Ir o contido principal

XII Xornada de Usuarios de R en Galicia

16.10.2025 | 09.00h-20.00h
XII Xornada de Usuarios de R en Galicia
XII Xornada de Usuarios de R en Galicia

A XII Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 16 de outubro de 2025 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Se queres realizar un relatorio sobre algún tema que che interese, tes toda a infomación no apartado call for papers

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2025.