Ir o contido principal

Actualidade

A bioeconomía azul no espazo atlántico, un caladoiro de I+D por explorar no que pescuda o Campus Terra

O proxecto Interreg Atlantic Area BEAP-MAR, liderado polo coordinador do grupo Farmatox da USC, Luis M. Botana, e dotado cun orzamento de máis de 2,2 millóns de euros, investiga o potencial uso de cepas de microalgas, macroalgas, fungos, esponxas e outros recursos mariños para desenvolver productos de cosmética, alimentación e mesmo do ámbito da farmacoloxía con alto valor engadido

Ler máis

“O compromiso da USC é afianzar as titulacións e robustecer a I+D do Campus de Lugo”, salienta o reitor no acto de San Tomé

Antonio López reitera o “firme apoio” á sede universitaria luguesa e avanza a creación no Campus Terra dunha nova estrutura de investigación arredor da One Health para afondar na súa especialización en áreas relacionadas cos riscos ambientais, enfermidades emerxentes de orixe animal e alimentación, nutrición humana e seguridade alimentaria, no marco da cerimonia académica celebrada en Veterinaria

Ler máis

A loita biolóxica ataca o talón de Aquiles da rata toupa

Un estudo anatómico e morfofuncional do órgano vomeronasal da rata toupa desenvolvido na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC por Sara Ruiz Rubio, xunto con persoal investigador do grupo de Morfoloxía Animal (Morfan) que coordina Pablo Sánchez Quinteiro, e publicado en ‘The Anatomical Record’, avala o uso de ‘cairomonas’ de depredadores para “provocar estrés e alterar os ciclos reprodutivos deste roedor herbívoro, a fin de diminuír a súa poboación”

Ler máis

Investigadores do Campus Terra analizan compostos mariños para desenvolver novos fármacos co proxecto Combo

O grupo Farmatox da USC, que coordina o catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria Luis M. Botana, participa cun consorcio internacional de 13 socios nunha iniciativa de I+D do programa Horizonte Europa orientada a optimizar métodos e sistemas de cultivo de recursos mariños en terra e que conta cunha dotación orzamentaria de tres millóns de euros ata 2026

Ler máis

Campus Terra, unha fonte de solucións innovadoras para o sector agroalimentario

Investigadores integrados no grupo Análise Sensorial, Valoración Nutricional e Desenvolvemento de Novos Alimentos (Labtecali) da USC, que acaba de ser recoñecido como de referencia competitiva pola Xunta de Galicia, achegan a empresas e produtores do sector agroalimentario alternativas de I+D+i apropiadas para mellorar a rendibilidade e optimizar o éxito da súa actividade

Ler máis

Veterinaria estende a súa pegada á India

O grupo de Investigación en Sanidade Animal de Galicia (Invesaga) do Campus Terra da USC achega formación especializada no ámbito da sanidade animal para mellorar a capacitación de futuros profesionais da India, en virtude dun convenio entre a USC e a Universidade Sher-E-Kashmir of Agricultural Sciences and Technology de Jammu

Ler máis

Pisos esvaradíos, cubículos e corredores reducidos, eivas de benestar animal nas granxas luguesas de vacún de leite

A tese de doutoramento desenvolvida no Campus Terra da USC pola veterinaria Sonia Verdes Gil baixo a dirección de Pedro García Herradón e Luis Quintela conclúe que as superficies incómodas e as dimensións reducidas de cubículos e corredores afectan á saúde e á hixiene dos animais e diminúen a rendibilidade das explotacións na provincia de Lugo

Ler máis