Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Estudo da evolución seguida polas principais construcións políticas do Occidente cristián
Introducción á formación e desenvolvemento das grandes construccións políticas medievais
1.- A descomposición do Imperio romano de Occidente e o xurdimento das primeiras monarquías
2.- A reaparición do Imperio en Occidente: Carlomagno e o mundo carolinxio
3.- A atomización do poder público. A crise do modelo carolinxio e o nacemento dun poder de base privada
4.- Un novo Imperio: Otón I e as orixes do Sacro Imperio Romano Xermánico
5.- O difícil triunfo das monarquías europeas: a Inglaterra normanda
6.- O difícil triunfo das monarquías europeas: a Francia Capeta
7.- O panorama hispánico: séculos X-XII
8.- A loita polo Dominium Mundi: Papado e Imperio
9.- Entre o pactismo e o regalismo: o panorama político na Europa do século XIII
10.- Guerra, fiscalidade e nación: a realeza da Europa do século XIV
11.- De cara ao nacemento dos estados modernos: o século XV
12.- O mapa político de Europa a finais da Idade Media
13.- Novas tendencias na historiografía política sobre a Idade Media
Introdución á formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais
Abulafia, D., The Western Mediterranean kingdoms, 1200-1500: the struggle for dominion, London, 1997
Barbero, A., Carlomagno, Barcelona, 2001
Bisson, T.N., La crisis del siglo XII. El poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea, Barcelona, 2010
Bois, G., La gran depresión medieval: siglos XIV-XV: el precedente de una crisis sistémica, Valencia, 2006
Boto, G. (dir.), 910-1230. Reino de León. Hombres, mujeres, poderes e ideas, León, 2010
Colás, A., Imperio, Madrid, 2009
Contamine, P., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, 1984
Diago Hernando, M., El Imperio en la Europa medieval, Madrid, 1996
Dunbabin, J., France in the Making: 843-1180, Oxford, 1985
Fossier, R., La infancia de Europa, Barcelona, 1984
González Jiménez, M., Alfonso X el Sabio, Barcelona, 2004
Guenée, B., Occidente durante los siglos XIV y XV: los estados, Barcelona, 1985
Guillot, O., Des origines à l'époque féodale, Paris, 1999
Halsall, G., Worlds of Arthur. Facts and Fictions of the Dark Ages, Oxford, 2013
Iradiel, P. – Moreta, S. – Sarasa, E., Historia medieval de la España cristiana, Madrid, 1995
La Patourel, J., Feudal Empires : Norman and Plantagenet, London, 1984
Le Patourel, J., The Norman Empire, Oxford, 1997
Martín, J.L., Las Cortes medievales, Madrid, 1989
Richardson, H.G., The English Parliament in the Middle Ages, Londres, 1981
Schramm, P.E., Kaiser Rom und renovatio : studien zur geschichtes des römischen erneuerungsgedankens von Ende des Karolingcjen Reiches bis zum investiturstreit, Darmstadt, 1957
Schramm, P.E., Las insignias de la realeza en la Edad Media española, Madrid, 1960
Valdeón, J - Herbers, K. - Rudolf, K. coordinadores, España y el "Sacro Imperio": procesos de cambios, influencias y acciones recíprocas en la época de la "europeización" (siglos XI-XIII), Valladolid, 2002
Wickham, C., Una historia nueva de la Alta Edad Media: Europa y el mundo mediterráneo, 400-800, Barcelona, 2008
- Capacidade de análise das lecturas efectuadas
- Ser capaces de desenvolver con claridade os temas nos que os alumnos teñan traballado persoalmente
- Identificar e coñecer as liñas xerais da evolución política e social europea na Idade Media
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e recensión. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
2) O traballo práctico suporá o 70% restante da cualificación total. Constará dun único traballo escrito e o tema do traballo será acordado co Coordinador da asignatura. A extensión máxima do traballo é de 15 folios. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia. O traballo entregarase en versión papel a cada un dos docentes da materia para a correspondente avaliación.
3) O traballo debe entregarse antes do día 15 de Novembro de 2019 en primeira oportunidade e o 17 de Xullo de 2020 para a segunda oportunidade
4) O sistema de avaliación é o mesmo para a primeira que para a segunda oportunidade
5) Os alumnos que dispoñan de dispensa oficial de asistencia a clase teñen que dar conta da actividade interactiva por escrito. De cada unha das interactivas deben entregar un comentario escrito dunha extensión máxima de tres follas. Para a parte expositiva da materia deberá poñerse en contacto co Coordinador para acordar un plan mínimo de lecturas
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
Estímase que cada alumno haberá de dedicar unhas 150 horas ao traballo desta materia, divididas deste xeito: 45 horas presenciais, 30 horas non presenciais dirixidas e 75 non presenciais libres
Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.
A docencia quedará repartida do seguinte xeito: José Miguel Andrade Cernadas (2 créditos), Israel Sanmartín Barros (2 créditos), Diana Pelaz Flores (2 créditos)
PLAN DE CONTINXENCIA
No caso de ser implementado o “Escenario 2: distanciamento” definido pola USC
METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
Combinarase a docencia presencial coa virtual.
1) A docencia expositiva será impartida maioritariamente de xeito virtual, a partires do emprego dos mecanismos tecnolóxicos postos a disposición pola USC: aula virtual da materia, correo electrónico, ferramenta TEAMs para conexión síncrona, etc. A gravación de vídeos coas clases expositivas por parte do profesorado para seren postos a disposición do alumnado na aula virtual complementarase coa posibilidade de impartir algunhas clases a través da ferramenta para video-conferencias e reunións TEAMS. Así mesmo, proporcionarase ao alumnado materiais bibliográficos e gráficos de apoio en formato pdf, ppt, así como enlaces a páxinas web e outros materiais audiovisuais on-line que sexan axeitados como complementos de carácter didáctico e formativo.
2) A docencia práctica interactiva será impartida maioritariamente de xeito presencial. Estas clases están pensadas cunha finalidade práctica e de participación activa do alumnado, polo que se conciben como foros de posta en común de conceptos e métodos de análise e estudo, de resolución de dúbidas, e de ampliación e clarificación de determinados aspectos abordados nas clases expositivas, tendo como marco de desenvolvemento a presencialidade na aula. Estas clases prácticas interactivas de carácter presencial constituirán un mecanismo de autoevaluación continua dos coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das clases expositivas e de avance da súa aprendizaxe autónoma.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
Manterase o desenvolvemento dunha avaliación continua integrada por dous elementos complementarios:
1) O 30% da nota final da materia corresponderá á avaliación de pequenos ensaios de reflexión, comentarios, resumos e recensións sobre cuestión diversas a partires dos materiais bibliográficos, documentais e gráficos proporcionados para tal finalidade polo profesorado, e que dun xeito sistemático haberán de ser realizados polo alumnado e entregados por escrito ao profesorado para a súa avaliación (como sistema de seguimento da aprendizaxe). Estas tarefas, que haberán de ter unha especial relevancia na súa realización e posta en común durante as clases interactivas, alternarán a realización individual coa grupal por parte do alumnado. E tamén se incluirá a posta en común e presentación oral dalgunhas destas tarefas durante estas clases interactivas presenciais.
2) O 70% da nota final da materia corresponderá á realización dun traballo individual de análise e revisión bibliográfica dun aspecto concreto da materia obxecto de estudo desta asignatura. Para iso o profesorado asesorará a cada alumno no deseño estrutural e de bibliográfica básica, e mesmo lle proporcionará materiais documentais e/ou gráficos, así como bibliográficos específicos, cos que poder desenvolver de xeito óptimo o devandito traballo. Unha vez entregado por correo electrónico no prazo fixado, o profesorado revisará e corrixirá o devandito traballo, outorgando a xusta cualificación ao mesmo.
En todas estas tarefas que haberá de realizar en entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso de ser implementado o “Escenario 3: peche das instalación” pola USC
METODOLOXÍA DA ENSINANZA:
Só se poderá desenvolver a docencia de xeito virtual.
1) A docencia expositiva será impartida exclusivamente de xeito virtual, a partires do emprego dos mecanismos tecnolóxicos postos a disposición pola USC: aula virtual da materia, correo electrónico, ferramenta TEAMs para conexión síncrona, etc. A gravación de vídeos coas clases expositivas por parte do profesorado para seren postos a disposición do alumnado na aula virtual complementarase coa posibilidade de impartir algunhas clases a través da ferramenta para video-conferencias e reunións TEAMS. Así mesmo, proporcionarase ao alumnado materiais bibliográficos e gráficos de apoio en formato pdf, ppt, así como enlaces a páxinas web e outros materiais audiovisuais on-line que sexan axeitados como complementos de carácter didáctico e formativo.
2) A docencia interactiva será impartida tamén exclusivamente de xeito virtual. Estas clases están pensadas cunha finalidade práctica e de participación activa do alumnado, polo que se conciben como foros de posta en común de conceptos e métodos de análise e estudio, de resolución de dúbidas, e de ampliación e clarificación de determinados aspectos abordados nas clases expositivas. Neste caso terán como marco de desenvolvemento as plataformas e ferramentas virtuais como TEAMS, o “foro” e outras aplicación e ferramentas de intercomunicación da aula virtual da materia, así coma o propio correo electrónico. Estas clases interactivas constituirán un mecanismo de autoevaluación continua dos coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo das clases expositivas e de avance da súa aprendizaxe autónoma.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
Manterase o desenvolvemento dunha avaliación continua:
1) O 30% da nota final da materia corresponderá á avaliación de pequenos ensaios de reflexión, comentarios, resumos e recensións sobre cuestión diversas a partires dos materiais bibliográficos, documentais e gráficos proporcionados para tal finalidade polo profesorado, e que dun xeito sistemático haberán de ser realizados polo alumnado e entregados por escrito ao profesorado para a súa avaliación (como sistema de seguimento da aprendizaxe) por medio do correo electrónico ou dos instrumentos e ferramentas que para tal finalidade están contidos na aula virtual. Estas tarefas, que haberán de ter unha especial relevancia na súa realización e posta en común durante as clases interactivas que se poidan desenvolver on-line, poderán alternar a realización individual coa grupal por parte do alumnado.
2) O 70% da nota final da materia corresponderá á realización dun traballo individual de análise e revisión bibliográfica dun aspecto concreto da materia obxecto de estudo desta asignatura. Para iso o profesorado asesorará a cada alumno no deseño estrutural e de bibliográfica básica (con especial atención ás referencias bibliográficas disponibles on-line), e mesmo lle proporcionará materiais documentais e/ou gráficos, así como bibliográficos específicos, cos que poder desenvolver de xeito óptimo o devandito traballo. Unha vez entregado por correo electrónico no prazo fixado, o profesorado revisará e corrixirá o devandito traballo, outorgando a xusta cualificación ao mesmo.
En todas estas tarefas que haberá de realizar en entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Miguel Andrade Cernadas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812614
- Correo electrónico
- josemiguel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Israel Sanmartín Barros
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812621
- Correo electrónico
- israel.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diana Pelaz Flores
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812622
- Correo electrónico
- diana.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C07 |
Martes | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C07 |
Mércores | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C07 |