Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | (Si)
-A materia está pensada para dotar aos estudantes de ferramentas para investigar en Historia rural e poder construír unha explicación histórica do presente do mundo rural: baleirado, abandonado, deprezado e desordenado.
- Coñecemento complexo do pasado agrario contemporáneo para unha análise crítica do presente agrario e rural, dende: 1) Pensar historicamente os problemas actuais identificando no longo prazo os problemas estruturais do mundo rural do presente. 2) Identificar no pasado da agriculturas orgánicas solucións sustentabeis de futuro, na liña dunha historia aplicada.
-Achegamento á historiografía ambiental relacionada co mundo rural e á agroecolóxica. Coñecer a historiografía, teoría e conceptos para coñecer e interpretar os procesos de cambio tecnolóxico, do punto de vista ambiental.
-A Historia agraria como coevolución da sociedade e da natureza ao longo do tempo.
-Fontes e métodos para a investigación en Historia agraria/rural: escritas, orais, gráficas, etnográficas, cartográficas...
-Análise comparada dos modelos de desenvolvemento agrario, no tempo e no espazo: a agricultura orgánica intensiva anterior ata a 2ª guerra mundial e a revolución verde, atendendo ao gonzo entre os dous períodos para explorar o carácter modernizador dos fascismos e a súa influencia no modelo post-1945
-A Historia como un saber útil; aproximación a unha Historia aplicada: ineficiencia do modelo actual e busca de propostas sostibles no coñecemento das formas de manexo das agriculturas orgánicas.
-Coñecementos das sociedades campesiñas e as súas diversidades de xénero, sociais, económicas e culturais.
1.- Presentación: que sabemos e que cremos saber sobre o mundo rural. Clase práctica fora da aula
a) Tópicos e prexuizos na memoria e a historiografía: progreso e redescubrimento da natureza.
b) Fontes escuras para coñecer o mundo rural: Veciños de Pontedeva.
2.- As sociedades rurais contemporáneas ss. XIX-XX: riscos xerais da súa evolución.
3.- Introdución ás fontes e os métodos para a Historia rural (no Curso xeral)
4.- Historia do proceso de cambio tecnolóxico na agricultura orgánica intensiva europea. Paradigmas do cambio tecnolóxico. Galiza 1880-1940: modelo orgánico intensivo
5.- Fascismos e autarquía: procesos, paradigmas e modelos históricos de progreso agrario.
6.- A Revolución verde: mecanismos de implantación e consecuencias actuais.
7.- A ollada ambiental e a Historia aplicada: sustentabilidade e futuro da agricultura orgánica innovadora con aplicación da ciencia.
-D. Worster (1990) “Transformations of The Earth: Toward an Agroecological Perspective in History”, Journal of American History, 76,4, pp.1087-1106/+ W.Cronon.
-Rolf Peter Sieferle (2001): “Qué es la historia ecológica?” in González de Molina y Martínez Alier (eds): Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria, pp. 31-54.
-J. R. McNeill (2000): Algo nuevo bajo el sol. Historia Medioambiental del mundo en el siglo XX. Madrid, Alianza Ed.
-Stuart McCook (2002), States of Nature. Science, Agriculture and enviromment in the Spanish Caribbean. 1740-1940, Austin. University of Texas Press.
-N. Köning (1994): The failure of agrarian capitalism, London Routledge.
-M. González de Molina, J. Infante y A. Herrera (2014) “Cuestionando los relatos tradicionales: desigualdad, cambio liberal y crecimiento agrario en el Sur peninsular (1752-1901)”, Historia Agraria, nº 63 pp
-Soto. D (2015) Del manejo multifuncional del territorio a la desarticulación productiva: cambios en los flujos de biomasa durante el proceso de industrialización de la agricultura gallega (1960-2012). Documento de Trabajo. SEHA (en liña)
- E. Corbelle & R. Crecente (2014) “Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe agraria de Galicia, 1985-2005”, Revista Galega de Economía, 23-1 pp. 35-52
-Carral E. e Carreira X. C. (2014), O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego, Santiago de Compostela Através Editora,
-------------------------- ------------------------ --------------------------------------
G. Federico (2011): Breve Historia Económica de la Agricultura. Zaragoza, SEHA, Monografías de Historia Rural, 8.
-R. Garrabou (2010). Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria, Barcelona. Crítica. (LFP&DS “El Atlántico no es el Mediterraneo...”)
-J. Pujol et ali (2001): El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea, Barcelona, Crítica.
-L. Fernández Prieto (2000) Terra e progreso. Hª Agraria da Galicia contemporánea. Vigo. Xerais. (tm en Dubert (2017) Historias das Historias de Galicia...
- (2007): El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX, Valencia, Tirant Lo Blanc.
-J. Pan-Montojo & Miguel Cabo (2014) Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945, Turnhout, Brepols.
- & Daniel Lanero (2016); “Technology Policies in dictatorial contexts: Spain and Portugal” C. Martin, J. Pan-Montojo & P. Brassley Agriculture in Capitalist Europe, 1945-1960,pp. 165-184.
-Brassley, Segers and Van Molle (2012). War, Agriculture and food. Rural Europe form the 1930s to the 1950s, London. Routledge.
-Historical Studies in the Natural Sciences. 40,4, 2010 (Agriculture, genetics, fascisms).
-Competencia para analizar procesos de cambio tecnolóxico nas agriculturas europeas contemporáneas; os diferentes modelos históricos.
-Capacidade para buscar, seleccionar e tratar bibliografía especializada.
-Manexo de sites de internet para afondar e traballar con estes contidos.
-Capacidade de realizar, expoñer e discutir publicamente un traballo académico.
-Coñecemento e manexo de fontes e métodos para a Historia rural.
-Coñecer as técnicas de interpretación e reconstrución de paisaxes agrarias.
-Coñecemento das lóxicas da paisaxe e a súa explicación histórica
Fundamental:
-Clases prácticas de campo.
-Leitura, discusión e debate de materiais: fontes, textos, artigos...
Presentación dos 3/4 primeiros apartados polo profesor na aula, traballo dos alumnos con leituras seleccionadas e discusión cos alumnos + (na) práctica de campo.
-Preparación polos alumnos, en parellas, dun traballo monográfico sobre os contidos dos temas 4/5-7 aplicando os coñecementos adquiridos e presentación pública seguida dunha discusión crítica co profesor.
Temas para os traballos: 1) Os problemas do mundo rural no presente: visións dende a Historia Agraria 2) Modelo histórico de agricultura orgánica en Galicia (agricultura orgánica avanzada e cambio tecnolóxico); 3) Innovación e cambio tecnolóxico: Revolución verde e agricultura actual; 4) Fascismos e políticas agrarias: o peso do pasado; 5) Campesiñado, conflitos e movementos sociais; 6) O monte no sistema orgánico galego; 7) outras opcións a deseñar.....
Presentación, discusión e defensa do traballo: 50%
Asistencia e participación aulas, debates de seminario e práctica de campo: 50%
Para coñecer e saber, ler e debater será a fórmula neste curso.
* IMPORTANTE: A inasistencia sen xustificar a dúas ou máis sesións presenciais ou incumprimento reiterado e constatado de preparación de textos e traballos impedirá obter o aprobado.
Carga de traballo: Horas totais estimadas de traballo do estudante: 125
5 ECTS, Optativo
Hrs. Presentación do profesor e discusión en seminario 20
Hrs. Prácticas, presentacións estudantes e discusión: 25
Hrs. traballo persoal (preparación de traballos): 80
(carga traballo alumnado: 125-150 hs/curso: 20-30 hs. clases e seminarios, 70-95 hs. leituras fontes primarias e secundarias (400-700pp.), 30 hs. preparación traballo e presentación.)
Organización práctica do curso
- 1 sesión de campo
- 2 Sesións de setembro, 2 de outubro adicadas presentación temas, discusión textos
- Práctica de campo: Caurel: Paisaxe agraria e historia oral. Condicións físicas da produción agraria; agricultura orgánica histórica e monte en Galicia
- Preparación de traballos: finais de outubro a mediados de novembro
- Seminario Internacional sobre Paisaxes rurais, de asistencia optativa, en novembro.
- Presentación, discusión e defensa traballos dende finais de Novembro.
- Sesión final de balance e conclusións decembro
Gañas e disposición.
Adaptarase a presencialidade e os traballos ás dúas fases de continxencia previstas, en diálogo cos estudantes:
usando Teams e materiis en rede para seguir a actividade e sen modificar a lóxica da avaliación.
Lourenzo Fernandez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812578
- Correo electrónico
- lourenzo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade