Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 18 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitar ao alumnado en técnicas e métodos cualitativos de investigación en Ciencias Sociais en xeral e, en particular, na metodoloxía de investigación en Comunicación de modo que poida abordar indistintamente a planificación dun método de investigación científica ou aplicalo a rutinas produtivas de investigación xornalística. A materia compleméntase coa oferta obrigatoria do uso de bases documentais e de explotación visual de datos.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución á investigación en comunicación
1.1 Conceptualización do método científico
1.2 Os paradigmas dominantes
1.3 Principais campos de investigación
1.4 Investigación básica e aplicada
Tema 2. Planificación de proxectos de investigación en comunicación
2.1 As fases do proceso de investigación
2.2 Procura en bases de datos e revisión bibliográfica
2.3 Tipoloxías de traballos académicos
2.4 Estrutura do artigo de investigación e redacción académica
2.5 A divulgación científica
Tema 3. Métodos de investigación cualitativa
3.1 A entrevista en profundidade
3.2 O estudo de caso
3.3 O grupo de discusión e outras técnicas conversacionais
3.4 Tipos de observación
Tema 4. Métodos de investigación cuantitativa
4.1 A análise de contido
4.2 A enquisa
4.3 O experimento
4.3 Outras técnicas cuantitativas
CONTIDOS PRÁCTICOS
Prácticas individuais ou grupais:
• Lectura e análise de artigos científicos
• Revisión bibliográfica en bases de datos: procura e sistematización
• Deseño e creación dunha ficha de análise e dun libro de códigos
• Realización dunha análise de contido: codificación, análise e interpretación dos datos
• Deseño e elaboración dun cuestionario para enquisa
• Realización dunha enquisa
• Elaboración de informes de investigación
Práctica final: elaboración dun artigo científico sobre un fenómeno do xornalismo ou do eido da comunicación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Berganza Conde, M. R. & Ruiz San Román, J. A. (coords.) (2005). Investigar en Comunicación: guía práctica de métodos y técnicas de investigación social en Comunicación. McGraw-Hill.
Croucher, S. M. & Cronn-Mills, D. (2014). Understanding communication research methods: A theoretical and practical approach. Routledge.
Igartua, J. J. (2006) Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Bosch.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa. Universidad de Deusto.
Wimmer, R. D. & Dominick, J. R. (1996). La investigación científica de los medios de comunicación: una introducción a sus métodos. Bosh.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Creswell, J. (2003). Research design: Qualitative, quantitative and mixed method approaches. Sage Publications.
Eiroa, M. & Barranquero, A. (2017). Métodos de investigación en la comunicación y sus medios. Comunicación. Síntesis.
Gómez, J., Grau, A., Giulia, A. & Jabbaz, M. (2014). Técnicas cualitativas de investigación social. Universitat de Valencia.
Hansen, A. & Machin, D. (2013). Media & Communication Research Methods. Palgrave Macmillan.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Krueger, R. A. (1991). El grupo de discusión: guía práctica para la investigación aplicada. Pirámide.
Reguant-Álvarez, M. & Torrado-Fonseca, M. (2016). El método Delphi. REIRE. Revista d’Innovació i Recerca en Educació, 9(1), 87-102.
Sierra Bravo, R. (1992). Técnicas de investigación social: teoría y práctica. Paraninfo.
Treadwell, D. (2019). Introducing Communication Research: Paths of Inquiry. Sage Publications.
Vilches, L. (Coord.) (2011), La investigación en comunicación. Métodos y técnicas en la era digital. Gedisa.
Esta materia desenvolve a competencia específica CEO-04: "Capacitar ao alumnado en técnicas e métodos cualitativos de investigación para planificar e desenvolver unha investigación científica en Xornalismo e/ou Comunicación."
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CX01 - Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a produción, xestión e difusión do coñecemento.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, xa que incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas e prácticas, traballos individuais e grupais titorizados e estudos de caso, fomentando en todo momento a implicación do alumnado no seu proceso formativo.
O 70% da materia avaliarase a través dun traballo final que consistirá na elaboración individual dun artigo científico. O 30% restante da nota corresponderá a actividades realizadas durante a impartición da mesma.
Segunda oportunidade: neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ou a alumna ten aprobada unha parte da materia (teoría ou práctica), gardarase a nota para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios/as alumnos/as, así como a presenza na aula da profesora para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 26 horas
• Clases interactivas: 18 horas
• Titorías en grupo: 6 horas
• Actividades de avaliación: 2 horas
• Traballo persoal do alumnado (estudo autónomo, escritura de exercicios, programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio): 98 horas
Lectura da bibliografía recomendada.
Lectura de artigos científicos sobre comunicación e xornalismo.
Consulta do material subido ao Campus Virtual.
Materia vinculada a saída investigadora.
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alberto Quian Pampin
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
20.05.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
25.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |