Últimos días para participar en Explícoche matemáticas 2.0
O certame impulsado dende a Comisión de Normalización Lingüística deste centro da USC pretende promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais
Ler máisMaría Jesús Giráldez, nova coordinadora do Colexio de Decanos/as e Directores/as de centros da USC
A nova responsable deste colectivo reuniuse co reitor Antonio López para abordar cuestións comúns á xestión de todas as Facultades e Escolas
Ler máisBota a andar a convocatoria 2022 dos Esenciais
Estas publicacións constitúen un resumo executivo do curso con información veraz e contrastada fronte a fontes dixitais non verificadas e servirán para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na Universidade
Ler máisUn proxecto pioneiro en Europa pon as matemáticas máis avanzadas a disposición das pequenas e medianas empresas
A USC participa na posta en funcionamento dun portelo único, pioneiro en Europa, que pon os equipos de investigación matemática máis punteiros de España a disposición das necesidades da industria e as empresas
Ler máisO alumnado de grao e mestrado na USC poderá optar a desenvolver prácticas na Deputación Provincial de Lugo
O reitor Antonio López e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinan en Lugo un novo convenio que amplía a todo o estudantado da USC a posibilidade de completar prácticas curriculares ou complementarias en calquera dos servizos da institución provincial, e axiliza a xestión e tramitación das solicitudes
Ler máisPublicadas as proclamacións definitivas de reitor electo, representantes no Claustro Universitario e de estudantes nas Xuntas de Centro
O catedrático da USC Antonio López tomará posesión do seu cargo nun acto institucional que se celebrará o vindeiro 22 de marzo
Ler máisConvocados os XVIII Premios á calidade lingüística en galego
O certame abrangue traballos académicos, traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de mestrado (TFM) de alumnado matriculado en titulacións oficiais no curso 2021-2022
Ler máisAntonio López, reelixido reitor da USC
O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, candidato único nestes comicios, obtivo 1.636 votos
Ler máisWenceslao González Manteiga e Manuel Febrero Bande, premiados pola Sociedade de Estatística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA
Os investigadores da USC, e membros do CITMAga, desenvolveron un novo procedemento estatístico para analizar se determinados modelos preditivos son os máis adecuados para aplicar cos datos dispoñibles e así evitar conclusións erróneas
Ler máisO CITMAga traballará polo futuro das matemáticas de Galicia
A folla de ruta deste centro que nace como froito da sinerxía entre as tres universidades foi presentada este luns e acometerá retos como a sociedade dixital, vida e sustentabilidade e competitividade industrial
Ler máisAs persoas maiores de 40 anos con experiencia profesional ou laboral poderán solicitar o acceso a grao ata o 28 de febreiro
Como requisito, as persoas interesadas non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso
Ler máisAberto o prazo para a presentación de recursos contra a proclamación provisional de candidaturas
Esta fase do proceso das eleccións a reitor/a, representantes no Claustro e estudantes nas Xuntas de Centro estenderase ata o vindeiro mércores 9 de febreiro
Ler máisBota a andar unha nova edición do curso de Habilidades comunicativas
Esta actividade formativa terá lugar ao longo deste segundo cuadrimestre do curso 2021-22 e está estruturada en tres módulos que abordarán a redacción científica, falar en público e como desenvolver presentacións dixitais eficientes
Ler máisA profesora Victoria Otero Espinar, elixida nova vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española
A docente da USC preside ademais a comisión RSME-RAE desta mesma sociedade
Ler máis