
O iLTIUS alumeará o contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolveron e transmitiron as linguas e os seus textos
O acto de presentación deste novo Instituto da USC serviu para poñer o foco neste “patrimonio que debe ser transferido á sociedade actual para que reafirme a súa propia identidade, a través do coñecemento dos valores culturais do pasado”, explicou a directora comisaria María José Alonso Veloso
Ler máis
Filoloxía convértese en epicentro da reflexión arredor das titulacións en Artes e Humanidades
A facultade da USC acolle ata o 3 de outubro a Conferencia de Decanatos de Centros Universitarios con titulacións nese ámbito
Ler máisO Idega pon o foco no desafío da España baleira(da)
A Rede DESP-OB liderada dende o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia botou a andar este martes 2 na Facultade de Humanidades da USC para, entre outras medidas, poñer en marcha un observatorio interdisciplinario sobre despoboación
Ler máisA Facultade de Humanidades fai un chamamento a participar no I Congreso de Novas Investigacións nese ámbito
O congreso desenvolverase en Humanidades do Campus de Lugo o 17 de outubro, pero as propostas deben achegarse antes do 15 de setembro
Ler máisA Facultade de Humanidades, unha das catro institucións que avalaron o BIC para a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
Un dos informes solicitados pola Xunta de Galicia elaborouno o decano da Facultade luguesa, Gonzalo Fernández Suárez
Ler máisO día 20 pecha o prazo para inscribirse no Concurso de edición da Galipedia
Haberá unha xornada de formación o 12 de xuño na Biblioteca Concepción Arenal
Ler máisUnha viaxe pola iconografía artística de José Ángel Valente
Unha obra recolle o acervo creativo inspirado na figura do autor ourensán e que abarca retratos realizados a través de distintas técnicas artísticas que van dende a pintura ou o debuxo, pasando pola caricatura
Ler máisO profesor Claudio Rodríguez Fer, elixido membro da Academia Europea de Ciencias e Artes
Tomará posesión do seu cargo en marzo do vindeiro ano
Ler máisO Grupo Iacobus impulsa un foro sobre os tesouros da colección artística da Catedral de Lugo
Xa é posible inscribirse en ‘Tempo de arte. Obras de museo III’ que se desenvolverá do 21 ao 22 de maio
Ler máisO uso dos Sistemas de Información Xeográfica aplicados á Historia, a debate en Humanidades
Unha vintena de especialistas de doce universidades integran este congreso internacional que se desenvolverá do 8 ao 9 de maio
Ler máisHumanidades constrúe respostas innovadoras a prol da lingua dende a xestión cultural
A Comisión de Normalización Lingüística do centro organiza un seminario sobre apoderamento lingüístico para fomentar intervencións culturais que activen falantes
Ler máisO Curso de Primavera do Campus de Lugo artella un espazo de reflexión arredor da tradición
Coordinada pola estudante Carme Giráldez Salgado, a edición deste ano parte da idea de homenaxear as cantareiras e pandeireteiras
Ler máisTradición e vangarda danse a man na Primavera Cultural da USC no Campus de Lugo para as próximas semanas
O Curso de Primavera desenvolverase baixo o lema ‘A voltas coa tradición’ os días 24 e 26 de abril, mentres que o Microaberto chegará a ADE o día 23 deste mes
Ler máisO mito de Antígona, “unha poderosa e inquietante metáfora da realidade histórica de cada país”
A investigación de Antonella Sturla Meilán, dirixida por Ana Cabana Iglesia e María Xesús Nogueira Pereira, acaba de ser premiada pola Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste
Ler máis