Ir o contido principal

Seminario de Iniciación á Investigación

Verosimilitude e tests de multimodalidade

06.10.2021 | 17.00h-18.00h

Salón de Graos

Diego Bolón Rodríguez
Área de Estatística e Investigación Operativa

Un test de multimodalidade non é máis que unha proba estatística que nos permite detectar o número de modas dunha poboación a partir dunha mostra. Este tipo de tests resultan ser de utilidade en ámbitos moi diversos como, por exemplo, á hora de estudar o impacto dos parques eólicos na fauna local. O noso obxectivo principal é a introdución dunha nova proposta de test de multimodalidade inspirada nos tests de razón de verosimilitudes paramétricos. Este fío condutor permitiranos presentar diversos conceptos básicos da estatística non paramétrica ao longo da charla, como poden ser o estimador tipo núcleo da densidade ou os métodos de remostraxe para o calibrado dun test estatístico. Ademais, os resultados e a evolución do test servirannos como exemplificación das dificultades da carreira investigadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2021.