Salón de Graos
Mariña Canabal Juanatey
Área de Análise Matemática
En calquera situación cotiá atopamos facilmente expresións que inclúen cuantificadores lingüísticos imprecisos como “un pouco”, “algúns”, “arredor da metade”, “bastantes”... Debido a esta continua presenza da cuantificación na linguaxe humana, o seu modelado converteuse nun problema de grande interese en múltiples campos da Intelixencia Artificial, especialmente naquelas aplicacións relacionadas co Procesamento da Linguaxe Natural (NLP).
Facendo uso da lóxica difusa para modelar a vaguidade presente na linguaxe, repasaremos algúns dos métodos matemáticos máis utilizados na práctica para avaliar este tipo de sentenzas cuantificadas. Ademais, veremos que o cumprimento de certas propiedades como a continuidade, a monotonía ou o bo comportamento respecto ás negacións xogará un papel fundamental no funcionamento destes métodos de avaliación.