Situación socioeconómica das mulleres xestantes na xestación subrogada
Autoría
P.A.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
P.A.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Resumo: A xestación subrogada, coñecida comunmente como ventre de alugueiro, é unha técnica de reprodución asistida que xera un importante debate ético, especialmente cando as mulleres xestantes proceden de contextos socioeconómicos vulnerábeis. Este Traballo de Fin de Grao analiza factores como a pobreza, o baixo nivel educativo e a desigualdade de xénero e como inflúen na decisión das mulleres de participar nestes procesos. Obxectivo: Este traballo ten como obxectivo analizar a relación entre a situación socioeconómica das mulleres e a súa participación na xestación subrogada, tendo en conta factores como a pobreza, a falta de educación e a desigualdade de xénero Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica sistemática seguindo a guía PRISMA 2020. Utilizáronse bases de datos como PubMed, Scopus e Web of Science. Resultados: Dos 213 artigos identificados inicialmente, seleccionáronse 15 estudos relevantes. Observouse que, en países como a India, moitas xestantes viven en situacións de pobreza, teñen escasa formación e actúan baixo presión familiar ou social. Pola contra, en países como Estados Unidos, Canadá ou o Reino Unido, as mulleres adoitan ter maior autonomía, un nivel educativo medio ou alto e motivacións fundamentalmente altruístas. Conclusións: A participación na xestación subrogada está fortemente condicionada polo contexto socioeconómico. En contornos desfavorecidos, convértese nunha estratexia de supervivencia máis que nunha elección libre. En sociedades con maior igualdade, adoita responder a decisións informadas e solidarias. Palabras clave: Xestación subrogada, situación socioeconómica, pobreza, desigualdade de xénero, educación, ética reprodutiva.

Dirección
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Titoría)

Tribunal
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)

Intelixencia artificial en diabetes mellitus: avances no autocoidado e no abordaxe de complicacións
Autoría
A.A.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.A.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A diabetes mellitus é unha enfermidade con importantes complicacións agudas e crónicas que afectan gravemente á saúde. O seu manexo require decisións continuas e unha adherencia terapéutica, que é deficiente. Neste contexto, a intelixencia artificial surxe como unha ferramenta prometedora para mellorar o control diario e o diagnóstico precoz de complicacións. Obxectivos: Coñecer a utilidade clínica da IA no campo da diabetes, así como a súa aplicación no manexo diario e comprender a súa actuación na prevención de UPD e detección de RD. Metodoloxía: Realizouse unha busca bibliográfica en PubMed, a través de 3 estratexias diferentes. Os criterios de inclusión fixados foron: publicacións a texto completo, en castelán e inglés, publicados dende 2021 ata a actualidade, estudos basados en DM 1,2 e as súas complicacións e que comprendan calquera rango de idade sexo. Resultados: A partir da busca realizada se atoparon 18 artigos que resolvían os obxectivos a tratar. Desenvolvéronse algoritmos que predicen eventos adversos con tempo suficiente para poder actuar e prevenilos. Outros algoritmos calculan a dose de insulina en función de diferentes datos. Existen plataformas capaces de aportar información nutricional a partir dunha foto do plato de comida. Para previr UPD, os algoritmos existentes intentan monitorizar factores de risco como temperatura plantar, estrés do texido… Así como axudar no diagnóstico de isquemia e infección, entre outras, e predecir o risco de amputación, recurrencia ou morte. Por último, en RD tratan de diagnosticar esta complicación. Conclusións: A IA permite personalizar o manexo da diabetes, optimizando o control glicémico, a dose de insulina e a alimentación. Facilita a abordaxe de complicacións como RD e UPD, reduciendo a carga en pacientes e profesionais, e mellorando a adherencia ao tratamento e os cribados.

PAZOS COUSELO, MARCOS (Titoría)
LADO BALEATO, OSCAR Cotitoría
PAZOS COUSELO, MARCOS (Titoría)
LADO BALEATO, OSCAR Cotitoría
Tribunal
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
Coñecementos e percepcións dos/as anciáns e das enfermeiras sobre as enfermidades de transmisión sexual na terceira idade.
Autoría
M.A.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.A.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
INTRODUCIÓN: As enfermidades de transmisión sexual (ETS) están aumentando drasticamente entre os/as anciáns. Postulase que a carencia de información e percepción de seguridade na poboación anciá e a reducida formación e as percepcións negativas cara a vellez por parte de profesionais de enfermaría poderían contribuír a dito incremento. De aí que se realizara este estudo. OBXECTIVOS: xeral: establecer os coñecementos e percepcións de anciáns, estudantes e profesionais de enfermaría sobre as ETS na terceira idade. MÉTODOS: A busqueda realizouse en bases de datos: PubMed, CINAHL, Scielo database of systematic reviews, Cochrane Clinical Trials Library, NIH clinical trials, revistas especificas. Empregouse a metodoloxía PRISMA e criterios PICO. RESULTADOS: 247 artigos foron identificados. Tras a eliminación de duplicados (53), por titulo e resumo (73), artigos non recuperados completos (8), 113 artigos foron analizados. Tras aplicar os criterios de calidade incluíronse finalmente 26. O ámbito de estudo foi na maioría dos estudos en atención primaria e residencias de anciáns. Na poboación anciá existe descoñecemento sobre as ETS e prevalece a percepción de seguridade en relación con ditas enfermidades. Por parte de enfermaría, existe descoñecemento acerca da repercusión das ETS, pois considérase que só afecta a poboación xove e adulta. A vergonza, o reparo e a incomodidade para abordar o tema son comúns a enfermeiras e anciáns. As intervencións melloran o grado de coñecemento e a percepción na poboación anciá. CONCLUSIÓNS: existe descoñecemento e percepción de seguridade en relación coas ETS entre a poboación anciá. Entre enfermeiras e estudantes de enfermaría non se considera que as ETS na terceira idade constituía un problema real. Existen percepcións negativas e pexorativas en relación a poboación anciá. Son escasa as intervencións, anque constatase a súa eficacia.

NUÑEZ IGLESIAS, MARIA JESUS (Titoría)
NUÑEZ IGLESIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
Análise da evolución da episiotomía selectiva e das súas consecuencias na saúde materna postparto
Autoría
E.A.T.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
E.A.T.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A episiotomía, anteriormente utilizada de xeito rutinario en partos vaxinais, foi obxecto de revisión polos seus posibles efectos adversos. Actualmente promóvese un uso selectivo, baseado en evidencia científica, que garanta a seguridade materna e respete os dereitos da muller no parto. Obxectivos: Analizar a evolución do uso da episiotomía selectiva no parto vaxinal e as súas consecuencias na saúde materna postparto. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica recente en bases de datos internacionais seguindo a metodoloxía PRISMA. Seleccionáronse 19 estudos publicados entre 2020 e 2025 que abordaban a práctica da episiotomía, as súas indicacións, evolución en distintos contextos e efectos clínicos en mulleres posparto. Resultados: Os estudos mostran unha ampla variabilidade na taxa de episiotomías entre países, persistindo o seu uso rutinario nalgúns contextos, especialmente en entornos con escasa actualización de protocolos ou formación sanitaria limitada. Varios artigos destacan a súa asociación con complicacións como infeccións, sangrado excesivo e disfunción sexual. Tamén se identifican factores asociados ao uso frecuente, como a falta de participación da muller na toma de decisións ou modelos médicos altamente intervencionistas. Conclusións: A episiotomía debe usarse unicamente con indicación clínica clara e consentimento informado. Recoméndase reforzar a formación do persoal sanitario, actualizar protocolos e fomentar modelos de atención centrados na muller. Futuros estudos deberían analizar os seus efectos a largo prazo e incorporar a perspectiva das mulleres para avanzar cara unha atención obstétrica máis respetuosa e baseada na evidencia.

Desigualdades de xénero na atención de enfermaría: Diferencias no trato, manexo e resultados clínicos entre pacientes masculinos e femininos con úlceras por presión
Autoría
T.M.A.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
T.M.A.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As úlceras por presión (UPP) representan un problema de saúde pública de alta prevalencia, cun impacto notable sobre a calidade de vida dos pacientes e unha considerable carga asistencial e económica. A pesar do amplo coñecemento sobre os seus factores de risco e abordaxe clínico, a influencia do sexo e do xénero foi historicamente desatendida tanto na investigación como nos protocolos clínicos. Obxectivo: Explorar a posible existencia dun sesgo de xénero no manexo das UPP, identificar diferenzas fisiolóxicas e anatómicas relevantes entre homes e mulleres, analizar a prevalencia diferenciada por sexo e propoñer recomendacións que favorezan unha atención equitativa e inclusiva. Material e método: Para iso, levouse a cabo unha revisión bibliografica sistematizada da literatura científica, seleccionando artigos orixinais, revisións sistemáticas e guías clínicas dos últimos vintecico anos a través de bases de datos como PubMed, Scopus e Web of Science. Priorizáronse aqueles estudos que abordasen explicitamente as diferenzas sexuais e de xénero en relación coas UPP, aplicando criterios de inclusión e exclusión que garanticen a relevancia, actualidade e calidade metodolóxica. Resultados: Os resultados evidencian diferenzas fisiolóxicas significativas, como o grosor cutáneo, a vascularización, a composición lipídica ou a elasticidade da pel, que condicionan tanto a aparición como a evolución e resposta terapéutica das UPP. Ademais, identifícanse desigualdades asistenciais ligadas a sesgos implícitos na práctica clínica e factores socioculturais que afectan o acceso, a adherencia e a calidade dos coidados. Conclusións: Estes achados subliñan a necesidade de integrar a perspectiva de xénero na atención sanitaria, mediante estratexias adaptadas e sensibles ás diferenzas biolóxicas e sociais. Así mesmo, proponse futuras liñas de investigación que afonden nestes aspectos e contribúan ao deseño de guías clínicas máis inclusivas, eficaces e equitativas.

Emprego de pictogramas na formación de RCP en nenos/as con trastorno do espectro autista
Autoría
L.A.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.A.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
12.02.2025 10:00
12.02.2025 10:00
Resumo
Introdución: A taxa de supervivencia da parada cardiorrespiratoria diminúe cando a reanimación cardiopulmonar básica (RCP) non é iniciada polas testemuñas. Por iso, é fundamental que todo cidadán saiba actuar dende pequeno. Pero a miúdo se omite a formación en colectivos con diferentes tipos de diversidade funcional, como as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). Obxectivo: O obxectivo principal foi comprobar a efectividade do uso de pictogramas a través dun conto (literapia) para a formación en RCP de nenos con TEA sen afectación intelectual ou deficiencia lingüística. Metodoloxía: Realizouse nun único grupo un estudo piloto cun deseño cuasi-experimental pre-test post-test. Os participantes tiñan entre 8 e 12 anos e formaban parte da Asociación Galega de Asperger. Realizouse unha formación teórico-práctica (50') e avaliouse o recoñecemento e actuación nun caso simulado de parada cardiorrespiratoria. Resultados: No pre-test, só unha pequena porcentaxe dos participantes realizou os pasos da cadea de supervivencia de forma adecuada, mentres que no post-test a maioría mostrou melloras na execución. Destacaron os incrementos na realización de compresións torácicas, a apertura da vía aérea e a alerta correcta dos servizos de emerxencia. Non obstante, seguiron observándose deficiencias na técnica de ventilación e na calidade da RCP. A pesar da mellora xeral, non se obtiveron resultados estatisticamente significativos. Conclusións: Demostrouse que a formación teórica con literapia apoiada na práctica adicional podería ser un recurso útil no adestramento en RCP de nenos con TEA. Así, atópase que, cunha metodoloxía axeitada, pódense conseguir resultados similares aos de calquera outro colectivo sen limitacións. Á vista dos resultados, comparables con persoas sen diversidade funcional, débese fomentar a formación e a investigación sobre este tema.

CARBALLO FAZANES, AIDA (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titoría)
Tribunal
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
Comparación de dúas estratexias formativas para capacitar a escolares a intervir fronte a situacións simuladas de obstrución da vía aérea por corpo estraño
Autoría
I.S.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
I.S.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A obstrución da vía aérea por corpo estraño (OVACE) é unha das principais causas de morte accidental na infancia e nas persoas maiores. Formar o alumnado como primeiros intervinientes é unha estratexia efectiva para aumentar a supervivencia das vítimas, sendo fundamental investigar cales son os métodos formativos máis eficaces. Obxectivo: Comparar a efectividade de dúas estratexias formativas (global e secuencial) para capacitar a escolares de 11 e 12 anos no recoñecemento e actuación fronte a unha situación simulada de OVACE. Metodoloxía: Realizouse un estudo cuasiexperimental longitudinal con 188 escolares (52,6% nenas) de entre 11 e 12 anos, distribuídos aleatoriamente en dous grupos: formación global e formación secuencial. Ambos grupos recibiron os mesmos contidos teórico prácticos en SVB e OVACE. Porén, o grupo global recibiu os contidos completos de forma repetida durante 3 anos. No grupo secuencial, os contidos foron introducidos de forma progresiva ao longo dos tres anos. A avaliación realizouse ao finalizar o terceiro ano mediante un escenario simulado de OVACE, avaliando a execución paso a paso das manobras recomendadas de desobstrución. Resultados: O grupo secuencial obtivo mellores resultados en pasos clave como os 5 golpes interescapulares (94,6% vs. 79,5%; p = 0,003), compresións abdominais (79,4% vs. 36,7%; p = 0,036) e inicio da RCP tras a perda de consciencia (90,2% vs. 76,9%; p = 0,016). Tamén mostrou maior retención na secuencia de golpes e compresións (79,4% vs. 40,7%; p = 0,001). Os erros máis frecuentes foron non animar a vítima a toser no caso de obstrución parcial e non continuar coas manobras cando a obstrución persistía. Conclusión: A formación secuencial mellora significativamente a adquisición de habilidades e a execución correcta das manobras ante OVACE en escolares, o que apoia a súa inclusión progresiva no currículo escolar como unha estratexia efectiva para ensinar primeiros auxilios ao alumnado.

Avaliación da relación entre o VPH e o cáncer orofarínxeo segundo xénero: unha revisión sistemática
Autoría
L.B.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.B.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Os cancros de cabeza e pescozo son o sexto cancro con maior incidencia a nivel mundial mais concretamente o orofarínxeo é o vixésimo cuarto, o que supón 4.822 novos casos ao ano en España. Este cancro caracterízase porque o prototipo de paciente é un home de idade avanzada que consume tabaco e alcohol aínda que na actualidade os casos en mulleres e xente nova están aumentando debido a outros factores coma o VPH, mentres que os casos de homes diminúen. As probas de VPH permítennos asocialo co cancro orofarínxeo aínda que a súa relación con outros coma o cancro oral ou o larínxeo non son tan claros. Isto tamén supón diferenzas entre como lles afecta a homes e mulleres xa que segundo a localización e a proba VPH positiva existen diferenzas significativas entre o pronóstico e a supervivencia dos pacientes. Finalmente, analízanse os coñecementos da poboación respecto á infección por VPH xa que o sistema educativo e as redes sociais son os principais medios de información que utiliza a poboación, sendo cruciais para deseñar estratexias que eviten o aumento de casos de VPH positivos a través da educación sexual ou o programa de vacinación

VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Tribunal
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA VARELA, LARA (Vogal)
Utilidade do balón de resucitación aórtico endovascular no trauma prehospitalario
Autoría
S.B.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.B.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A hemorraxia masiva non controlada, especialmente en zonas non compresibles, constitúe a primeira causa de morte evitable en pacientes traumatizados, polo que debe abordarse no lugar do accidente de maneira inmediata e eficaz. O REBOA, como técnica de oclusión endovascular da aorta, ofrece unha solución para o control prehospitalario das hemorraxias non compresibles de torso (NCTH). Obxectivos: Valorar a utilidade do REBOA no manexo prehospitalario das NCTH en pacientes traumatizados, expoñer os desafíos da súa implementación e analizar o papel dos profesionais de enfermaría. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica desde o ano 2019 ata a actualidade nas bases de datos PubMed, Scopus y Web of Science e no motor de busca Google Scholar, seguindo a metodoloxía PRISMA. Finalmente, incluíronse 12 artigos. Resultados: Os artigos analizados demostraron que o REBOA prehospitalario pode mellorar a estabilidade hemodinámica e reducir a mortalidade en pacientes con NCTH. Non obstante, sinalaron que a súa viabilidade depende directamente da existencia de equipamento adecuado, profesionais formados e un sistema asistencial coordinado, ademais de comportar riscos para a seguridade do paciente, como lesión vascular, isquemia e síndrome de reperfusión. Conclusións: O REBOA amosa potencial como técnica de control temporal do sangrado en pacientes con NCTH, contribuíndo a mellorar a súa estabilidade hemodinámica e supervivencia ata a chegada ao hospital. Trátase dun procedemento invasivo que esixe capacitación, recursos e coordinación asistencial. Persisten desafíos para a súa implementación rutineira a nivel prehospitalario, como a selección do paciente, o acceso vascular e o tempo de oclusión. É imprescindible recoñecer o rol de enfermaría no manexo do REBOA, dado o seu papel central na preparación, colocación e monitorización.

Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Titoría)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Titoría)
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Ensaio clínico sobre o uso de sal común como alternativa terapéutica en granulomas de gastrostomía en pacientes pediátricos
Autoría
D.B.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
D.B.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución As gastrostomías nos pacientes pediátricos que precisar duncha nutrición enteral pronolgada poden presentar diversas complicacións, entre elas destacan os granulomas, estes son crecementos excesivos do tecido de granulación. O tratamento máis utilizado para estes casos é o nitrato de plata, que pode presentar efectos adversos como queimaduras. Noutro tipo de granulomas utilizouse sal común como método alternativo. Obxectivos O principal obxectivo deste proxecto é evaluar a eficacia e a seguridad da aplicación tópica de sal común en comparación co nitrato de prata para o tratamento de granulomas en estomas de gastrostomía en pacientes pediátricos. Métodos Este proxecto trátase dun ensaio clínico controlado, prospectivo e aleatorizado, levado a cabo nas consultas de ciruxía pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Formado por un grupo control (nitrato de plata) e un grupo experimental (sal común), con pacientes de entre 6 meses e 17 anos cun diagnóstico de granuloma no estoma do tubo de gastrostomía. Para evaluar a efectividade de ambos tratamentos sacaranse fotos antes e despois da aplicación e as familias deberán realizar un cuestionario tipo check-list para valorar a seguridade do tratamento, así como unha encuesta tipo Likert para valorar a percepción subxectiva dos padres sobre a comodidade e satisfación.

Agra Tuñas, María del Carmen (Titoría)
Rujido Freire, Susana Cotitoría
Agra Tuñas, María del Carmen (Titoría)
Rujido Freire, Susana Cotitoría
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Aplicacións móbiles para o control da asma
Autoría
Y.B.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Y.B.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A asma é unha enfermidade crónica que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e pode comprometer significativamente a súa calidade de vida. Un tratamento axeitado desta enfermidade é esencial para previr as exacerbacións e reducir as hospitalizacións. Obxectivo: Analizar a eficacia das aplicacións móbiles no control da asma en persoas novas. Metodoloxía: revisión bibliográfica tipo PRISMA. Realizouse unha busca bibliográfica en MEDLINE (PubMed), Elsevier (Scopus), EBSCO (CINAHL), Dialnet, ProQues e Web of Science (WoS) entre xaneiro e marzo de 2025. Os termos de busca empregados foron: Saúde Móbil, Asma, aplicaciones móbiles, aplicacións de saude, mantemento, adherencia ao tratamento, urxencia, hospital ou control. Resultados: Incluíronse 17 artigos: 3 revisións sistemáticas, 5 narrativas, 2 estudos experimentais, 2 estudos cuasiexperimentais e 5 estudos observacionais. Baseándose na literatura, pódese concluír que as aplicacións móbiles teñen un efecto positivo na vida dos pacientes con asma. Melloran a adherencia ao tratamento, a concienciación sobre as enfermidades, o control das enfermidades e reducen as exacerbacións e as visitas a urxencias. Non obstante, é importante salientar a necesidade de novos deseños máis atractivos para promover o seu uso a longo prazo. Conclusións: As aplicacións móbiles contribúen ao control da asma en persoas novas ao facilitar unha monitorización consistente e personalizada, anticipándose ás exacerbacións mediante alertas baseadas en datos clínicos e ambientais. A súa eficacia mellora cando incorporan a personalización, a boa usabilidade e o soporte clínico, factores clave para un uso sostido e eficaz.

NOVIO MALLON, SILVIA (Titoría)
NOVIO MALLON, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Impacto das metodoloxías innovadoras na aprendizaxe e na retención ao ano de Soporte Vital Básico en nenos e nenas de 5 a 7 anos.
Autoría
R.B.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
R.B.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As paradas cardiorrespiratorias extrahospitalarias constitúen un problema de saúde pública pola súa alta incidencia e mortalidade. Segundo o estudo europeo EuReCa TWO, os transeúntes inician RCP só no 58% dos casos, malia que a intervención temperá é clave para un bo prognóstico. Os menores poden ser as únicas testemuñas dunha PCR e, aínda que presentan limitacións físicas para facer RCP, poden recoñecer a emerxencia e activar a cadea de supervivencia. Así, resulta fundamental iniciar a formación en SVB desde idades temperás, utilizando metodoloxías adaptadas ao desenvolvemento. Obxectivo: Avaliar a eficacia de recursos manipulables como o libro sen fin e o teléfono low-cost, fronte á ensinanza tradicional en nenos/as de 5 a 7 anos, valorando a retención de habilidades a curto e medio prazo. Metodoloxía: Realizouse un estudo cuasi-experimental con escolares de 5 a 7 anos de cinco colexios concertados galegos, divididos en grupo intervención (N=187), formado con recursos didácticos, e grupo control (n=111), con ensinanza tradicional. A formación impartiuna o profesorado de Educación Física previamente capacitado. Avaliouse a adquisición e retención das habilidades con simulacións estandarizadas aos 15 días e ao ano. Resultados: Tras a formación (E0), o grupo intervención mostrou diferenzas significativas en 5 das 10 variables avaliadas. Un ano despois (E1), mantivéronse diferenzas a favor do grupo intervención no 50% das variables. A maioría superou o 85%, agás “pon mans libres” e “coñece a súa dirección”. Entre avaliacións, tres variables mostraron un descenso significativo e seis melloraron. Conclusión: Os recursos manipulables poden resultar máis efectivos para ensinar e reter habilidades da cadea de supervivencia, destacando a importancia da educación temperá en SVB e a formación continuada.

MARTINEZ ISASI, SANTIAGO (Titoría)
Castro Alonso, Luis Cotitoría
MARTINEZ ISASI, SANTIAGO (Titoría)
Castro Alonso, Luis Cotitoría
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Impacto da morte inesperada de nenos con patoloxía crónica e complexa
Autoría
A.B.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.B.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Os nenos que padecen patoloxías crónicas e complexas requiren recursos sanitarios pediátricos específicos. Son pacientes con patoloxías complexas que poden presentar eventos inesperados cuxo impacto é significativo para a familia e o equipo asistencial. Neste contexto, os coidados paliativos constitúen o escenario principal para a prevención e atención destes imprevistos e o apoio familiar. Obxectivos: 1. Identificar as emocións que senten os familiares ante a perda inesperada dun fillo con patoloxía crónica e complexa, 2. Detectar as principais causas de complicacións e mortes en pacientes con patoloxías crónicas e complexas, 3. Determinar a frecuencia de morte inesperada nas unidades de coidados paliativos, e 4. Explorar a experiencia dos familiares tras a morte dun neno nunha unidade de coidados intensivos. Métodos: Revisión bibliográfica da literatura científica publicada nas bases de datos PubMed, CINAHL, Web of Science, e nas seguintes sociedades científicas: Sociedade Española de Coidados Paliativos (SECPAL), Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria (SEPEAP), e Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM). Para sistematizar o proceso utilizouse a metodoloxía PRISMA 2020 e un deseño de síntese baseado en datos. Resultados: As mortes inesperadas destes pacientes teñen unha prevalencia baixa pero significativa. Ademais, os signos de morte inminente producíronse en maior proporción naqueles cuxa morte se esperaba. A planificación previa da atención ante un evento inesperado poucas veces se comenta nas consultas iniciais, o que provoca unha maior sorpresa en caso de falecemento inesperado e, polo tanto, un maior risco de duelo complicado. Conclusións: O impacto na familia da morte inesperada dun neno con patoloxía crónica e complexa tratado nunha Unidade de Coidados Paliativos é relevante e afecta significativamente ao proceso de duelo, polo que é un tema que debe ser abordado previamente tanto en os niveis sanitarios e de investigación.

RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Influenza da formación repetida en RCP na calidade das compresións torácicas en escolares.
Autoría
A.C.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.C.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
INTRODUCIÓN Unha vía para mellorar os coñecementos en RCP na poboación é a formación de escolares (1). Realizar unha RCP de calidade é unha habilidade complexa que depende en gran medida da formación daquel que a realiza, resulta de vital importancia unha formación efectiva para realizar compresións torácicas de calidade. OBXECTIVOS Avaliar a influenza dunha formación continuada con reforzo de habilidades en RCP sobre as variables de compresións torácicas DESEÑO METODOLÓXICO Realizouse un estudo cuasi-experimental con un grupo control (GC), una soa formación, cun grupo intervención (GI, formación durante 3 anos, no que participaron 5 colexios da CCAA de Galicia. Recolléronse as características sociodemográficas, antropométricas dos escolares e o desenrolo nas habilidades de RCP. RESULTADOS E DISCUSIÓN Obsérvanse diferenzas significativas na profundidade media [GC: 37 (RI27-45) vs GI2:41(RI:32-48);p=0.002] e porcentaxe de descompresión correctos do tórax [ GC: 87(RI:41-98) vs GI2:61 (RI:25-94);p=0.007]. A profundidade das compresión mellora 4 mm entre os grupos sen relevancia clínica o ser inferior a profundidade mínima (50mm). CONCLUSIÓNS Os nenos que reciben máis dun ano de formación en RCP melloran a profundidade das compresións, pero un ano intenso de aprendizaxe pode ser tan efectivo como varios anos para algúns. As diferenzas entre nenos e nenas son pequenas. A medida que os nenos medran e pesan máis, fan compresións máis fortes e menos descompresións, por iso, é importante destacar na formación a correcta realización da descompresión torácica.

Agresións sexuais facilitadas por drogas en universitarios galegos: análise do consumo de substancias psicoactivas, vulnerabilidade ante agresións sexuais e exposición a contido pornográfico
Autoría
H.C.O.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
H.C.O.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As agresións sexuais facilitadas por drogas (DFSA, en inglés) supoñen unha forma de violencia sexual moi complexa, pois o uso de substancias psicoactivas pode anular parcial ou totalmente a vontade da vítima. O alcohol é a substancia máis consumida entre os xóvenes polo seu fácil acceso e aceptación social. En contextos de ocio nocturno, o policonsumo aumenta a desinhibición, a vulnerabilidade e as condutas sexuais de risco. Obxectivos: Analizar cómo o consumo de substancias psicoactivas inflúe nas condutas sexuais de risco e na vulnerabilidade a sufrir agresións sexuais, considerando tamén a exposición á pornografía. Métodos: Estudo descritivo, transversal e observacional mediante unha enquisa realizada a 1774 estudantes universitarios galegos. Resultados: O 72,8% da mostra consumiu alcohol nos últimos 30 días, e un 66,2% empregou substancias psicoactivas e involucrouse en condutas sexuais de risco. Identificáronse situacións de sumisión química e agresións sexuais, tanto por consumo voluntario de substancias ou pola administración sen consentimento. O 14,3% foi vítima de aproveitamento sexual baixo os efectos do alcohol ou drogas. Os agresores foron, na maioría, homes coñecidos pola vítima e os feitos ocorreron principalmente en pubs e discotecas. Ademáis, observouse que a idade de inicio do consumo de pornografía sitúase antes dos 15 anos. O 62,6% dos participantes declarou ver pornografía algunha vez e a maioría (64,4%) clasifica como moi fácil o acceso a dito contido. Un 45% afirmou consumir pornografía e sufrir condutas sexuais de risco. Conclusións: Os resultados do estudo mostran a necesidade de intervir desde a prevención, a educación sexual e a sensibilización sobre o consentimento, enfocándose no ámbito universitario.

ORDOÑEZ MAYAN, LUCIA (Titoría)
ORDOÑEZ MAYAN, LUCIA (Titoría)
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Prevalencia e Incidencia da violencia de doentes psiquiátricos cara o persoal enfermeiro
Autoría
N.C.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.C.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A violencia exercida polos doentes supón unha realidade frecuente no ámbito hospitalario, especialmente nas unidades hospitalarias psiquiátricas, estimándose a súa prevalencia nestas unidades cara ao persoal de enfermaría nun 61,9%. Este tipo de violencia asóciase a factores relacionados co propio persoal, así como cos turnos de noite ou a falta de experiencia neste campo. Obxectivos: Preséntanse como obxectivos principais coñecer a incidencia, prevalencia e factores de risco da violencia laboral cara a enfermaría por parte dos doentes psiquiátricos, así como determinar as súas consecuencias, características do agresor e en que momento do día se producen máis agresións. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática. Deseñáronse estratexias de busca independentes nas bases de datos de PubMed e Scopus. Incluíronse estudos publicados entre 2010 e 2025. Incluíronse estudos con datos de prevalencia, incidencia, factores de risco, consecuencias e tipos de agresión no ámbito da saúde e, de forma específica, en saúde mental. Resultados: Incluíronse 11 artigos. Os artigos incluídos coinciden na alta prevalencia de violencia do doente psiquiátrico cara ao persoal sanitario, en concreto, o persoal enfermeiro (90,3% - 90,6%). Ademais, determinouse a relación entre o consumo de substancias nocivas, o tabaco, a frustración polas peticións non cumpridas do doente e a falta de experiencia no campo dos enfermeiros co aumento das agresións. Conclusión: A violencia en unidades psiquiátricas cara á enfermaría é unha situación prevalente e preocupante. Debido á súa alta presenza nos ámbitos hospitalarios, resulta determinante que as directrices sanitarias recoñezan e aborden esta problemática, de maneira que se lle brinde apoio ao persoal afectado.

Rey Brandariz, Julia Cotitoría
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Rey Brandariz, Julia Cotitoría
Tribunal
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, AINARA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Diarios UCI na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos como medida de prevención fronte ao Síndrome Pos-Coidados Intensivos Pediátricos. Estudo piloto.
Autoría
R.C.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
R.C.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O ingreso na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP) pode resultar traumático tanto para o menor ingresado como para a súa familia. Esta situación pode levar a que se desenvolva o chamado Síndrome Pos-Coidados Intensivos pediátricos (SPCI-p). Os diarios UCI constitúen unha ferramenta terapéutica que pretende a prevención do desenvolvemento de dito síndrome e unha mellora na recuperación pos-alta. Obxectivos: Explorar a utilidade do emprego dos diarios UCI na UCIP como ferramenta terapéutica e de acompañamento emocional para o menor e a súa familia, así como a utilidade destes como estratexia preventiva fronte ao desenvolvemento do SPCI-p. Material e métodos: Estudio piloto cualitativo fenomenolóxico levado a cabo na UCIP do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. O instrumento empregado foi un diario UCI adaptado a pediatría e a selección da mostra foi realizada mediante muestreo por conveniencia entre os pacientes ingresados na unidade e as súas familias. Recompiláronse os datos mediante a realización de 4 entrevistas semiestruturadas e se realizou unha análise temática do contido por categorías. Resultados: Xeráronse os temas principais: Efectos do uso do diario nos pacientes e nos familiares, Formato e contidos do diario e Interventores do diario. Os diarios UCI foron valorados polos nenos como ferramenta de entretemento e de mellor adaptación ao ingreso, ademais de fomentar un reforzo da relación paterno/materno-filial. Porén, nas familias hai diferentes opinións sobre o seu valor terapéutico. Atopan limitacións no formato en papel e gustaríalles unha maior implicación da enfermaría no seu uso. Conclusións: Os diarios UCI mostraron o seu valor terapéutico na prevención do SPCI en adultos, pero son necesarios máis estudos para explorar a súa utilidade en pediatría. A colaboración da enfermaría e a adaptación do formato facilitarían a súa implementación e aceptación.

González Oviedo, Alba Cotitoría
Agra Tuñas, María del Carmen (Titoría)
González Oviedo, Alba Cotitoría
Tribunal
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)

Influencia dos eixos de desigualdade na saúde menstrual de adolescentes da provincia de Lugo
Autoría
N.C.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.C.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A saúde menstrual debe ser considerada como un signo vital, entendendo que non afecta exclusivamente á súa saúde física senón que tamén ten implicacións na saúde mental e o benestar. Factores como o nivel socioeconómico, a idade, a nacionalidade ou a cultura mostraron a súa influencia na saúde menstrual. Obxectivos: O obxectivo principal deste estudo foi explorar a influencia dos eixos de desigualdade na saúde menstrual das persoas adolescentes en Galicia. Metodoloxía: Desenvolveuse un estudo transversal no que participaron 1873 adolescentes de entre 12 e 18 anos da provincia de Lugo. Os datos foron recollidos entre xaneiro e xuño do 2024 a través dunha enquisa administrada nos institutos a alumnos de 2º e 4º da ESO, 2º de bacharelato e 2º de CFGM. As variables independentes estudadas foron nacionalidade, idade e nivel socioeconómico mentres que as variables dependentes foron saúde autopercibida, estado anímico, sensación de ansiedade ou tensión, choros, menos interese polas actividades, dificultade para concentrarse, fatiga/falta de enerxía, sensación de estar desbordada e diminución da produtividade. Resultados: O 80,43% das mozas referiron baixo estado anímico e a 75,48% sensación de fatiga coa menstruación. Aquelas adolescentes que tiñan nacionalidade distinta da española tiveron ansiedade no 66,67% das ocasións e aquelas con menor nivel socioeconómico sentironse desbordadas no 66,21% dos casos, reportando peor saúde menstrual. Conclusións: A saúde menstrual vese influenciada por múltiples factores sociodemográficos. As desigualdades socioeconómicas empeoran a experiencia menstrual; afectando o benestar, a saúde mental e a vida cotiá das adolescentes.

DIAZ GEADA, AINARA (Titoría)
Espelt Hernández, Albert Cotitoría
DIAZ GEADA, AINARA (Titoría)
Espelt Hernández, Albert Cotitoría
Tribunal
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
Intervencións de enfermaría para o control da obesidade e o sobrepeso en adolescentes
Autoría
A.A.C.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.A.C.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A obesidade e o sobrepeso nos adolescentes son enfermidades crónicas complexas extremadamente prevalentes nos países desenvolvidos, cuxo incremento foi exponencial desde a década dos 90. Isto permitiu que se convertesen nun dos problemas de maior importancia para a Saúde Pública deste século e que se producise un aumento no desenvolvemento de intervencións dirixidas ao seu control. Un dos colectivos profesionais implicados no desenvolvemento e aplicación destas intervencións é o de enfermaría. Obxectivos: Avaliar a efectividade das intervencións de enfermaría no control da obesidade e o sobrepeso na poboación adolescente e identificar as intervencións de enfermaría máis efectivas na abordaxe da obesidade e sobrepeso adolescente. Métodos: Propúxose unha revisión sistemática de ensaios clínicos aleatorizados. Realizouse unha busca nas bases de datos de PubMed e Scopus entre 2021 e 2025. Ademais, empregáronse fontes gobernamentais como a Organización Mundial da Saúde e o estudo ALADINO. Extraeuse información de cada estudo incluído nunha táboa predeseñada. A calidade dos estudos valorouse coa ferramenta CASPe. Os resultados descríbense de xeito narrativo. Resultados: Incluíronse 10 estudos na revisión, dos cales a maioría foron realizados nos Estados Unidos e en Turquía. Identificáronse intervencións dirixidas aos pais, a realización de programas de actividade física, entrevistas motivacionais e sesións educativas. Estas dúas últimas foron as que mostraron unha maior efectividade, obténdose resultados estatisticamente significativos nos estudos que avaliaron estas intervencións. Conclusión: As intervencións de enfermaría mostraron ser efectivas no control da obesidade e o sobrepeso. As intervencións realizadas son de doada aplicabilidade e cun baixo custo. Porén, recoméndase continuar investigando que modelos de intervención resultan máis eficaces e como poden integrarse no sistema sanitario e educativo.

Rey Brandariz, Julia (Titoría)
Rey Brandariz, Julia (Titoría)
Tribunal
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
Programas de formación sobre atención ao doente politraumatizado para profesionais de urxencias de adultos.
Autoría
J.C.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
J.C.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
INTRODUCIÓN: O politraumatismo implica a existencia de múltiples lesións, que implican risco vital e con frecuencia discapacidade. Requírese brindar unha atención de maneira rápida e sistemática por un equipo interprofesional. OBXECTIVOS: Coñecer a eficacia de programas de formación dirixidos a profesionais de urxencias de adultos sobre a atención a pacientes politraumatizados/as. MÉTODOS: Revisión sistemática tipo PRISMA. Búsqueda en Pubmed, CINAHL, Scielo, Cochrane Database of Systematic Reviews, Cochrane Central Register of Controlled Trials. Ademáis, incluíronse referencias bibliográficas de artículos previamente atopados e realizouse a búsqueda en revistas específicas do ámbito do estudio. RESULTADOS: Atopáronse 170 artigos. Trala eliminación de duplicados (72), selección por título e resumo (61 descartados), non acceso a rexistros (8), selección por criterios de calidade (18 descartados), incluíronse nesta revisión 11. As técnicas de formación empregadas incluíron Programa de formación en Xestión de Recursos en Crisis (CRM) para a atención inicial de politraumatizados e simulación básica ou avanzada. Trala implementación dos programas de formación observouse incremento en velocidade de resolución de casos e de realización de procedementos estandarizados. Ademáis, constatouse mellora na coordinación, conciencia situacional, cooperación, comunicación e situación de crisis. CONCLUSIÓNS: Constatouse redución do tempo de atención ao doente. Os programas reduciron o número de erros. Mellorouse o efecto sobre a seguridade na atención do doente. Estos programas melloraron os resultados da atención ao doente ao proporcionar unha retroalimentación cíclica rápida.

Impacto dos diarios en unidades de coidados intensivos pediátricos, revisión sistemática.
Autoría
C.C.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.C.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. O ingreso a unha Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP) pode causar secuelas emocionais e cognitivas en pacientes e familias, coñecidas como síndrome post-coidados intensivos (PICS). Para previlo, promóvense estratexias de humanización como os diarios de UCI, onde o persoal de enfermería ten un papel crave. Obxectivos. Avaliar o impacto dos diarios en UCIP como ferramenta terapéutica para mellorar o benestar emocional de pacientes, familias e persoal de enfermería, e previr o PICS. Describir o uso e contido dos diarios. Analizar o rol enfermeiro na súa aplicación e detectar barreiras e facilitadores na súa implementación. Material e métodos. Realizouse unha revisión unha revisión sistemática da literatura científica publicada no últimos cinco anos, utilizando as bases de datos PubMed, Web Of Science e Scopus. Empregouse a metodoloxía PRISMA para realizar unha procura efectiva da información. Incluíronse estudos que abordasen o uso de diarios en UCIP e a súa relación co PICS en pacientes, familias e persoal de enfermería. Resultados. Os diarios en UCIP axudan a mitigar o impacto do ingreso en nenos e familias, melloran a comunicación e o vínculo co persoal, e facilitan a expresión emocional. Non se acharon datos sobre a redución de ansiedade ou estrés postraumático en pacientes e a evidencia sobre o seu efecto en familias é limitada. Adoitan ser en papel, adaptados ao paciente pediátrico, escritos maiormente por familiares, algúns por enfermeiras e poucos por pacientes. A enfermería é clave na súa implementación, aínda que enfronta limitacións por carga laboral e falta de formación específica. Conclusión. Os diarios UCIP son moi ben valorados polas familias e profesionais, e representan unha estratexia prometedora para mellorar a humanización, pero requiren máis investigación e recursos para optimizar o seu impacto e sustentabilidade.

Traballo Fin de Grao. Percepción do alumnado de enfermería sobre o cambio climático: unha revisión sistemática.
Autoría
L.C.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.C.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
12.02.2025 10:00
12.02.2025 10:00
Resumo
Introdución. Actualmente, o cambio climático (CC) é una das maiores ameazas ás que se enfronta a humanidade, declarándose problema de primeiro nivel na axenda sanitaria mundial. A correcta formación dos profesionais da saúde, en concreto de enfermaría, axudará a que desempeñen un papel activo na loita contra os efectos e complicacións do CC. Obxectivos. O obxectivo principal deste estudio é amosar áreas de mellora na formación académica do alumnado de enfermaría fronte o CC. Método. Se realizou unha revisión sistemática de artigos científicos sobre o CC dende a perspectiva do alumnado de enfermaría en proceso de formación, abordando aspectos relacionados cos seus coñecementos, conciencia y actitudes. Os artigos revisados inclúen ensaios clínicos, revisións sistemáticas, estudios de casos e controis, cohortes, estudios transversais e cualitativos publicados na década entre 2014 e 2024 que valorasen o cambio no currículo de enfermaría. Resultados. Se incluíron un total de 14 artigos. Os resultados amosan un nivel de perspectiva e conciencia moderados nas distintas universidades enquisa. Se encontraron diversas limitacións á hora de aplicar a sustentabilidade durante a práctica clínica. Se evidencia a necesidade de incidir na preparación dos alumnos de enfermaría para enfrontarse aos futuros desafíos na saúde pública. Conclusións. A perspectiva do alumnado de enfermaría fronte ao CC, aínda que insuficiente, valida a necesidade de mellorar a súa formación baseada na capacitación en saúde ambiental e CC. Se recomenda reestruturar o currículo, o que aportará beneficios á hora de afrontar as consecuencias en saúde e reducir a pegada ambiental.

SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
SALGADO BARREIRA, ANGEL (Titoría)
Tribunal
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
Proxecto para a implementación e avaliación do diario UCI nunha Unidade Crítica Pediátrica
Autoría
N.C.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.C.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. A hospitalización na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP) pode xerar secuelas ao paciente e a súa familia. Coñécense como “síndrome post-coidados intensivos pediátricos” e afectan a súa calidade de vida e prognóstico. Entre as estratexias propostas para a súa prevención atópanse os diarios de UCI, unha intervención non farmacolóxica e liderada por enfermeiras, capaz de reducir as secuelas emocionais. O seu uso no ámbito pediátrico continúa a ser limitado e pouco explorado. Obxectivos. Implementar e avaliar, desde unha perspectiva cualitativa, un diario dixital UCI na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. A avaliación buscará explorar as percepcións de pacientes, familiares e enfermeiras tras a experiencia do uso do diario e identificar os seus beneficios e limitacións. Material e métodos. Implementaranse os diarios tras unha formación previa ao persoal de enfermaría. Entregarase ao ingreso, e formarase aos pacientes e ás súas familias, fomentando o seu uso mentres permanezan na unidade. Para a avaliación da experiencia empregarase un enfoque cualitativo fenomenolóxico. O mostreo será por conveniencia. A recollida de datos realizarase mediante entrevistas a pacientes, familiares e enfermeiras da unidade. A análise dos datos levarase a cabo mediante análise temática, seguindo as fases propostas por Taylor e Bodgan. Resultados esperados. Agárdase que o diario UCIP sexa percibido como unha ferramenta útil para mellorar a comunicación e o apoio emocional, tanto para as familias como para o equipo sanitario. A análise cualitativa permitirá identificar facilitadores, barreiras e recomendacións para a súa integración sostible na práctica clínica.

Uso de programas interactivos en espirometrías pediátricas: impacto na comprensión, cooperación e calidade dos resultados
Autoría
U.C.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
U.C.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Os trastornos respiratorios son unha causa frecuente de morbilidad infantil e a espirometría é clave para o seu diagnóstico e seguimento. A pesar disto o seu uso está limitado en nenos menores de 10 anos xa que require unha alta comprensión e cooperación. SpiroGame, un programa informático interactivo, podería mellorar a comprensión, motivación e calidade das probas en nenos mediante xogos visuais e feedback. Este estudio analiza a súa efectividade fronte ao protocolo estándar, valorando se mellora a colaboración, comprensión e resultados das espirometrías en idades tempranas. Obxectivos: Obxectivo xeral: Estudar os beneficios do uso do programa informático interactivo á hora de realizar espirometrías en nenos fronte ao protocolo estándar Obxectivos específicos: Evaluar o impacto do programa informático interactivo na comprensión da técnica e cooperación dos nenos durante a realización da prueba Comparar a precisión e fiabilidade dos resultados obtenidos en espirometrías realizadas co programa interactivo e co protocolo estándar. Estudar se o sexo influe na calidade dos resultados Estudar en que rangos de idade se melloran os resultados Métodos: Realizarase un estudo experimental con dous grupos independentes: un seguirá o protocolo estándar de espirometría e o outro utilizará o software interactivo SpiroGame. Recrutaranse nenos de 3 a 10 anos, divididos por idade (3 a 6 e 7a 10 anos) e sexo, cunha mostra de 100 participantes por grupo. Avaliarase a calidade da espirometría, a comprensión e a cooperación dos participantes. Os datos recolleranse mediante cuestionarios. Resultados: espérase que o uso de SpiroGame na espirometría pediátrica mellore a cooperación, a comprensión e o rendemento da proba cunha menor taxa de rexeitamento e unha mellor calidade das manobras respiratorias. Tamén se esperan mellores resultados en nenos de 3 a 6 anos, mentres que os nenos maiores poden non beneficiarse tanto das distraccións asociadas ao xogo.

Consecuencias e coidados da dehiscencia de anastomosis en pacientes con carcinomatosis peritoneal sometidos a peritonectomía e ingresados na UCI
Autoría
A.C.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.C.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Este estudo aborda as consecuencias e coidados da dehiscencia de anastomosis en pacientes con carcinomatosis peritoneal sometidos a peritonectomía e ingresados na UCI. A introdución contextualiza o cáncer como unha das principais causas de mortalidade, destacando a carcinomatosis peritoneal, complicación avanzada de algúns cánceres abdominais. Estes pacientes son sometidos a ciruxía citorreductora e quimioterapia intraperitoneal hipertérmica (HIPEC). Procedimentos que implican alto risco postoperatorio. O obxetivo xeral foi identificar os coidados de enfermaría relacionados coa dehiscencia de anastomosis tras a ciruxía, e coñecer as complicacioóns máis frecuentes e a súa morbimortalidade. Para isto realizouse unha revisión sistemática segundo a guía PRISMA, utilizando bases de datos como PubMed, CINAHL, Clinical Trial e outras. Aplicáronse criterios de inclusión como estudos en adultos dende 2010 ata a actualidade, e nos idiomas inglés, español e portugués. Os resultados indican que a morbilidade postoperatoria varía entre os estudos, oscilando entre o 0’64% e o 41%. As complicacións máis frecuentes foron sepsis, fístulas, abscesos intraabdominais, fallo multiorgánico e necesidade de reintervencións. Entre os cuidados destacan: vixilancia hemodinámica, control de drenaxes e feridas, manejo del dolor, apoyo nutricional y emocional, fisioterapia, y educación para a saúde, especialmente en casos con ostomías. Na discusión confírmase que factores como a idade, o tipo de ciruxía e intervención previa inflúen na morbilidade. A maioría dos estudos mostran limitacións como mostras pequenas e ausencia de seguimento a longo prazo. Finalmente, concluése que a atención individualizada, basada nunha valoración integral do paciente, é esencial para mellorar os resultados postoperatorios.

Vidal Martínez, Sandra (Titoría)
Vidal Martínez, Sandra (Titoría)
Tribunal
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
VILLAR CHEDA, MARIA BEGOÑA (Presidente/a)
REY BRETAL, DAVID (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)
Intervenciones de enfermería basadas en el tratamiento no farmacológico de la depresión mayor o distimia. Una revisión sistemática.
Autoría
S.C.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.C.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introducción: la depresión es un trastorno caracterizado por un conjunto de síntomas afectivos, cognitivos y somáticos. En el año 2023 el 3,8% de la población mundial sufría depresión, y se estima que en el 2030 será una de las tres primeras causas de enfermedad y discapacidad. Su tratamiento es complejo debido a la estigmatización, la desinformación y la falta de conciencia, lo que dificulta su diagnóstico y tratamiento. Objetivos: explorar los principales tratamientos no farmacológicos aplicados a la depresión mayor o a la distimia, identificar los principales tratamientos e intervenciones de enfermería no farmacológicas en los cuidados de pacientes con depresión. Metodología: se realizó una búsqueda sistemática tipo Prisma en las bases de datos PubMed, ApaPyscInfo y Cochrane entre 11/2024 y 04/2025, utilizando una ecuación de búsqueda con las palabras clave Chronic Depression, Treatment y Therapy. Resultados: se incluyeron un total de 15 artículos, que demostraron la gran variedad de tratamientos no farmacológicos disponibles, siendo los más destacados el Sistema de Análisis Cognitivo Conductual de Psicoterapia, porque está especialmente diseñado para la depresión crónica, trabajando la relación interpersonal y mejorando la calidad de vida; la Psicoterapia Breve de Apoyo, mediante la escucha activa genera una alianza terapéutica; la Terapia Cognitiva Basada en la Atención Plena, que combina técnicas de relajación con terapia cognitiva disminuyendo la rumiación; y la Terapia de Esquemas, trabajando en los esquemas disfuncionales profundos. Conclusión: los tratamientos no farmacológicos, como el Sistema de Análisis Cognitivo Conductual, la Psicoterapia Breve de Apoyo, la Terapia Cognitiva Basada en la Atención Plena y la Terapia de Esquemas, son efectivos para la depresión mayor y la distimia. Las intervenciones de enfermería se centran en fomentar la alianza terapéutica y adaptar las estrategias a las necesidades del paciente, destacando su papel esencial en el cuidado integral.

PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Titoría)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Titoría)
Tribunal
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)

Influenza do acoso escolar na aparición de condutas autolesivas en adolescentes.
Autoría
A.V.D.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.V.D.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As conductas autolesivas considéranse un grave problema de saúde pública que obtivo unha maior visibilidade durante o transcurso dos últimos anos. A adolescencia caracterízase por ser unha etapa de maior vulnerabilidade debido a todos os cambios, tanto físicos, como psicolóxicos que se producen. O manexo desta situación, tanto no momento de acoso, coma no que se manifestan as autolesións é fundamental para frear esta situación que, en moitas ocasións, desecadea consecuencias máis graves, como síntomas depresivos ou condutas suicidas. Obxectivo: O obxectivo do presente traballo é coñecer a relación entre o acoso escolar e a aparición de condutas autolesivas, así como identificar os factores protectores e de risco que inflúen na aparición destas condutas en adolescentes vítimas de acoso escolar. Material e método: Esta revisión bibliográfica realizouse mediante una busca nas bases de datos PubMed, Scopus e Web of Science, seguindo as directrices PRISMA. Resultados: Para a revisión seleccionáronse un total de 11 artigos, a partir dos cales se identificou unha clara asociación entre a implicación nas diversas situacións que inclúen acoso escolar e a posterior aparición de condutas autolesivas. Ademais, determináronse os factores protectores e de risco, sendo o apoio parental e a depresión, respectivamente, os máis significativos. Conclusións: A prevalenza das autolesións tende a diminuír a medida que diminúe o acoso escolar, polo que é fundamental implementar medias de prevención do acoso no ámbito escolar e promover unha detección precoz para enfrontar este problema dende as súas fases iniciais.

Agresións sexuais facilitadas por drogas en población universitaria galega: repercusións na esfera mental e prevalencia do sexting
Autoría
A.D.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.D.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A sexualidade é unha dimensión clave no desenvolvemento humano, presente ao longo de toda a vida. As agresións sexuais facilitadas por drogas (DFSA) e o sexting son un emerxente problema de saúde pública, que repercute na saúde mental das vítimas. Obxectivo: Explorar a violencia sexual no ámbito universitario galego, centrando a atención na sumisión química, dinámicas coercitivas, educación afectivo-sexual e as súas consecuencias no benestar psicolóxico das vítimas. Métodos: Estudo observacional, descriptivo de corte transversal sobre as DFSA en estudantes de grao do Sistema Universitario de Galicia, cunha mostra de 1774 universitarios con idades comprendidas entre 18-35 anos. Utilizouse un cuestionario ad hoc para a recollida de datos, no que se incluíron escalas validadas. Resultados: O 16% da mostra manifestou ser vítima de DFSA. No contexto de vulnerabilidade química, a substancia máis consumida é o alcohol. Todas as persoas que manifestaron ser vítimas, que se atopaban baixo os efectos do alcohol e/ou outras drogas, sufriron aproveitamentos sexuais. Un 73,8% dos encuestados recibiu mensaxes de contido erótico ou sexual, frente ao 41,3% que recoñece envialos. As vítimas mostran niveis máis baixos de benestar psicolóxico, niveis máis altos de síntomas depresivos e de ideación suicida, así como unha peor percepción de satisfacción de vida. Conclusión: Un 16% do alumnado universitario galego afirma sufrir DFSA, principalmente mulleres, sendo o alcohol a substancia máis consumida. A prevalencia de sexting pasivo e os casos de chantaxe sexual reflexan unha preocupante falta de educación afectivo-sexual. As vítimas presentan peor saúde mental e indicadores elevados de malestar psicolóxico.

Modelos de triaxe extrahospitalario en incidentes de múltiples vítimas.
Autoría
I.D.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
I.D.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Os Incidentes de Múltiples Vítimas (IMV) son situacións nas que a demanda de atención supera os recursos dispoñibles. O triaxe extrahospitalario permite clasificar ás vítimas segundo a súa gravidade e priorizar a súa atención, estabilización e evacuación. Este traballo analiza os principais modelos de triaxe prehospitalario en IMV, subliñando o papel da enfermería na súa aplicación. Realizouse unha revisión sistemática seguindo a guía PRISMA. Consultáronse as bases de datos PubMed, Dialnet, Scielo e Google Scholar, seleccionando artigos publicados entre 2015 e 2025. Aplicáronse criterios de inclusión/exclusión específicos, resultando finalmente 20 estudos relevantes para a súa análise. Identificáronse dous tipos de triaxe: básico (START, SHORT, CareFlight, SIEVE), de rápida aplicación e sen necesidade de formación especializada; e avanzado (META, Homebush, SACCO), máis complexo, dirixido por persoal sanitario con formación específica. O método META demostrou mellores tempos de evacuación e adecuación do tratamento respecto a START. O uso de tarxetas de triaxe e a correcta sectorización do escenario resultan clave para unha intervención eficiente. Os métodos básicos son útiles en eventos de menor magnitude; os avanzados, como META, son máis eficaces en catástrofes complexas. A elección do método debe axustarse ao contexto, número de vítimas e recursos dispoñibles. A enfermería xoga un papel decisivo na clasificación e liderado operativo, sendo fundamental a súa formación continua. Non existe un modelo universalmente superior: cada un ten vantaxes de acordo ao escenario. A capacitación do persoal de enfermería e a estandarización de protocolos son esenciais para mellorar a resposta ante IMV, promovendo unha actuación eficaz, coordinada e baseada en evidencia.

Asociación entre cannabis e esquizofrenia: revisión sistemática
Autoría
N.E.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.E.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A esquizofrenia é un trastorno mental crónico e grave, caracterizado pola presenza de síntomas como delirios, alucinacións e alteracións do pensamento, provocando un deterioro significativo na calidade de vida de quen a padece. Obxectivos: A presente revisión sistemática ten como obxectivo analizar a relación entre o consumo de cannabis e o risco de desenvolver esquizofrenia, así como a asociación entre o trastorno psicótico inducido por cannabis e a enfermidade, ademais de avaliar a influencia do xénero, da idade de inicio e da frecuencia de consumo na aparición da esquizofrenia. Metodoloxía: Levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura nas bases de datos electrónicas biomédicas PubMed, Scopus e Web of Science, seguindo as directrices PRISMA. Resultados: Seleccionáronse nove estudos tras cumprir os criterios de inclusión. Todos os artigos revisados coinciden de xeito unánime no aumento do risco de desenvolver esquizofrenia tras o consumo de cannabis, variando segundo factores como o xénero, a idade de inicio, e a frecuencia de consumo, pero mantendo en todo caso unha asociación significativa. Tamén se observou un risco elevado de evolución cara a enfermidade tras un trastorno psicótico inducido por cannabis. Conclusións: É evidente a necesidade de levar a cabo estratexias de concienciación, dado o risco que implica o consumo, dirixidas especialmente aos grupos de risco, antes de chegar ás idades de inicio de consumo, ou de desenvolver a enfermidade.

Evaluación da influencia dos coidados de enfermaría na vida das persoas que sofren síndrome coronario agudo
Autoría
A.F.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.F.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O Síndrome Coronario Agudo (SCA) considérase un dos problemas clínicos máis importantes a nivel mundial debido á súa incidencia e ao impacto na vida dos pacientes. Debido a esto, resulta fundamental coñecer como inflúen os coidados de enfermaría na vida destes para poder ofrecer a mellor actuación posible, basada na evidencia científica disponible. Obxectivos: O obxectivo principal deste traballo foi avaliar a influencia dos coidados de enfermaría na evolución clínica de pacientes con SCA. Como obxectivos secundarios encontráronse: identificar as intervencións de enfermaría máis frecuentes realizadas en pacientes con SCA, avaliar a efectividade da adherencia ao tratamento en pacientes con SCA, dende o punto de vista do persoal de enfermería e analizar o impacto social e psicolóxico que pode provocar esta patoloxía no estilo de vida dos pacientes. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica de artigos seleccionados a partir da busca de información sobre o SCA en seis bases de datos de investigación científica (PubMed, CINAHL, Cochrane Library, Scopus, Web of Science e Dialnet Plus). Tras a busca, seleccionáronse 15 artigos mediante un proceso de cribado seguindo a metodoloxía PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). Resultados: As intervencións de enfermaría relacionadas coa educación para a saúde foron as máis importantes na influencia dos coidados. Ademáis, o impacto social e psicolóxico conectado coa adherencia ó tratamento resultou esencial na calidade de vida dos pacientes que sufriron SCA. Conclusión: Os coidados de enfermaría son esenciais na vida dos pacientes que sofren SCA tanto a nivel hospitalario como extrahospitalaria, onde a actuación enfermeira rápida e precoz mellora considerablemente a calidade de vida e o prognóstico da patoloxía

RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Titoría)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Titoría)
Tribunal
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Revisión sobre a estratexia TIME no abordaxe das feridas crónicas.
Autoría
D.F.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
D.F.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As feridas supoñen un importante desafío clínico e emocional para os pacientes, debido á súa lenta cicatrización e ao risco de complicacións. A diferenza das feridas agudas, as crónicas non conseguen restaurar a integridade da pel. O proceso de cicatrización vese favorecido cando mediante una boa avaliación, somos quen de aplicar o tratamento axeitado ao estado no que se atope a ferida. A evidencia actual avala a cura en ambiente húmido (CAH) como una estratexia eficaz para favorecer a reparación tisular, guiada través da estratexia TIME (tecido, inflamación/ infección, humidade e bordos) Obxetivos: O obxetivo xeral foi revisar a literatura científica sobre o abordaxe das feridas crónicas utilizando a estratexia TIME. Os obxetivos específicos incluiron demostrar como a humidad controlada mellora a cicatricación e valorar o papel do persoal de enfermería na aplicación de cura en ambiente húmido. Metodoloxía: Realizouse una revisión bibliográfica consultando diferentes bases de datos como PubMed, SCOPUS, Dialnet, e CINAHL. Dos 1040 artigos atopados selecionáronse 13. Resultados: Identificáronse estudos que apoiaban o modelo TIME como marco clínico estruturado para a valoración e tratamento das feridas. As intervención baseadas na cura en ambiente húmido melloraron os tempos de cicatrización, reducindo as infeccións e facilitaron o uso racional dos apósitos. As ferramentas informáticas e a formación do persoal de enfermería aumentaron a efectividad e a eficiencia do tratamento. Conclusións: O enfoque TIME como modelo utilizado para o abordaxe da ferida crónica representa unha estratexia efectiva. Baseada na evidencia e centrada no paciente. A preparación do leito da ferida mellora os resultados clínicos facendo que os tempos de cicatrización sexan menores. A implementación estandarizada desta estratexia é clave para mellorar a calidade dos coidados, reducir custos e fomentar una atención sanitaria máis eficiente.

FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Aprendizaxe da chamada de emerxencia en escolares: Formación mediante simulación
Autoría
M.F.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.F.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
O paro cardiorrespiratorio (PCR) é o cese brusco e potencialmente reversible da actividade do corazón. En España causa entre 10.000 e 15.000 mortes anuais, sendo o máis habitual que se produzan fóra do recinto hospitalario e cuxa testemuña máis habitual é un familiar. O PCR é tempo dependente e a supervivencia vese moi influenciada en función do tempo que se tarden en poñer en marcha os servizos de emerxencia, encargados de proporcionar o Soporte Vital Avanzado (SVA). Ademais, é fundamental a educación cidadá en Soporte Vital Básico (SVB) que permita realizar Reanimación Cardiopulmonar (RCP) coa máxima rapidez. Esta formación é máis útil en escolares pola consolidación dos coñecementos a longo prazo e debe realizarse polo profesorado por mostrar unha transferencia de competencias máis efectiva. A cadea de supervivencia comeza coa chamada a emerxencias, para a cal é necesario recoñecer a situación e proporcionar unha serie de datos, accións que poden ser complicadas en nenas e nenos e cuxa educación non está regulada en todos os países. Os obxectivos do traballo son: avaliar as habilidades para realizar a chamada a emerxencias nun grupo de escolares; comparar as habilidades entre estudantes de primaria e secundaria, por medio dun estudo cuasi-experimental multicéntrico levado a cabo en centros concertados galegos ao longo de tres anos no que se avaliaron de forma dicotómica (SI/NON) unha serie de variables mediante unha proba práctica.

JORGE SOTO, CRISTINA (Titoría)
JORGE SOTO, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
Síndrome de Brugada: Importancia do diagnóstico e tratamento.
Autoría
M.G.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.G.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
A síndrome de Brugada (SB) é unha canalopatía hereditaria que predispón a arritmias ventriculares potencialmente mortais, especialmente en persoas novas sen cardiopatía estrutural evidente. Relaciónase principalmente con mutacións no xene SCN5A, aínda que outros xenes tamén poden estar implicados. O diagnóstico baséase no achado electrocardiográfico dun patrón tipo I, caracterizado por unha elevación do segmento ST maior a 2 mm con morfoloxía descendente nas derivacións V1 a V3, considerado diagnóstico definitivo. Este patrón pode non manifestarse de forma espontánea, polo que se empregan probas farmacolóxicas con bloqueadores dos canais de sodio para a súa detección. Para abordar estes aspectos, realizouse unha revisión bibliográfica utilizando bases como PubMed, SciELO, AHA Journals e a Sociedade Española de Cardioloxía, seleccionando 13 artigos entre 2004 e 2024 en inglés e castelán que tratasen a fisiopatoloxía, diagnóstico e tratamento da síndrome de Brugada. Excluíronse estudos sen metodoloxía claramente definida. Os estudos analizados coinciden en que a ajmalina ten unha sensibilidade superior (aproximadamente 80%) para inducir o patrón tipo I, posicionándoa como o fármaco diagnóstico máis eficaz. Aínda que a flecainida presenta menor sensibilidade, segue sendo útil cando a ajmalina non está dispoñible. Ambos fármacos amosan un baixo risco de inducir arritmias se se administran baixo monitorización nun ambiente hospitalario. En canto ao tratamento, destacan varias estratexias terapéuticas: o desfibrilador automático implantable (DAI) en pacientes con antecedentes de síncope inexplicado, fibrilación ventricular ou morte súbita abortada; a quinidina, que estabiliza o potencial de acción ao inhibir a corrente de saída de potasio (Ito); e a ablación epicárdica do tracto de saída do ventrículo dereito (RVOT). Tamén se recomenda evitar fármacos proarrítmicos, a febre non controlada e outros factores desencadeantes de arritmias. En resumo, un diagnóstico preciso mediante probas farmacolóxicas e un tratamento individualizado ao paciente son fundamentais para mellorar o prognóstico en persoas con síndrome de Brugada.

Factores determinantes no desenvolvemento da competencia motriz de nenos e nenas de Galicia
Autoría
L.G.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.G.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Realizar actividade física regularmente é fundamental para levar a cabo con destreza actividades motrices, que establecen a base para un estilo de vida activo e saudable. Non obstante, na actualidade, non se están alcanzando os mínimos requiridos, o que pon de manifesto un aumento considerable da inactividade física e do sedentarismo. Isto repercute negativamente no desenvolvemento motor na infancia e en etapas posteriores, xa que as actitudes que se adquiren sendo nenos/as tenden a manterse no resto da vida. Outros factores a considerar son os sociais e contextuais, pouco estudados e importantes na alfabetización motriz. Obxectivo: Determinar os factores biolóxicos, sociais e contextuais que inflúen no desenvolvemento das habilidades motrices básicas locomotrices en nenos e nenas de 6 a 12 anos de Galicia. Metodoloxía: Estudo observacional correlacional que avaliou a competencia motriz de 502 nenos e nenas de 6 a 12 anos pertencentes á etapa primaria e sen impedimentos físicos, os cales realizaron dez habilidades locomotrices (como carreira, salto cun pé, desprazamento lateral) e cuxos pais, nais ou titores legais cubriron un cuestionario sobre datos sociodemográficos e práctica deportiva do/a menor. Analizouse a relación da competencia motriz coas variables sociodemográficas mediante unha regresión lineal múltiple. Resultados: As habilidades locomotrices asociáronse de xeito positivo e significativo coa idade (t=16,755; p menor ca 0,001) e a práctica de actividade física regular (t=4,086; p menor ca 0,001), e negativamente co índice de masa corporal (t=-7,175; p menor ca 0,001). A habilidade na que os participantes demostraron maior competencia foi o desprazamento lateral, mentres que no de cambio de dirección obtiveron peores puntuacións. Conclusións: A competencia motriz na infancia está influenciada pola idade, o índice de masa corporal e a práctica deportiva habitual, relacionadas co ámbito individual dos nenos/as. Estes achados apoian a adquisición de hábitos saudables que permitan a mellora das habilidades locomotrices e o seu mantemento no tempo.

Abelairas Gómez, Cristian Cotitoría
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
Materiais didácticos innovadores para a formacion a escolares no uso do desfibrilador externo semiautomático
Autoría
C.G.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.G.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A parada cardiorrespiratoria require intervención inmediata mediante manobras de Soporte Vital Básico, que inclúen a reanimación cardiopulmonar (RCP) e o uso temperán do desfibrilador externo semiautomático (DESA). Os escolares son unha poboación diana para recibir este ensino desde etapas temperás. Con todo, detectouse falta de evidencia sobre cal é a metodoloxía máis adecuada ou se o uso de materiais adaptados ao desenvolvemento cognitivo dos nenos/as poderían ser máis beneficiosos. Obxectivo: Comparar a efectividade da formación tradicional no uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA) fronte ao uso de materiais didácticos innovadores en escolares de 8 a 12 anos. Metodoloxía: Estudo cuasi-experimental no que participaron 282 nenos/as (8-12 anos) que foron asignados aleatoriamente a un dos grupos: control (formación tradicional), experimental-1 (DESA-Cube: crebacabezas mecánico tridimensional) e experimental-2 (DESA-Vídeo: vídeo guiado). A formación consistiu nunha sesión teórico-practica de 100 minutos impartida polo profesorado de cada centro e na avaliación medíronse os pasos recomendados para o uso do DESA. Resultados: Más do 80% dos participantes realizaron correctamente a maioría dos pasos recomendados para o uso do DESA, independentemente da formación recibida. Con todo, algunhas destrezas presentaron erros repetidos entre os escolares como realizar unha descarga segura ou a correcta colocación dos parches. A variable “Iniciar RCP inmediatamente” mostrou diferenzas estatisticamente significativas (p menor 0.001) entre os grupos: o grupo DESA-Vídeo obtivo un mellor desempeño, seguido do grupo de formación tradicional e por último DESA-Cube. Conclusións: Os resultados suxiren que o uso de materiais innovadores e didácticos adaptados ao desenvolvemento cognitivo dos escolares poden empregarse como alternativas viables e efectivas á formación tradicional para o correcto uso do DESA. Con todo, nalgunhas manobras, os tres grupos presentaron erros que deberían ser considerados e reforzados en futuras formacións.

CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Agra Tuñas, María del Carmen (Presidente/a)
ANTELO IGLESIAS, LUCIA (Secretario/a)
LAMA LOPEZ, RAQUEL (Vogal)
Estándares de desenvolvemento da competencia motriz na poboación infantil galega
Autoría
L.G.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.G.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A actividade física é fundamental para o benestar físico, mental e social, especialmente durante a infancia. Porén, as taxas actuais de inactividade e sedentarismo infantil son preocupantes e están relacionadas cun desenvolvemento insuficiente das habilidades motrices básicas (HMB). Estas habilidades son clave para favorecer estilos de vida saudables ao longo da vida. Neste contexto, a falta de estándares que definan unha competencia motriz normativa dificulta a detección temperá de posibles atrasos. Obxectivos: Analizar o desenvolvemento das HMB de nenos/as de Galicia entre 6 e 12 anos co fin de estandarizar os valores normativos de desenvolvemento da competencia motriz. Material e métodos: Estudo observacional no que 437 nenos/as galegos/as de entre 6 e 12 anos participaron na avaliación de 21 HMB. As habilidades foron avaliadas por tres avaliadores adestrados empregando a aplicación Alfamov, que permite unha valoración sistemática da competencia motriz. Calculáronse as puntuacións obtidas polos nenos/as en cada habilidade tendo en conta o ciclo educativo e o sexo e analizáronse as diferenzas entre eles empregando as probas non paramétricas Kruskall-Wallis ou U de Mann Whitney, segundo correspondese. Resultados: Observouse unha mellora progresiva nas HMB a medida que aumenta a idade. As nenas destacaron nas habilidades de estabilidade (Me=30,0 (26,0 a 34,0) vs Me=27,0 (22,0 a 31,0) puntos; p menor que 0.001), mentres que os nenos obtiveron mellores resultados nas manipulativas (Me=43,0 (37,0 a 47,0) vs Me=35,0 (30.0 a 40.0) puntos en nenas p menor que 0.001). As diferenzas por sexo foron máis evidentes no segundo ciclo educativo. Conclusións: Observouse un desenvolvemento progresivo das HMB co avance da idade, con mellores resultados nas habilidades manipulativas nos nenos e de estabilidade nas nenas. As primeiras habilidades adquiridas foron correr ou a recepcinar, mentres que se identificaron habilidades máis complexas coma o bateo que tardaron en desenvolverse. Os achados permiten orientar a avaliación da competencia motriz e detectar posibles atrasos no seu desenvolvemento.

Impacto do exercicio físico no embarazo: beneficios do adestramento de forza en comparación con outros tipos de exercicio e un estilo de vida inactivo. Unha revisión sistemática.
Autoría
L.G.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.G.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A actividade física durante o embarazo é importante tanto para a saúde materna como do recén nacido. As directrices internacionais recomendan para embarazadas polo menos 150 minutos de actividade de intensidade moderada á semana. Porén, detectouse falta de evidencia sobre os beneficios do exercicio de forza fronte a outros tipos de adestramento. Obxectivo: Identificar, sintetizar e avaliar os estudos que analicen cómo inflúe o exercicio de forza durante o embarazo na saúde materna e neonatal en comparación con outros tipos exercicios ou a non realización de exercicio físico. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática na cal se recuperou literatura das bases de datos de Web of Science, SportDiscus, MEDLINE e CINAHL, ata febreiro de 2025. Foron recompilados ensaios clínicos e estudos observacionais publicados en inglés e en español que avaliaron o adestramento de forza durante o embarazo. Os criterios de inclusión requirían que as participantes realizasen adestramento de forza, en comparación con outros tipos de exercicio ou a inactividade. Excluíronse os estudos que só abordaban o adestramento de forzas sen comparacións e aquees cuxa mostra incluía mulleres con algunha patoloxía. Resultados: Incluíronse nove estudos cun total de 36.768 mulleres. Os resultados mostran que o adestramento de forza durante a xestación resulta seguro e pode comportar unha serie de beneficios como o mellor control do peso corporal e a diminución da presión arterial na nai e melloras no metabolismo neonatal. Conclusións: O adestramento de forza durante o embarazo mostra ser seguro e pode implicar beneficios fisiolóxicos e metabólicos para a nai e o fillo. Non obstante, a falta de evidencia científica impide realizar afirmacións categóricas, polo que se necesitan máis estudos.

Impacto del estrés laboral en la salud mental del personal de enfermería
Autoría
A.G.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.G.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introducción: El estrés laboral se considera una respuesta natural de origen endógeno ante las demandas que superan nuestras capacidades. En el ámbito sanitario, especialmente en enfermería, esto puede conllevar un problema crítico. Factores como la sobrecarga de trabajo, la presión emocional, la falta de reconocimiento y una constante exposición al sufrimiento humano, repercute drásticamente en el aumento del desarrollo de trastornos derivados del estrés como son la ansiedad, depresión y burnout. Debido a las fuertes consecuencias tanto individuales como institucionales, se deben establecer e implementar medidas de prevención y apoyo para la mejora del personal de enfermería. Objetivos: Evaluar las repercusiones del estrés laboral en la salud mental del personal de enfermería. Metodología: Se realizó una revisión sistemática a partir de los artículos seleccionados en las bases de datos Pubmed, Scielo y Cochrane Library. Tras aplicar los criterios de inclusión y exclusión se seleccionaron los artículos que mejor se ajustaron a los objetivos a evaluar. Resultados: Se incluyeron un total de 13 artículos, de entre todas las bases de datos, abarcando revisiones sistemáticas y bibliográficas, estudios transversales y longitudinales. Conclusión: Se evidencia el fuerte impacto multifactorial del estrés y burnout en el personal de enfermería, afectando tanto a su bienestar como a su calidad asistencial. Factores individuales como un escaso autocuidado, junto con elementos organizacionales como la sobrecarga laboral, los turnos prolongados y sobre todo tras la pandemia del Covid-19 , se ve intensificado y agravado este desgaste. Se identificaron varias intervenciones beneficiosas que, aunque estén limitadas si se aplican aisladas, ayudan a controlar ciertos los factores estresantes.

GANDOY CREGO, MANUEL (Titoría)
GANDOY CREGO, MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Presidente/a)
YAÑEZ JATO, MATILDE (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA (Vogal)
Impacto dun programa formativo de 3 anos sobre a execución da posición lateral de seguridade en escolares de educación primaria
Autoría
M.G.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.G.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A Posición Lateral de Seguridade (PLS) é unha técnica que se emprega en situacións de emerxencia, cando a vítima está consciente pero respira con normalidade. Consiste en colocar á vítima de lado, de forma estable e abrindo a vía aérea. Dada a súa importancia, é fundamental que a poboación xeral aprenda a realizar esta técnica. O momento idóneo para o seu adestramento é na etapa escolar. Co fin de valorar a efectividade dun sistema estandarizado para o adestramento na PLS realizouse un seguimento dun grupo de escolares durante tres anos. Obxectivos: Avaliar a efectividade dun programa educativo dirixido a escolares de 4º e 5º de primaria para realizar a Posición Lateral de Seguridade e o seu seguimento durante 3 anos. Metodoloxía: Estudo cuasiexperimental non aleatorizado e sen grupo control. Formouse ao profesorado de educación física, que posteriormente adestrou ao alumnado ao longo dos tres anos seguintes. O equipo formador foi o encargado de avaliar ao alumnado. Resultados: O total da mostra no primeiro ano foi de 194 participantes, no segundo de 193 e no terceiro de 138. Tras tres anos de adestramento observouse unha mellora na execución de cinco das variables analizadas, agás na variable “Fronte barbilla” (P6), que sufriu unha regresión no terceiro ano. En cambio, a variable “Coloca en PLS” (P1) pasou dun 90,7% de execución correcta a un 97,1%. A “Posición da perna máis afastada” (P4) mellorou dun 67% a un 84,1% e a “Posición da perna máis próxima” (P5) dun 69,6% a un 83,3%. Conclusións: O adestramento na PLS é fundamental para a poboación xeral. Seguir unha metodoloxía na que se introduza o contido de forma secuencial e se reforcen as habilidades periodicamente mediante práctica e actividades complementarias resulta altamente efectivo.

Análise do manexo do Trastorno de Identidade Disociativo: Intervención enfermeira e coidados integrais
Autoría
A.H.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.H.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O Trastorno de Identidade Disociativo (TID) presenta un impacto significativo na vida diaria de quen o padece, afectando a áreas como a cognición, as emocións, a conduta, a memoria e a percepción. Aínda que a súa prevalencia é baixa, amosa ter unha forte asociación co trauma infantil. O seu diagnóstico é complexo debido á superposición sintomática con outros trastornos, dando como resultado a diagnósticos erróneos. Actualmente, existen ferramentas diagnósticas e abordaxes terapéuticas que permiten unha atención máis integral das súas necesidades. Obxectivos: O obxectivo principal consiste en comprender a dinámica do TID a través da análise das súas manifestacións físicas e psicolóxicas nas distintas identidades que conforman o trastorno. Como obxectivos secundarios exponse identificar os principais desafios diagnósticos e terapéuticos que enfrontan aos profesionais de saúde mental e explorar o papel do profesional de enfermería na atención de pacientes con TID, enfocándose en estratexias para identificar e manexar os síntomas asociados ás personalidades alternantes. Métodos: Levou a cabo unha revisión narrativa baseada na evidencia científica seguindo a metodoloxía PRISMA. A procura dos artigos realizouse a través das bases de datos: PubMed, SciELO e Web Of Science. Resultados: Os estudos revisados resaltan que, dependendo do alter que estea a liderar ao paciente, actívanse áreas cerebrais específicas ou se producen alteracións funcionais en distintas rexións do cerebro. Por iso, a sintomatoloxía fluctuante asociada aos cambios de personalidade dificulta o diagnóstico. Entre as intervencións terapéuticas dispoñibles, o persoal de enfermaría pode intervir identificando necesidades e planificando coidados adaptados. Conclusións: Debido á variedade de manifestacións psicolóxicas e físicas que presenta o TID, é fundamental unha abordaxe multidisciplinar. As competencias de enfermaría desempeñan un papel chave, contribuíndo tanto á detección temperá como ao seguimento e apoio integral dos pacientes.

REY BRETAL, DAVID (Titoría)
REY BRETAL, DAVID (Titoría)
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
PAZOS COUSELO, MARCOS (Vogal)

Prevalencia e efectos adversos do consumo de cigarros electrónicos entre mulleres embarazadas: revisión sistemática
Autoría
A.I.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.I.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O consumo de cigarros electrónicos entre a poboación xeral e entre as embarazadas aumentou considerablemente nos últimos anos debido á menor percepción de risco fronte ao tabaco convencional. En moitas ocasións, estes dispositivos son empregados como un método para o abandono do hábito tabáquico durante a xestación baixo unha menor percepción de risco para o feto. Pola contra, na actualidade, existen estudos que alertan sobre os efectos adversos que este consumo pode supoñer para a saúde materna e fetal. Obxectivos: Estimar a prevalencia do uso, exclusivo e dual, de cigarros electrónicos durante a xestación e coñecer os posibles efectos adversos sobre a xestante, o feto e o neonato. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática para a que se levou a cabo unha busca nas bases de datos PubMed, Scopus, WOS e Dialnet seguindo as normas PRISMA. Resultados: Identificáronse 343 estudos e 8 cumpriron criterios de inclusión. A prevalencia de uso exclusivo oscilou entre o 0,4% e o 1,3% e a de uso dual entre o 0% e o 3,5%. A asociación entre o consumo de cigarros electrónicos e efectos adversos para a xestación non resultou significativa nalgúns estudos, mentres que noutros sí que se asociou cun maior risco de parto pretérmino, menor tamaño fetal, menor perímetro cefálico ou baixo peso ao nacemento. Conclusións: A prevalencia de uso exclusivo de cigarros electrónicos durante a xestación é baixa, sendo en xeral máis elevada a de consumo dual. Os estudos revisados respecto aos riscos que pode supoñer este consumo son heteroxéneos; en varios, asóciase significativamente o uso de cigarros electrónicos con efectos como un menor peso ao nacemento. É necesaria máis investigación para comprender o verdadeiro alcance deste consumo e dos seus riscos.

Como se manteñen as habilidades en soporte vital básico en mozos atletas federados?
Autoría
M.J.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.J.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As paradas cardiorrespiratorias (PCR) extrahospitalarias requiren unha resposta inmediata mediante Soporte Vital Básico (SVB) para aumentar a supervivencia e minimizar as secuelas neurolóxicas das vítimas. Porén, a intervención de testemuñas segue a ser baixa. Iniciativas como Kids Save Lives fomentan a aprendizaxe do SVB desde a infancia. No ámbito deportivo, a formación da mocidade é especialmente importante debido ao maior risco de PCR. Obxectivo: Avaliar a retención e o deterioro dos coñecementos e habilidades en SVB en nenos/as deportistas nun período de seguimento de 5 meses. Metodoloxía: Participaron 69 atletas federados (de 6 a 18 anos) do club Fontes do Sar, divididos aleatoriamente en dous grupos: comparador e de avaliación intermedia. Ambos grupos recibiron a mesma formación teórico-práctica dunha hora e foron avaliados entre 1 e 7 días despois da formación (E1) e aos 5 meses (E3). O grupo de avaliación intermedia tamén foi avaliado aos 2,5 meses (E2). Resultados: Máis do 65% realizaron correctamente os pasos do SVB en E1, con erros comúns na comprobación da resposta ou na non hiperextensión do pescozo durante a apertura da vía aérea. Máis do 97% dos participantes de ambos grupos mostraron boa disposición para alertar a emerxencias e iniciar a reanimación cardiopulmonar (RCP). Porén, despois de 5 meses, o grupo con avaliación intermedia mantivo resultados significativamente mellores nalgúns pasos de SVB. Ademais, mostrou unha mellor calidade na RCP (p=0,016). Un número menor de participantes realizou a apertura da vía aérea na E3 en comparación coa E1 (p inferior a 0,001 no grupo comparador e p=0,035 no de avaliación intermedia) e na maniobra ver,oír e sentir no grupo comparador (p=0,006). Conclusión: As habilidades adquiridas de SVB e RCP tenden a diminuír co tempo se non se reforzan. Os resultados apoian a implementación de estratexias de formación continua e avaliacións periódicas, especialmente en contextos deportivos.

Factores de risco e protección relacionados coa saúde mental e o benestar dos profesionais de enfermaría
Autoría
L.L.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.L.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A saúde mental é esencial para o desenvolvemento dun correcto desempeño profesional e un benestar integral nos profesionais sanitarios. Os profesionais de enfermaría están frecuentemente expostos a condicións laborais que aumentan o risco de desenvolver trastornos de ansiedade, depresión, estrés e síndrome de burnout. Obxectivos: O obxectivo xeral deste Traballo de Fin de Grao é revisar a literatura científica para examinar os factores de risco e protección que inflúen na saúde mental e no benestar dos profesionais de enfermaría. Tamén se pretende identificar estratexias que favorezan o seu benestar e permitan crear contornos de traballo saudables. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica seguindo a metodoloxía PRISMA, empregando as bases de datos PubMed e Web of Science. Seleccionouse un total de 10 artigos publicados entre os anos 2020 e 2025, centrados especificamente en profesionais de enfermaría e aplicando os criterios de inclusión e exclusión correspondentes. Resultados: Os estudos seleccionados identificaron unha prevalencia elevada de sintomatoloxía depresiva, ansiosa e relacionada co estrés entre o persoal de enfermaría. Os factores de risco máis comúns foron: o xénero feminino, menor idade, a soidade, a mala calidade do sono, as malas condicións laborais, a exposición directa á COVID-19 e o maior medo ao contaxio. En contraste, os principais factores protectores foron: a resiliencia, o apoio social, a satisfacción laboral e trazos persoais como a extraversión e a autoeficacia. Conclusións:A saúde mental dos profesionais de enfermaría está determinada por factores individuais, organizativos e sociais. Ademais de mellorar as condicións laborais, é preciso aplicar un enfoque integral que se centre tamén nos recursos persoais, fomente as redes de apoio e promova cambios estruturais para acadar un contorno de traballo máis saudable para os profesionais sanitarios.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
PAZOS COUSELO, MARCOS (Vogal)
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
PAZOS COUSELO, MARCOS (Vogal)
A simulación clínica como metodoloxía docente no Grao en Enfermaría: avaliación da adquisición de competencias
Autoría
M.L.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.L.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A simulación clínica consolidouse como unha metodoloxía pedagóxica eficaz que permite ao estudantado replicar situacións reais en contornas seguras e controladas. Fundamentada na Teoría da Aprendizaxe Experiencial de Kolb, esta estratexia favorece a adquisición progresiva de competencias a través de experiencias guiadas, reflexión estruturada e retroalimentación constante. No ámbito da Enfermaría, a simulación permite ao alumnado desenvolver habilidades técnicas e comunicativas sen poñer en risco a seguridade dos pacientes. Este tipo de aprendizaxe pode clasificarse en cinco niveis segundo o modelo SimZones de Roussin, en función da complexidade e dos obxectivos formativos. O debriefing, como parte esencial do proceso, permite consolidar os coñecementos adquiridos e mellorar o desempeño clínico. A pesar dos evidentes beneficios, como o incremento da seguridade do paciente e a mellora do traballo en equipo, resulta imprescindible a formación específica do profesorado para guiar adecuadamente esta metodoloxía. Obxectivos: Analizar o nivel de competencia técnica do estudantado de primeiro curso do Grao en Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela mediante unha proba práctica posterior a un programa formativo baseado en simulación, así coma examinar a percepción do alumnado sobre a súa competencia e seguridade durante o proceso de avaliación. Metodoloxía: Levouse a cabo un estudo cuasiexperimental co obxectivo de avaliar a efectividade dun programa de formación baseado en simulación clínica, no que participaron alumnos e alumnas voluntarios/as de primeiro curso do Grao en Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela.

A educación afectivo sexual e as conductas sexuais de risco no alumnado da USC.
Autoría
S.M.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.M.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: As condutas sexuais de risco están en aumento entre a mocidade española, especialmente durante a adolescencia e etapa universitaria. Esta situación contribúe ao incremento de ITS ou dás agresións sexuais. Factores como a carencia dunha educación sexual adecuada e o uso da pornografía como fonte de información agravan o problema. A pesar das recomendacións da UE e da UNESCO, España carece dunha lexislación sólida que garanta unha educación sexual integral e obrigatoria nas etapas educativas. Obxectivos: Propúxose como obxectivo principal estudar a relación entre a educación afectivo sexual recibida e as conductas sexuais de risco asumidas polos estudantes universitarios da USC. Metodoloxía: Realizouse un estudo observacional, descritivo e transversal no que participaron 1504 estudantes da USC de 17 a 25 anos. A través dun cuestionario autoadministrado preguntóuselle polo consumo de pornografía, a educación afectivo sexual recibida e as condutas sexuais de risco. A participación foi voluntaria e anónima. Resultados: Dos 1504 participantes, o 76,9% participou nalgunha actividade de educación afectivo sexual e o 74,1% valorouna negativamente. Os contidos maiormente abordados foron as ITS e os métodos anticonceptivos. Atopáronse índices elevados de consumo de pornografía (60,9%) e de conductas sexuais de risco, como o sexo sen preservativo (56,4%). Pero, tan só se atoparon diferenzas estatisticamente significativas en relación á valoración da educación afectivo sexual recibida na vivencia de agresión sexuais facilitadas por drogas (DFSA). Conclusión: O alumnado da USC valorou negativamente a educación afectivo sexual recibida. Pese a que só se atopou relación entre dita valoración e as DFSA, chama a atención o porcentaxe de estudantes que refiren conductas sexuais de risco e consumo de pornografía. Non só se precisan máis estudos, senón que urxe implementar programas educacionais e preventivos que axuden a minimizar as conductas de risco que presenta o alumnado da nosa universidade.

GARCIA COUCEIRO, NURIA (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN Cotitoría
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN Cotitoría
Tribunal
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
PAZOS COUSELO, MARCOS (Vogal)
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
PAZOS COUSELO, MARCOS (Vogal)
Impacto dos Exercicios do Solo Pelviano con Dispositivo Epi-No na Redución de Partos Instrumentalizados
Autoría
R.M.M.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
R.M.M.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. A pelve está pechada inferiormente por un conxunto de estruturas que forman o solo pelviano. Este sostén as vísceras pélvicas e permite o paso das porcións terminais dos aparellos dixestivo, urinario e reprodutor. A pelve feminina presenta adaptacións específicas para o parto, e o chan pélvico desempeña un papel esencial na continencia e na función sexual. Factores como o embarazo e o parto poden debilitado, dando lugar a disfuncións. A fisioterapia obstétrica, mediante técnicas como a masaxe perineal, a esferodinámica e o uso de dispositivos como o EPI-NO, axuda a previr complicacións durante o embarazo e o parto, así como posibles secuelas. Xustificación. As disfuncións do solo pelviano afectan de maneira significativa á calidade de moitas mulleres. É esencial visibilizar a fisioterapia obstétrica como unha ferramenta preventiva e rehabilitadora, promovendo intervencións individualizadas, efectivas e baseadas na evidencia para mellorar a saúde perineal feminina. Obxectivos. Analizar en que medida a realización de exercicios de preparación perineal con EPI-NO inflúe na redución do parto instrumentalizado e na aparición de secuelas asociadas. Métodos. Realizouse unha busca sistemática nas bases de datos PEDro, Pubmed, Cochrane Library e Science Direct de artigos sobre fisioterapia e mulleres embarazadas en español e inglés. Resultados. Foron incluídos cinco artigos entre 2010 e 2025: tres ensayos controlados aleatorizados, un ensaio controlado non aleatorizado e un ensaio clínico aleatorizado. Conclusións. A evidencia suxire que o dispositivo Epi-No podería previr o trauma perineal nos partos vaxinais, diminuíndo as episiotomías, os desgarros e o uso de instrumental. Porén, os estudos presentan limitacións metodolóxicas e heteroxeneidade nos deseños, con participantes maioritariamente caucásicas, o que dificulta a xeneralización dos resultados. A falta de seguimento a longo prazo tamén impide avaliar o seu impacto nas secuelas. É precisa máis investigación para establecer a súa efectividade e definir as súas indicacións na práctica obstétrica.

Estudo da demencia por corpos de Lewy: diagnose diferencial con outras demencias e papel da enfermaría
Autoría
P.M.N.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
P.M.N.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A demencia por corpos de Lewy (DCL) é a segunda demencia neurodexenerativa máis común, despois da enfermidade de Alzheimer, nela combínanse síntomas cognitivos, motores e neuropsiquiátricos heteroxéneos que dificultan a diagnose. A abordaxe das demencias constitúe unha prioridade en saúde debido ao seu crecente impacto social e económico derivado do envellecemento poboacional, moi observado en rexións como Galicia, onde se prevé un incremento na incidencia destas patoloxías. Obxectivo: Analizar a DCL dende unha perspectiva clínica, diagnóstica e do papel de enfermería co fin de contribuír á mellor abordaxe desta patoloxía no ámbito da atención sanitaria. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica en diferentes buscadores e bases de datos empregando termos MeSH e palabras chave combinados con operadores booleanos. Tras aplicar diferentes filtros seleccionáronse un total de 20 artigos. Resultados: A DCL presenta desafíos diagnósticos e terapéuticos significativos debido ao solapamento sintomatolóxico con outras demencias como a enfermidade de Alzheimer e Párkinson. O tratamento céntrase en paliar os síntomas motores e cognitivos e, dado que non existen achados definitivos que demostren a efectividade de certos fármacos sobre outros, as intervencións deberán ser personalizadas, complementando o tratamento con medidas non farmacolóxicas. En base a estes datos realízanse dous plans de coidados aplicando as directrices NANDA. Conclusións: A combinación de síntomas cognitivos, motores e neuropsiquiátricos flutuantes xera unha maior dificultade á hora de determinar unha diagnose definitiva para esta patoloxía. A superposición sintomatolóxica con outras demencias aumenta a probabilidade de obter diagnoses e tratamentos erróneos que empeoren a calidade de vida do paciente. A implementación de plans de coidados facilitará a identificación de signos e intervencións que axudarán no proceso diagnóstico e terapéutico.

MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Secretario/a)
VALENZUELA LIMIÑANA, RITA (Vogal)

Efectos adversos e complicacións do citrato sódico como anticoagulante para o hemofiltro: Unha revisión sistemática
Autoría
F.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
F.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución Para previr a coagulación temperá do filtro en pacientes sometidos a terapias continuas de depuración extracorpórea (TCDE), tradicionalmente empregouse heparina sódica sistémica (HEP), pero esta conleva un risco de sangrado e trombocitopenia. Por iso, estendeuse a anticoagulación rexional con citrato sódico (RCA) no hemofiltro. O seu metabolismo pode causar alcalose metabólica, hipocalcemia e acumulación de citrato se se ve desbordado. Para previr estas complicacións, é fundamental monitorar o calcio iónico e o pH. Obxectivos O obxectivo principal foi valorar os riscos asociados ao uso de RCA en pacientes sometidos a TCDE con hemofiltro. Metodoloxía Realizouse unha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA. Buscaron en 5 bases de datos estudos publicados entre 2010 e 2024 en español, inglés ou portugués. Incluíronse ensaios clínicos prospectivos en adultos que evaluasen a seguridade da RCA fronte á HEP ou outros métodos de anticoagulación para pacientes sometidos a TCDE, ou ben a seguridade dun determinado protocolo de RCA. Despois filtrouse por título, resumo, texto completo e, finalmente, por criterio de calidade; nese orde. Resultados Incluíronse 17 ensaios clínicos prospectivos. O citrato prolongou sen dúbida a vida útil do filtro respecto á heparina e reduciu significativamente a incidencia de hemorraxias, aínda que sen diferenzas na mortalidade. Os episodios de hipocalcemia, acumulación de citrato e alcalose metabólica foron máis comúns co citrato, aínda que xeralmente transitorios e controlables axustando o protocolo. O grupo de citrato tamén mostrou unha menor activación de mediadores inflamatorios. Conclusión A RCA resulta a opción máis segura na maioría de pacientes baixo TCDE, ao prolongar a vida útil do filtro e reducir significativamente as hemorraxias e a inflamación sistémica, aínda que non parece mellorar a supervivencia. As súas complicacións metabólicas son pouco frecuentes cando se aplican correctamente os protocolos de infusión e control do calcio.

Análise comparativo da aplicabilidade entre 3 torniquetes en persoas legas
Autoría
M.D.C.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.D.C.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Unha das principais consecuencias dos traumatismos son as hemorraxias masivas, que poden presentar un verdadeiro riesco para a vida. A maneira máis efectiva e segura para controlar as hemorraxias en extremidades é coa utilización dos torniquetes. Polo que é importante valorar que torniquete é o máis aplicable á mayor parte da población, valorando a facilidade da su colocación e o tempo que tarda en colocarse. Obxetivo: Comparar a aplicabilidade dos tres tipos diferentes de torniquetes (X8T, CAT e SWAT-T) en persoal lego mediante unha infografía. Metodoloxía: Realizouse un estudo cuasiexperimental aleatorio con 3 grupos (X8T, CAT e SWAT-T). A mostra foi de 109 participantes que non tiñan ningún tipo de formación na colocación de torniquetes e que empregaban como guía de colocación unha infografía. Resultados: Observouse que o grupo X8T obtuvo mellores resultados na forma de colocación do torniquete. O grupo X8T é o que requiriu menos tempo para colocarlo e é o que presentou unha maior efectividade que os torniquetes CAT e SWAT-T. Conclusións: O X8T presenta unha maior sencillez, rapidez e eficacia á hora de colocarlo que os torniquetes CAT e SWAT-T en personas que non teñen formación.

Efectividade da educación sanitaria como intervención de enfermería no aumento da calidade de vida e diminución da sintomatoloxía de ansiedade e depresión en pacientes ostomizados tras cirurxía dixestiva. Un estudo piloto.
Autoría
T.M.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
T.M.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Unha ostomía de eliminación afecta á calidade de vida por factores físicos, desafíos sociais e psicolóxicos e impacto no benestar. Os pacientes ostomizados poden xestionar os novos cambios mediante mecanismos adaptativos sen os cales poderían desenvolver sintomatoloxía de ansiedade e depresión. Obxectivo: Explorar a efectividade da educación sanitaria como intervención de enfermería en relación coa sintomatoloxía de ansiedade e depresión, así como coa calidade de vida, en pacientes ostomizados tras cirurxía dixestiva. Metodoloxía: Estudo piloto desenvolvido dentro dun ensaio clínico cuasiexperimental utilizando cuestionarios de ansiedade e depresión de Beck e Goldberg, e o cuestionario de saúde de escala breve para determinar risco ou probabilidade de ansiedade e depresión e nivel de calidade de vida en dúas entrevistas (previa e posterior á intervención de enfermería). Empregáronse medidas de tendencia central e dispersión para variables cuantitativas e frecuencias para cualitativas, determinando a correlación entre variables para observar a forza de asociación e dirección da relación. Elixiuse un nivel de significación de 0,05 e empregouse o paquete estatístico PASW v.23. Resultados: As puntuacións en primeira e segunda entrevista tiveron fluctuacións de 0-15 e 0-14 para risco de ansiedade; 0-20 e 0-15 para risco de depresión e 27-98 e 55-97 para calidade de vida, respectivamente. Apareceron correlacións significativas entre riscos e probabilidades de ansiedade e depresión determinando que menores niveis de ansiedade e depresión están correlacionados con mellor calidade de vida. Conclusión: A educación sanitaria como intervención de enfermería demostrou mellorar a calidade de vida e a redución da sintomatoloxía de ansiedade e depresión en pacientes ostomizados tras cirurxía dixestiva.

Impacto do uso de omeprazol sen indicación clínica en pacientes de idade avanzada. Unha revisión sistemática.
Autoría
Y.M.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Y.M.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O omeprazol é un dos fármacos máis prescritos a nivel mundial, especialmente entre persoas de idade avanzada. Se ben é certo que a súa eficacia está sólidamente respaldada en determinadas patoloxías, documentouse unha elevada prevalencia de prescrición prolongada sen indicación clínica xustificada, constituíndo unha ameaza considerable no que respecta á saúde deste grupo poboacional. Obxectivos: Analizar o impacto do uso inapropiado de omeprazol en persoas maiores, determinando a súa prevalencia, factores asociados e principais efectos adversos derivados do seu consumo prolongado sen xustificación clínica. Metodología: Realizouse unha revisión sistemática da literatura entre os anos 2014 e 2025 nas bases de datos PubMed, Scopus, Web of Science, SciELO, Dialnet e Iacobus, seguindo os criterios PRISMA. Empregáronse termos MeSH: Aged, Older adults, Elderly, Omeprazole, Inappropriate prescribing, Prescription Drug Misuse, Inappropriate use, Off-label use. Incluíronse estudos observacionais, ensaios clínicos e revisións sistemáticas que estudaran o uso de omeprazol en maiores de 65 anos. A calidade metodolóxica avaliouse mediante a ferramenta CASPe. Resultados: Foron selecionados 12 estudos observacionais. Evidenciouse unha elevada prevalencia de uso inadecuado de omeprazol, rexistrando cifras que acadaban o 70%. Os principais factores asociados incluiron a polimedicación, o uso profiláctico sen confirmación diagnóstica, e a ausencia de seguimento periódico do tratamento. Entre os efectos adversos máis frecuentes recoñecéronse fracturas osteoporóticas, déficit de vitamina B12, hipomagnesemia, insuficiencia renal, neumonía e aumento do risco de deterioro cognitivo. Conclusións: O consumo prolongado e inxustificado de omeprazol en persoas maiores representa unha práctica común e potencialmente perxudicial. Resulta crucial promover as revisións dos tratamentos farmacolóxicos regularmente, fortalecer a formación dos profesionais na prescrición responsable e impulsar a implementación de estratexias de deprescrición seguras e orientadas a este grupo de poboación.

Domínguez Martís, Eva María Cotitoría
NOVIO MALLON, SILVIA (Titoría)
Domínguez Martís, Eva María Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Secretario/a)
VALENZUELA LIMIÑANA, RITA (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CELARD PEREZ, PEDRO (Secretario/a)
VALENZUELA LIMIÑANA, RITA (Vogal)
Consumo de substancias durante o embarazo en España: unha revisión sistemática
Autoría
S.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.M.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O consumo de substancias legais e ilegais faise máis perigoso durante o embarazo debido ás consecuencias tanto para a nai como para o feto e o neonato. As substancias máis consumidas son o tabaco, o alcohol, o cannabis e a cocaína; o consumo de polidrogas é común. É necesario que o equipo interdisciplinario de atención obstétrica proporcione atención prenatal integral a través de diversas estratexias de saúde pública. Obxectivos: Analizar o alcance do consumo de substancias entre as mulleres embarazadas en España, determinar a súa prevalencia, describir as consecuencias para as mulleres embarazadas e os neonatos e examinar as estratexias de prevención actuais en España. Métodos: Esta revisión sistemática realizouse mediante unha busca bibliográfica en diferentes bases de datos coas palabras clave tabaco, alcohol, embarazo, drogas ilícitas e España, unidas por operadores booleanos. Mediante un exhaustivo proceso de selección, que constaba de tres pasos distintos, seleccionáronse os 15 artigos incluídos nesta revisión. Resultados: Os resultados amosan que as substancias máis consumidas durante o embarazo son o alcohol, o tabaco, o cannabis e a cocaína, que producen efectos nocivos para a nai e a descendencia, como aborto espontáneo, parto prematuro, defectos conxénitos e trastornos neurolóxicos. Polo tanto, os estudos sinalan a necesidade de estratexias e intervencións eficaces para lograr a abstinencia. Conclusións: O consumo de substancias durante o embarazo constitúe un problema significativo no contexto sanitario español debido á súa prevalencia actual e ás implicacións para a nai, o feto, o neonato e a vida adulta. Polo tanto, requírese unha abordaxe multidisciplinar para superar o desafío que supón implementar estratexias de prevención na práctica clínica española actual.

Torres López, Lorena Cotitoría
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Titoría)
Torres López, Lorena Cotitoría
Tribunal
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Práctica reflexiva en escolares de secundaria.
Autoría
A.M.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.M.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria (PCRE) presenta unha elevada mortalidade debido á falta de formación das testemuñas en soporte vital básico (SVB). A capacitación desde a escola en SVB é unha estratexia útil para mellorar a supervivencia, pero descoñécese cal é a mellor estratexia formativa. Obxectivo: Estudar a viabilidade do debriefing plus-delta na formación e avaliación dun escenario simulado de SVB en escolares previamente adestrados e explorar os seus sentimentos/actitudes respecto a leste. Metodoloxía: Estudo cualitativo e cuantitativo cuasiexperimental. Participaron escolares de entre 13-16 anos de dous colexios concertados, previamente formados en SVB (8-10 horas) polo profesorado de Educación Física. A intervención consistiu nunha simulación (4 participantes-20 observadores) seguida dun debriefing plus-delta, facilitada por un experto. Para analizar os coñecementos adquiridos e reflexións utilizáronse cuestionarios (execución, actitudes e confianza percibida). Resultados: Participaron 54 escolares (36% implicáronse activamente no debriefing). Todos identificaron as accións correctas e as mellorables (excepto os cambios de reanimador e as pausas entre as compresións torácicas). Na execución, os principais fallos foron compresións inadecuadas e forza insuficiente para realizar a manobra de Heimlich. Expresaron as súas preocupacións e retos: danar á vítima, bloquearse, controlar os nervios. O 97% considerou sentirse capacitados para actuar ante unha emerxencia e o 72% creu que actuaría correctamente ante un caso hipotético. Conclusións: A aprendizaxe reflexiva mediante o técnica plus-delta é factible con adolescentes e supón unha ferramenta para considerar como metodoloxía docente de SVB nas escolas.

Gómez Silva, Graciela Cotitoría
RODRIGUEZ NUÑEZ, ANTONIO (Titoría)
Gómez Silva, Graciela Cotitoría
Tribunal
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Importancia do Síndrome de realimentación na mortalidade de doentes crítico e cómo detelo
Autoría
P.N.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
P.N.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución O Síndrome de realimentación (SRA), unha complicación grave tras reintroducir a alimentación, especialmente nos doentes desnutridos; caracterízase por alteracións electrolíticas (especialmente hipofosfatemia), vitamínicas e clínicas, como arritmias. Entre os grupos de risco inclúense doentes con anorexia nerviosa, cancro, patoloxías crónicas, infecciosas e doentes críticos. Son clave para a prevención de complicacións o recoñecemento precoz e a intervención axeitada. Obxectivos O obxectivo principal é determinar o impacto que ten o SRA sobre os doentes críticos. Metodoloxía Nesta revisión sistemática estúdase o impacto do Síndrome de renutrición no doente crítico. Incluíronse estudos realizados en adultos, en doentes críticos e artigos publicados a partir do 2019 en español ou en inglés. Para a súa busca foron empregadas 6 bases de datos con termos Mesh e DeCS en combinación con operadores Booleanos. Para o seu cribado seleccionáronse por criterios de inclusión e exclusión, por título, abstract, corpo de texto e, por último, por calidade CASpE. Resultados Seleccionáronse 14 estudos. A maior parte, mostraron a complicada avaliación do impacto do síndrome debido a falta dunha definición uniforme e de estudos homoxéneos. Ademais de precisar a creación de guías e protocolos para á identificación precoz do risco, e a necesidade de educar aos profesionais sanitarios no ámbito nutricional. Gran parte dos estudos recomendaron o inicio da nutrición cunha dieta baixa en calorías e a súa progresión gradual, ademais da previa suplementación, e a estreita monitoraxe do doente e corrección electrolítica. Conclusións Grazas aos resultados sábese que o SRA é unha complicación frecuente nos doentes críticos, con alto risco de mortalidades e poucas ferramentas diagnósticas. A súa prevención require dunha detección cedo, corrección electrolítica, nutrición progresiva e avaliación nutricional individual. Ademais, precisase da elaboración de mellores protocolos e guías clínicas e unha maior formación do persoal sanitario.

Estratexias para a prevención de úlceras de pé diabético desde o punto de vista de atención primaria: unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.N.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.N.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A Diabetes Mellitus, fundamentalmente a tipo II, é unha enfermidade crónica con elevada prevalencia global e risco de complicacións como o pé diabético. Esta complicación, causada por neuropatía diabética e enfermidade arterial periférica, pode derivar en úlceras e amputacións. A súa prevención baséase na detección precoz, o control glIcémico, a educación no autocuidado e a actuación do persoal de Enfermaría en atención primaria.Non obstante, enfronta barreiras como a escaseza de tempo e formación. Obxectivos: Os obxectivos desta investigación foron coñecer a importancia e a efectividade dos coidados de Enfermaría na prevención das úlceras de pé diabético en atención primaria, así como as dificultades que enfrotan os profesionais sanitarios. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica nas seguintes bases de datos e motores de busca: Cinahl, Dialnet, WOS, PubMed, Scopus e Medline. Seleccionáronse 11 artigos seguindo a metodoloxía PRISMA. Resultados: Evidenciouse que o persoal de Enfermaría desempeña un papel fundamental na prevención de úlceras de pé diabético, destacando as intervencións educativas, o seguimento regular, a clasificación do risco e a educación no autocuidado. Enfatízase a necesidade de dispor de protocolos actualizados e estratexias específicas en atención primaria con melloras na formación do profesional. Ademais, póñense de manifesto os beneficios do uso correcto do calzado e a importancia de seguir investigando. Conclusións: As intervencións de enfermaría reducen a incidencia de úlceras e amputacións, mellorando a calidade de vida dos pacientes con Diabetes, especialmente aquelas baseadas en detección precoz, educación e protocolos. A súa aplicación vése comprometida por barreiras como a falta de formación e apoio. É crucial integrar estas prácticas na atención práctica diaria, así como reforzar o traballo en equipo e a capacitación dos profesionais.

O papel da Enfermería na triaxe dos servizos de urxencias hospitalarias de adultos: unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.N.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.N.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
1. Introdución: A triaxe é un proceso clínico que clasifica os pacientes no servizo de urxencias hospitalarias (SUH) segundo a gravidade do seu estado. Este proceso, realizado en menos de cinco minutos por persoal de Enfermería capacitado, ten como obxectivo principal identificar rapidamente a necesidade asistencial do paciente, sen realizar ningún diagnóstico. Entre os modelos de triaxe máis utilizados na nosa contorna destacan o Manchester Triage System (MTS) e o Sistema Español de Triage (SET). Todos manexan cinco niveis de prioridade e a súa correcta aplicación mellora o prognóstico, optimiza recursos e reduce complicacións. 2. Obxectivos: O obxectivo desta invetigación é coñecer a eficacia dos diferentes modelos de triaxe de Enfermería máis empregados no servizo de urxencias hospitalarias de adultos. 3. Metolodoxía: Realizouse unha revisión bibliográfica nas seguintes bases de datos e motores de busca: Medline (Pubmed), Dialnet, WOS, CINAHL e o repositorio IACOBUS. Os artigos seleccionados foron 11 seguindo a metodoloxía PRISMA. 4. Resultados: Enfermería desempeña un papel fundamental na triaxe de Urxencias, independientemente do sistema utilizado. A precisión deste proceso non só depende do modelo de triaxe empregado, senón tamén de factores externos como a formación, a experiencia, as competencias clínicas do profesional e as características do paciente. No ámbito asistencial que nos concirne, predomina o uso do MTS, cuxa precisión se considera moderada. 5.Conclusión: A triaxe realizada por Enfermería é a opción máis adecuada nos SUH, xa que presenta taxas de precisión moderadas e boa concordancia interobservador. A precisión desta triaxe depende máis da formación e experiencia do profesional que do modelo implementado.

A adherencia terapéutica como intervención de enfermería para o coidado dos pacientes con esquizofrenia
Autoría
L.N.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.N.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: a esquizofrenia é unha enfermidade mental caracterizada por alteracións da conduta, a percepción, o pensamento e as emocións. É un trastorno crónico, que padecen 1 de cada 300 persoas, cuxa mortalidade é ata dúas ou tres veces maior en comparación co resto de poboación. O abandono do tratamento supón un das principais causas polas que os pacientes sofren recaídas e peores prognósticos. Obxectivos: determinar os factores que dificultan ou empeoran a adherencia terapéutica en pacientes con esquizofrenia. Describir as consecuencias da falta do cumprimento farmacolóxico a nivel individual e comunitario. Definir as intervencións e actividades de enfermería que melloran ou aumentan a adherencia farmacolóxica. Metodoloxía: na presente revisión sistemática tipo prisma realizouse unha procura preliminar para determinar o marco teórico da esquizofrenia. A continuación, levou a cabo unha procura sistemática nas bases de datos e motores de procura PubMed, Dialnet, SciELO e Web of Science. Aplicáronse filtros e criterios de inclusión e exclusión para acoutar a procura. Resultados: incluíronse 15 artigos. Os factores implicados na falta de adherencia engloban os relacionados co paciente, os seus ingresos, a súa calidade de vida, a medicación, a enfermidade e a conduta. Contémplanse consecuencias como recaídas, peores prognósticos, rehospitalizaciones, aumento de gastos e carga de traballo social e laboral e aumento dos intentos de suicidio. As enfermeiras desenvolven un papel fundamental para previr e tratar o problema. Conclusións: entre os factores que empeoran a adherencia incluíronse as características persoais, da enfermidade, a contorna, a calidade de vida e a medicación. As consecuencias da falta de adherencia foron aumento de recaídas, rehospitalizaciones, intentos de suicidio e diminución da calidade de vida. As intervencións de enfermería para a adherencia incluíron forxar unha alianza terapéutica e a psicoeducación.

Terapias biolóxicas na esclerose múltiple. Revisión sistemática.
Autoría
U.P.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
U.P.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade crónica autoinmune que afecta ao sistema nervioso central danando a mielina dos nervios e alterando a transmisión do impulso nervioso. Actualmente, hai máis de 2,8 millóns de persoas diagnosticadas no mundo, rexistrándose un aumento da súa prevalencia en España durante as últimas décadas. Aínda que non ten cura, as terapias biolóxicas parecen postularse como tratamentos con resultados prometedores para esta doenza. Obxectivo: Avaliar a eficacia das terapias biolóxicas no tratamento da EM. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática tipo PRISMA. A busca bibliográfica foi realizada nas bases de datos MEDLINE (PubMed), Elsevier (Scopus) e Web of Science (WoS), empregando como palabras clave: “esclerose múltiple”, “terapia biolóxica”, “tratamento biolóxico” e “efectos secundarios”. Resultados: Incluíronse 13 artigos: 12 revisións narrativas e 1 revisión sistemática con metaanálise. Os anticorpos monoclonais anti-CD20 como o natalizumab ou o ocrelizumab foron eficaces na redución da progresión da discapacidade a pesar dos retos de seguridade que presentan. A medicina personalizada, as terapias celulares e novas xeracións de anticorpos, ofrecen un enfoque máis específico e seguro, aspirando á reparación neuronal e á prevención da neurodexeneración na EM. Conclusións: As terapias biolóxicas marcaron un avance significativo no tratamento da EM, reducindo brotes e ralentizando a progresión da discapacidade. A medicina personalizada, con biomarcadores inmunolóxicos e xenéticos, e as novas estratexias como a inmunoterapia celular e as terapias con células nai, ofrecen novas perspectivas para mellorar a eficacia e a seguridade no tratamento da enfermidade.

Coidados de enfermaría en pacientes crónicos nunha unidade de psiquiatría
Autoría
N.P.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.P.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
O coidado de pacientes con enfermidades crónicas nas áreas de psiquiatría constitúe un reto clínico, ético e organizativo para o equipo de enfermaría, debido á complexidade dos trastornos mentais de longa duración como a esquizofrenia, o trastorno bipolar e o trastorno límite da personalidade. O propósito deste estudo foi examinar a función do equipo de enfermaría no coidado holístico destes pacientes, recoñecendo enfoques de intervención que promovan a súa adherencia aos tratamentos, a prevención de recaídas e o aumento da calidade de vida.Realizouse un análise e revisión da literatura tendo en conta as bases de datos de Google Académico, SciELO, Redalyc, PubMed e Redalyc, e nela utilizáronse varios termos clave como: paciente crónico, saúde mental, benestar emocional, entre outros, considerando como requisitos de inclusión todas aquelas publicacións en inglés ou castelán cun rango temporal de 2020 a 2024, ás que se tivese acceso libre e con relación directa co tema antes mencionado. Considerando isto, seleccionáronse 12 artigos despois de aplicar os filtros mencionados e a súa pertinencia académica, sendo entre as metodoloxías seleccionadas, estudos que influíron en revisións sistemáticas, ensaios clínicos, estudos de caso e análises teóricas. Nos resultados mostráronse que os problemas máis comúns que se puideron detectar nos artigos seleccionados foron a relación terapéutica entre enfermeira e paciente, a prevención do suicidio, a efectividade de intervencións complementarias como a musicoterapia, a satisfacción do usuario e a falta de formación especializada en saúde mental. Cabe destacar que a maioría dos participantes fixo un énfase importante no vínculo entre o coidado enfermeiro e humano, e como este debe combinarse coa motivación para aplicar medidas de control menos coercitivas a través de políticas éticas e centradas na persoa. Tamén é importante mencionar que o persoal de enfermaría está comprometido no coidado de pacientes que padecen enfermidades psiquiátricas crónicas, asumindo responsabilidades clínicas, educativas, emocionais e incluso de intervención proactiva. As boas prácticas abranguen atención personalizada, colaboración entre distintas disciplinas e o uso de estratexias non farmacolóxicas, o que respalda a necesidade de capacitación especializada e a creación de protocolos adaptados á situación destes pacientes.

ANTELO MARTELO, MONICA (Titoría)
ANTELO MARTELO, MONICA (Titoría)
Tribunal
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABAD, CARLOS (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Efectos da nutrición na saúde mental da poboación xeral
Autoría
M.P.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.P.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución e xustificación: A prevalencia e incidencia das enfermedades mentais, sobre todo da depresión e da ansiedade, van en aumento cada ano. Debido á conexión existente entre o intestino e o cerebro e á capacidade da dieta para modificar a composición do microbioma intestinal, estase apostando ultimamente pola investigación sobre cal é o papel da nutrición na saúde mental dos individuos. Desta maneira, preténdense atopar alternativas á farmacoterapia e máis accesibles para a poboación coa fin de previr ou tratar os trastornos mentais, e unha das opcións son as intervencións nutricionais. Obxectivos: Analizar a relación entre a alimentación dun individuo e o seu estado de saúde mental. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática na base de datos PubMed empregando términos chave xunto con operadores booleanos. Seguiuse o protocolo PRISMA e os estudos cribáronse en dúas fases: a primeira a través da lectura do título e o resumo e a segunda mediante a súa lectura completa. Seleccionáronse un total de 13 artigos. Resultados: Identificáronse grupos de nutrientes que promoven un ecosistema intestinal saudable e melloran os síntomas das enfermedades mentais. Pola contra, tamén se atoparon outros patróns alimentarios que perxudican esta sintomatoloxía. Entre os efectos da dieta a nivel sistémico atópanse a inflamación, o estrés oxidativo e a desregulación do eixo HPA. Ademáis, a dieta mediterránea clasifícase como o mellor patrón dietético para manter unha boa saúde mental. Conclusión: Levar unha alimentación saudable e equilibrada parece mellorar os síntomas de diversas enfermedades mentais. Porén, é necesaria máis evidencia de ensaios controlados que avalíen os efectos da dieta na saúde mental a longo prazo.

GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
Factores de risco e estratexias de prevención de úlceras por presión en pacientes críticos.
Autoría
A.P.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.P.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. As úlceras por presión (UPP) son lesións que danan a pel e os tecidos brandos subxacentes como resultado dunha presión, fricción ou cizalllamento. Estas lesións agudízanse nos pacientes críticos debido á complexidade da súa clínica e factores de risco asociados, converténdose nun problema frecuente nas unidades de coidados intensivos. A escala de Braden é a principal ferramenta de avaliación de risco. Obxectivos. O obxectivo principal desta investigación foi determinar os factores de risco relacionados coa aparición de UPP en pacientes críticos. Os obxectivos secundarios foron coñecer as estratexias para previr estas lesións en pacientes críticos e analizar a escala de Braden na prevención, así como comparala con outras escalas. Métodos. Realizouse unha revisión bilbiográfica da literatura en Dialnet, Pubmed, WOS, Scopus e Cinahl. Seleccionáronse 14 artigos seguindo a metodoloxía PRISMA. Resultados. Existen moitos factores de risco como poden ser a idade avanzada, inmobilidade, duración da hospitalización, mala nutrición, fármacos, ventilación mecánica e unha alta carga enfermeira. Por outro lado, entre as estratexias preventivas atópanse o reposicionamento frecuente, superficies de soporte, apósitos de espuma, coidado da pel e humidade, estratexias educativas e uso de escalas de valoración do risco de UPP. A principal é a escala de Braden pero existen outras como a escala Waterlow e a Jackson/Cubbin. Conclusións. As UPP en pacientes críticos son o resultado de múltiples factores de risco clínicos e asistenciais. Existen numerosas estratexias de prevención, sendo especialmente eficaz a súa aplicación combinada e individualizada segundo as necesidades de cada paciente. A escala de Braden é a escala máis utilizada a pesar de ter limitacións cando se trata de pacientes críticos.

Necesidades percibidas das nais lactantes en relación coa atención sanitaria recibida nos hospitais: un estudo cualitativo
Autoría
S.P.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.P.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A lactancia materna é o alimento ideal para o recentemente nacido e por iso recoméndase a alimentación de forma exclusiva (LME) durante os primeiros seis meses en todos os lactantes. As taxas de LME mundial establécense nun 48%, moi por debaixo do recomendado pola OMS (70%). Diversos estudos evidenciaron que a actitude dos profesionais sanitarios interfire na instauración da lactancia materna. Obxectivo: Identificar as necesidades das nais lactantes, en relación á atención da lactancia que actualmente prestan os profesionais sanitarios no noso contexto. Metodoloxía: O estudio seguiu una metodoloxía cualitativa onde a ferramenta clave para a recollida de datos foi a realización de tres grupos focais: nais con fillos menores de seis meses, nais con lactancias prolongadas e nais con fillos prematuros. Concertáronse reunións con estes grupos, onde relataron as súas experiencias, as cales foron gravadas para posteriormente transcribilas e analizalas. Resultados: Descríbese un sentimento común de descontento coa atención prestada polos profesionais sanitarios ás nais lactantes. Destácanse prácticas pouco comprometidas como a preparación xestacional deficiente, recomendación contraditorias respecto á lactancia materna ou un seguimento nulo durante toda a duración da mesma. Evidenciouse unha percepción de estigmatización da lactancia por parte dos profesionais, que leva a priorizar intervencións de carácter inmediato, en lugar de abordaxes integrais que promovan a súa instauración efectiva. Conclusión: Detectáronse diversas necesidades que as nais lactantes consideran non cubertas por parte dos profesionais sanitarios. Así mesmo, obsérvase que a actuación destes xoga un papel fundamental na instauración e mantemento da lactancia materna. Por todo isto, urxe mellorar a formación dos profesionais implicados nesta práctica.

intervencións da enfermaría na prevención do síndrome post-uci
Autoría
A.P.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.P.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución O Síndrome Post-UCI caracterízase pola aparición de secuelas físicas, cognitivas e psicolóxicas tras unha estancia en coidados intensivos, que poden manterse despois da alta hospitalaria. Debido a súa alta incidencia e ó impacto que xera na vida do paciente, no seu entorno e no sistema sanitario, resulta fundamental implantar estratexias de prevención eficaces, nas que o papel da enfermaría resulta clave. Obxectivos O obxectivo principal é analizar o papel da enfermaría na prevención do Síndrome Post-UCI en pacientes hospitalizados. Metodoloxía Nesta revisión sistemática estúdase o papel da enfermaría na prevención do Síndrome PosT-UCI. Incluíronse estudos realizados en adultos, levados a cabo dende 2020 a 2025 e excluíronse revisións bibliográficas. Realizáronse búsquedas en 3 bases de datos empregando termos MeSH e DeCS combinándoos con operadores Booleanos. Seleccionáronse os artigos cribados por criterios de inclusión e exclusión, despois por título, resumo e finalmente por texto completo. Resultados Seleccionáronse 8 artigos nos que se evidenciou que as intervencións como a mobilidade precoz, control adecuado da dor, participación da familia no coidado, intervencións non farmacolóxicas, redución da sedación e despertar diario, resultan eficaces para minimizar as secuelas Post-UCI. Conclusións A análise dos estudos empregados, demostran o papel clave que desempeña o equipo de enfermaría na prevención do Síndrome Post-UCI. Tamén, demostra a necesidade de continuar promovendo intervencións multicompoñentes centradas nas persoas, que faciliten a recuperación precoz dos pacientes e mellorar así a súa calidade de vida tras a alta hospitalaria.

Educación menstrual nos centros escolares.
Autoría
A.P.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.P.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A Lei Orgánica 1/2023 recoñece a saúde menstrual como un dereito e dictamina que a educación menstrual debe abordarse con perspectiva de xénero. Na actualidade a menstruación continúa sendo un tema tabú, o que pon en risco a saúde das novas xeracións, que, ademais, empregan fontes de información informais, rexistrándose só un 4% que acude ao persoal sanitario. A ensinanza en centros educativos mantense insuficiente, sen abordar aspectos emocionais ou sociais da menstruación, nin ensinar os distintos produtos menstruais. Por outro lado, os produtos desbotables teñen un forte impacto medioambiental, cada persoa menstruante xera 180 quilos de residuos na sua vida fértil que se poderían reducir con alternativas sustentables. Obxectivos: Avaliar a adquisición de coñecementos sobre a menstruación tras realizar unha intervención educativa ao alumnado de 3º da ESO do Colexio La Salle de Santiago de Compostela. Metodoloxía: Este estudo realizouse cumprindo os requisitos do Comité de Bioética, para iso cubrironse as respectivas autorizacións e consentimentos informados. Despois dunha búsqueda bibliográfica creouse o cuestionario para avaliar os coñecementos previos e posteriores á intervención e diversas presentacións que se utilizaron como material complementario durante as charlas educativas. A intervención dividiuse nunha charla teórica sobre menstruación e ciclo menstrual, un laboratorio sobre produtos menstruais e unha actividade de “Verdade ou Mito”. Unha vez obtidas as respostas dos dous cuestionarios utilizouse o software SPSS Statistics para a xestión dos datos que serían interpretados.

Abusos sexuais mediados por drogas no ámbito universitario galego: unha análise dende as redes e a educación afectivo-sexual
Autoría
B.P.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
B.P.D.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
O termo “Drug-Facilitated Sexual Assault” engloba diferentes abusos nos que unha vítima non pode ofrecer consentimento sexual ó acharse baixo os efectos de substancias psicoactivas. Aínda que actualmente está en ascenso, o número de casos identificados considérase infraestimado. Obxectivos: O obxectivo principal deste traballo é recoñecer esta problemática no estudantado universitario de Galicia, relacionando os casos cos potenciais factores de risco existentes e estudar se estes episodios gardan relación algunha coa educación afectivo-sexual ou o uso das redes, particularmente do sexting e da pornografía. Material e método: Levouse a cabo un estudo observacional, analítico e transversal sobre a poboación universitaria matriculada nalgún grado do Sistema Universitario de Galicia. Seleccionouse a mostra mediante unha mostraxe aleatorizada por conglomerados e a recollida de datos levouse a cabo a través dunha enquisa. Resultados e discusión: Obtivéronse un total de 1774 respostas válidas, das que un 16% reportou haber sufrido algún tipo de DFSA. O manifestar ter sido vítima dunha agresión sexual facilitada por drogas relaciónase, por un lado, cun maior consumo de alcohol e, por outro, facer uso do sexting. Parte da mostra que afirmou cometer estes abusos reflectiu un consumo de pornografía categorizado coma problemático, aínda que actualmente non hai estudos suficientes como para establecer unha relación causal directa entre ambos factores. Por último, non se encontrou relación entre a educación afectivo-sexual recibida polos enquisados e o seu papel como vítimas ou perpetradores do abuso. Conclusións: Os casos de DFSA relaciónanse directamente co consumo de alcohol. O sexting e a pornografía poderían xerar dinámicas de risco e favorecer situacións vinculadas a estes abusos. A educación afectivo-sexual podería chegar a constituír unha ferramenta de prevención primaria, pero debe implementarse de diferente maneira.

Apoio de enfermaría a coidadores informais en relación a pacientes con demencia
Autoría
M.P.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.P.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A demencia afecta a máis de 55 millóns de persoas en todo o mundo, o que, xunto co rápido envellecemento da poboación española, fai que a carga dos coidados recaia principalmente sobre as coidadoras informais, mulleres de entre 50 e 60 anos sen formación específica que dedican máis de 40 horas semanais aos coidados. O sistema sanitario só cobre o 12 % do proceso, e os custos restantes van para as familias. Todos estes factores provocan que 8 de cada 10 coidadores padezan altos niveis de sobrecarga, ansiedade e depresión. Obxectivos: O obxectivo principal da revisión bibliográfica é analizar posibles intervencións de enfermaría dirixidas a reducir o estrés e a sobrecarga en coidadores informais de pacientes con demencia. Método: Realizouse unha revisión bibliográfica con artigos atopados en PubMed, Scopus, CINAHL, ScienceDirect, Cochrane e Dialnet empregando palabras clave como educación do coidador e demencia, seleccionando estudos entre 2010 e 2015 en inglés ou español, centrados principalmente en coidadores informais de pacientes con demencia en calquera etapa, excluíndo editoriais, casos illados, textos sen acceso completo ou que non analizaban ao coidador. Despois de aplicar os criterios descritos anteriormente, seleccionáronse 12 artigos. Resultados: Os artigos analizados amosan que as intervencións máis eficaces para os coidadores informais de pacientes con demencia son as intervencións psicoeducativas estruturadas e as visitas domiciliarias personalizadas, o que reduce significativamente a depresión e a sobrecarga, xunto coa mellora da autoeficacia e as habilidades de afrontamento. A pesar disto, os estudos tamén confirman que as persoas coidadoras, na súa maioría sen formación específica, seguen a demandar un apoio práctico, psicolóxico e educativo máis específico. Conclusións: A evidencia confirma que a formación e o apoio en enfermaría reducen a carga, a ansiedade e a depresión dos coidadores informais de persoas con demencia, o que reforza a calidade da atención. Polo tanto, o Sistema Nacional de Saúde debe incorporar programas estruturados e plataformas dixitais accesibles adaptadas ao envellecemento da poboación.

SMARTPEN E SMARTCAP: Innovación na xestión da diabetes mellitus mediante o uso de dispositivos intelixentes.
Autoría
A.P.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.P.F.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A diabetes é unha enfermidade crónica que afecta a millóns de persoas, caracterizada por una produción insuficiente ou un uso ineficaz da insulina, hormona imprescindible para regular a glucosa. Grazas aos avances tecnolóxicos, dispositivos como o monitor continuo de glucosa (MCG), o SmartPen ou o SmartCap melloraron considerablemente o control da enfermidade, permitindo un seguimento máis preciso, reducindo os erros na administración de insulina e potenciando a calidade de vida do doente. Obxectivos: Analizar o impacto do SmartPen e SmartCap no control metabólico do doente con diabetes, estudar o efecto sobre os parámetros glicométricos, a satisfacción e a calidade de vida, e os custos asociados ao tratamento; e avaliar a xestión das doses de insulina. Métodos: Realizouse una busca bibliográfica en PubMed coas palabras clave “diabetes 1”, “diabetes 2”, “smart insulin pen”, “smartpens” e “smartcap”, seleccionando estudos publicados entre 2020 e 2025 en español, inglés ou portugués. Resultados: Evidénciase unha mellora na xestión das doses mediante o uso do SmartPen e o SmartCap, xunto cunha optimización dos parámetros glicométricos, como a HbA1c, o TIR, o TBR, o TAR, o GMI ou a variabilidade glicémica. Ademais, apréciase un aumento na satisfacción e calidade de vida do doente, así como unha redución de custos grazas á incorporación destas novas ferramentas tecnolóxicas. Conclusións: O uso do SmartPen e SmartCap demostra múltiples beneficios no manexo da diabetes. Estas novas ferramentas permiten un rexistro preciso e automatizado das doses, minimizando erros e fomentando a adherencia ao tratamento. Os resultados evidencian unha mellora no control glicémico global, así como na xestión da insulinoterapia e na calidade de vida do doente.

Izquierdo Vázquez, Verónica Victoria Cotitoría
PAZOS COUSELO, MARCOS (Titoría)
Izquierdo Vázquez, Verónica Victoria Cotitoría
Tribunal
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
GANDOY CREGO, MANUEL (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
TAKKOUCHE SOUILAMAS, EL BAHI (Vogal)
Utilización da oxixenación con membrana extracorpórea na parada cardiorrespiratoria. Unha nova vía para incrementar a supervivencia.
Autoría
D.P.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
D.P.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Antecedentes: A pesar da técnica de reanimación cardiopulmonar (RCP) convencional, a parada cardio-respiratoria (PCR) presenta mortalidade alta. O uso da oxixenación con membrana extracorpórea (ECMO) podería mellorar a supervivencia e recuperación neurolóxica en pacientes seleccionados con PCR refractaria. Obxetivos: Avaliar os posibles beneficios do ECMO na PCR, incluíndo resultados clínicos, recuperación neurolóxica e complicacións e comparalos tendo en conta o medio intra ou extrahospitalario. Métodos: Nesta revisión sistemática estúdianse os beneficios do ECMO na PCR. Incluíronse estudios realizados en adultos publicados entre 2020 e 2025. Realizáronse búsquedas en 4 bases de datos empleando termos MeSH e DeCS combinados con operadores Booleanos. Seleccionáronse os artigos tras ser filtrados por criterios de inclusión e exclusión, e posteriormente por título, resumo e texto completo. Resultados: Incluíronse 7 estudios con máis de 27000 pacientes en total os cales demostraron que o ECMO aumentou a supervivencia fronte á RCP convencional. Tamén mostrou mellores resultados neurolóxicos a pesar de que a técnica relaciónase con maior risco de complicacións tales como hemorraxias. Conclusións: A pesar da heteroxeneidade dos estudos e das súas limitacións metodolóxicas, os resultados suxiren que o uso de ECMO na PCR pode mellorar a supervivencia e a recuperación neurolóxica en pacientes seleccionados.

FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL (Presidente/a)
GONZALEZ JARTIN, JESUS MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)

A atención de enfermería no glioma difuso de alto grao de tipo pediátrico: desafíos e avances terapéuticos
Autoría
M.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
O glioma difuso de alto grao de tipo pediátrico é un dos cancros infantís máis agresivos, cunha supervivencia moi baixa. A pesar de que a nova clasificación ampliou o abanico diagnóstico, a dificultade terapéutica segue a ser a principal problemática común a todos. Máis concretamente, o glioma de alto grao pediátrico IDH-salvaxe e H3-salvaxe, conta cunhas características moleculares e espaciais que dificultan tanto o seu diagnóstico como o seu plan terapéutico. Isto deriva na recorrencia tumoral cun mal prognóstico. A investigación activa resultou nun aumento de posibles terapias efectivas enfocadas á mellora da esperanza de vida. O obxectivo principal deste traballo é identificar os tratamentos actuais no glioma difuso de alto grao de tipo pediátrico H3-salvaxe e IDH-salvaxe. Ademais, describiranse as características moleculares deste e as súas principais limitacións asociadas ás súas opcións terapéuticas, así como o papel e coidados de enfermaría para os pacientes pediátricos. Levouse a cabo unha revisión narrativa, en diversas bases de datos, na que se elixiron un total de 12 artigos segundo os criterios de selección establecidos previamente. Os estudos revisados resaltan unha gran variedade terapéutica prometedora en fases preclínicas ou clínicas, sendo a inmunoterapia pola que apostan a gran maioría. A investigación activa existente achega continuamente novos posibles tratamentos enfocados a establecer un efectivo e universal. Os autores destes artigos destacan a problemática anatómica e molecular do tumor que dificulta a efectividade terapéutica. É necesario vencer ditas problemáticas para poder conseguir un tratamento efectivo. As competencias de enfermaría na atención de pacientes con este tumor abarcan todo o seu proceso, dende o diagnóstico e tratamento ata o seguimento ou coidados paliativos. O papel da enfermaría resulta esencial e un apoio para moitos pacientes e familiares.

Proxecto de Investigación. Actividade Física como Estratexia de Prehabilitación no Cancro de Mama.
Autoría
C.R.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.R.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. O cancro de mama representa un importante problema de saúde na actualidade. A evidencia científica amosa os beneficios do exercicio físico como hábito de vida saudable nas distintas fases do proceso oncolóxico, tanto a nivel físico como psicosocial, e ata como medida preventiva. Con todo, a súa integración dende os niveis asistenciais máis básicos e accesibles como na atención Familiar e Comunitaria continúa sendo escasa e moi necesaria. Obxectivos. Este proxecto de investigación pretende deseñar e avaliar a viabilidade e impacto dun programa de prehabilitación física en mulleres cun diagnóstico de cancro de mama na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Métodos. Proponse o desenvolvemento dunha intervención dende os Centros de Saúde de xeito multidisciplinar, que comprende diferentes sesións de exercicio físico, tanto de actividade aeróbica como de forza. Desenvolverase un estudo cuasi-experimental pre-post, composto por dous grupos de pacientes que cumprirán criterios clínicos específicos e serán avaliadas tanto ao comezo como ao final da intervención con indicadores como a capacidade cardiorrespiratoria, forza muscular, densidade ósea e calidade de vida. Tamén se medirá a satisfacción e a adherencia ao programa. Resultados esperados. Espérase un mantemento ou mellora da funcionalidade física e do benestar emocional das pacientes. Ademais, espérase amosar a viabilidade organizativa dun proxecto integrado de exercicio físico na Atención Primaria para pacientes oncolóxicas cun enfoque individualizado, accesible e baseado na evidencia científica.

Ictus isquémico: comparación a nivel europeo
Autoría
A.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introducción: O ictus é unha enfermidade neurolóxica aguda causada por alteracións na circulación cerebral, xa sexa por rotura de vasos sanguíneos (ictus hemorráxico) ou por obstrución do fluxo sanguíneo (ictus isquémico), sendo este último o máis frecuente. Os síntomas máis habituais inclúen debilidade nun lado do corpo, dificultade na fala, perda de visión, dor de cabeza intensa e mareos. Obxectivo: Analizar as distintas guías para o manexo do Código Ictus en diferentes países de Europa, entre eles España, comparar eses plans de actuación coas recomendacións da Organización Europea do Ictus e analizar os Código Ictus das Comunidades Autónomas de España. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica sistemática tipo Prisma, 2020. Para recompilar a información empregáronse as bases de datos, motores de busca e páxinas institucuionais como PubMed, Google Académico, a editorial Elsevier, as páxinas oficiais do Sistema Nacional de Saúde de cada Comunidade Autónoma de España, a páxina web oficial da Organización Europea de Ictus, a páxina web oficial da National Clinical Guideline for Stoke for the United Kingdom and Ireland e a páxina web oficial da Asociación Italiana de Ictus. Resultados: Evaluáronse 23 artigos que trataban o manexo do ictus en diferentes países de Europa, entre eles España e as súas 17 Comunidades Autónomas, e as características das Unidades e Equipos Ictus presentes no territorio español. Conclusións: A análise dos plans de actuación no ictus en España, Italia, Reino Unido, Irlanda e Portugal revela semellanzas no tratamento do ictus agudo, pero tamén importantes diferenzas en aspectos como a prevención primaria e secundaria, o traslado hospitalario e a rehabilitación. No caso de España, aínda que o manexo clínico é semellante entre Comunidades Autónomas, existen desigualdades na distribución e dotación das Unidades e Equipos de Ictus.

Características e factores condicionantes da práctica de actividade física en estudantado universitario.
Autoría
S.R.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.R.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A actividade física (AF) achega múltiples beneficios, non obstante, un 31% da poboación adulta non a practica, sendo este déficit maior no estudantado universitario. Factores como as motivacións, barreiras percibidas, o xénero, a rama de estudos, o contorno e consumo de substancias inflúen na súa práctica. Obxectivos: O obxectivo principal é analizar a práctica de AF no alumnado da USC e as principais motivacións e barreiras percibidas. Como obxectivos secundarios preténdese examinar a influencia do xénero, rama de coñecemento e consumo de substancias nesta práctica. Metodoloxía: Estudo observacional, transversal e descritivo con 2318 estudantes da USC. Administrouse un cuestionario en 2023 sobre AF, motivacións, barreiras e consumo de substancias. Realizouse unha análise bivariada con SPSS v27. Resultados: O 54,7% do estudantado non cumpre as recomendacións de AF moderada da OMS e o 66,6% non cumpre as de actividade intensa. A principal motivación para practicala é a mellora da forma física (48,7%). A principal barreira, a falta de tempo (61,7%). O xénero masculino cumpre máis as recomendacións de AF intensa que o feminino (52,5% vs 27%) tendo como motivacións a competición e as relacións sociais, respectivamente. O estudantado de ramas distintas a Ciencias da Saúde cumpre máis as recomedacións de AF moderada (48,1%) e intensa (41,4%). O mesmo ocorre coas persoas que consumiron alcol algunha vez (46,4% para AF moderada e 42,1% para AF intensa). Conclusións: Dado o baixo nivel de AF no estudantado, faise importante a posta en marcha de proxectos que fomenten a práctica de AF na Universidade, adaptando a oferta á realidade diaria do estudantado e tendo en conta os seus condicionantes específicos.

