J.
Grao en Dereito
F.J.L.J.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a linguaxe empregada pola administración pública e o dereito, centrándose na súa complexidade e as consecuencias que isto ten para a ciudadanía. Examinarase as particularidades da lenguaxe xurídico-admnistrativa, destacando cómo o uso de tecnicismos, estruturas complexas e expresión pouco habituáis dificulta a compresión da norma e dos procedementos. Abordanrase tamén os retos que supón para os cidadáns enfrentarse a trámites administrativos, suliñando a importancia de que a comunicación institucional sexa clara e acesíbel para garantizar o exercicio efetivo dos dereitos. O estudo revisa iniciativas recentes orientadas a simplificar e modernizar a linguaxe admnistrativa, así coma a repercusión destas medidas na transparencia e na confianza pública. Finalmente, conclúese que avanzar cara una administración máis compresíbel é fundamental para fortalecer a participación cidadán e a lexitimidade das institucións, popoñendo recomendacións para lograr una comunicación máis sinxela e cercana entre a administración e a sociedade.

Análisis das atitudes da sociedade e institucións españolas ante a inmigración.
Autoría
J.L.S.
Grao en Criminoloxía
J.L.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
O aumento sustancial da poboación inmigrante en España xerou na sociedade española toda una variedad de reaccións, tanto de aceptación como de rexeitamento. Para coñecer os motivos que subxacen á existencia de diferentes perfís actitudinais, no presente traballo lévase a cabo un estudo panorámico da literatura existente a fin de analizar se se basan en feitos demostrados empíricamente ou se, pola contra, se fundamentan en toda unha serie de ideas falsas ou distorsionadas da realidade social. No marco do obxeto de estudo tamén resulta relevante prestar atención ao papel influinte dos medios de comunicación na opinión pública, as políticas en materia de migración en España e na Unión Europea, e os modelos de inclusión e integración social existentes no noso país.

ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titor do alumno)

Marcas non tradicionais: últimas tendencias
Autoría
M.M.L.J.
Grao en Dereito
M.M.L.J.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao aborda o concepto de marcas non tradicionais, un tema relevante na actualidade debido ao seu impacto na propiedade industrial e á súa relación coas tendencias tecnolóxicas e sensoriais do mercado. O obxectivo principal é analizar como estas marcas, que van máis alá dos signos distintivos convencionais, están a transformar o panorama legal e comercial. A evolución histórica da marca establece o marco para entender como foron cambiando os enfoques sobre os signos distintivos ao longo do tempo, destacando a importancia do dereito de propiedade industrial. A continuación, analízase o contexto xurídico e o concepto legal de marca, distinguindo entre os diferentes tipos de marcas tradicionais e non tradicionais. Afóndase no dereito de exclusividade e nas prohibicións de rexistro, tanto absolutas como relativas, que inflúen no proceso de protección legal das marcas. O núcleo do traballo céntrase nas marcas non tradicionais, dividíndoas en visuais e non visuais. As primeiras inclúen marcas tridimensionais, de cor, de patrón e de posición, mentres que as segundas abarcan marcas olfativas, sonoras, de sabor e de textura. Examínase cada tipo de marca en detalle, tendo en conta as súas características, desafíos legais e casos relevantes. Finalmente, abórdase a nova era das marcas non tradicionais, subliñando como a innovación tecnolóxica está a impulsar a necesidade de adaptar o marco xurídico. En conclusión, o traballo pon de manifesto como as marcas non tradicionais están a configurar o futuro da propiedade industrial, desafiando a normativa existente e demandando unha actualización na regulación legal para facer fronte a estes novos desafíos.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titor do alumno)

O dereito á comunicación en prisión: unha garantía para a reinserción das persoas privadas de liberdade
Autoría
M.L.G.
Grao en Dereito
M.L.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar o dereito á comunicación co exterior no ámbito penitenciario, tendo como punto de partida o mandato recollido no artigo 25 da CE: a reinserción do reo como fin esencial da pena. O estudio aborda os diferentes tipos de comunicación que se levan a cabo no sistema español, clasificándoos en canto aos medios empregados e aos interlocutores implicados. Así mesmo, trátase de examinar como a regulación destas comunicacións pode obstaculizar ou favorecer o cumplimento do obxectivo constitucional, constituíndo as interaccións co exterior un elemento fundamental en dito proceso de reinserción.

PEREZ RIVAS, NATALIA (Titor do alumno)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titor do alumno)
Análise da regulación da Intelixencia Artificial na negociación colectiva
Autoría
L.L.M.
Grao en Dereito
L.L.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O auxe da dixitalización e a implementación dos sistemas de IA afecta a todos os aspectos da vida cotidiana incluído o ámbito laboral. O seu carácter novedoso e seu rápido desenvolvemento dificulta a capacidade de resposta do lexislador , provocando situacións cun latente risco de vulneración de dereitos fundamentais dos traballadores. No presente traballo realízase unha análise da regulación actual do uso da IA no ámbito laboral. Abordaremos o marco normativo estatal e europeo así como a función da negociación colectiva. Serán estudados os convenios colectivos das empresas pertencentes ao IBEX 35, analizando a regulación establecida nos mesmos e os posibles efectos que ésta pode suponer aos traballadores.
O auxe da dixitalización e a implementación dos sistemas de IA afecta a todos os aspectos da vida cotidiana incluído o ámbito laboral. O seu carácter novedoso e seu rápido desenvolvemento dificulta a capacidade de resposta do lexislador , provocando situacións cun latente risco de vulneración de dereitos fundamentais dos traballadores. No presente traballo realízase unha análise da regulación actual do uso da IA no ámbito laboral. Abordaremos o marco normativo estatal e europeo así como a función da negociación colectiva. Serán estudados os convenios colectivos das empresas pertencentes ao IBEX 35, analizando a regulación establecida nos mesmos e os posibles efectos que ésta pode suponer aos traballadores.
Dirección
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Titor do alumno)
A discapacidade permanente no contrato de traballo: puntos críticos
Autoría
M.L.P.
Grao en Dereito
M.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Nas últimas décadas, a concepción e o tratamento xurídico das persoas con discapacidade evolucionaron de forma significativa. O antigo enfoque médico-rehabilitador, que consideraba a estas persoas como receptoras pasivas de coidados, deu paso a un modelo social que as recoñece como suxeitos activos, con plenos dereitos e con capacidade para contribuír plenamente á sociedade. Esta mudanza de paradigma supuxo unha transformación profunda na maneira de entender a discapacidade, vinculándoa non só a condicións individuais, senón tamén a barreiras sociais e estruturais que dificultan a súa participación en igualdade de condicións. Este novo enfoque foi respaldado por un marco normativo sólido que promove a igualdade de trato e prohibe calquera forma de discriminación. A nivel internacional e europeo, consolidáronse principios que garanten o dereito das persoas con discapacidade a un traballo digno e que obrigan os empregadores a adoptar medidas específicas para eliminar obstáculos, entre elas a necesidade de realizar axustes razoables no entorno laboral. No contexto estatal, adoptáronse reformas importantes para reforzar a accesibilidade, a igualdade de oportunidades e a inclusión activa no mercado de traballo. Estes cambios reflicten un compromiso crecente coa protección efectiva dos dereitos das persoas con discapacidade e coa promoción dun entorno laboral máis xusto e equitativo. Este Traballo de Fin de Grao examina o dereito das persoas con discapacidade a un traballo digno, analizando tanto a súa dimensión xurídica como xurisprudencial. Estúdanse figuras fundamentais como os axustes razoables, o emprego protexido, as accións positivas e, de forma destacada, a evolución na regulación da extinción do contrato por incapacidade permanente, poñendo especial atención nos avances máis recentes en materia de non discriminación e accesibilidade laboral.

MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
Tribunal
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titor do alumno)
Papel das representantes das traballadoras na protección dos dereitos laborais dentro da empresa. Especial mención á protección fronte o acoso sexual.
Autoría
D.L.O.
Grao en Dereito
D.L.O.
Grao en Dereito
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
A través deste Traballo de Fin de Grao desenvólvense as competencias das representantes das traballadoras para a protección dos dereitos laborais dentro da empresa, a través da regulamentación do Estatuto dos Traballadores, outras normativas, xurisprudencia e doutrina. Faise especial mención á protección fronte ao acoso sexual e o acoso con razón de sexo: como detectalo e como actuar fronte a el a travésdas ferramentas sindicais.

MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Titor do alumno)

Análise da regulación da prostitución en España
Autoría
S.L.F.
Grao en Dereito
S.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A prostitución é, e semple foi, obxecto de debate a nivel social, xurídico e político por tratarse dunha cuestión complexa e polémica que adoita encontrarse relacionada coa vulneración dos dereitos humanos e, sobre todo, das mulleres. En España non existe unha regulación clara e homoxénea respecto a este fenómeno, e moitas veces afirmase que a prostitución encontrase en situación de alegalidade. Así, este traballo ten como obxectivo estudar a regulación existente en España que se refira a esta actividade, así como recopilar a distintas fórmulas xurídicas que se propoñen acerca da mesma. Para iso, comenzaremos analizando o concepto de prostitución e sua distinción en relación a outras figuras cercanas. Tamén estudiaremos a situación na que se encontra, dende un punto de vista social e xurídico. E, por último, comparemos os distintos sistemas normativos que se propoñen para regular al que, coloquialmente, se ha considerado y denominado o oficio máis antigo do mundo.

GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titoría)
Tribunal
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Titor do alumno)

O delito de acoso como forma de violencia de xénero e o emprego de novas tecnoloxías.
Autoría
M.L.G.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
M.L.G.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar o delito de acoso recollido no artigo 172.ter do Código Penal. En concreto, preténdese estudalo dende unha perspectiva de xénero, tendo en conta que unha das razóns polas que se incorporou ao ordenamento xurídico foi asumir as obrigas establecidas polo Convenio do Consello de Europa de 2011 sobre a prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica para os Estados parte nel. Tamén pretende explicar como as novas tecnoloxías impactaron nos métodos e medios empregados para cometer actos de acoso. Todo isto basándose nun exame da xurisprudencia e doutrina vixentes sobre este delito.
O obxectivo deste traballo é analizar o delito de acoso recollido no artigo 172.ter do Código Penal. En concreto, preténdese estudalo dende unha perspectiva de xénero, tendo en conta que unha das razóns polas que se incorporou ao ordenamento xurídico foi asumir as obrigas establecidas polo Convenio do Consello de Europa de 2011 sobre a prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica para os Estados parte nel. Tamén pretende explicar como as novas tecnoloxías impactaron nos métodos e medios empregados para cometer actos de acoso. Todo isto basándose nun exame da xurisprudencia e doutrina vixentes sobre este delito.
Dirección
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
Un desafío xurídico para o dereito internacional: Os Sistemas de Armas Autónomas Letais.
Autoría
C.L.F.
Grao en Dereito
C.L.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
Os Sistemas de Armas Autónomas Letais enténdense, en termos xerais, como sistemas de armamento capaces de seleccionar e atacar obxectivos sen intervención humana directa nas súas funcións críticas. A súa autonomía variable esperta unha gran preocupación, especialmente nos sistemas completamente autónomos. Por este motivo, a comunidade internacional insiste na necesidade de manter un control humano significativo e a responsabilidade humana sobre o uso da forza, que en ningún caso pode ser transferida a unha máquina. Na actualidade non existe un tratado internacional específico sobre os SAAL, aínda que existen propostas para desenvolver un no futuro. A principal vía para regular estes sistemas autónomos é a Convención sobre Certas Armas Convencionais (CCW) e o seu Grupo Xeral de Expertos (GGE). Grazas ao traballo de ambos, conseguiuse consolidar a plena aplicación do Dereito Internacional Humanitario e desenvolveron unha lista de principios reitores que constitúen unha base sobre a que seguir traballando. En canto ás propostas de regulación, a comunidade internacional divídese entre quen defenden unha regulación internacional que prohiba ou restrinxa os SAAL e quen consideran máis axeitado continuar cunha autorregulación baseada no soft law. En calquera caso, os SAAL deben respectar os principios fundamentais do DIH, concretamente o principio de distinción (entre combatentes/obxectivos militares e poboación civil/bens civís), proporcionalidade (evitar danos civís excesivos en relación coa vantaxe militar) e precaución. A capacidade dos SAAL para aplicar estes principios en contornos bélicos complexos segue xerando serias dúbidas.

Os dereitos da personalidade. A identidade de xénero.
Autoría
U.L.P.
Grao en Dereito
U.L.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grado estudamos un dos considerados pola doutrina como «novos» dereitos da personalidade no ordenamento xurídico español: o Dereito á identidade de xénero, a través dunha perspectiva doutrinal e xurisprudencial, con referencias ao Dereito comparado. A partir do estudo dos dereitos da personalidade, especialmente daqueles que integran o seu núcleo duro constitucional (art. 18 CE), conclúese que o dereito á identidade persoal, incluída a vertente relativa ao xénero, é un novo dereito que, aínda que non está regulado na Constitución especificamente, garda unha estreita vinculación cos principios da dignidade humana e do libre desenvolvemento da personalidade tipificados no art. 10 CE. Partindo da premisa do seu interese constitucional, examínanse as primeiras manifestacións e a evolución do termo «identidade de xénero». Inicialmente empregábase indistintamente xunto coa expresión «identidade sexual», pero a recente xurisprudencia do Tribunal Constitucional do ano 2022 disipou a posible confusión que puidese crear esa indistinción ao definir e diferenciar claramente os termos «sexo» (biolóxico) e «xénero» (social e sentido), reforzando así a protección dos dereitos das persoas trans. Finalmente, faise unha análise da evolución lexislativa e xurisprudencial do tratamento deste dereito, desde as súas primeiras manifestacións xurisprudenciais nos anos 80, ata a súa consolidación lexislativa en normas como a Lei 3/2007 ou a actual Lei Trans (4/2023), destacando os progresivos avances dunha lei a outra, especialmente en materia de rectificación rexistral da mención do sexo e en relación cos menores transexuais.

AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
Tribunal
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titor do alumno)
Lei do divorcio de 1932 e a súa aplicación en Santiago de Compostela.
Autoría
A.L.S.
Grao en Dereito
A.L.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:45
26.06.2025 11:45
Resumo
O presente traballo está centrado no divorcio español, en particular, o divorcio de 1932 durante a Segunda República. Para entender a historia desta lei, é necesario partir desde a definición de matrimonio, así como da evolución do divorcio desde o Dereito romano ata a lei actual española. A continuación, contextualízase e leva a cabo unha análise xurídica da Lei de Divorcio de 1932. Por último, conclúese coa abordaxe dun caso na Galicia rural. Mediante o exame de dúas causas penais revélase de modo implícito a incoación dun xuízo de divorcio promovido por unha muller. Este enfoque ten como obxectivo proporcionar un exemplo práctico da implementación da lei prevista, e os problemas cos que se atopaban moitas mulleres á hora de exercer o seu dereito de divorcio.

BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titoría)
BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
BOUZADA GIL, MARIA TERESA (Titor do alumno)

O Impacto das Cláusulas Abusivas nos Contratos de Arrendamento Urbano no Acceso á Vivenda da Xuventude
Autoría
L.M.C.
Grao en Dereito
L.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 12:30
01.07.2025 12:30
Resumo
O problema actual da vivenda afecta con maior intensidade ás clases medias e baixas do noso país e, sobre todo, á xente nova, que ve a posibilidade de acceder ao uso ou á propiedade dunha vivenda como algo moi afastado. Este traballo pretende analizar as principais causas que nos levaron a esta situación, tanto sociais como xurídicas, e relacionaranse coa regulación normativa vixente do contrato de arrendamento de vivenda e do uso distinto ao de vivenda, co fin de analizar o seu impacto e detectar posibles propostas de mellora lege ferenda. Así mesmo, realizarase unha análise do equilibrio que se debe acadar entre as fórmulas normativas que pretenden a protección da figura do arrendatario e o dereito de uso e goce da propiedade privada do arrendador, sen que este último quede totalmente limitado.

MADRIÑAN VAZQUEZ, MARTA (Secretario/a)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Vogal)

O axente encuberto: valor como medio de investigación no proceso penal.
Autoría
P.M.A.
Grao en Dereito
P.M.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
17.07.2025 16:30
17.07.2025 16:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao trata da diligencia de investigación prevista no artigo 282 bis da LACrim, sendo esta o emprego de axentes encubertos na investigación da delincuencia organizada, facendo un análise acerca da natureza do axente encuberto. En primeiro lugar, analízase conceptualmente o axente encubierto en pos de facer un deslinde conceptual en canto á casuística das relacións entre funcionarios das Forzas e Corpos de Seguridade e os suxeitos investigados, cunha especial referencia á modalidade incluida na reforma da LACrim de 2015, o axente encuberto informático. Ademáis, este traballo incide na diferenciación do agente encuberto do policía infiltrado, así como tratar diversas situacións que non son propiamente a dilixencia de investigación do axente encuberto, sen olvidar a cooperación internacional cunha mención los axentes encubertos de países extranxeiros que van desenvolver as seas actuacións en España. Na segunda parte, procédese a relatar a actuación do axente encuberto, partindo do seu ámbito de aplicación para tratar o proceso de nomeamento do axente encuberto, trazando unha secuencia lóxica da actuación do agente encuberto, desde a autorización xudicial e a dación dunha identidade asumida, ata o valor da proba que este produce. O marco legal utilizado é o artigo 282 bis da Lei de Axuizamento Criminal, complementado con obras e artigos doutrinais recentes nesta figura e acompañado, en gran parte, da xurisprpudencia do Tribunal Supremo, de suma importancia no coñecemento desta figura.

Os Poderes do empresario e o respecto aos dereitos fundamentais dos traballadores
Autoría
M.M.M.
Grao en Dereito
M.M.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Neste traballo analízase o exercicio dos poderes do empresario dentro da relación laboral e os seus límites fronte os dereitos fundamentais dos traballadores, con especial atención ao poder de vixilancia e control e ao dereito á intimidade no entorno dixital. Estúdase o poder de dirección, o poder de vixilancia e control e o poder disciplinario, pero a investigación céntrase en como estes deben exercitarse con respecto aos dereitos dos traballadores constitucionalmente proclamados. O núcleo do traballo enfócase particularmente nos desafíos que propoñen as novas tecnoloxías utilizadas polo empresario como instrumentos de control como a videovixilancia, o monitorieo, xeolocalización e a súa incidencia no dereito á intimidade e desconexión dixital das persoas traballadoras. Como marco legal fundamental utilízase a Lei Orgánica 3/2018, de Proteción de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, para delimitar o exercicio destas prácticas empresariais, establecendo requisitos de proporcionalidade, información previa e respecto á dignidade do traballador. Así mesmo, exponse o papel que ocupa o triple xuízo de proporcionalidade como instrumento clave para ponderar as medidas adoptadas polo empresario e o respecto aos dereitos fundamentais dos traballadores, incorporando a tal fin xurisprudencia relevante como o caso Barbulescu. En definitiva, conclúese que, se ben o empresario dispón de amplas facultades, estas non son ilimitadas nin poden exercerse de forma arbitraria nin vulnerar os dereitos dos traballadores. O uso equilibrado de eses poderes é esencial, especialmente nunha contorna dixital cada vez máis complexa e desafiante.

ALVAREZ GONZALEZ, TERESA EVA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, TERESA EVA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ GONZALEZ, TERESA EVA (Titor do alumno)

O análise da integración das disposicións testamentarias no Dereito de Sucesións
Autoría
M.M.S.
Grao en Dereito
M.M.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Junto al proceso de interpretación de la declaración expresada en testamento, orientado a conocer la voluntad real que tal declaración encierra, se encuentra el proceso de interpretación integradora del negocio sucesorio, cuya finalidad no es otra que la reconstrucción de la voluntad hipotética del causante para dar respuesta a situaciones no previstas por él al tiempo de su otorgamiento El interés de la materia resulta incuestionable, ya que la práctica de los tribunales y la dinámica registral refrendan que la solución a gran parte de las controversias existentes en el ámbito sucesorio se encuentra en la averiguación de la voluntad del de cuius. Controversias que, en ocasiones, podrían ser evitadas mediante una adecuada canalización por parte de los notarios y abogados de la voluntad que se les transmite y de las finalidades buscadas por el otorgante, a través de cláusulas completas y adaptadas al marco normativo vigente. En este trabajo de fin de grado se han analizado en profundidad dos sentencias claves para descifrar la cuestión de la integración en materia testamentaria así como las cuestiones relativas a la causa falsa y a la función interpretativa del testamento.

Novas tendencias na protección do investidor
Autoría
S.M.V.
Grao en Dereito
S.M.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
Este TFG ten por obxecto o estudo das novas tendencias no relativo á protección do investidor. Reflexiónase sobre a problemática específica coa que se atopa o investidor nos mercados de valores. Analizarase a posición do investidor nos mercados desde o prisma da súa protección, tendo en conta o lugar central que ocupa neles. Repásanse os distintos mecanismos de protección que o ordenamento xurídico, tanto europeo como estatal, proporciona ao investidor. Trátase, concretamente, a problemática da transparencia informativa como mecanismo fundamental sobre o que se basea toda a protección do investidor, xa que resulta insuficiente para ofrecer un respaldo adecuado aos investidores nos mercados. En concreto, abordarase a crise que sofre este mecanismo, tendo en conta que o investidor non amosa interese ningún por ler os informes financeiros que recibe, nin posúe tampouco a capacidade necesaria para manexarse nun ámbito altamente técnico que pode causar graves prexuízos ao seu patrimonio e á súa economía persoal. Por último, repasaranse as novas tendencias e alternativas, ao tempo que se proporán ideas innovadoras relativas á protección do investidor, como a necesidade de poñer o foco na educación financeira.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)

Resistencia Galega
Autoría
M.M.C.
Grao en Criminoloxía
M.M.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza o fenómeno de Resistencia Galega, un movemento independentista que actuou de forma clandestina en Galiza durante a primeira década do século XXI. Xurdido nun contexto de crise institucional, económica e identitaria, e trala desarticulación doutros grupos, RF foi obxecto dun amplo debate xurídico, mediático e social, especialmente en torno á súa posible cualificación como organización terrorista. A investigación explora a súa orixe, evolución, estrutura e actividade operativa, así como as reaccións institucionais, mediáticas e sociais que xerou. Ademais, inclúe unha revisión teórica do concepto de terrorismo dende distintas perspectivas, e compárao con outros grupos armados. Mediante unha metodoloxía cualitativa e documental, o estudo permite extraer conclusións valiosas sobre un tema tan delicado como é a relación entre identidade colectiva, violencia política e as formas nas que o Estado responde dentro dun sistema democrático. En definitiva, este traballo non só busca entender un episodio concreto da historia de Galiza, se non tamén contribuír a construír unha memoria crítica e comprometida cos matices, coas preguntas incómodas, e coa necesidade de mirar cara o pasado para comprender mellor o presente. Por que, o acontecido con RG non é só un episodio illado, se non unha mostra de como se xestan os conflitos, de como se nomean, e de como eliximos recordalos.

BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titor do alumno)

Bases organizativas da Policía Nacional en España
Autoría
A.M.G.
Grao en Criminoloxía
A.M.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
30.06.2025 12:00
30.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como fin levar a cabo un estudo sobre o modelo actual do Corpo Nacional de Policía en España, co obxectivo de recoller a normativa, bases, estrutura, etc. dun corpo tan famoso e á vez descoñecido como é a Policía Nacional. En primeiro lugar, levará a cabo un repaso da historia do Corpo, partindo da súa orixe e avanzando polas diferentes reformas ás que se viu sometido co paso dos anos ata chegar ao modelo actual. Doutra banda, revisarase a diversa normativa á que este se ve suxeito, desde a propia Constitución ata a normativa interna do Corpo. Seguidamente, botaremos unha ollada ao proceso existente na actualidade para acceder aos diversos postos da Policía Nacional, a preparación e formación dos policías do futuro e as diferentes vías para ascender e especializarse unha vez dentro do propio Corpo. Continuarase cun estudo das diversas unidades existentes, así como da súa estrutura e organización por todo o territorio nacional, á vez que se recollerán e tratarán as súas funcións e competencias para finalizar cunha ollada cara ao presente e/o futuro próximo a través de diversos aspectos e frontes que teñen ou terán unha especial importancia nos vindieros anos para o Corpo Nacional de Policía.

Miguez Macho, Luis (Titoría)
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Tribunal
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Perspectiva de futuro do imposto corporativo mínimo global
Autoría
A.M.C.
Grao en Dereito
A.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
O propósito de este traballo é analizar as medidas do Segundo Pilar propostas pola OCDE para establecer un tipo impositivo mínimo global para o imposto de sociedades do 15%. Este imposto cupón unha das maiores reformas internacionais do sistema tributario ata a data polo que é de suma importancia entender cómo se vai aplicar dito imposto asi como as súas posibles consecuencias.

GARCIA NOVOA, CESAR (Titoría)
GARCIA NOVOA, CESAR (Titoría)
Tribunal
GARCIA NOVOA, CESAR (Titor do alumno)
GARCIA NOVOA, CESAR (Titor do alumno)
Traballo Fin de Grao
Autoría
R.M.C.
Grao en Dereito
R.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo ten por obxecto levar a cabo unha análise xurídica rigorosa dos incentivos fiscais e das medidas de apoio económico dirixidas á creación e mantemento do emprego, tanto no ordenamento xurídico español como no marco normativo da Unión Europea. Para iso, parte do exame dos principios constitucionais que rexen a materia tributaria, en particular os de capacidade económica, igualdade, progresividade e non confiscatoriedad consagrados no artigo 31.1 da Constitución Española, así como da repartición competencial entre o Estado e as comunidades autónomas en materia fiscal. Procédese ao estudo sistemático dos principais instrumentos de incentivación vixentes, distinguindo entre os incentivos fiscais en sentido estrito, talles como as deducións no Imposto sobre Sociedades, e as medidas sobre as cotizacións sociais, entendidas estas como prestacións patrimoniais de carácter público non tributario, cuxa finalidade é incentivar a contratación e favorecer o mantemento do emprego. A análise incorpora unha perspectiva comparada que permite examinar o encaixe xurídico destes incentivos no contexto europeo, prestando especial atención aos límites e requisitos derivados da normativa sobre axudas de Estado, en particular os artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, identifícanse os principais desafíos que expón a utilización destes instrumentos, como a necesidade de condicionar a súa aplicación á xeración de emprego estable e de calidade, a avaliación periódica da súa efectividade, a prevención de distorzas na competencia e a adecuada articulación dos incentivos dentro do marco de sustentabilidade orzamentaria. O traballo conclúe que, desde unha perspectiva xurídico-tributaria, os incentivos fiscais e as medidas sobre cotizacións sociais poden constituír mecanismos válidos de política pública en materia de emprego, sempre que se deseñen conforme os principios constitucionais, sométanse a control e avaliación e aplíquense con criterios de eficiencia, transparencia e vinculación a resultados obxectivos.

TABOADA VILLA, JORGE (Titoría)
TABOADA VILLA, JORGE (Titoría)
Tribunal
SANJURJO RIVO, VICENTE ANTONIO (Coordinador)

Abuso do mercado de valores: manipulación de cotizacións e abuso de información privilexiada
Autoría
D.M.P.
Grao en Dereito
D.M.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 13:00
15.07.2025 13:00
Resumo
Un sistema financeiro estatal atópase formado por diversos mercados, entre os cales se encontra o Mercado de Valores, mercado virtual consistente nun espazo de fluxo monetario no que se compran, venden e negocian con bens inmateriais, os chamados títulos (tanto de renda fixa como variable) e outros valores negociables. É importante destacar tamén a figura dos usuarios deste mercado, que son os inversores e que se atopan no eixe central da lexislación, na procura da súa protección. Este mercado de valores vese ameazado por diversos riscos, entre os que se atopan as prácticas abusivas. O que supón a existencia destas prácticas abusivas é a alteración da información de presos e a distorsión dos recursos, desencadeando una perda de confianza por parte dos inversores que podería supor a fin da actividades destes mercados. Comezouse a falar de protección dos mercados de valos nos Estados Unidos como consecuencia do crack da bolsa do 20, e, posteriormente, dita situación e gran parte da súa normativa se trasladou a Unión Europea, onde se implantaron moitos dos piares da normativa de protección do mercado de valores. No marco da Unión europea atopámonos coa Directiva de abusos de mercado do ano 2003, que supuxo un gran paso na normativa proteccionista. Actualmente está en vigor o Regulamento 596/2014 que recolle como prácticas abusivas a manipulación de cotizacións e o abuso de información privilexiada.
Un sistema financeiro estatal atópase formado por diversos mercados, entre os cales se encontra o Mercado de Valores, mercado virtual consistente nun espazo de fluxo monetario no que se compran, venden e negocian con bens inmateriais, os chamados títulos (tanto de renda fixa como variable) e outros valores negociables. É importante destacar tamén a figura dos usuarios deste mercado, que son os inversores e que se atopan no eixe central da lexislación, na procura da súa protección. Este mercado de valores vese ameazado por diversos riscos, entre os que se atopan as prácticas abusivas. O que supón a existencia destas prácticas abusivas é a alteración da información de presos e a distorsión dos recursos, desencadeando una perda de confianza por parte dos inversores que podería supor a fin da actividades destes mercados. Comezouse a falar de protección dos mercados de valos nos Estados Unidos como consecuencia do crack da bolsa do 20, e, posteriormente, dita situación e gran parte da súa normativa se trasladou a Unión Europea, onde se implantaron moitos dos piares da normativa de protección do mercado de valores. No marco da Unión europea atopámonos coa Directiva de abusos de mercado do ano 2003, que supuxo un gran paso na normativa proteccionista. Actualmente está en vigor o Regulamento 596/2014 que recolle como prácticas abusivas a manipulación de cotizacións e o abuso de información privilexiada.
Dirección
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
HERNANDEZ RODRIGUEZ, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Presidente/a)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Vogal)
O principio de oportunidade e o proceso por delitos leves.
Autoría
M.M.S.
Grao en Criminoloxía
M.M.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.07.2025 17:00
17.07.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda as cuestións básicas que deron lugar sobre os novos delitos leves (antigas faltas) e a introdución do principio de oportunidade no ordenamento xurídico español tras a reforma realizada pola Lei Orgánica 1/2025, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro. Analizaránse cuestións como as definicións, os carácteres identificativos, órganos facultados, regulación e o ámbito de aplicación, entre outros.
O presente Traballo de Fin de Grao aborda as cuestións básicas que deron lugar sobre os novos delitos leves (antigas faltas) e a introdución do principio de oportunidade no ordenamento xurídico español tras a reforma realizada pola Lei Orgánica 1/2025, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro. Analizaránse cuestións como as definicións, os carácteres identificativos, órganos facultados, regulación e o ámbito de aplicación, entre outros.
Dirección
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
Tribunal
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)
Alonso Salgado, Cristina (Titor do alumno)
Análise do ADN no Proceso Penal
Autoría
S.M.C.
Grao en Dereito
S.M.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 16:00
26.06.2025 16:00
Resumo
O presente traballo ten por obxecto a análise das mostras de ADN no que respecta ao seu valor probatorio e á súa presenza ao longo do proceso penal. En España, a reforma levada a cabo no ano 2015 introduciu a posibilidade da obtención coactiva da mostra ante a negativa da persoa investigada, previa autorización xudicial. Trataremos de analizar como afecta a súa obtención á orde constitucional e aos dereitos fundamentais, así como examinar os problemas que poden derivarse da súa aplicación: en que supostos é aplicable; baixo que condicións; como debe ser a resolución xudicial autorizante; como levar a cabo a recollida e análise e, en definitiva, o proceso ao que se somete esta dilixencia tan problemática mediante a posible execución coactiva da recollida e análise do ADN. Ademais, existen na historia procesual penal española dous casos mediáticos merecentes dunha especial atención no que respecta a dita proba, polo que os mencionaremos e analizaremos durante o desenvolvemento do traballo que a continuación se presenta.

La transposición de la Directiva (UE) 770/2019 en el Texto Refundido por el que se aprueba la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios
Autoría
C.M.T.
Grao en Dereito
C.M.T.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
El presente trabajo trata como se ha abordado por el legislador nacional la trasposición de la Directiva 770/2019 en el ordenamiento español, siendo desarrollado su contenido en el Texto Refundido por el que se aprueba la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios. Esta Directiva supuso un avance significativo en la armonización del Derecho contractual digital en el ámbito de la Unión Europea, fijando como principal objetivo el establecimiento de normas comunes relativas a determinados aspectos de los contratos celebrados entre empresarios y consumidores para el suministro de contenidos y servicios digitales, ya sea a cambio de un precio o mediante la cesión de datos personales. En un contexto cada vez más tecnológico, en el que los bienes y servicios digitales ocupan un lugar central en la vida económica y social, se hacía necesaria una regulación que garantizase un nivel adecuado de protección al consumidor, a la vez que ofreciera seguridad jurídica a los empresarios que comercializan con tales contenidos. La presente Directiva introduce conceptos novedosos como la cesión de datos personales como contraprestación contractual, el régimen de conformidad y las medidas correctoras frente a su incumplimiento, lo cual ha obligado a adaptar diversas normas del ordenamiento español. En este pequeño estudio, se abordará principalmente el ámbito de aplicación, así como el régimen de la falta de conformidad con los contenidos y servicios digitales suministrados.

Breve análise do dereito á liberdade de expresión na era dixital.
Autoría
H.N.K.
Grao en Dereito
H.N.K.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 13:00
30.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo aborda o complexo panorama da liberdade de expresión na era dixital, con especial atención ao impacto das redes sociais. Nun primeiro momento, examínase este dereito fundamental desde unha perspectiva xurídica, destacando as garantías constitucionais e legais que o protexen nos estados democráticos. Así mesmo, analízanse outros dereitos intimamente relacionados coa liberdade de expresión, como o dereito á información. A continuación, afóndase nos riscos xerados a raíz do avance das tecnoloxías da información, en concreto, na censura e na proliferación de discursos de odio ou desinformación. Finalmente, o traballo expón os distintos mecanismos de control e regulación vixentes, tanto no plano nacional como internacional. Analízanse tanto as respostas dos estados como as políticas de moderación de contidos das plataformas dixitais.

GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titoría)
GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GUDE FERNANDEZ, ANA MARIA (Titor do alumno)

Prisión provisional, factores criminóxenos e resocialización
Autoría
S.O.L.
Grao en Dereito
S.O.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 16:30
26.06.2025 16:30
Resumo
A prisión provisional, medida cautelar restritiva, expón tensións entre o proceso penal e os dereitos fundamentais. Aínda que concibida como excepcional e subsidiaria, o seu uso estendeuse máis alá do previsto, converténdose en moitos casos nunha pena anticipada que afecta a aquelas persoas que aínda non foron condenadas. Esta realidade xera non só unha vulneración de principios como a presunción de inocencia, senón tamén consecuencias persoais, sociais e xurídicas de gran calado. Unha das cuestións máis preocupantes é o efecto criminóxeno que pode ter o encarceramento previo ao xuízo. O contacto con contornos penitenciarios e con internos condenados pode producir unha “contaminación criminóxena” en individuos que, en ocasións, resultan inocentes. A isto súmase o impacto psicolóxico, a perda de vínculos sociais e laborais, e a dificultade de reinserción tras a escarceración. A análise aborda tamén o concepto de resocialización, entendido como un proceso activo de reeducación e reintegración social. Dende esta perspectiva, cuestiónase se a prisión provisional, tal como se aplica na práctica, cumpre coas esixencias constitucionais de orientar as penas cara á rehabilitación. Ademais, examínase a responsabilidade do Estado ante casos de prisión provisional indebida, a escasa efectividade dos mecanismos de revisión xudicial e a necesidade de reforzar as garantías procesuais. Proponse alternativas como a xustiza restaurativa e sublíñase a importancia de políticas penitenciarias centradas na educación, a atención psicolóxica e a inserción laboral como ferramentas para reducir a reincidencia.

Deseño dun programa de prevención da violencia de xénero en adolescentes: 'Xeración Violeta'. Unha proposta dirixida ao alumnado de 4º da ESO.
Autoría
M.O.P.
Grao en Criminoloxía
M.O.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
A violencia de xénero non é un fenómeno exclusivo da parella adulta, pois a súa presenza nas relacións afectivas entre adolescentes é cada vez maior, manifestándose a través de condutas de control, celos, dominación ou violencia psicolóxica. Esta violencia en idades temperás a miúdo vese normalizada pola influencia dos mitos do amor romántico e os estereotipos de xénero. Neste contexto, é fundamental unha intervención preventiva, pois nesta etapa é cando se constrúen as bases da identidade persoal, afectiva e social. Así, o presente traballo ten como obxectivo o deseño dun programa de intervención dirixido a adolescentes de 4º da ESO, co propósito de previr a violencia de xénero dende o ámbito educativo. O programa deseñado busca non só sensibilizar ao alumnado sobre a gravidade deste fenómeno, senón tamén traballar aspectos clave como son os roles e estereotipos de xénero, a identificación dos mitos do amor romántico e o recoñecemento de sinais de alerta nas relacións afectivas. Ademais, pretende dotar aos mozos e mozas de ferramentas emocionais que lles permitan establecer vínculos saudables baseados no respecto e igualdade, así como darlles a coñecer os recursos especializados aos que poden acudir en caso de necesitalo. Esta proposta debe entenderse como parte dun proceso máis amplo e continuado de educación para a igualdade. Resulta desexable incorporar este tipo de intervencións de maneira transversal no currículo educativo, promover a implicación das familias e adaptar os contidos aos novos formatos de socialización dixital, onde tamén se reproducen situacións de violencia. Así mesmo, sería recomendable avaliar o impacto real deste tipo de programas a medio e longo prazo, co obxectivo de mellorar a súa eficacia e adecuación ás necesidades do alumnado.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Mallo López, Sabela Carme (Titor do alumno)

A copaternidade como modelo familiar contemporáneo.
Autoría
S.O.M.
Grao en Dereito
S.O.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o fenómeno da copaternidade como un modelo familiar emerxente no que dúas ou máis persoas, sen vínculo romántico, deciden compartir a crianza dun fillo/a. Investiga as súas orixes, o seu desenvolvemento en España e a falta de regulación específica sobre o tema, así como a súa comparación con outros sistemas xurídicos. Desde unha perspectiva xurídica, examina os contratos de copaternidade, a filiación e a patria potestade, así como os diversos conflitos que poderían xurdir pola falta de regulación específica. Tamén aborda outros aspectos como a multiparentalidade e a posibilidade de que este concepto poida ser utilizado para eludir a lei en relación coa xestación subrogada. Desde unha perspectiva ética, analiza os dereitos do neno e o seu interese superior, avaliando se este modelo garante un ambiente estable e seguro para o seu axeitado crecemento e desenvolvemento. Este proxecto conclúe que, aínda que a copaternidade non constitúe necesariamente un novo modelo familiar, presenta certos desafíos legais e éticos que requiren unha regulación clara. É necesario abordar esta realidade desde unha perspectiva integral que garanta tanto a seguridade xurídica dos proxenitores como a protección do menor, garantindo o seu crecemento e desenvolvemento nun entorno axeitado.

O dereito penitenciario na Segunda República Espñaola e a figura de Victoria Kent
Autoría
A.P.L.
Grao en Dereito
A.P.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo abórdase a traxectoria do dereito penitenciario no Estado Español durante o período da Segunda República Española (1931 a 1939). Neste período leváronse a cabo importantes reformas que transformaron o dereito penal e penitenciario da época, e produciuse a rehabilitación de boa parte das prisións españolas. Coméntanse algúns instrumentos normativos desenvolvidos durante os períodos anteriores, así como os que xurdiron co réxime republicano, como os indultos que se levaron a cabo ao comezo desta etapa, o cal marcou o porvir no ámbito penitenciario. Escóllense estes instrumentos como exemplificación do carácter humanizador que imperou na etapa republicana. Ademais, este traballo céntrase na figura de Victoria Kent na súa faceta de Directora Xeral de Prisións, xa que é considerada a artífice desa humanización das prisións, posto que loitou por ofrecer ás persoas reclusas un tratamento individualizado, tendo en conta tanto as súas condicións sociais como persoais, establecendo medidas educativas dentro da prisión, así como a integración de actividades laborais. Unha das reformas máis progresistas foi a inclusión das mulleres no corpo da administración penitenciaria. Relátase a súa traxectoria como directora ata a súa dimisión, coa que case se dá por desaparecida esta corrente humanizadora.

A xornada laboral e os tempos de descanso. Regulación, xurisprudencia e acordos colectivos.
Autoría
H.P.P.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
H.P.P.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
17.02.2025 10:30
17.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo céntrase na análise de diversos aspectos relacionados coa regulación do tempo de traballo, os descansos e as vacacións no marco laboral español, tanto dende unha perspectiva normativa coma xurisprudencial, tendo moi en conta tamén a negociación colectiva. Examínase como a lexilación española evolucionou historicamente para establecer límites claros sobre a xornada laboral máxima, tomando como referencia o marco constitucional actual. Tamén se abordan distintas categorías de tempo dentro da xornada laboral como o tempo de traballo efectivo, tempo de dispoñibilidade e descanso. Neste sentido, discútense casos específicos, como as pausas para ir ao baño ou os cambios de turno. O traballo tamén explora as regulacións sobre os tempos de descanso, incluindo descansos breves durante a xornada, descanso diario e semanal, así como as vacacións anuais retribuídas. Examínanse as disposicións nacionais e as europeas, en concreto, a Directiva 2003/88/CE. Finalmente, trátase sobre a recente proposta de reducir a xornada laboral máxima semanal a 37,5 horas, anunciada en decembro de 2024.

VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Vogal)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Vogal)
Traballo Fin de Grao
Autoría
M.P.L.
Grao en Dereito
M.P.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo é unha exploración da incidencia da invención estrela de Jeremy Bentham, o Panóptico ou Casa de Inspección, na reforma penitenciaria española do século XIX a través dun exemplo práctico: o cárcere do partido xudicial de Lugo, inaugurada no 1887, en plena onda de construcción de cárceres modelo en España. A súa edificación prodúcese nun contexto de consolidación do dereito penitenciario ilustrado, e de cambios lexislativos que convertirán a pena de prisión en el piar central da súa normativa penal. Búscase comprender a razón de ser da súa planta pseudo-panóptica, una verdadeira anomalía con antecedentes moi escasos na práctica constructiva do momento, no que proliferaba o modelo radial ou o ‘panóptico-local’. A través dunha revisión da literatura especializada, trázase un percorrido pola invención da prisión panóptica, facendo un breve repaso da vida do seu creador e incidindo na evolución do concepto de inspección central ao longo da Historia e nas distintas fontes das que, consciente o inconscientemente, bebe Jeremy Bentham á hora de idear este instrumento para o exercicio do poder. Logo de detallar os principios ideolóxicos que articulan o modelo, afóndase na incidencia que tivo a nivel internacional para despois poñer o foco na penitenciaría lucense, nacida nun ambiente de reforma a ritmos irregulares. Finalmente, suxírese unha hipótese sobre a súa morfoloxía inusual e aparentemente xa superada a finais de século.

ORTEGO GIL, PEDRO (Presidente/a)
Rodríguez Boente, Sonia Esperanza (Secretario/a)
SEGURA ORTEGA, MANUEL (Vogal)

Sobre o crime de xenocidio en Gaza
Autoría
N.P.G.
Grao en Dereito
N.P.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, a xa crítica situación humanitaria na Franxa de Gaza (froito dun conflito prolongado e de repetidas hostilidades por parte do Estado de Israel) empeorou a niveis sen precedentes. A escala da devastación e os métodos empregados nas operacións militares xeraron unha profunda preocupación internacional, reavivando o debate sobre a posible comisión do crime de xenocidio contra a poboación palestina. Neste marco, iniciáronse procedementos ante a Corte Penal Internacional e a Corte Internacional de Xustiza co obxectivo de cualificar xurídicamente os feitos e determinar as responsabilidades tanto individuais como estatais. Este estudo ten como obxectivo examinar, desde unha perspectiva xurídica, se a conduta observada pode ser cualificada como crime de xenocidio segundo o dereito internacional aplicable.

PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titoría)
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Titor do alumno)

A planificación da sucesión na esfera dixital
Autoría
M.P.R.
Grao en Dereito
M.P.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
Nun contexto marcado pola crecente dixitalización da vida cotiá, o presente traballo pretende analizar a problemática xurídica derivada da planificación da sucesión na esfera dixital. A tal fin, estúdase o alcance da autonomía da vontade do causante respecto do destino sucesorio dos seus bens e dereitos dixitais, de carácter tanto patrimonial como extrapatrimonial. Así mesmo, leva a cabo un labor de delimitación conceptual ao redor de realidades aínda difusas, como o controvertido debate sobre a existencia do “testamento dixital” ou que debe entenderse por “bens e dereitos dixitais”. Todo iso dende a intersección que se dá entre o Dereito sucesorio, o Dereito de contratos e o Dereito da persoa, así como as dificultades que xorden ao tentar aplicar institucións tradicionais a novas formas de patrimonio que distan física e conceptualmente da noción de patrimonio analóxico. Finalmente, examínase o papel da actual Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDPGDD), que constitúe o marco normativo base para a regulación da sucesión dixital.

ESPIN ALBA, ISABEL (Titoría)
ESPIN ALBA, ISABEL (Titoría)
Tribunal
ESPIN ALBA, ISABEL (Titor do alumno)
ESPIN ALBA, ISABEL (Titor do alumno)
A intelixencia artificial na Administración Pública: oportunidades e desafíos legais.
Autoría
A.P.V.
Grao en Dereito
A.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A intelixencia artificial irrompeu en todos os ámbitos da nosa esfera, ofrecendo oportunidades e vantaxes significativas como a axilización de trámites, a redución da carga administrativa ou a mellora na prestación de servicios públicos. Porén, o uso da Intelixencia Artificial na administración Pública presenta importantes desafíos legais, como son a falta de transparencia na toma de decisións automatizadas, a posible vulneracións de dereitos fundamentais, así como problemas na protección dos datos persoais. Neste ámbito, o caso Syri, xulgado polo tribunal da Haya no ano 2020 é unha forma perfecta para exemplificar de forma práctica todas estas problemáticas, pois foi declarado ilegal debido a opacidade no seu funcionamento, a falta de garantías axeitadas para os cidadáns e o risco de discriminación. Deste xeito, analízase como a intelixencia artificial está sendo progresivamente implementada na Administración Pública, abordando tanto os seus beneficios como os riscos que plantexa e a necesidade dun marco regulador que garantice o respeto aos dereitos fundamentais, para o cal se realiza unha análise de diferentes fontes bibliográficas.

Evolución e teoría da selección sexual: unha revisión narrativa sobre as diferenzas sexuais na agresión humana.
Autoría
S.P.C.
Grao en Criminoloxía
S.P.C.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é facer unha revisión narrativa sobre as diferenzas sexuais na violencia seguindo a perspectiva evolucionista. A agresión humana presenta diferenzas significativas entre sexos, sendo os homes os que mostran os niveis máis altos de violencia. Desde hai un século, a psicoloxía evolucionista ha tentado ofrecer diversas explicacións a este fenómeno, por iso no presente texto repasarase o proposto na literatura científica co fin de brindar unha visión de conxunto actualizada sobre esta área. Trataranse factores psicolóxicos, sociais e biolóxicos, tentando comprender como estes veñen condicionados polos procesos evolutivos dos que falaba Charles Darwin.

ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Titor do alumno)

A dependencia funcional da Policía Xudicial respecto dos órganos xurisdicionais e fiscais
Autoría
A.P.F.
Grao en Dereito
A.P.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grado analizarase o sistema de doble dependencia orgánica e funcional nas actuacións da Policía Xudicial respecto do Poder Executivo e Xudicial, centrándonos especialmente na dependencia funcional en relación cos órganos xurisdicionais e fiscais. Levarase a cabo un estudo normativo a cerca da introducción da Policía Xudicial no noso ordenamento xurídico; coa conseguinte explicación da súa composición, prinicpios de actuación e funcións. Finalizando co elenco de actuacións atribuidas á Policía Xudicial e recollidas na Ley de Axuizamento Criminal.
No presente Traballo de Fin de Grado analizarase o sistema de doble dependencia orgánica e funcional nas actuacións da Policía Xudicial respecto do Poder Executivo e Xudicial, centrándonos especialmente na dependencia funcional en relación cos órganos xurisdicionais e fiscais. Levarase a cabo un estudo normativo a cerca da introducción da Policía Xudicial no noso ordenamento xurídico; coa conseguinte explicación da súa composición, prinicpios de actuación e funcións. Finalizando co elenco de actuacións atribuidas á Policía Xudicial e recollidas na Ley de Axuizamento Criminal.
Dirección
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titor do alumno)
CATALINA BENAVENTE, MARIA DE LOS ANGELES (Titor do alumno)
A compensación por desequilibrio económico do artigo 97 do Código Civil.
Autoría
N.T.P.V.
Grao en Dereito
N.T.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten por obxecto examinar o papel fundamental da xurisprudencia do Tribunal Supremo na interpretación e aplicación do artigo 97 do Código Civil. No análise da figura é indudable que existen ciertos puntos sobre os que non hai controversia ningunha no seu estudo, como é o caso da natureza da figura. Mentres que outras cuestión xeran unha mayor problemática. Tales cuestións son o concepto de desequilibrio económico, a determinación do quantum, a realización do xuízo prospectivo que permite fixar a temporalidade, ou as causas de extinción. A estructura do traballo articulase arredor do estudo de catro sentenzas representativas de cada unha das cuestións controvertidas, completadas con doctrina e outras resolución relevantes, mostrando un claro reflexo da aplicación práctica do artigo 97 do Código Civil, así como dos criterios que orientan a interpretación do Tribunal Supremo.

Comentario a sentencia do 17 de xuño de 2021 mittelbayerischer Verlag KG
Autoría
O.P.R.
Grao en Dereito
O.P.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza criticamente a sentenza do tribunal de Xustiza da union europea do 17 de xuño de 2021 mittelbayerischer Verlag KG. A resolución aborda o problema da difamación en liña e a probabilidade de interpoñer accións xudiciais cando a vítima non aparece identificada nominalmente no contido presuntamente lesivo. Examinase tamen a evolución xurisprudencial do foro do feito danoso,as súas implicacións na protección dos dereitos da personalidade e as tensións entre seguridade xurídica e a tutela xudicial efectiva nos litixios transfronterizos.
Este traballo analiza criticamente a sentenza do tribunal de Xustiza da union europea do 17 de xuño de 2021 mittelbayerischer Verlag KG. A resolución aborda o problema da difamación en liña e a probabilidade de interpoñer accións xudiciais cando a vítima non aparece identificada nominalmente no contido presuntamente lesivo. Examinase tamen a evolución xurisprudencial do foro do feito danoso,as súas implicacións na protección dos dereitos da personalidade e as tensións entre seguridade xurídica e a tutela xudicial efectiva nos litixios transfronterizos.
Dirección
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titor do alumno)
MASEDA RODRÍGUEZ, JAVIER (Titor do alumno)
Personalidade escura e actitudes cara o fraude: un estudo con poboación penitenciaria e comunitaria.
Autoría
P.P.G.
Grao en Criminoloxía
P.P.G.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
En calqueira aspecto da criminalidade existen numerosas variables a considerar para explicar satisfatoriamente a comisión delitiva. Porén, cando se trata da delincuencia económica atopamos explicacións de corte máis utilitarista ou oportunista que, por si soas, non engloban a complexidade de dito fenómeno. Con esta investigación búscase incidir nas variables persoais vencelladas coa Personalidade Escura que presentan unha relación cos xa mencionados delitos. Para iso, compararase unha mostra comunitaria con outra penitenciara na busca de diferencias significativas nas seguintes variables: psicopatía, tríada escura, desconexión moral e tendencia ao fraude. Todas elas evaluaranse con escalas científicamente validadas para identificar os posibles rasgos de personalidade que se relacionan coa delincuencia económica.
En calqueira aspecto da criminalidade existen numerosas variables a considerar para explicar satisfatoriamente a comisión delitiva. Porén, cando se trata da delincuencia económica atopamos explicacións de corte máis utilitarista ou oportunista que, por si soas, non engloban a complexidade de dito fenómeno. Con esta investigación búscase incidir nas variables persoais vencelladas coa Personalidade Escura que presentan unha relación cos xa mencionados delitos. Para iso, compararase unha mostra comunitaria con outra penitenciara na busca de diferencias significativas nas seguintes variables: psicopatía, tríada escura, desconexión moral e tendencia ao fraude. Todas elas evaluaranse con escalas científicamente validadas para identificar os posibles rasgos de personalidade que se relacionan coa delincuencia económica.
Dirección
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
A modalidade ordinaria da suspensión da execución do resto da pena (liberdade condicional): regulación xurídico-penal.
Autoría
N.P.R.
Grao en Dereito
N.P.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo ten por obxecto o estudo da figura da liberdade condicional na súa modalidade ordinaria, desde o seu nacemento como o último período dun sistema de execución penal dividido en etapas, ata a súa configuración actual como unha modalidade de suspensión da execución do resto da pena privativa de liberdade. Incidiremos, desde un punto de vista crítico, nas diversas reformas que experimentou esta institución penal en España, especialmente a partir da Lei Orgánica 1/2015, que alterou por completo o seu réxime xurídico, tanto desde un punto de vista interpretativo como procedemental. Expoñerase, desde unha perspectiva doctrinal e xurisprudencial, o réxime xurídico da liberdade condicional, abordando os seus requisitos, o procedemento para a súa concesión, as prohibicións ou deberes que poden impoñerse ao liberado condicional e a súa posible revogación.
O presente traballo ten por obxecto o estudo da figura da liberdade condicional na súa modalidade ordinaria, desde o seu nacemento como o último período dun sistema de execución penal dividido en etapas, ata a súa configuración actual como unha modalidade de suspensión da execución do resto da pena privativa de liberdade. Incidiremos, desde un punto de vista crítico, nas diversas reformas que experimentou esta institución penal en España, especialmente a partir da Lei Orgánica 1/2015, que alterou por completo o seu réxime xurídico, tanto desde un punto de vista interpretativo como procedemental. Expoñerase, desde unha perspectiva doctrinal e xurisprudencial, o réxime xurídico da liberdade condicional, abordando os seus requisitos, o procedemento para a súa concesión, as prohibicións ou deberes que poden impoñerse ao liberado condicional e a súa posible revogación.
Dirección
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
PEREZ RIVAS, NATALIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO (Presidente/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Secretario/a)
GUINARTE CABADA, GUMERSINDO (Vogal)
A responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria en tempos de coronavirus
Autoría
C.P.V.
Grao en Dereito
C.P.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo céntrase no estudo da responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria no contexto extraordinario da pandemia de COVID-19, sobre a base do principio constitucional consignado no art. 106.2 da CE e do seu desenvolvemento na LRXSP. Abórdase o fundamento do devandito instituto en canto garantía fronte aos danos que, cumprindo os requisitos de efectividade, antixuridicidade, evaluabilidade económica, individualidade e conexión causal, tivo por efecto o funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos sanitarios nunha conxuntura de tal excepcionalidade. Singularmente, concéntrase na análise da procedencia das reclamacións patrimoniais nos seguintes ámbitos: a falta de protección do persoal sanitario, os contaxios en ámbitos hospitalarios, e os efectos adversos da vacinación. De igual modo, préstase particular atención ao influxo da forza maior en canto causa exonerante de responsabilidade nunha crise sanitaria de grandes magnitudes.
O presente traballo céntrase no estudo da responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria no contexto extraordinario da pandemia de COVID-19, sobre a base do principio constitucional consignado no art. 106.2 da CE e do seu desenvolvemento na LRXSP. Abórdase o fundamento do devandito instituto en canto garantía fronte aos danos que, cumprindo os requisitos de efectividade, antixuridicidade, evaluabilidade económica, individualidade e conexión causal, tivo por efecto o funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos sanitarios nunha conxuntura de tal excepcionalidade. Singularmente, concéntrase na análise da procedencia das reclamacións patrimoniais nos seguintes ámbitos: a falta de protección do persoal sanitario, os contaxios en ámbitos hospitalarios, e os efectos adversos da vacinación. De igual modo, préstase particular atención ao influxo da forza maior en canto causa exonerante de responsabilidade nunha crise sanitaria de grandes magnitudes.
Dirección
Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Nogueira López, María da Alba (Titoría)
Tribunal
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)
PONTE IGLESIAS, MARIA TERESA (Presidente/a)
PUENTES COCIÑA, BELTRAN (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Vogal)
A publicidade encuberta, con especial referencia ao entorno dixital
Autoría
F.P.D.
Grao en Dereito
F.P.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo examina a publicidade encuberta no entorno dixital como unha forma de publicidade que, a diferenza dos métodos tradicionais, se integra no contido que consumimos diariamente nas redes sociais e outras plataformas en liña sen revelar claramente a súa natureza comercial. Esta práctica, cada vez mais común no entorno mediático actual, supón importantes desafíos legais e éticos. A investigación brasease nunha análise da regulación dos actos de engano e as omisións enganosas na Lei de Competencia Desleal e na Lei Xeral de Publicidade, destacando a consideración da publicidade encuberta como ilegal por ser enganosa canso se oculta ou disfraza o carácter promocional da mensaje. Ao mesmo tempo, obsérvanse os requisitos necesarios para considerar unha acción como encuberta e as seas consecuencias, así como as características diferenciados con outras figuras relacionadas como a publicidade indirecta, a publicidade subliminal ou a colocación de produtos. Esta revisión destaca o auxe dos creadores de contido e dos influencers, que adquirieron especial relevancia no panorama actual debido ao auso xeneralizado das redes sociais. A súa actividade nas redes sociais transformou a forma en que se fai a publicidade e como a perciben os consumidores. Unha nova realidade á que tanto as normativas como os sistemas de autorregulación se adaptaron para ofrecer unha maior protección aos usuarios.

MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titoría)
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
MAROÑO GARGALLO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Análise do Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas
Autoría
A.Q.A.
Grao en Dereito
A.Q.A.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
No ano 2022 apróbanse en España unha serie de medidas dirixidas a paliar os efectos na economía provocados pola guerra de Ucraína. Entre elas, atópanse varios tributos novos, sendo o máis polémico o Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas, que é obxecto de análise no presente traballo. Este gravame configúrase como complementario ao Imposto sobre o Patrimonio e unha gran parte da súa regulación remite á lei deste último para o seu desenvolvemento. Caracterízase polas súas finalidades harmonizadora e recaudatoria, que provocan conflito coa autonomía financeira das Comunidades Autónomas. Afecta aos suxeitos pasivos, que son en todo caso persoas físicas, titulares dun patrimonio superior aos 3.000.000 de euros. A súa introdución no noso ordenamento fixo xurdir moitos debates, tanto polo seu contido material como polas cuestións formais implicadas na súa aprobación.

IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titoría)
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

O Ministerio Fiscal como investigador no proceso penal de adultos
Autoría
A.R.M.
Grao en Criminoloxía
A.R.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
27.06.2025 16:00
27.06.2025 16:00
Resumo
O presente traballo realiza unha revisión bibliográfica sobre o papel do Ministerio Fiscal como director da fase de investigación no proceso penal de adultos en España, analizando o seu marco xurídico, evolución histórica e debates doutrinais. Examínase a proposta de transformar o modelo procesual penal español, actualmente dirixido por un xuíz de instrución, cara a un sistema no que o fiscal asuma a dirección da investigación, creándose a figura do xuíz de garantías para tutelar os dereitos fundamentais. Esta reforma busca reforzar a imparcialidade xudicial ao separar nitidamente as funcións de investigar e xulgar. Existen críticas e obstáculos relevantes fronte a esta transformación, sendo a obxección máis destacada a que alude á organización xerárquica do Ministerio Fiscal e a súa dependencia respecto do poder executivo. A atribución da instrución ao Ministerio Fiscal parece inviable sen unha reforma previa e profunda do seu estatuto orgánico. A devandita reforma debe ser capaz de garantir a súa plena autonomía fronte ao goberno para asegurar a imparcialidade da investigación e fortalecer a confianza cidadá no sistema de xustiza.

Inteligencia Artificial y discriminación automatizada: ¿justicia algorítmica o sesgo sistemático?
Autoría
S.R.F.
Grao en Dereito
S.R.F.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
Na era da intelixencia artificial, onde algoritmos opacos deciden se unha persoa obtén un emprego, un préstamo ou incluso a liberdade, este traballo analiza criticamente un dos desafíos máis urxentes do Dereito contemporáneo: a discriminación automatizada. A través dunha metodoloxía cualitativa baseada na análise documental e no estudo de casos emblemáticos (COMPAS, Amazon e o scoring crediticio), evidénciase como os sistemas de IA poden reproducir e amplificar sesgos estruturais baixo unha aparencia de obxectividade técnica. O traballo explora o marco normativo europeo e español, examina as consecuencias xurídicas e sociais destas decisións automatizadas, e aborda a complexa cuestión da atribución de responsabilidade. Destácase especialmente a recente xurisprudencia do TXUE, que reforza o dereito a unha revisión significativa das decisións automatizadas con efectos xurídicos. Así mesmo, propóñense solucións lexislativas e de gobernanza algorítmica para garantir a transparencia, a equidade e a rendición de contas no desenvolvemento e uso dos sistemas de IA. Este TFG non pretende só ofrecer unha reflexión académica, senón tamén un chamamento á acción xurídica ante un fenómeno que transforma silenciosamente as regras do xogo democrático. Fronte á fascinación tecnolóxica, o Dereito debe exercer a súa función esencial: protexer ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, fronte a novas formas de exclusión invisíbel.

Análise da presenza dos despachos de avogados no uso das redes sociais.
Autoría
A.R.C.
Grao en Dereito
A.R.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O dereito dixital e as novas tecnoloxías impactan nos despachos de avogados, cambiando e combinando os modelos clásicos coas redes sociais. É un proceso de crecemento e aprendizaxe a través das leis no ámbito dixital (LSSI) e de proteción de datos (GDPR),entre outras. Esto é o que nos permite o marketing, posicionar a marca e que sexa visible a nivel internacional. Os despachos de avogados están cada vez máis concienciados que son unha empresa, na que deben apostar pola calidade e fidelidade aos seus clientes. Ter unha estratexia de marketing dixital xurídico consolidada permite aos clientes e avogados a estar en continua comunicación a través do uso das plataformas como LinkedIn, Instagram o Twitter (X). O presente Traballo de Fin de Grao, ten como finalidade e obxetivo analizar a presenza e uso que fan os despachos de avogados nas redes sociais, combinando a difusión de contido legal, coa forma de captar novos clientes. Destacamos o posicionamento da marca en como atopar talento, a frecuencia na que publican e crean contido, -tanto despachos grandes como pequenos- así como o nivel de interacción que teñen cos usuarios dunha maneira máis cercana e con unha linguaxe máis fluida. Analizamos en menor medida algún dos riscos e principalmente o desafío que lle supón a moitos despachos a presencia en redes, tratándose, ainda hoxe en día, dunha profesión tradicionalmente conservadora. Positivamente as redes sociais utilizadas por avogados e despachos van conseguindo mellores resultados, grazas ó crecente sentido de transformación no exercicio da avogacía.

Entre a simulación e a intelixencia artificial: un estudio comparativo sobre a credibilidade e a identificación de testemuñas
Autoría
N.R.P.
Grao en Criminoloxía
N.R.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar como se perciben e valoran os testemuños que puideron ser xerados por intelixencia artificial (IA) ou simulados por persoas, en función da formación académica das persoas avaliadoras. Nun contexto no que a IA se está consolidando como unha ferramenta con impacto crecente en múltiples ámbitos, resulta fundamental examinar ata que punto as súas producións poden ser confundidas con testemuños auténticos e como varía esta percepción segundo o perfil do avaliador ou avaliadora. Para iso, recolléronse datos dunha mostra composta por 40 participantes con formación nos ámbitos comunitario, xurídico (Dereito) e criminolóxico, quenes avaliaron unha serie de testemuños reais e simulados. Utilizáronse diferentes variables para a análise: a percepción de credibilidade de cada testemuño, o número de acertos na identificación de testemuños falsos ou xerados por IA, a seguridade manifestada ao emitir os xuízos, e as bases argumentativas que xustificaban cada resposta. Os resultados mostran diferenzas significativas entre os grupos, especialmente no relativo á identificación das simulacións humanas. Tamén se observa que a percepción de credibilidade non sempre se relaciona co nivel de acerto, e que existen patróns recorrentes nas decisións tomadas, destacando factores como a coherencia interna, a carga emocional ou a fluidez verbal. Estes resultados apuntan á necesidade de revisar os métodos clásicos de avaliación do testemuño, xa que ferramentas tradicionais como o Reality Monitoring ou as escalas do MMPI-2 poderían non ser igual de eficaces ante contidos xerados artificialmente. Así mesmo, discútese o papel que xogan os sesgos, a formación previa e a confianza subxectiva na toma de decisións. Finalmente, expóñense as implicacións prácticas do estudo en diferentes ámbitos e propóñense liñas futuras de investigación orientadas a adaptar as metodoloxías periciais aos novos desafíos que presenta a tecnoloxía.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Coordinador)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

O dereito á asistencia xurídica gratuita
Autoría
A.R.G.
Grao en Dereito
A.R.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 11:45
18.07.2025 11:45
Resumo
O presente traballo centrase na analise do dereito constitucional á asistencia xurídica gratuita, que garante o acceso á xustiza para as persoas que carezcan de recursos económicos ou que se atopen en condicións de desigualdade debido a outras circunstancias recollidas na Ley 1/1996, de 10 de xaneiro, principal eixe sobre o que bascula dito dereito. Destácase o procedemento de creación e evolución do dereito, as súas actuales características e regulación atendendo á normativa en vigor e tamén as críticas existentes relativas ao mesmo, así como a necesidade dunha reforma. Noutras palabras, trátase de abordar algúns aspectos do pasado, do presente e do futuro da asistencia xuridica gratuita no noso ordenamento xurídico, incidindo especialmente na urxencia de certos cambios relativos á asistencia gratuita tal e como está configurada na actualidade.

Vilaboy Lois, Lotario (Titoría)
Vilaboy Lois, Lotario (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Presidente/a)
VALIÑO CES, ALMUDENA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
As normas en materia de protección de datos persoais no marco xurídico da defensa da competencia: sentenza «Meta Platforms Inc.»
Autoría
C.R.D.
Grao en Dereito
C.R.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 13:30
30.06.2025 13:30
Resumo
O presente traballo analiza a interacción entre o Dereito da competencia e a protección de datos persoais no mercado dixital, partindo do estudo sistemático dos diferentes marcos normativos que regulan estes ámbitos: o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), as normas de defensa da competencia da Unión Europea, especialmente o artigo 102 do TFUE, e o novo Regulamento de Mercados Dixitais (DMA). A continuación, exponse como esta interrelación se manifesta na práctica para partir da análise da recente sentenza do TJUE do 4 de xullo de 2023, Meta Platforms Inc. (C-252/21). O obxectivo deste traballo é amosar como o tratamento indebido de datos persoais na contorna dixital actual pode ser non só unha infracción da normativa de protección de datos, senón que tamén un indicio de prácticas anticompetitivas susceptibles de sanción por parte das autoridades competentes. Así mesmo, pretende evidenciar a necesidade de cooperación entre as autoridades nacionais de competencia e as autoridades de control en materia de protección de datos para garantir a tutela dos dereitos dos cidadáns e o correcto funcionamento do mercado interior.

NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
NEIRA BARRAL, DANIEL (Titor do alumno)
O sharenting e a patria potestade
Autoría
A.R.C.
Grao en Dereito
A.R.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo parte do estudo e do concepto da patria potestade (ou a actual responsabilidade parental), así como dos elementos que a conforman. A continuación, analiza o fenómeno do sharenting, entendida como a práctica pola cal os proxenitores comparten las redes sociais imaxes e información persoal dos seus fillos menores de idade e dos riscos que isto poda merar nos menores, como o ciberacoso o as pegadas dixitais. Ademais, continúa analizando os conflitos xurídicos que este fenómeno poda xerar, relacionados con dereitos coma a intimídate, a propia imaxe e a protección de datos persoais. Neste último momento, pasarase a un análises da reposta outorgada polo ordenamento xurídico español, mediante o analice da CE, da LO 1/1982 ou tamén da LOPDGDD.

O branqueo de capitais e as parcelas máis difusas da súa regulación en España.
Autoría
M.R.G.
Grao en Dereito
M.R.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 12:30
30.06.2025 12:30
Resumo
Debido á globalización e á conxuntura socioeconómica imperante no mundo actual, o branqueo de capitais converteuse nun dos delitos más común a escala nacional e internacional , o cal supón un gran desafío e exixe un esforzo significativo e coordinación ás autoridades nacionais e organismos internacionais para evitar graves danos ao sistema económico. Así, no presente traballo exporei unhas ideas principais sobre a natureza do delito e os distintos factores que nel interveñen para logo enfocarme, dentro do ámbito do Dereito español, naquelas modalidades comisivas e variantes do delito que máis polémica e debate suscitaron na doutrina; para iso, contraporei as diferentes posicións existentes e incidirei en que dixo a xurisprudencia no tocante a eses termos. Polo tanto, o obxectivo principal do presente escrito é ofrecer un conxunto de datos sobre os conceptos máis difusos e que o lector poida esclarecer as dúbidas que teña en relación aos significados de certos conceptos e como se castigan no noso ordenamento xurídico; concretamente, refírome ao delito de autobranqueo de capitais e á posibilidade de concurso real entre o delito fiscal e o delito de branqueo de capitais.

BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Secretario/a)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Vogal)

Residencia das persoas xurídicas a efectos fiscais: adquisición e perda
Autoría
R.R.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
R.R.N.
Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos - 2ª edición
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analízase a residencia fiscal das persoas xurídicas desde a perspectiva do Dereito tributario, abordando a súa adquisición e perda, así como as implicacións derivadas da súa determinación. Partimos dunha delimitación previa sobre que entidades están suxeitas a gravame polos impostos sobre a renda, distinguindo entre persoas xurídicas con e sen personalidade xurídica. Estudamos o concepto de residencia fiscal desde a perspectiva do Dereito interno, centrando a análise nos puntos de conexión que establece a normativa do Imposto sobre Sociedades, así como na presunción legal de residencia prevista para entidades situadas en territorios de baixa tributación. Tamén se aborda o papel dos establecementos permanentes e a súa relevancia no marco da suxeición fiscal. Por outra banda, analízase a noción de residencia no ámbito internacional, especialmente nos Convenios para evitar a Dobre Imposición (CDI) e no Modelo de Convenio da OCDE, salientando os criterios para resolver conflitos de dobre residencia e a importancia da sede de dirección efectiva. Ademais, afóndase na perda da residencia fiscal e as súas consecuencias xurídicas e fiscais, con especial atención ao réxime do “exit tax” ou imposto de saída regulado polo artigo 19 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades. Finalmente, examínase a compatibilidade desta figura co Dereito da Unión Europea, a través da xurisprudencia do TXUE e a transposición da Directiva (UE) 2016/1164. Todo isto contextualízase nun contorno económico globalizado, onde a determinación da residencia fiscal adquire especial relevancia para evitar situacións de dobre imposición e preservar a seguridade xurídica do contribuínte.

Villaverde Gómez, María Begoña (Titoría)
Villaverde Gómez, María Begoña (Titoría)
Tribunal
Villaverde Gómez, María Begoña (Titor do alumno)

Exoneración de inocentes a través da innovación na análise de mostras de ADN
Autoría
C.R.L.
Grao en Criminoloxía
C.R.L.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
01.07.2025 18:00
01.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo centrouse no estudo de casos reais nos que o ADN serviu para declarar a inocencia de persoas que foron privadas de liberdade de maneira errónea, concretamente por delitos de homicidio e/o agresións sexuais, a través dunha revisión bibliográfica de carácter xurídico e científico, prestando especial atención aos diferentes avances na incorporación desta técnica na xustiza. Ademais, preséntase unha análise exhaustiva dos fundamentos técnicos do ADN, describindo os seus elementos estruturais e os principais métodos empregados en xenética forense. Conclúese que a incorporación da xenética no ámbito xudicial supuxo un gran avance na calidade, fiabilidade e desenvolvemento, tanto das investigacións como do posterior proceso de axuizamento, axudando non só a esclarecer casos, senón tamén a corrixir erros que viñan arrastrando ao longo da historia. Con este traballo ponse de relevo a necesidade do desenvolvemento constante desta nova tecnoloxía, que inclúe o ADN como unha ferramenta para garantir o debido proceso e reforzar a confianza social na xustiza.

SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titoría)
SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
SALAS ELLACURIAGA, ANTONIO (Titor do alumno)

O delito de rebelión: historia e análise do tipo no século XIX
Autoría
L.R.M.
Grao en Dereito
L.R.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo trata da análise histórico-xurídica do delito de rebelión na lexislación española ao longo do século XIX. O estudo comeza coa evolución dos delitos contra a Coroa na etapa pre-codificadora, partindo do crimen maiestatis da República Romana, pasando pola súa transformación en delito de lesa maxestade durante a Idade Media, ata chegar á influencia das ideas ilustradas, que supuxeron un cambio de paradigma ao reformular o enfoque penal e desprazar a protección do monarca cara á do Estado. Abórdase tamén o concepto de delito político, cuxa definición estivo condicionada polas circunstancias sociais e políticas de cada momento histórico, así como os intentos de autores nacionais e internacionais por acadar unha definición máis precisa baseada no ben xurídico protexido. A codificación penal española iníciase coa promulgación do Código Penal de 1822, que inclúe a primeira definición do delito de rebelión. Lévase a cabo unha análise xurídica dos cambios normativos e doutrinais presentes nese Código e nos posteriores (1848 e 1870), en relación cos elementos do tipo e os obxectivos perseguidos coa súa aprobación. Por último, analízase o desenvolvemento da configuración normativa do sistema de dobre incriminación coa introdución do delito de rebelión militar. A través dun estudo cronolóxico, ponse de manifesto a influencia directa que cada cambio de Goberno exerceu na súa tipificación e a convivencia de ambos delitos.

ORTEGO GIL, PEDRO (Titoría)
ORTEGO GIL, PEDRO (Titoría)
Tribunal
ORTEGO GIL, PEDRO (Titor do alumno)
ORTEGO GIL, PEDRO (Titor do alumno)
Os pactos prematrimoniais en previsión de ruptura no Dereito español
Autoría
M.R.S.
Grao en Dereito
M.R.S.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:00
01.07.2025 11:00
Resumo
A progresiva contractualización das relacións familiares durante os últimos 50 anos propiciou que os futuros cónxuxes, os cónxuxes, e mesmo os convivintes more uxorio, con anterioridade ou durante o matrimonio, así como antes ou durante a convivencia de feito, respectivamente, subscriban acordos a fin de regular as consecuencias persoais e patrimoniais dunha eventual e futura ruptura. Semellantes acordos coñécense popularmente como «pactos prematrimoniais en previsión de ruptura», aínda que tamén se lles denomina, de forma máis ampla, «pactos pre-ruptura», «pactos en previsión da ruptura familiar» ou «pactos familiares en previsión de ruptura». A extensa regulación que destes pactos conteñen algúns Dereitos civís autonómicos -en particular, o Dereito civil catalán- contrasta coa ausencia de regulación destes acordos polo Código Civil, en cuxo marco só por vía xurisprudencial se lles outorga validez, sempre que cumpran os límites xerais que á autonomía da vontade impón o art. 1255 do mesmo Código. Así as cousas, a partir da doutrina xurisprudencial e científica desenvolvida ata o momento, o presente Traballo de Fin de Grao pretende sistematizar o réxime xurídico aplicable no Dereito común aos pactos prematrimoniais en previsión de ruptura, sen esquecer, por unha banda, as solucións que ás principais controversias suscitadas sobre esta figura aportan os Dereitos civís autonómicos -algunhas das cales, de lege ferenda, poderían incorporarse ao Código Civil- e, por outra, a peculiar situación das parellas de feito, en auxe, ao igual que os pactos aquí analizados, durante os últimos anos no noso país.

Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
Branqueo de diñeiro 4.0: novas fronteiras dixitais.
Autoría
A.R.S.
Grao en Criminoloxía
A.R.S.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
De entre as actividades ilícitas con maior repercusión a nivel global, atopámonos co branqueo de diñeiro, o cal se viu influído -ao igual que a maior parte dos delitos- polo avance das novas tecnoloxías, transformación dixital que someteu ao sector financieiro ao máis estrito cumprimento normativo en materia de loita contra o branqueo de diñeiro (AML), baixo a éxida de varias institucións que levan xa décadas poñendo o foco na prevención dun problema cun crecemento desenfreado, atendendo no só a dito fenómeno como tal, senón tamén ás súas múltiples manifestacións dixitais, dende as xa case primitivas tarxetas de prepago ata os máis novidosos criptoactivos, ambos os cales teñen algo en común que os fai tan valiosos para o seu uso neste ámbito criminal: a súa capacidade de interconectividade grazas ao auxe da globalización.

ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
ABEL SOUTO, MIGUEL (Titor do alumno)
A Lei de Intelixencia Artificial da UE e a súa incidencia na desinformación
Autoría
J.R.D.
Grao en Dereito
J.R.D.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O presente traballo ten como propósito investigar e analizar de forma exhaustiva o réxime xurídico que a Lei de Intelixencia Artificial (Lei de IA) da Unión Europea establece para os modelos de IA de Propósito Xeral (GPAI). A análise céntrase nos aspectos clave da nova normativa. Búscase comprender a definición legal destes sistemas e as obrigas específicas que se impoñen aos seus provedores. Así mesmo, explóranse as solucións que a lei achega para desafíos como a propiedade intelectual, a desinformación ou a protección dos dereitos fundamentais. O anterior, entendendo que a GPAI representa unha evolución tecnolóxica con tendencia a mellorar a produtividade e o benestar social, e que a estratexia europea busca construír un marco de confianza que fomente a innovación e a adopción segura desta tecnoloxía. A regulación, polo tanto, non só busca limitar riscos, senón tamén ofrecer seguridade xurídica para o desenvolvemento dun mercado competitivo e fiable. Porén, ao non existir un límite claro no alcance e nas capacidades emerxentes destes sistemas, xorden voces críticas sobre se o enfoque baseado no risco da Lei de IA será o suficientemente áxil e robusto para adaptarse á velocidade do cambio tecnolóxico. O debate céntrase en se as medidas propostas lograrán un equilibrio real entre o control efectivo das ameazas e a necesidade de non frear o desenvolvemento nun sector estratéxico.

Intelixencia Artificial na Administración Tributaria e dereitos dos contribuíntes.
Autoría
R.J.R.R.
Grao en Dereito
R.J.R.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
A utilización de sistemas de Intelixencia Artificial no ámbito tributario é capaz de aportar beneficios relevantes e, a súa vez, entrar en colisión con certos dereitos dos contribuíntes. Este traballo aborda a evolución histórica e conceptual da Intelixencia Artificial, co fin de comprender as características técnicas e xurídicas que a definen. Así mesmo, analiza o marco normativo máis recente, con especial atención ao Regulamento da Unión Europea de Intelixencia Artificial e á Estratexia de Intelixencia Artificial desenvolvida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Finalmente, examínanse algún dos dereitos que poden verse comprometidos polo uso de estos sistemas no ámbito tributario: o dereito a obter unha resolución debidamente motivada, o dereito á protección de datos persoais e o dereito á igualdade e non discriminación.

NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Presidente/a)
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Villaverde Gómez, María Begoña (Vogal)

O cambio de nome e sexo no Rexistro Civil para as persoas transexuais. Evolución e a nova Ley 4/2023.
Autoría
M.B.R.V.
Grao en Dereito
M.B.R.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
16.07.2025 14:00
16.07.2025 14:00
Resumo
O presente traballo ten por obxecto a análise do cambio de nome e sexo no Rexistro Civil para as persoas transexuais, á luz da evolución normativa e xurisprudencial en España, con especial atención á Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Partindo dun estudo teórico sobre o nome como dereito subxectivo e a súa regulación xurídica, afóndase no dereito á identidade de xénero como manifestación do libre desenvolvemento da personalidade e da dignidade humana. Abórdase a evolución histórica do recoñecemento xurídico das persoas trans, dende a xurisprudencia do Tribunal Supremo previa á Lei 3/2007, pasando por esta normativa (que supuxo un importante avance, aínda que limitado pola súa perspectiva médica e excluínte), ata chegar ao novo paradigma que representa a Lei 4/2023. O traballo tamén examina as críticas doutrinais á nova regulación, valorando os logros acadados en termos de despatoloxización e accesibilidade, pero sen deixar de sinalar os riscos derivados dunha posible utilización fraudulenta do procedemento ou dunha falta de precisión na súa aplicación práctica. A través desta análise xurídica e xurisprudencial, o traballo pretende ofrecer unha visión completa, crítica e actualizada do marco normativo aplicable aos dereitos das persoas trans no ámbito do Rexistro Civil.

A negativa a contratar como abuso de posición dominante
Autoría
M.S.C.
Grao en Dereito
M.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
Este traballo analiza a negativa para contratar como forma de abuso de posición dominante prohibida polo artigo 102 do TFUE. Aínda que as empresas teñen en principio liberdade para decidir con quen contratan, esta liberdade pode verse limitada cando ostentan unha posición dominante no mercado. En certos casos, negarse a subministrar produtos ou servizos pode considerarse unha conduta excluínte sempre que o insumo sexa indispensable, a negativa elimine a competencia, se limite o desenvolvemento do mercado (en caso de dereitos de propiedade intelectual) e non exista xustificación obxectiva. Estúdanse tres grupos de casos de negativa a contratar: a negativa para subministrar a competidores, a denegación de acceso a infraestruturas esenciais e a negativa para conceder licenzas sobre dereitos de propiedade intelectual. O traballo examina a evolución xurisprudencial dos Tribunais da Unión Europea a través de casos crave como Commercial Solvents, Bronner, Magill, IMS Health e Microsoft, identificando os elementos que configuran unha negativa para contratar como conduta ilícita e a súa diferenza coa aparición de novas figuras como as chamadas restricións de acceso.

FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

As medidas relativas a fillos e fillas nos procesos de familia: o interese superior do menor
Autoría
I.S.D.R.
Grao en Dereito
I.S.D.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten por obxecto analizar o principio do interese superior do menor como criterio reitor na resolución das crises matrimoniais, no marco do Dereito de familia. A través dunha análise normativa, doutrinal e xurisprudencial, examínase como este principio orienta a actuación xudicial en cada un destes ámbitos, destacando o seu carácter transversal e a súa función como guía e eixo vehicular na resolución de conflitos entre proxenitores. A investigación céntrase no estudo de catro aspectos xurídicos fundamentais nos procedementos de separación, divorcio ou nulidade con fillos menores: a atribución da garda e custodia, o réxime de visitas do proxenitor non custodio, a pensión de alimentos e o uso da vivenda familiar. A través da análise doutrinal, xurisprudencial e normativa, examínase como os órganos xurisdicionais ponderan e aplican o interese superior do menor, buscando preservar o seu benestar físico, emocional e psicolóxico. Malia que o principio en cuestión goza de amplo recoñecemento, a súa aplicación práctica require unha valoración casuística que atenda ás circunstancias particulares de cada familia, dando prioridade á estabilidade e continuidade na vida do menor. Asemade, ponse de manifesto a importancia dunha interpretación dinámica e evolutiva do concepto, en consonancia coas transformacións sociais e familiares contemporáneas.

CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titoría)
Tribunal
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titor do alumno)
CARBALLO FIDALGO, MARTA (Titor do alumno)
Avaliación forense do dano psicolóxico simulado da violación a través do PAI
Autoría
L.S.F.
Grao en Criminoloxía
L.S.F.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
08.07.2025 11:30
08.07.2025 11:30
Resumo
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.
A violencia sexual, e en particular a violación, constitúe un dos delitos máis graves polo seu impacto devastador nas vítimas. O seu estudo criminolóxico e psicolóxico resulta clave para protexer ás vítimas, e detectar posibles simulacións que afecten ao funcionamento do sistema e contraveñan a presunción de inocencia. Este estudo empírico ten como obxectivo valorar a efectividade do Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) para a avaliación psicolóxico-forense do dano derivado dunha violación. Adoptouse un deseño de simulación no que 50 mulleres cumprimentaron o PAI baixo dúas condicións diferentes: simulación e realidade. Na de simulación debían responder tratando de simular o dano psicolóxico consecuencia dunha violación, mentres que na de realidade a resposta debía ser honesta. O análise das respostas revelou que eran capaces de simular sintomatoloxía que non padecían e atribuíla a unha violación. Ademais, eran capaces de simular síntomas propios do dano psicolóxico deste tipo de violencia sexual (p. e., Trastorno de estrés postraumático, depresión e ansiedade). Para conseguir esta simulación fixeron uso de dúas estratexias de simulación: a agrupación indiscriminada de síntomas e a severidade de síntomas. Pola súa parte, os indicadores de validez do PAI (IMN, SIM, FDR) mostraron unha baixa sensibilidade na detección da simulación. En consecuencia, e pensando na práctica profesional, en caso de usar o PAI neste tipo de avaliación debe facerse sempre integrado dentro dun protocolo multimétodo e multi-medida. Investigacións futuras deberían continuar investigando a sensibilidade do PAI para a detección da simulación, e integrar ademais o estudo da especificidade.
Dirección
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Secretario/a)
Novo Pérez, Mercedes (Vogal)
A vantaxe inxusta como instrumento de protección do contratante con discapacidade no Código Civil español
Autoría
M.S.M.
Grao en Dereito
M.S.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 11:30
01.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo analiza os cambios introducidos en materia de Dereito de Contratos pola Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, que trae por obxectivo adaptar o ordenamento xurídico español aos postulados da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade do 13 de decembro de 2006. O traballo estrutúrase en tres partes: en primeiro lugar, unha parte introdutoria que versa sobre o contrato e os seus elementos, focalizada no consentimento e na protección da parte débil contratante. En segundo lugar, un estudo sobre o novo tratamento das persoas con discapacidade tanto a nivel nacional como internacional, culminando coa análise da Lei 8/2021. Por último, os últimos epígrafes están dedicados ao estudo da regulación no Código Civil español da vantaxe inxusta, a través dunha comparación detallada con outros instrumentos europeos que tamén prevén a súa regulación.
O presente traballo analiza os cambios introducidos en materia de Dereito de Contratos pola Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, que trae por obxectivo adaptar o ordenamento xurídico español aos postulados da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade do 13 de decembro de 2006. O traballo estrutúrase en tres partes: en primeiro lugar, unha parte introdutoria que versa sobre o contrato e os seus elementos, focalizada no consentimento e na protección da parte débil contratante. En segundo lugar, un estudo sobre o novo tratamento das persoas con discapacidade tanto a nivel nacional como internacional, culminando coa análise da Lei 8/2021. Por último, os últimos epígrafes están dedicados ao estudo da regulación no Código Civil español da vantaxe inxusta, a través dunha comparación detallada con outros instrumentos europeos que tamén prevén a súa regulación.
Dirección
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Herrero Oviedo, Margarita Cristina (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
LETE ACHIRICA, JAVIER (Secretario/a)
ESPIN ALBA, ISABEL (Vogal)
As publicacións en redes sociais como proba no proceso penal.
Autoría
A.S.C.
Grao en Dereito
A.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 18:30
26.06.2025 18:30
Resumo
As plataformas dixitais convertéronse nun espazo onde os usuarios comparten información persoal, opinións e mesmo indicios de posibles ilícitos penais. Neste contexto, xorde a necesidade de examinar a validez e os límites da utilización destas publicacións no ámbito xudicial. Este traballo examina o marco xurídico que regula a admisibilidade das probas dixitais, con especial atención ós dereitos fundamentais. Estúdanse os criterios que os tribunais empregan para valorar a autenticidade e fiabilidade deste tipo de probas, así como os conflitos que poden xurdir entre os dereitos fundamentais dos imputados e o interese na persecución do delito. Ademais, analízanse as dificultades que xorden á hora de estudar a autenticidade e integridade destas probas, debido á súa fácil manipulación e falsificación. Neste contexto, elaborase unha a revisión da Lei de Axuizamento Criminal (LACRIM), ca reforma de 2015, que estableceu un marco máis preciso para a investigación tecnolóxica. Este traballo ten como obxecto as publicacións en redes sociais como probas xudiciais e dentro de estas analízanse as mensaxes a través de aplicacións de mensaxería privadas (como os correos electrónicos ou o Whatsapp) ou as publicacións en plataformas públicas ou semi-públicas (como Instagram, X ou Facebook). O estudo pon de manifesto a necesidade de atopar un equilibrio entre a eficacia da xustiza e o respecto ós dereitos fundamentais, así como de actualizar a lexislación para adaptarse ós desafíos que presentan as novas tecnoloxías no proceso penal.

