Mayor-Arte: Proposta de intervención basada na arteterapia para adultos maiores con Alzheimer
Autoría
B.M.C.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)

Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Máster propón un programa de intervención orixinal deseñado para adultos maiores con demencia de Alzheimer no Centro de Día AFALU, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo. A intervención combina a estimulación cognitiva con técnicas de arteterapia e tarefas duplas para promover a expresión emocional e mellorar o benestar dos participantes. O deseño do programa baséase nos beneficios da estimulación cognitiva multimodal e o valor terapéutico da arte, especialmente en situacións de demencia. Consta de 12 sesións grupais distribuídas en seis semanas nas que se alternan diferentes modalidades. As sesións teñen unha estrutura similar: orientadas á actividade con relaxación guiada ou exploración sensorial, como actividade principal, e conclúen con risoterapia. A avaliación do programa propón un deseño de proba pre-post con instrumentos validados xunto con observación cualitativa continua para detectar posibles necesidades de axuste. En canto aos resultados esperados, prevénse lixeiras melloras nas funcións cognitivas como a atención, a memoria autobiográfica, así como o estado de ánimo e o benestar xeral. Entre os puntos fortes do programa están a súa flexibilidade, replicabilidade e natureza integradora. As limitacións inclúen a dificultade para xeneralizar os resultados e a simplicidade dalgunhas das actividades. As futuras propostas de investigación poderían explorar outras modalidades de terapia artística non incluídas neste programa, como a escritura creativa ou a fotografía. Ademais, sería interesante incorporar materiais máis diversos que promovan unha maior personalización das actividades.

Dirección
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)

Coidar sen descoidarse: programa de intervención psicoeducativa para o abordaxe de síntomas conductuais e psicolóxicos nas demencias para coidadoras formais
Autoría
N.F.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
N.F.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 18:15
17.07.2025 18:15
Resumo
Os Síntomas Condutuais e Psicolóxicos da Demencia (SPCD) representan un dos principais retos no coidado das persoas maiores institucionalizadas, tanto pola súa elevada prevalencia como polo seu impacto na calidade de vida das persoas residentes e no desgaste profesional do persoal de atención directa. Esta problemática vese agravada pola falta de formación específica no abordaxe non farmacolóxico destes síntomas, así como pola carga emocional, o que pode derivar en síndrome de Burnout. Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención psicoeducativa dirixida ao persoal de atención directa da residencia Brión II, co obxectivo de mellorar o manexo dos SPCD, reducir o desgaste profesional e promover unha atención máis empática e centrada na persoa. O programa componse de doce sesións dunha hora de duración, estruturadas en dous bloques cunha pausa intermedia. Está deseñado desde un enfoque práctico e participativo, combinando breves exposicións teóricas co análise de casos reais, dinámicas grupais, role-playing e técnicas de autorregulación emocional. A avaliación do programa realízase mediante un deseño pre-post con instrumentos validados (MBI e CVS-R). Agárdase que o programa mellore a comprensión dos SPCD e beneficie tanto ao persoal como ás persoas residentes. Os resultados estimados prevén unha redución do desgaste profesional e unha atención máis humanizada na práctica asistencial diaria. Futuros traballos deberían aplicar esta proposta noutros centros e fomentar a súa inclusión nos plans formativos do ámbito residencial.

Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Tribunal
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

“Máis alá do lenzo”: o benestar emocional en adultos maiores sans ou con deterioro lixeiro a través da pintura.
Autoría
L.F.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
L.F.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 16:45
17.07.2025 16:45
Resumo
O envellecemento da poboación incrementou a necesidade de propostas que promovan o benestar emocional na vellez. Nun contexto onde as actividades nos centros de día adoitan priorizar o físico ou o cognitivo, a pintura xorde como un recurso terapéutico conpotencial de mellorar a autoestima, reducir a ansiedade e fortalecer a identidade persoal. Neste marco, o obxectivo principal deste estudo é deseñar un programa de intervención baseado na pintura para promover o benestar emocional en adultos maiores que asisten a un centro de día. Este programa de arteterapia consta de dez sesións que combinan dinámicas individuais e grupais, fomentando a cooperación, a expresión emocional e a creatividade. Para avaliar o seu impacto, utilizaranse instrumentos validados: a Escala de Benestar Psicolóxico de Ryff, a Escala de Autoestima de Rosenberg e o Inventario de Ansiedade Xeriátrica. Baseándose na evidencia revisada, espérase unha mellora significativa nas tres dimensións, xunto cun aumento da motivación, a autoeficacia percibida e o sentido de pertenza ao grupo. En conclusión, todo indica que a arteterapia pictórica non só é eficaz, senón que tamén é valorada e significativa para os adultos maiores, consolidándose como unha alternativa terapéutica accesible, motivadora e emocionalmente restauradora.