Percepción de Pacientes e Enfermeiros sobre as Semaglutidas como Estratexia para a Pérdida de Peso
Autoría
N.R.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.R.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introducción O alarmante aumento da prevalencia do sobrepeso, con case 250 millóns de persoas afectadas en todo o mundo, suscitou a búsqueda de novas estratexias para a súa abordaxe. As semaglutidas, indicadas orixinalmente para o tratamento da diabetes mellitus tipo 2, cobraron maior importancia recentemente polo seu efecto secundario de pérdida de peso. Aínda que é o fármaco que demostrou maiores pérdidas de peso ata o momento, o seu uso xenerou controversias debido ó seu crecente empleo con fins estéticos, e ó conseguinte desabastecemento que dificulta o acceso aos pacientes diabéticos. A pesar da relevancia do tema, descoñécese a percepción ética e práctica de pacientes e enfermeiros sobre a prescripción deste tipo de fármacos. Obxectivo Con este proxecto de investigación preténdese determinar a preferencia de pacientes e enfermeiros acerca do uso de semaglutidas para a pérdida de peso en comparación coa práctica de estilos de vida saudábeis. Metodoloxía Tipo de estudo: observacional, descriptivo de corte transversal. Ámbito de estudo e criterios de selección: incluiranse a) pacientes de ambos sexos, maiores de idade que acudan a consulta ao Centro de Saúde de Conxo e; b) enfermeiros da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, en activo, e de ambos sexos. Tamaño da mostra e reclutamento dos participantes: un total de 343 pacientes e 452 enfermeiros serán captados mediante mostraxe non probabilística de conveniencia. Recollida de datos: levarase a cabo mediante cuestionarios autoadministrados elaborados ad hoc. O cuestionario para enfermeiros consta de 18 preguntas, que abordan aspectos sociodemográficos, coñecementos, seguridade e percepción sobre as semaglutidas. O cuestionario para pacientes consta de 23 preguntas, que abordan aspectos sociodemográficos, coñecementos, seguridade e percepción sobre as semaglutidas, así como alternativas ás semaglutidas.

Mosteiro Miguéns, Diego Gabriel Cotitoría
NOVIO MALLON, SILVIA (Titoría)
Mosteiro Miguéns, Diego Gabriel Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL (Presidente/a)
GONZALEZ JARTIN, JESUS MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
FERNANDEZ VARELA, JUAN MANUEL (Presidente/a)
GONZALEZ JARTIN, JESUS MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Influencia de variables organizacionais no abandono da lactación materna nunha mostra de mulleres da Comunidade Autónoma de Galicia.
Autoría
L.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O leite materno é o alimento máis completo para o lactante e, por iso, a OMS recomenda a súa exclusividade ata os 6 meses. En España, a pesar de que existen permisos laborais e se recomendan outras medidas de apoio á lactación, como os descansos durante a xornada laboral e a creación de salas acondicionadas, unha de cada tres nais abandona o amamantamento por non lograr compatibilizalo co traballo. Obxectivo: Analizar a influencia de variables organizacionais no abandono da lactación materna nunha mostra de mulleres da Comunidade Autónoma Galega. Metodoloxía: Estudo observacional, descritivo e transversal. A poboación a estudo está composta por 693 nais, cuxos fillos naceron en Galicia entre os anos 2018 e 2024 e que lactaron, polo menos, ata a proximidade da reincorporación laboral. Os datos recolléronse mediante un cuestionario elaborado ad hoc que se difundiu por redes sociais. Nel estudáronse variables sociodemográficas e organizacionais. Resultados: O 57,29% das nais non sufriu repercusión algunha ao reincorporarse ao traballo, o 36,07% reduciu a cantidade de leite materna e o 6,64% abandonou por completo a lactación. O impacto foi maior entre as que se incorporaron antes dos 6 meses (chi2 = 4,802; p-valor = 0,028). Estableceuse relación estatisticamente significativa entre a xornada laboral e a influencia na duración desexada de lactación (chi2 = 4,802; p-valor = 0,028), así como entre a dispoñibilidade de salas de lactación e o mantemento do amamantamento (chi2 = 368,769; p-valor = 0,000). Só o 13% das nais dispoñía dun destes espazos. O 79,8% consideran clave os permisos na conciliación. Conclusión: Débense crear máis salas adecuadas á lactación nos lugares de traballo, fomentar os descansos durante a xornada laboral e aumentar os permisos para o coidado do lactante.

Anticoncepción hormonal: unha revisión bibliográfica
Autoría
L.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
L.R.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A anticoncepción hormonal é amplamente empregada en países desenvolvidos, tanto para evitar embarazos como para tratar trastornos hormonais, en forma combinada ou só con proxestáxenos. Porén, dende principios de 2010 librouse un importante debate ao redor da súa eficacia e potenciais efectos secundarios. Obxectivo: Analizar os efectos da anticoncepción hormonal na saúde das mulleres. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica entre os meses de decembro de 2024 e abril de 2025 nas bases de datos Medline (Pubmed) e Sciencedirect. Para iso, utilizáronse os termos: anticoncepción oral, anticoncepción hormonal, anticoncepción de emerxencia, efectos secundarios, levonorgestrel e cancro de mama. Resultados: Seleccionáronse 14 estudos (cinco revisións sistemáticas (dúas delas con metaanálisis incluídos) e cinco narrativas, dous estudos observacionais, un estudo descritivo e unha guía clínica). Os estudos revisados poñen de manifesto un lixeiro aumento do risco de cancro de mama en usuarias actuais ou recentes de anticonceptivos hormonais combinados, especialmente con uso prolongado ou inicio temperán. Por outra banda, confírmase que o levonorgestrel é un anticonceptivo de emerxencia eficaz, cuxos efectos adversos adoitan ser leves e transitorios. Conclusións: Os anticonceptivos orais e a anticoncepción de emerxencia representan un gran progreso no control da fertilidade e da autonomía reprodutiva. Aínda que poden presentar certos riscos e efectos secundarios, teñen un papel fundamental na planificación familiar e a prevención de embarazos non desexados. A práctica clínica, require unha prescrición consciente e baseada na evidencia.

GARCIA ALONSO, ANGEL (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Vogal)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Vogal)
Avances na detección precoz de ictus: escalas clínicas, dispositivos portátiles e biomarcadores
Autoría
S.R.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.R.V.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: o ictus é unha alteración do fluxo sanguíneo cerebral que representa unha das principais causas de mortalidade e discapacidade a nivel mundial. O diagnóstico precoz é esencial, e ferramentas como escalas clínicas, biomarcadores e dispositivos portátiles de imaxe poderían optimizalo usadas en combinación. Xustificación e obxectivos: o ictus supón unha emerxencia médica de alto impacto. O obxectivo principal é avaliar o impacto da combinación de escalas clínicas con biomarcadores e dispositivos portátiles de imaxe. Os obxectivos secundarios consisten en revisar cada unha destas ferramentas de diagnóstico. Hipótese: a combinación destas ferramentas mellora a precisión diagnóstica, evitando traslados innecesarios e reducindo a saturación dos centros especializados. Métodos: realizouse unha revisión bibliográfica segundo a Declaración PRISMA 2020, consultando bases de datos como Pubmed, Medline ou SciELO, así como revistas científicas. Incluíronse artigos recentes e/ou relevantes en inglés e español sobre ictus, escalas, biomarcadores, dispositivos de imaxe e diagnóstico prehospitalario. Resultados: detállanse escalas clínicas con boa sensibilidade e aplicabilidade, como RACE, LAMS e CPSSS. Os biomarcadores como NR2, S100B ou Dímero D proporcionan información rápida e obxectiva. Os dispositivos portátiles de imaxe, como os de microondas e a espectroscopia de impedancia, mostran bos resultados diagnósticos. A súa combinación mellora a precisión do diagnóstico. Discusión e conclusións: esta revisión analiza tres ferramentas diagnósticas, destacando a mellora que a súa combinación suporía para o diagnóstico, xa que o enfoque multimodal aumenta a sensibilidade e a especificidade. Recoméndase promover a investigación para a aplicación prehospitalaria a futuro.

Percepción dos profesionais de enfermaría sobre o emprego de lentes intelixentes ou smart glasses.
Autoría
M.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
- INTRODUCIÓN: As smart glasses ou lentes intelixentes son dispositivos electrónicos portátiles, similares a unhas lentes convencionais, que permiten visualizar información dixital e comunicarse en tempo real sen necesidade de utilizar as mans. Polas súas características, o seu uso comezou a introducirse no ámbito da enfermaría, onde se exploran as posibles achegas á práctica clínica, xerando á súa vez diferentes opinións entre os/as profesionais que as utilizan. - OBXECTIVOS: Partindo da hipótese de que os/as profesionais de enfermaría perciben as lentes intelixentes como unha ferramenta útil que pode mellorar o ámbito asistencial, o obxectivo desta revisión é analizar a percepción que teñen sobre elas os/as enfermeiros/as que as empregaron, así como identificar os beneficios e limitacións que presentan na súa aplicación. - METODOLOXÍA: Realizouse un estudo de revisión bibliográfica buscando artigos nas bases de datos PubMed, Scopus e Google Scholar. Inicialmente localizáronse 74 artigos, dos cales, tras aplicar criterios de inclusión e exclusión previamente definidos, seleccionáronse 9 que cumprían cos obxectivos establecidos no estudo. - RESULTADOS: As enfermeiras que participaron nos estudos revisados describen a súa experiencia coas smart glasses como maioritariamente positiva, destacando a súa utilidade en situacións clínicas. Valoran a posibilidade de acceder á información sen deixar de atender á persoa e mellorar a comunicación co equipo. Porén, tamén sinalan inconvenientes como problemas técnicos, incomodidade física e preocupacións relacionadas coa privacidade da persoa atendida. - CONCLUSIÓNS: As smart glasses son percibidas como unha ferramenta prometedora para o entorno da enfermaría, sempre que a súa implementación se acompañe de formación e soporte técnico. Con todo, existen limitacións na súa posta en práctica que requiren máis investigación e adaptación á realidade asistencial.

Apoio en momentos críticos: efectividade da implantación da guía de acollida para as familias na UCIP
Autoría
T.R.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
T.R.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución. Na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos do Hospital Clínico Universitario de Santiago carecíase dunha guía de acollida específica para as familias que ingresaban na unidade. Co propósito de avanzar cara á humanización dos coidados, implantouse unha guía dirixida ás familias para axudalas durante a hospitalización. É importante avaliar a satisfacción das familias coa guía durante a estancia hospitalaria co fin de garantir a súa utilidade e mellora en próximas versións. Obxectivo. Analizar o nivel de satisfacción das familias respecto á guía de acollida que se lles proporciona ao ingreso na unidade. Material e métodos. Estudo observacional prospectivo dirixido ás nais, pais e titores legais dos nenos ingresados na Unidade de Coidados Intensivos. Desenvolveuse nos meses de marzo e abril de 2025. Empregouse a técnica de mostreo por conveniencia. Distribuíronse un total de 30 formularios de 16 preguntas, avaliaron as seguintes variables mediante unha escala do 1 ao 10: comprensión, organización e utilidade da guía, información da unidade, impacto comunicativo e emocional e formato. Resultados. A mostra foi de 21 participantes. Os items que valoraron a comprensión, organización e utilidade da guía obtiveron unha puntuación media de 9,2 ou superior. A avaluación da información sobre a unidade obtivo de 9,1-9,5 de media. As que avaliaron o impacto comunicativo e emocional obtiveron medias de 8,3-8,6. Incluir novos formatos obtivo unha media de 8,3. Conclusións. O grao de satisfacción coa guía é elevado. Considérase que a información aportada cobre as necesidades básicas das familias e as axuda durante o proceso de hospitalización. Os resultados obtidos mostran que a guía é unha ferramenta útil que se incorporará habitualmente para mellorar a calidade asistencial e fomentar a humanización dos coidados.

Revisión bibliográfica sobre rehabilitación cardíaca e o manexo por enfermaría
Autoría
C.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.R.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Os programas de rehabilitación cardíaca (PRC) buscan mellorar a supervivencia e a calidade de vida dos pacientes cardiópatas, os aspectos psicolóxicos e sexuais, as relacións sociais, e aumentar a taxa de reincorporación laboral, evitando os reingresos. Obxectivos: Avaliar a relevancia asistencial da enfermaría neste ámbito, detectar posibles aspectos a mellorar nos PRC dirixidos pola enfermaría e facer unha comparativa entre o seguimento en liña e presencial. Métodos: Realizouse unha revisión da bibliografía publicada entre 2020 e 2025 en diferentes bases de datos como Scielo, Scopus, Medline e Cinhall. Resultados: A intervención da enfermaría nestes doentes consegue diminuír a mortalidade, os reingresos hospitalarios, a duración da hospitalización e as taxas de complicacións, así como tamén mellora significativamente a calidade de vida, favorecendo parámetros físicos, psicolóxicos e sociais. Non obstante, segue a ser necesario un reforzo da formación das enfermeiras neste ámbito e na procura de estratexias innovadoras para mellorar a adherencia. Xa que, a pesar das limitacións tecnolóxicas, os resultados suxiren que a RC en liña pode ser unha alternativa eficaz, flexible e inclusiva. Conclusión: O papel da enfermaría é clave nos PRC, non só como executora na práctica clínica, senón tamén como xestora e innovadora no deseño e adaptación de modelos de RC. Pero para iso é importante que se ofreza formación específica e continuada a estes profesionais, da cal os pacientes poidan obter o maior proveito.

Eficacia da Terapia de Presión Negativa no tratamento de Úlceras de Pé Diabético: unha revisión bibliográfica
Autoría
S.S.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
S.S.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A úlcera de pé diabético (UPD) é unha posible complicación da diabete mellitus (DM), sendo o principal motivo de amputación non traumática e deteriorando a calidade de vida dos pacientes. A terapia de presión negativa (TPN) aparece xunto con outras terapias avanzadas como unha opción no manexo de feridas de difícil cicatrización, estudandose nos últimos anos a súa aplicación nas UPD. Obxectivo: Determinar a eficacia da TPN no tratamento de UPD Metodoloxía: Levouse a cabo unha revisión bibliográfica segundo a declaración PRISMA 2020 nas bases de datos PubMed, Scopus, Web of Science, Cinahl e Dialnet. Resultados: Os resultados obtidos na maioría de estudos indican que a TPN é significativamente superior a outras modalidades de tratamento nos indicadores avaliados: formación de tecido de granulación, redución da área da ferida, porcentaxe de pacientes en acadar a curación e o tempo necesario en alcanzala. Conclusión: A TPN demostrou superioridade nos indicadores avaliados para determinar a eficacia, pero precísanse ampliar os estudos en contextos sanitarios que se asemellen máis ao español, así como estudos cualitativos que permitan coñecer a opinión e experiencia dos pacientes en tratamento con TPN.

RODRIGUEZ GONZALEZ, RAQUEL (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA ALONSO, ANGEL (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Vogal)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Presidente/a)
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Secretario/a)
GARCIA COUCEIRO, NURIA (Vogal)
Efectividade da rehabilitación cardíaca postinfarto na mortalidade, hospitalización e calidade de vida: revisión sistemática segundo PRISMA 2020
Autoría
C.S.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.S.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O infarto agudo de miocardio (IAM) continúa sendo unha das principais causas de morbimortalidade a nivel global. A pesar da efectividade demostrada dos programas de rehabilitación cardíaca (RC), a súa implementación segue a ser limitada. Obxectivo: Avaliar a efectividade da RC na redución da mortalidade, rehospitalizacións e mellora da calidade de vida en pacientes postinfarto. Métodos: Realizouse una revisión sistemática conforme a PRISMA 2020. A procura bibliográfica foi levada a cabo entre xaneiro e abril de 2025 en PubMed, Scopus, CINAHL, MEDLINE e ScienceDirect. Incluíronse estudos en adultos (maiores de 18 anos) publicados en inglés ou castelán entre 2020 e 2025. Aplicáronse criterios de inclusión baseados no modelo PICOS. Resultados: Incluíronse 12 estudos cun total de 119.301 pacientes. A RC amosou unha redución do risco de mortalidade (especialmente en mulleres), menor taxa de reingresos hospitalarios e eventos cardiovasculares maiores (MACE), así como unha melloría significativa na calidade de vida física, emocional e social. Discusión: Malia que algúns estudos amosen limitacións metodolóxicas ou heteroxeneidade nas intervencións, a evidencia xeral apoia a implementación sistemática da RC como ferramenta eficaz na abordaxe abordaje integral postinfarto. Conclusión: A RC asóciase cunha diminución relevante na mortalidade, hospitalizacións e mellora da calidade de vida, especialmente cando se inicia precozmente. Financiación: Non se declara financiación externa. Rexistro: Non aplica.

Influencia do consumo de cánnabis no desenvolvemento da esquizofrenia.
Autoría
I.S.T.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
I.S.T.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: a esquizofrenia é un trastorno mental complexo resultado da interacción entre dotación xenética e unha serie de factores neurobiolóxicos e ambientais. Entre os factores ambientais, o consumo de substancias psicoactivas xoga un papel relevante. Neste traballo, prestarase especial atención ao consumo de cánnabis, coa finalidade de analizar ata que punto pode actuar como factor de risco ou detonante no desenvolvemento da esquizofrenia. Obxectivo: analizar a influencia do consumo de cánnabis no desenvolvemento da esquizofrenia e determinar os factores de risco asociados ao consumo. Metodoloxía: realizouse unha busca bibliográfica nas bases de datos PubMed, Google Scholar e SciELO, ademais de revistas como The Lancet e Translational Phychiatry e datos procedentes de enquisas e informes publicados por organismos oficiais, como o Ministerio de Sanidade. Da busca total de 383 artigos, fíxose unha selección de 12 para a súa análise final. Resultados: os estudos analizados apuntan a unha asociación significativa entre o consumo de cánnabis e o desenvolvemento da esquizofrenia, especialmente en persoas con predisposición xenética. Evidencias recentes suxiren unha posible relación causal, mentres que outros destacan unha interacción complexa entre factores ambientais e biolóxicos. Variables como a frecuencia, a potencia do cánnabis e a idade de inicio emerxen como elementos clave na modulación do risco. Conclusión: O consumo de cánnabis non constitúe unha causa directa da esquizofrenia, senón que actúa como un factor ambiental que pode influír no desenvolvemento da enfermidade en suxeitos predispostos. A evidencia suxire que variables como a idade temperá de inicio, a frecuencia de uso e a elevada potencia da substancia configuran un perfil de maior vulnerabilidade. Esta perspectiva multifactorial pon de manifesto a importancia de implementar medidas preventivas orientadas a poboacións sensibles.

Diagnostico precoz da enfermidade de alzheimer mediante tomografia por emision de protones revision sistematica
Autoría
G.S.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
G.S.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
12.02.2025 10:00
12.02.2025 10:00
Resumo
A Enfermidade de Alzheimer (EA) é o tipo máis común de demencia, a Tomografía por Emisión de Positróns (PET) é empregado en neuroloxía para o diagnóstico precoz de demencias entre elas a EA. Para este tipo en concreto é empregado o PET FDG, PET amiloide e PET tau. Obxectivos: O obxectivo xeral desta revisión é avaliar a evidencia científica da PET na EA e como obxectivos específicos avaliar a eficacia da PET no diagnóstico da EA e estudar a información proporcionada por cada un dos FDG PET, PET amiloide e PET. técnicas PET tau.

Aguiar Fernández, Pablo (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo (Titoría)
Tribunal
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
FARALDO ROCA, PEDRO (Presidente/a)
JORGE SOTO, CRISTINA (Secretario/a)
MUÑOZ PATIÑO, ANA MARIA (Vogal)
Estrés laboral no persoal de enfermería en atención especializada: revisión bibliográfica
Autoría
M.D.P.S.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.D.P.S.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
Introdución: O estrés laboral en enfermería é unha resposta a demandas que superan as capacidades do individuo, especialmente en contornas de alta presión. Isto xera esgotamento emocional, trastornos físicos e psicolóxicos, como ansiedade e depresión. Ademais, afecta a calidade da atención, aumentando o risco de erros médicos e reducindo a satisfacción do paciente. O burnout impacta directamente no benestar dos enfermeiros e o seu desempeño profesional. Obxectivos: os obxectivos principais desta revisión foron coñecer os factores de risco asociados o estrés no persoal de enfermería e avaliar a efectividade das intervencións contra o estrés. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática seguindo as pautas PRISMA 2020 para avaliar estudos sobre o estrés en enfermeiros en unidades médico-cirúrxicas. A procura bibliográfica incluíu artigos en inglés e español das bases de datos PubMed, Scopus, SciELO e WOS. Seleccionáronse 12 estudos relevantes, utilizando criterios específicos de inclusión e exclusión. Empregandose as ferramentas New Castle Otawa e CASPe para asegurar a calidade dos artigos seleccionados. Resultados: O esgotamento en enfermeiras é influenciado por diversos factores como a autorrealización, o idadismo, a personalidade, a satisfacción laboral e os problemas de soño. Estudos mostran que os ambientes laborais negativos, a falta de satisfacción profesional e as experiencias persoais de estrés e discriminación poden aumentar o risco de burnout. Intervencións como a intelixencia artificial, mindfulness, relaxación, ioga e programas educativos mostráronse efectivas para reducir o estrés e mellorar o benestar. Estas estratexias non só axudan a mitigar o esgotamento emocional, senón que tamén promoven a calidade de vida laboral e persoal das enfermeiras. Conclusións: O burnout en enfermería é un fenómeno complexo influído por factores persoais, laborais e sociais. As intervencións deben abordar tanto o benestar individual como as condicións laborais, promovendo unha contorna inclusiva e flexible. A autorrealización, a satisfacción por compaixón e o equilibrio vida-traballo son factores protectores clave para previlo.

COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)

A Enfermidade de Alzheimer: comunicación e coidados de enfermaría en centros de maiores.
Autoría
M.S.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.S.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Alzheimer (EA) é unha patoloxía neurodexenerativa, progresiva e incurable con aparición habitual na poboación maior a 65 anos. A medida que avanza, provoca deterioro cognitivo afectando a área física, psíquica e social de quen a sofre. En moitas ocasións, o destino destes pacientes son os centros de maiores, nos que a figura da enfermeira é clave para ofrecer coidados personalizados e humanizados. Obxectivos: O obxectivo principal é describir os coidados de enfermaría para o adecuado manexo dos pacientes con EA en etapa moderada ou grave. Ao mesmo tempo que determinar as características para unha comunicación interpersoal eficaz cos pacientes e propoñer unha serie de intervencións e actividades enfermeiras centradas nos diagnósticos identificados. Metodoloxía: Este traballo trátase de unha revisión bibliográfica sistemática empregando as bases de datos PubMed, CINAHL, Scopus, Dialnet, WoS e Medline. Os termos MeSH Alzheimer disease, nurs* care, nursing homes e communication e os correspondentes DeCS, combináronse entre si en ecuacións de búsqueda mediante o operador booleano AND. Resultados: Os resultados mostran intervencións de enfermaría, incidindo nas esferas física, psíquica e social para un correcto manexo do paciente con EA. Ao tratarse de unha enfermidade progresiva e incurable, definir uns coidados paliativos que preserven o confort e a dignidade é primordial para o manexo do paciente. Así mesmo é imprescindible establecer unha comunicación efectiva profesional-paciente, facilitando intervencións e características para que isto se cumpra. Conclusión: Ofrecer uns coidados humanizados e personalizados é clave para un correcto manexo do paciente con EA. A figura enfermeira debe aplicar a teoría holística para suplir as necesidades do paciente cambiantes a medida que se desenvolve a enfermidade. Mediante intervencións non farmacolóxicas é posible crear un impacto de mellora en varios aspectos da enfermidade e axudar así pasar a enfermidade con dignidade e confort.

