Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Dermatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Iniciación a la investigación biomédica ocúpase de sentar as bases necesarias para a realización da investigación dirixida ao estudo das enfermidades que afectan a o ser humano.
Mediante o estudo da materia pretendemos que os alumnos poidan planear e desenrolar un proxecto básico de investigación de acordo coas normativas éticas, legais e científicas elementais.
Programa da materia:
Clases expositivas:
1.- O método científico: Introducción. Formulación e elaboración de hipóteses. Construcción de leis, teorías e modelos. Causalidade.
2.- Investigación epidemiolóxica e clínica (1): Estudios experimentais. O ensaio clínico. Concepto e tipos.
3.- Investigación epidemiolóxica e clínica (2): Estudos observacionais. Concepto e tipos.
4.- Medicina baseado nas probas. Aspectos cuantitativos do razoamento médico. Revisións sistemáticas e meta-análises.
5.- O consentimento informado na investigación en humanos e a mala conducta na investigación científica
6.- Investigación básica (1). Modelos experimentais. Modelos in vitro. Modelos animais en investigación biomédica.
7. Investigación básica (2). Técnicas en investigación biomédica.
8.-Investigación básica e aplicacións. Investigación en bases moleculares e celulares das enfermidades.
9.- Estructura dun artigo de investigación biomédica. Cimo lear un artigo de investigación.
10.- Papel da estatística na investigación biomédica (1): Análise dos resultados.
11.- Papel da estatística na investigación biomédica (2): A súa aplicación nos diferentes tipos de investigación.
12.- Papel da estatística na investigación biomédica (3): A súa aplicación nos diferentes tipos de estudos.
13.- Papel da estatística na investigación biomédica (4): A súa aplicación es aspectos concretos. Probas diagnósticas.
Clases Interactivas Seminario:
1.- Medida dos resultados de investigación. Índice de impacto, índice H, outros índices.2. -Exemplos prácticos de consentimento informado e exemplos de mala conducta na investigación científica.
3.- Tipos de estudos: exemplos de Cimo contestar a una pregunta de investigación. O exemplo do radón residencial
4.- Aplicacións e interpretación dos resultados das técnicas básicas en investigación biomédica.
5.- Análises e aplicacións dos modelos animais en investigación biomédica.
6.- A investigación biomédica como profesión. A carreira de investigación. A tese doutoral e o doutoramento. A investigación e o exercicio da medicina clínica. Financiamento da investigación.
7.- Centros de Investigación biomédica. Laboratorios de investigación.- no laboratorio (virtualmente) cos seus investigadores.
Temario de Clases Interactivas Laboratorio
1.- Software: bases de datos.
2.- Software: paquetes estatísticos.
3.- Exemplo de aplicación de técnicas estatística en investigación.
Para cada tema, o profesorado proporcionará as recomendacións pertinentes sobre a bibliografía a tratar.
Entre as competencias que pretende desenvolver esta materia atópanse desde un punto de vista xenérico da titulación:
1.- Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
2.- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
3.- Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
As competencias específicas a alcanzar con esta materia son:
1.- Manexar con autonomía un computador persoal e as aplicacións informáticas máis habituais no campo da biomedicina.
2.-Coñecer os principios do método científico, a investigación biomédica e o ensaio clínico.
3.- Coñecer os modelos e técnicas de experimentación biomédica básica.
4.- Interpretación básica de resultados experimentais
5.- Coñecer e manexar os principios da medicina baseada na (mellor) evidencia (medicina baseado nas probas).
6.- Ser capaz de por en contexto o índice de impacto, índice H e outros indicadores de investigación.
Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado exporá os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar nos exercicios ou problemas que se plantexen. Sobre o material para o seguemento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario. A docencia terá lugar nas aulas establecidas na programación docente da Facultade de Medicina. As titorías estarán destinadas ó seguemento do aprendizaxe do alumnado.
Os alumnos poderán plantexar dúbidas de forma presencial (se a situación o permite) ou virtual, neste último caso de forma síncrona ou asíncrona cos profesores da asignatura.
IMPORTANTE: O peso do exame pode ser do 70 ou do 100% en función dos escenarios de docencia. O peso da avaliación continua pode ser do 30 ou do 0% en función dos escenarios de docencia.
A avaliación será a seguinte para a primeira oportunidade.
Exame: A adquisición dos coñecementos impartidos nas distintas clases será avaliado mediante unha proba escrita de tipo test, con 60 preguntas mais ou menos proporcionais aos temas dados. Para superar a materia será preciso superar esta proba escrita. Para superar a proba escrita será preciso obter o 65% ou máis dos puntos posibles. O peso da devandita proba escrita poderá representar entre un 70 e un 100% da nota final, dependendo dos escenarios de docencia.
Avaliación continua: podería representar ata un 30% da nota final, sempre que se supere a proba escrita:
Poderase computar a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos. Poderase facer un test ó final dos seminarios ou das clases expositivas presenciais ou a través da aula virtual. A aprendizaxe do manexo dos programas informáticos poderá ser avaliada a partir da documentación entregada polo alumno (informes) e/ou presentacións realizadas e as habilidades e actitudes mostradas durante a súa participación nas prácticas de computador.
Neste apartado valoraranse tamén a adquisición de competencias informacionais para o que o alumno deberá realizar o curso ofertado ao respecto en colaboración coa biblioteca e as probas que se deriven do mesmo.
O curso ten o seguinte nome: CURSO BÁSICO EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN, é un curso en liña aloxado no Campus virtual da USC. O alumnado adquirirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construír a partir dela novos coñecementos. Ademais aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que o que se empregase na convocatoria anterior. No caso de non superarse a materia estas cualificacións serán mantidas, sempre que o alumno así o pida, durante os dous anos posteriores.
A realización das probas de avaliación continua cualifica o alumno, excepto se soamente se conta ca nota derivada do curso básico en competencias en información, en este caso se considerará non presentado.
Para obter a nota final sumaranse as notas do exame e a avaliación continua sempre que se supere a proba do exame. Se non e así a nota final será a nota obtida no exame, cero se non hai nota de exame aínda que se acadase a avaliación continua.
Para a segunda oportunidade poderase empregar o mesmo sistema de cualificación empregado na primeira oportunidade ou substituílo por un exame oral con algún dos profesores da asignatura, que terá o mesmo peso na avaliación que o exame tipo test. Neste caso manterase a nota acadada na avaliación continua, no caso de que se fixera dita avaliación ó longo do curso.
Estudo persoal diario utilizando a bibliografía recomendada e as notas persoais.
Utilizar as horas de titorías e afacerse a preguntar todas as dúbidas que vaian xurdindo.
O tempo que cada alumno debe de dedicar ao estudo da materia, dependerá do interese e a propia capacidade e é responsabilidade de cada un. Debería de reservar polo menos 1 hora ao día para o estudo do explicado nas clases teóricas ou nas prácticas clínicas. As horas de preparación do exame dependerán da capacidade e do alumno.
Os complementos formativos son esenciais para a conclusión do período de formación investigadora dos estudantes de doutoramento, polo que se lles debe prestar atención prioritaria. Só se recomenda no caso de que a CAPD as considere necesarias para cada caso concreto.
Plan de continxencia:
A partir do acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020, que regula as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, recomendase introducir algunhas modificacións nas estratexias de ensino e canles de comunicación entre docentes e estudantes que minimicen o posible impacto que poida ter un novo brote da COVID-19.
En previsión de posibles escenarios, establécense as seguintes disposicións na metodoloxía de ensino e no sistema de avaliación:
No escenario 1, nas sesións de docencia expositiva, o profesorado exporá os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar nos exercicios ou problemas que se plantexen. Sobre o material para o seguemento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario. A docencia terá lugar nas aulas establecidas na programación docente da Facultade de Medicina. As titorías estarán destinadas ó seguemento do aprendizaxe do alumnado.
No escenario 2, manteranse presenciais as clases expositivas e interactivas sempre e cando se cumpran as condicións requiridas. Se non fose posible impartir as clases expositivas en aula grande, pasarían a ser non presenciais. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC ou por outros medios virtuais que estableza o profesorado da asignatura. Se non fose posible manter presenciais os seminarios, pasarían a ser non presenciais. Se non fose posible impartir as clases prácticas de estatística de xeito presencial, pasarían a ser non presencias proporcionando o material docente adicional necesario a través do Campus Virtual. O material tamén estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os alumnos poderán usar o campus para plantexar calquera dúbida.
No escenario 3, toda a docencia sería non presencial. Os medios empregados neste caso serían os xa expostos no escenario 2.
En tódolos escenarios os alumnos poderán plantexar dúbidas de forma presencial (se a situación o permite) ou virtual, neste último caso de forma síncrona ou asíncrona cos profesores da asignatura.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación.