O apoio social no tratamento para o abandono do consumo de alcohol
Autoría
L.A.G.
Grao en Psicoloxía
L.A.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O consumo de alcohol mostra unha prevalencia elevada en España e conleva numerosas consecuencias a nivel físico, social e psicolóxico que disminúen o benestar das persoas. Literatura previa constatou a influencia do apoio social no consumo de alcohol e o tratamento para abandonalo. A presente revisión sistemática ten como obxectivo examinar o papel do apoio social no tratamento para o abandono do consumo de alcohol, así como seu papel como componente dos tratamentos psicolóxicos. Para a búsqueda de artigos empleáronse as bases de datos Pubmed e Psycinfo, incluíndo finalmente un total de 13 estudos. Os resultados mostran que o apoio social actúa como factor de protección ante o distrés emocional, reduce a sintomatoloxía psicopatolóxica, relaciónase con cambios en variables motivacionales e coa adherencia ao tratamento. Entre a principais intervencións psicolóxicas que emplean o apoio social como componente, destacan a terapias de redes sociais, o grupos de axuda mutua, os centros comunitarios de rehabilitación e intervencións que fan uso de tecnoloxías. Obsérvase que o uso do apoio social como parte dos tratamentos para o abandono do consumo de alcohol inflúe no resultado dos mesmos, aumentando as tasas de abstinencia. O análise dos resultados obtidos reforza a idea de que o apoio social inflúe no éxito do tratamento para o abandono do consumo de alcohol. Así mesmo, as diversas intervencións que o emplean como componente mostraron ser eficaces e supoñen un campo de investigación futuro.

Dirección
BARROSO HURTADO, MARIA (Titoría)
BARROSO HURTADO, MARIA (Titoría)
Tribunal
López Durán, Ana (Presidente/a)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Vogal)

Entre a Calma e o Caos: Unha Revisión da Interacción entre Crianza e Regulación Emocional no marco do TDAH Infanto xuvenil.
Autoría
Y.A.G.
Grao en Psicoloxía
Y.A.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é unha condición asociada a dificultades condutuais e de axuste psicosocial durante a infancia e a adolescencia. Aínda que a investigación se centrou principalmente nos síntomas nucleares (inatención, hiperactividade e impulsividade) e no seu tratamento farmacolóxico, a relación entre TDAH e desregulación emocional recibiu menor atención. Os modelos formulados no marco da psicopatoloxía do desenvolvemento subliñan a necesidade de integrar o estudo da regulación emocional (RE) xunto coas prácticas de crianza, especialmente en contextos de TDAH. O obxectivo xeral deste traballo é analizar a relación entre o TDAH infanto xuvenil, a desregulación emocional e as prácticas de crianza, explorando tamén o potencial do Mindfulness como estratexia de intervención. Para isto, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática en bases de datos científicas como Web of Science, Scopus e PsycInfo, seleccionando 15 artigos publicados entre 2016 e 2024. Os estudos revisados sinalan que a RE é un compoñente clave no TDAH. Ademais, identifican que as prácticas parentais caracterizadas por calidez, sensibilidade e consistencia actúan como factores protectores fronte á labilidade emocional xuvenil, en contraposición con aquelas marcadas pola neglixencia ou a inestabilidade. Neste contexto, o Mindfulness parental emerxe como unha intervención innovadora, capaz de reducir os síntomas do TDAH e fortalecer os vínculos afectivos entre proxenitores e fillos/as. En conclusión, un enfoque integral que inclúa o adestramento en Mindfulness tanto en proxenitores coma en menores, permitiría acadar unha mellor autorregulación emocional e un entorno familiar máis saudable.

VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)

Influencia do consumo de alcol na adopción de condutas sexuais de risco: unha revisión bibliográfica
Autoría
A.A.S.
Grao en Psicoloxía
A.A.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O consumo de alcol tense relacionado de forma consistente cun maior risco de involucrarse en condutas sexuais de risco (CSR), debido ao seu impacto na toma de decisións, a impulsividade e a percepción do perigo. Este traballo ten como obxectivo revisar sistematicamente a evidencia empírica sobre a relación entre o consumo de alcol e as CSR en adolescentes e adultos novos. Para iso, analizáronse 15 estudos extraídos da base de datos PubMed. A literatura revisada sinala que factores como a impulsividade, a desregulación emocional, as expectativas respecto ao alcol e determinadas condicións contextuais (por exemplo, presión social ou contorno recreativo) desempeñan un papel relevante nesta asociación. Así mesmo, identifícanse diferenzas de xénero, sendo as mulleres máis vulnerables á influencia de variables emocionais e sociais. Estes achados respaldan a necesidade de desenvolver intervencións preventivas integrais que aborden tanto o consumo de alcol como os factores psicolóxicos e situacionais que aumentan a probabilidade de adoptar CSR

Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Pazo Álvarez, Paula (Vogal)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Pazo Álvarez, Paula (Vogal)
Fear of Missing Out (FoMo), uso problemático dixital e benestar psicolóxico en adultos novos
Autoría
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O uso das tecnoloxías está amplamente estendido hoxe en día na nosa sociedade. Por este motivo, numerosas investigacións centráronse en explorar como o seu uso problemático pode ter consecuencias negativas na saúde mental, especialmente na poboación nova. Neste contexto, o presente estudo ten como obxectivo analizar a relación entre o uso problemático de Internet e do teléfono móbil, o tempo de uso dixital, o fenómeno Fear of Missing Out (FoMO), variables de sintomatoloxía psicopatolóxica (depresión, ansiedade e estrés) e o benestar psicolóxico en adultos novos. Para iso, realizouse un estudo cuantitativo, transversal e non experimental cunha mostra de 134 participantes de entre 18 e 29 anos, residentes en España. A recollida de datos levouse a cabo mediante un cuestionario en liña que incluía escalas validadas para a avaliación das variables mencionadas. Os datos foron analizados mediante estatísticos descritivos, correlacións de Pearson e análises ANOVA a través do programa SPSS. Os resultados mostraron que o FoMO, o uso problemático das tecnoloxías e a sintomatoloxía psicopatolóxica están positiva e significativamente relacionados. Ademais, observáronse asociacións negativas entre estas variables e dimensións do benestar como a autoaceptación, a autonomía e o dominio do entorno. Estes achados poñen de manifesto a importancia de promover un uso consciente e saudable das tecnoloxías e traballar sobre factores protectores como a autoaceptación para favorecer a saúde mental positiva da poboación moza.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)

Retorno ao Traballo tras Ausencia por Trastornos Mentais Comúns. Unha Revisión Bibliográfica dende a Perspectiva do Empregado.
Autoría
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Os trastornos mentais comúns representan unha das principais causas de ausentismo laboral, cun impacto significativo tanto para os traballadores como para as organizacións. Precisamente, o retorno ao traballo despois dun trastorno mental común é un proceso complexo que require un enfoque integral para garantir unha reincorporación sostible. Neste sentido, o obxectivo principal deste traballo foi revisar a evidencia científica dispoñible sobre o retorno ao traballo tras ausencia por trastornos mentais comúns, centrándose na perspectiva do traballador. Para iso, realizouse unha procura sistemática de estudos primarios nas principais bases de datos no campo da Psicoloxía da Saúde Ocupacional entre 2010 e outubro de 2024. Extraeuse información sobre as principais barreiras e facilitadores para unha reincorporación ao traballo sostible. Os resultados revelan que, segundo os traballadores, o proceso de retorno ao traballo implica unha interacción complexa entre barreiras (p. ex., a falta de adaptacións adecuadas ou o estigma asociado ás condicións de saúde mental) e facilitadores (p. ex., o apoio social por parte de supervisores e compañeiros) que inflúen nas experiencias dos traballadores ao longo das diferentes fases da reintegración. Como conclusión, sublíñase a importancia de adoptar un enfoque holístico que contemple tanto os factores laborais como os persoais, co fin de proporcionar un apoio efectivo aos traballadores con trastornos mentais comúns, facilitando a súa reintegración laboral e garantindo a sustentabilidade deste proceso a longo prazo.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)

Trastorno Obsesivo Compulsivo na Etapa Perinatal: avaliación, prevalencia e curso
Autoría
M.B.T.
Grao en Psicoloxía
M.B.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC) caracterízase por obsesións e compulsións que xeran un elevado malestar e interferencia. O período perinatal é especialmente vulnerable para o seu inicio, xa que implica cambios a nivel biolóxico e psicosocial. Esta revisión sistemática tivo coma obxectivo analizar a avaliación, prevalencia e curso do TOC durante o período perinatal. Realizouse unha busca en PsycINFO, Pubmed e Web of Science e, tras aplicar criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse 15 estudos para a súa análise. Os resultados mostraron un elevado uso de instrumentos xerais de avaliación psicopatolóxica (12 estudos), coma o MINI ou a SCL-90-R. En comparación, os instrumentos específicos para avaliar sintomatoloxía obsesivo-compulsiva empregáronse en menor medida, tanto en poboación xeral (cinco estudos), utilizando escalas coma a YBOCS, coma en poboación perinatal (dous estudos), con instrumentos coma a POCS. A prevalencia diagnóstica no período perinatal foi de 8,2% e a prevalencia sintomatoloxía oscilou entre 9,8% e 60,8%. Durante o embarazo, a prevalencia diagnóstica variou entre 2,9% e 11,4% e a sintomatolóxica entre 6,4% e 39,5%. No postparto, a prevalencia diagnóstica oscilou entre 3,3% e 14% e a sintomatolóxica entre 10,9% e 17,1%. Respecto ó curso, os resultados son heteroxéneos. Durante o embarazo algúns estudos sinalan un empeoramento, mentres que outros destacan unha mellora progresiva. No postparto, obsérvase un aumento da prevalencia nos primeiros meses que, posteriormente, tende á mellora progresiva. Conclúese que non existe un uso estandarizado de instrumentos para avaliar o TOC no período perinatal, predominando o uso de instrumentos de psicopatoloxía xeral e sendo o máis utilizado o MINI. En canto ó curso do trastorno, os datos dispoñibles resultan insuficientes e contraditorios, principalmente pola escaseza de estudos lonxitudinais. Os resultados suxiren a necesidade de continuar investigando acerca do diagnóstico do TOC no período perinatal.

Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Vogal)

Influencia da polarización afectiva e outros marcos de acción colectiva na intención de participar en protestas polo 8M
Autoría
M.B.M.
Grao en Psicoloxía
M.B.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
As mobilizacións feministas, en concreto as celebradas o Día Internacional da Muller (8M), impulsaron unha serie de avances sociais na loita da igualdade de xénero. É por iso que este estudo propón analizar os factores psicosociais que motivan e dirigien a participación neste tipo de accións colectivas. Desta maneira, a través dun cuestionario cuberto por unha mostra de 186 mulleres galegas, con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, investigouse a influencia da percepción de inxustiza, a percepción de eficacia, a identidade, o historial de participación e a polarización afectiva sobre a intención de participar en accións colectivas convencionais e non convencionais. Partindo deste marco, exponse tres obxectivos específicos e as súas correspondentes hipóteses, que dan lugar aos resultados do estudo mostrando asociacións estatisticamente significativas entre varias das dimensións (destacando a inxustiza cognitiva, a identidade colectiva e a polarización afectiva). Ademais, tras a análise realizada con ANOVA, o nivel de participación pasada en manifestacións polo 8M indicou ser unha dimensión crave á hora de comprender que é o que impulsa ás persoas para participar en contextos de protesta.

PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Diferenzas individuais na toma de decisións
Autoría
E.B.L.
Grao en Psicoloxía
E.B.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A alexitimia e a interocepción xogan un papel chave no procesamento e interpretación das experiencias e estímulos emocinais, e aínda que históricamente foran conceptualizadas como dúas caras da misma moeda, actualmente concíbense como dous rasgos independentes. Atopouse que a interocepción cumpre unha función moderadora sobre os efectos da alexitimia, tanto para a sintomatoloxía ansiosa como para a aparición do nesgo cognitivo coñecido como aversión ó risco. Basándonos nos postulados das teorías duais, que dividen os procesos cognitivos en dous tipos, un rápido, intuitivo e guiado emocionalmente, e outro lento, deliberado e racional, e no poder que os estímulos emocionais teñen para influenciar qué procesos subxacen ós xuízos que emitimos e as decisións que tomamos, o propósito do traballo é afondar na función que a alexitimia e a interocepción cumpren na toma de decisións. Por tanto estudouse cómo varían as respostas ante un xuízo moral e unha tarefa de inferencia causal en función dos niveis observados nestas variables de personalidade. Os resultados non amosaron o efecto moderador esperado, non obstante, observouse unha correlación estatísticamente significativa entre os xuízos morais e a alexitimia e interocepción, así como unha correlación significativa tamén entre o nivel de utilitarismo e a precisión dos xuízos de causalidade.

DIAZ LAGO, MARCOS (Titoría)
DIAZ LAGO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)

Estudo cuantitativo sobre a percepción da violencia e o consentimento sexual na poboación universitaria
Autoría
L.B.V.
Grao en Psicoloxía
L.B.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A violencia sexual constitúe un problema social e de saúde pública que aumentou nos últimos anos, especialmente entre a poboación xuvenil. Esta situación motivou o desenvolvemento de diversas políticas públicas, destacando a Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual. Esta normativa introduciu o concepto de consentimento sexual como elemento clave para valorar a comisión dun delito sexual, aínda que non existe consenso sobre a súa definición nos ámbitos xurídico e científico. Neste contexto, a presente investigación ten como obxectivo explorar a percepción e as actitudes da poboación universitaria en relación coa violencia e o consentimento sexual. No estudo participaron 179 estudantes (149 mulleres e 30 homes), con idades entre 18 e 28 anos, seleccionados/as mediante mostraxe accidental. A recollida de datos realizouse mediante un cuestionario en liña difundido en redes sociais, con participación voluntaria e consentimento informado. As persoas participantes foron clasificadas en dous grupos segundo a súa experiencia sexual. Quen indicaron ter experiencia completaron as escalas de consentimento sexual externo e interno, así como a de aceptación de mitos modernos sobre a agresión sexual; quen carecían de experiencia responderon unicamente a esta última. Os resultados evidenciaron diferenzas significativas entre homes e mulleres na expresión do consentimento externo e interno. Así mesmo, identificouse maior aceptación de mitos sobre a agresión sexual en persoas heterosexuais que en bisexuais. Estes achados subliñan a importancia de comprender como percibe a poboación universitaria o consentimento sexual e a necesidade de reforzar as estratexias de prevención.

Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)

Impacto psicolóxico nas vítimas de violencia sexual
Autoría
I.B.C.
Grao en Psicoloxía
I.B.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
Enténdese por violencia sexual todo acto de natureza sexual non consentido no que se inclúe unha ampla variedade de sucesos. Na actualidade, é unha problemática global, xa que entre o 12% e o 25% das mulleres declaran ser vítimas desta violencia. Isto leva consigo graves consecuencias a curto e longo prazo a nivel físico e psicolóxico, tendo este tipo de actos máis consecuencias a nivel mental ca outros traumas. Por ende, o obxectivo principal deste traballo é analizar o impacto psicolóxico e as áreas afectadas como consecuencia de sufrir violencia sexual. Ademais, analizouse o perfil das vítimas e dos agresores xunto coas características do suceso. Para iso, utilizouse unha mostra de 86 participantes universitarios aos que se lles aplicou un cuestionario ad hoc acerca de diversas cuestións relacionadas co ámbito da violencia sexual. Os resultados mostraron diferenzas significativas en síntomas como problemas de sono, dificultade para tomar decisións ou para gozar de actividades, ao comparar o grupo que experimentara un evento de violencia sexual co que non. Así mesmo, obtívose que sufrir un evento de violencia sexual se relaciona con experimentar dano psicolóxico. Adicionalmente, en relación ao sexo da vítima e do agresor, atopouse que a vítima adoita ser muller e o agresor home. A pesar das limitacións do estudo, conclúese a necesidade de seguir investigando esta problemática e o seu impacto real nas vítimas, para ofrecer un abordaxe terapéutico adaptado ás súas necesidades.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Aparcando o tranvía. O Efecto da Lingua Estranxeira sobre a toma de decisións morais: unha revisión sistemática
Autoría
I.B.G.
Grao en Psicoloxía
I.B.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A investigación en falantes bilingües reporta unha tendencia a favorecer decisións utilitaristas cando se presentan dilemas morais nunha segunda lingua, o que se coñece como o Efecto da Lingua Estranxeira. Nesta revisión recóllense os principais achados sobre este fenómeno, co obxectivo de analizar os mecanismos subxacentes e os factores que o modulan. Realizouse unha busca exhaustiva nas bases de datos Scopus, PubMed, Web of Science y PsycINFO, que resultou na inclusión de 19 estudios publicados entre abril de 2014 e febreiro de 2025, nos que se comparan as decisións tomadas ante dilemas morais na primeira e segunda lingua dos participantes. Os estudios mostraron que os escenarios nos que se require o uso da forza persoal (p. ex., empurrar a alguén cara a un tranvía fóra de control para salvar a cinco persoas) predín a aparición do Efecto da Lingua Estranxeira, aínda que non de maneira consistente. O efecto é xeralmente menor cando a competencia na L2 é alta e o seu contexto de uso se asemella ao da L1, o que suxire que a lingua pode desempeñar un papel mediador no acceso ás normas morais.

FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Vogal)

O alcohol e a regulación emocional
Autoría
L.C.C.
Grao en Psicoloxía
L.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O consumo intensivo de alcohol é un problema de saúde grave, especialmente en población universitaria. Información extraída de distintos estudos indicou que as dificultades na regulación emocional, e factores relacionados; como a alexitimia, a impulsividade e o afrontamento das emocións tiñan un papel fundamental no desenvolvemento e no mantemento do consumo de alcohol. O obxectivo dste traballo foi analizar a relación entre a regulación emocional e o consumo intensivo de alcohol, así como os factores psicolóxicos implicados nela. Realizouse unha búsqueda nas bases de datos PubMed e Web of Science o 19 de marzo de 2025, seleccionando artigos empíricos centrados en estudantes universitarios. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, revisaronse 16 artigos. Os resultados mostraron que as dificultades de regulación emocional eran un factor de risco forte para o consumo de alcohol. A impulsividade e a dificultade para manter metas emocionais asociaronse con un consumo de risco e máis episodios de embriaguez. Outros factores psicolóxicos, como a ansiedade, tamén se relacionaron co consumo, principalmente a través dos motivos de afrontamento emocional. En conclusión, a evidencia integrada nesta investigación reforzou a idea de que a regulación emocional e os factores psicolóxicos asociados eran claves na prevención e el tratamento do consumo intensivo de alcohol.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
Eficacia das técnicas de realidade virtual para o tratamento da dor crónica
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
A dor crónica afecta á calidade de vida de quen o padece, non só polas limitacións asociadas á dor e síntomas comórbidos, senón tamén porque afecta as relacións sociais e a situación laboral. Existen numerosas formas de tratamento, pero ultimamente está en auxe a realidade virtual (RV), pois proporciona a capacidade de recrear experiencias de dor máis facilmente, ademais dun factor de distracción que axuda ao paciente para afrontar mellor a situación de dor. Esta revisión sitemática céntrase en analizar a eficacia das técnicas de RV para tratar a dor crónica. Para iso, realizouse unha búsqueda nas bases de datos PsychInfo e PubMed, coa que se seleccionaron 10 artigos seguindo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. O traballo realizouse seguindo a metodoloxía PRISMA, e o risco de sesgo dos estudos realizouse utilizando a ferramenta Cochrane para ensaios aleatorizados. A maioría dos resultados obtidos mostraron que, en xeral, e a pesar da heteroxeneidade dos procedementos empregados, a RV é eficaz para tratar a dor crónica, ao conseguir unha redución da intensidade da dor dos participantes. A condición de dor crónica cos mellores resultados foi a dor lumbar, mentres que, para a fibromialxia, a RV non resultou efectiva. A evidencia obtida é robusta posto que o risco de sesgo dos estudos foi baixo, fóra da condición de cego, difícil de conseguir dada a natureza da intervención. En conclusión, a RV parece eficaz para tratar a dor crónica. Con todo, sería importante para futuras investigacións contar cun procedemento estandarizado que permitise obter conclusións máis xeneralizables e comparables entre traballos.

Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Ensino estratéxico dirixido a alumnado con dificultades de aprendizaxe.
Autoría
A.C.M.
Grao en Psicoloxía
A.C.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar os efectos do ensino estratéxico na aprendizaxe de estudantes con dificultades lectoras e matemáticas, mediante unha revisión sistemática de estudos publicados entre os anos 2000 e 2024. Parte do recoñecemento de que estas dificultades constitúen un dos principais retos do sistema educativo, xa que afectan non só ao rendemento académico, senón tamén ao desenvolvemento persoal, emocional e social do alumnado. Para abordar esta cuestión, revisáronse 12 estudos que implementaron intervencións instruccionales estruturadas, explícitas e adaptadas ás necesidades destes estudantes. Os resultados reflicten unha mellora xeneralizada no rendemento académico dos alumnos. No ámbito lector, destacan estratexias como a titoría entre iguais e a lectura estratéxica colaborativa, que evidenciaron efectos positivos na comprensión lectora, especialmente en alumnos con dificultades. Ademais, observáronse avances en habilidades fonológicas, precisión na lectura e adquisición de vocabulario a través de programas multicomponente que combinan ensino explícito e a práctica sistemática. En matemáticas, as intervencións máis eficaces combinaron modelado docente, práctica guiada, apoios visuais, recursos tecnolóxicos de apoio e estratexias metacognitivas. Programas como Solve It! ou o enfoque concreto-representacional-abstracto mostraron avances tanto en fluidez operativa como en comprensión conceptual. En conxunto, conclúese que as intervencións estratéxicas promoven aprendizaxes máis profundas, autónomos e equitativos. Con todo, advírtense limitacións metodolóxicas, como o uso de mostras reducidas ou a escasa avaliación de variables como a motivación e a autorregulación, aspectos clave a considerar en futuras investigacións.

Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tribunal
Tinajero Vacas, Carolina (Titor do alumno)

Avaliación das dificultades socioemocionais en función da severidade do Trastorno do Espectro Autista
Autoría
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
Este estudo analiza as diferenzas nas condutas socioemocionais de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en función do grao de apoio asociado ao diagnóstico. O TEA caracterízase por déficits na interacción social, na comunicación e pola presenza de patróns de comportamento repetitivos, clasificándose en tres graos segundo o apoio requerido. A investigación explora aspectos clave como a interacción social, a comunicación, a regulación emocional e a adaptación social, que se ven afectados en distintos graos dependendo da gravidade do TEA. Para comprender estas diferenzas, considéranse tres marcos teóricos: a Teoría da Mente, a Teoría da Coherencia Central e a Teoría do Déficit na Función Executiva. Estas perspectivas axudan a identificar estratexias de intervención máis efectivas adaptadas aos distintos graos de apoio. O estudo baséase nunha revisión sistematizada da literatura científica publicada nos últimos dez anos para analizar a correlación entre a gravidade do TEA e as dificultades socioemocionais. Os resultados suxiren unha relación positiva entre o grao de apoio e o nivel dos desafíos socioemocionais, salientando a necesidade de enfoques de intervención diferenciados. Como achega propia, deseñouse un cuestionario para coidadores de nenos con TEA que avalía as dificultades socioemocionais segundo o grao de apoio requerido. Consta de 20 ítems distribuídos en catro áreas clave e foi validado por expertas, quen destacaron a súa utilidade e propuxeron melloras. Esta ferramenta complementa o marco teórico e ten aplicacións prácticas en contextos clínicos, educativos e familiares.

Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Tribunal
Rivas Torres, Rosa María (Titor do alumno)

Dificultades de adaptación nos nenos adoptados: manifestación de problemas de conducta e factores de risco
Autoría
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica acerca dos estudos e da literatura existentes sobre o desenvolvemento conductual dos nenos adoptados, así como dos factores de risco e de protección pre e postadoptivos para o seu axuste psicosocial. A busca de información realizouse na base de datos PsycInfo e deu lugar a un total de 99 artigos, que finalmente reducironse a 16 despois de revisalos exhaustivamente. Os estudos incluídos presentan deseños lonxitudinais e transversais e utilizan instrumentos estandarizados, xeralmente autoinformes completados polos pais. A investigación indica que os nenos adoptados presentan con máis frecuencia problemas de comportamento, tanto internalizantes como externalizantes, en comparación coa poboación xeral. Estas dificultades relacionanse principalmente con experiencias adversas preadoptivas, como o maltrato, a neglixencia ou a institucionalización prolongada. Tamén exponse que varios factores postadoptivos, como unha crianza cálida e un estilo educativo autoritativo no ambiente familiar adoptivo, asocianse cun mellor axuste conductual e emocional. A interacción entre as diferentes variables determina en gran medida o desenvolvemento a longo prazo do neno. Finalmente, os achados salientan a importancia de deseñar intervencións que apoien aos nenos adoptados e ás familias adoptivas dende unha perspectiva preventiva e psicoeducativa.

CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
Tribunal
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)
Villar García, Eva (Titor do alumno)

Intervencións para previr o uso abusivo da internet en adolescentes
Autoría
T.C.A.
Grao en Psicoloxía
T.C.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O uso abusivo da internet aumentou significativamente en poboación adolescente, dando lugar a preocupacións sobre as súas repercusións. Ante esta situación, nace a necesidade de poñer en práctica programas preventivos que aborden este problema de maneira temperá. O obxectivo deste traballo é analizar a existencia de programas deseñados para previr a adicción a Internet en adolescentes e solicitar información sobre a súa efectividade. Con este propósito realizouse unha revisión sistemática en tres bases de datos, identificando novar artigos que cumprían os criterios de inclusión e exclusión definidas. De acordo cos resultados obtidos, a maioría dos estudos revisados indican que os programas preventivos son efectivos para reducir o mal uso, abuso ou adicción a Internet en adolescentes, xa que oito dos nove programas revisados achegaron resultados positivos. Así mesmo, varios destes estudos incorporan variables adicionais como: habilidades sociais, saúde mental, motivación académica e autorregulación, revelando igualmente efectos positivos nestes ámbitos. Por tanto, conclúese que é posible a abordaxe preventiva deste fenómeno e que os programas preventivos implementados ata o momento son útiles para previr o desenvolvemento da adicción a Internet en adolescentes.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Efectos do cannabis na memoria e na atención de consumidores novos
Autoría
I.C.C.
Grao en Psicoloxía
I.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Introdución: O cannabis é a droga máis consumida polos adolescentes en España. Un inicio temperá do seu consumo produce cambios na estrutura e no desenvolvemento do cerebro, que non completou todavía a súa maduración, polo que a adolescencia é un período especialmente vulnerable. Obxectivo: Identificar e describir os efectos do consumo de cannabis nas funcións cognitivas de atención e memoria nunha poboación de adolescentes e adultos xóvenes. Método: Levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura durante os meses de novembro e decembro de 2024. Definíronse os criterios de elexibilidade e os termos de busca, a cal foi feita nas bases de datos Web of Science, Dialnet, PubMed e Cochrane. Realizouse unha selección de 8 estudos para incluir na revisión. Resultados: Tanto a memoria como a atención se viron perxudicadas por un consumo de cannabis na adolescencia. Encontrouse peor rendimento en memoria episódica, memoria verbal, atención selectiva e atención sostida. Porén, o sistema de alerta pareceu mellorar co consumo, así como a velocidade de procesamento. Tras un período de abstinencia, o cerebro adolescente pode ser capaz de recuperar as funcións de memoria, pero a atención podería requerir de máis tempo. Conclusións: Precísanse máis estudos lonxitudinais que investiguen o funcionamento do cerebro baixo o efecto do cannabis ao longo do tempo, e tamén máis información sobre os seus efectos aillados do consumo do alcohol e tabaco, drogas consumidas frecuentemente co cannabis.

Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Relación entre o uso das redes sociais e os problemas ansioso-depresivos na poboación infanto-xuvenil
Autoría
A.J.C.G.
Grao en Psicoloxía
A.J.C.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Ante o crecente uso das redes sociais (RRSS) e o seu potencial adictivo, xerouse unha preocupación significativa sobre os seus efectos na saúde mental dos mozos, que se atopan nunha etapa crucial de desenvolvemento emocional e social. É por iso que o obxectivo desta revisión sistemática é determinar a natureza da relación entre a sintomatoloxía ansioso-depresiva e o uso das RRSS en nenos e adolescentes. Consultáronse cinco bases de datos (MedLine, PsycINFO, PubMed, Scopus e Web of Science), seleccionando 26 estudos publicados entre 2014 e 2024 que incluían poboación infanto-xuvenil. Os resultados obtidos revelan unha asociación significativa entre o uso problemático destas plataformas dixitais e o aumento dos síntomas de depresión e ansiedade. Destácase que o tipo de interacción nas RRSS (uso activo fronte a uso pasivo), as experiencias vividas e as comparacións sociais son factores claves que afectan a percepción e o benestar emocional dos mozos. Ademais, sinala que variables psicolóxicas como a autoestima, a intelixencia emocional, a autocompaixón e a ruminación actúan como mediadoras e/ou moderadoras nesta relación. En conclusión, esta revisión sistemática subliña a importancia de implementar estratexias de prevención e intervención centradas na saúde mental da poboación infanto-xuvenil. Tales intervencións deben considerar non só os riscos asociados ao uso problemático das RRSS, senón tamén promover un uso saudable destas plataformas, especialmente naqueles mozos que xa presentan síntomas ansioso-depresivos. Con base nestes achados, énfase na necesidade de continuar investigando este tema, desenvolvendo modelos teóricos que expliquen os mecanismos subxacentes e promovendo un enfoque integral que contemple tanto os aspectos positivos como negativos do uso das redes sociais.

ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
Tribunal
Alzate García, Mónica (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)

Adicción as redes sociais: Unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
O uso das redes sociais integrouse de xeito profundo na vida cotiá, especialmente entre adolescentes e mozos, dando lugar a novas formas de interacción, pero tamén a riscos significativos para a saúde mental. A adicción ás redes sociais (ARS) enténdese como un patrón de uso compulsivo e descontrolado que interfire negativamente no benestar psicolóxico, nas relacións sociais e no rendemento académico. Os estudos revisados neste traballo coinciden en que factores como a procura de gratificación inmediata, a soidade, o estrés e a falta de regulación emocional son claves no desenvolvemento da ARS. Ademais, identifícanse correlacións significativas con síntomas de ansiedade, agresividade e malestar psicolóxico, especialmente en contextos como o confinamento pola COVID-19. A adolescencia, etapa de alta plasticidade cerebral, aparece como un período especialmente vulnerable a este tipo de condutas, debido á sensibilidade ás recompensas sociais e á exposición prolongada ás plataformas dixitais. Dende un enfoque psicométrico, validáronse instrumentos específicos para avaliar esta adicción, como a escala ARS e a BSMAS, que amosan solidez en diferentes contextos culturais. A evidencia actual sinala a necesidade de estratexias preventivas, programas educativos de uso responsable e abordaxes terapéuticos centrados no equilibrio dixital, a autorregulación e o fortalecemento de factores protectores persoais e sociais.

DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

A profundidade na arte: Evolución e impacto perceptivo
Autoría
P.D.F.
Grao en Psicoloxía
P.D.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A percepción da profundidade a partir de imaxes bidimensionais leva acompañando á arte visual dende os seus inicios, destacando como un dos fenómenos perceptivos máis rechamantes. A través de diversos indicios pictóricos, a arte consegue evocar tridimensionalidade sobre unha superficie plana. Isto formula un interrogante fundamental para a psicoloxía da percepción: Que mecanismos fan posible tal experiencia visual? O obxectivo principal da presente revisión bibliográfica é analizar a literatura existente relativa á percepción da profundidade. Para iso, abórdanse diversos aspectos interrelacionados, como a especificidade desta capacidade nos seres humanos fronte a outras especies, o seu desenvolvemento evolutivo ao longo da infancia ou o paralelismo que a historia da arte mantén coa evolución filoxenética. Ademais, expónse a posibilidade de que na nova era artística, marcada por importantes avances tecnolóxicos no ámbito do vídeo e da imaxe, se introduzan novas variables perceptivas aínda non exploradas pola psicoloxía académica. Conclúese coa necesidade de impulsar o estudo desde os seus alicerces, co fin de actualizar as categorías perceptivas e dar resposta ás novas formas de interacción visual.

BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
Tribunal
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
Intervención psicolóxica en fibromialgia: Unha revisión sistemática
Autoría
L.F.B.
Grao en Psicoloxía
L.F.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A fibromialgia (FM) é unha enfermidade caracterizada por un dolor muscuesquelético xeralizado. Exerce un impacto negativo na calidad de vida dos pacientes que a padecen, o que xera que aparezcan distintas problemáticas psicolóxicas, como a sintomatoloxía depresiva e ansiosa, que consecuentemente, desarrollan con frecuencia trastornos psicolóxicos comórbidos. Xunto cos resultados pouco satisfactorios dos tratamentos farmacolóxicos, sentan as bases para a aplicación de intervención de corte psicolóxico que incidan sobre estos factores. Como consecuencia, faise latente a necesidade de implementar intervencións psicolóxicas para facer fronte ao impacto psicolóxico da FM. O obxetivo da presente revisión bibliográfica céntrase en analizar o nivel de eficacia de diferentes tipos de intervencións psicolóxicas aplicadas en personas que sufren FM. En concreto, as modalidades psicoterapéuticas consideradas foron: terapia cognitivo conductual, terapia de aceptación e compromiso, terapia de compasión basada no apego, terapia de constructor personales e terapia EMDR. O análisis dos resultados obtidos nas distintas investigacións posibilita concluir que as intervencións psicolóxicas se mostran eficaces para facer fronte ás distintas problemáticas asociadas á FM, en especial, á sintomatoloxía depresiva e a baixa calidad de vida. Poñendo finalmente de manifesto a importancia de abordar o impacto psicolóxico, e polo tanto, de seguir poñendo o foco na súa investigación.

Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Tribunal
López Durán, Ana (Presidente/a)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Vogal)
López Durán, Ana (Presidente/a)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Vogal)
Variables psicolóxicas e sociodemográficas que preceden ao consumo de moda sostible
Autoría
A.F.C.
Grao en Psicoloxía
A.F.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo tivo como obxectivo principal analizar as variables psicolóxicas que predín o consumo sostible, centrando a súa atención na industria da moda, unha das máis contaminantes debido ao auxe do fast fashion. A través dunha revisión da literatura nas bases de datos PsycInfo e Web of Science identificáronse 19 estudos sobre factores clave como os valores biosféricos, as emocións positivas e a identidade social, que desempeñan un papel fundamental na promoción de comportamentos responsables. Os resultados tamén salientan diferenzas significativas entre xeracións e xéneros. Mentres a Xeración Z prioriza os beneficios ambientais, os Millennials adoitan centrarse máis en aspectos económicos. Ademais, as mulleres amosan unha maior implicación no consumo colaborativo. Porén, persisten barreiras prácticas, económicas e sociais que perpetúan a fenda entre actitudes e comportamentos. En conclusión, este traballo subliña a necesidade de estratexias integradoras e culturalmente adaptadas para fomentar o consumo sostible. Aínda que a investigación actual achega unha base sólida, persisten limitacións, como a predominancia de estudos realizados en contextos occidentais e a falta de análises lonxitudinais, que abren novas liñas de investigación.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titor do alumno)

Narcisismo Grandioso e Narcisismo Vulnerable nas Relacións de Parella: Manifestacións, Dinámicas e Violencia
Autoría
C.C.F.F.
Grao en Psicoloxía
C.C.F.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O narcicismo grandioso (NG) e narcisismo vulnerable (NV) son as dúas expresións do narcisismo máis ampliamente recoñecidas a nivel científico. Porén, non foron estudiados na mesma medida que o narcisismo como concepto xeral. O contexto das relacións románticas non é unha excepción, a pesar de que a violencia de parella supón un grave problema social cunha prevalencia en aumento. O obxetivo da presente revisión bibliográfica é explorar o papel do narcisismo grandioso e vulnerable nas relacións de parella, prestando especial atención ás conductas violentas. Con dito fin, realizouse unha revisión sistemática da literatura ao respecto dos últimos dez anos, dando lugar á análise exhaustiva de 15 artigos. Os resultados suxiren que tanto o NG como o NV relaciónanse cunha maior probabilidade de iniciar conflitos na parella e de responder de forma agresiva ante eles, pero difiren na experiencia emocional, cognitiva e motivacional. Ademais, o tipo de consecuencias negativas para a parella depende do subtipo. Respecto á violencia de parella, atópase que o NV predice todas as súas expresións, mentres que cos datos dispoñibles unicamente é posible confirmar a súa predición sobre a violencia psicolóxica. Tamén se conclúe que o xénero é unha variable moduladora nestas asociacións, aínda que se precisa de máis investigación para aclarar o seu papel. Polo tanto, a diferenciación entre o NG e NV é relevante á hora de estudar as relacións de parella e a violencia exercida nelas, supoñendo constructos que poderían introducir melloras na comprensión do narcisismo nas relacións interpersoais e no desenvolvemento de estratexias de prevención e intervención sobre a violencia de parella.

Factores psicosociais na redución do consumo de carne
Autoría
A.F.P.
Grao en Psicoloxía
A.F.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
Na actualidade, o cambio climático constitúe unha das maiores ameazas coas que se enfronta a sociedade. Unha das formas de atenuar os impactos negativos deste problema é diminuír o consumo de carne das nosas dietas, xa que tense observado que as dietas vexetarianas reducen en promedio un 45% das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). Por esta razón, o obxectivo principal deste traballo de fin de grao foi analizar se as variables percepción de saúde, obriga moral e identidade proambiental se relacionaban cunha tendencia a reducir o consumo de carne. Ademais, tamén se propuxo comparar as puntuacións obtidas nestas variables entre homes e mulleres. Para iso, realizouse unha enquisa online que cubriron un total de 188 participantes (59 homes e 125 mulleres) cunha media de idade de 27.84. Os resultados obtidos sinalan que a variable obriga moral se relaciona cunha menor frecuencia de consumo de carne. Así mesmo, tamén se observaron diferenzas nas puntuacións entre homes e mulleres para as variables percepción de saúde e obriga moral, amosando as segundas puntuacións máis elevadas. Ditos resultados indícannos que a preocupación polo benestar animal, así coma outras razóns éticas, amosan un papel importante á hora de manter unha dieta baseada en vexetais.

Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
A dinámica familiar en familias homoparentais
Autoría
E.F.R.
Grao en Psicoloxía
E.F.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
As familias homoparentais son un modelo de familia cada vez máis presente na sociedade. Diversos estudos evidenciaron que este tipo de familias enfróntanse a desafíos e circunstancias diferentes ás das familias heteroparentais que derivan en que a súa dinámica familiar teña características propias. O obxectivo do presente traballo foi analizar a evidencia científica da última década acerca dalgunhas dimensións da dinámica: impacto no desenvolvemento filial, estilos educativos parentais, relación parento-filial e comunicación familiar para coñecer as diferenzas das familias homoparentais coas heterosexuais. A metodoloxía empregada consistiu nunha revisión bibliográfica nas bases de datos PsycINFO e Web of Science dos estudos publicados entre 2015 e a actualidade. Os resultados indicaron que a orientación sexual parental non é un factor relevante no desenvolvemento filial e que os proxenitores homosexuais posúen un estilo educativo autoritativo. Ademais, atopouse que a relación parento-filial é de boa calidade, pero vese afectada polo momento en que se revela a orientación sexual parental e pola experimentación de microagresiones homófobas recentes. Na comunicación investigáronse diversas temáticas e observáronse diferentes enfoques, predominando un de normalización e apertura, e que a socialización nestas familias beneficia aos fillos. Debido á homoxeneidade e tamaño das mostras é necesario realizar investigacións con máis participantes e que estuden todos os subtipos de familias homoparentais para unha mellor comprensión da dinámica familiar. Afondar nas características propias da dinámica das familias homoparentais permitirá o deseño de intervencións máis axustadas o seu contexto e desafíos particulares.

Páramo Fernández, María Fernanda (Titoría)
Páramo Fernández, María Fernanda (Titoría)
Tribunal
Páramo Fernández, María Fernanda (Titor do alumno)

Familias na era dixital: o impacto das redes sociais na dinámica familiar e no benestar infantil
Autoría
S.F.S.
Grao en Psicoloxía
S.F.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
A revisión bibliográfica que se presenta a continuación ten como obxectivo principal analizar o impacto psicolóxico e familiar do uso das redes sociais en fogares con nenos en idade escolar, centrándose nos países do primeiro mundo. Mediante unha busca sistemática en bases de datos como PsycINFO e Web of Science (WOS) entre os anos 2019-2025, seleccionáronse os artigos científicos máis relevantes. Os resultados revelan que, aínda que as redes sociais favorecen a conexión interpersoal, o seu uso excesivo sen mediación parental axeitada asóciase con maiores niveis de ansiedade, baixa autoestima e deterioro das relacións familiares. Para mitigar estes efectos, proponse o desenvolvemento de estratexias de supervisión parental eficaces e programas de educación dixital que promovan o consumo crítico e responsable do contido, minimizando así o seu impacto negativo no desenvolvemento infantil.

Factores de risco e protección psicosociais para a saúde mental das persoas refuxiadas. Unha revisión sistemática.
Autoría
S.F.G.
Grao en Psicoloxía
S.F.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
Cada ano, o número de persoas refuxiadas no mundo aumenta, sendo este un grupo vulnerable aos problemas de saúde mental debido, principalmente, ás experiencias traumáticas e/ou eventos estresantes que viven ao longo da súa vida. Estas persoas están expostas a estas situacións antes, durante e despois da fuxida ao seu país de destino. A presente revisión sistemática ten como obxectivo coñecer os factores de risco e protección psicosociais que inflúen na saúde mental das persoas refuxiadas. Para iso, utilizáronse como fontes de información as bases de datos de Scopus, Web of Science e Psycinfo. Recuperáronse un total de 141 artigos, e 20 deles cumpriron os requisitos de inclusión neste estudo. Os resultados evidencian que as experiencias traumáticas e os eventos estresantes condicionan a saúde mental das persoas refuxiadas, provocando un aumento de trastornos e problemas emocionais. Constatáronse resultados contraditorios en factores de risco como a idade, o estado civil, o idioma ou o estatus residencial. Conclúese sobre a necesidade de ofrecer unha atención específica ás persoas refuxiadas nos países de destino, centrada na prevención e detección de casos de risco, así como en dotarlles das ferramentas necesarias para promover o seu benestar.

Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Discurso de odio en redes sociais. Análise desde revistas de produción científica españolas
Autoría
A.F.G.
Grao en Psicoloxía
A.F.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Ao longo das últimas décadas, as redes sociais transformaron a forma en que nos comunicamos, compartimos opinións e construímos discursos públicos. Estes espazos dixitais han aberto novas posibilidades para a expresión, pero tamén han amplificado formas de violencia tales coma o discurso de odio. Este discurso, aínda que preexistente ao dixital, atopou nas redes unha canle de difusión masiva e descontrolada, xerando unha crecente preocupación en distintos ámbitos. O carácter emerxente do fenómeno e o seu impacto na sociedade fan do mesmo un obxecto de estudo urxente e necesario e abren un desafío para establecer os seus límites e regulalo. Mediante unha revisión bibliográfica da literatura nacional existente, o presente traballo pretende ofrecer unha visión axuntando o coñecemento do estado actual da investigación sobre este fenómeno. A análise dos artigos seleccionados pon de manifesto a crecente relevancia outorgada desde a investigación a esta problemática, así como a preocupación polo seu incremento, analizando factores como a percepción cidadá, as dificultades de regulación e a afectación dos devanditos discursos sobre colectivos presentes na sociedade actual. Espérase que dita revisión bibliográfica poida servir como punto de partida para unha reflexión máis ampla sobre o modo en que se constrúen, difunden e combaten estes discursos nunha contorna tan cambiante como o son as redes sociais.

Perfil psicolóxico, toma de decisións e ansiedade precompetitiva en esgrimistas
Autoría
B.G.M.
Grao en Psicoloxía
B.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
30.06.2025 14:00
30.06.2025 14:00
Resumo
Os obxectivos desta investigación foron explorar o perfil psicolóxico, o proceso de toma de decisións e os niveis de ansiedade e autoconfianza nunha mostra esgrimista, explorando as variacións que poden ocorrer e en función do sexo, o nivel de competición e/ou a experiencia deportiva. Así mesmo, estudiaranse tamén as relacións que ocorren entre os compoñentes destos perfís. Para a avaliación do perfil psicolóxico empregouse o TOPS-3; para o perfil decisional, o CETD; e para a ansiedade precompetitiva e autoconfianza, o CSAI-2R. Os resultados obtidos indican que os esgrimistas que participaron no estudo posúen un perfil psicolóxico robusto, destacando as habilidades de Automaticidade, Establecemento de obxectivos, Activación e Control atencional. O seu perfil decisional non se axusta por completo ao típico en forma de V dado que a súa Competencia Decisional Percibida é algo baixa, con valores similares en Ansiedade e Agobio ao Decidir e máis elevados en Compromiso co Aprendizaxe Decisional. Atopáronse diferencias en función do sexo, nivel de competición e experiencia deportiva, destacando niveis máis altos de ansiedade en mulleres e competidores internacionais, maior competencia decisional percibida en homes, en tiradores internacionais e con maior experiencia deportiva. As subescalas destos cuestionarios -TOPS-3 e CETD- mostran importantes relacións entre sí. En canto ao CSAI-2R, aínda que destaca a ansiedade cognitiva, tamén o fai a Autoconfianza.

PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Titor do alumno)

O uso da tarefa Stroop emocional na avaliación do risco de suicidio
Autoría
J.G.O.
Grao en Psicoloxía
J.G.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Tomando en conta os múltiples incentivos para ocultar a súa situación que ten unha persoa cando se avalía o seu risco de suicidio, tentouse atopar métodos alternativos máis obxectivos e rigorosos. Unha posible opción que chegou a ter uns resultados iniciais prometedores é a tarefa Stroop emocional, pero os intentos de replicar os seus achados tiveron unha gran variedade de resultados poñendo en dúbida a súa utilidade. O obxectivo desta revisión bibliográfica é aclarar a posible utilidade da tarefa Stroop emocional comprobando a literatura científica dos últimos 10 anos. Atopouse que os intentos de replicar as respostas iniciais daban resultados moi variados, polo que múltiples autores estudaron as propiedades psicométricas da tarefa e atoparon que a súa versión inicial tiña unha moi pobre validez e consistencia interna. Recentemente, propúxose unha versión modificada, seguindo recomendacións dos artigos que estudaron as propiedades psicométricas da tarefa, que presenta unha gran melloría en relación á versión inicial pero que aínda necesita dunha maior investigación. Ademais, a capacidade preditiva da tarefa foi moi pouco estudada, polo que aínda é moi pronto para chegar a unha conclusión.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Establecemento de metas e rendemento deportivo: unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
A motivación é un construto psicolóxico moi influínte á hora de practicar un deporte e desenvolvéronse numerosas investigacións para mellorala. Neste traballo, estúdase o establecemento de metas e a relación que ten co rendemento deportivo, considerando tamén a influencia do clima motivacional e outros factores psicolóxicos. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica de 9 artigos extraídos das bases de datos Web of Science e Scopus, e analizáronse os resultados de forma conxunta. Neles, obsérvase unha relación positiva entre o establecemento de metas e o rendemento deportivo, destacando as metas de proceso e as metas orientadas á tarefa, que achegan, ademais, numerosos beneficios psicolóxicos. Por outra banda, as metas de resultado tamén ofrecen resultados significativos, aínda que en menor medida ca as anteriores, e non se acompañan dunha mellora psicolóxica noutros ámbitos. Do mesmo xeito, as metas orientadas ao ego inflúen positivamente no desempeño, pero poden xerar efectos psicolóxicos negativos nalgunhas circunstancias. No que respecta ao clima motivacional, apóiase a combinación dun enfoque cooperativo e competitivo para optimizar o rendemento. Así mesmo, evidénciase que outros factores poden influír positivamente na motivación e no compromiso, como a retroalimentación, a dispoñibilidade de instalacións e o recoñecemento. En definitiva, establecer diferentes tipos de metas e dispoñer dun entorno de apoio no que impere a cooperación e a competitividade pode mellorar significativamente o rendemento deportivo e fomentar o benestar psicolóxico dos atletas.

ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
Tribunal
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titor do alumno)

Relación entre o estigma internalizado e a adherencia ao tratamento farmacolóxico en persoas con esquizofrenia: unha revisión bibliográfica.
Autoría
C.G.V.
Grao en Psicoloxía
C.G.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
A esquizofrenia constitúe un diagnóstico que abarca trastornos mentais graves, crónicos e de manifestación heteroxénea (síntomas positivos, síntomas negativos e alteracións cognitivas). As persoas con este diagnóstico son suxeito de discriminación, froito dunha serie de prexuízos que as estigmatizan a ollos da sociedade, e que si son asumidos pola propia persoa á que se lle aplican, dan lugar ao estigma internalizado. Unha das consecuencias que pode ter un alto nivel de estigma internalizado, é a de actuar en detrimento do benestar propio por dar lugar a actitudes, técnicas de afrontamento e hábitos perxudiciais. Esto pode verse reflectido na adherencia ao tratamento, factor de gran importancia para a calidade de vida en presencia dun diagnóstico de esquizofrenia. Esta revisión elabórase co obxectivo de determinar a existencia e características desta relación entre estigma internalizado e adherencia; para isto, recóllense unha serie de estudos publicados nos últimos 5 anos, con enfoque nesta misma temática, asumindo un análisis comprensivo dos mesmos e sintetizando os resultados que obtiveron os autores, facendo caso ás limitacións e aplicacións dos coñecementos obtidos. Chégase así á conclusión de que hay unha relación significativa e negativa entre a presenza de estigma internalizado e a adherencia ao tratamento, entre outras variables asociadas. Estos resultados son de gran importancia pois poñen o foco nun aspecto crítico e influínte na calidade de vida das persoas con enfermedade mental crónica, podendo, ao entendelo, abordalo dende as intervencións terapéuticas e psicoeducativas relevantes, a fin de disminuir as súas consecuencias e mellorar o benestar.

FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Enquisas de Victimización en Galicia
Autoría
J.G.N.
Grao en Psicoloxía
J.G.N.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
As enquisas de victimización son un dos indicadores de delincuencia máis válidos para unha mellor aproximación ao índice de criminalidade dunha rexión. O presente traballo de investigación procura estudar a victimización percibida pola poboación galega durante o ano 2024, mediante un estudo observacional de corte transversal realizado na provincia de A Coruña. Para iso, recorreuse ao uso de enquisas de victimización, xa que existe unha maior predisposición a respondelas en comparación coas estatísticas policiais, especialmente no relativo aos delitos non denunciados. Levouse a cabo unha mostraxe probabilística estratificada por sexo, idade, residencia e hábitat, obténdose unha mostra final de 171 participantes residentes en 22 concellos. Empregouse un cuestionario elaborado pola Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela, o cal mide a victimización ao longo da vida, os actos delituosos sufridos no último ano e a percepción persoal e subxectiva de seguridade nas rúas. Así, os resultados obtidos indican que o 61% das persoas participantes foi vítima dalgún delito na súa vida, e un 43,3% no último ano. Os delitos máis frecuentes foron os relacionados co patrimonio e coa orde socioeconómica, seguidos polos delitos contra os dereitos laborais, as lesións e a liberdade persoal. Tamén se observaron diferenzas significativas en función dalgunhas das variables estudadas, tanto na victimización sufrida ao longo da vida como no sentimento de seguridade. O estudo pon de manifesto a utilidade destas enquisas para identificar delitos frecuentes, monitorizar patróns de victimización e orientar políticas de prevención e apoio ás vítimas.

Experiencias adversas na infancia e o seu impacto na saúde mental na vida adulta.
Autoría
D.G.L.
Grao en Psicoloxía
D.G.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Diversas investigacións evidenciaron que a exposición a experiencias adversas na infancia (ACE, polas súas siglas en inglés) incrementa a probabilidade de manifestar sintomatoloxía psicolóxica significativa na idade adulta. Sen embargo, existen poucos estudos que examinen o impacto das ACE en xóvenes universitarios españois, así como as diferenzas na exposición en función do sexo e da área de formación académica. Por iso, realizouse un estudo con 275 estudantes universitarios, 170 mulleres e 105 homes. No ámbito do coñecemento, 183 eran do ámbito da saúde e 92 de ciencias sociais e xurídicas. Para coñecer a adversidade na infancia aplicouse o Cuestionario de Experiencias Adversas na Infancia, que incorpora os catorce eventos que a literatura marca como adversos. Para valorar o axuste psicoemocional administrouse o cuestionario SCL-90-R. Os resultados indican unha maior manifestación psicoemocional en aqueles que experimentaron algunha ACE, agudizándose nos casos nos que a persoa experimentou máis de 4 ACE. As diferenzas en función do sexo sinalan unha maior exposición nas mulleres en bullying, consumo de alcohol e drogas dos proxenitores, negligencia emocional e convivencia cun coidador con enfermidade mental ou intento de suicidio. En definitiva, é necesario profundar na investigación sobre as Experiencias Adversas na Infancia (ACE), considerando a perspectiva de xénero e as diferentes ramas de coñecemento, co fin de deseñar servizos de apoio universitario que se adapten axeitadamente ás necesidades dos estudantes.

Efectividade da tACS de frecuencia combinada na mellora da memoria en poboación con deterioro cognitivo
Autoría
E.G.A.
Grao en Psicoloxía
E.G.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A demencia representa unha carga económica e social crecente, polo que resulta esencial desenvolver intervencións efectivas para mellorar ou previr os seus síntomas. A enfermidade de Alzheimer é a forma máis común, e no seu continuo identifícanse estadios temperáns como o declive cognitivo subxectivo (DCS) e o deterioro cognitivo leve (DCL). A perda de memoria, un síntoma clave, asóciase cunha actividade oscilatoria cerebral alterada, modificable mediante estimulación transcranial por corrente alterna (tACS). O presente traballo avaliou por primeira vez a eficacia da tACS en frecuencia combinada theta-gamma para mellorar o rendemento en memoria en 30 participantes con DCS e DCL. Aplicáronse sesións múltiples de tACS real e placebo xunto con adestramento cognitivo informatizado, baixo un deseño intrasuxeitos simple cego e contrabalanceado. Hipotetizouse un mellor rendemento en memoria tras a estimulación real e efectos moduladores das variables de grupo diagnóstico, idade, escolarización e sexo. Porén, os resultados non amosaron diferenzas significativas entre condicións nin efectos das variables intersuxeito. Estes achados suxiren que a tACS theta-gamma non mellora a memoria en individuos con DCS e DCL, o que evidencia a necesidade de protocolos de estimulación máis efectivos neste grupo poboacional de cara a futuras investigacións.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Vogal)
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Vogal)
A percepción do tempo en individuos con TDAH.
Autoría
P.G.M.
Grao en Psicoloxía
P.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 12:00
13.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao constitúe unha revisión exhaustiva sobre a relación entre a percepción do tempo e o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH). A través dun marco teórico que abarca definicións clave, abórdase os distintos aspectos que influín na percepción temporal en nenos con TDAH en comparación cos que non teñen o trastorno. En primeiro lugar, analízanse as diferenzas na percepción temporal entre ambos os grupos, detallando como o TDAH afecta a capacidade de percibir e xestionar o tempo. A continuación, explóranse os mecanismos cerebrais implicados na percepción temporal, facendo fincapé nas estruturas cerebrais que se ven involucradas nestes procesos. Ademais, examínanse as variacións nas respostas a estímulos externos, as cales están alteradas nos individuos con TDAH. O estudo tamén identifica os factores que afectan a medición da percepción temporal, tendo en conta influencias ambientais, cognitivas e emocionais. Deste xeito, sublíñase a importancia destes factores na interpretación dos resultados en tarefas temporais. Do mesmo xeito, abórdase o impacto que ten o tipo de presentación do estímulo na realización de tarefas relacionadas coa medición do tempo, resaltando as diferenzas entre estímulos visuais, auditivos e doutro tipo. Réxense tanto teorías clásicas como novas perspectivas sobre o sentido do tempo, achegando un marco conceptual máis amplo para comprender os trastornos da percepción temporal no TDAH. Por último, discútese as alteracións neurolóxicas asociadas ao TDAH, así como as diferenzas de xénero na percepción temporal. O traballo conclúe con posibles implicacións para futuras investigacións e aplicacións prácticas, propoñendo novas liñas de estudo e posibles enfoques terapéuticos.

BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titor do alumno)

Redes Sociais, Fear of Missing Out (FoMO) e Razoamento: Un estudo sobre a relación de variables cognitivas coa conduta dixital
Autoría
K.G.F.
Grao en Psicoloxía
K.G.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
As redes sociais deixaron de ser simples plataformas de comunicación para se converteren en espazos que moldean a nosa maneira de estar, pensar e relacionarnos. A súa presenza constante, especialmente entre a mocidade, esperta unha crecente preocupación pola formación de hábitos mediados por algoritmos cuxo funcionamento raramente se comprende na súa totalidade. Ao decidir que contidos mostrar ou omitir, estes encadran a realidade e condicionan as nosas ideas e preferencias. Baixo o marco dos modelos duais de cognición e da teoría da mente estendida, esta investigación formula se o entorno dixital reforza formas de procesamento rápido e intuitivo (Tipo 1), en detrimento de procesos máis analíticos e deliberativos (Tipo 2). Analizáronse variables como o tempo de conexión, a frecuencia de consulta das notificacións, o FoMO e a sintomatoloxía de adicción (BSMAS), en relación coa reflexión cognitiva (CRT) e o pensamento activamente aberto (AOT). Realizáronse análises descritivas, correlacionais e de regresión para avaliar o peso explicativo destas dimensións. Os resultados mostran asociacións negativas entre as disposicións cognitivas e o resto das variables, mentres que o CRT e o AOT amosan unha asociación positiva. Ademais, atopouse que os erros no CRT non responden unicamente á falta de inhibición. Obsérvase tamén unha tendencia: perfís cun AOT baixo, menor puntuación no CRT e maior uso dixital, un patrón que se invirte nos perfís con AOT alto. Finalmente, o AOT foi predito positivamente polo CRT e negativamente polo FoMO, o tempo de conexión e a revisión de notificacións, nun modelo que explica o 43% da varianza.

RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Compra Compulsiva e Trastornos da Conduta Alimentaria: unha revisión sistemática
Autoría
Z.I.C.
Grao en Psicoloxía
Z.I.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A Compra Compulsiva (CC) é un fenómeno caracterizado por impulsos e/ou pensamentos recorrentes e incontrolábeis relacionados coa compra, que persisten a pesar das súas repercusións negativas en diferentes áreas do funcionamento. Esta alteración acostuma a manifestarse xunto a outras condicións, entre elas os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA), definidos por patróns disfuncionais de alimentación acompañados dunha percepción deformada da imaxe corporal. Neste contexto, o propósito da presente revisión é consultar a literatura científica que aborda a relación entre a CC e os TCA. Para iso, realizouse unha busca exhaustiva nas bases de datos Scopus, Pubmed e Proquest, seleccionando 15 artigos de investigación orixinal. Os achados apoian a existencia dunha vinculación significativa entre ambos trastornos, sendo esta máis evidente cando os TCA inclúen condutas de atracón ou purga. Atopáronse trazos subxacentes comúns, como deficiencias na capacidade de control esforzado e inhibitorio, se ben a CC vinculouse principalmente coa impulsividade e os TCA, coa ansiedade. Así mesmo, observáronse diferenzas de xénero na manifestación desta expresión comórbida, conformando as mulleres xoves un grupo de risco. Esta maior vulnerabilidade relacionouse con factores socioculturais e índices elevados de insatisfacción corporal. Os resultados desta revisión orientan o desenvolvemento de programas preventivos e abordaxes terapéuticos axustados aos pacientes que presentan CC y TCA comórbidos.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Relación entre o Uso Problemático de Internet, a hixiene do soño e o benestar emocional en adolescentes
Autoría
L.I.M.
Grao en Psicoloxía
L.I.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Ao longo dos anos Internet converteuse nunha parte fundamental da vida dos adolescentes, sendo as redes sociais un fenómeno que causou un notable interese entre eles. Aínda que estas tecnoloxías poden ter grandes efectos positivos, o seu uso problemático conleva riscos que poden afectar os mozos nesta etapa do desenvolvemento. Un factor que se pode ver alterado é a hixiene do soño, que trae consigo consecuencias negativas tanto a nivel físico como emocional. O obxectivo deste estudo é analizar a relación que existe entre o Uso Problemático da Internet e a hixiene do soño, así como o benestar emocional, a satisfacción coa vida e a sintomatoloxía somática. Para iso, utilizouse unha mostra de 7.065 adolescentes, con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos (M = 13.85; DT = 1.223). Os resultados mostran que a prevalencia do UPI é do 24%, e que este se asocia cunha maior frecuencia de condutas de risco en liña e unha peor hixiene do soño. Á súa vez, unha mala hixiene do soño relaciónase cun menor benestar emocional, menor satisfacción coa vida e maior sintomatoloxía somática. Ademais, observáronse diferenzas significativas en función do xénero. Os achados resultan útiles tanto a nivel práctico como teórico, e convidan a continuar investigando nesta problemática.

RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
Lost in translation: Análise do procesamento afectivo diferencial en bilingües e os seus correlatos fisiolóxicos
Autoría
A.L.G.
Grao en Psicoloxía
A.L.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Existe un consenso considerable sobre a mitigación dos aspectos emocionais da linguaxe, así como a eficacia coa que se procesa, cando a información se presenta nunha lingua estranxeira (L2) en comparación coa lingua nativa (L1). Este fenómeno coñécese como o efecto de lingua estranxeira e, aínda queadoitaba ser descrito en función de experiencias subxectivas, nos últimos 20 anos foi obxecto de investigación empírica dentro do campo da psicoloxía da linguaxe. A presente revisión ten como obxectivo examinar os principais resultados obtidos nesta investigación. Para iso, analizaranse as diferenzas fisiolóxicas e de comportamento entre a L1 e a L2, e polo tanto incluíronse estudos que empregan a dilatación pupilar, a resposta da condutancia da pel, os tempos de resposta e as taxas de resposta correcta como variables dependentes. Esta análise pretende resultar nunha delineación do efecto de lingua estranxeira, así como dos factores que o modulan e, finalmente, presentar as diversas teorías explicativas ao respecto.
Existe un consenso considerable sobre a mitigación dos aspectos emocionais da linguaxe, así como a eficacia coa que se procesa, cando a información se presenta nunha lingua estranxeira (L2) en comparación coa lingua nativa (L1). Este fenómeno coñécese como o efecto de lingua estranxeira e, aínda queadoitaba ser descrito en función de experiencias subxectivas, nos últimos 20 anos foi obxecto de investigación empírica dentro do campo da psicoloxía da linguaxe. A presente revisión ten como obxectivo examinar os principais resultados obtidos nesta investigación. Para iso, analizaranse as diferenzas fisiolóxicas e de comportamento entre a L1 e a L2, e polo tanto incluíronse estudos que empregan a dilatación pupilar, a resposta da condutancia da pel, os tempos de resposta e as taxas de resposta correcta como variables dependentes. Esta análise pretende resultar nunha delineación do efecto de lingua estranxeira, así como dos factores que o modulan e, finalmente, presentar as diversas teorías explicativas ao respecto.
Dirección
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Vogal)
Gómez Roman, Cristina (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Vogal)
Relación entre o tempo de uso de redes sociais e a autoestima na adolescencia. Unha revisión rápida.
Autoría
Y.A.L.J.
Grao en Psicoloxía
Y.A.L.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
A adolescencia é unha etapa de crecemento e formación marcada por cambios físicos, emocionais e sociais fundamentais para o benestar emocional e o desenvolvemento psicolóxico. Neste contexto, o uso das redes sociais adquiriu especial importancia, pois os/as adolescentes fóronse adaptando a estas novas feramentas tecnolóxicas a medida que foron xurdindo, conformando o seu desenvolvemento individual e colectivo. O obxectivo deste traballo de fin de grao foi coñecer a relación entre o tempo de uso das redes sociais e a autoestima na adolescencia. Con este propósito, realizouse unha revisión rápida da literatura, que consistiu nunha busca inicial de revisións sistemáticas en Epistemonikos e unha busca sistemática de estudos primarios na base de datos PubMed. Trala aplicación dos criterios de inclusión e exclusión o número total de artigos incluídos na revisión foi de 8. A síntese da evidencia realizada pon de manifesto que a maioría dos estudos atoparon unha relación negativa estatísticamente significativa entre autoestima e tempo de uso de redes sociais. A nivel aplicado estes resultados sinalan a necesidade de desenvolver programas preventivos acerca do uso das redes sociais tanto dende o ámbito escolar como familiar. Futuras investigacións poderían investigar en maior profundidade o papel de posibles variables mediadoras na relación entre autoestima e o uso das redes sociais, como a soidade.

Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Relación entre o Uso Problemático de Internet e a saúde emocional dos adolescentes: Un estudo empírico.
Autoría
L.L.D.
Grao en Psicoloxía
L.L.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
O uso de Internet e das redes sociais aumentou considerablemente nos últimos anos, xerando unha crecente preocupación sobre as posibles implicacións na saúde mental da poboación adolescente, especialmente ante un uso inadecuado das novas tecnoloxías. A Adolescencia é unha etapa crítica para o desenvolvemento emocional, o que incrementa a vulnerabilidade ante factores de risco asociados ao malestar psicolóxico. Un de estes factores, central neste traballo, é o Uso Problemático de Internet, un fenómeno cuxa terminoloxía e clasificación aínda se atopan en debate. Fronte a relevancia actual do tema, o presente traballo ten como obxectivo engadir evidencia empírica sobre o Uso Problemático de Internet e as súas consecuencias na saúde emocional, empregando unha mostra de 7.065 adolescentes galegos, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. Os resultados amosan unha prevalencia do 27.9 % de UPI en rapazas e do 20.3 % en rapaces. En canto ao ciclo educativo, un 21.6 % do alumnado de 1º/2º da ESO e un 26.7 % de 3º/4º da ESO presentaron UPI. Ademais, atopouse unha relación entre a presencia de UPI e menores niveis de Benestar Emocional, Satisfacción Vital e maiores niveis de Depresión e Ideación Suicida. Estes datos obtidos con de relevancia teórica e práctica, de cara ao abordaxe de futuras investigacións neste eido.

Teoría da mente e recoñecemento emocional no Trastorno de Estrés Postraumático: Unha revisión sistemática
Autoría
S.L.G.
Grao en Psicoloxía
S.L.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno de estrés postraumático TEPT considérase unha das afeccións máis graves que poden desenvolverse a partir dunha experiencia traumática. Nos últimos anos, as dificultades na cognición social foron plantexadas tanto como un factor de risco como unha secuela do TEPT. Esta revisión sistemática ten como obxectivo explorar como o TEPT afecta dous dominios da cognición social, a teoría da mente ToM e o recoñecemento emocional, así como identificar os procesos cognitivos máis estudados en cada área e as ferramentas utilizadas para avalialos. Tamén pretende examinar se os déficits en cognición social son causa ou consecuencia do TEPT. Mediante unha busca exhaustiva nas bases de datos PubMed, PsycInfo, Web of Science e Scopus, realizada o 29 de novembro de 2024, seleccionáronse estudos que avaliasen a cognición social a nivel de rendemento, xa fose en ToM ou en recoñecemento emocional. Incluíronse estudos realizados en adultos 18 anos con diagnóstico ou sintomatoloxía de TEPT, excluíndo metaanálises, revisións sistemáticas, estudos de caso ou traballos que non estivesen en inglés ou en español. En total, seleccionáronse 14 estudos. Os resultados mostran que os déficits en ToM son consistentes, aínda que as evidencias en canto ao recoñecemento emocional seguen sendo contraditorias e restrinxidas á análise de emocións básicas, utilizando tamén probas diferentes das consideradas de alta calidade psicométrica. Os procesos de ToM raramente se abordan de forma independente e o Test de lectura da mente a través da mirada predomina como instrumento de medida. Nos estudos, tendese a considerar os déficits en cognición social como unha consecuencia do TEPT.

CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
A relevancia da dúbida patolóxica no trastorno obsesivo-compulsivo: Explorando os seus vínculos coa confianza cognitiva e o acceso aos estados internos
Autoría
G.L.B.
Grao en Psicoloxía
G.L.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo consiste nunha revisión sistemática da literatura centrada na relevancia da dúbida patolóxica no trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e os seus vínculos coa confianza cognitiva e os estados internos. Establecéronse tres obxectivos principais: determinar a natureza e relevancia da dúbida patolóxica no TOC, explorar a confianza cognitiva en persoas con este trastorno e examinar o acceso a estados internos nese mesmo grupo de individuos. Tras realizar buscas en PubMed, ProQuest e Scopus, levouse a cabo un proceso de selección de artigos que culminou na inclusión de 16 estudos na revisión. Os resultados deste traballo indican que a dúbida se experimenta de modo heteroxéneo entre individuos e que o seu contido é variable. Este fenómeno asóciase cunha maior gravidade do trastorno, deterioro funcional e peor resposta á terapia, polo que se considera unha característica de relevancia clínica. Respecto á confianza cognitiva, os resultados dos estudos amosan que as persoas con TOC presentan unha falta de confianza na súa memoria e percepción. Ademais, parece que a repetición de accións provoca unha diminución da confianza na memoria, posiblemente debido ao fenómeno de interferencia proactiva. Por último, os artigos revisados sinalan que estas persoas experimentan dificultades para acceder aos seus estados internos, o que pode levalas a depender de “proxies” (indicadores externos) para identificalos. En conclusión, a dúbida patolóxica constitúe unha característica clínicamente relevante do TOC que mantén certa relación con déficits de confianza cognitiva e de acceso a estados internos. É necesario continuar con estas liñas de investigación para responder a algunhas interrogantes e elaborar unha proposta teórica que integre os elementos mencionados.

MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
Alzate García, Mónica (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Alzate García, Mónica (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Percepción do consentimento sexual e mitos das agresións sexuais en poboación universitaria
Autoría
P.L.V.
Grao en Psicoloxía
P.L.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
A violencia sexual é un problema social e de saúde pública que afecta principalmente ás mulleres, pero tamén a diversas poboacións en distintos contextos, como é a poboación universitaria. A literatura identificou dous factores relevantes para a súa comprensión. Por un lado, os mitos sobre as agresións sexuais, que xustifican ao agresor, restan gravidade ao feito e culpan á vítima; e, por outro lado, a persistente ambigüidade arredor do concepto de consentimento sexual, a pesar dos avances no seu recoñecemento dende os construtos independentes pero relacionados: o consentimento interno e o consentimento externo. Esta falta de claridade conceptual dificulta o seu papel como ferramenta na prevención da violencia sexual. Neste contexto, a presente investigación pretende analizar a percepción do consentimento sexual, tanto interno como externo, en estudantes universitarios, e a súa relación ca aceptación de mitos sobre agresións sexuais. Contouse cunha mostra de 109 estudantes universitarios (74.3% mulleres e 25.7% homes), cun rango de idade entre 18 e 52 anos. Os resultados evidencian diferenzas significativas na adherencia de mitos entre homes e mulleres. Ademais, observouse unha asociación positiva entre o consentimento externo e interno. Entre as persoas participantes que reportaron ter experimentado un episodio sexual non consentido, observouse unha maior tendencia a sinalar que este ocurreu nun lugar coñecido, así como a recorrer ao seu círculo cercano ao momento de buscar axuda. Futuras investigacións deben explorar a discrepancia entre creenzas e comportamentos, e evaluar a efectividade de intervencións para internalizar o consentimento.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Seijo Martínez, María Dolores (Titor do alumno)

Percepción de lexitimidade de accións non normativas no movemento feminista
Autoría
J.M.C.
Grao en Psicoloxía
J.M.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O movemento feminista foi un motor clave da transformación social, procurando acadar a igualdade entre homes e mulleres. Dende os seus inicios, atravesou diferentes etapas ou ondas históricas nas que, mediante accións colectivas, conseguiu acadar diversos obxectivos relacionados cos dereitos e a visibilización das mulleres. Estas accións foron dende formas máis normativas, como a protesta pacífica, ata outras consideradas non normativas, como a ocupación de espazos institucionais ou a irrupción en eventos públicos. A presente investigación ten como obxectivo analizar os factores psicosociais que inflúen na lexitimación das accións non normativas no contexto do movemento feminista, abordando un enfoque pouco explorado na literatura existente. Examínase como a identificación co movemento, a interiorización dos roles de xénero e distintas orientacións cara á xustiza poden favorecer dita lexitimación ou, pola contra, dificultala. Para iso realizáronse análises de correlación entre as variables a estudar, xunto cunha análise de regresión lineal múltiple para explorar o seu valor preditivo. Aínda que non todos os resultados coincidiron na dirección esperada, observouse que a identificación co movemento feminista constitúe o predictor máis forte na lexitimación de accións non normativas, o que salienta a importancia da identidade colectiva como motor do cambio social.

Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
O papel da familia no desenvolvemento e tratamento dos TCA
Autoría
M.M.S.
Grao en Psicoloxía
M.M.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar e sintetizar a información existente sobre como as dinámicas familiares inflúen na orixe, evolución e recuperación dos TCA. Para acadar este obxectivo realizouse unha busca nas bases de datos PubMed e Scopus, seleccionando un total de 13 estudos publicados entre 2020 e 2025. Entre os principais achados, destácase que a presión estética exercida por figuras próximas, o perfeccionismo dos proxenitores e a falta de comunicación no fogar están significativamente asociados cun maior risco de desenvolver TCA. Pola contra, contornos familiares cohesionados, emocionalmente dispoñibles e comunicativos semellan ter un efecto protector. Tamén se identificou que a implicación activa da familia no tratamento, a través de intervencións como a terapia multifamiliar ou o acompañamento psicoeducativo, mellora non só os síntomas do paciente, senón tamén o equilibrio emocional do sistema familiar. Ademais, observouse que os TCA xeran un forte impacto na dinámica do fogar, afectando a todos os membros. Isto reforza a importancia de ofrecer apoio específico ás persoas coidadoras e de considerar o entorno familiar como unha unidade de intervención terapéutica. Finalmente, conclúese que integrar á familia no enfoque clínico resulta fundamental para favorecer unha recuperación sostida e previr recaídas, e sinalase a necesidade de seguir investigando sobre a influencia de perfís familiares específicos na evolución do trastorno.

O sesgo do atractivo físico
Autoría
N.M.G.
Grao en Psicoloxía
N.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo parte de modelos teóricos do procesamento dual e das teorías implícitas da personalidad para analizar o efecto halo e a súa interación con información negativa (en concreto, delitos cometidos). Os obxectivos son a) estudar a primeira impresión causada en atractivo e en diferentes rasgos de personalidade positivos, b) estudar as diferenzas na percepción da personalidade das persoas antes e despois de coñecer o delito que levaron a cabo y c) estudar a influencia do atractivo físico na percepción de xustiza para castigos adecuados e non adecuados ao delito. Para isto, diseñouse un experimento no que os participantes avaliaron catro rasgos de personalidade (extroversión, intelixencia, honestidade e amabilidade) e a percepción de xustiza dun castigo nunha serie de rostros atractivos e non atractivos. As valoracións fixéronse antes e despois de coñecer que as persoas avaliadas cometeran un delito. Os resultados mostraron unha primeira impresión máis favorable cara as persoas atractivas, especialmente en extroversión e intelixencia. Sen embargo, ao coñecer o delito, a intelixencia disminueu máis nas persoas atractivas, o que suxire un efecto de desilusión. Por outro lado, a percepción de xustiza non se viu afectada polo atractivo. Conclúese que o atractivo físico inflúe nas valoracións iniciais mediante procesos automáticos (Sistema 1), pero pode ser correxido por un procesamento máis crítico (Sistema 2) cando aparece información negativa.

Influencia do sesgo de deseabilidade social na medición da eficacia negociadora
Autoría
D.M.P.
Grao en Psicoloxía
D.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O estudo da negociación e as habilidades necesarias para levala a cabo de maneira eficaz é un campo en constante crecemento, ao igual que o é a investigación sobre o sesgo de desexabilidade social e a súa influencia no proceso de recollida de datos. Este traballo busca estudar a relación que ten esta variable contaminante coa medición da eficacia negociadora, tomando como punto de partida o modelo de W.F.G. Mastenbroek (1987; 1991). Para iso, administráronse un cuestionario de eficacia negociadora e unha medida de desexabilidade social en dous tipos de mostras: unha con experiencia en tarefas de negociación no ámbito laboral dunha empresa do sector do contact center, e outra sen experiencia, co fin de comprobar o posible efecto deste sesgo e posibles diferenzas entre ambas as poboacións. A través do procedemento analítico factorial xeral desenvolvido por Ferrando et al. (2009), que controla o impacto da desexabilidade social nas medidas de autoinforme, analizouse o falsamento, atopando que a medida de eficacia negociadora é sensible á desexabilidade social. Igualmente, observouse que as persoas con menos experiencia en tarefas de negociación son máis sensibles a este sesgo, o que fai que as súas puntuacións en eficacia negociadora sexan máis elevadas cando non se corrixen. Discútese as implicacións destes achados no contexto formativo da selección de persoal.

SAAC: Comunicadores dinámicos en discapacidades auditivas e da fala
Autoría
A.M.M.R.
Grao en Psicoloxía
A.M.M.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
Esta revisión bibliográfica analiza a evolución dos Sistemas Alternativos e Aumentativos da Comunicación (SAAC), con especial atención aos comunicadores dinámicos empregados por persoas con discapacidades auditivas e/ ou da fala destacando os seus benefícios e limitacións, así como a identificación dos principais problemas na súa adopción e implementación actuais. A revisión toma como marco de referencia un manual publicado no ano 2020 e analiza fontes anteriores e posteriores a esa data co obxectivo de identificar se algunhas das barreira detectadas na implementación destes sistemas foron resoltas nos últimos anos. Os resultados obtidos, suxiren que, a pesar dos avances tecnolóxicos e pedagóxicos, persisten importantes limitacións na adopción e uso eficaz dos SAAC, tanto en contexto educativos como familiares, pola falta de coordinación e formación específica dos axentes implicados e a dificultade de integrar os comunicadores nas rutinas diarias. Para dar resposta a estas carencias, proponse a elaboración dunha guía práctica dirixida a familias, profesores e terapéutas, que inclúan orientacións claras sobre a selección, configuración e uso dos comunicadores dinámicos. Esta ferramenta busca contribuír á mellora da accesibilidade a autonomía e a inclusión das persoas usuarias dos SAAC.

LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Coordinador)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titor do alumno)

Simulación dunha incapcidade laboral temporal por causa psicolóxica no SCL-90-R.
Autoría
I.M.P.
Grao en Psicoloxía
I.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
A simulación de dano psicolóxico é un fenómeno que debería ser controlado nos procesos de avaliación da incapacidade laboral temporal (ILT) xa que leva asociadas ganancias secundarias. Por iso, exponse o presente estudo co obxectivo de analizar a sensibilidade do SCL-90-R como instrumento de avaliación psicolóxica para detectar respostas inválidas en caso de simulación de sintomatoloxía psicolóxica no contexto de ILT. Para iso, deseñouse un estudo no que participaron 50 suxeitos, os cales cumprimentaron o SCL-90-R baixo dúas condicións: en primeiro lugar, de forma honesta e, posteriormente, baixo condicións de simulación de ILT. Os resultados obtidos indicaron que todos os participantes foron clasificados como caso clínico polo instrumento, polo que, coa motivación adecuada, a poboación xeral podería simular un dano psíquico que fundamentase unha ILT. Detectouse que a estratexia de simulación máis frecuente foi a agrupación indiscriminada de síntomas, sendo o 90% dos participantes clasificados en 5 ou máis dimensións sintomatolóxicas e a esaxeración ou severidade de síntoma, debido a que as puntuacións da mostra simuladora foron significativamente superiores en todas as dimensións e índices globais en comparación coa mostra psiquiátrica. Por último, os índices globais do instrumento clasificaron ao 94% dos participantes en condición de simulación como potenciais simuladores, sendo o PSDI o índice menos sensible, identificando ao 56% dos participantes. Baseándose na literatura, conclúese que é necesario a utilización doutros instrumentos de medida para a avaliación da simulación nun contexto forense.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Coordinador)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

O estrés académico en estudantes universitarios: análise dalgunhas variables relacionadas co fenómeno
Autoría
L.A.M.W.
Grao en Psicoloxía
L.A.M.W.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O estrés académico é un fenómeno que afecta a gran parte da poboación estudantil, xerando un impacto negativo tanto no seu benestar emocional e físico como no seu rendemento académico. Neste contexto, a presente revisión bibliográfica ten como obxectivo principal profundar na prevalencia do estrés académico e na súa relación con diversas variables. Para iso, recompiláronse investigacións publicadas entre os anos 2012 e 2025, seleccionadas a través das bases de datos Scopus, Web of Science e Dialnet. Co fin de organizar e analizar adecuadamente a información, os resultados agrupáronse en catro categorías: variables psicolóxicas, variables relacionadas co estilo de vida, variables sociodemográficas e consecuencias do estrés. Entre os principais descubrimentos destaca unha elevada prevalencia do estrés académico en estudantes universitarios. Dentro das variables psicolóxicas, o apoio social percibido constitúe un factor de protección, mentres que o perfeccionismo asóciase cun incremento do estrés. Así mesmo, variables relacionadas co estilo de vida, como a práctica de actividade física regular e o seguimento dunha dieta saudable, parecen estar vinculadas con niveis menores de estrés, mentres que o consumo problemático de alcol e tabaco correlaciona positivamente co fenómeno analizado. Por outra banda, o estrés aparece fortemente vinculado ao xénero, evidenciándose unha maior vulnerabilidade das mulleres. Finalmente, as consecuencias do estrés académico abarcan múltiples dimensións, reflectindo a literatura revisada unha afectación global do benestar dos estudantes universitarios.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Aproximación á regulación motivacional e motivos para a práctica de actividade física
Autoría
A.Y.N.M.
Grao en Psicoloxía
A.Y.N.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Esclarecer os tipos de regulación motivacional e motivos que impulsan ás persoas a exercitarse ou realizar deporte é un ámbito que está en auxe, xa que realizar exercicio físico ten un gran número de vantaxes. No presente estudio tratarse de explorar os tipos de regulación motivacional e os motivos para a realización de actividade física tendo en conta o tipo de actividade realizada (exercicio físico ou deporte federado), o xénero e intensidade coa que se exercita (tempo que dedican ao exercicio á semana). A mostra estivo formada por 210 persoas, maiores de idade e que realizaban actividade física de forma regular. Para explorar os tipos de regulación motivacional e os motivos empregáronse os cuestionarios ehavioral Regulation in Exercise Questionnaire-3 (BREQ-3) e o Motives for Physical Activity Measure-Revised (MPAM-R) na súa adaptación á poboación española. A información foi recollida en liña a través da plataforma Microsoft Forms, incluíndo ademais unha serie de preguntas sociodeportivas. Os resultados obtenidos indican que os deportistas federados presentan niveis maiores de regulación autodeterminada mentres que aqueles que fan exercicio físico caracterízanse por niveis maiores regulación externa. Ademasi, atopáronse diferencias tanto en regulación como en motivos en función do xénero e da intensidade da práctica de actividade física.

Experiencias Adversas na Infancia e o seu impacto en mulleres privadas de liberdade
Autoría
S.N.O.
Grao en Psicoloxía
S.N.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A evidencia científica resaltou a importancia e influencia das experiencias adversas vividas durante a infancia para o desenvolvemento posterior das persoas en xeral e en especial para as persoas con traxectoria delituosa. Este estudo analiza a prevalencia das Experiencias Adversas na Infancia e o seu impacto na saúde mental dun grupo de 17 mulleres que se atopan en situación de privación de liberdade no centro penitenciario A Lama (Pontevedra). As participantes contaban entre 29 e 65 anos (M= 46.53; DT = 10.46). A experiencia de experiencias adversas valorouse co cuestionario ACES (Unidade de Psicoloxía Forense, 2019). O estado psicoemocional tomouse a través do cuestionario SCL-90-R. Os resultados obtidos revelaron unha alta prevalencia de traumas infantís nas participantes, destacando o falecemento dun coidador primario, a separación dos proxenitores e a violencia sexual. Ademais, foi apreciada unha relación significativa entre ter experimentado polo menos unha ACE e a sintomatoloxía depresiva, ansiosa e paranoide; así como a relación entre a acumulación de 4 ou máis, e o aumento sinalado de sintomatoloxía depresiva, hostil e psicótica severas. Estas evidencias reflicten a necesidade e urxencia de crear programas de prevención para o maltrato infantil e as desigualdades sociais, así como programas de intervención específicos para as mulleres condenadas á privación de liberdade. Esta última dende unha perspectiva de xénero e con fins reinsertivos que melloren a calidade de vida destas persoas tendo en conta as súas traxectorias vitais e necesidades.

MERINO MADRID, HIPOLITO (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Vogal)

Potenciais evocados cerebrais no declive cognitivo subxectivo, o deterioro cognitivo lixeiro amnésico e a demencia debida á enfermidade de Alzheimer. Unha revisión de estudos que avaliaron os compoñentes N200 e P300 rexistrados en tarefas oddball.
Autoría
A.O.G.
Grao en Psicoloxía
A.O.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Os adultos con declive cognitivo subxectivo (DCS) ou con deterioro cognitivo lixeiro amnésico (DCLa) poden progresar á demencia debida á enfermidade de Alzheimer (EA). Por iso, identificar marcadores que permitan caracterizar o DCS e o DCLa e predicir a súa progresión, converteuse nun obxectivo de interese para moitos investigadores. Algúns estudos empregan a técnica dos potenciais evocados (PEs) na busca de marcadores neurocognitivos do DCS e o DCLa así como da demencia debida a EA. Os PEs permiten avaliar cambios na actividade eléctrica cerebral asociada a diferentes procesos cognitivos. No presente traballo, realizouse unha revisión de estudos, publicados entre os anos 2015 e 2025, co obxectivo principal de coñecer se cambios na latencia e a amplitude dos compoñentes N200 e/ou P300 dos PEs poderían ser considerados como marcadores neurocognitivos óptimos da demencia debida á EA, o DCLa e o DCS. Os compoñentes N200 e P300 son considerados índices psicofisiolóxicos da avaliación e categorización dos estímulos na memoria de traballo, respectivamente. Os resultados da revisión apuntan a que un incremento da latencia de P300 podería ser un marcador neurocognitivo da demencia debida á EA e o DCLa. Os adultos con demencia debida á EA semellan amosar tamén unha menor amplitude de P300 e unha latencia prolongada de N200 respecto a adultos cognitivamente sans (CS), aínda que os resultados non sexan tan consistentes. Por último, os dous únicos estudos revisados que avaliaron o DCS non obtiveron diferencias significativas para N200 e P300 entre adultos con DCS e adultos CS ou adultos con DCLa.

LINDIN NOVO, MONICA (Titoría)
Rodríguez Salgado, Dolores Cotitoría
LINDIN NOVO, MONICA (Titoría)
Rodríguez Salgado, Dolores Cotitoría
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Pazo Álvarez, Paula (Vogal)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Pazo Álvarez, Paula (Vogal)
Factores de risco asociados á soidade na adolescencia: o papel do uso das redes sociais, da vitimización por bullying e da personalidade
Autoría
A.O.R.
Grao en Psicoloxía
A.O.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A soidade non desexada é considerada unha das grandes epidemias da sociedade actual, non só polos altos niveis de sufrimento que xera, senón tamén polas consecuencias sociais e económicas derivadas desta. Nas últimas décadas, os niveis de soidade non fixeron máis que aumentar, especialmente entre os máis novos. Debido á importancia que as relacións cos iguais adquiren na adolescencia, esta etapa do desenvolvemento é un momento de especial vulnerabilidade fronte á soidade. Para previr a soidade nesta poboación, é fundamental coñecer que variables poden estar influíndo na experiencia da soidade adolescente. Deste xeito, o obxectivo principal do presente Traballo de Fin de Grao é analizar o papel do uso das redes sociais, da vitimización por bullying e da personalidade na soidade na adolescencia. Tras revisar a bibliografía existente en relación con esta temática, pódese concluír que o uso das redes sociais, a vitimización por bullying e a personalidade poden explicar a soidade na adolescencia. O uso excesivo e problemático das redes sociais, ser vítima de acoso (tanto presencial como cibernético) e determinadas características de personalidade (neuroticismo, extraversión, timidez, necesidade de recoñecemento social, necesidade de afiliación, autoestima, habilidades sociais e algúns trazos desadaptativos) relaciónanse con niveis elevados de soidade na adolescencia. Coñecer estas relacións é crucial para poñer en marcha intervencións que permitan previr e reducir a soidade nesta poboación.

Rehabilitación da cognición social en pacientes con traumatismo cranioencefálico. Unha revisión sistemática.
Autoría
E.P.M.
Grao en Psicoloxía
E.P.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A relevancia da rehabilitación da cognición social en pacientes con TCE radica no seu impacto directo na reintegración social e funcional destas persoas. Obxectivo. Examinar a evidencia dispoñible sobre as intervencións para a rehabilitación da cognición social en pacientes adultos con traumatismo cranioencefálico (TCE). Método. Revisión sistemática en tres bases de datos (Scopus, PubMed e PsycINFO), ata maio de 2024. Seleccionáronse ensaios clínicos aleatorizados (ECA), estudos cuasiexperimentais e de caso único que abordaban intervencións centradas no recoñecemento emocional, teoría da mente, habilidades sociais e autorregulación emocional. A calidade metodolóxica dos estudos foi avaliada mediante RoB 2.0 para os ECA e ferramentas específicas para os estudos cuasiexperimentais e de caso único. Resultados. Identificáronse 22 estudos que cumprían os criterios de inclusión, revelando un risco de nesgo xeralmente baixo nos ECA e unha maior variabilidade nos cuasiexperimentais. Os achados mostraron a efectividade das intervencións multicompoñente e tecnolóxicas (SoCoBo, telepráctica) para mellorar o recoñecemento emocional, a teoría da mente e a autorregulación emocional. Así mesmo, o Cognitive Pragmatic Treatment (CPT) mostrou un alto impacto na recuperación de habilidades pragmáticas. Conclusións. As intervencións tecnolóxicas e multicompoñente emerxen como as máis prometedoras para a rehabilitación da cognición social en TCE. A pesar dos resultados positivos, identificáronse limitacións como a heteroxeneidade nos protocolos, a falta de seguimento a longo prazo e a escasa representación de pacientes en fases subagudas. Esta revisión proporciona unha síntese actualizada da evidencia, destacando a necesidade de estudos máis robustos e estandarizados para optimizar a integración social destes pacientes.

O papel do recoñecemento emocional no diagnóstico diferencial entre a variante condutual da demencia frontotemporal e a demencia de Alzheimer: unha revisión sistemática
Autoría
J.P.F.
Grao en Psicoloxía
J.P.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A demencia frontotemporal (DFT) é a terceira enfermidade dexenerativa máis común en persoas maiores de 65 anos. A súa variante condutual (DFTvc), que supón o 50% de casos, asóciase cunha dexeneración progresiva dos circuítos neurais implicados na cognición social. A presentación máis frecuente da demencia de Alzheimer (DA), pola súa parte, está asociada coa dexeneración hipocampal e caracterízase por un marcado deterioro da memoria episódica, mentres que a súa variante frontal presenta unha sintomatoloxía máis condutual. A posibilidade de confundir ambas patoloxías, e a súa elevada prevalencia na sociedade, fai necesario optimizar o diagnóstico diferencial entre os dous tipos de demencia. A presente revisión sistemática busca estudar o papel do recoñecemento emocional, un proceso da cognición social afectado na DFTvc, para diferenciar entre esta e a DA. Incluíronse na revisión os estudos que avaliaron a capacidade de recoñecemento emocional en persoas diagnosticadas con DFTvc e persoas con DA. O 10 de decembro de 2024 realizouse unha busca en Scopus, Pubmed e Psycinfo da que se extraeron os 10 artigos finais empregados. As mostras de todos os estudos suman un total de 373 participantes con DFTvc e 335 con DA. Observouse unha maior afectación do recoñecemento emocional nos participantes con DFTvc, tanto na comparación coa poboación sa como co grupo de DA, para emocións de menor e maior complexidade, e especialmente ante aquelas de valencia negativa. Por isto, considérase convinte empregar nos protocolos de avaliación da demencia probas de recoñecemento emocional para facilitar o diagnóstico diferencial.

Tratamento psicolóxico para controlar os síntomas psicóticos positivos
Autoría
P.P.H.
Grao en Psicoloxía
P.P.H.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Os trastornos psicóticos caracterízanse pola presenza de síntomas que distorsionan a realidade dos pacientes. Os síntomas psicóticos, ou síntomas positivos da esquizofrenia, inclúen delirios, alucinacións e pensamento e comportamento desorganizados. A industria farmacéutica investigou xeitos de reducir o seu impacto; porén, descubriuse que os antipsicóticos teñen efectos limitados no control dos síntomas. Ademais, os efectos secundarios negativos xerados polo uso destes fármacos constitúen unha das principais barreiras para a adherencia ao tratamento. O obxectivo deste estudo é avaliar a potencial eficacia da psicoterapia no control dos síntomas positivos no contexto dos trastornos psicóticos. Con este fin, revísanse artigos que analizan os efectos de diversas intervencións psicolóxicas, a maioría delas variantes da terapia cognitivo-conductual. Ademais, téñense en conta as diferentes modalidades de aplicación (individual, grupal ou dixital) e examínanse en paralelo outras posibles implicacións para a enfermidade, como os efectos sobre os síntomas negativos ou depresivos, o funcionamento social ou a introspección. Os resultados deste estudo amosan unha tendencia cara á mellora sintomática mediante a psicoterapia, pero os efectos flutúan dependendo do tipo de terapia. En xeral, obsérvase que a terapia combinada con medicación proporciona resultados máis beneficiosos para o paciente que a administración de fármacos sós. Os achados desta revisión son útiles para optimizar a práctica clínica no contexto dos trastornos mentais graves, pero recoméndase máis investigación.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Análise da eficacia de tres intervencións psicosociais para o tratamento do trastorno bipolar
Autoría
L.P.C.
Grao en Psicoloxía
L.P.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno bipolar é un trastorno mental crónico e complexo, caracterizado pola presenza alternante de episodios depresivos, maníacos ou hipomaníacos, e que pode causar unha deterioración en diversas áreas da vida das persoas que o padecen, afectando así á súa calidade de vida. Nos últimos anos foise prestando cada vez máis atención ao desenvolvemento de tratamentos psicosociais específicos para o trastorno bipolar, o que se debe, en parte, ás taxas de remisión e de recuperación decepcionantemente reducidas conseguidas coa aplicación illada de psicofármacos. Así, o obxectivo do presente Traballo de Fin de Grao foi analizar, a través da revisión de 17 ensaios clínicos, a eficacia de tres das intervencións psicolóxicas que na actualidade contan con evidencia empírica para a abordaxe deste trastorno: a terapia cognitivo-condutual (CBT), a terapia centrada na familia (FFT) e a terapia interpersoal e do ritmo social (IPSRT). Concretamente, indagouse nos principais resultados obtidos relacionados coa sintomatoloxía afectiva, as recorrencias, a adherencia farmacolóxica e o emprego de servizos sanitarios, a calidade de vida e o funcionamento en diversas áreas da vida dos pacientes. Os resultados indican que as tres terapias poden proporcionar beneficios clínicos en comparación co emprego illado de tratamento farmacolóxico ou con outras intervencións utilizadas como control, sendo a FFT a que presentou a eficacia máis consistente. En definitiva, a adopción dun enfoque integrador, que combine farmacoterapia cunha intervención psicolóxica baseada na evidencia, parece ser a mellor opción para garantir un bo curso clínico e unha mellora no funcionamento e na calidade de vida das persoas que padecen este trastorno.

Tratamentos psicolóxicos para o abandono do consumo dual de tabaco e cannabis.
Autoría
L.Q.D.
Grao en Psicoloxía
L.Q.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O consumo dual de tabaco e cannabis representa unha conduta adictiva complexa que supón desafíos específicos para a súa abordaxe terapéutica. Neste contexto, resulta esencial identificar intervencións eficaces que dean resposta a esta problemática. O obxectivo do presente traballo é realizar unha revisión actualizada dos tratamentos psicolóxicos, administrados tanto de maneira illada como en combinación con tratamentos farmacolóxicos, dirixidos ao abandono do consumo dual de tabaco e cannabis, co fin de analizar as súas principais características e resultados. Incluíronse un total de 14 estudos con deseños diversos, centrados maioritariamente en adultos novos. Os tratamentos psicolóxicos máis frecuentes foron a terapia cognitivo-conductual, a entrevista motivacional e o manexo de continxencias, mentres que as intervencións combinadas integraron tratamentos psicolóxicos con fármacos como a vareniclina, a N-acetilcisteína ou a terapia de substitución de nicotina. Os resultados evidencian achados preliminares prometedores para ambos tipos de intervencións en canto á redución e á abstinencia do consumo dual; con todo, a heteroxeneidade metodolóxica, a escaseza de medidas de abstinencia a longo prazo e a falta de estudos en poboacións diversas limitan a xeneralización e a comparación dos achados. Destácase a necesidade de deseñar tratamentos adaptados aos perfís dos usuarios con consumo dual e aos cambios sociais actuais, integrando novas tecnoloxías e formatos de aplicación como o grupal.

A Tarefa do Stroop Emocional e os Veteranos de Guerra
Autoría
N.Q.G.
Grao en Psicoloxía
N.Q.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O Trastorno por Estrés Postraumático é unha patoloxía intensa e persistente, que se asocia tanto a síntomas físicos como a un alto nivel de comorbilidad con outros trastornos, como a depresión, a ansiedade e o abuso de substancias. Unha das poboacións máis prexudicadas son os veteranos de guerra, quenes adoitan verse afectados debido á exposición prolongada a eventos traumáticos e ameazas constantes á súa integridade física. A Tarefa do Stroop Emocional é unha proba que avalía o impacto de estímulos emocionais, como palabras relacionadas con situacións de ameaza ou traumáticas, nos procesos de atención selectiva e control cognitivo. O obxectivo é nomear a cor no que están escritas as palabras, e obsérvase un maior tempo de resposta naquelas emocionalmente relevantes para a persoa. O propósito deste traballo é analizar as diferenzas que se perciben entre veteranos de guerra con Trastorno por Estrés Postraumático e aqueles que non o padecen na execución da tarefa. Para iso realizouse unha revisión da literatura e seleccionáronse un total de 10 artigos para profundar no tema. Os resultados principais indican que os veteranos de guerra con Trastorno por Estrés Postraumático presentan maior lentitude ao nomear a cor das palabras relacionadas co combate, en comparación con outras categorías de palabras e co grupo control. A pesar das diferenzas metodolóxicas entre os estudos revisados, os resultados mostran consistencia, evidenciando un rumbo atencional nestas persoas cara a estímulos de carácter ameazante.

Avaliación mediante o Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) do dano psicolóxico simulado en casos de violación
Autoría
P.Q.G.
Grao en Psicoloxía
P.Q.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
A dificultade probatoria caracteriza os delitos de violencia sexual debido a que moitos se cometen en ausencia de testigos. A existencia de probas médicas (p. e., lesión vaxinal) ou biolóxicas (p. e., presenza de ADN do acusado) pode xustificarse apelando a unha relación consentida. Neste contexto, a intervención da psicoloxía pode ter un rol determinante a través da avaliación do dano psicolóxico da vítima. Nos contextos legais non é suficiente ca avaliación das consecuencias psicológixas, senón que, ademais, débese garantir a realidade destas, é dicir, resulta imperativo descartar a simulación. Deste xeito, as probas que se empreguen ademais da avaliación da sintomatoloxía haberán de incorporar medidas que controlen o engano. Unha das probas que se axusta a estos requisitos é o Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI). Agora ben, existe pouca evidencia que avale o seu uso no contexto español, e máis especificamente na casuística da violencia sexual. Polo tanto, o obxetivo xeral deste TFG é analizar a efectividade do PAI para a avaliación psicolóxica-forense do dano psicolóxico simulado en casos de violación. Para o mesmo, levouse a cabo un diseño de simulación (neste caso, cuasi-experimental e intra-suxeito) no que participaron 33 mulleres maiores de idade, en ausencia de trastorno metal e de vitimización sexual. Estas tiveron que complementar o Inventario de Avaliación da Personalidade (PAI) baixo dúas condicións diferentes: realidade e simulación. Na de realidade cumplimentaron a proba de xeito honesto, mentres que na de simulación debían tratar de simular o dano psicolóxico dunha violación. Os resultados obtidos reflexaron que as mulleres non só eran capaces de finxir a sintomatoloxía que non padecían, senón que ademais incorporaban de forma exitosa a propia do dano psicolóxico da violación tanto na súa forma primaria (Trastorno de Estrés Postraumático), como secundaria (p.e., Ansiedad, Depresión…). Para iso, recurrían a dúas estratexias de simulación: a “severidade de síntomas” e la “agrupación indiscriminada de síntomas”. Pola súa parte, o estudo da sensibilidade dos indicadores de validez do PAI cuestiona a efectividad dos mesmos para a detección da simulación. Concluíndo, e co pensamento posto na práctica profesional, estos descubrimentos advirten da necesidade de empregar o PAI de forma combinada con outras técnicas de medida dentro de protocolos multi-método e multi-medida.