Os Incoterms
Autoría
M.S.B.
Grao en Dereito
M.S.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Os Incoterms, tamén coñecidos como Termos Comerciais Internacionais, son unha serie de normas internacionais privadas desenvolvidas pola Cámara de Comercio Internacional. Estes termos non son obrigatorios e deben ser incorporados polas partes ao contrato para ser aplicables. Estes termos teñen como obxectivo facilitar a compravenda internacional de mercadorías, aínda que tamén son aplicables nas compravendas nacionais. Para cumprir con éxito esta función, a Cámara de Comercio Internacional actualízaos con frecuencia variable. Desde os Incoterms de 1980, estas modificacións establécense cada dez anos, o que leva á regulación actual dos Incoterms de 2020. Este traballo de fin de grao explorará a evolución histórica dos Incoterms, así como as diversas formas de clasificalos. Finalmente, realizarase un estudo individual de cada un dos termos incluídos no texto dos Incoterms de 2020.

O Principio de Legalidade no Procedemento Administrativo Sancionador.
Autoría
A.S.D.P.
Grao en Dereito
A.S.D.P.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 12:00
18.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo examina de forma detallada o principio de legalidade como elemento central do procedemento sancionador no ámbito administrativo. Analízase o seu significado, función e fundamento dentro do ordenamento xurídico español, destacando a súa consagración nos artigos 9.3, 25.1 e 103 da Constitución Española. Así mesmo, estúdase o seu desenvolvemento normativo nas Leis 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público. Ao longo da análise abórdanse tanto as súas dimensións materiais como formais, así como as súas principais manifestacións: a esixencia de reserva de lei, a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables, a tipicidade, a taxatividade, a prohibición da analoxía e o principio “non bis in idem”. Tamén se afonda na potestade sancionadora da Administración, os seus límites, as diferenzas coa potestade penal e a importancia de garantir os dereitos da persoa administrada mediante procedementos motivados, proporcionais e axustados ao marco legal. O traballo conclúe salientando a relevancia do principio de legalidade como garantía fronte ao poder sancionador, piares do Estado de Dereito e elemento esencial da seguridade xurídica.

Operacións de fusións e adquisicións
Autoría
R.S.C.
Grao en Dereito
R.S.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Este traballo constitúe unha análise sobre as operacións de fusións e adquisicións empresariais, abarcando todos os ámbitos e aspectos fundamentais deste tipo de procesos. O enfoque deste estudo lévase a cabo desde a perspectiva xurídica, sen prexuízo da necesaria aproximación económica para aglutinar todas as variables destas operacións corporativas. O aproveitamento de sinerxías, a creación de valor, a execución da correspondente Due Diligence nos seus diversos ámbitos, así como as múltiples modalidades posibles á hora de levar a cabo esta estratexia de crecemento empresarial, son fundamentos teóricos que se desenvolven ao longo deste traballo, co obxectivo de proporcionar unha visión periférica destas operacións ao tempo que se sintetizan os conceptos abstractos que se albiscan neste ámbito. Por outra parte, prantexase a necesidade de executar unha planificación axeitada e oportuna respecto ás potenciais continxencias derivadas deste tipo de operación corporativa, dado que non están exentas de problemáticas nin riscos. Por último, cómpre destacar que este elaborado proceso consta de tres fases claramente diferenciadas que, a diferenza doutro tipo de operacións, abrangue non só a fase contractual e as súas principais cláusulas, senón tamén a relevancia das fases precontractual e postcontractual. O presente traballo consta de 15.173 palabras.

A responsabilidade patrimonial das administracións públicas no funcionamento dos servizos públicos: especial mención ás Entidades Locais.
Autoría
F.S.M.
Grao en Dereito
F.S.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
01.07.2025 13:00
01.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo céntrase en analizar a responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas polo funcionamento dos servizos públicos con especial mención ás entidades locais. Ao longo do desenvolvemento do epigrafiado faise un estudo dos diferentes elementos caracterizadores da institución da responsabilidade patrimonial: o seu carácter unitario, directo e obxectivo. Así mesmo, é obxecto de análise o fundamento xurídico da responsabilidade patrimonial, con atención particular ao establecido tanto na Constitución Española como o desenvolto na lexislación ordinaria da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Abórdase os diversos requisitos da responsabilidade patrimonial: o dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado, relación de causalidade, existencia de antixuricidade e a forza maior como causa de exoneración da responsabilidade. Amáis, faise un destacado tratamento na responsabilidade patrimonial das administracións locais polos danos causados na vía pública, incluíndo no seu exame o relativo a doutrina consultiva seguida no noso ordenamento xurídico. Finalmente, cómpre facer mención a que o traballo enfócase na investigación do procedemento administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial, distinguindo as distintas fases do mesmo. En definitiva, a finalidade do presente traballo é afondar no estudo dunha institución que protexe os dereitos dos particulares e que efectiviza na práctica os mandatos constitucionais de cumprimento de valor de xustiza e igualdade dos españois ante a lei.

ARENAS MEZA, MIGUEL ENRIQUE (Secretario/a)
Santiago Iglesias, Diana (Vogal)

A ameaza da desinformación ao Estado de dereito
Autoría
L.S.B.
Grao en Dereito
L.S.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A desinformación semella ser o día a día da sociedade actual, a información converteuse nun negocio, onde a verdade deixou de ser o verdadeiramente importante. A concentración dos medios de comunicación a un reducido número de empresas e grupos empresariais, provoca un inevitable control informativo da man dun determinado sector social. Neste traballo analízase, de forma práctica e teórica, a crecente ameaza que supón a desinformación ao Estado de dereito, estructurándose en catro bloques: un marco teórico que introduce os termos máis relevantes do eido e a súa evolución histórica; un análise de tipo normativo, tanto a nivel internacional como comparado; unha fase práctica de recompilación, organización e tratamento de datos obxectivos e reais, que reflexan a confianza cidadá nas institucións xudiciais; e, finalmente, as conclusións extraídas. Os resultados do estudo evidencian a necesidade de reforzar e mellorar a lexislación e as políticas públicas en materia informativa, así como o incremento da alfabetización mediática, co propósito de garantir a transparencia, veracidade e defensa dos piares que conforman o Estado de dereito. Ao mesmo tempo, tamén se amosa o impacto real de ditas prácticas desinformativas, aportándose exemplos ilustrativos.

Fenómeno migratorio. propostas xurídicas no marco do dereito constitucional e a sociedade internacional
Autoría
X.S.L.
Grao en Dereito
X.S.L.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
O propósito deste traballo é o acercamento e retrospectiva dos movementos migratorios previos, as medidas adoptadas para paliar o dito suceso e solucións socio-xurídicas e de seguridade no contexto do século vinteún. Achegamos xustificacións xurídicas no marco do dereito internacional e estatal para fundamentar non só desde a óptica teórica senón tamén desde a epistemolóxica.
O propósito deste traballo é o acercamento e retrospectiva dos movementos migratorios previos, as medidas adoptadas para paliar o dito suceso e solucións socio-xurídicas e de seguridade no contexto do século vinteún. Achegamos xustificacións xurídicas no marco do dereito internacional e estatal para fundamentar non só desde a óptica teórica senón tamén desde a epistemolóxica.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
Contratos y negocios bancarios en Roma
Autoría
T.S.V.
Grao en Dereito
T.S.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 17:00
19.02.2025 17:00
Resumo
O presente traballo ten como fin analizar a figura dos banqueiros e a súa implicación nos contratos e negocios bancarios existentes na antiga Roma. Ao longo do estudo, examínanse as características e requisitos que deben cumprir os banqueiros, así como o labor que estes desempeñan nas distintas actividades bancarias. De igual forma, leva a cabo unha análise do emprego dos libros contables como ferramentas importantes para o rexistro das diversas actividades bancarias, así como o papel que desempeña a confianza nas relacións existentes entre o banqueiro e o seu cliente. Ademais, abórdase o tema relativo ás obrigacións dos banqueiros e a eventual responsabilidade que xorde destas relacións. Tamén se analizan brevemente os contratos e negocios bancarios máis comúns: o mutuo, o constitutum, o receptum argentarii. Unha atención especial dedícase ao contrato de depósito, nas súas diferentes variantes, e tamén á poxa. Esta análise permite reflexionar sobre como as prácticas bancarias da antiga Roma sentaron as bases de principios financeiros que aínda hoxe rexen as institucións bancarias modernas, subliñando a vixencia de conceptos como a confianza e a transparencia.

SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titoría)
SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titoría)
Tribunal
SIXTO DA SILVA, MARIA ESPERANZA (Titor do alumno)

Los programas de prevención de delitos en el ámbito empresarial (compliance).
Autoría
A.T.Q.
Grao en Dereito
A.T.Q.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza os programas de cumprimento normativo como instrumentos clave para previr a responsabilidade penal das persoas xurídicas, conforme o artigo 31 bis do Código Penal. Analízase o marco xurídico de dita responsabilidade, os requisitos legais que deben cumprir estos programas para ser considerados eficaces, e os criterios xurisprudenciais que determinan o seu valor eximente ou atenuante. Dedícase especial atención á figura do Oficial de Cumprimento, así como ás súas funcións e responsabilidade. Finalmente, estúdanse os canles internos de denuncia e as investigacións internas, mecanismos esenciais para detectar e previr conductas irregulares dentro da empresa.
Este traballo analiza os programas de cumprimento normativo como instrumentos clave para previr a responsabilidade penal das persoas xurídicas, conforme o artigo 31 bis do Código Penal. Analízase o marco xurídico de dita responsabilidade, os requisitos legais que deben cumprir estos programas para ser considerados eficaces, e os criterios xurisprudenciais que determinan o seu valor eximente ou atenuante. Dedícase especial atención á figura do Oficial de Cumprimento, así como ás súas funcións e responsabilidade. Finalmente, estúdanse os canles internos de denuncia e as investigacións internas, mecanismos esenciais para detectar e previr conductas irregulares dentro da empresa.
Dirección
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titoría)
Tribunal
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titor do alumno)
Valeije Álvarez, María Inmaculada (Titor do alumno)
A elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial: crise na independencia xudicial
Autoría
L.T.M.
Grao en Dereito
L.T.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
27.06.2025 13:00
27.06.2025 13:00
Resumo
O presente traballo analiza o sistema de elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial, con especial atención á súa evolución normativa e ao debate actual ao redor da súa politización. Ante a reiterada falta de cumprimento dos prazos legais para a renovación do órgano (especialmente evidente no bloqueo institucional máis recente, prolongado durante máis de cinco anos), esta análise examina a orixe do sistema establecido na Constitución Española de 1978 e o seu desenvolvemento posterior a través de diversas reformas lexislativas. Abórdase de forma detallada a elección dos vogais tanto de procedencia xudicial como non xudicial nas distintas leis orgánicas que regularon o CXPX (1980, 1985, 2001, 2013, 2018 e 2024), analizando os cambios introducidos, as críticas doctrinales e as decisións do Tribunal Constitucional. Así mesmo, exponse o conflito entre dous modelos de designación: o parlamentario, que defende a elección de todos os vogais polas Cortes Xerais; e o xudicial, que propón que os doce vogais de procedencia xudicial sexan elixidos directamente por Xuíces e Maxistrados. O estudo inclúe unha análise das propostas de reforma presentadas polos principais partidos políticos, a postura oficial adoptada polo propio CXPX e as recomendacións emitidas polo Grupo de Estados contra a Corrupción (GRECO) do Consello de Europa, achegando así unha perspectiva comparada e aliñada cos estándares internacionais. Finalmente, formúlanse unha serie de propostas orientadas a reforzar a independencia do CXPX e a promover un modelo de autogoberno que asegure a súa neutralidade institucional.

A técnica de fenotipado de ADN aplicada ao ámbito criminal. Aplicación práctica do procedemento mediante a predición da cor de ollos.
Autoría
C.T.D.
Grao en Criminoloxía
C.T.D.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 18:00
16.07.2025 18:00
Resumo
A técnica do fenotipado de ADN, aplicada ao ámbito criminal, consiste na análise do perfil xenético dunha persoa, para predicir as súas características físicas (actualmente, sobre todo, cóntase cunha boa precisión na predición da cor de ollos, pel e pelo), a súa idade, así como a súa ascendencia bioxeográfica. A súa aplicación pode resultar moi beneficiosa para casos criminais, en cuxas investigacións non se logra avanzar porque os axentes policiais non teñen ningún sospeitoso có cal comparar as mostrar xenéticas atopadas na escena do crime. Desta forma, poderíase coñecer o aspecto desta persoa, e centrar a busca entre os individuos que comparten as mesmas características. Neste traballo, ademais de facer unha revisión bastante pormenorizada sobre o que é o fenotipado forense e todo o que implica, levouse a cabo na práctica a análise de varias mostrar de ADN para predicir a cor de ollos, a modo de exemplificar dalgunha maneira como se obteñen estes datos a partir das ferramentas que se dedican á estimación das características fenotípicas.

CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
Tribunal
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titor do alumno)

Avaliación da credibilidade do testemuño nas forzas de seguridade
Autoría
I.T.M.
Grao en Criminoloxía
I.T.M.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo analiza comparativamente a credibilidade percibida de tres tipos de testemuños sobre agresións sexuais: declaracións reais de vítimas, simulacións deliberadas creadas por persoas e narrativas xeradas por intelixencia artificial mediante modelos de linguaxe. O obxectivo principal é identificar diferenzas narrativas, psicolóxicas e lingüísticas entre estas fontes, e analizar como inflúen na percepción de veracidade por parte de avaliadores humanos, especialmente axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Entre os obxectivos específicos inclúense: examinar os criterios utilizados para valorar a credibilidade, medir a capacidade de discriminación entre tipos de testemuños, explorar as implicacións legais do uso da IA en procesos penais e propoñer recomendacións para garantir a fiabilidade da proba testemuñal. Deseñouse un estudo experimental con 40 participantes (20 axentes das forzas de seguridade e 20 persoas do grupo comunitario). Cada participante avaliou tres testemuños, un de cada tipo, valorando a súa credibilidade, orixe, grao de seguridade e os motivos da súa decisión. Analizáronse os acertos obxectivos, a confianza subxectiva e os argumentos empregados. Os resultados evidenciaron unha baixa taxa de acertos: só un 2,5 por cento identificou correctamente os tres testemuños reais, e máis do 70 por cento non acertou ningún caso simulado ou xerado por IA. A pesar diso, a media de confianza foi elevada, especialmente no grupo de forzas de seguridade, o que reflicte un fenómeno de sobreconfianza. Os criterios máis citados foron o contido, o nivel de detalle e a coherencia, pero ningún se asociou cun maior nivel de precisión. As conclusións reforzan o exposto no marco teórico: os xuízos humanos sobre a veracidade son falibles e vulnerables a sesgos, e os métodos tradicionais de análise poden resultar insuficientes fronte a ameazas emerxentes como a IA. Recoméndase formación específica, o uso de ferramentas automáticas para detectar textos artificiais e protocolos periciais adaptados que preserven a integridade do proceso penal.

O aumento do delito de estafa informática: análise dende un punto de vista criminolóxico.
Autoría
A.M.T.I.
Grao en Criminoloxía
A.M.T.I.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
As situación nas que os individuos foron vítimas dun delito de estafa informática aumentaron de forma exponencial nos últimos anos, sobre todo a raíz da crise da COVID-19. Isto vén da man de gran cantidade de avances tecnolóxicos das últimas décadas, e dos cada vez máis extensos e diversos usos de internet para o día a día das persoas. Para levar a cabo esta acción delituosa existen diversas modalidades que se atopan en constante evolución para adaptarse a estes avances. Neste traballo pretendo facer unha análise dende un punto de vista criminolóxico deste delito, falando da súa regulación en España e das modalidades que podemos atopar, dos factores que poden servir de motivación para levalo a cabo ou causar o seu incremento, dos perfís da vítima e do vitimario, e das posibles formas de prevención que se poidan aplicar para este feito delituoso.
As situación nas que os individuos foron vítimas dun delito de estafa informática aumentaron de forma exponencial nos últimos anos, sobre todo a raíz da crise da COVID-19. Isto vén da man de gran cantidade de avances tecnolóxicos das últimas décadas, e dos cada vez máis extensos e diversos usos de internet para o día a día das persoas. Para levar a cabo esta acción delituosa existen diversas modalidades que se atopan en constante evolución para adaptarse a estes avances. Neste traballo pretendo facer unha análise dende un punto de vista criminolóxico deste delito, falando da súa regulación en España e das modalidades que podemos atopar, dos factores que poden servir de motivación para levalo a cabo ou causar o seu incremento, dos perfís da vítima e do vitimario, e das posibles formas de prevención que se poidan aplicar para este feito delituoso.
Dirección
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titoría)
Tribunal
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titor do alumno)
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO (Titor do alumno)
O ADN no proceso penal
Autoría
A.U.R.
Grao en Dereito
A.U.R.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 17:00
26.06.2025 17:00
Resumo
O presente traballo analiza a cuestión da utilización do ADN no proceso penal; con atención ao marco normativo español explórase a tensa relación entre a administración de xustiza e a privacidade, analizando ademais os límites xurídicos da obtención, almacenamento e valoración da proba de ADN no proceso penal. Afóndase no lacónico carácter da lexislación reguladora do ADN, a cal deixou á xurisprudencia a tarefa de delimitar os dereitos e obrigas dos suxeitos implicados para finalmente abordar diversos debates xurídicos abertos arredor da proba de ADN, como o seu almacenamento en bases de datos ou a súa relación cos dereitos fundamentais. Este traballo configúrase como unha defensa de que a proba de ADN debe ser unha aliada do xulgador á hora de impartir xustiza e nunca un instrumento de control. A ciencia avanza, do mesmo xeito que o fai o dereito, mais deben facelo de forma parella, asegurando que a procura da verdade procesal non se impoña en ningún caso sobre os dereitos dos individuos.

A criminalización do ecocidio no Estatuto de Roma
Autoría
D.V.C.
Grao en Dereito
D.V.C.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a viabilidade e conveniencia de incluír o crime de ecocidio como quinto delito no Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional (CPI). Partindo dos antecedentes no Dereito Internacional -desde a tipificación de danos ambientais no Protocolo Adicional I de 1977 ata as propostas doutrinais máis recentes-, examínanse os debates que conduziron á exclusión do ecocidio do texto final de 1998 e a súa posterior revitalización académica e política. Realízase un estudo comparado das definicións formuladas polo Panel Internacional de Expertos (IEP) e polo Promise Group da UCLA, así como da emenda presentada por Vanuatu en setembro de 2024, que adopta a redacción do IEP. A través dun análise técnico-xurídico dos elementos obxectivos e subxectivos propostos, e das modalidades de emenda do Estatuto -incluíndo enfoques por fases e modificacións preambulares-, avalíanse as barreiras técnicas, políticas e xurídicas para a súa codificación. O traballo propón unha folla de ruta gradual, comezando coa ampliación da competencia material da CPI e unha fase preambular, para allanar o camiño cara á tipificación autónoma e efectiva do ecocidio.

A acusación popular
Autoría
S.V.D.B.
Grao en Dereito
S.V.D.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
A acción popular é unha institución que permite a calquera cidadán español intervir nun proceso penal como parte acusadora, mesmo que non se vise prexudicado ou ofendido polo delito. Está regulada no artigo 125 da Constitución, que a recoñece como un medio para que os cidadáns participen na administración de xustiza, así como nos artigos 101 e 270 da Lei de Enxuicio Criminal. A acción popular ten como obxectivo garantir a axeitada tutela xudicial dos bens protexidos pola lei. Non obstante, a xurisprudencia encargouse de modular o seu réxime, establecendo límites obxectivos, subxectivos e temporais máis alá dos requisitos formais establecidos na LECrim (Lei Común de Enxuicio Criminal). Este traballo aborda o exercicio da acción pública a través duns antecedentes históricos necesarios, os límites legais e xurisprudenciais aos que está suxeita a súa intervención no proceso, así como os últimos intentos de reforma e, por suposto, o proxecto de lei presentado en xaneiro deste ano 2025.

Dereitos de información e asistencia do obrigado tributario.
Autoría
A.V.B.
Grao en Dereito
A.V.B.
Grao en Dereito
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A evolución dende un sistema declarativo, no que se presentaba á Administración como elaborador das liquidacións dos contribuíntes, hacia a xeneralización de autoliquidacións tributarias, onde é o propio ciudadán o encargado de aplicar a normativa vixente e realizar a súa propia declaración; implica paralelamente o incremento de deberes dos obrigados tributarios, e con isto, modificacións nas obrigas da Administración, constituidas como unha progresión natural da xeneralización de dito sistema. Desta forma, no presente traballo se analizan os dereitos de información e asistencia recollidos na Lei Xeral Tributaria (Lei 58/2003, de 17 de decembro), observando as diferencias entre ambos e as formas de materialización en cada un deles, tales como a publicación de textos, as comunicacións, a contestación a consultas e as actuacións previas de valoración no primeiro caso; e os asistentes virtuais e as Administracións Dixitais e Integrais no segundo. Ademais, se examina se estas ferramentas garantizan unha asistencia efectiva ao cidadán e se se compoñen como unha garantía suficiente destos dereitos de información e asistencia, buscando en todo caso preservar a seguridade xurídica e a eficacia do sistema fiscal actual.

O recoñecemento de Estados: o proceso de creación dun Estado xudeu en Palestina.
Autoría
A.L.V.M.
Grao en Dereito
A.L.V.M.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
O estatus xurídico e político do Estado de Israel, así como as súas actuacións a nivel internacional, constitúen un dos temas máis importantes e debatidos do momento na escena internacional. Ao longo do tempo, as accións deste Estado e as controversias arredor da súa existencia desencadearon intensos debates, acrecentados polos continuos conflitos que subxugan a rexión. Este tema está enmarcado na Lección 10 contida na Parte IV da Guía Docente do Programa da materia Dereito Internacional Público (DIP). A configuración de Israel foi froito dun arduo proceso forxado ao longo de varios séculos, que culminou en 1948 coa proclamación formal do Estado xudeu. Sen analizar o percorrido histórico, as tensións xeradas e as aspiracións dos pobos da rexión, non se pode comprender a magnitude e complexidade dun conflito que segue marcando o destino de árabes e xudeus. Por iso, a través deste Traballo de Fin de Grao (TFG), estruturado en seis capítulos, abordaranse os principais fitos históricos e políticos que conformaron o marco idóneo para a constitución de Israel: desde o nacemento do sionismo, pasando polo Mandato Británico sobre Palestina, ata culminar na súa constitución definitiva. Finalmente, analizaranse os acontecementos ocorridos despois de 1948. Todo isto será abordado desde a perspectiva do Dereito Internacional Público, co obxectivo de comprender se as actuacións emprendidas ao longo da historia contan co respaldo e os fundamentos xurídicos necesarios para soster a existencia de Israel como entidade estatal.

Análise da seguridade cidadá no sistema constitucional vixente.
Autoría
A.V.G.
Grao en Dereito
A.V.G.
Grao en Dereito
Data da defensa
30.06.2025 10:00
30.06.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a lexislación española sobre a seguridade cidadá, realizando un repaso polas competencias das Forzas e Corpos de Seguridade, pola súa actuación, polas súas relacións cos órganos competentes e polas sancións e infraccións, para determinar ou non a necesidade de endurecer ou atenuar a lexislación vixente.
O obxectivo deste traballo é analizar a lexislación española sobre a seguridade cidadá, realizando un repaso polas competencias das Forzas e Corpos de Seguridade, pola súa actuación, polas súas relacións cos órganos competentes e polas sancións e infraccións, para determinar ou non a necesidade de endurecer ou atenuar a lexislación vixente.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, JOSE JULIO (Titor do alumno)
Evolución histórica e regulación actual da Policía Local, con especial mención a Policía Local de Galicia
Autoría
A.V.P.
Grao en Criminoloxía
A.V.P.
Grao en Criminoloxía
Data da defensa
17.02.2025 10:00
17.02.2025 10:00
Resumo
O propósito de este traballo radica na necesidade de explorar a evolución histórica da Policía como corpo de seguridade en España, dende o siglo XIX ata a actualidade, así como examinar a súa regulación actual cun enfoque particular no caso de Galicia. Búscase analizar e diferenciar as distintas etapas que foi atravesando esta institución ao longo do tempo, tendo en conta os cambios políticos, sociais e dinásticos que foron marcando a historia do noso país, así como o desenvolvemento e configuración da Policía.
O propósito de este traballo radica na necesidade de explorar a evolución histórica da Policía como corpo de seguridade en España, dende o siglo XIX ata a actualidade, así como examinar a súa regulación actual cun enfoque particular no caso de Galicia. Búscase analizar e diferenciar as distintas etapas que foi atravesando esta institución ao longo do tempo, tendo en conta os cambios políticos, sociais e dinásticos que foron marcando a historia do noso país, así como o desenvolvemento e configuración da Policía.
Dirección
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Miguez Macho, Luis (Titoría)
Tribunal
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
Miguez Macho, Luis (Titor do alumno)
A lexítima viuval: tratamento da figura no CC e a LDCG
Autoría
L.Y.V.
Grao en Dereito
L.Y.V.
Grao en Dereito
Data da defensa
15.07.2025 10:15
15.07.2025 10:15
Resumo
Neste traballo realízase unha análise comparativa do desenvolvemento xurídico da lexítima do cónxuxe viuvo, tanto no Código Civil español como no Dereito Civil de Galicia. Para iso, preséntanse as características específicas da lexítima viúval, destacando os elementos comúns de ambos os sistemas xurídicos e, á súa vez, os aspectos nos que difiren. O interese que esperta este concepto e a súa singular regulación, non só en relación co dereito galego, senón tamén en comparación con outros dereitos civís autonómicos existentes no Estado español, reside principalmente nas especificidades que presenta en relación con outras lexítimas, destinadas a protexer o cónxuxe sobrevivente e garantir a súa posición económica tras o falecemento do seu cónxuxe. O sistema sucesorio gallego ofrece unha regulación da lexítima viúva máis modernizada ca a do Código Civil, polo que o proxecto tamén analizará a vía de futuro en canto a posibles reformas da institución.

Factores que determinan a elección de Especialidade no Sistema MIR
Autoría
M.Z.N.
Grao en Dereito
M.Z.N.
Grao en Dereito
Data da defensa
19.02.2025 12:15
19.02.2025 12:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza os factores determinantes na elección de especialidade médica dentro do sistema de formación MIR en España. A través do estudo dos datos de adxudicación de prazas entre 2020 e 2023, identifícanse tendencias crave que reflicten a influencia de aspectos académicos, vocacionais e estruturais na toma de decisións dos aspirantes. Examínanse as especialidades máis e menos demandadas, a distribución por xénero na elección de especialidade, o impacto da localización xeográfica na selección de praza e o efecto das políticas de incentivo na cobertura de áreas críticas como Medicina Familiar e Comunitaria. A análise baséase nunha metodoloxía cuantitativa, empregando ferramentas como Excel e PowerBI para a visualización de datos. Os resultados revelan que especialidades altamente competitivas, como Dermatoloxía e Cirurxía Plástica, manteñen unha adxudicación temperá debido ao seu prestixio e condicións laborais favorables. En contraste, especialidades cunha maior carga asistencial e menor recoñecemento social, como Medicina de Familia, presentan unha menor demanda a pesar do incremento na oferta de prazas. Ademais, o estudo mostra unha tendencia persistente na diferenciación por xénero na elección de especialidade e unha relación significativa entre o prestixio hospitalario e a preferencia dos aspirantes. As conclusións deste traballo destacan a importancia de implementar estratexias que equilibren a distribución de especialistas no sistema sanitario, promovendo incentivos adecuados para as especialidades menos demandadas e asegurando unha cobertura eficiente das necesidades de saúde en España.

FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
Tribunal
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titor do alumno)