Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Historia
Áreas: Filoloxía Románica, Historia da Arte, Historia Medieval
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos principais da materia son os seguintes:
1) Reforzar a formación adquirida previamente polos estudantes para afondar no estudo da historia, a arte, a lingua e a literatura medievais nas súas diferentes manifestacións, con especial atención aos aspectos metodolóxicos e/ou epistemolóxicos.
2) Capacitar os alumnos para que adquiran un bo coñecemento dos fundamentos metodolóxicos e dos procedementos de indagación, análise e interpretación máis relevantes nos ámbitos de estudo indicados no punto precedente.
3) Preparar os alumnos para manexar e utilizar as edicións críticas dos textos medievais de forma correcta.
4) Dar a coñecer aos estudantes ferramentas e técnicas básicas para acceder á actividade investigadora en cada especialidade dos estudos medievais desde unha perspectiva comparada e pluridisciplinar.
5) Habilitar ao alumnado no coñecemento e manexo de diferentes ferramentas informáticas de interese para os medievalistas.
A materia pretende aproximar os estudantes á Filoloxía, Historia e Historia da Arte como disciplinas fundamentais para o estudo e coñecemento da Idade Media, á aprendizaxe do método que define a investigación nestas áreas de estudo e á praxe e ó manexo analítico das fontes históricas, artísticas e literarias. Dada a previsible heteroxeneidade do alumnado, o grao de afondamento en cada un dos temas variará segundo os intereses dos discentes, aspecto este que será avaliado na primeira sesión do curso; do mesmo modo, os contidos poden sufrir lixeiras modificacións en función das necesidades concretas dos estudantes.
Os contidos da materia son os seguintes:
1. Fundamentos metodolóxicos e historiográficos da historia medieval.
1.1. O Concepto de Historia medieval na sociedade global
1.2. Tendencias historiográficas na historia medieval
1.3. Metodoloxía e elementos metodolóxicos en e para o estudio da historia medieval
1.4. Tipoloxías textuais para a historia medieval
1.5. As relacións entre as Novas Tecnoloxías e a historia medieval
2. Historia da Arte.
2.1 Introdución ao estado da imaxe como medio de coñecemento.
2.2 A mirada iconográfica e a interpretación: texto, imaxe e posibilidades do medio. A linguaxe das imaxes e o estatuto da representación.
2.3 A imaxe medieval: métodos de aproximación e estudo.
2.4 A imaxe como reservorio cultural: coñecemento e visión do mundo na Idade Media.
2.5 Enciclopedias e bestiarios medievais: dous casos de estudo.
3. Filoloxía e Crítica textual.
3.1. A importancia do texto como núcleo de investigación. A tipoloxía das edicións de textos.
3.2. A edición crítica. Principais correntes metodolóxicas.
3.3. Estrutura e exemplificación do proceso de edición crítica.
3.4. Da teoría á práctica: particularidades da edición de textos medievais en prosa e verso.
3.5. A edición de textos medievais e as novas tecnoloxías.
4. Análise de recursos e ferramentas informáticos
4.1. Debates sobre as Humanidades Dixitais: investigación e ensinanza.
4.2. Ferramentas para a análise textual e cultural: portais temáticos, arquivos, corpora lexicográficos, bases de datos, bibliografías, edicións, minería textual, visualizacións, anotacións, coding e xeorreferenciación.
4.3. Ferramentas para o estudo da literatura galego-portuguesa.
4.4. Ferramentas para o estudo das literaturas castelá e catalá.
1. REFERENCIAS INSTRUMENTAIS PARA UNHA METODOLOXÍA HISTORIOLÓXICA
Abeele, B. Van de-Yante, J.M. eds., “Typologie des sources du Moyen Âge Occidental” (TYP), Tournhout, Brepols, 1972-2012.
Amat, N., “El libro mudo. Las aventuras del escritor entre la pluma y el ordenador”, Madrid, Anaya&Muchnick, 1994.
Ankersmit, F.R., “Historia y tropología. Ascenso y caída de la metáfora”, México, F.C.E., 2004.
Appleby, J.-Hunt, L.-Jacob, M., “La verdad sobre la historia”, Santiago de Chile, Andrés Bello, 1994.
Aróstegui, J., "La investigación histórica. Teoría y método", Barcelona, Crítica, 1995.
Aurell, J., La escritura de la memoria: de los positivismos a los postmodernismos, Universitat de València, Valencia, 2005.
Aurell, J.; Burke, P.; Balmaceda, C. & Soza, F. Comprender el pasado. Una historia de la escritura y el pensamiento histórico, Akal, Madrid, 2013.
Aurell, J., La historiografía medieval : entre la historia y la literatura, Publicacions de la Universitat de València, Valencia, 2016.
Bardin, L., "Análisis de contenido", Madrid, Akal, 1977.
Bermejo Barrera, J.C., “Fundamentación lógica de la Historia. Introducción a la Historia Teórica”, Madrid, Akal, 1991.
Bermejo Barrera, J.C., “Introducción a la historia teórica”, Madrid, Akal, 2009.
Bresciano, A., La historiografía ante el giro digital. Reflexiones teóricas y prácticas metodológicas, Ediciones Cruz del Sur, Montevideo, 2015
Burke, P., Formas de hacer la historia, Alianza, Madrid, 1993
Canaparo, C., Geo-epistemology : Latin America and the location of knowledge, New York, Peter Lang, 2009.
Canaparo, C., Ciencia y escritura, Zibaldone, Buenos Aires, 2004
Cardona, G.R., "Antropología de la escritura", Barcelona, Gedisa, 2013.
Cardoso, C., "Introducción al trabajo de investigación histórica. Conocimiento, método e historia", Barcelona, Crítica, 2000.
Cardoso, C.-Pérez Brignoli, H., "Los métodos históricos", Barcelona, Crítica, 1999.
Carr, E.H., "¿Qué es la historia?”, Barcelona, Seix Barral, 1966.
Catroga, F., Os passos do homem como restolho do tempo: memória e fim do fim da história, Almedina, Coimbra, 2009.
Chartier, R., "El presente del pasado: Escritura de la historia de lo escrito", México, Univ. Iberoamericana, 2008.
Dosse, F., "Paul Ricoeur - Michel de Certeau. La historia / Entre el decir y el hacer", Buenos Aires, Nueva Visión, 2009.
Eco, U., “Los límites de la interpretación”, Barcelona, Lumen, 1992.
Galasso, G., “Nada más que historia. Teoría y metodología”, Barcelona, Ariel, 2001.
Godelier, M., “Lo ideal y lo material: pensamiento, economías, sociedades”, Madrid, Taurus, 1989.
Guenée, B., "Le metier d´historien au Moyen Age. Etudes sur l´historiographie medievale", Paris, Sorbonne, 1977.
Guenée, B., "Histoire et culture historique dans l´Occident Medievale", Montaigne, Aubievy, 1980.
Guerreau, A., “El futuro de un pasado. La Edad Media en el siglo XXI”, Barcelona, Crítica, 2002.
Gumbrecht, H.U., “Producción de presencia. Lo que el significado no puede transmitir”, México, Universidad Iberoamericana, 2005.
Hartog, F., Regimes of Historicity: Presentism and Experiences of Times, Columbia University Press, New York, 2015.
Jenkins, K., “¿Por qué la historia? Ética y postmodernidad”, México, F.C.E., 2006.
Judt, T., “Algo va mal”, Madrid, Taurus, 2010.
Koselleck, R., “historia/Historia”, Madrid, Trotta, 2004.
Koselleck, R., “Historias de conceptos. Estudios sobre semántica y pragmática del lenguaje político y social”, Madrid, Trotta, 2012.
Krippendorff, K., "Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica", Barcelona, Paidós, 1990.
"L´écrit dans la société médiévale. Divers aspects de sa pratique du XI au XV siècle", Paris, Editions CNRS, 1991.
Le Goff, J., "El orden de la memoria. El tiempo como imaginario", Barcelona, Paidós, 1991.
Mattoso, J., "A escrita da história. Teoria e métodos", Lisboa, Estampa, 1988.
Orcástegui, C., La historia en la Edad Media : historiografía e historiadores en Europa Occidental, siglos V-XIII , Cátedra, Madrid, 1991.
Pasamar, G., Formas tradicionales y formas modernas de la historia del presente”, Historia social”, Historia Social, No. 62 (2008), pp. 147-169.
Pasamar, G., Apologia and criticism : historians and the history of Spain, 1500-2000, Peter Lang, New York, 2010.
Petrucci, A., "La descrizione del manoscritto. Storia, problemi, modelli", Roma, La Nuova Italia Scientifica, 1992.
Pocock, J.G.A., “Pensamiento político e historia. Ensayos sobre teoría y método”, Madrid, Akal, 2011.
Pons, A., El desorden digital : guía para historiadores y humanistas, Siglo XXI, España, 2013.
Santana, J., Paradigmas historiográficos contemporáneos, Buría, Venezuela, 2005
Schmitt; J.C.-Oexle, O.G., “Les tendances actuelles de l’histoire du Moyen Àge en France et en Allemagne”, París, Pubs. de la Sorbonne, 2002.
Topolsky, J., "Metodología de la historia", Madrid, Cátedra, 1985.
White, H., “Ficción histórica, historia tradicional y realidad histórica”, Buenos Aires, Prometeo, 2010.
Zumthor, P., “La medida del mundo”, Madrid, Cátedra, 1994.
2. HISTORIA DA ARTE
BOTTERILL, S. , “The form of Dante’s Minotaur”, en Forum Italicum, 22, 1988, pp. 60-76.
CAMILLE, El ídolo gótico. Ideología y creación de imágenes en el arte medieval, Madrid, Akal, 2000.
CASTIÑEIRAS, M. A., Introducción al método iconográfico, Ariel, Barcelona, 1998.
----------------------------“A poética das marxes: Bestiario, fábulas e mundo ao revés” en SÉMATA (Profano y pagano en el arte gallego, M. A. Castiñeiras González y F. Díez Platas, coords.), nº 14, pp. 293-334, 2003
—————————“Au-delà de l’interprétation et de la surinterprétation de la sculpture romane : réflexions sur la vie et la performance des images”, Annales d'Histoire de l'Art & d'Archéologie XL, 2018, 37-68.
DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
DIEZ PLATAS, F., “El Minotauro: ¿una imagen “al pie de la letra”?, QUINTANA, nº 4, 2005, pp. 141-152
————————-“Digitum ad os tenens: el silencio del Minotauro como aviso para gobernantes”, en E. Fernández González ed., Imágenes del poder en la Edad Media. Estudios in Memoriam del Prof. Dr. Fernando Galván Freile, Universidad de León, Instituto de Estudios Medievales, tomo II, 2011,121-138.
MÂLE, É. L’art religieux du XIIe siècle en France. Étude sur les origines de l’iconographie du moyen âge, 2ª ed., Paris, 1928.
GARCÍA AVILÉS, A., "Imagen, texto, contexto" en Boletín del Museo del Prado, 17, 36, 2000, pp. 101-118)
GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
LECLERQ-MARX, J., ”Du monstre andrócephale au monstre humanisé. À propos des sirènes et des centaures, et de leur famille, dans le haut Moyen Âge et à l’epoque romane”, en Cahiers de Civilisation Médiévale. X e-XII e siècles, 45, 2002, 55-67.
-------------------”Les avatars d’un mythe antique au Moyen Âge. Thésée et le minotaure aux époques pré-romane et romane”, Actes des Journées Romanes 2007 “Actualité de l’art antique dans l’art roman”, Cahiers de Saint-Michel de Cuxa, 39, 2008, 1-17.
——————“Prototypes antiques et re-créations médiévales : le cas de quelques monstres anthropomorphes (sirènes, centaures et minotaures)”, Actes du colloque Image et prototype, Bruxelles, Université Libre de Bruxelles, URT Image et culture visuelle, 7-9 octobre 2010 (dir. Th. Lenain et J.-M. Sansterre), Degrés, 145-146, 2011, § G, p. 1-17
MORALEJO ÁLVAREZ, S.: Formas elocuentes. Reflexiones sobre la teoría de la representación. Ed. Akal. Madrid, 2004.
PALAZZO, E. Historia des livres liturgiques: le moyen age. Des origines au XIIe siècle, Paris, 1993
PALAZZO, E., L'Evêque et son image : l'illustration du pontifical au Moyen âge, Turnhout, Brepols, 1999
PANOFSKY, E./ SAXl, F., “Classical Mythology in Medieval Art,” Metropolita n Museum Studies 4, (1932-1933), 228-280.
PANOFSKY, E.: Estudios sobre iconología (1939), Trad.: Madrid, Alianza, 2008.
------------------- El significado de las artes visuales, Madrid, 1979.
--------------------Renacimiento y renacimientos en el arte occidental, Alianza Universidad, Madrid, 1981.
SAXL, F., La vida de las imágenes: estudios iconográficos sobre el arte occidental, Alianza Forma, Madrid, 1989.
SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994.
TARTARO, A., “Il Minotauro e i Centauro”, en I ‘Monstra’ nell’Inferno dantesco: tradizione e simbologie, Spoleto, 1997, pp. 161-176.
WARD, A, CONNOR, W.R., EDWARDS, R.B; TIDWORTH, The quest for Theseus, Londres 1970
WIRTH, J.: L’image Medievale. Naissance et developpements, París, 1989.
3. FILOLOXÍA E CRÍTICA TEXTUAL
Avalle, d'A. S., "Principi di critica testuale", Padova, Antenore, 1978 (2ª ed.).
Avalle, d'A. S., "La doppia verità. Fenomenologia ecdotica e lingua letteraria del medioevo romanzo", Firenze, Edizioni del Galluzzo, 2002.
Blecua, A., "Manual de crítica textual", Madrid, Castalia, 1990.
Bourgain, P.–Vielliard, F. (coords.), "Conseils pour l’édition des textes médiévaux. III. Textes littéraires", Paris, CTHS-École Nationale des Chartes, 2002.
Brambilla Ageno, F., "L'edizione critica dei testi volgari", Padova, Antenore, 1975.
Brown, M. P., "A Guide to the Western Historical Scripts from Antiquity to 1600", London, The British Library, 1993.
Cavallo, G.-Leonardi, C.-Menestò, E. (eds.), "Lo Spazio letterario del medioevo. 1, Il medioevo latino", Roma, Salerno, 1992-1998, 6 vols.
Contini, G., "Breviario di ecdotica", Milano-Napoli, Ricciardi, 1986.
Hamesse, J. (ed.), "Les problèmes posés par l'édition critique des textes anciens et médiévaux", Louvain-la-Neuve, Université Catholique de Louvain, 1992.
Huygens, R. B. C., "Ars edendi. Introduction pratique à l’édition des textes latins du Moyen Âge", Turnhout, Brepols, 2001.
Mantello, F. A. C.-Rigg, A. G. (eds.), "Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide", Washington, The Catholic University of America Press, 1996.
Orduna, G., "Ecdótica. Problemática de la edición de textos", Kassel, Edition Reichenberger, 2000.
Orduna, G., "Fundamentos de crítica textual", Madrid, Arco Libros, 2005.
Pérez Priego, M. A., "La edición de textos", Madrid, Síntesis, 1997.
Reynolds, L. D.-Wilson, N. G., "Copistas y filólogos", Madrid, Gredos, 1988.
Roncaglia, A., "Principi e applicazioni di critica testuale", Roma, Bulzoni, 1975.
Ruiz García, E., "Introducción a la codicología", Madrid, Fundación Germán Sánchez Rupérez, 2002.
Sánchez-Prieto Borja, P., "Cómo editar los textos medievales. Criterios para su presentación gráfica", Madrid, Arco Libros, 1998.
Segre, C., "Semiótica filológica (Texto y modelos culturales)", Murcia, Universidad de Murcia, 1990.
Stussi, A. (ed.), "La critica del testo", Bologna, Il Mulino, 1985.
