Liderazgo informal en contextos deportivos
Autoría
A.A.R.
Grao en Psicoloxía
A.A.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo analiza o liderazgo informal (aquel que se orixina de maneira espontánea e debe ser aceptado polos demais) no contexto deportivo dende unha perspectiva psicolóxica, diferenciándoo do liderazgo formal (ven delimitado pola estrutura do propio grupo) que desempeñan adestradores ou capitáns designados. A través dunha revisión bibliográfica de dez estudos empíricos publicados entre 2010 e 2024 examinaranse as características persoais dos líderes informales, as condicións que favorecen a súa aparición, os tipos de influencia que exercen sobre os seus compañeiros e o seu impacto en variables grupais clave como a cohesión, a motivación intrínseca e a eficacia colectiva.

Dirección
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
Tribunal
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titor do alumno)

A contorna dixital, riscos e implicacións: estudo cualitativo en adolescentes galegos
Autoría
L.A.P.
Grao en Psicoloxía
L.A.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
As Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación (TRIC) constitúen un espazo cotián de socialización para a poboación adolescente, a cal se atopa nunha etapa do desenvolvemento de especial vulnerabilidade. Dita exposición a riscos agrávase no ámbito dixital con fenómenos psicolóxicos como a desindividuación, onde o anonimato reduce as restricións internas, podendo derivar en manifestacións de violencia dixital como o cyberbullying, o grooming ou o sexting. Polo tanto, o presente estudo pretende explorar o discurso de adolescentes galegos sobre a violencia dixital e a súa percepción sobre as medidas legais propostas no Anteproxecto de Lei Orgánica. Para iso contouse con 48 alumnos de 4º ESO de entre 15 e 18 anos (M = 15.67; SD = 0.71), sendo 27 mulleres (56.25%) e 21 homes (43.75%) dun centro educación secundaria de Santiago de Compostela distribuídos en 6 grupos de discusión. Os resultados revelaron que os adolescentes consideran a madurez, e non a idade cronolóxica, como o criterio fundamental para establecer normas e consentimentos na contorna dixital. Así mesmo, a percepción de gravidade do acto de violencia emerxe como requisito para determinar a medida de reeducación, que varía desde sensibilización ata derivar a un centro de reeducación. Finalmente, aínda que a análise de coocurrencias mostra unha forte relación entre o concepto de violencia dixital e as modificacións legais propostas no Anteproxecto de Lei, os particpantes consideraron sinxelas de eludir estas medidas lexislativas.

Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)

Exploración da Ansiedade Competitiva no Fútbol Feminino: As Celtas (Real Club Celta de Vigo)
Autoría
S.A.A.
Grao en Psicoloxía
S.A.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar a ansiedade competitiva en futbolistas femininas, concretamente nunha mostra de 22 xogadoras do equipo As Celtas, que compite na Terceira RFEF. Avaliáronse dúas dimensións fundamentais: a ansiedade rasgo, mediante a Sport Anxiety Scale-2 (SAS-2), e a ansiedade estado, a través do Competitive State Anxiety Inventory-2 Revised (CSAI-2R). O estudo empregou un deseño cuantitativo, transversal e correlacional, co fin de explorar as relacións entre as variables de ansiedade e factores como a idade, a experiencia e a posición no campo. As análises estatísticas incluíron estatísticos descritivos, correlacións de Pearson, análise de varianza, probas t e regresións lineais. Os resultados amosaron que a ansiedade cognitiva foi o compoñente máis elevado tanto na súa manifestación como rasgo como estado. Atopouse unha correlación moi forte entre a ansiedade cognitiva do SAS-2 e do CSAI-2R, e unha correlación moderada entre os seus compoñentes somáticos. Pola contra, a dimensión de desconcentración non se relacionou significativamente cos factores de ansiedade estado, e a autoconfianza non foi explicada por ningunha das dimensións do SAS-2. Non se atoparon diferenzas significativas en función da idade, experiencia ou posición. Os achados reforzan a importancia de avaliar de forma diferenciada os compoñentes da ansiedade competitiva e subliñan a utilidade de empregar instrumentos específicos para identificar perfís psicolóxicos en contextos deportivos de alto rendemento. Ademais, o estudo achega evidencia útil para deseñar intervencións psicolóxicas individualizadas e fomentar unha preparación emocional máis consciente no deporte feminino

O consumo de drogas en adolescentes: análise cualitativa
Autoría
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
A iniciación ao consumo de substancias durante a adolescencia constitúe un reto prioritario de saúde pública: as enquisas nacionais mostran un inicio cada vez máis temperán, unha perda progresiva da percepción de risco e a convivencia de discursos de aceptación e advertencia. Partindo deste diagnóstico, preténdese examinar as motivacións, os factores de risco e os recursos preventivos percibidos por adolescentes galegos, en relación co consumo de substancias no seu grupo de referencia. Para iso, desenvolvéronse sete grupos de discusión compostos por 29 alumnos. Os resultados evidencian que alcol, tabaco e cánnabis concíbense como substancias “normais” pese ao recoñecemento do seu poder adictivo; as motivacións principais remiten á evasión do malestar emocional, a procura de sensacións intensas e a presión do grupo de iguais; a accesibilidade, o lecer nocturno e a banalización mediática reforzan estes patróns, mentres que unha oferta limitada de alternativas saudables aumenta a vulnerabilidade. Con todo, os propios adolescentes sinalan espazos de protección: charlas escolares, acompañamento familiar, actividades deportivas e un uso estratéxico e preventivo das redes sociais. Estes achados son transferibles á práctica como forma de prevención, o que convida a futuras investigacións a profundar neste fenómeno de gran relevancia social para a poboación adolescente.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Os efectos do alcol sobre a memoria episódica verbal en poboación adolescente e jóven
Autoría
C.A.B.
Grao en Psicoloxía
C.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Introdución: O consumo intensivo de alcol, coñecido como binge drinking (BD), adquiriu unha crecente relevancia no ámbito da saúde pública, especialmente pola súa prevalencia entre a poboación jóven e adolescente. Este patrón de consumo coincide con etapas críticas do desenvolvemento cerebral, o que xerou preocupación sobre os seus efectos en funcións cognitivas esenciais, como é a memoria. Obxectivo: Analizar a evidencia científica existente sobre os efectos do consumo de alcol na memoria episódica verbal en poboación jóven e adolescente. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica sistemática na base de datos PubMed, seleccionando artigos publicados entre 2015 e marzo de 2025. Aplicáronse criterios de inclusión e exclusión para asegurar a relevancia dos artigos respecto ao obxectivo do traballo. Incluíronse un total de 12 estudos empíricos, tanto de deseño lonxitudinal como transversal. Resultados: Os estudos analizados suxiren unha asociación entre o BD e un menor rendiemiento en tarefas de recordo libre inmediato e diferido, así como unha menor eficacia no uso de técnicas mnemotécnicas. Algúns traballos reportan alteracións na actividade cerebral, relacionada coa recuperación de información verbal. A evidencia lonxitudinal suxire que estes déficits pódense persistir se se mantén o patrón de consumo, aínda que existen indicios dunha recuperación cognitiva se esta conduta cesa. Conclusións: O binge drinking durante etapas crave do desenvolvemento cognitivo asóciase con alteracións na memoria episódica verbal, tanto a nivel funcional como estrutural.

Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)

Estudo do acoso e ciberacoso en estudantes universitarios e a súa relación coa saúde mental
Autoría
A.A.P.
Grao en Psicoloxía
A.A.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
O acoso escolar e ciberacoso difundíronse como formas de violencia entre iguais que teñen importantes efectos sobre a saúde psicoemocional. A maior parte da investigación na temática dirixiuse aos niveis educativos primarios e secundarios, considerándose que existe un menor risco no contexto universitario. No obstante, algunhas investigacións advertiron que a incidencia do bullying en entornos universitarios é significativa e provoca consecuencias negativas a nivel psicolóxico. Neste contexto desenvólvese o presente estudo, no que se analizaron tanto as manifestacións de acoso tradicional como dixital, tendo en conta a prevalencia de posibles vítimas e acosadores na poboación universitaria e as consecuencias psicolóxicas asociadas. Pártese da hipótese de que o acoso escolar, en calquera das súas formas, se asocia con niveles maiores de sintomatoloxía psicolóxica. Con este propósito, levouse a cabo un estudo cuantitativo transversal cunha mostra de 100 estudantes. Emplegráronse instrumentos validados para a avaliación do acoso escolar (Olweus Bully/Victim Questionnaire), o ciberacoso (European Cyberbullying Intervention Project Questionnaire) e a sintomatoloxía psicolóxica (Symptom Checklist 90 - Revised). Os resultados mostraron unha elevada incidencia de condutas de ciberacoso (73.7%) e acoso tradicional (42.4%, así como unha asociación significativa con diferentes tipos de sintomatoloxía psicolóxica. En conclusión, estes descubrimentos evidencian que o bullying persiste en etapas educativas universitarias, polo que existe a necesidade de desenvolver intervencións específicas para o ámbito universitario que promovan a prevención, detección e abordaxe do acoso, dirixidos a protexer a saúde mental do estudantado.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
Taboada Ares, Eva María (Secretario/a)
VARELA MALLOU, JESUS (Vogal)

Memoria episodica no envellecemento saudable
Autoría
D.B.P.
Grao en Psicoloxía
D.B.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo enmárcase dentro do estudo da memoria episódica no envellecemento saudable. Partindo de modelos clásicos de memoria e investigacións sobre o seu deterioro, afóndase no funcionamento da memoria episodica, especialmente vulnerable ao paso do tempo. O obxectivo principal do estudo é analizar como afecta a idade ao rendemento nunha tarefa de recoñecemento de palabras en adultos maiores de 49 anos, diferenciando tres grupos etarios: ata os 59 anos, entre 60 e 70, e maiores de 70 anos. A hipótese central formula que o rendemento deste tipo de memoria diminuirá coa idade, tanto en termos de precisión como na velocidade de resposta. Para poñer a proba esta hipótese, empregouse un paradigma experimental de recoñecemento verbal con palabras novas e vellas, en dúas fases: memoria inmediata e memoria diferida. A mostra incluíu 129 adultos sen deterioro cognitivo, recrutados no contexto do estudo longitudinal CompAS. As análises estatísticas (ANCOVA) revelaron un efecto significativo do grupo de idade na maioría das variables, amosando un peor rendemento cognitivo e tempos de reacción máis lentos nos participantes de maior idade. Ademais, os anos de escolarización actuaron como covariable influínte nalgúns indicadores. Os resultados apoian a hipótese dun declive cognitivo asociado á idade e poñen de relevo a importancia de investigar a variabilidade individual no envellecemento saudable.

Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Vogal)

Relación entre a frecuencia de uso das redes socias e a soidade en adolescentes: unha revisión rápida
Autoría
Z.B.P.
Grao en Psicoloxía
Z.B.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a posible relación entre a frecuencia de uso das redes sociais e os sentimentos de soidade na adolescencia. Para acadar dito obxectivo levouse a cabo una revision rápida da literatura científica empregando para elo, estratexias de búsqueda específicas para cada base de datos consultada (Scopus, Web of Science (WOS) e Pubmed). Foron seleccionados un total de seis estudos atendendo aos criterios de inclusión e exclusión establecidos. A metade das investigacións revisadas concluíron que hai unha asociación positiva entre ambas variables, o que suxire que unha maior frecuencia de uso das redes sociais pode actuar como factor de risco para a soidade. Con todo, atopáronse outros resultados contradictorios, con dous estudos que non atoparon unha relación estatisticamente significativa e cun que defende unha posible relación negativa entre as variables, é dicir, que o uso das redes sociais pode ser un factor protector da soidade. Os estudos seleccionados tamén exploraron a influencia de variables como o xénero, o nivel socioeconómico ou o contexto cultural. Así mesmo, algún estudo fixo fincapé no posible impacto da pandemia de COVID-19 nesta relación. En definitiva, os achagos deste TFG contribúen a unha visión máis holística, actualizada e crítica sobre o impacto das redes sociais na adolescencia, enfatizan a importancia de intervencións preventivas e destacan a necesidade de futuras investigacións lonxitudinais e culturalmente diversas.

Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
Análise metodolóxico da satisfacción cos servizos públicos e a xestión municipal en Lugo
Autoría
D.B.G.
Grao en Psicoloxía
D.B.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
A presenza de bos servizos municipais é clave para o benestar da cidadanía, polo que o Concello debe incrementar a satisfacción da poboación ofrecendo servizos de alta calidade. O obxectivo deste estudo é analizar a calidade percibida dos servizos municipais de Lugo e a súa influencia na satisfacción cidada, a través do uso combinado do modelo SERVQUAL e da Análise Importancia Valoración (IPA), coa finalidade de detectar áreas críticas e de baixa valoración, co fin de realizar unha proposta de intervención axustada aos resultados. Para iso, administrouse un cuestionario baseado na escala SERVQUAL e IPA a unha mostra de 250 persoas empadronadas en Lugo maiores de 18 anos (media= 46.84; DT= 14,971; 115 hombres e 134 mulleres), seleccionadas mediante una mostraxe por conveniencia. O instrumento recolleu información sobre a importancia, expectativas, desempeño, satisfacción xeral e variables sociodemográficas. O estudo revelou unha insatisfacción xeneralizada respecto á importancia e ás expectativas da cidadanía, existindo diferenzas considerables tanto nos atributos como nas dimensións analizadas. Identificáronse áreas críticas da xestión que requiren unha intervención urxente, como os servizos destinados a persoas maiores e con discapacidade ou o mantenemento de rúas e beirarrúas. Doutra banda, identificáronse áreas ben valoradas pola cidadanía, como a xestión dos residuos urbanos, o alumeado público ou os centros de atención a persoas maiores. Estes resultados ofrecen orientación ao Concello de Lugo para optimizar os recursos dispoñibles e deseñar plans de mellora específicos.

PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
PICON PRADO, EDUARDO (Titor do alumno)
O proceso de perdón aos proxenitores e o benestar psicolóxico en mozos.
Autoría
S.B.R.
Grao en Psicoloxía
S.B.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
O estudo do perdón, como construto psicolóxico, e os seus beneficios terapéuticos foron gañando relevancia nas últimas décadas, deixando atrás a súa conceptualización relixiosa. A literatura científica demostrou o poder curativo do perdón, e a adolescencia tardía tamén foi identificada como un período importante para o seu estudo. Baixo esta premisa, o presente estudo tivo como obxectivo examinar o proceso de perdón cara aos pais dos mozos e a posible relación entre este e o benestar psicoemocional, así como se existen diferenzas mediadas por xénero. Para iso, utilizouse unha mostra de 192 estudantes universitario de diversas universidades gallegas para administrar unha serie de instrumentos de medición. Os resultados mostraron diferenzas significativas entre sexos na maioría das dimensións dos síntomas psicopatolóxicos, pero non se atoparon as mesmas no benestar psicolóxico. Tamén se atoparon diferenzas significativas entre o nivel de perdón (alto/baixo) os síntomas psicopatolóxicos e o benestar psicolóxico. Considerando as limitacións da investigación, estes resultados foron consistentes coa literatura previa, corroborando a idea das propiedades curativas do perdón. Finalmente, tamén se destacou a importancia de fortalecer esta liña de investigación.

Dó maternal en fillas adultas: Vínculo afectivo, tipos de dó e propostas de intervención psicoterapéutica
Autoría
S.B.T.
Grao en Psicoloxía
S.B.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo explora o dó en fillas adultas tras o falecemento da nai, dende unha perspectiva psicolóxica. Analízanse os tipos de apego, formas de dó e a súa expresión segundo o vínculo afectivo nai-filla. Mediante unha revisión bibliográfica, descríbense modelos explicativos diversos e propóñense abordaxes psicoterapéuticas eficaces adaptadas ao tipo de dó e á relación previa.

FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Os efectos da regulación emocional no consumo de alcohol en poboación adolescente e adulta emerxente
Autoría
A.B.S.
Grao en Psicoloxía
A.B.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A adolescencia e a adultez emerxente son períodos caracterizados por unha maior vulnerabilidade eemocional e un incremento do risco de consumo de substancias, especialmente do alcohol. Entre os factores implicados, a regulación emocional (RE) foi sinalada como posible preditor do uso problemático. Neste traballo analízase a relación entre a RE e o consumo de alcohol en poboación adolescente e adulta emerxente, mediante unha revisión da literatura científica recente. Para iso, seguíronse as recomendacións da guía PRISMA e consultáronse as bases de datos PsycINFO e PubMed, seleccionando 17 estudos cuantitativos publicados entre 2019 e 2025 que abordasen esta relación en persoas de entre 10 e 29 anos. Os resultados suxiren que as dificultades na RE poderían estar asociadas cun uso máis frecuente, rápido e problemático do alcohol. En particular, estratexias como a reavaliación cognitiva parecen exercer un efecto protector, mentres que outras como a supresión emocional vincúlanse cun maior risco. Así mesmo, variables como a impulsividade, o afecto e a sintomatoloxía subclínica relacionáronse individualmente co consumo. Observáronse diferenzas relevantes segundo o sexo e a idade: os homes tenden a consumir con máis frecuencia e en maior cantidade, mentres que as mulleres reportan máis consecuencias negativas. Pola súa banda, os adolescentes presentan maiores dificultades emocionais e condutuais ca os adultos emerxentes, o que suxire unha maior vulnerabilidade nas etapas temperás do desenvolvemento. Estes achados reforzan a necesidade de deseñar estratexias preventivas adaptadas ao momento evolutivo e ao contexto psicosocial xuvenil.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)

Relación entre a adicción á nicotina e a interferencia cognitiva medida co Smoking Stroop Test
Autoría
M.C.G.
Grao en Psicoloxía
M.C.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
O tabaquismo constitúe unha das adiccións máis prevalentes a nivel mundial, con impactos significativos tanto a nivel físico como cognitivo. A presente revisión ten como obxectivo analizar a literatura científica existente sobre a relación entre a adicción á nicotina e a interferencia cognitiva avaliada mediante o Smoking Stroop Test. Analízanse estudos que examinan como o craving, desexo intenso e incontrolable de consumir unha substancia, e o consumo de tabaco afectan o rendemento en tarefas que requiren control inhibitorio e atención selectiva, funcións clave dentro do dominio executivo. A busca bibliográfica levouse a cabo entre xaneiro e marzo de 2025 nas bases de datos PubMed, PsycINFO, Scopus e Google Scholar, sen límite temporal estrito. Establecéronse criterios de inclusión para seleccionar estudos empíricos con fumadores ou persoas en abstinencia que aplicaran o Smoking Stroop Test. Priorizouse a literatura revisada por pares e dispoñible en texto completo. Os resultados amosan de forma consistente que os fumadores presentan maior interferencia cognitiva ante estímulos tabáquicos, especialmente en situacións de abstinencia ou craving elevado. Este efecto maniféstase a través dun aumento nos tempos de reacción e unha redución na eficiencia atencional durante a realización do test. Estes achados permiten inferir a existencia dun sesgo atencional automático cara a estímulos relacionados co tabaco. Conclúese que o Smoking Stroop Test é unha ferramenta útil para estudar o sesgo atencional asociado ao craving e o deterioro das funcións executivas en fumadores, o que achega implicacións relevantes para o tratamento e prevención do tabaquismo.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titor do alumno)

Ansiedade en pacientes renais en Tratamento Renal Substitutivo: diferenzas entre pacientes en Diálise e con Transplante Renal.
Autoría
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A Enfermidade Renal Crónica (ERC) está caracterizada por unha alteración estrutural ou funcional do ril que conleva implicacións para a saúde e constitúe un problema de saúde pública, afectando a aproximadamente un 10% da poboación mundial. Adoita ir acompañada de elevados niveis de ansiedade, especialmente en estadios avanzados, onde se requiere un Tratamento Renal Substitutivo (TRS); que pode ser a Hemodiálise (HD), a Diálise Peritoneal (DP) ou o Transplante Renal (TR); que supoñen grandes cambios na vida dos pacientes. O obxectivo desta revisión bibliográfica é determinar as diferenzas na sintomatoloxía ansiosa ou nos trastornos de ansiedade entre pacientes con ERC en función do tipo de TRS que reciben. Para iso, realizouse unha búsqueda sistemática nas bases de datos PsycInfo, PubMed, Scopus e Web of Science; cun límite temporal de entre 01/01/2015 y 01/01/2025, e seleccionáronse 9 estudios que analizan as diferenzas en ansiedade entre pacientes con ERC sometidos a diferentes TRS. Trala revisión dos artículos, os resultados apuntan a que os pacientes renais transplantados presentan, en xeral, menor sintomatoloxía e trastornos de ansiedade que os que están en diálise; especialmente en HD. Sen embargo, a evidencia é limitada, nalgúns casos contraditoria, e con escaso control de variables sociodemográficas e clínicas.

Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Correlatos conductuais e emocionais na conducta de xogo na adolescencia media
Autoría
R.D.F.
Grao en Psicoloxía
R.D.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O xogo problemático en minores de idade constitúe un fenómeno crecente que esperta un interese cada vez maior nas distintas disciplinas das ciencias da saúde. O acceso temperán ás tecnoloxías, a proliferación de plataformas de xogo en liña e a normalización cultural das apostas e xogos de azar están xerando unha gran preocupación social polos efectos que estas prácticas poden ter no desenvolvemento emocional, cognitivo e social da mocidade. As características propias da adolescencia como a impulsividade, a busca de novidades ou a maior sensibilidade ao reforzo inmediato, fan que esta etapa vital sexa especialmente vulnerable á aparición de condutas aditivas. Debido ao interés que suscita esta temática, este traballo ten como obxectivo principal analizar a relación entre a conduta de xogo dos menores de idade e as súas implicacións na satisfacción vital, depresión, somatización e ideación siucida. Preténdese así comprender como certos trazos emocionais e patróns condutuais poden estar implicados na aparición e mantemento deste tipo de comportamentos. O presente estudo realizouse mediante un muestreo biético, e contou coa participación de 7.365 estudantes de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos (media = 13,85; desviación típica = 1,22). O alumnado respondeu a un cuestionario que incluía ferramentas específicas de detección (como o BAGS, LIE/BET, PHQ-9, entre outros). Segundo os datos recollidos, un 5,2 % do estudantado afirma ter xogado presencialmente ao longo da súa vida, mentres que un 1,8 % o fixo a través de internet. En total, a taxa de participación no xogo sitúase no 5,7 %.Entre un 0,9 % e un 1,4 % presenta indicios de comportamento problemático relacionado co xogo, e un 36,6 % considera que é bastante ou moi probable obter beneficios económicos mediante as apostas. Os resultados mostran unha prevalencia de xogo problemático o que se relaciona con menores tasas de satisfacción vital e de benestar emocional e maires tasas de ideación suicida, depresión e somatización.

RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
Tratamentos non farmacolóxicos para o TDAH en nenos
Autoría
E.D.R.
Grao en Psicoloxía
E.D.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 13:00
14.07.2025 13:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) caracterízase por diferentes síntomas de inatención, impulsividade e hiperactividade e, na actualidade, é unha das alteracións do neurodesenvolvemento máis diagnosticadas na poboación infantil. Un dos tratamentos máis estendidos para o seu abordaxe é o farmacolóxico, con todo, a súa eficacia a longo prazo está cuestionada. A finalidade do presente traballo é revisar a evidencia empírica actual sobre a eficacia de diferentes tratamentos non farmacolóxicos para o TDAH na infancia. Con este obxectivo, realizouse unha revisión sistemática da literatura relacionada con esta cuestión nas bases de datos PubMed e Dialnet, seleccionando finalmente 10 estudos publicados entre 2015 e 2025. Os resultados informan que, entre os diferentes tratamentos analizados, a terapia cognitivo-conductual e o entrenamento en funcións executivas presentan efectos positivos nos distintos síntomas do TDAH nos nenos.

GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titor do alumno)

A violencia aprendida: revisando a evidencia da transmisión interxeneracional da violencia
Autoría
A.F.D.R.
Grao en Psicoloxía
A.F.D.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
A presente revisión bibliográfica explora as evidencias empíricas dos últimos 10 anos sobre a posible transmisión interxeracional da violencia, é dicir, se a violencia presenciada ou vivida na infancia reprodúcese, como perpetración ou vitimización, na idade adulta. Os estudos revisados inclúen tanto casos de violencia vivida de maneira indirecta (presencia de violencia entre proxenitores) como directa (maltrato infantil). Ademais, analizouse se diferentes variables actúan como mediadoras ou moderadoras nesta relación e examináronse as principais limitacións dos estudos. Os resultados dos traballos revisados son diversos e, ás veces, contraditorios. Por unha banda, algunhas investigacións apoian a hipótese da transmisión da violencia de xeración en xeración, mentres que outras a refutan. Mesmo hai estudos que atopan efectos contrarios, plantexando que a exposición á violencia leva a unha maior implicación social e activa contra ela. Por outra parte, identificáronse factores de risco como a hostilidade, o apego temeroso, o malestar psicolóxico e os déficits no funcionamento reflexivo. Aínda que a súa mediación só explica unha pequena parte da asociación, permítenos saber que a transmisión da violencia non é un proceso lineal nin universal, senón que está condicionada por múltiples factores. Tamén se atopou que a violencia de parella e o maltrato infantil soen coexistir no mesmo fogar (polivitimización), polo que é necesario abordalos conxuntamente. Ademais, identificáronse limitacións metodolóxicas, que á súa vez trazan vías de mellora para futuras investigacións, coa finalidade de deseñar intervencións eficaces que deteñan os ciclos de violencia ou mitiguen os seus efectos.

Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Titor do alumno)

Tabaquismo e cancro: Intervencións psicolóxicas para deixar de fumar durante o proceso de cribado do cancro de pulmón
Autoría
C.F.B.
Grao en Psicoloxía
C.F.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O cancro de pulmón é unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial e está estreitamente vencellado ao consumo de tabaco. Neste contexto, a súa detección precoz mediante probas de cribado representa unha oportunidade clave para promover o abandono do tabaco. A presente revisión ten como obxectivo coñecer que intervencións para deixar de fumar que inclúen compoñentes psicolóxicos foron implementadas no contexto de programas de cribado do cancro de pulmón. A busca realizouse nas bases de datos Web of Science, Pubmed e PsycINFO e atopáronse 14 artigos que cumprían cos criterios de inclusión. Os estudos foron divididos en dous grupos: intervencións que combinan compoñentes psicolóxicos e compoñentes farmacolóxicos (n = 10) e intervencións psicolóxicas (n = 4). O rango da taxa de abstinencia das intervencións eficaces combinadas oscila entre o 17,4% e o 37,1% e o das psicolóxicas oscila entre o 18,8% e o 19,2%. Os resultados permiten concluír que existen intervencións eficaces para deixar de fumar nese contexto, tanto combinadas (n = 7) como psicolóxicas (n = 2). A súa eficacia é independente da súa modalidade de aplicación (presencial ou a distancia). Estas intervencións deben presentar entre catro e seis sesións, dunha duración de entre dez e 30 minutos e frecuencia semanal. Ademáis, estas sesións compóñense de consello psicolóxico (abordando aspectos como a planificación da data de abandono do tabaco, a autoeficacia, a adquisición de competencias relacionadas coa xestión do desexo de fumar ou a prevención de recaídas), entrevista motivacional e psicoeducación.

Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
POSSE CEPEDA, CRISTINA MARIA Cotitoría
Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
POSSE CEPEDA, CRISTINA MARIA Cotitoría
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Alteracións estruturais cerebrais en etapas temperás do continuo da enfermidade de Alzheimer
Autoría
A.M.F.P.
Grao en Psicoloxía
A.M.F.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
Esta tese analiza a utilidade da resonancia magnética estrutural (RMN) para a detección de alteracións cerebrais temperás asociadas ao continuo clínico e biolóxico da enfermidade de Alzheimer (EA), segundo o marco proposto pola National Institute on Aging-Alzheimer's Association (NIA-AA). Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada entre 2018 e 2025, seleccionando estudos empíricos que avaliaron conxuntamente os biomarcadores -amiloide (A) e pTau, e incluíron técnicas de RMN estrutural en poboación situada en diferentes estadios do continuo EA. Incluíronse e analizáronse once estudos en función das características da súa mostra, as técnicas utilizadas, as rexións afectadas e os patróns de atrofia cerebral observados. Os achados mostran que a positividade simultánea para A e pTau (A+T+) está asociada de forma máis robusta a unha maior atrofia cerebral, especialmente en rexións temporais mesiais como o hipocampo, o córtex entorrinal e a Área de Brodmann 35 (AB35), mesmo en suxeitos sen deterioro cognitivo manifiesto. Esta asociación parece estar impulsada principalmente pola presenza de pTau, xa que a positividade illada de A mostra unha relación máis débil e menos consistente cos cambios estruturais. Ademais, foi evidente unha progresión anatómica consistente entre os distintos grupos clínicos, desde suxeitos cognitivamente sans ata pacientes con demencia por EA, o que apoia o valor da RMN estrutural como marcador temperán da neurodexeneración. A combinación de medidas estruturais e biomarcadores mellora o diagnóstico precoz, a estratificación do risco e a eficacia das intervencións temperás.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Vogal)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Vogal)
Abolición da prostitución. Factores predictores da intención de participar en acción colectiva
Autoría
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A prostitución é alegal no noso país o que abre o debate na sociedade sobre o enfoque lexislativo que se debería adoptar. Neste sentido, pódese identificar unha clara brecha de xénero en dita actividade, sendo a maioría dos clientes homes e de ofertantes mulleres, o que plantexa a necesidade de adoptar unha perspectiva de xénero para o seu análise. Neste estudio, enfocarémonos na postura abolicionista que plantexa o castigo a proxenetas e clientes e o apoio ás prostitutas. Polo tanto, o obxectivo é analizar diferentes variables psicosociais que impulsan ás persoas a participar en mobilizacións a favor da abolición da prostitución. Máis concretamente, estudouse a relación das actitudes cara a prostitución, a identidade, a inxustiza, a eficacia e a ideoloxía ca intención de participar en accións colectivas normativas (ACN) e en accións colectivas non normativas (ACNN), nunha mostra de 213 participantes. Para iso, realizáronse análises de regresión lineal múltiple con todas as variables e probas t de Student para comprobar as diferenzas en intención de participar entre as persoas con actitudes e identidades abolicionistas con respecto aos non abolicionistas. Os resultados han mostrado que a actitude negativa cara a despenalización, a identidade, a eficacia e a inxustiza son os mellores predictores da ACN, sendo a actitude eliminada da lista de predictores da ACNN.

Alzate García, Mónica (Titoría)
FERNANDEZ CORES, TAMARA Cotitoría
Alzate García, Mónica (Titoría)
FERNANDEZ CORES, TAMARA Cotitoría
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)

Mellora da memoria episódica inducida por TACS en persoas con deterioración cognitiva: Efectos diferenciais segundo a idade.
Autoría
P.G.B.
Grao en Psicoloxía
P.G.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A memoria episódica (ME) é unha das funcións cognitivas máis afectadas nas fases iniciais da deterioración cognitiva, especialmente na deterioración cognitiva subxectiva (DCS) e a deterioración cognitiva leve (DCL). Diversos estudos sinalaron que as oscilacións cerebrais nas bandas theta e gamma desempeñan un papel fundamental nos procesos de codificación e recuperación da ME, e que a estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) podería modular estas oscilacións. Este traballo enmárcase no proxecto cf tES CI, cuxo obxectivo é avaliar os efectos da tACS con axuste theta gamma sobre o rendemento nunha tarefa visual de recoñecemento de ME, en persoas con DCS ou DCL. A mostra estivo composta por 30 participantes de entre 57 e 83 anos, que completaron dúas condicións de estimulación (real vs placebo) nun deseño cruzado contrabalanceado. A estimulación aplicouse sobre a cortiza prefrontal dorsolateral esquerda durante oito sesións consecutivas, e o rendemento avaliouse a través do índice d e os tempos de reacción. Os resultados mostraron un efecto diferencial segundo a idade: os participantes de 68 anos ou menos melloraron significativamente no índice d tras a estimulación real, mentres que non se observaron cambios significativos no grupo de maior idade. Non se acharon efectos nos tempos de reacción. Estes resultados suxiren que a tACS theta gamma pode facilitar a ME en etapas temperás do envellecemento, cando a plasticidade cerebral aínda se atopa preservada.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
Antecedentes do Comportamento Sostible dos Turistas Relativo ao Consumo de Auga
Autoría
I.G.G.
Grao en Psicoloxía
I.G.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
A crecente preocupación pola sustenbilidade destaca a importancia de xestionar de forma eficiente a auga, especialmente no ámbito turístico, onde o consumo tende a aumentar significativamente. Este traballo tivo como obxectivo revisar os antecedentes psicolóxicos que inflúen no comportamento sustentable do turista con respecto ao consumo de auga, tanto no fogar como no destino vacacional. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática de literatura publicada entre 2011 e 2024 nas bases de datos PsycInfo, Web of Science e Scopus. Os estudos revisados mostran que factores como os valores ambientais, as normas morais e sociais, a percepción de control, as actitudes, as crenzas e os hábitos previos inflúen na intención e a práctica de condutas sustenbles. En xeral, os turistas tenden a reproducir no destino os hábitos adquiridos no fogar, aínda que tamén se observa unha tendencia a relaxar estes comportamentos durante as vacacións. As normas sociais e morais, así como a percepción de control, destacan como predictores claves do compromiso co aforro de auga. Ademais, a empatía ambiental e as emocións anticipadas, como o orgullo ou a culpa, tamén desempeñan un papel relevante neste contexto. Os resultados evidencian diferenzas contextuais entre o comportamento no fogar e no destino, o que suxire que as intervencións se deben adaptar a cada contorno. En conxunto, estes encontros subliñan a necesidade de integrar enfoques psicolóxicos nas estratexias de xestión turística para fomentar un uso responsable da auga nestes contextos.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titor do alumno)

Uso do eye tracking en neuromarketing: Unha comparación entre bases de datos.
Autoría
L.G.M.
Grao en Psicoloxía
L.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Actualmente, o uso do eye tracking medrou en áreas como o neuromarketing, onde se considera unha ferramenta fundamental para analizar e comprender o comportamento do consumidor, xa que facilita o estudo de factores psicolóxicos que inflúen nos procesos de compra. O obxectivo do traballo é comparar as bases de datos PsycInfo, Web of Science, Scopus e PubMed, a partir dunha busca específica sobre o “eye tracking” e“consumer behavior”, analizando a cantidade e características dos documentos proporcionados, co fin de identificar cal das plataformas resulta máis axeitada para este campo. Ademais, queremos coñecer as principais aplicacións do eye tracking no ámbito do neuromarketing e determinar cales son os aspectos psicolóxicos máis estudados nesta disciplina. Os resultados amosaron que Scopus ofrece a maior cantidade de documentos e un maior número de filtros. WoS resultóu ser similar a Scopus nalgúns aspectos, pero pouco útil no campo psicolóxico. PubMed foi a menos productiva dado o seu contexto médico. Por último, PsycInfo permitiu realizar unha búsqueda precisa no ámbito psicolóxico, aínda que para abordar buscas relacionadas coa psicoloxía dentro do ámbito do neuromarketing, Scopus resulta ser a máis axeitada. Nesta disciplina, as principais aplicacións do eye tracking desenvólvense na área empresarial, destacando seu uso no estudo do comportamento do consumidor, a publicidade e o deseño de producto. A nivel psicolóxico, os aspectos máis estudados foron a toma de decisións, emoción, atención e cognición.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titor do alumno)

A Tríade Escura da Personalidade e a violencia de parella
Autoría
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 13:30
14.07.2025 13:30
Resumo
A Tríade Escura da Personalidade (Dark Triad; DT), formulada por Paulhus e Williams (2002), engloba tres trazos presentes na poboación xeral - psicopatía, maquiavelismo e narcisismo - caracterizados pola manipulación, o egocentrismo, a impulsividade, a frialdade emocional e a baixa empatía. Nos últimos anos, intensificouse o interese por estudar a súa influencia nas relacións íntimas, especialmente en contextos de violencia de parella (Intimate Partner Violence; IPV). O presente traballo realiza unha revisión sistemática da literatura empírica co obxectivo de analizar a relación entre a Tríade Escura e diferentes formas de violencia no seo da parella. Incluíronse 14 estudos publicados entre 2017 e 2025, cun total de 6.233 participantes adultos pertencentes á poboación non clínica. Os resultados evidencian unha asociación significativa entre os tres trazos e condutas violentas, salientando a psicopatía como o predictor máis robusto, especialmente na súa relación coa violencia psicolóxica, verbal e física. O maquiavelismo asociouse con formas máis sutís de maltrato, como a manipulación emocional e a xustificación do control, mentres que os achados sobre o narcisismo foron máis contraditorios. Ademais, identificáronse variables mediadoras e moduladoras relevantes - como a empatía, o apego ansioso, a estratexia de vida rápida ou as crenzas irracionais sobre o amor - que enriquecen a comprensión destes vínculos. Discútense as implicacións destes resultados para a detección temperá e a intervención en contextos de violencia de parella, subliñando a necesidade de incorporar unha perspectiva psicosocial e de xénero. Por último, sinálanse unha serie de limitacións metodolóxicas e propóñense liñas futuras de investigación.

Aprendendo a Temer: O Condicionamento do Medo na Infancia e Adolescencia.
Autoría
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
O medo é unha emoción básica que se activa ante a perceción dunha ameaza, e que desencadea unha resposta de defensa orientada á supervivencia(Ohman, 2000, p. 483 ). Os humanos, xa dende a infancia, desenvolvemos respostas defensivas. Sen embargo, este medo pode desenvolver un carácter patolóxico e dar lugar a trastornos de ansiedade. Comprender os procesos de adquisición, extinción e xeneralización do medo na infancia e adolescencia é de gran relevancia para avanzar na prevención e intervención temperá en psicopatoloxía intantil. Nesta liña, o presenta traballo é unha revisión sistemática da literatura científica sobre o condicionamento do medo en poboación infantoxuvenil, con especial atención ás variables evolutivas, individuais e contextuales que inflúen neste proceso. Tras expoñer os fundamentos teóricos do condicionamento clásico do medo, analizaranse en profundidade os estudos organizados en cinco categorías temáticas: 1- desenvolvemento evolutivo do condicionamento do medo, 2- factores individuais relacionadas coa ansiedade e a psicopatoloxía, 3- influenza da adversidade temperá, trauma e maltrato, 4- mecanismos de transmisión social e observacional e 5- procesos de extinción e inhibición. Para rematar, resumiranse os principais descubrimentos xunto cunha interpretación xeral dos resultados.

REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titoría)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titoría)
Tribunal
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titor do alumno)

Revisión de sentenzas xudiciais en casos de agresión sexual infantil
Autoría
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
A violencia sexual contra os menores de idade foi e segue sendo un problema de gran magnitude na nosa sociedade. No ano 2023, en España rexistráronse 9.185 denuncias por estes delitos, estimando os estudos epidemiolóxicos unha prevalencia moito maior. Ser vítima dunha agresión sexual a unha idade tan temperá provoca nas vítimas unha gran cantidade de consecuencias físicas, psicolóxicas, socioeconómicas e educativas. Así mesmo, ponse de relevo a importancia da psicoloxía no contexto clínico e forense como medio de protección das vítimas. O obxectivo deste traballo é profundar na violencia sexual contra os menores, destacando a importancia da resposta xudicial, sobre todo da pericial psicolóxica, así como da intervención coas vítimas. Para iso, seleccionáronse de maneira aleatoria 60 sentenzas xudiciais emitidas polas audiencias provinciais entre os anos 2023 e 2024 por abusos e agresións sexuais a menores, e realizouse unha análise de contido das mesmas. Leváronse a cabo estatísticas descritivas, a proba chi cadrado e a proba t de Student. Os resultados reflicten unha asociación positiva entre agresións intrafamiliares e maior duración da agresión, uso de ameazas e idade máis temperá da vítima. Tamén se revelou que as periciais psicolóxicas que acreditaban a existencia de dano psicolóxico repercutían significativamente no incremento das indemnizacións e na duración das penas impostas. Finalmente, conclúese coa necesidade de intervir sobre as vítimas menores de idade de maneira responsable, seguindo os principios do Modelo Barnahus.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Seijo Martínez, María Dolores (Titor do alumno)

A impulsividade e a súa relación co consumo intensivo de alcol no estudantado universitario
Autoría
R.G.M.
Grao en Psicoloxía
R.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O consumo intensivo de alcol (CIA) constitúe unha conduta de risco frecuente entre o estudantado universitario, con múltiples consecuencias negativas para a saúde e o benestar. A impulsividade foi sinalada como un dos factores psicolóxicos máis relevantes asociados a este patrón de consumo. O presente traballo tivo como obxectivo analizar a relación entre as distintas dimensións da impulsividade e o consumo intensivo de alcol, así como explorar posibles diferenzas en función do sexo. A mostra estivo composta por 160 estudantes de primeiro curso da Universidade de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 18 e os 19 anos (87 mulleres e 73 homes). Empregáronse a versión española da Barratt Impulsiveness Scale (BIS-11) e a adaptación galega do Alcohol Use Disorders Identification Test (AUDIT). Realizáronse análises descritivas, correlacionais, regresións múltiples e probas t de Student para mostras independentes. Os resultados mostraron que a impulsividade total e as súas dimensións específicas se correlacionaron de maneira significativa e positiva co consumo intensivo de alcol. A regresión múltiple indicou que a impulsividade cognitiva e a non planificada foron predictores significativos da puntuación no AUDIT. Non se atoparon diferenzas significativas entre homes e mulleres nin nos niveis de impulsividade nin no consumo de alcol. Estes achados reforzan a relevancia da impulsividade como factor asociado ao CIA no ámbito universitario e suxiren a utilidade de intervencións preventivas centradas no adestramento en habilidades de autorregulación.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titor do alumno)

A adición ás redes sociais en adolescentes: factores de risco e impacto no axuste psicolóxico.
Autoría
X.G.J.
Grao en Psicoloxía
X.G.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar o impacto do uso problemático de redes sociais no axuste psicolóxico de adolescentes. A través da análise de estudos empíricos publicados entre 2020 e 2025, se identifican tanto os factores de risco como as consecuencias emocionais e redes sociais desde fenómeno. A adolescencia é unha etapa especialmente sensible ao uso de tecnoloxías dixitais, e o uso desregulado destas plataformas pode xerar consecuencias negativas para a saúde mental. Os resultdos mostran unha relación bidireccional entre o uso excesivo de redes sociais e a sintomatoloxía depresiva, ansiosa, baixa autoestima e dificultades na regulación emocional. Factores predispoñentes como o neuroticismo, a desinhibición, o FOMO, a intolerancia ao malestar e a dificultade para xestionar o aburrimento aparecen como predictores relevantes que facilitan patróns de uso compulsivo. Ademais, confírmase que o uso pasivo e o deseño algorítmico das plataformas intensifican os efectos negativos, especialmente en adolescentes mulleres, máis vulnerables á comparación social e á búsqueda de validación. Tamén se evidencian consecuencias importantes a nivel psicosocial, como alteracións do sono, dificultades atencionais, conflictos interpersoais e baixo rendemento académico. O traballo conclúe subrayando a necesidade de intervencións preventivas con enfoque de xénero e de programas de alfabetización dixital e emocional no contexto educativo.

CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
Tribunal
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)
Villar García, Eva (Titor do alumno)

Factores psicosociais impllcados na actitude cara o desenvolvemento turístico e a intención de participación no movemento antituristificación en Galiza
Autoría
C.G.L.
Grao en Psicoloxía
C.G.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Nos últimos dous veráns ven dándose un aumento da chegada de turistas en diversos lugares de España, rexistrando récord tras récord e xerando debate sobre os efectos dos procesos de turistificación. Transformacións no territorio, proliferación de pisos turísticos frente vivendas de uso habitual, incremento do custo de vida, así como o deterioro de ecosistemas fráxiles son algunhas das consecuencias negativas deste fenómeno. O presente traballo ten o obxectivo de identificar factores implicados na intención de participar en accións colectivas de protesta contra o modelo turístico actual, empregando unha mostra de poboación universitaria galega. Para aproximarnos á configuración das actitudes e disposicións individuais fronte o turismo enmarcámonos na perspectiva da Teoría do Intercambio Social, a Teoría da Identidade Social e a Teoría da Acción Razoada. Plantexámonos a seguinte pregunta: que factores psicosociais explican a intención de mobilización antituristificación? Posteriormente, realizamos unha investigación cuantitativa de carácter correlacional na que contamos ca participación de 266 estudantes de universidades galegas. Nela, recollimos información sobre a intención de mobilización así como das VIs contempladas apego ao lugar, identidade de lugar, sentimento de comunidade, conciencia medioambiental, ideoloxía, dependencia económica do turismo, percepción dos impactos do turismo, actitude cara o desenvolvemento turístico (DT) e coñemento de protestas previas. Os resultados da regresión loxística binaria revelaron un total de 6 predictores signficativos: conciencia medioambiental, coñecemento de mobilizacións previas, ideoloxía, dependencia económica do turismo, percepción dos impactos e actitude cara o DT. Pola contra, non atopamos efecto algún das variables de apego ao lugar, identidade de lugar e sentimento de comunidade. Podemos concluír a importancia dos valores ecolóxicos, ideoloxía política, dependencia económica do turismo e a exposición a información sobre protestas como variables fundamentais para comprender a actitude e a intención de participar nunha protesta fronte a turistificación.

Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Traballo fin de grao
Autoría
C.G.S.
Grao en Psicoloxía
C.G.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao estúdase a relación existente entre a satisfacción de necesidades psicolóxicas básicas (autonomía, relación e competencia) dos/as estudantes (NPBs) e a súa aprendizaxe autorregulada (AAR). Resulta fundamental entender a aprendizaxe autorregulada como un proceso activo no que os alumnos e as alumnas son capaces de guiar as súas emocións, seleccionar estratexias ou lograr os obxectivos propostos. Tamén se inclúe o uso das habilidades metacognitivas no transcurso de dita aprendizaxe, así como a consideración da repercusión das NPBs. Por iso, se revisaron un total de 12 artigos, a través dun proceso de busca sistematizada, nos que se explora a relación entre a AAR e a satisfacción das NPBs nos/as estudantes. Deste xeito, atopouse unha asociación positiva entre os tipos de motivación autónomos, os resultados académicos positivos ou o aumento do uso de estratexias autorreguladoras, coa satisfacción das tres NPBs. É por isto que se conclúe coa necesidade de adaptar os contornos educativos e o ambiente de ensino para promover a satisfacción de ditas NPBs e para fomentar un estudo máis autónomo e autodirixido. Tamén se avoga por unha consideración do papel emocional, motivacional e do contexto social do alumnado á hora de deseñar o seu contorno de aprendizaxe.

Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tribunal
Tinajero Vacas, Carolina (Titor do alumno)

Mecanismos básicos subxacentes ao esquecemento intencional
Autoría
M.G.A.
Grao en Psicoloxía
M.G.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
O esquecemento intencional é un mecanismo necesario e adaptativo. É esencial para o correcto funcionamento da memoria e para manter o benestar psicolóxico e o funcionamento na vida diaria. A pesar das extensas investigacións e esforzos para investigar os mecanismos subxacentes a este tipo de esquecemento intencional, a comprensión actual é limitada (Gamboa et al., 2022). Os achados sobre o esquecemento inducido pola supresión de recordos non desexados reforzan a idea de que é unha capacidade fundamental para preservar a saúde mental, especialmente en trastornos nos que tales recordos son desadaptativos ou disfuncionais. Estudos neurolóxicos recentes proporcionan evidencias do papel activo do cerebro na inhibición da recuperación de certos contidos, implicando mecanismos cognitivos e neuroquímicos específicos (Costanzi et al., 2021). Este artigo revisa a literatura científica recente sobre os mecanismos cognitivos implicados no esquecemento intencional, como a supresión, o esquecemento inducido pola recuperación (RIF) e o control inhibitorio, empregando paradigmas experimentais, prestando especial atención ao paradigma Pensar/Non Pensar (TNT). Co obxectivo de integrar os achados recentes e afondar na comprensión dos mecanismos básicos subxacentes ao esquecemento intencional, compáranse e analízanse dez estudos experimentais recentes. Esta revisión reafirma a idea de que o esquecemento intencional é un fenómeno complexo que non depende dun único mecanismo subxacente, aínda que destaca o papel do control inhibitorio como mecanismo principal. Tamén se observou que a supresión directa reduce a accesibilidade das lembranzas non desexadas, pero non as elimina, e que esta capacidade varía entre individuos dependendo, por exemplo, do control mental percibido.

FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titor do alumno)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titor do alumno)
Actividades de ocio e reserva cognitiva: principais indicadores e análise do impacto no rendemento cognitivo
Autoría
I.H.R.
Grao en Psicoloxía
I.H.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) realiza unha revisión bibliográfica sistemática de literatura científica máis recente en bases de datos sobre as actividades de ocio que se relacionan coa reserva cognitiva (RC), analizando como impactan esas actividades no rendemento cognitivo. Dado que a poboación mundial está cada vez máis envellecida e que a relación entre o envellecemento e o funcionamento cognitivo é negativa, é de gran interese identificar que actividades poden promover un envellecemento cognitivo saudable, en especial ás actividades de ocio practicadas durante o envellecemento, pola súa gran modificabilidade e adaptabilidade. Realizouse unha busca sistemática en Dialnet, PsycInfo e WOS, entre os artigos atopados seleccionáronse 11 por cumprir os criterios desta revisión. Os resultados amosaron que as actividades de ocio na vellez tales como, actividades artesanais (coser, tecer, manualidades, etc.), mentalmente estimulantes (ler, escribir, etc.), artísticas e físicas, producen melloras no rendemento da RC, e na saúde cognitiva xeral, producindo melloras no desempeño de tarefas de memoria, función executiva, dominio visoespacial, funcionamento motor, visomotor, auditivo-motor, razoamento verbal, aprendizaxe e fluidez verbal. Cabe destacar que as actividades de ocio pasivas (TV, radio, ir ao cine...) foron as únicas que non mostraron unha relación positiva coa RC, aínda que que sexan beneficiosas noutros ámbitos. Tendo en conta estes resultados non podemos esquecernos das limitacións destes estudos (maioría transversais, mostras non equitativas, clasificación autoinformada, etc.) promovendo a necesidade de máis estudos que solventen eses sesgos co fin de promover un envellecemento máis activo, autónomo e saudable. O ocio na vellez é un indicador tan relevante como unha boa alimentación ou exercicio físico en canto á reserva cognitiva e rendemento cognitivo e debe comezar a terse en conta nos plans de estilo de vida saudables no envellecemento.

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Menstruación e saúde integral: impacto emocional, educativo e social desde unha perspectiva crítica.
Autoría
P.H.P.
Grao en Psicoloxía
P.H.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A menstruación é un proceso fisiolóxico natural que afecta á metade da poboación mundial durante 40 anos. A pesares diso e da súa universalidade, segue a ser un tema tabú en moitas culturas, e a miúdo vincúlase coa vergoña, o estigma e a desinformación. Como consecuencia, as repercusións reais do ciclo menstrual na vida cotiá, especialmente das persoas novas, fixéronse invisíbeis. Este traballo ten como obxectivo coñecer o estado actual das investigacións que abordan o impacto da menstruación na saúde mental, no ámbito académico e social das persoas que menstrúan, centrado en adolescentes e mulleres novas, a través dunha revisión bibliográfica de 14 artigos publicados entre 2018 e a actualidade. Os resultados mostran como os síntomas menstruais afectan ao benestar emocional (ansiedade, depresión, irritabilidade, insomnio), ao rendemento escolar (ausencias, cualificacións baixas, falta de concentración) e ao ámbito social (illamento, estigma, limitacións nas relacións). Aínda que algúns estudos abordan estas dimensións de xeito integral, a maioría preséntanse de forma fragmentada, dificultando unha comprensión total da saúde menstrual. Ademais, identificouse unha forte carencia de educación menstrual temperá, centrada case exclusivamente en aspectos biolóxicos, sen tratar os sociais, académicos ou emocionais. Recoméndase desenvolver programas educativos inclusivos, onde se poidan crear espazos seguros para tratar a menstruación sen tabús. Denúnciase tamén a escaseza de investigacións interdisciplinarias e a falta de políticas públicas específicas, a pesar de tratarse dunha realidade que afecta a máis da metade da poboación. Conclúese que é imprescindible recoñecer a menstruación como unha cuestión central de saúde pública, equidade e dereitos.

A relación entre a masculinidade tradicional e a violencia contra as mulleres
Autoría
M.L.D.
Grao en Psicoloxía
M.L.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Este artigo explora a relación entre a adherencia á masculinidade tradicional e a violencia de parella perpetrada por homes contra mulleres. Analiza como certos ideais masculinos, como o control, a fortaleza emocional e a autosuficiencia, funcionan como factores de risco para o uso da violencia, especialmente cando se combinan con variables como o estrés do rol de xénero masculino (MGRS), a baixa autoestima ou a competencia emocional limitada. A evidencia indica que estes factores non actúan illadamente, senón que interactúan e aumentan a probabilidade de comportamento agresivo, especialmente cando os homes perciben a súa masculinidade como ameazada. Tras analizar os resultados, conclúese que esta relación é forte e identifícase unha serie de factores mediadores. A investigación neste campo continúa avanzando e aínda é necesario seguir traballando para probar máis a fondo as hipóteses explicativas. Non obstante, o estudo da violencia contra as mulleres continúa a proporcionar evidencias valiosas.
Este artigo explora a relación entre a adherencia á masculinidade tradicional e a violencia de parella perpetrada por homes contra mulleres. Analiza como certos ideais masculinos, como o control, a fortaleza emocional e a autosuficiencia, funcionan como factores de risco para o uso da violencia, especialmente cando se combinan con variables como o estrés do rol de xénero masculino (MGRS), a baixa autoestima ou a competencia emocional limitada. A evidencia indica que estes factores non actúan illadamente, senón que interactúan e aumentan a probabilidade de comportamento agresivo, especialmente cando os homes perciben a súa masculinidade como ameazada. Tras analizar os resultados, conclúese que esta relación é forte e identifícase unha serie de factores mediadores. A investigación neste campo continúa avanzando e aínda é necesario seguir traballando para probar máis a fondo as hipóteses explicativas. Non obstante, o estudo da violencia contra as mulleres continúa a proporcionar evidencias valiosas.
Dirección
Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Riscos psicosociais no traballo policial: Impacto na saúde mental e propostas de actuación
Autoría
L.L.S.
Grao en Psicoloxía
L.L.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente estudo analiza a relación entre os estresores laborais e a saúde mental nunha mostra de axentes da Garda Civil (GC) en España. Aínda que existe unha ampla evidencia sobre a elevada carga psicolóxica en corpos policiais, a investigación centrada especificamente na GC continúa sendo escasa. Participaron 809 axentes, membros de distintas asociacións profesionais da GC, quenes completaron un formulario en liña que incluía medidas estandarizadas sobre condicións de traballo (PSQ), calidade do sono (B-PSQI), síntomas de ansiedade (GAD-7), depresión (PHQ-9) e malestar psicolóxico xeral (GHQ-12). Realizáronse análises descriptivos, correlacións e unha regresión xerárquica por pasos. Os resultados indicaron que, se ben os estresores laborais explican parte do malestar psicolóxico, o seu efecto diminúe significativamente ao incorporar indicadores de saúde mental no modelo, sendo os síntomas depresivos o preditor máis forte. Estes achados suxiren un posible efecto mediador dos factores de saúde na relación entre estresores e malestar, en consonancia coa Teoría de Demandas e Recursos Laborais, e subliñan a necesidade de implementar intervencións integrais que combinen a redución de demandas organizacionais con estratexias de promoción do benestar psicolóxico. Nas conclusións preséntanse propostas de actuación derivadas destes resultados.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Regulación emocional e desenvolvemento psicosocial na infancia temperá: Un modelo de mediación con perspectiva de xénero
Autoría
A.L.N.
Grao en Psicoloxía
A.L.N.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A regulación emocional é un piar fundamental do desenvolvemento socioemocional infantil, cumplindo un rol determinante na calidade das relacións interpersoais e no axuste psicolóxico temperán. O corpo teórico dispoñible postula a asociación deste construto coa prosocialidade e a menor prevalencia de problemas sociais, mais a evidencia científica segue presentando discrepancias. O obxectivo da presente investigación estriba na exploración das relacións entre a regulación emocional e as condutas sociais (a prosocialidade e os problemas sociais), valorando o rol mediador das competencias sociais. Asemade, analiza as posibles diferencias de xénero presentes nos constructos e nas relacións establecidas entre estes. A evidencia empírica baseouse na información compilada nun estudo lonxitudinal, o Proxecto ELISA. Devandita investigación suministrou instrumentos validados ás familias galegas de 2232 nenos e nenas de 3 a 6 anos, con tres seguimentos. Os datos foron analizados por medio de análises correlacionais e modelos de mediación (path analysis). Os resultados reflicten diferenzas de xénero significativas, revelando unha maior competencia, regulación e prosocialidade nas nenas; e máis problemas sociais nos nenos. As relacións indirectas entre a regulación e as condutas sociais foron significativas en ámbolos dous xéneros. Porén, a única asociación directa, alén das establecidas coa competencia social, foi da regulación cos problemas sociais en varóns, o que evidencia o importante papel mediador das competencias sociais. Por ende, a regulación emocional de maneira illada non constitúe un predictor único do axuste social, cómpre involucrar a promoción simultánea da competencia social a fin de conseguir un desenvolvemento psicosocial óptimo nos menores.

LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Vogal)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Vogal)
Intervencións psicolóxicas na Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA): unha revisión sistemática.
Autoría
Y.M.G.
Grao en Psicoloxía
Y.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa devastadora que causa síntomas graves de debilidade muscular e atrofia. Como consecuencia da súa natureza crónica e terminal, a ELA causa un importante malestar psicolóxico tanto para os pacientes como para os seus coidadores. Non obstante, no ámbito sanitario, os esforzos dirixíronse principalmente a aliviar os síntomas físicos da enfermidade e a aplicar terapias físicas destinadas a frear a progresión desta enfermidade. Polo tanto, existe unha escaseza significativa de literatura científica que destaque a necesidade e a aplicación de intervencións psicolóxicas destinadas a axudar aos pacientes a afrontar os desafíos que implica esta enfermidade. Este proxecto final ten como obxectivo revisar a investigación destinada a analizar o nivel de eficacia de diferentes tipos de intervencións psicolóxicas en pacientes con ELA. Realizouse unha revisión dos estudos publicados desde 2013 ata a actualidade nas bases de datos PubMed e PsycInfo, seleccionando finalmente un total de 14 estudos. En xeral, as intervencións psicolóxicas foron de tipos moi diferentes. Por exemplo, cognitivo-conductual, baseada na atención plena; Terapia da Dignidade; Terapia baseada na Empatía; e terapia centrada na compaixón. Non obstante, os resultados obtidos confirman os efectos positivos de todos eles. Finalmente, destácase a necesidade de seguir avanzando en novas propostas de intervención psicolóxica para proporcionar o maior alivio posible ao sufrimento causado por esta enfermidade.

Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Heurísticos e sesgos en inferencia humana: o ámbito clínico
Autoría
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Os profesionais sanitarios toman decisións clínicas a diario en contextos de incerteza, alta presión asistencial ou información incompleta. Nestas condicións, é habitual o uso de heurísticos, posto que axilizan o razoamento, aínda que tamén poden derivar en sesgos cognitivos. O obxectivo deste traballo foi analizar, mediante unha revisión bibliográfica sistematizada, cómo os heurísticos e sesgos cognitivos afectan ó razoamento clínico, qué tipo de razoamento predomina na práctica asistencial, en qué contextos se utilizan con mais frecuencia e cál é o grado de conciencia dos profesionais sobre seus propios sesgos. Para iso, seleccionáronse doce estudos publicados entre 2014 e 2024 tras unha búsqueda en cinco bases de datos académicas. Os resultados mostran que os heurísticos constitúen un compoñente estrutural do razoamento clínico e que tenden a empregarse con máis frecuencia en escearios familiares, alta presión asistencial o información incompleta. Aínda que o seu uso non sempre xera erros, certos factores como a falta de reflexión deliberada ou un coñecemento clínico limitado aumentan o seu impacto negativo. Tamén observouse unha escasa conciencia sobre o propio uso de heurísticos, así como unha ausencia xeneralizada de estudos que exploren a influencia das emocións no proceso diagnóstico. En conxunto, os achados apuntan á necesidade de seguir investigando estes mecanismos dende enfoques integradores e en entornos clínicos reais, promovendo a súa vez habilidades metacognitivas que permitan supervisar o razoamento clínico.

MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titor do alumno)

O sistema de neuronas espello no trastorno do espectro autista
Autoría
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión bibliográfica da literatura publicada nos últimos quince anos sobre o funcionamento do sistema de neuronas espello (SNE) en persoas con trastorno do espectro autista (TEA), a partir de estudos realizados mediante resonancia magnética funcional (fMRI). O obxectivo principal é analizar en que medida as alteracións no SNE poden contribuír ás dificultades na cognición social características do TEA. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica sistematizada nas bases de datos PubMed e PsycInfo, seleccionando estudos que comparasen a activación e conectividade do SNE en individuos con TEA e en controis con desenvolvemento típico (TD), durante tarefas relacionadas coa imitación, a empatía ou a atribución de intencións. Tras aplicar criterios específicos de inclusión e exclusión, incluíronse 12 estudos na revisión final. Os resultados amosan patróns consistentes de hipoactivación en rexións clave do SNE, como o xiro frontal inferior e o lóbulo parietal inferior, así como unha conectividade funcional reducida entre esta rede e outras implicadas na cognición social, como a rede da teoría da mente. Estes achados suxiren unha integración atípica entre os mecanismos de simulación corporal e os procesos máis deliberativos de comprensión social. Ademais, identificáronse diferenzas entre perfís dentro do espectro autista, especialmente relacionadas co nivel lingüístico. En conclusión, os estudos revisados apoian a hipótese de que a disfunción funcional do SNE e a súa escasa integración con outras redes sociais poderían constituír unha base neurobiolóxica das dificultades sociais presentes no TEA.

DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
O papel protector do apoio social percibido no malestar pscolóxico da poboación universitaria
Autoría
G.N.F.
Grao en Psicoloxía
G.N.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Nos últimos anos observouse un incremento dos problemas de saúde mental na poboación universitaria, polo que se considera importante coñecer os factores que poden resultar protectores. O obxectivo principal do traballo foi estudar o papel protector do apoio social percibido da familia e os amigos dos estudantes universitarios sobre a saúde mental, tendo en conta as diferenzas entre mulleres e homes. Para iso analizouse unha mostra de 150 estudantes da USC nas variables apoio social percibido de amigos e familia, e malestar psicolóxico, avaliando sintomatoloxía ansiosa, depresiva e somática, medidas coas escalas PAS e BSI18. Os resultados das análises de regresión mostran que o apoio social que perciben os estudantes é capaz de explicar boa parte da sintomatoloxía da saúde mental. En concreto, o soporte social percibido da familia e amigos predí o 33 por cento da sintomatoloxía depresiva, cun peso maior dos amigos que da familia. Doutra banda, o soporte percibido dos amigos foi o único predictor da dimensión de ansiedade. En canto ás diferenzas por sexo, as mulleres presentan maior severidade na sintomatoloxía de saúde mental ca os homes. Polo tanto, o apoio social percibido debe ser unha prioridade para abordar os problemas de saúde mental dos estudantes universitarios, prestando especial atención ás mulleres, xa que son as máis afectadas por este tipo de problemas.

A masculinidade tradicional: unha revisión sobre a súa aprendizaxe e a súa implicación no desenvolvemento de condutas desadaptativas
Autoría
T.N.G.
Grao en Psicoloxía
T.N.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A masculinidade tradicional impón un modelo ríxido sustentado polo control emocional, a autosuficiencia e o rexeitamento ao feminino, identificándose como un factor de risco para o benestar psicolóxico e social dos homes. O obxectivo principal desta revisión sistemática foi analizar como a aprendizaxe deste modelo normativo de masculinidade pode ser a razón do desenvolvemento de condutas desadaptativas na vida adulta. Para iso, levouse a cabo unha procura sistemática de estudos publicados entre o 2018 e a actualidade, seleccionando finalmente 10 investigacións empíricas que estudan este fenómeno desde diferentes metodoloxías. Os resultados desta revisión mostran que o ideal normativo comeza a consolidarse desde a infancia, especialmente en espazos como a escola ou os grupos de iguais, onde a vulnerabilidade é sancionada e atributos como a dureza e a dominancia son reforzados. A interiorización destes mandatos asócianse na vida adulta con síntomas depresivos atípicos, unha escasa procura de axuda, dificultades nas relacións afectivas e diversas formas de violencia, destacando o uso de armas e a violencia de xénero. Moi lonxe de deberse a disfuncións individuais, estas condutas preséntanse nesta revisión como as consecuencias dunha serie de mandatos de xénero aprendidos e reforzados socialmente, inseridos nun sistema que lexitima a superioridade masculina e que penaliza calquera desviación do ideal. Os achados atopados parecen reforzar a necesidade de cuestionar o modelo normativo actual e promover unha maior diversidade á hora de experimentar a masculinidade.

Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Tribunal
Tinajero Vacas, Carolina (Presidente/a)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)

Comorbilidade entre o TDAH e a dislexia
Autoría
A.S.P.R.
Grao en Psicoloxía
A.S.P.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
Os trastornos do neurodesenvolvemento, en particular o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e a dislexia, constitúen unha das principais causas de fracaso escolar e dificultades psicosociais durante a infancia e a adolescencia. Ambos trastornos foron tradicionalmente abordados por separado, a pesar da alta frecuencia coa que coexisten nun mesmo individuo. Esta comorbilidade representa un desafío clínico e educativo, xa que pode intensificar as dificultades cognitivas, emocionais e académicas do alumnado. O propósito deste traballo foi analizar desde unha perspectiva neuropsicolóxica a comorbilidade entre o TDAH e a dislexia, con especial atención ás funcións executivas implicadas. A investigación levouse a cabo mediante unha revisión sistemática da literatura científica publicada entre 2015 e 2025, seguindo o protocolo PRISMA, e incluíu 23 estudos empíricos que cumprían criterios metodolóxicos rigorosos. Os resultados mostraron que a memoria de traballo, a inhibición e a atención sostida eran funcións executivas alteradas tanto no TDAH como na dislexia, sendo máis graves nos casos de comorbilidade. Ademais, observouse que os nenos con diagnóstico dual presentaban un perfil neuropsicolóxico máis complexo, con maiores dificultades na lectura, escritura, autorregulación emocional e coordinación motora. Concluíuse que a comorbilidade TDAH e dislexia constitúe unha entidade con características propias que non poden explicarse como a simple suma de ambos trastornos. Estes achados salientan a importancia de realizar avaliacións diferenciadas e deseñar intervencións integradas que aborden simultaneamente os aspectos cognitivos, emocionais e educativos do alumnado afectado.

Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Tribunal
Rivas Torres, Rosa María (Titor do alumno)

Esclerose múltiple e cognición social: revisión dos déficits en ToM, recoñecemento emocional e empatía
Autoría
P.P.D.
Grao en Psicoloxía
P.P.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade autoinmune crónica que afecta ao sistema nervioso central e representa unha das enfermidades de orixe non traumática máis frecuentes do sistema nervioso. Ademais de provocar alteracións cognitivas e físicas, ten un impacto sobre a cognición social, entendida como o conxunto de procesos que permiten interpretar, comprender e responder de forma axeitada en distintas situacións sociais. Este dominio inclúe a teoría da mente (ToM), o recoñecemento facial das emocións e a empatía. O presente traballo consiste nunha revisión sistemática da literatura científica recente que analiza o impacto da EM sobre a cognición social. A busca realizouse nas bases de datos PubMed e PsycInfo, e seleccionáronse 15 estudos segundo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. Na súa maioría, os resultados apuntan a un deterioro significativo nos pacientes con EM en comparación co grupo control na ToM e na percepción social de emocións faciais, aínda que os achados relacionados coa empatía son menos consistentes. Así mesmo, algún estudos atopan unha relación entre o deterioro da cognición social e o deterioro noutros dominios neurocognitivos, aínda que esta asociación non é concluínte. Existe un amplo consenso sobre o impacto negativo dos déficits en cognición social na calidade de vida dos pacientes. Conclúese, así, que a cognición social se atopa comprometida na EM, con graves consecuencias na vida diaria das persoas afectadas, salientando a necesidade de novas investigacións e intervencións específicas.

Deterioro cognitivo temperá como marcador do prognóstico na Enfermidade de Parkinson
Autoría
P.P.L.
Grao en Psicoloxía
P.P.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
A Enfermidade de Parkinson (EP) é unha patoloxía neurodexenerativa, crónica e persistente que afecta ao sistema nervioso central e periférico, como consecuencia da dexeneración neuronal. É máis prevalente nos homes e estímase que en España afecta ao 2% de persoas maiores de 65 anos, crecendo exponencialmente co avance da idade. Entre as súas manifestacións, os síntomas motores son os máis evidentes e coñecidos, mais o interese no estudo da sintomatoloxía non motora asociada (especialmente no ámbito cognitivo) tense incrementado nas últimas décadas, pois previamente unicamente se vinculaba ás fases máis avanzadas da enfermidade. Así pois, os obxectivos principais deste traballo son coñecer a investigación actual sobre o perfil asociado á EP cando os primeiros signos de deterioro cognitivo obxectivo se fan evidentes e avaliar a validez dos síntomas cognitivos temperás como marcadores do prognóstico da enfermidade. Realizouse unha busca sistemática en bases de datos electrónicas e seleccionáronse 11 artigos. Tras a súa revisión, os estudos transversais e lonxitudinais incluídos apuntan a unha predominancia dun perfil cognitivo non amnésico, con afectación da atención, funcións executivas, memoria de traballo ou funcións visoespaciais. En relación co valor prognóstico, conclúese que o deterioro cognitivo temperá se relaciona cun maior risco de desenvolver demencia, maior gravidade motora, menor funcionalidade diaria e maior mortalidade, sen atopar un impacto significativo na calidade de vida dos doentes nin na carga dos seus coidadores. Por último, atópanse resultados contraditorios con respecto á influencia do deterioro cognitivo temperá na EP sobre a sintomatoloxía depresiva.

PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titor do alumno)

Rendemento nunha tarefa de recoñecemento verbal vello/novo en adultos maiores con e sen Deterioro Cognitivo Leve
Autoría
A.P.L.
Grao en Psicoloxía
A.P.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
O envellecemento da poboación aumentou a necesidade de detectar precozmente trastornos neurodexerativos como a demencia, especialmente en fases iniciais como o Deterioro Cognitivo Leve (DCL) e o Deterioro Cognitivo Subxectivo (DCS). A memoria episódica, vulnerable ao envellecemento e clave na progresión cara á enfermidade de Alzheimer, é un dominio prioritario para avaliar. O obxectivo é analizar o rendemento nunha tarefa de recoñecemento verbal vello/novo en catro grupos de adultos maiores: controis, con DCS, e con DCL amnésico unidominio e multidominio. A hipótese é que os grupos con DCL, sobre todo o multidominio, mostrarán menor precisión e tempos de reacción máis longos fronte aos controis, mentres que o DCS terá un rendemento similar ou lixeiramente inferior aos controis. O método, cuantitativo, consistiu nunha tarefa experimental composta por dúas fases (inmediata e diferida) e recollida de datos condutuais (acertos, erros, tempos de reacción) nunha mostra de 280 participantes. A análise estatística realizouse mediante ANOVAs univariados en recordo inmediato e demorado, controlando covariables (idade, sexo e escolarización), e ANOVAs de medidas repetidas en recordo inmediato. Os resultados confirman un peor rendemento en DCL, especialmente o multidominio. A nivel intragrupo, todos os grupos melloraron entre o primeiro bloque e os seguintes na maioría de variables, mentres que o DCS mostrou un perfil moi próximo aos controis. Por tanto, destaca a utilidade das tarefas de recoñecemento verbal como ferramenta sensible para identificar perfís cognitivos diferenciados en etapas iniciais do deterioro.

Trastorno de xogo e depresión: o seu tratamento psicolóxico.
Autoría
S.P.S.
Grao en Psicoloxía
S.P.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno do xogo, recentemente clasificado como un trastorno adictivo, presenta comorbilidade con diversas patoloxías, sendo a depresión unha das máis frecuentes. Diversos estudos sinalaron unha elevada prevalencia de síntomas depresivos en persoas con trastorno do xogo ou problemas de xogo. Esta revisión bibliográfica ten como obxectivo analizar a relación entre ambos trastornos e explorar os tratamentos psicolóxicos máis eficaces cando se presentan de forma conxunta. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos PsycInfo e PubMed, seleccionándose finalmente 14 estudos que cumprían os criterios establecidos. Os resultados amosan que, tanto en contextos clínicos como subclínicos, existe unha asociación significativa entre o trastorno do xogo e a depresión, aínda que non hai consenso sobre se a depresión actúa como causa ou consecuencia. En canto ao abordaxe terapéutico, a terapia cognitivo-conductual destaca como a intervención con maior respaldo, especialmente cando se aplica de forma integrada para tratar ambos trastornos. Tamén se identificaron beneficios en intervencións en liña, aínda que con limitacións na adhesión e no mantemento dos resultados a longo prazo. Ademais, obsérvase que os síntomas depresivos poden dificultar a adhesión ao tratamento, aumentando as taxas de abandono. Esta revisión destaca a importancia de abordar o trastorno do xogo e a depresión desde un enfoque clínico conxunto, que permita unha intervención máis eficaz e adaptada a cada caso.

BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
¿Mecanismos especiais ou mecanismos básicos para a explicación das memorias traumáticas?
Autoría
A.P.G.
Grao en Psicoloxía
A.P.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
No presente traballo abórdase o debate sobre a explicación das memorias traumáticas analizando a evidencia empírica a favor dos mecanismos especiais e a favor dos mecanismos básicos. Examínanse principalmente narrativas traumáticas de persoas con TEPT, estudiando nelas variables como a coherencia, a cantidade de detalles ou as características propias deste tipo de recordos. Seleccionáronse un total de dez traballos levados a cabo nesta última década; neles atopáronse evidencias contradictorias. Por un lado, hay tres estudios que defenden a existencia de mecanismos especiais para a integración das memorias traumáticas na nosa memoria, o que explicaría a incoherencia ou fragmentación das narrativas; catro traballos defenden que os recordos traumáticos fan uso dos mesmos mecanismos de codificación, consolidación e recuperación que outras memorias autobiográficas non traumáticas, xa que non atopan diferencias significativas nas variables analizadas entre o grupo experimental e o grupo control; por último, tres investigacións atoparon evidencia mixta nos resultados dos seus experimentos. Todos estos datos non proporcionan evidencia suficiente para decantarse de forma unilateral por unha das dúas posturas; sen embargo, debemos ter en conta a escalada da postura de mecanismos básicos frente aos especiais, dado que boa parte dos resultados actuais respaldan os seus principios

O acoso escolar na adolescencia: percepción e estratexias de prevención e intervención
Autoría
U.P.M.
Grao en Psicoloxía
U.P.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
O acoso escolar constitúe un fenómeno social de elevada complexidade, cuxa prevalencia e gravidade situárono como unha cuestión prioritaria tanto no ámbito da saúde pública como na convivencia escolar. A pesar diso, en España o seu estudo aínda resulta limitado, e son escasas as investigacións que se centraron en coñecer a percepción e sensibilización dos nenos, nenas e adolescentes en relación a esta problemática. O presente estudo cualitativo ten como obxectivo explorar o discurso dos e as adolescentes en torno ao acoso escolar. Para iso, contouse cunha mostra de 47 adolescentes escolarizados/as no primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria. A distribución por sexo foi os 48.9% homes e as 51.1% mulleres. As idades das persoas participantes estaban comprendidas entre os 12 e os 16 anos (M = 13.19; SD = 1.03). Distribuíronse en seis grupos de discusión conformados por entre 6 e 10 persoas. Cada grupo debateu sobre unhas cuestións que o moderador ía ofrecendo. O contido da discusión gravouse en audio e foi posteriormente analizado coa axuda do software ATLAS.ti, o que permitiu identificar patróns discursivos relevantes. Os resultados ofrecen unha comprensión profunda de como o alumnado entende e percibe o acoso escolar, revelando a necesidade de deseñar programas preventivos máis axustados ás súas vivencias e preocupacións.

A eficacia da Terapia Dialéctico Conductual en persoas con Trastorno Límite da Personalidade. Unha revisión sistemática.
Autoría
J.P.G.
Grao en Psicoloxía
J.P.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo principal evaluar a eficacia da Terapia Dialéctico Conductual (TDC) en persoas con Trastorno Límite da Personalidade (TLP). Para iso, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada nos últimos dez anos, utilizando como fontes principais as bases de datos Scopus e PsycINFO. Establecéronse criterios de inclusión e exclusión que permitiron identificar un total de once estudos relevantes. Estes traballos abranguen diferentes metodoloxías e contextos clínicos, e inclúen tanto intervencións ambulatorias como hospitalarias, así como comparacións con outras terapias activas. Así mesmo, analizáronse intervencións de diferentes duracións, desde tratamentos máis curtos ata programas prolongados. Na revisión consideráronse variables como a redución da sintomatoloxía do TLP, a mellora da regulación emocional e da impulsividade, así como outros aspectos relacionados co benestar psicolóxico dos e das pacientes. Tamén se exploraron os efectos da TDC na autocompaixón e no autocoñecemento, aspectos de gran relevancia no abordaxe deste trastorno. A análise dos estudos incluídos ofrece unha visión actualizada sobre a aplicación da TDC en persoas con TLP, así como unha síntese dos resultados máis relevantes, contribuíndo a ampliar a comprensión do seu potencial terapéutico e das súas implicacións clínicas.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Eficacia dos programas de prevención da conduta suicida en adultos maiores: Unha mini-revisión sistemática
Autoría
U.P.L.
Grao en Psicoloxía
U.P.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A elevada prevalencia do suicidio en adultos maiores require dun estudo urxente deste fenómeno e, en particular, da investigación sobre a eficacia das intervencións dirixidas a previr as condutas suicidas neste colectivo de idade. O presente traballo é unha revisión sistemática sobre programas de prevención de condutas suicidas en adultos de 50 anos ou máis recollidos en PsycInfo, Medline e WoS. Seleccionáronse artigos publicados en revistas con revisión por pares que implementaron deseños experimentais ou cuasiexperimentais coa finalidade de coñecer de xeito válido as relacións causa-efecto entre a intervención e os seus resultados. Dos 12 artigos revisados, 7 inclúen mostras clínicas e 5, mostras subclínicas/comunitarias. Entre as propostas de intervención que se analizan en estudos con mostras clínicas, destacan o tratamento colaborativo en atención primaria e a aplicación de psicoterapia, mentres que nos estudos con mostras subclínicas ou comunitarias analízanse intervencións apoiadas na contorna comunitaria. Ademais, tanto nos estudos con mostras clínicas como subclínicas/comunitarias aprécianse preferentemente intervencións que presentan carácter multicompoñente. Os artigos seleccionados aportan algunhas aproximacións innovadoras na intervención non contempladas en revisións previas, en particular aquelas centradas exclusivamente en programas de psicoeducación dirixidos a médicos de atención primaria, as deseñadas para entornos institucionais onde residen os adultos maiores ou as que implican o uso de novas tecnoloxías. Os resultados sobre a eficacia son alentadores e acostuman informar impacto positivo na redución da conduta suicida, en particular, da ideación suicida, sobre todo nas intervencións dirixidas a participantes recrutados en contextos clínicos, que son os que acostuman presentar factores de risco e conduta suicida previa.

Avaliación do consentimento sexual en relacións consensuadas e non consensuadas en poboación universitaria: unha revisión sistemática
Autoría
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
O consentimento sexual, entendido como a expresión libre e voluntaria do desexo de manter relacións sexuais, é un proceso complexo influido por fatores relacionais e contextuais. No ámbito universitario, onde converxen vulnerabilidade e exploración sexual, a súa comprensión e medición presenta abigüedades. Este traballo examina como foi conceptualizado e avaliado en experiencias desexadas e non desexadas. O presente traballo pretende analizar como se mide en poboación universitaria, abarcando tanto relacións consensuadas como non consensuadas. A través dunha revisión sistemática de 35 estudos publicados entre 2020 e 2025, exploráronse as distintas metodoloxías, definicións e instrumentos utilizados para avaliar este constructo complexo e multidimensional. Os resultados revelan unha gran heteroxeneidade metodolóxica, con escasa estandarización de instrumentos. Moitos estudos non definen explicitamente o consentimento, e as formas de comunicalo varían entre o verbal, non verbal e señais implícitas. Fatores como o alcohol, a presión social, o xénero ou as relacións previas influen notablemente na súa expresión. Ademais, evidenciouse a coexistencia de consentimento sen desexo (cumplimento sexual), o que cuestiona a validez do consentimiento entendido unicamente como afirmación. Conclúese que é urxente avanzar cara a definicións máis claras e ferramentas de medición máis sensibles, que capten a complexidade do consentimiento en contextos universitarios e permitan deseñar instervencións educativas máis éticas, inclusivas e realistas.

Nesgos no procesamento emocional de caras en depresión: unha revisión de estudos con potenciais evocados
Autoría
N.R.G.
Grao en Psicoloxía
N.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
A depresión maior ou DM é un trastorno do estado de ánimo caracterizado por un estado anímico triste persistente e a perda do pracer ou interese ao realizar actividades, anteriormente pracenteiras, durante un período mínimo de dúas semanas, todos os días ou case todos os días. Nestas persoas, o nesgo hacia o contendo emocional con valencia negativa podría ter un papel importante, tanto no aumento da vulnerabilidad inicial a este trastorno, como no incremento do risco a que se volva recurrente. Así, o obxectivo principal deste estudo foi realizar unha revisión sistemática dos estudos que estudiaron os posibles nesgos no procesamento temperá e tardío de caras con diferentes expresións emocionais, en mostras con persoas con depresión maior (DM), empleando a técnica de potenciais evocados. Os resultados derivados dos traballos revisados suxiren que as persoas cun diagnóstico de DM mostran efectivamente este nesgo de negatividade. Estas persoas dedican máis recursos atencionais e perciben mellor, os estímulos congruentes co seu estado de ánimo. Por outra parte, os resultados psicofisiolóxicos mostran que este nesgo modula compoñentes que reflexan etapas tanto temperás (P1, P2, N170) como tardías de procesamiento (P3, LPP o N250).

Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Descritores léxicos da personalidade en galego.
Autoría
E.R.G.
Grao en Psicoloxía
E.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo fin de grao ten como obxectivo explorar os descritores léxicos da personalidade en galego a partir das achegas espontáneas dos seus propios falantes, cun enfoque emic, no que son os propios falantes os que achegan os termos atendendo ao seu propio contexto lingüístico.. O modelo dos Cinco Grandes da Personalidade serve como marco teórico de referencia, o cal propón cinco dimensións fundamentais: extraversión, amabilidade, responsabilidade, neuroticismo e apertura á experiencia (cf. Goldberg, 1981). Identificáronse os adxectivos máis frecuentemente evocados polos falantes de galego ao describir trazos de personalidade, e levouse a cabo a análise da súa carga afectiva e categorización psicolóxica. Empregouse unha metodoloxía de evocación libre, e os datos foron analizados co programa JASP. Para obter información adicional sobre valencia e arousal, empregouse a base de datos emoFinder, e para consultar a frecuencia dos termos no uso escrito da lingua, recorreuse ao corpus do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Os resultados mostran unha prevalencia de termos con valencia positiva, coincidindo con estudos previos noutras linguas romances. A clasificación segundo o modelo dos Cinco Grandes revela unha maior representación das dimensións de extraversión e amabilidade. Esta investigación constitúe unha primeira aproximación empírica ao léxico da personalidade en lingua galega, e subliña a necesidade de desenvolver recursos específicos adaptados á realidade lingüística propia.

FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
Factores psicosociais de risco e de protección do consumo intensivo de alcohol en poboación nova.
Autoría
A.R.J.
Grao en Psicoloxía
A.R.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O consumo de alcohol en adolescentes e novos, cunha prevalencia do 62,7% que o consumiron nos últimos 30 días (véxase Figura 2), constitúe unha práctica na que interveñen variables de diversa índole que poden actuar tanto como factores de risco ou de protección. No presente traballo revisaranse os principais factores de risco e protección que inflúen nos patróns de consumo de alcohol nesta poboación, facendo especial énfase nas dimensións psicosociais. Ademais, tendo en conta a complexa relación entre os factores psicosociais e o consumo de alcohol, e como estas relacións maniféstanse de distintas formas en función de variables como a idade e o sexo, planteouse unha revisión bibliográfica centrada en analizar como variables como o entorno familiar, as influenciais sociais, os estilos cognitivos e os rasgos emocionais e de personalidade contribúen tanto ao inicio como ao mantemento do consumo. Asi mesmo, examinaranse aqueles factores protectores como os estilos de afrontamento adaptativos, o apoio familiar e a autoestima que poden mitigar ou moderar a probabilidade de consumo neste grupo etario. Para iso, realizouse unha busca sistemática empregando as bases de datos Web of Science, PsycINFO e PubMed, filtrando a selección de artigos a publicacións comprendidas entre o 2020 e a actualidade. Finalmente, incluíronse un total de 17 artigos que cumprían cos criterios de elexibilidade e calidade metodolóxica.

Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Isto non é un xogo: Efectos da gamificación no rendemento laboral
Autoría
A.G.R.G.
Grao en Psicoloxía
A.G.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Na última década emerxeu, a través dos avances tecnolóxicos, o campo da gamificación: A aplicación de elementos propios do deseño de xogos a ámbitos non relacionados. A súa implementación en contextos educativos, deportivos e formativos contou cunha atención e desenvolvemento considerables; con todo, no ámbito laboral os seus efectos e mecanismos son en gran parte descoñecidos. A través dunha revisión bibliográfica da literatura dispoñible, este Traballo de Fin de Grao indaga nos efectos do redeseño laboral gamificado no rendemento dos traballadores, así como noutras variables asociadas conceptual e empíricamente como poden ser o engagement, a motivación ou a satisfacción laboral. A partir da síntese de 22 artigos de investigación empírica, atopáronse efectos maioritariamente positivos no rendemento e no engagement, sen descoidar a interdependencia dos resultados coas variables externas ou contextuais, como o contexto laboral ou a modalidade de gamificación aplicada. Discútense as implicacións dos resultados para a investigación en este campo e dase conta, coa evidencia dispoñible, das posibles explicacións para os resultados negativos atopados, nas que futuras investigacións teñen a oportunidade de afondar.

O FoMO “Fear of Missing Out” e a súa relación con estados de malestar psicolóxico e variables psicosociais
Autoría
M.R.G.
Grao en Psicoloxía
M.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
O FoMo é un fenómeno recente, ligado ao uso das redes sociais e que se caracteriza polo medo que experimenta un suxeito a perderse algo, medo ou incomodidade que percibe como a sensación de que outros están a ter experiencias máis gratificantes ou a facer, posuír ou aprender cousas que, a persoa que o sinte, non pode. O FoMO está ligado ao uso problemático das redes sociais -a partir de agora “PSU”- e ten unha relación ampla con distintos tipos de problemas de saúde mental, como a ansiedade e a depresión, a estados mentais ou distorsións cognitivas coma o aburrimento, a impulsividade ou a maximización; con percepcións como a autoestima ou con aspectos sociais e de relación, tales coma o sentimento de pertenza ao grupo, o medo á exclusión ou o apego ansioso. A complexidade do estudo do FoMO, ten que ver cunha predisposición dalgunhas persoas a padecelo, pero tamén con situacións ambientais, etapas da vida, elementos sociais e culturais. No presente traballo revísanse unha serie de estudos procedentes das bases de datos PsychInfo e Psychology Database nos que se establecen relacións ou mediacións entre o FoMO e elementos propios da saúde mental e parámetros pisicosociais. Para isto realizáronse unha serie de cribas a partir de 64 artigos sobre o FoMO. Despois de varios cribados seleccionáronse finalmente oito artigos. Destes oito artigos, seis deles estudan o FoMo e os factores asociados á saúde mental, outro preséntase coma unha pequena monografía onde, a partir dunha revisión bibliográfica, se trata a relación do FoMO coa saúde no termo máis amplo, segundo a definición da OMS, no que se inclúen aspectos psicolóxicos, físicos e sociais. O artigo que queda relata proxecto piloto que pretende incidir na terapia de FoMO desde unha perspectiva cognitivo condutual e un compoñente de técnica de mindfulness, baseada na saboreo social. A principal conclusión que se poden intuír desta análise é que hai relacións claras entre FoMO e algúns problemas mentais, especialmente depresión e ansiedade, pero esta relación sempre está mediada por variados factores, e en moitos casos os resultados non son concluíntes porque no avance dos estudos vanse intuíndo variables que había que ter en conta e que importan máis do que se agardaba. Pode ser de gran interés o feito de que se deduce que hai un perfil que predispón ao FoMO e que os traballos que teñen en conta esta predisposición dan resultados compatibles cos agardados. Por último vese claramente que a relación do FoMO e a saúde mental é un tema por estudiar. Compre realizar máis traballos que inclúan elementos non estudados relacionados con aspectos educativos, culturais e sociais e realizar experiencias de tratamentos terapéuticos desde un enfoque integral.

RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titor do alumno)

Impacto dos influencers non ambientais na promoción de conductas pro-ambientais na mocidade galega.
Autoría
C.S.R.P.
Grao en Psicoloxía
C.S.R.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O cambio climático e a crise ambiental actual fan necesaria a promoción de hábitos de consumo máis sostibles, como a redución da utilización de plásticos dun só uso. Neste contexto, as redes sociais constitúen unha ferramenta clave para fomentar condutas pro-ambientais, especialmente entre a poboación máis nova. O presente estudo analiza o efecto de distintas estratexias comunicativas en publicacións de Instagram realizadas por influencers non ambientais. O obxectivo é avaliar se a autenticidade percibida e a opinión experta, así como a presenza de normas sociais dinámicas, inflúen na credibilidade da mensaxe, na súa persuasividade e na intención de comportamento pro-ambiental. Para isto, deseñouse un experimento cun deseño 2x2 entre grupos, no que participaron 272 mozos e mozas de Galicia. Cada participante visualizou unha única publicación ficticia que combinaba as condicións experimentais, e posteriormente cubriu un cuestionario sobre as variables dependentes. Os resultados non amosaron efectos significativos da autenticidade ou da opinión experta por separado. Porén, a presenza de normas dinámicas incrementou a intención de adoptar condutas sostibles, especialmente cando se combinaba coa autenticidade. Este traballo ofrece achegas relevantes sobre como deseñar mensaxes ambientais eficaces a través de influencers non especializados, nun contexto de urxencia ecolóxica onde é fundamental involucrar a cidadanía no cambio de hábitos de consumo para reducir o impacto ambiental do plástico.

Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Potenciais evocados na imaxinación motora
Autoría
U.S.P.
Grao en Psicoloxía
U.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Introducción: a imaxinación motora (IM), representación mental dun movemento sen acción física, é unha ferramenta de gran interese nas últimas décadas debido a súa aplicación e bo resultado en áreas de importancia como o deporte e a rehabilitación. Para comprender mellor o proceso e os seus correlatos cerebrais, entre as técnicas máis empregadas está a encefalografía (EEG), especialmente, debido ás súas vantaxes, a través da análise de potenciais evocados (ERPs), variacións na voltaxe do EEG debido a procesos sensoriais, motores ou cognitivos. Obxectivo: analizar, mediante unha revisión de estudos que utilizan potenciais evocados, os principais correlatos cerebrais vinculados a imaxinación motora, identificar as variables que median na actividade cerebral, e poder valorar as posibilidades de aplicación deste proceso. Método: realización de busca sistemática nas bases de datos Web of Science, Scopus e busca manual, seguindo as recomendacións do modelo PRISMA, mediante a implantación de criterios de inclusión e exclusión para ter unha busca o máis exacta posible. Resultados: os 12 traballos amosan a aparición de compoñentes ERP como N1, P1, N2, P3 ou LRP, e que en varios deles non se aprecian diferencias de amplitude e/ou latencia das condicións de execución manifesta e imaxinación de movemento. Conclusións: confírmase que a actividade cerebral xera imaxinación motora, que hai equivalencia ou similitude entre a actividade cerebral da imaxinación motora e a da execución manifesta, e ten unha potencial aplicación en campos variados como o deporte, a clínica ou determinadas tecnoloxías, como as Interfaces Cerebro Computadora (BCI).

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titor do alumno)

Relación entre autoestima e sintomatoloxía alimentaria desordenada en poboación adolescente, unha revisión bibliográfica
Autoría
F.S.F.
Grao en Psicoloxía
F.S.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo ten como finalidade analizar a relación entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria desordenada en adolescentes, a partir dunha revisión sistemática de estudos recentes. Para iso, seleccionáronse doce investigacións publicadas entre 2020 e 2024 que avalían dita asociación en poboación adolescente. Os estudos revisados coinciden en sinalar unha asociación negativa entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria, é dicir, canto máis baixa e a autoestima, maior tende a ser a presencia de conductas alimentarias desadaptativas. Esta relación faise especialmente evidente cando se analiza a autoestima corporal, que mostra unha vinculación máis forte con este tipo de sintomatoloxía que a autoestima global. Ademáis, identifícanse outros factores que inflúen nesta relación, como a insatisfacción co propio corpo, as dificultades para xestionar as emocións ou a presión do entorno, incluídos os efectos derivados do uso de redes sociais. En conxunto, os estudos revisados permiten comprender mellor o papel que desempeña a autoestima no desenvolvemento e mantemento deste tipo de problemátocas na adolescencia, o tempo que evidencian a necesidade de seguir investigando esta relación desde un enfoque máis amplo e con metodoloxías que permitan estudar a súa evolución o longo do tempo.
Este traballo ten como finalidade analizar a relación entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria desordenada en adolescentes, a partir dunha revisión sistemática de estudos recentes. Para iso, seleccionáronse doce investigacións publicadas entre 2020 e 2024 que avalían dita asociación en poboación adolescente. Os estudos revisados coinciden en sinalar unha asociación negativa entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria, é dicir, canto máis baixa e a autoestima, maior tende a ser a presencia de conductas alimentarias desadaptativas. Esta relación faise especialmente evidente cando se analiza a autoestima corporal, que mostra unha vinculación máis forte con este tipo de sintomatoloxía que a autoestima global. Ademáis, identifícanse outros factores que inflúen nesta relación, como a insatisfacción co propio corpo, as dificultades para xestionar as emocións ou a presión do entorno, incluídos os efectos derivados do uso de redes sociais. En conxunto, os estudos revisados permiten comprender mellor o papel que desempeña a autoestima no desenvolvemento e mantemento deste tipo de problemátocas na adolescencia, o tempo que evidencian a necesidade de seguir investigando esta relación desde un enfoque máis amplo e con metodoloxías que permitan estudar a súa evolución o longo do tempo.
Dirección
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Heurísticos e sesgos en inferencia humana: a ilusión de control
Autoría
A.S.R.
Grao en Psicoloxía
A.S.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A ilusión de control é un sesgo cognitivo que leva os individuos a sobrestimar a súa capacidade de influír sobre resultados aleatorios. Esta distorsión tense relacionado coa toma de decisións irracionais en contextos de incerteza e ambigüidade, especialmente no ámbito do xogo. O presente traballo ten como obxectivo revisar a evidencia empírica do efecto da ilusión de control sobre as condutas de risco, con especial atención á súa manifestación nos xogos de azar. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática de 10 estudos identificados mediante buscas en bases de datos especializadas (Web of Science, Scopus, PsycInfo e PubMed), seleccionando aqueles que cumprían os criterios de elixibilidade. Os resultados organizáronse en 3 bloques temáticos: (1) factores que modulan a aparición do sesgo, (2) diferenzas entre perfís de xogadores e (3) modelo explicativo do fenómeno. Entre os principais achados identifícase un continuo de risco que vai desde xogadores non problemáticos ata xogadores patolóxicos, abarcando novos contextos de xogo como os dixitais. Así mesmo, destácanse factores que amplifican ou mitigan o sesgo e constátase a ausencia de investigacións sobre se a conciencia metacognitiva do mesmo podería reducir o seu impacto. Finalmente, conclúese que a ilusión de control é un mecanismo relevante na conduta de xogo, e que futuras investigacións deben explorar a súa identificación e atenuación.

Diagnóstico e manifestacións da dislexia en adultos. Unha análise das súas características clínicas e diagnósticas
Autoría
H.J.S.L.
Grao en Psicoloxía
H.J.S.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
A dislexia pode ser definida como unha dificultade específica da aprendizaxe profundamente estudada en poboación infantil, pero cuxo coñecemento completo na idade adulta aínda presenta lagoas na literatura científica. O presente traballo ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica sistematizada sobre a dislexia en adultos, explorando as súas características clínicas, implicacións neurocognitivas, diagnóstico e estratexias de intervención. Con esta finalidade, para cumprir o obxectivo principal, levouse a cabo unha revisión exhaustiva. Os resultados mostran que, a pesar dos avances no desenvolvemento de estratexias compensatorias, as dificultades lectoras en adultos persisten e poden influír significativamente no ámbito académico, laboral e emocional. A análise atende aos desafíos persistentes na fluidez lectora, a ortografía e o procesamento fonolóxico que enfrontan os adultos con dislexia, influenciados por factores como a transparencia ortográfica da lingua e o nivel educativo. A revisión tamén resalta a heteroxeneidade do trastorno, complicando o seu diagnóstico, moi en liña coas limitacións nos instrumentos de diagnóstico actuais, sumado a unha escasa oferta de programas de intervención adaptados á poboación adulta, o que implica unha maior necesidade de atención clínica e científica. É dicir, a necesidade de intervencións personalizadas que aproveiten a plasticidade cerebral e fortalezan habilidades como a memoria de traballo. Este traballo destaca a relevancia de abordar a dislexia dende unha perspectiva multidimensional, considerando o seu impacto na calidade de vida e a importancia de promover políticas educativas e laborais inclusivas que apoien a esta poboación. Subliñase a urxencia de futuras investigacións que exploren contextos multiculturales e tecnoloxías para mellorar a intervención.

Análise de sentencias en menores infractores: violencia filioparental
Autoría
C.S.P.
Grao en Psicoloxía
C.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A violencia filioparental foi un fenómeno de relevancia recente na investigación, xerando moita preocupación especialmente polas consecuencias que conleva en tódolos componentes da familia. O obxectivo deste traballo é analizar as características persoais da persoa menor incoada, así como os factores de risco presentes tanto a nivel psicolóxico como sociofamiliar e académico. Ademais, tamén considerouse relevante examinar tanto a tipificación penal do delito en cuestión como a medida xudicial imposta. Para iso, seleccionáronse, mediante muestreo por conveniencia, 30 casos considerados como violencia filioparental, obtidos a partir das sentencias, informes e outros documentos disponibles nun centro de reeducación de menores da Coruña. A análise, levada a cabo mediante estadísticos descriptivos, permite observar unha clara victimización da figura materna, así como unha elevada presencia de factores de risco tanto psicolóxicos como familiares e académicos. Conclúese que a violencia filioparental é causada e mantida por dinámicas complexas de abordar, polo que require unha intervención multidisciplinar e con maior relevancia na actuación preventiva

Prexuízos de xénero na camuflaxe social
Autoría
T.S.M.
Grao en Psicoloxía
T.S.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o fenómeno da camuflaxe socian no Trastorno do Espectro Autista (tea),centrándose na diferencia de xénero. A partir dunha revisión bibliografica de literatura recente, na cal se recopilan diversos estudos cuantitativos, analizaronse os diferentes factores que interveñen na infradetección do trastorno no xénero femenino centrándose na camuflaxe social como posible factor de dita problematica. Nos diferentes estudos mostrase que as mulleres presentan un maior camuflaxe social que os homes, relacionando co diagnostico tardío, ou incluso con non ser detectadas. O uso desta estratexia, parece estar modulado por factores sociais e culturais, nos cales obsérvase un prexuízo de xénero, que conduce a que as mulleres aprendan mellor e usen con mais frecuencia dita estratexia. Asi mesmo, obsérvanse diferencias a nivel neuroanatomico, especialmente nas areas que estan vinculadas a cognición social. Estos resultados reforzan a necesidade de incorporar unha perspectiva de xénero na evaluación diagnostica, para así evitar o infradiagnóstico e as súas repercursións na saúde mental das mulleres.

Eficacia das novas tecnoloxías na intervención educativa en alumnado con Dislexia
Autoría
U.S.M.
Grao en Psicoloxía
U.S.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 11:30
14.07.2025 11:30
Resumo
No presente traballo estúdase o impacto, en España, do emprego das novas tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe de nenos/as con Dislexia, para o que se levou a cabo unha revisión de alcance no ámbito da psicoloxía. A Dislexia é un dos trastornos da aprendizaxe máis prevalecentes na poboación escolar, cunha incidencia estimada en torno ao 10% en España. As súas repercusións no ámbito académico son significativas, afectando principalmente á lectura, a escritura e, en consecuencia, ao rendemento global do alumnado. Neste contexto, as novas tecnoloxías ofrecen un potencial prometedor para apoiar a intervención educativa, permitindo adaptacións personalizadas, maior accesibilidade e unha mellora na motivación e autoestima dos estudantes con Dislexia. A este respecto, os resultados obtidos neste traballo evidencian un efecto favorable no desenvolvemento das habilidades de lectura e escritura tras a utilización de distintos instrumentos tecnolóxicos, principalmente videoxogos coma DytectiveU, que permiten unha aprendizaxe máis lúdica e interactiva. Debido a iso, resáltase a necesidade de deseñar ferramentas tecnolóxicas que sirvan de apoio á intervención educativa con alumnado con Dislexia en aras de favorecer o desenvolvemento íntegro das súas capacidades. Así mesmo, conclúe salientando a importancia de fomentar investigacións futuras que permitan obter resultados máis robustos debido a escaseza de estudos no contexto español.

Comprendendo a violencia de xénero desde a perspectiva adolescente: un estudo cualitativo
Autoría
A.S.Q.
Grao en Psicoloxía
A.S.Q.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
A violencia de xénero nas relacións de noivado representa un problema grave e pouco visibilizado, que engloba formas de malos tratos físicos, psicolóxico, sexual e dixital. O obxectivo da presente investigación cualitativa é explorar o discurso da poboación xuvenil ao redor desta problemática para coñecer e comprender a súa perspectiva. Para iso, a partir dunha mostra de 48 adolescentes de entre 15 e 18 anos de idade, levaron a cabo seis grupos de discusión, cuxo contido foi posteriormente analizado con axuda do software ATLAS.ti. Os resultados evidenciaron que tanto homes como mulleres identifican a violencia física e psicolóxica como as formas máis comúns de violencia nas relacións de parella, mentres que outras manifestacións, como a violencia sexual e dixital, tenden a non ser recoñecidas. Ademais de detectar sinais de alerta, as persoas participantes revelaron un certo grao de normalización da violencia e unha comprensión desta como un fenómeno bidireccional. A familia e os medios de comunicación foron percibidos como espazos de risco, a diferenza dos pares e os centros educativos, considerados espazos con potencial preventivo. Con todo, cuestionouse a efectividade educativa debido á limitada intervención ofrecida. Entre as medidas de prevención propostas áchanse a educación emocional, a formación legal, a intervención psicolóxica e o desenvolvemento e aplicación de estratexias prácticas adaptadas á súa realidade.

Heurísticos e sesgos en inferencia humana: unha revisión sistemática sobre redes sociais e desinformación
Autoría
D.A.S.P.
Grao en Psicoloxía
D.A.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
Desinformación, fake news, posverdade, infoxicación… son termos que cada vez resoan máis na nosa sociedade. Nas redes sociais e demais medios de comunicación dixitais prodúcese unha sobreabundancia de información, cuxa veracidade é incerta, pois nin as fontes nin o contido seguen estándares de fiabilidade estritos. Así, recae sobre os usuarios a responsabilidade de verificar a información que consomen e comparten en liña. Con todo, a súa capacidade de procesar un volume tan amplo de datos é limitada. Esta revisión sistemática analiza a evidencia experimental sobre os mecanismos cognitivos que levan a confiar en información errónea nos medios de comunicación dixitais, especialmente, nas redes sociais. Así mesmo, repásase a literatura que estuda os criterios de credibilidade dos usuarios e as actitudes e comportamentos ante a desinformación nestas plataformas. Para iso, realizouse unha procura en las bases de datos Scopus, PsycInfo e Dialnet, que resultou na inclusión de 19 artigos. Os resultados apuntan a que o exceso de información en liña e a rapidez coa que se reproduce impulsan o uso dun pensamento rápido e automático, característico do Sistema 1, cunha baixa ou nula reflexión cognitiva, guiada por numerosos heurísticos que, a miúdo, conducen a sesgos. Faise notable a necesidade de potenciar un pensamento crítico sustentado no Sistema 2, lento, deliberado e analítico, como estratexia chave para facer fronte á desinformación.

A Intelixencia Artificial e o seu impacto na Psicoloxía do Testemuño
Autoría
M.T.M.
Grao en Psicoloxía
M.T.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A Intelixencia Artificial comeza a ter un grande impacto na sociedade actual, podendo supoñer unha serie de desvantaxes para a psicoloxía do testemuño debido á súa capacidade para humanizar as respostas e acceder a todo tipo de bases de datos co fin de xerar narrativas coherentes. O presente traballo realizouse co obxectivo de estudar a credibilidade de testemuños de vítimas de agresión sexual creados mediante IA e mediante simulación, que se presentaron xunto con testemuños reais (todos ao azar) a unha mostra de suxeitos con coñecementos en psicoloxía e poboación xeral. O propósito foi analizar se as valoracións de credibilidade variaban en función do nivel de coñecementos en psicoloxía. Os resultados amosaron que non houbo diferenzas estatisticamente significativas entre ambos grupos na maioría dos casos, e que as taxas de acerto na identificación de testemuños simulados ou xerados por IA foron baixas. Estes achados evidencian as dificultades para detectar testemuños falsos mesmo dende un enfoque racional, e plantexan interrogantes sobre a fiabilidade do xuízo humano fronte a relatos xerados artificialmente. A nivel teórico e aplicado, o estudo destaca a necesidade de seguir investigando nesta liña, con mostras máis amplas e melloras no deseño, para comprender os riscos e límites que a intelixencia artificial pode representar en contextos sensibles como a avaliación do testemuño.

Pazo Álvarez, Paula (Coordinador)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

Estudo dos Factores Psicosociais Facilitadores na Acción Colectiva contra o Negocio da Vivenda en España. Análise desde o Modelo AICAM
Autoría
C.T.C.
Grao en Psicoloxía
C.T.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A presente investigación parte do interese por comprender e afondar nos factores psicosociais que impulsan a participación en accións colectivas fronte á crecente mercantilización da vivenda en España. Baseándose no modelo SIMCA (van Zomeren et al., 2008) e na súa ampliación no modelo AICAM (Sabucedo et al., 2018), analízanse variables como a identidade colectiva politizada, a percepción de eficacia e inxustiza, a ideoloxía política e a obriga moral, integradas con factores sociodemográficos. Formuláronse catro hipóteses (H1) as persoas máis novas teñen unha maior predisposición á acción colectiva. A percepción de eficacia ten unha capacidade predictiva limitada (H2), mentres que a identidade colectiva politizada e a percepción de inxustiza son factores psicosociais relevantes (H3), e que a obriga moral é o predictor máis robusto (H4). A partir dunha mostra (113 participantes), aplicáronse análises de correlación e regresión linear múltiple. Os resultados confirman a primeira e a cuarta hipótese (H1, H4), o que significa que a xente nova, e especialmente a obriga moral, predí de maneira significativa a intención de participación. A identidade tamén se amosa como un factor clave (H3), mentres que a percepción de eficacia e inxustiza presentan menor relevancia da esperada (H2). Así mesmo, a ideoloxía política (progresista de esquerdas) emerxe como un elemento explicativo relevante. Estes achados reforzan a utilidade do modelo AICAM e abren novas vías de investigación arredor da mobilización social na actual crise habitacional.

Correlatos neurales do engano: unha revisión bibliográfica de estudos con Resonancia Magnética Funcional (RMf)
Autoría
N.V.V.
Grao en Psicoloxía
N.V.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
Nos últimos anos, o estudo do engano espertou un crecente interese no ámbito da neurociencia, especialmente pola súa relevancia en contextos sociais, éticos e forenses. A resonancia magnética funcional (RMf) permitiu observar con precisión as rexións cerebrais implicadas neste proceso complexo. O obxectivo central este estudo é levar a cabo unha revisión bibliográfica de investigacións empíricas que empregasen a resonancia magnética funcional (RMf) para identificar os correlatos neurales asociados ao engano, en comparación coa verdade, mediante a realización de tarefas visuais en individuos adultos novos e sans. Para iso, #efectuar unha revisión bibliográfica nas bases de datos PubMed, Web of Science e Scopus, abarcando o período comprendido entre os anos 2010 e 2025. Empregáronse combinacións de termos como “deception”, “fMRI”, “lying”, “neurociencia cognitiva” e “interrogation”, aplicando criterios de inclusión que esixían a utilización de tarefas experimentais e a participación de individuos sen dano neurolóxico. Seleccionáronse seis artigos que satisfacían os criterios metodolóxicos establecidos. Os estudos revisados revelaron un patrón común de activación en rexións como o xiro frontal inferior, a insua anterior e o precúneo, áreas implicadas no control executivo, a regulación emocional e a monitorización do discurso. Ademais, as tarefas que incluían interacción social ou incentivos económicos mostraron unha activación adicional en rexións asociadas á teoría da mente e ao sistema de recompensa. Os resultados confirman que o engano activa unha rede cerebral flexible que varía en función do tipo de tarefa, o contexto motivacional e as demandas sociais.

L.V.H.
Grao en Psicoloxía
L.V.H.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
14.07.2025 10:30
14.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno de ansiedade social (TAS) é unha condición altamente prevalente que pode chegar a cronificarse se non se trata de maneira axeitada. A terapia de exposición (TE) é unha das intervencións máis eficaces para o seu tratamento, aínda que non está exenta de limitacións. O presente traballo analiza a eficacia, as limitacións e os desafíos actuais da TE como tratamento do TAS. A través dunha revisión sistemática da literatura científica publicada nos últimos cinco anos, examínanse distintas intervencións de exposición, maioritariamente mediante Realidade Virtual (VR), e explóranse novas liñas de investigación centradas en variables moduladoras da eficacia, como os niveis de testosterona ou a calidade do sono. Os resultados ofrecen evidencia de que a realidade virtual é unha ferramenta prometedora e eficaz para o tratamento do TAS, ademais de permitir un maior control e adaptación dos estímulos. Pola súa parte, as intervencións autoguiadas poden mellorar a accesibilidade, aínda que a súa eficacia pode estar condicionada indirectamente pola presenza ou ausencia de acompañamento terapéutico. Conclúese tamén que a personalización do tratamento é unha vía prometedora para optimizar a súa efectividade.

ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Síndrome de burnout en docentes
Autoría
J.V.F.
Grao en Psicoloxía
J.V.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O burnout é, na actualidade, un problema moi común na poboación traballadora. Trátase dun síndrome que se caracteriza por esgotamento emocional, despersonalización e unha baixa realización profesional. A pesar de que os seus efectos adoitan ser infravalorados, o estrés laboral crónico e o burnout poden ter consecuencias físicas, psicolóxicas e emocionais prexudiciais para a saúde das persoas traballadoras. Estes efectos negativos tamén reducen o rendemento laboral do persoal, o que repercute no funcionamento xeral das organizacións e das empresas. O burnout pode producirse nunha ampla variedade de profesións, pero dous dos ámbitos que presentan maior prevalencia deste síndrome son o sanitario e o educativo, sendo este último o foco de análise do presente traballo. O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar os principais achados dun conxunto de investigacións publicadas a partir do ano 2020 sobre o síndrome de burnout en docentes. Máis concretamente, examináronse as relacións existentes entre o síndrome de burnout (e as súas tres dimensións), o estrés laboral, a satisfacción laboral e unha serie de variables demográficas, persoais e contextuais. Os datos reflectiron a existencia dunha forte asociación entre as tres dimensións do burnout, e entre estas e o burnout global con distintos tipos de estrés ocupacional e coa satisfacción laboral. Tamén se constatou a existencia de múltiples relacións estatisticamente significativas entre o burnout e distintas variables demográficas (xénero, anos de experiencia, estado civil, etc.), persoais (autoeficacia, regulación emocional, ansiedade, etc.) e contextuais (número de alumnado, curso impartido, relacións sociais, etc.). En conxunto, estes resultados poñen de relevo a complexidade do concepto de burnout e o impacto de variables de diversa natureza nos niveis do síndrome.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)