Prevención do suicidio na vellez: revisión e valoración experta para orientar o deseño dunha ferramenta de cribado
Autoría
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 10:15
18.07.2025 10:15
Resumo
O suicidio é un grave problema de saúde pública cuxa prevalencia aumentou significativamente nos últimos anos, especialmente entre as persoas maiores de 65 anos. Este fenómeno multicausal implica factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais, e presenta desafíos específicos para a súa detección e intervención. A pesar da existencia de instrumentos validados para avaliar variables como a depresión ou a funcionalidade, non existe unha escala breve e específica adaptada ás características da vellez que identifique eficazmente as situacións de risco suicida. Polo tanto, este estudo pretende sentar as bases para o desenvolvemento dunha ferramenta de cribado para esta poboación. O estudo estruturouse en dúas fases. En primeiro lugar, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica recente para identificar os factores de risco e de protección asociados ao suicidio en adultos maiores. En segundo lugar, aplicáronse elementos do método Delphi a través dun formulario especialmente deseñado, coa participación dun panel de 15 expertos en psicoxeriatría. Estes profesionais avaliaron a relevancia dos factores identificados mediante unha escala Likert de 1 a 10. Os resultados permitiron seleccionar os elementos considerados máis significativos, que servirán de base para o desenvolvemento futuro dunha escala de cribado específica. Este traballo respondeu a unha necesidade profesional e social urxente e procurou contribuír a mellorar o benestar e previr o sufrimento nunha poboación especialmente vulnerable e a miúdo invisible.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
A túa presenza, o teu maior presente: O uso do mindfulness como ferramenta para a mellora da intelixencia emocional en persoas maiores sas.
Autoría
G.R.F.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
G.R.F.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo deseñar una proposta de intervención baseada en mindfulness para a mellora da intelixencia emocional en persoas maiores. A proposta está dirixida ao alumnado de Ategal, un centro de formación permanente para persoas de 55 ou máis anos e baséase na integración de prácticas de atención plena e psicoeducación emocional. A motivación deste traballo xorde do incremento da poboación maior e das dificultades ás que se poden enfrontar para identificar, comprender e regular ás súas emocións, o que pode repercutir negativamente no seu benestar psicolóxico e polo tanto, no mantemento dun estilo de envellecemento activo e saudable. A proposta estrutúrase en sete sesión semanais, con catro sesión deseñadas a partir do modelo MBEIT (Mindfulness-Based Emotional Intelligence Training). As sesións inclúen meditacións guiadas de respiración e escoita, dinámicas grupais e actividades individuais orientadas á toma de conciencia emocional, a aceptación de pensamentos e emocións desagradables e a orientación efectiva a acción en coherencia cos propios valores. Como método de avaliación, utilizaranse diferentes escalas como o Inventario Breve de Intelixencia Emocional para Maiores (EQ-i-M20), a Trait Meta-Mood Scale (TMMS-24), a Mindful Attention Awareness Scale (MAAS), a Escala de Ansiedade de Beck (BAI) e a Escala de Depresión Xeriátrica de Yesavage (GDS). Espérase que os resultados mostren melloras significativas na capacidade de regulación emocional, conciencia emocional e habilidades de atención plena a través da práctica de mindfulness. Este programa constitúe una proposta innovadora que busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores mediante intervencións non farmacolóxicas destinadas a promover o benestar emocional.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Mindfulness adaptado para persoas maiores con demencia en centros residenciais. Unha proposta de programa de intervención.
Autoría
M.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
M.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Esta propuesta se enmarca en la creciente evidencia que respalda el uso de terapias mente-cuerpo como forma complementaria, integral y, hasta ahora pionera, de complementar el abordaje de la demencia. En el presente trabajo se presenta una propuesta de intervención grupal basada en mindfulness, dirigida a personas del entorno residencial ServiSenior Santiago con diagnóstico de demencia leve-moderada. El programa se compone de un total de 16 sesiones estructuradas a razón de dos veces por semana. En base a la evidencia científica recabada, la intervención se dirige a grupos de 5-8 personas. Mediante el mindfulness se pretende promover el bienestar emocional y la calidad de vida de las personas mayores con demencia, así como mejorar la calidad de sueño, fomentar la calma y la conexión con el presente, mejorar la atención sostenida y la memoria, la conexión social y la funcionalidad. Para ello se propone una metodología pre-post de análisis de resultados en base a una batería de tests y pruebas cualitativas

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Estimular a mente percorrendo o mundo: un taller de estimulación cognitiva basado nas sete marabillas do mundo
Autoría
S.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
S.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 17:30
17.07.2025 17:30
Resumo
O aumento da esperanza de vida trouxo consigo un incremento dos casos de demencia, o que xerou a necesidade de intervencións non farmacolóxicas eficaces que contribúan ao mantemento das capacidades funcionais e ao benestar das persoas maiores. O presente traballo é unha proposta de intervención na que se deseña un programa de intervención grupal dirixido a persoas con demencia leve ou moderada, centrado na estimulación cognitiva estruturada e adaptado desde un enfoque cultural. O obxectivo principal do traballo é favorecer a preservación do estado cognitivo -traballando funcións específicas como a memoria episódica, a atención ou a linguaxe- e promover o benestar emocional e a calidade de vida. O programa desenvólvese en sesións temáticas que integran actividades multisensoriais como a aprendizaxe mediante elementos visualmente atractivos, a evocación de recordos ou información, o coloreado de ilustracións ou a resolución de puzles visuais, todas elas adaptadas ao contexto sociocultural do grupo e seguindo un eixo temático cultural. A metodoloxía inclúe unha avaliación pre e post intervención a través dos seguintes instrumentos: o Mini-Exame Cognitivo (MEC) para o estado cognitivo global, o Test de Aprendizaxe Verbal España-Complutense (TAVEC) para a memoria verbal episódica, e as escalas SPANE e WHOQOL-BREF para medir o benestar emocional e a calidade de vida. Aplicarase tamén un cuestionario de satisfacción ao final e un rexistro de observación continua durante as sesións. Espérase que a combinación da estimulación cognitiva, un enfoque cultural, as actividades multisensoriais e o formato grupal proporcione beneficios tanto a nivel cognitivo como a nivel psicosocial en persoas maiores con deterioro cognitivo de leve a moderado.

Risco de conduta suicida en persoas maiores institucionalizadas: proposta de estudo epidemiolóxico
Autoría
I.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
I.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 09:30
18.07.2025 09:30
Resumo
O suicidio nas persoas maiores constitúe un problema de saúde pública con importantes repercusións sociais e sanitarias, especialmente no contexto de institucionalización, onde conflúen factores de risco como o illamento, a fraxilidade e a comorbilidade médica. O presente traballo propón un estudo epidemiolóxico observacional, transversal e descritivo, dirixido a identificar os determinantes sociodemográficos, funcionais, psicolóxicos e sociais relacionados co risco de conduta suicida en residentes de cinco centros Servisenior de Galicia. O obxecto desta proposta é caracterizar o perfil de risco en función da idade avanzada, dunha funcionalidade reducida, dunha peor saúde autopercibida, da sintomatoloxía depresiva e do baixo apoio social, seguindo achados previos en poboación xeriátrica. En última instancia, os resultados contribuirán ao deseño de intervencións específicas e baseadas en evidencia centradas nas persoas maiores residentes en institucións

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
“A Xubilación como un Novo Comezo: Programa Psicoeducativo para un Proxecto Xerador de Vida”
Autoría
S.M.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
S.M.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:15
17.07.2025 10:15
Resumo
O envellecemento da poboación constitúe un dos fenómenos demográficos do século XXI, a promoción da saúde e a prevención da dependencia pódese lograr a través de programas psicoeducativos que promovan o envellecemento activo e que fortalezan as competencias persoais e sociais contribuíndo ao benestar e a autonomía das persoas maiores por máis tempo. Co cesamento da vida laboral, a transición cara á xubilación representa un momento crítico no curso vital, que pode vivirse como unha perda de rol ou como unha oportunidade para redefinir o sentido de vida e os proxectos persoais. Existe ampla evidencia de que os Programas de Preparación para a Xubilación son de vital importancia para esta etapa xa que nas súas diferentes modalidades achegan ferramentas conceptuais e de desenvolvemento persoal. A proposta de intervención de Programa Psicoeducativo para un Proxecto Psicoeducativo de vida, ten como finalidade brindar ferramentas psicoeducativas que favorezan a generatividad, entendida como a capacidade de contribuír xeracións futuras e de construír un legado, promovendo así unha visión activa, creativa e socialmente comprometida desta etapa. Esta proposta esta deseñada para desenvolverse en ATEGAL, que xa son persoas que participan de diferentes propostas formativas, non obstante este programa diríxese ás persoas que estean a atravesar a etapa de xubilación e que teñan interese en participar desta proposta. O programa consta de 8 sesións, con avaliacións cualitativas ad hoc e escalas de actitudes fronte á xubilación, de benestar e de generatividad e comportamentos xenerativos, e a redacción dun proxecto xenerativo propio. Espérase que as persoas que participen poidan desenvolver o seu proxecto, achegando sentido e benestar ás súas vidas.