Vieillard, F.-Guyotjeannin, O. (coords.), "Conseils pour l'édition des textes médiévaux. I. Conseils généraux", Paris, CTHS-École Nationale des Chartes, 2001.
West, M. L., "Critica del testo e tecnica dell'edizione", Palermo, L'Epos, 1991.
4. RECURSOS E FERRAMENTAS INFORMÁTICOS
Cohen, D. e Scheinfeldt, T., Hacking the academy : new approaches to scholarship and teaching from digital humanities, Ann Arbor: University of Michigan Press, 2013.
Eve, M. P., Open Access and the Humanities. Contexts, Controversies and the Future, Cambridge, Cambridge University Pres, 2014
Gardiner, E.-Musto, R. G., The Digital Humanities. A Primer for Students and Scholars, Cambridge, Cambridge University Pres, 2015
Gold, M. Debates in the digital humanities. Minneapolis: Univ of Minnesota Press, 2012
Gold, M. e Klein, F. Debates in the digital humanities 2016, Minneapolis: Univ of Minnesota Press, 2016.
Gold, M. e Klein, F. Debates in the digital humanities 2019, Minneapolis: Univ of Minnesota Press, 2019.
Leonardi, L. (ed.), "Testi, manoscritti, ipertesti. Compatibilità informatica e letteratura medievale. Atti del Convegno Internazionale (Firenze, Certosa del Galluzzo, 31 maggio - 1 giugno 1996)", Firenze, Sismel, 1998.
Lucía Megías, J. M., "Literatura románica en Internet. Los textos", Madrid, Castalia, 2002.
Lucía Megías, J. M.-Vargas Díaz-Toledo, A. (coords.), "Literatura románica en Internet. Las herramientas", Madrid, Castalia, 2006.
Moretti, F., Graphs, Maps, Trees: abstract models for a literary history, Nova York: Verso.
Pierazzo, E., Digital Scholarly Editing. Theories, Models and Methods, London, Routledge, 2015.
Seminario de Historia Medieval, "Aragón en la Edad Media. Pescar o navegar. La Edad Media en la red. Sesiones de trabajo", Zaragoza, Universidad, Departamento de Historia Medieval Ciencias y Técnicas Historiográficas y Estudios Arabes e Islámicos, 2004.
Schreibman, S.-Siemens, R.-Unsworthusan, J. (eds.), "A Companion to digital humanities", Oxford, Blackwell, 2004.
1) Coñecemento da tipoloxía e casuística das fontes históricas, artísticas, lingüísticas e literarias, o seu adecuado tratamento, a súa inserción nos contextos respectivos e as distintas posibilidades que ofrece a análise sistemática destas fontes no ámbito investigador.
2) Coñecemento das posibilidades metodolóxicas e dos novos enfoques que se poden empregar no ámbito dos estudos medievais.
3) Capacidade para empregar na investigación unha serie de procedementos instrumentais e de ferramentas técnicas e bibliográficas indispensables para o estudo e coñecemento da Idade Media.
4) Capacidade para establecer contactos con outras disciplinas que teñen como obxecto de estudo a Idade Media e parar reflexionar sobre a necesidade de aproximarse a este período histórico desde un punto de vista comparatista e pluridisciplinar.
5) Coñecemento dos principais métodos para a recuperación e a edición dos textos medievais, e adquisición da metodoloxía para realizar e utilizar as edicións críticas.
6) Habilidade no manexo de fontes de información en soporte electrónico que permitan obter datos primarios e secundarios para levar a cabo a investigación en cadansúa área de estudo.
*A METODOLOXÍA AQUÍ RECOLLIDA SÓ SERÁ APLICABLE NO CASO DE QUE A DOCENCIA (EXPOSITIVA E INTERACTIVA) TEÑA CARÁCTER PRESENCIAL. PARA A DOCENCIA MIXTA OU VIRTUAL, VÉXASE O APARTADO DE OBSERVACIÓNS.
O desenvolvemento da materia terá dúas vertentes: actividades formativas presenciais e actividades formativas non presenciais.
1) As actividades formativas presenciais serán as seguintes:
(a) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Estas sesións serán impartidas polos profesores, que solicitarán nas exposicións a participación activa do alumnado. Para as explicacións empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
(b) Clases prácticas dedicadas á lectura e comentario de textos, á realización de exercicios en que se apliquen os métodos e conceptos estudados e á análise práctica de diferentes ferramentas informáticas e recursos electrónicos. As clases serán orientadas polos profesores e contarán coa participación dos estudantes. As clases interactivas correspondentes aos contidos sinalados no epígrafe 2.4 terán lugar no Arquivo da Catedral de Santiago.
(c) Titorías en grupos reducidos e individualizadas, nas que se ofrecerá aos estudantes orientacións para o seguimento da materia e para afondar nos contidos estudados, así como apoio bibliográfico e metodolóxico que axude na asimilación dos contidos.
2) As actividades formativas non presenciais inclúen:
(a) Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organizará de forma persoal e libre, e que debe de servir para a correcta adquisición e asimilación dos contidos das sesións presenciais. Este traballo debe incluír, entre outras cousas, a lectura razoada das notas tomadas na aula, a selección de material bibliográfico que axude na comprensión dos contidos ou o adestramento no manexo das correspondentes ferramentas informáticas.
(b) Preparación dun traballo individual, que se entregará por escrito na data indicada no seguinte apartado, e que poderá consistir na recensión crítica dalgún capítulo de libro ou dalgúns artigos relevantes, no estudo e valoración dalgunha fonte histórica ou artística, no ensaio de edición dalgún texto breve, na aplicación dos conceptos filolóxicos á edición crítica dun texto ou na selección de recursos informáticos acaídos aos contidos da materia (extensión máxima: 15 folios).
VER OBSERVACIÓNS
Todos os alumnos deberán participar obrigatoriamente nas clases presenciais e tomar parte activa nas actividades desenvolvidas nas mesmas, xa que as sesións se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos da materia. No sistema de avaliación, a participación activa e continuada en todas as actividades suporá o 30% da cualificación total. A este respecto, cómpre subliñar que os docentes valorarán a pertinencia e a calidade de todas as intervencións do alumno.
A asistencia ás clases verificarase mediante a sinatura do estudante; calquera ausencia deberá ser debidamente xustificada diante dos profesores, e, no caso de que as ausencias xustificadas superen as 2 horas, o estudante deberá acordar co profesor correspondente algunha actividade compensatoria, para que se lle poida ter en conta no proceso de avaliación.
O traballo individual ao que se fai referencia no apartado precedente suporá o 70% restante da cualificación total. Nel valoraranse, por unha parte, a claridade e organización da exposición (30% da cualificación total), e, por outra, a calidade e a pertinencia dos contidos (70% da cualificación total). DATA DE ENTREGA: 14 de xaneiro de 2022. MODO DE ENTREGA: por correo electrónico dirixido ao correo institucional de cada un dos docentes da materia.
Se o estudante non supera a avaliación continua na 1ª oportunidade, deberá realizar para a 2ª oportunidade un traballo monográfico orientado por calquera dos docentes da materia. DATA DE ENTREGA: 6 de xuño de 2022. MODO DE ENTREGA: por correo electrónico dirixido ao correo institucional de cada un dos docentes da materia.
No caso de alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás clases, o sistema de avaliación consistirá exclusivamente (100% da cualificación) na recensión de 1 lectura especializada por cada un dos bloques temáticos (é preciso que a/o estudante contacte con cada un dos profesores, que poderán dar as instrucións oportunas) e da elaboración dun traballo individual acordado previamente coa coordinadora da materia. Este traballo será valorado cos mesmos criterios que se lle aplicarán aos alumnos ordinarios. A data límite de entrega será o 14 de xaneiro de 2022 para a 1ª oportunidade de avaliación e o 6 de xuño de 2022 para a 2ª oportunidade. MODO DE ENTREGA: por correo electrónico dirixido ao correo institucional de cada un dos docentes da materia.
Os estudantes que repitan a materia poderán tamén acollerse ao sistema de avaliación previsto para os alumnos con dispensa oficial de asistencia, sempre que así o concerten cos docentes ao inicio do cuadrimestre.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
VER OBSERVACIÓNS
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo obrigatorio dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuíranse en 48 horas de actividades formativas presenciais (o que supón o 32% do traballo total) e 27 horas de actividades dirixidas non presenciais.
A distribución das actividades descritas no apartado de metodoloxía da ensinanza en horas de traballo do alumno será a seguinte:
1) Clases expositivas: 18 horas presenciais e 36 horas non presenciais.
2) Clases prácticas-interactivas: 24 horas presenciais e 48 horas non presenciais.
3) Titorías en grupo reducido: 6 horas presenciais e 18 horas non presenciais.
Para un bo seguimento da materia é conveniente ter as seguintes aptitudes:
-Capacidade para delimitar determinados conceptos específicos e para a reflexión epistemolóxica.
-Capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira.
-Coñecementos básicos de informática.
-Motivación e capacidade de traballo.
A impartición dos contidos da materia será distribuída entre os profesores da seguinte maneira:
1) Profesor Israel Sanmartín Barros (Historia Medieval): 2 créditos; contidos do apartado 1 e 4.
2) Profesora Fátima Díez Platas (Historia da Arte): 2 créditos; contidos do apartado 2 e 4.
3) Profesora Débora González Martínez (Filoloxía Románica): 1 crédito; contidos do apartado 3.
4) Profesor Juan M. Escourido Muriel (Filoloxía Románica): 1 crédito; contidos do apartado 4.
Consúltese a Guía Docente da materia na páxina web do Máster: http://www.usc.es/filrom/teaching/master/
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA E AVALIACIÓN
I.- Escenario 2: Distanciamento
O sistema de avaliación non variará respecto do empregado na docencia con presencialidade física (escenario 1). No caso de que unha parte das sesións expositivas se teñan que impartir de maneira virtual os estudantes seguirán as clases con mecanismos síncronos a través das plataformas institucionais postas a disposición pola USC. Polo que respecta ás clases interactivas, un mínimo do 50% desenvolverase de maneira presencial. A asistencia a clase é obrigatoria e pasarase control de asistencia.
Os profesores facilitarán ás/aos estudantes materiais de aprendizaxe tanto para complementar os contidos das clases expositivas como para a realización das tarefas interactivas e do correspondente traballo monográfico. As actividades das sesións interactivas fixaranse conforme a un calendario flexible establecido polos docentes en función da progresión acadada nos contidos das clases expositivas. En calquera caso, os profesores da materia promoverán e controlarán mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado. Neste escenario, as titorías poderán ser atendidas preferentemente mediante os medios telemáticos habilitados pola USC. O traballo escrito deberá ser subido á aula virtual e enviado tamén por correo electrónico dirixido ao enderezo institucional de cada un dos profesores da materia (DATA DE ENTREGA: 14 de xaneiro de 2022).
II.- Escenario 3: Peche das instalacións
A metodoloxía de ensino será totalmente virtual e desenvolverase de modo síncrono a través das plataformas institucionais postas a disposición pola USC. O sistema de avaliación será o indicado no Escenario 2. A asistencia a clase ten carácter obrigatorio e pasarase control de asistencia.
• OUTRAS INFORMACIÓNS RELEVANTES PARA O SISTEMA DE AVALIACIÓN NOS ESCENARIOS 2 e 3
1) Na segunda oportunidade, a avaliación efectuarase exclusivamente a través da elaboración de 1 traballo monográfico, que se subirá á aula virtual e que tamén deberá ser enviado por correo electrónico dirixido ao enderezo institucional de cada un dos profesores da materia.
2) Os estudantes con dispensa de asistencia a clase serán avaliados a través da recensión de 1 lectura especializada por cada bloque temático (contactando previamente a cada profesor) e de 1 traballo monográfico (acordado previamente coa coordinadora), que serán entregados nas datas establecidas para cada oportunidade.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria De Fatima Diez Platas
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Israel Sanmartín Barros
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812621
- Correo electrónico
- israel.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Manuel Negri
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- m.negri [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C07 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | C07 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C07 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | C07 |