Evolución das competencias no uso do DESA en escolares de Secundaria: análise lonxitudinal dun programa formativo de tres anos.
Autoría
M.S.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.S.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
INTRODUCIÓN: No ámbito europeo e español, a parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria (PCREH) constitúe unha das principais causas de mortalidade. Intervir de forma rápida e eficaz mediante técnicas de SVB é fundamental para incrementar notablemente as taxas de supervivencia, así como utilizar de maneira precoz dispositivos DESA, podendo chegar a aumentar as probabilidades de supervivencia nun 70% cando a desfibrilación é temperá. Neste contexto, o ámbito educativo representa un entorno estratéxico e fundamental para aplicar estas competencias á poboación, impulsándoas desde idades temperás. OBXECTIVO: Avaliar o progreso das habilidades e competencias adquiridas polos escolares durante o programa formativo sobre o uso do DESA, en tres cursos académicos consecutivos. MÉTODOS: Realizouse un estudo de simulación controlada cun deseño cuasi-experimental, no que participaron 168 escolares da ESO. Estes recibiron unha formación práctica inicial sobre SVB e uso do DESA, así como unha formación anual impartida polo profesor de Educación Física como recordatorio, durante as tres edicións levadas a cabo. Cada edición constou de dúas sesións de 50 minutos. Os datos recolléronse mediante unha folla de avaliación estandarizada para valorar o desempeño dos escolares ante o mesmo escenario de simulación. RESULTADOS: Observáronse melloras significativas nalgunhas dimensións a medida que avanzaban as edicións. A solicitude do DESA (D1) (p menor de 0,001), a súa colocación tras a chegada (D2) (p menor de 0,001), a aplicación de compresións mentres se carga (D6) (p=0,002) e a descarga (D8) (p=0,021) foron as competencias que presentaron melloras máis significativas. Non se atoparon diferenzas significativas por xénero ou curso. CONCLUSIÓNS: O programa formativo demostrou certa efectividade para mellorar progresivamente as habilidades dos escolares no manexo do DESA. Aínda que non todas as dimensións alcanzaron melloras estadísticamente significativas, observáronse avances relevantes en varias delas. Destácase a importancia de seguir reforzando os contidos de SVB e uso do DESA entre os escolares.

O plan de parto en España: revisión sistemática e cuestións éticas dende a perspectiva enfermeira
Autoría
N.S.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
N.S.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
O plan de parto é unha ferramenta mediante a cal a muller que vai dar a luz pode deixar por escrito os seus desexos con respecto ao curso do parto. Este documento é un nexo entre profesional e paciente, que facilita o respecto da autonomía da parturiente. Idealmente, a realización do plan sería levado a cabo entre a futura nai e a matrona nunha consulta que tería lugar entre as semanas 28 e 32 da xestación. Este traballo realiza una revisión sistemática sobre os plans de parto existentes en España, na sanidade pública, para establecer unha comparativa entre os distintos plans de parto das diferentes comunidades autónomas. O obxectivo é coñecer as súas coincidencias e diferencias, incidindo nos aspectos máis polémicos e discutidos, e explicando o papel da enfermería en canto a creación do plan de parto e a súa intervención nas diferentes etapas. Tamén se analizan as cuestións éticas mais salientables, principalmente en relación cos límites da autonomía das pacientes e a actuación profesional.

TABERNERO DUQUE, MARIA JESÚS (Titoría)
TABERNERO DUQUE, MARIA JESÚS (Titoría)
Tribunal
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
Traballo Fin de Grao. Aplicacións terapéuticas dos agonistas dos receptores do GLP-1. Revisión bibliográfica.
Autoría
M.T.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.T.S.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
Os GLP-1 (glucagon-like-peptide-1) son hormonas incretinas liberadas polas células L do íleo ou colon, que actúan a través dos receptores que se atopan presentes en varias partes do corpo, en resposta á inxesta de alimento, xogando un papel chave na regulación do metabolismo da glicosa. O interese nos agonistas dos receptores GLP-1 (GLP-1RA) aumentou debido ao seu papel no tratamento da diabetes tipo 2 (DM2) e a obesidade. Ambas condicións están estreitamente relacionadas con outras patoloxías como a cardiovascular, neurolóxica ou hepática, motivo polo cal se establece como obxectivo determinar a repercusión deste tratamento en ditas patoloxías. Para iso revisáronse as bases de datos PubMed, Cochrane e Medline, obtendo un total de 14 ensaios clínicos que cumprían os criterios de inclusión e exclusión establecidos. En base a isto, podemos indicar que os GLP-1RA demostraron ser efectivos non só para o control glicémico e o peso corporal, senón tamén na incidencia de eventos cardiovasculares ou na neuroprotección. Do mesmo xeito, o tratamento con GLP-1RA móstrase como unha opción favorable en certos casos da doenza do fígado graxo non alcólico, onde a alternativa terapéutica é escasa. Pódese concluír que os tratamentos con GLP-1RA demostraron un potente efecto antihiperglicemiante con baixo risco de hipoglicemia, reducindo o peso en doentes con sobrepeso ou obesidade e proporcionando protección cardiovascular e renal. Porén, o seu uso pode verse limitado principalmente polo seu alto custo e por ser de administración subcutánea, agás a Semaglutida que tamén pode administrarse por vía oral. Con todo, os datos actuais avalan o uso dos GLP-1RA en diversas patoloxías o que abre o abano a novas opcións terapéuticas, posicionando a estes fármacos como unha opción prometedora máis alá do control metabólico.

GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Tribunal
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
Rehabilitación e coidado en afasia: unha revisión sistemática sobre o papel actual e potencial da enfermaría.
Autoría
V.T.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
V.T.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
Introdución: A afasia é unha alteración da linguaxe adquirida tras un dano cerebral, que afecta tanto á comunicación funcional como ao benestar psicosocial das persoas que a padecen. Debido á importancia da comunicación entre paciente e persoal de enfermaría para asegurar un bo manexo clínico e fomentar un estado emocional positivo nos pacientes, é importante analizar e reflexionar sobre o papel da enfermaría nas intervencións deseñadas para pacientes con afasia. Obxectivo: Analizar as intervencións previstas no manexo e rehabilitación de pacientes adultos con afasia, con especial atención ao papel da enfermaría nelas. Determinar se sería necesario reforzar o labor do persoal de enfermaría. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática segundo PRISMA, consultando as bases de datos PubMed, CINAHL e Web of Science, mediante a aplicación de ecuacións de busca en función da pregunta de investigación PIO. Incluíronse estudos primarios publicados entre 2014 e 2025, en inglés ou castelán. A calidade metodolóxica destes estudos foi avaliada con ferramentas CASPe e JBI. Resultados: Seleccionáronse 13 estudos con resultados, e 5 protocolos. As intervencións máis efectivas foron aquelas personalizadas, intensivas e centradas na funcionalidade. A implicación da enfermaría foi escasa, aínda que estudos cualitativos revelaron vontade por parte deste persoal en participar máis activamente no proceso rehabilitador. Conclusión: O manexo da afasia é un campo de investigación activo, no que non existe polo momento unha estratexia terapéutica universal, requiríndose a individualización do tratamento. Co enfoque actual, a enfermaría ten un papel secundario, pero dada a importancia do seu labor, conclúese como necesaria a súa formación e inclusión en guías de coidados neste campo, o cal permitirá ofrecer coidados de calidade e contribuír ao proceso de rehabilitación dos pacientes.

VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
VIEITES PRADO, ALBA (Titoría)
Tribunal
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
Análise do estado cognitivo e da sintomatoloxía de depresión en pacientes con ictus isquémico ou Accidente Isquémico Transitorio.
Autoría
C.T.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.T.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
Introdución O ictus é unha das principais causas de discapacidade e mortalidade no mundo. Provoca secuelas motoras e complicacións neuropsiquiátricas como o deterioro cognitivo e a depresión, afectando á calidade de vida e á recuperación funcional. Obxectivo Analizar o estado cognitivo e a sintomatoloxía depresiva en pacientes con ictus ou Accidente Isquémico Transitorio. Metodoloxía Realizouse un estudo analítico, observacional, de cohortes e prospectivo na Unidade de Neuroloxía e Neurocirurxía, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Resultados A mostra incluíu 36 pacientes (83,3% con ictus isquémico, 16,7% con accidente isquémico transitorio), cunha idade media de 69,17 anos (+/-11,71) e un 27,8% de mulleres. As puntuacións medias á alta e na consulta foron: depresión (8,03+/-9,63 e 6,08+/-6,83), estado cognitivo (26,7+/-3,62 e 28,31+/-2) e dependencia funcional (95,14+/-13 en ambos momentos). Identificáronse correlacións significativas entre a dependencia funcional á alta e na consulta (p=0,001), así como coa sintomatoloxía depresiva (p=0,001) e o deterioro cognitivo á alta (p=0,013) e na consulta (p=0,012). A dependencia funcional na consulta tamén se correlacionou coa sintomatoloxía depresiva á alta (p=0,001), na consulta (p=0,001), e co estado cognitivo á alta (p=0,047) e na consulta (p=0,022). A sintomatoloxía depresiva á alta correlacionouse coa sintomatoloxía na consulta (p=0,044) e co deterioro cognitivo á alta (p=0,007). O estado cognitivo á alta correlacionouse coa sintomatoloxía depresiva na consulta (p=0,026) e co estado cognitivo na consulta (p=0,002). Conclusión A análise suxire melloras no estado cognitivo e unha diminución da sintomatoloxía depresiva dende o alta ata a consulta de seguimento. As correlacións significativas entre dependencia funcional, estado cognitivo e sintomatoloxía depresiva resaltan a interrelación destes factores na recuperación. Estes achados subliñan a importancia dunha avaliación integral para optimizar a recuperación funcional.

Bermello López, Mª Lourdes Cotitoría
PEGO PEREZ, EMILIO RUBEN (Titoría)
Bermello López, Mª Lourdes Cotitoría
Tribunal
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
COSTA BESADA, MARIA ALICIA (Presidente/a)
Vidal Martínez, Sandra (Secretario/a)
Iglesias Vázquez, Jose Antonio (Vogal)
Plan de intervención sobre o control do estrés e ansiedade en deportistas non profesionas no Concello de Vedra: un estudo prospectivo
Autoría
M.V.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.V.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: O 33,6% dos deportistas de alto nivel experimentan síntomas de ansiedade grave, mais a bibliografía en poboación non profesional é escasa. O Concello de Vedra conta con varios clubs deportivos con equipos séniors e non se teñen reportado incidencias destacables de enfermidades mentais. Obxectivos: Deseñar e descubrir a efectividade dun plan de intervención educativo sobre o estrés e a ansiedade e o seu control en deportistas non profesionais en Vedra. Métodos: Trátase dun estudo prospectivo onde se avalía a eficacia dun plan de intervención para dotar os participantes de estratexias para controlar os niveis de estrés e ansiedade e aumentar o seu rendemento. Este plan baséase na terapia cognitivo-conductual e componse de 7 sesións repartidas en: final da tempada previa e principio e final da tempada seguinte. Para medir as variables do estudo utilizaranse as enquisas DASS-21, Enquisa do Estrés Percibido e unha enquisa proposta polo equipo investigador realizadas ao final da tempada deportiva previa e ao final da tempada do estudo.

SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Presidente/a)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Secretario/a)
GARCIA GARCIA, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Presidente/a)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Secretario/a)
GARCIA GARCIA, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
O ITB e o Eco-Doppler e a sua función nas feridas isquémicas de membros inferiores
Autoría
F.V.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
F.V.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
INTRODUCCIÓN: As feridas isquémicas de membros inferiores supoñen unha patoloxía que afecta a unha gran parte da poboación, como consecuencia, disminúe a calidade de vida. É por iso que durante os últimos anos estudiáronse novos métodos para o diagnóstico precoz e a prevención destas feridas. O ITB e o Eco-Doppler supoñen dous métodos non invasivos e moi empregados para a súa prevención e diagnóstico. O control do peso mais evitar o tabaco estúdianse como medidas preventivas deste tipo de feridas. MATERIAL E MÉTODOS: Tras determinar os criterios de inclusión e exclusión, foron seleccionados mediante unha lectura profunda e crítica 13 artículos. Para a súa búsqueda, utilizáronse distintas bases de datos e unhas palabras claves que xunto os operadores booleanos OR e AND permitiron encontrar artículos de interés. RESULTADOS E DISCUSIÓN: Incluíronse 13 artículos, os cales permitiron mediante datos valorar o grado da ferida, o tipo de cuidado e a prevención máis eficaz para evitar as feridas isquémicas do membro inferior. CONCLUSIÓN: O ITB e o Eco-Doppler son efectivos para o diagnóstico das feridas isquémicas de membro inferior. Malia isto, demóstrase cós hábitos diarios como evitar o tabaco ou un correcto uso do calzado, evitan a aparición das mesmas. Ademais, demóstras ca cura húmida segue sendo a mellor para unha correcta cicatrización.

Humanización en Unidades de Coidados Intensivos Neonatais
Autoría
A.V.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.V.C.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Co paso do tempo, os coidados aos neonatos nas UCIN evolucionaron de forma significativa. Na actualidade, búscase optimizar o potencial neurolóxico e o desenvolvemento dos recentemente nacidos prematuros para acadar unha mellor calidade de vida no futuro. Neste contexto nacen os Coidados Centrados no Desenvolvemento e na Familia, que promoven unha forma de coidado respectuosa e adaptada ás necesidades do recentemente nacido, así como a implicación directa das familias. Obxectivo: Realizar unha revisión sistemática sobre os coidados humanizados nas Unidades de Coidados Intensivos Neonatais. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica sistematizada, consultando bases de datos científicas (PubMed, SciELO, Cochrane Library), revistas científicas (Elsevier), páxinas web de asociacións profesionais e organismos oficiais, e Google Académico. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, incluíronse 24 artigos para a análise. Resultados: Os coidados humanizados proporcionan beneficios ao recentemente nacido como maior estabilidade fisiolóxica, redución do estrés, mellor desenvolvemento neurolóxico e un mellor patrón do sono. A implicación dos pais nos coidados favorece o vínculo afectivo e a adaptación á situación do neonato. A enfermaría é a principal encargada de levar a cabo esta metodoloxía e lidera a maioría das intervencións. Por outra banda, atopáronse algunhas dificultades como pode ser a falta de formación, a sobrecarga asistencial ou as limitacións do entorno. Conclusións: Os coidados humanizados na UCIN son imprescindibles para poder proporcionar unha atención integral, pero é necesario que se apoien con formación e recursos para que poidan ser levados a cabo axeitadamente.

Sexualidade na era dixital: exposición á educación sexual na rede e as condutas sexuais de risco na adolescencia
Autoría
P.V.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
P.V.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: nos últimos anos, a prevalencia das ITS aumentou a nivel mundial. Neste contexto, os adolescentes constitúen un grupo vulnerable á adopción de condutas sexuais de risco. Estes sinalan a Internet e á pornografía como fontes de educación sexual, pero o consumo de pornografía está relacionado cunha maior propensión a prácticas sexuais de risco e insatisfacción sexual. Obxectivos: analizar o impacto da información sobre sexualidade en Internet na adopción de condutas sexuais de risco na poboación adolescente. Ademais, identificar cales son ditas condutas e as principais fontes de educación en saúde que empregan. Metodoloxía: propúxose un estudo descritivo transversal. Participaron 1.867 estudantes (n=1.867) de entre 12 e 18 anos matriculados en centros educativos da provincia de Lugo. Os datos, correspondentes á primeira onda do proxecto SEGcohort, recolléronse mediante enquisas administradas entre xaneiro e xuño de 2024. Analizáronse variábeis independentes como datos demográficos, socioeconómicos, consumo de pornografía e información sobre saúde e variábeis dependentes relacionadas coa saúde sexual. Resultados: unha alta porcentaxe de participantes adopta condutas sexuais de risco, como non usar preservativo ou consumir alcol e drogas en contextos sexuais. As fontes de educación en saúde máis sinaladas son os pais/nais ou titores/as, seguidas de Internet e redes sociais e os profesionais sanitarios. Ademais, as rapazas que reportaron consumir pornografía presentan unha maior prevalencia de relacións sexuais baixo os efectos do alcol e drogas [RP=1,41; IC95% (1,08-1,84)]. Conclusións: os resultados obtidos evidencian a falta de educación sexual na adolescencia, facendo urxente a necesidade de implementar programas de educación afectivo-sexual e a incorporación da enfermeira escolar, coa fin de dotalos das ferramentas necesarias para vivir a súa sexualidade dun xeito máis informado e seguro.

González Casals, Helena Cotitoría
DIAZ GEADA, AINARA (Titoría)
González Casals, Helena Cotitoría
Tribunal
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Presidente/a)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Secretario/a)
GARCIA GARCIA, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
SACO LOPEZ, PEDRO JOSE (Presidente/a)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Secretario/a)
GARCIA GARCIA, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Analgosedación en ventilación mecánica no paciente crítico. Unha revisión sistemática.
Autoría
A.V.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
A.V.L.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: Debido á necesidade de ventilación mecánica e outros procedementos dolorosos, os pacientes críticos en UCI están sometidos a pautas de analgosedación. Esto é, unha combinación de fármacos cos que se pretende reducir os niveis de dor, axitación e ansiedade. Débense axustar as dosis en función do nivel de dor e sedación, mediante a avaliación continua das mesmas con escalas válidas e fiables para evitar déficits e excesos nos fármacos administrados. Obxectivo: O obxectivo principal é relacionar o uso de protocolos de actuación e implementación de intervencións con mellores resultados clínicos nos pacientes críticos. Metodoloxía: Nesta revisión sistemática estudiáse a relación do uso de protocolos de actuación con mellores resultados clínicos. Incluíronse estudos realizados en adultos maiores de 18 anos entre 2015 e 2025. Realizáronse búsquedas en catro bases de datos combinando os términos MeSH e DeCS cos operadores booleanos. O cribado dos artigos fíxose por título, logo por abstract e texto completo, e finalmente por valoración de calidade. Resultados: Seleccionáronse 13 artigos para a revisión sistemática. Os resultados mostran unha efectividade nos protocolos de actuación con menor duración na ventilación mecánica, así como no uso de analxésicos e sedantes adicionais e menor incidencia de delirio. Cabe resaltar os opioides como principais analxésicos, e o propofol, a dexmedetomidina ou a ketamina como sedantes máis usados, evitando a administración de benzodiacepinas pola súa relación co aumento do delirio. Conclusións: Grazas a toda a información recompilada pódese dicir que no proceso de analgosedación é imprescindible unha boa pauta de analxesia complementada con unha sedación lixeira continua. Esta práctica axuda a reducir o tempo en ventilación mecánica, a necesidade de fármacos adicionais e disminúe a aparición de delirio en UCI.

O arte de coidar en saúde mental.
Autoría
C.L.V.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
C.L.V.P.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introducción: Dentro dun equipo disciplinar en saúde mental a enfermeira especialista leva a cabo coidados que van más alá da patoloxía física e biolóxica. O paciente en saúde mental é característico entre todos os demais, a patoloxía psiquiátrica na mayoría das ocasions é crónica, polo tanto, os coidados brindados polas profesionais de saúde mental estarán sustentados polas habilidades sociais e interpersonais que o axuden á estabilización da enfermidade e a reinserción na comunitaria e familiar. Obxectivos: a revisión sistemática céntrase principalmente na búsqueda e investigación da orixe da figura da enfermeira psiquiátrica, nos coidados e intervencións fundamentais realizadas pola mesma e os factores de risco que derivan en reingresos hospitalarios frecuentes dende a perspectiva enfermeira. Metodoloxía: para levala cabo, realizouse unha pesquisa nas bases de datos PubMed, Google acholar, Scielo e Dialnet, reunindo un total de 12 artículos que cumpriron cos criterios de inclusión. Resultados: A figura da enfermeira en psiquiatría surxe gracias á aparición de teorías e modelos teóricos que poñen en valor a súa labor, por iso, dentro da saúde mental considérase un pilar fundamental para á recuperación do paciente. Os coidados brindados por estas profesionais están baseados nas habilidades sociais e relacións interpersonais. Ademais, a baixa adherencia terapéutica consideráse o factor principal dos reingresos hospitalarios psiquiátricos frecuentes, o cal dende unha perspectiva enfermeira, trátase dun problema a considerar e investigar detenidamente. Conclusións: neste estudo revelouse que a figura da enfermeira en saude mental constitúe unha pedra angular dentro da recuperación do paciente, como a través de intervencións psicoeducativas e psicoterapéuticas conseguimos establecer unha relación co paciente creando un espazo no que se sinta confiado e confortable. Desta maneira, evitamos o fenómenos da “porta xiratoria”, a cal supón un gran peso para o individúo como para a comunidade.

Trombose en pacientes embarazadas: prevención e coidados
Autoría
U.V.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
U.V.R.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.06.2025 09:15
18.06.2025 09:15
Resumo
Introdución: A trombose considérase unha complicación potencialmente grave durante o embarazo, asociada a un aumento significativo da morbilidade e mortalidade materna. O estado de hipercoagulabilidade fisiolóxico da xestación, sumado a factores como a idade materna avanzada, a obesidade ou a cesárea, incrementa o risco de desenvolver un tromboembolismo venoso (TEV). Obxectivos: Este traballo ten como obxectivo principal analizar as principais intervencións preventivas orientadas a reducir o risco de trombose durante o embarazo e o puerperio. Como obxectivos específicos, propúxose identificar os factores de risco máis relevantes e propoñer actuacións enfermeiras fundamentadas para o seu manexo. Métodos: levouse a cabo unha revisión bibliográfica sistemática baixo guía PRISMA 2020, consultando bases de datos como PubMed, Dialnet e CINAHL. Aplicáronse criterios de inclusión e exclusión específicos, centrándose en publicacións da última década en castelán ou inglés. Resultados: Os factores de risco máis frecuentes foron a cesárea, a obesidade, a idade materna maior a 35 anos, antecedentes de TEV e a inactividade física. As estratexias preventivas identificadas inclúen o exercicio físico moderado, o uso de medias de compresión, a dieta equilibrada, a correcta hidratación e o cesamento tabáquico. En mulleres con alto risco, recoméndase profilaxe con heparina de baixo peso molecular. Ademais, propúxose un plan de coidados de enfermería baseado nas taxonomías NANDA, NOC e NIC. Conclusións: A trombose no embarazo require unha abordaxe integral e multidisciplinar, no que a enfermería desempeña un papel clave na detección precoz, a educación sanitaria e a implementación de medidas preventivas eficaces para garantir a seguridade materno-fetal.

Os beneficios da integración da enfermaría escolar en España
Autoría
M.V.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
M.V.M.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [S]
Data da defensa
19.06.2025 09:15
19.06.2025 09:15
Resumo
Este traballo é unha revisión bibliográfica centrada en coñecer os beneficios da integración da enfermaría escolar en España, unha profesión que na actualidade conta cunha implantación moi escasa e desigual entre Comunidades Autónomas. Para iso, lévase a cabo unha revisión, busca e análise de documentos relacionados co ámbito de estudo, profundando en temas como a educación para a saúde no alumnado, a inclusión de alumnos con necesidades especiais en centros escolares, a atención de urxencias rutineiras e a súa relación coa redución do colapso sanitario ou o coñecemento das consecuencias que supón promover hábitos saudables desde idades temperás para a saúde do alumnado, así como da poboación na que directamente chega a influir, como pais e docentes. A busca bibliográfica para esta revisión realizouse en bases de datos como: Google Académico, MedlinePlus y PubMed.