Ir o contido principal

Propostas

Propostas

Información xeral

O envío de propostas de comunicacións e pósteres remata o 30 de abril de 2025 ás 23:59 h (hora de España - GMT+1).

Poderanse enviar propostas para a presentación de COMUNICACIÓNS e PÓSTERES mediante o envío do texto á seguinte dirección de correo: congreso.migraciones [at] usc.es (congreso[dot]migraciones[at]usc[dot]es)

As propostas poden redactarse en castelán, galego, portugués ou inglés e serán avaliadas polos/as membros do Comité Científico. 

Como máximo, cada proposta poderá ser firmada por tres autores/as.

Como máximo, cada autor/a poderá figurar en dúas propostas.

Todos os/as autores/as deben estar inscritos/as no Congreso.

Todas as propostas serán recollidas nun Libro de Actas (online) editado polo Servizo de Publicacións da USC.

*Nota importante: A certificación do traballo presentado expedirase a todos/as os/as autores/as inscritos/as no Congreso.

 

Liñas temáticas para propostas

  • O sistema universitario como eixo de inclusión de persoas migrantes en Europa.
  • Universidade e desenvolvemento de competencias interculturais.
  • A universidade e o debate político sobre a migración e o refuxio en Europa.
  • O Terceiro Sector e a atención a persoas migrantes e refuxiadas.
  • O estudantado e o profesorado universitario ante as migracións cara a Europa.
  • O valor engadido da Responsabilidade Social Universitaria.
  • Universidade e xestión educativa da migración e do refuxio.
  • Avaliación de políticas públicas sobre a migración e o refuxio.
  • Aprendizaxe-servizo e formación do profesorado universitario.
  • Aprendizaxe-servizo e xestión da diversidade cultural na educación superior.
  • Programas socioeducativos para a inclusión de migrantes.
  • Comunicación desde a universidade e redes sociais ante a migración e o refuxio.

 

Normas para o envío de propostas

Deberán recoller a seguinte información:

  • Título
  • Autores/as
  • Filiación (Institución ou universidade)
  • Desenvolvemento da comunicación/póster:
    • Descrición xeral da/s pregunta/s de investigación e obxectivos (ata 600 palabras)
    • Metodoloxía (ata 300 palabras)
    • Resultados e conclusións (ata 400 palabras)
    • Referencias bibliográficas (ata 300 palabras)

 

Presentación de comunicacións e pósteres

As comunicacións deberán axustarse ao tempo que determine a organización.

No caso dos pósteres, as dimensións débense adecuar a un tamaño A1 (594 x 841mm) con orientación vertical. O póster entregarase no momento do rexistro no Congreso. A organización encargarase de colocalos. Dentro do programa do Congreso haberá espazos específicos que dedicaranse exclusivamente á súa presentación. Pídese aos/ás autores/as, que durante este intervalo de tempo, estean xunto ao seu/s póster/es e poidan atender aos/ás asistentes interesados/as nos seus traballos.

*Nota importante: No caso das comunicacións presenciais e pósteres, o Comité Científico e/ou Organizador do Congreso resérvase o dereito de decidir a modalidade final de presentación.

 

Información importante

Aquelas propostas que non cumpran os requisitos establecidos serán rexeitadas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2025.