Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Proporcionar aos alumnos unha visión sólida do nacemento e formación da literatura medieval, non latina, no ámbito europeo.
• Mostrar as condicións e circunstancias nas que comezan a aparecer os textos escritos en “lingua vulgar”, prestando atención ás dificultades atopadas polos escribas para representar nos moldes establecidos para o latín as novas realidades fonéticas.
• Estudar a producción literaria medieval europea desde unha óptica unitaria presentando unha serie de analoxías e diferenzas que serán analizadas de forma comparada.
• Estudar o nacemento, conformación e evolución dos principais xéneros literarios medievais (épica, lírica, narrativa e teatro).
1. Características da literatura medieval. Os primeiros textos literarios en lingua vernácula.
2. ÉPICA medieval no contexto europeo.
- Características tipolóxicas.
- A épica francesa e a Chanson de Roland
- A épica no ámbito xermánico: Beowulf, Cantar dos Nibelungos e ‘sagas heroicas’.
3. LÍRICA e poesía medieval.
- A lírica trobadoresca e as súas características. Principais líricas europeas
- Pervivencia e transformacións do trobadorismo na poesía medieval
- Petrarca e o petrarquismo europeo.
4. NARRATIVA EXTENSA medieval. O concepto 'roman'. Características tipolóxicas.
4.1. O 'roman antique'.
4.2. A ‘materia de Bretaña’ na literatura medieval europea:
- A materia artúrica en Francia.
- As adaptacións da materia artúrica no ámbito xermánico.
- A materia tristaniana na literatura francesa.
- Adaptacións da materia tristaniana no ámbito xermánico.
4.3. A narrativa alegórica: A "Divina Comedia" de Dante A., "Libro de Buen Amor" de Juan Ruíz.
5. A NARRATIVA BREVE medieval: características e evolución
-Vidas e razós
-Novas, nouvelles, lais
-Novelle: "Decameron" de Boccaccio
-Contos: El conde Lucanor de D. Juan Manuel
- Os fabliaux.
- O xénero do ‘Märe’ na literatura alemá e as súas principais tendencias.
-A narrativa breve inglesa: Chaucer e Os Contos de Canterbury.
6. Teatro medieval.
7. Literatura de viaxes.
Auerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Beltrami, P., La filologia romanza, Bologna, 2017.
Boitani, P., et alii (coords.), Lo spazio letterario del Medioevo. 2: Il Medioevo volgare, 5 vols. La produzione del testo, Roma, 1999-2002.
Brugnolo, F. – Capelli, R., Profilo delle letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Bumke, J., Courtly culture: Literature and Society in the High Middle Ages, Berkeley 1991.
Clover, Carol J./ Lindow, John (eds.), Old-Norse – Icelandic Literature: a critical guide, Ithaca, 1985.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, Madrid, 1976 (2ª reimpr.).
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, 1994.
Galván Reula, F., Literatura inglesa medieval, Madrid, 2001.
Gally, M. - Ch. Marchello-Nizia, Littératures de l’Europe médiévale (textes choisis), Paris, Magnard, 1985.
Gibbs, M.. E. - Johnson, S. M. (eds.), Medieval German Literature, New York/ London, 1997.
Greenfield, S. - Calder, D.G., A New Critical History of Old English Literature. New York, 1986.
Haug, W., Vernacular literary Theory in the Middle Ages. The German Tradition, 800-1300, in its European context, Cambridge, 1997.
Jauss, H. R. - Köhler, E. (dir.), Grundriss der romanischen Literaturen des Mittelalters, vol. I, (Généralités), Heidelberg, 1972.
Meneghetti, M.L., Le origini delle letterature medievali romanze, Bari, 1997.
Parra Membrives, E., Literatura medieval alemana, Madrid, 2002.
Pérez Priego, M. A., Teatro medieval, Madrid, Cátedra, 2009
Pulsiano, P. - Treharne, E. (eds.), A Companion to Anglo-Saxon Literature, Blackwell, 2001.
Pulsiano, P. (ed.), Medieval Scandinavia: an encyclopedia, New York, 1993.
Riquer, M. de., Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona, 1989-92, 3 vols.
Ruud, J., Encyclopedia of medieval literature, New York, 2006.
Selig, M. et alii, Le passage à l’écrit des langues romanes, Tübingen, 1993.
Suard, F., Guide de la chanson de geste et de sa posterité littéraire (XI-XV siècle), Paris, H. Champion, 2011.
Trapp, J. B. (ed.), Medieval English literature, New York, 1973.
Vàrvaro, A., Literaturas románicas de la Edad Media, Barcelona, 1983.
Wallace, D. ed., The Cambridge History of Medieval English Literature, Cambridge, 1999.
Ward, A.W. ed., The Cambridge History of English Literature, Cambridge, 1966-1969.
Zumthor, P., La lettre et la voix. De la ‘littérature’ médiévale, Paris, 1987.
Zumthor, P., La medida del mundo, Madrid, 1994.
• Coñecemento da xénese e consolidación das literaturas europeas a través dun panorama xeral da aparición dos distintos xéneros literarios.
• Información sobre os soportes materiais dos textos literarios.
• Capacidade para relacionar manifestacións literarias en linguas diferentes dada a súa matriz común, que permitirá verificar máis tarde os trazos específicos de cada tradición.
• Capacidade de análise crítica de textos literarios medievais.
As clases teóricas están dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Para as explicacións utilizaránse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos, campus virtual) oportunos.
Dado que as sesións presenciais dispoñibles non permiten tratar en profundidade todos os temas do programa, para unha parte deles facilitaranse guións e referencias bibliográficas que sirvan de guía para unha correcta contextualización dos contidos e unha aprendizaxe autónoma. As clases prácticas orientaranse á lectura e a análise de textos medievais en linguas vernáculas que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, dando a coñecer os instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos medievais (edicións, diccionarios, repertorios, bases de datos, etc.). Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, como na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común na aula. Tamén para as clases prácticas se usarán os recursos tecnolóxicos que podan ser útiles.
O alumno deberá elaborar un traballo escrito individual sobre un tema, que seleccionará da relación proposta polos docentes e que figura na guía docente ou que proporá libremente ao seu titor, quen decidirá sobre a súa viabilidade despois de reunirse cos restantes docentes da materia. A versión final do traballo deberá ser entregada en papel ao seu titor, antes do día 15 de xaneiro do 2021: data límite). As directrices para a súa redacción están detalladas ao final da guía docente da materia.
As titorías realizaranse en grupos reducidos, aos que se orientará bibliográfica e metodoloxicamente para a redacciónn dos comentarios, e individualmente para o seguimento dos traballos.
Todos os alumnos deben participar nas clases presenciais, lendo e analizando os textos que se presentan na aula e na secretaría virtual, aportando os seus comentarios e observacións persoais aos temas que presenta o profesor ou realizando comentarios de texto indicados previamente. Todos DEBERAN NECESARIAMENTE LER AS FONTES PRIMARIAS de bibliografía recomendadas antes do inicio das clases. As faltas de asistencia xustificadas serán compensadas polo alumno con comentarios de textos xa analizados na sesión correspondente da ausencia e que serán avaliados polo profesor. A asistencia será controlada polos docentes pasando lista de xeito oral ou ben a través de sinaturas.
Esta parte (asistencia, lectura, participación e realización de comentarios) suporá o 30 % de cualificación total da materia. A valoración do traballo, pola súa parte, equivalerá ao 70% restante. Data límite de entrega de traballo: 15 de xaneiro de 2021.
Os alumnos que se presenten a segunda oportunidade deberán realizar tamén un traballo monográfico sobre algún tema relacionado co programa e que previamente será acordado con algún docente (70% da nota) e terase en conta a participación activa e comentarios realizados durante o curso (30% da nota). Data límite de entrega do traballo: 15 de xuño de 2021.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia e para alumnos repetidores realizarase a través dun traballo individual, titorizado por un profesor da materia, e deberá ser entregado nas mesmas datas que as sinaladas na 1ª e 2ª oportunidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conjunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiránse en 48 de actividades formativas presenciais (o que supón o 32% do traballo total) e 27 de actividades dirixidas non presenciais.
Clases expositivas:18 (h. presenciais)+ 20 (h. tr. autónomo)= TOTAL: 38
Clases interactivas: 24 (h. presenciais)+15(h. non presenciais)+ 30 (h. tr. autónomo)=TOTAL 69
Traballo escrito:12 (h. non presenciais) + 25 (h. tr. autónomo)=TOTAL 37
Titorías: 6 (h. presenciais)
TOTAL: 48 (h. pres) + 27(h. non pres.) + 75 (h. trab. autónomo) = 150
- Boa disposición cara á lectura e ao comentario.
- Capacidade de ler en linguas diferentes, co auxilio, cando sexa posible, de edicións bilingües para as fontes primarias.
- Lectura das fontes primarias de bibliografías recomendadas na clase.
Máis información sobre a materia na guía docente (vid. apto materias na web propia).
PLAN DE CONTINXENCIA:
No caso de que a docencia presencial sexa parcial ou totalmente suspendida por peche dos centros (Escenario 2 e 3), as clases serán impartidas de forma telemática a través da plataforma Teams.
O material para o traballo e para as explicacións colgarase no Campus Virtual e farase un seguimento exhaustivo das diferentes tarefas e actividades propostas cun calendario programado que será dado a coñecer no momento en que se produzan calquera dos dous escenarios.
As canles de comunicacións e seguimento dos alumnos estableceranse a través do correo electrónico e a través dos foros contemplados no Campus Virtual.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Gonzalez Miranda
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- emilio.gonzalez.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Manuel Escourido Muriel
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Alemán, Galego | C11 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Alemán | C11 |
Mércores | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Alemán | C11 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Alemán, Galego | C11 |