Trastornos alimentarios en ximnastas artísticas.
Autoría
R.R.S.
Grao en Psicoloxía
R.R.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo aborda os trastornos da conduta alimentaria (TCA) en ximnastas artísticas, co obxectivo de identificar a súa prevalencia, factores de risco asociados e consecuencias tanto na saúde física como psicolóxica das mesmas. Os principais resultados da revisión bibliográfica coinciden en caracterizar a estes trastornos como unha alteración na alimentación e o control do peso, o cal a miúdo se ve exacerbado nas practicantes deste deporte estético dadas as altas esixencias estéticas e de rendemento ás que están expostas, e á presión social exercida polos seus adestradores e familiares para alcanzar o éxito deportivo. Xa que neste deporte a delgadez percíbese como determinante do éxito, é habitual que as ximnastas mostren unha elevada insatisfacción corporal, que xunto coa necesidade de alcanzar a perfección en todos os ámbitos da súa vida e a ansiedade que sofren como consecuencia, incrementa o risco de que desenvolvan un trastorno da conduta alimentaria e adopten dietas restritivas e condutas prexudiciais para a súa saúde en xeral. Isto último, leva a un conxunto de trastornos hormonais, alteracións menstruais e perda de densidade ósea, coñecido como tríada da atleta feminina, que incrementa o risco de fracturas e problemas metabólicos, así como de depresión e ansiedade, afectando á súa calidade de vida. Ademais, os estudos revisados mostran que a prevalencia de TCA en deportistas (especialmente de deportes estéticos) é superior á da poboación xeral, sendo a incidencia en ximnastas españolas dun 23%, o cal reflicte a gravidade do problema e a importancia da prevención e intervención temperá para identificar os primeiros signos de TCA e minimizar así o seu impacto, garantindo o benestar das ximnastas.

Illamento social en persoas con perda auditiva.
Autoría
G.R.M.
Grao en Psicoloxía
G.R.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
A perda auditiva xera unha serie de consecuencias na vida das persoas, pudendo afectar no desenvolvemento social e psicolóxico/emocional. Unha das consecuencias máis frecuentes é o illamento social, derivado das dificultades amosadas á hora de comunicarse en certas contornas da vida cotiá por parte das persoas con discapacidade auditiva, influíndo de maneira considerable no seu benestar. O obxectivo deste traballo é analizar o illamento social en relación á perda auditiva mediante unha revisión sistemática de literatura. Para facer esta revisión empregáronse as bases de datos WOS e Psycinfo. Incluíronse artigos que relacionaran o illamento social coa perda auditiva, excluíndo aqueles que non trataran o tema ou que o relacionaran con trastornos psiquiátricos, como a demencia ou esquizofrenia. Dos 173 artigos identificados, finalmente incluíronse 14 para a súa revisión. Nos resultados analizados obsérvase unha asociación entre o illamento social e a baixa participación social e unha rede de apoio diminuída. Ademais, obsérvase a maior idade hai maior risco de illamento social das persoas con maior perda auditiva, observándose melloría no caso de intervencións con audiófonos, por exemplo. Ademais, as persoas que sofren illamento social poden desenvolver consecuencias emocionais como depresión. En conclusión, é importante previr o illamento social en persoas con perda auditiva, para evitar consecuencias socioemocionais negativas nestas persoas.

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Factores de risco e protección para o desenvolvemento de crecemento postraumático en poboación afectada pola morte dun ser querido por mor do suicidio: unha revisión da literatura
Autoría
M.R.O.
Grao en Psicoloxía
M.R.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O suicidio conleva consecuencias psicolóxicas e sociais significativas para as persoas achegadas, quen presenta un risco elevado de desenvolver duelo complicado, e outras dificultades adaptativas, en parte debido ao estigma asociado. Estas circunstancias poden obstaculizar o retorno á vida cotiá. O obxectivo desta revisión foi identificar os factores de risco e protección para o desenvolvemento de crecemento postraumático (CPT) en persoas que perderon a un ser querido por suicidio. Realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos PsycINFO, SCOPUS e Medline. Incluíronse estudos cuantitativos que analizasen factores relacionados co CPT, avaliasen o crecemento postraumático como variable principal ou secundaria, incluísen a persoas afectadas pola perda por suicidio, utilizasen instrumentos estandarizados e estivesen publicados en inglés ou español con texto completo dispoñible. Seleccionáronse 13 estudos: sete abordaron factores interpersoais, catro analizaron variables intrapersonales, e dous avaliaron factores concomitantes. Os achados sinalaron que variables como o apoio social percibido, a autorrevelación e o autoperdón relaciónanse positivamente co CPT, mentres que, a pertenza frustrada ou o estigma social percibido asociáronse negativamente. Conclúese que existen múltiples factores que inciden no CPT tras unha perda por suicidio, aínda que se require maior investigación lonxitudinal e transcultural sobre o CPT, con mostras diversas e medidas estandarizadas para profundar nos procesos de adaptación e recuperación nesta poboación.

VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
COTARDO VALCARCEL, TANIA Cotitoría
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
COTARDO VALCARCEL, TANIA Cotitoría
Tribunal
López Durán, Ana (Presidente/a)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Vogal)
López Durán, Ana (Presidente/a)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Vogal)
IA Xenerativa: o medo a perderse algo (FoMO)
Autoría
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
A investigación levada a cabo someterá a proba o Modelo de Aceptación da Tecnoloxía (TAM) como marco teórico principal. Porén, este modelo será adaptado á Intelixencia Artificial Xenerativa co obxectivo de analizar os factores que inflúen na intención de uso da intelixencia artificial, máis concretamente de ChatGPT, por parte de estudantes universitarios. Ademais das variables que conforman o modelo (utilidade percibida, facilidade de uso, actitude cara ao uso e intención de uso), tamén se estudará a relación existente entre o uso da Intelixencia Artificial, a ansiedade percibida e o risco percibido, así como a posible relación co FOMO (Fear of Missing Out), é dicir, o medo a perderse algo. Dito estudo céntrase na relación entre estas variables, estudando como poden influír aspectos emocionais e sociais na aceptación dunha tecnoloxía. Para poder levar a cabo esta investigación, deseñouse un estudo piloto cunha mostra composta por 115 participantes, 14 homes e 101 mulleres de entre 18 e 22 anos, todos eles estudantes de primeiro curso do Grao en Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, aos cales se lles administrou un cuestionario estruturado coas diferentes escalas empregadas. O método de investigación utilizado inclúe análises estatísticos descritivos, análise de fiabilidade mediante alfa de Cronbach, análises de correlacións bivariadas, regresións lineais múltiples e unha proba non paramétrica U de Mann-Whitney. Os principais resultados amosaron que a utilidade percibida, a actitude positiva e o FoMO predín significativamente a intención de uso de ChatGPT, mentres que a ansiedade e o risco percibidos teñen unha influencia negativa, pero menos significativa. Esta investigación permite comprender en maior medida a adopción de novas tecnoloxías desde unha perspectiva integradora.

RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titor do alumno)

Efecto da estimulación HD-tACS de frecuencias combinadas theta-gamma, sobre a memoria de traballo. Un estudio piloto
Autoría
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 12:30
13.02.2025 12:30
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación non invasiva que modula procesos cognitivos mediante a modificación dos ritmos oscilatorios cerebrais. Estudos previos demostraron a súa eficacia na memoria de traballo (MT), empregando frecuencias de estimulación theta (4-8 Hz) e gamma (30-80 Hz). Porén, existe aínda moi pouca evidencia sobre o uso da frecuencia de onda combinada theta-gamma, especialmente en poboacións envellecidas sans ou dentro do continuo da enfermidade de Alzheimer (EA). Por este motivo, o obxectivo do presente estudo piloto será determinar se a estimulación con tACS de alta densidade (HD-tACS), con frecuencias combinadas theta-gamma (6 Hz e 50 Hz), aplicada no coiro cabeludo sobre o córtex prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerdo, nunha mostra de 16 persoas con diagnóstico de Deterioro Cognitivo Lixeiro (DCL) ou Deterioro Cognitivo Subxectivo (DCS), mellora a execución nunha tarefa de MT. Para comprobalo, realizouse un estudo piloto intra-suxeito, simple-cego e aleatorizado, no que 16 participantes (11 homes e 5 mulleres) cunha idade comprendida entre os 57 e os 83 anos foron avaliados ata 3 veces nunha tarefa de memoria visoespacial emparellamento moderado. Entre as sesións de avaliación, os participantes recibiron estimulación por HD-tACS ou placebo. Os datos condutuais das variables D prima, TR (Tempo de Reacción)-Aciertos, TR-Falsas alarmas e TR-Rechazos correctos foron sometidos a unha análise de varianza (ANOVA) 2x2, cun factor principal Sesión con dous niveis (avaliación pre-intervención e avaliación post-intervención) e outro factor principal Tratamento con dous niveis (estimulación real e estimulación placebo). Os resultados mostraron unicamente un efecto marxinalmente significativo para a variable D prima no factor principal sesión, é dicir, houbo diferenzas entre as sesións previas e posteriores á estimulación, pero non en relación ao tipo de estimulación recibida, mentres que non se atoparon diferenzas significativas no resto de variables. Estes resultados non apoian a hipótese inicial de que a estimulación HD-tACS combinada theta-gamma mellora a execución en MT en comparación coa condición placebo.

Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
CORREA JARABA, KENIA SHAILY (Titor do alumno)
Díaz Fernández, Fernando (Titor do alumno)

Eficacia da prevención universal na conduta antisocial
Autoría
P.R.D.
Grao en Psicoloxía
P.R.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A conduta antisocial representa un desafío significativo para a sociedade, manifestándose en comportamentos que transgriden normas e dereitos, como agresións, furtos, vandalismo... Dada a súa alta prevalencia na adolescencia e as consecuencias negativas na sociedade e no desenvolvemento individual dos menores, a prevención temperá supón unha estratexia esencial nesta etapa vulnerable. Neste contexto, os programas de prevención universal implementados en contornos escolares e baseados no ensino de habilidades sociais e de vida son especialmente útiles, intervindo antes de que os problemas se consoliden. Porén, a efectividade destas intervencións debe ser avaliada rigorosamente para asegurar que os recursos se dirixan cara a intervencións baseadas na evidencia. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar a eficacia destes programas preventivos da conduta antisocial en poboación infantil e adolescente. Para iso, levouse a cabo unha busca bibliográfica, onde se seleccionaron 10 estudos que avalían o impacto de ditas intervencións, analizando as súas características metodolóxicas, os compoñentes dos programas e os efectos observados nos comportamentos, actitudes e habilidades asociados á conduta antisocial. Os resultados desta revisión revelaron melloras claras na conduta problemática, pero beneficios inconsistentes nas habilidades sociais en menores de 12 anos. Obsérvase unha falta de efectos a longo prazo e pouca eficacia contra o acoso, violencia e delincuencia, a pesar de modificar positivamente as actitudes e as habilidades de resistencia á influencia. Aqueles nenos con maior risco comportamental inicial benefícianse máis da intervención. A eficacia dos programas increméntase naqueles de maior duración, con formato multicompoñente, fidelidade na implementación e adaptados a cada etapa vital. Estes achados destacan a necesidade de continuar investigando para optimizar as intervencións preventivas.

Influencia da regulación emocional no consumo de alcohol en universitarios
Autoría
P.R.L.
Grao en Psicoloxía
P.R.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 13:00
13.02.2025 13:00
Resumo
A baixa tolerancia ao malestar pode estar asociada cunha pobre regulación emocional e contribuír a motivacións para beber co propósito de afrontar os problemas. Numerosos estudos na literatura atopan que as dificultades na regulación emocional están relacionadas positivamente co aumento do consumo. O obxectivo deste traballo é estudar esta relación, considerando as diferentes dimensións da escala de regulación emocional e as diferenzas de sexo, nunha mostra de 185 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos. Para isto, os participantes responderon á escala de dificultades na regulación emocional (DERS) e á Proba de Identificación de Trastornos Relacionados co Consumo de Alcohol (AUDIT). Os resultados mostran que os déficits na regulación emocional están significativamente relacionados co consumo intensivo de alcohol, especialmente nas dimensións Metas, Claridade, Estratexias e Impulso. En concreto, Metas e Claridade son as estratexias que mellor predín as puntuacións do AUDIT, cunha porcentaxe de varianza do 11,6%. Porén, non se atopan datos significativos respecto das diferenzas de sexo. Os resultados deste estudo destacan a importancia de crear intervencións que incorporen o desenvolvemento de habilidades emocionais como unha estratexia central para previr e tratar o consumo abusivo de alcohol.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titor do alumno)

A relación entre o Trastorno Límite da Personalidade e a inestabilidade emocional: unha revisión sistemática.
Autoría
P.R.V.
Grao en Psicoloxía
P.R.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O Trastorno Límite da Personalidade (TLP) é un cadro psicopatolóxico grave, prevalente e caracterizado por unha alta comorbilidade. Entre os factores que máis contribúen á súa complexidade diagnóstica e terapéutica atópase a inestabilidade emocional, considerada un trazo nuclear do trastorno. Neste contexto, o presente traballo realiza unha revisión sistemática sobre a relación entre o TLP e a inestabilidade emocional, examinando o papel desta última como mecanismo explicativo, mediador e trazo central dentro do cadro clínico. A busca bibliográfica realizouse en dúas bases de datos científicas, Scopus e ProQuest, seguindo as directrices do Modelo PRISMA 2020. Incluíronse 16 artigos empíricos publicados entre 2013 e 2024 que abordaban especificamente a relación entre TLP e inestabilidade emocional. Os resultados amosan que a inestabilidade emocional non só constitúe un trazo clínico observable, senón que cumpre unha función estrutural na psicopatoloxía do TLP. Actúa como un eixo transversal que inflúe na aparición, mantemento e intensificación de síntomas como a impulsividade, a agresividade, a autolesión ou a inestabilidade interpersoal. A identificación de distintos subtipos de TLP baseados en patróns de desregulación emocional reforza a noción da súa heteroxeneidade clínica. Estes achados expoñen a necesidade de considerar a inestabilidade non só como un síntoma máis, senón como un dos obxectivos prioritarios para a avaliación e o deseño de intervencións terapéuticas máis eficaces e personalizadas.

Estilos educativos parentais e autoestima na adolescencia
Autoría
P.R.F.
Grao en Psicoloxía
P.R.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O desenvolvemento da autoestima durante a adolescencia é un factor clave para o benestar emocional e social da mocidade, e está estreitamente influído polos estilos educativos adoptados polos pais e nais. Diversos estudos evidenciaron como os diferentes estilos de crianza impactan de maneira significativa na formación e mantemento da autoestima neste período crítico do desenvolvemento. O obxectivo deste traballo foi revisar a literatura científica existente sobre a relación entre os estilos educativos e a autoestima na adolescencia, co fin de identificar os estilos que favorecen un desenvolvemento psicolóxico saudable. Para iso, realizouse unha busca sistemática nas bases de datos PsycInfo e Web of Science. Foron incluídos vinte artigos publicados entre 2010 e 2025. A revisión amosou que o estilo educativo autoritativo asóciase cunha autoestima máis alta e un mellor axuste psicolóxico. Non obstante, tamén se observou que, en certos contextos culturais, como nos países mediterráneos ou latinoamericanos, un estilo indulgente, baseado na calidez sen control estrito, pode ser aínda máis beneficioso para o desenvolvemento da autoestima. As investigacións, na súa maioría transversais e baseadas en autoinformes dos adolescentes, destacan a necesidade de estudos longitudinais que inclúan tamén as perspectivas dos pais e nais e outras variables contextuais, como o xénero e a cultura, para unha comprensión máis completa deste fenómeno. Coñecer mellor como os estilos educativos parentais inflúen na autoestima adolescente permitirá desenvolver estratexias de intervención máis eficaces para fomentar o benestar emocional da mocidade.

Análise sobre a relevancia dos nesgos cognitivos, a personalidade e os factores individuais na credibilidade e difusión das fakenews.
Autoría
P.S.P.
Grao en Psicoloxía
P.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é tratar de comprender por que a simple vista parece que as fake news se propagan máis rápido e chegan máis lonxe que a información verdadeira, así como analizar os procesos mentais que nos fan máis susceptibles de crelas. Intentarase dar resposta ao por que da existencia das fake news, a que ocorre a nivel cognitivo cando os usuarios nos atopamos frente a elas, así como se realmente existen características persoais que nos fan máis ou menos capaces de distinguir a mentira da verdade. En primeiro lugar comezarase dando algunha definición do termo fake news para comprender de que se está a falar, así coma unha pequena revisión á súa historia destacando tres momentos chave nos que sufriron un auxe. Así coma un pequeno avance das cuestións que se analizarán máis en profundidade ao longo do traballo. A continuación incluirase o método, cos criterios de inclusióne e exclusión correspondentes, segundo o modelo PRISMA. Despois, expoñeranse os resultados máis relevantes atopados nos artigos incluídos finalmente no traballo, tanto aqueles que confirman a hipótese de investigación inicial como aqueles que siguen xerando dúbidas sobre a posible influencia dos factores persoais na credibilidade das fake news. Logo, na discusión tratarase de facer un resumo dos resultados atopados relacionándoos coa hipótese inicial contrapoñendo aqueles que mostraban resultados máis dispares. Finalmente, nas conclusións expoñeranse brevemente os resultados máis contrastados, así como as limitacións atopadas nos artigos incluídos e aqueles aspectos menos estudados.

DIAZ LAGO, MARCOS (Titor do alumno)
DIAZ LAGO, MARCOS (Titor do alumno)
Avaliación psicolóxico-forense da psicopatoloxía simulada co MMPI-2-RF en casos de inimputabilidade.
Autoría
M.S.T.
Grao en Psicoloxía
M.S.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Para a avaliación da imputabilidade no ordenamento xurídico español, téñense en conta principalmente a cognición e a volición do acusado no momento do delito. A ausencia ou a merma dunha destas capacidades pode derivar para o acusado en beneficios de cara á imposición dunha pena. Debido a isto, a simulación de sintomatoloxía psicopatolóxica é unha práctica común que debe ser coidadosamente avaliada en casos xudiciais. Para elo, o MMPI-2-RF é unha proba psicométrica de avaliación clínica que rexistra sintomatoloxía psicopatolóxica e analiza a simulación. O obxectivo principal deste traballo consistiu en comprobar a utilidade do MMPI-2-RF para a avaliación psicolóxica-forense da imputabilidade. Así, 40 participantes en ausencia dun trastorno mental grave e de antecedentes criminais, cumprimentaron o MMPI-2-RF en dúas condicións: a) condición de simulación: debían respostar tentando simular o padecemento dun trastorno mental grave co obxectivo de fundamentar unha declaración de inimputabilidade nun xuízo; e b) condición de realidade: as respostas debían ser honestas. O deseño empregado foi un deseño clásico de simulación. Os resultados amosaron a capacidade da poboación xeral para simular sintomatoloxía correspodente a un trastorno mental grave, concretamente de tipo psicótico, que podería fundamentar unha declaración de inimputabilidade. As escalas de validez do instrumento amosaron unha boa sensibilidade na identificación dos casos simulados, concretamente as escalas F-r e RBS, detectando o 85% e o 72,5% dos simuladores respectivamente. Con todo, ningunha escala por sí mesma ou en combinación con outras foi efectiva na detección de todos os casos da condición de simulación. Porén, a avaliación sobre a imputabilidade require dun protocolo multimétodo, que permita abordar con garantías o diagnóstico diferencial de simulación.

Trastorno de estrés postraumático e consumo de alcol en mulleres
Autoría
L.S.B.
Grao en Psicoloxía
L.S.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno de estrés postraumático (TEPT) é un trastorno mental caracterizado pola presenza de síntomas de intrusión, evitación, alteracións negativas cognitivas e do estado de ánimo e hiperactivación, tras a exposición a un evento traumático. A súa prevalencia, duración e intensidade adoitan ser maiores en mulleres, e con frecuencia relaciónase co consumo problemático de alcol, o cal, recentemente, incrementou notablemente entre as mulleres. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica centrada na relación entre o TEPT e o consumo de alcol en mulleres, atendendo á direccionalidade da devandita relación e ás súas características nesta poboación. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica da literatura máis recente nas bases de datos PsycInfo e PubMed, a partir da cal se seleccionaron 14 artigos publicados entre 2020 e 2024. Os resultados mostraron que a relación máis estudada nas mulleres é aquela en a que o TEPT precede ao consumo de alcol, ao usar esta substancia como estratexia de afrontamento. Tamén se acharon relacións bidireccionais, sendo máis frecuente nas mulleres aquela na que o TEPT aumenta o risco de consumir alcol. A desregulación emocional como un mecanismo psicolóxico clave nesta relación e, respecto á cantidade e tipoloxía dos traumas, destaca a agresión sexual, a violencia por parte da parella e a vivencia de múltiples traumas, como factores que contribúen ao agravamento do TEPT e do consumo de alcol en mulleres.

López Durán, Ana (Titoría)
López Durán, Ana (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Bases neurais diferenciais da autorreflexión e da heterorreflexión
Autoría
N.S.F.
Grao en Psicoloxía
N.S.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 13:00
07.07.2025 13:00
Resumo
Esta revisión aborda a autorreflexión e a heterorreflexión dende as súas bases neurais, a partir de estudos recentes que empregan resonancia magnética funcional (RMf) en adultos sans, prestando especial atención ás distintas dimensións implicadas en ambos procesos. Os achados coincidiron en sinalar a implicación de rexións corticais asociadas á rede por defecto. En relación coa autorreflexión, a cortiza prefrontal medial ten unha grande relevancia, podendo establecerse unha división funcional entre a CPFm dorsal e ventral, amosando esta última unha maior activación no que respecta á reflexión sobre o autoconcepto. Pola contra, a heterorreflexión amosou unha activación máis ampla e diversa, ademais de estar modulada pola distancia social e o tipo de relación coa persoa participante. Por último, os resultados tamén apuntan a unha diferenciación das distintas dimensións do eu e dos outros (física, mental, social), permitindo achegármonos a unha cartografía máis precisa dos procesos metacognitivos.

Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Eficacia das intervencións baseadas na psicoloxía positiva sobre o benestar de pacientes con enfermidade avanzadas e con mal prognóstico: revisión sistemática
Autoría
E.S.M.
Grao en Psicoloxía
E.S.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
As persoas que presentan enfermidades avanzadas e cun mal prognóstico adoitan experimentar un grande sufrimento a nivel existencial, emocional e espiritual. Nos últimos anos desenvolvéronse diferentes intervencións baseadas na psicoloxía positiva co obxectivo de mellorar o benestar destas persoas. A presente revisión ten como obxectivo analizar a eficacia destas intervencións en pacientes en situación de final da vida. Para iso, realizouse unha busca a través de 14 investigacións que cumprían cos criterios de elexibilidade establecidos. Os resultados agrupáronse en tres grandes categorías: benestar existencial, malestar psicolóxico e actitudes cara á morte e o final da vida. Entre os principais resultados, as intervencións mostraron efectos positivos no benestar existencial; resultados mixtos en relación co malestar psicolóxico, e evidencia preliminar no que respecta ás actitudes cara á morte e ao final da vida, aínda que limitada polo escaso número de estudos que abordaron esta dimensión. Conclúese que estas intervencións resultan prometedoras, aínda que se precisan máis investigacións rigorosas que avalen a súa eficacia e a súa implementación clínica.

BOUZA PETEIRO, QUEILA Cotitoría
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
BOUZA PETEIRO, QUEILA Cotitoría
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Vogal)
Gómez Roman, Cristina (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Vogal)
Influencia da reserva cognitiva no deterioro cognitivo subxectivo
Autoría
C.S.V.
Grao en Psicoloxía
C.S.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo desta revisión bibliográfica é avaliar as principais achegas dos últimos 5 anos en relación coa influencia da reserva cognitiva (RC) no deterioro cognitivo subxectivo (DCS). Para este fin, realizouse unha busca exhaustiva nas bases de datos PsycINFO, Scopus e Web of Science. Tras analizar os resultados, concluímos que existe unha relación entre a RC e o DCS, e que diferentes indicadores da RC poden actuar como factores de protección contra o deterioro cognitivo. Non todos os indicadores teñen o mesmo peso nin actúan do mesmo xeito. Os factores modificables permiten aumentar a RC, mentres que os factores non modificables median no proceso de adquisición. Aínda é necesaria máis investigación, especialmente no desenvolvemento de modelos e ferramentas que permitan unificar e homoxeneizar os datos dispoñibles para unha mellor comprensión do DCS e a súa relación coa RC.

Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Titor do alumno)

TDAH de inicio na idade adulta? Controversias diagnósticas e caracterización clínica
Autoría
V.B.T.M.
Grao en Psicoloxía
V.B.T.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno por déficit de atención/hiperactividade (TDAH) considerouse tradicionalmente un trastorno do neurodesenvolvemento de inicio infantil. Non obstante, nos últimos anos xurdiu un interese crecente polos casos que parecen comezar na idade adulta, sen síntomas evidentes na infancia. Conforme a isto, levouse a cabo unha revisión bibliográfica co obxectivo de analizar a validez diagnóstica do TDAH de inicio adulto, o seu perfil clínico, os factores asociados e os aspectos clave na súa avaliación. Para iso, a través dun proceso sistemático de busca, cribado e selección, revisáronse 17 estudos cuxas mostras incluían persoas diagnosticadas na idade adulta. Os resultados reflicten a controversia sobre a validez desta presentación, xa que, aínda que se identifican numerosos casos, moitos deles vense influenciados por comorbilidades ou o consumo de substancias. O perfil clínico é similar ao do TDAH persistente, cun deterioro significativo en diversas áreas; con todo, destaca a presenza dun coeficiente intelectual aparentemente superior e unha maior proporción de mulleres. Ademais, sinaláronse diversos factores individuais e ambientais que poden contribuír á aparición tardía dos síntomas. En canto á súa avaliación, resulta necesario empregar múltiples instrumentos e fontes de información para aumentar a fiabilidade do proceso. Finalmente, discútense as principais limitación atopadas, como a escasa investigación dispoñible sobre esta presentación concreta, así como futuras liñas de estudo cuxo obxectivo é lograr unha mellor comprensión do fenómeno.

Sementando a equidade: sementes das que brota a acción colectiva contra a desigualdade económica
Autoría
M.T.C.
Grao en Psicoloxía
M.T.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo analiza os factores cognitivos, morais e emocionais que motivan a intención de involucrarse en accións colectivas contra a desigualdade económica. Partindo do modelo clásico de Gamson (1992), explóranse os seus tres marcos: inxustiza, identidade e eficacia. Tamén se estuda o papel da obriga moral e dalgunhas emocións (ira, esperanza, optimismo e orgullo) como preditores da protesta. Formuláronse tres hipóteses principais: que as emocións descritas son preditoras da intención de protestar, que a identidade politizada é un predictor máis robusto cá inxustiza e a eficacia, e que a obriga moral ten a capacidade preditiva máis alta. Para contrastalas, compartiuse un cuestionario de Google Forms a través das redes sociais, obtendo unha mostra de 214 respostas válidas. O estudo estatístico das mesmas baseouse en análises descritivas, de correlacións e de regresión lineal múltiple. Finalmente, os resultados amosaron que todas as variables de interese correlacionan significativamente coa intención de involucrarse en accións colectivas contra a disparidade económica, aínda que só conformaron o modelo preditor máis potente a identidade, a obriga moral, a inxustiza e a eficacia, explicando un 62,7% da varianza. As emocións non obtiveron significación estatística suficiente como para demostrar ser preditores sólidos, pero a súa probada relación coas variables cognitivas suxire a súa influencia sobre a intención de protestar a través das mesmas. Aínda tendo en conta as limitacións metodolóxicas deste traballo, as súas conclusións respaldan os achados das investigacións pioneiras do campo, poñendo de relevo o rol das cognicións, das emocións e dos aspectos morais como motivadores da acción colectiva contra a desigualdade.

SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
FRAGA CAROU, ISABEL (Presidente/a)
Páramo Fernández, María Fernanda (Secretario/a)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
O impacto da emoción expresada no prognóstico e o tratamento da anorexia nerviosa na adolescencia.
Autoría
S.V.G.
Grao en Psicoloxía
S.V.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
A anorexia nerviosa (AN) é un trastorno da conducta alimentaria que afecta principalmente a mulleres adolescentes. Dito trastorno está caracterizado pola súa gravidade clínica, complexidade terapéutica e elevada taxa de recaída, sendo o trastorno mental con maior tasa de mortalidade, por suicidio ou por complicacións físicas. Desta forma, a implicación da familia, medida a través da Emoción Expresada (EE), preséntase coma factor relevante na evolución da anorexia nerviosa. O presente traballo ten coma obxectivo analizar o impacto da EE na familia no prognóstico e tratamento da AN en adolescentes. Para acadalo, realizouse unha revisión da literatura científica recorrendo ás bases de datos PsycInfo e Web Of Science (WOS), que deu lugar á selección de 15 artigos publicados entre o 2010 e o 2023. Os resultados mostran que a EE negativa se correlaciona cunha peor evolución clínica, menor adherencia ao tratamento e maior risco de recaída. Ademais, demóstrase que a intervención familiar reduce a EE, mellora o benestar das coidadoras e favorece a recuperación. Igualmente, destácase o papel diferenciado da EE materna e paterna, asi como a relevancia da emoción expresada percibida (EEP) pola paciente, que inflúe na eficacia das intervencións e no seu malestar emocional. En conclusión, a EE é unha variable clave para o tratamento e pronóstico da anorexia nerviosa na adolescencia. Así, a súa consideración nos programas de intervención a través da inclusión de módulos de psicoeducación familiar, contribuirá á instauración de formas de expresión emocional adaptativas nas adolescentes e familias afectadas.

Ansiedade Precompetitiva e Rendemento Deportivo
Autoría
L.V.F.
Grao en Psicoloxía
L.V.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar o impacto da ansiedade análise precompetitiva sobre o rendemento deportivo e examinar que factores inflúen na modulación da ansiedade precompetitiva. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica na base de datos Web of Science (WoS) das investigacións máis recentes sobre a ansiedade no contexto deportivo; concretamente, no momento anterior ao competición en diferentes deportes. Para realizar a revisión sistemática seleccionáronse 10 artigos. Os resultados indican que a ansiedade precompetitiva é un fenómeno complexo, posto que depende de diversas variables, como o tipo de deporte (individual ou colectivo), o nivel deportivo, xénero, contexto, clima motivacional e social, así como características individuais. O factor ligado principalmente á ansiedade precompetitiva é a autoconfianza, que se correlaciona inversamente coa ansiedade precompetitiva, polo que cómpre traballar a autoconfianza dos deportistas para reducir os niveis de ansiedade. O tipo de clima motivacional tamén está intimamente relacionado coa ansiedade, que demostra que o papel do adestrador e dos compañeiros no equipo ten unha grande influencia sobre o estado emocional e o rendemento dos deportistas. Finalmente, a importancia da formación dos deportistas na xestión de emocional para mellorar o teu benestar e optimizar o rendemento deportivo. Tamén convídase aos adestradores e psicólogos para que tomen conciencia da importancia de xestionar a ansiedade precompetitiva adecuadamente para proporcionar un mellor rendemento e benestar nos deportistas. Isto inclúe programas específicos e personalizados, que priorizan reforzar a autoconfianza e fomentar climas motivacionais e sociais de apoio que premien o esforzo máis que a vitoria.

Intervención psicolóxica en adolescentes e adultos novos superviventes de cancro: unha revisión sistemática
Autoría
R.V.L.
Grao en Psicoloxía
R.V.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Un diagnóstico de cancro durante a adolescencia e a primeira idade adulta representa un desafío único que afecta profundamente o desenvolvemento persoal e psicosocial das persoas que o padecen. Este estudo ten como obxectivo analizar a eficacia de diversas intervencións psicolóxicas dirixidas a sobreviventes de cancro adolescentes e adultos novos (AYA), considerando as súas características de desenvolvemento e necesidades específicas. Realizouse unha revisión sistemática de 16 estudos científicos atopados nas bases de datos MEDLINE, PsycINFO, PubMed, SCOPUS e Web of Science (WoS). Nos estudos revisados, aplicáronse diversas terapias psicolóxicas: terapia cognitivo-conductual, atención plena, terapia de aceptación e compromiso, psicoloxía positiva, terapias creativas e expresivas, coaching e terapias multimodais. A análise dos resultados obtidos confirma a eficacia de todas as intervencións terapéuticas para aliviar o malestar psicolóxico e mellorar a calidade de vida dos sobreviventes de cancro novos. Finalmente, tendo en conta as achegas proporcionadas pola literatura revisada, propoñemos, con vistas a futuras investigacións, avanzar no deseño de intervencións psicolóxicas específicas e rigorosas para sobreviventes de cancro AYA, mellorando ao mesmo tempo o acceso destes mozos aos servizos de saúde mental.

Intervencións psicolóxicas en enfermos renais crónicos: efectos sobre ansiedade, depresión e calidade de vida
Autoría
S.D.Z.V.
Grao en Psicoloxía
S.D.Z.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A depresión, a ansiedade e a baixa calidade de vida son frecuentes en persoas con enfermidade renal crónica que se atopan en hemodiálese, diálese peritoneal ou recibiron un transplante renal. Existen múltiples intervencións psicolóxicas deseñadas para abordar estas problemáticas. Esta revisión tivo como obxectivo analizar os efectos de diferentes intervencións psicolóxicas sobre os síntomas depresivos, ansiosos e a calidade de vida nesta población. Realizouse unha búsqueda sistemática nas bases de datos PubMed, PsycINFO e Web of Science, incluíndo estudios publicados entre 2015 e 2025. Seleccionáronse 20 artículos que cumprían os criterios de inclusión. Os resultados indican que diversas intervencións, como o mindfulness, a terapia cognitivo-conductual, a relaxación, a psicoeducación e os enfoques multimodais, poden mellorar a saúde mental e a calidade de vida, especialmente en pacientes en hemodiálese, onde a evidencia é máis ampla. En persoas transplantadas, aínda que os estudos son escasos, tamén se observaron beneficios, particularmente con intervencións expresivas, de psicoloxía positiva e psicoeducación. Sen embargo, a heteroxeneidade metodolóxica entre os estudos limita a xeneralización dos achados e sinala a necesidade de continuar investigando.

Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)