Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 29 Clase Interactiva: 10 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral é adentrarnos na comprensión dalgúns aspectos centrais do comportamento humán (emocións, motivación, aprendizaxe, memoria) dende as perspectivas que nos ofrecen as denominadas neurociencia condutual, neurociencia cognitiva e neurociencia afectiva. Ademais, plantexaranse algúns obxectivos de carácter transversal orientados ao logro de determinadas competencias.
1. Introdución á Neurociencia Condutual, Cognitiva e Afectiva.
2. Fundamentos de técnicas e procedementos de estudo das bases neurais dos procesos cognitivos e conductuais
3. Psicobioloxía da aprendizaxe e memoria
4. Bases fisiolóxicas das emocións e as motivacións.
5. Da investigación animal á investigación humana.
Bibliografía básica:
Carlson, N. (2014). Fisiología de la Conducta. Barcelona. Editorial Pearson.
Bibliografía complementaria:
Arnsten, A.F.T. (2009). Stress signalling pathways that impair prefrontal cortex structure and function. Nature Review Neuroscience, 10, 410-422.
Bear, M.F., Connors, B.W., Paradiso, M.A. (2008). Neurociencia: La exploración del cerebro. Barcelona: Wolters Kluwer.
Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología. Madrid: Pirámide.
Carretié Arangüena, L. (2016). Anatomía de la mente: emoción, cognición y cerebro. Madrid: Pirámide.
Dolan, R.J. (2002). Emotion, Cognition and Behavior. Science, 298, 1191-1194.
Eichenbaum, H. (2003). Neurociencia cognitiva de la memoria. Barcelona: Editorial Ariel.
Friston, K.J. (1997). Imaging cognitive anatomy. Trends in Cognitive Sciences, 1, 21-27.
Gluck, M.A., Mercado, E., Myers, C. (2008). Learning and memory: From brain to behaviour. New York: Worth Publishers.
Kandel, E.R., Schwartz, J.H.E., Jessell, T.M. (2001). Principios de neurociencia (4ª Ed). Madrid: McGraw Hill/Interamericana.
Kolb, B., Wishaw, I.Q. (2006). Neuropsicología humana. Buenos aires: Editorial Médica Panamericana.
Lane, R.D., Nadel, L. (2000). Cognitive neuroscience of emotion. Oxford: Oxford University Press.
LaBar, K.S., Cabeza, R. (2006). Cognitive neuroscience of emotional memory. Nat Rev Neurosci, 7, 54-64.
LeDoux, J.E. (1999). El cerebro emocional. Barcelona: Ariel.
Luck, S.J., Vogel, E.K. (1997). The capacity of visual working memory for features and conjunctions. Nature, 390, 279-281.
Phelps, E.A. (2006). Emotion and cognition: insights from studies of the human amygdala. Annu Rev Psychol, 57, 27-53
Phelps, E.A., LeDoux, J.E. (2005). Contributions of the amygdala to emotion processing: from animal models to human behaviour. Neuron, 57, 175-187.
Pinel, P.J. (2006). Biopsicología (6ª Ed.). Madrid: Pearson.
Purves, D., Brannon, E.M., Cabeza, R., Huettel, S.A., LaBar, K.S., Platt, M.L., Woldorff, M.G. (2008). Principles of Cognitive Neuroscience. Sunderland, Mass. : Sinauer Associates.
Redolar, D. (2014). Neurociencia Cognitiva. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Reisberg, D., Hertel, P. (2004). Memory and Emotion. Oxford, U.K.: Oxford University Press.
Rosenzweig, M.R., Breedlove, S.M., Watson, N.V. (2005). Psicobiología: Una introducción a la Neurociencia Conductual, Cognitiva y Clínica. Barcelona: Ariel.
Rudy, W. (2008). The Neurobiology of Learning and Memory. Sunderland, Mass.: Sinauer Associates.
Savoy, R.L. (2001). History and future directions of human brain mapping and functional neuroimaging. Acta Psychologica, 107, 9-42.
Uttal, W.R. (2001). The new phrenology: The limits of localizing cognitive processes in the brain. Cambridge, MA: MIT Press.
Zani, A., Proverbio, A.M. (2003). The cognitive electrophysiology of mind and brain. London: Academic Press.
A materia de Neurociencia do Comportamento contribúe á adquisición das seguintes competencias da titulación:
Xerais:
CX.1. Desenvolver as capacidades cognoscitivas e metodolóxicas necesarias para o exercicio profesional
CX.2. Aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas.
CX.3. Utilizar o razoamento crítico baseado en feitos contrastados, así como a capacidade de análise e síntesis.
CX.4. Comunicar ideas, conceptos e datos científicos de modo claro e preciso, tanto de forma oral como escrita.
CX.5. Adquirir habilidades que permitan dirixir o seu autoaprendizaxe ao longo da vida profesional.
Específicas:
CE.1. Coñecer e comprender os aspectos estructurais, moleculares, xenéticos e funcionais avanzados do sistema nervioso normal.
CE.3. Utilizar con propiedade e precisión os términos e conceptos da materia.
CE.4. Comprender e aplicar as técnicas neuroanatómicas, neuroquímicas, neurofisiolóxicas, neurofarmacolóxicas, de bioloxía molecular e clínicas actuales para a investigación en Neurociencia.
Ademáis as diferentes actividades permitirán a adquisición de competencias de carácter máis transversal como son:
- Adquisición da habilidade para actualizar coñecementos, a través do manexo de bases de datos informatizadas (Medline, Psycinfo)
- Adquisición do hábito de lectura e de utilización de fontes complementarias ás sesións expositivas na preparación da materia.
- Capacidade para ler e interpretar información científica en inglés.
- Capacidade para realizar revisións críticas da literatura científica.
As clases expositivas utilizaranse para afondar nos tópicos principais do programa, que serán ilustradas con algunhas presentacións audiovisuais pertinentes aos temas a tratar. Enténdense, non obstante, as clases expositivas como un tempo de utilización múltiple, que en ocasións se dedicará á realización das tarefas por parte dos estudantes, tales como interpretación de figuras relevantes, lecturas adicionais de artigos publicados en revistas científicas de impacto, comentarios de grupo sobre algún aspecto da exposición, formulación de cuestións, etc.
Previamente, facilitarase o acceso ao material a través das TIC. Isto facilitará o seguimento da clase e reducirá a necesidade de tomar notas. Ademais, recomendarase a lectura de bibliografía avanzada.
As actividades de traballo autónomo do estudante inclúen a lectura de materiais seleccionados fundamentalmente polo profesor/a, dacordo co traballo de curso a realizar e como complemento do/s manual/is de estudo.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
- Os/as alumnos/as deben superar un exame que representará o 70% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
- O seguimento activo das clases e a realización das actividades propostas polo/a profesor/a suporá un 30% da nota final.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 100 horas. Ademais das sesións presenciais (ás que se dedicarán un total de 39 horas), o traballo persoal do alumno centrarase na lectura de bibliografía (aproximadamente 25 horas) e a preparación das restantes actividades (aprox. 35 horas, máis unha de titorías).
- Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.
- Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Aproveitamento das titorías.
Plan de continxencia
Metodoloxía: Escenario 2 (docencia semipresencial).- Seguirase o mesmo calendario e distribución horaria coas seguintes adaptacións: Realizaranse sesións síncronas que poderán ser presenciais en aula ou virtuais a través da plataforma Teams. Como no Escenario 1, o alumnado terá acceso ao material a empregar nas clases a través do Campus Virtual.
Escenario 3 (docencia telemática).- Seguirase o mesmo calendario e distribución horaria coas seguintes adaptacións: Todas as sesións realizaranse de forma virtual (síncrona) a través da plataforma Teams. Como no Escenario 1, o alumnado terá acceso ao material a empregar nas clases a través do Campus Virtual.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia. A entrega de actividades realizarase nesta plataforma e/ou a través de Microsoft FORMS.
Avaliación:
O sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo nos tres escenarios pero, dependendo das circunstancias sanitarias, todas as actividades de avaliación contempladas poderán ter lugar de forma telemática; para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sonia Doallo Pesado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813916
- Correo electrónico
- sonia.doallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Pazo Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813682
- Correo electrónico
- paula.pazo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Samuel Suarez Suarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- samuel.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
16.12.2020 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
14.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |