Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Promover unha reflexión sobre os paradigmas didácticos implícitos nas prácticas docentes tradicionais do ensino da filosofía, e fomentar hábitos que conduzan á súa transformación crítica e cualificación didáctica.
. Coñecer o proceso de conformación da materia temática de filosofía no currículo escolar nos contextos internacional e español, e emitir opinións fundadas sobre os debates a que deu lugar no pasado e na actualidade.
. Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos de Filosofía e Cidadanía no Bacharelato, identificando os modelos didácticos que os inspiran. Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos do ensino da filosofía no marco das ciencias sociais: metas educativas, competencias específicas, selección de contidos, estratexias e recursos de ensino e criterios e instrumentos de avaliación.
. Analizar e valorar materiais e textos escolares para o ensino da filosofía utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
. Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados na ensino filosofía, e ser capaces de formular propostas educativas concretas que contemplen o uso de diferentes recursos.
1. O lugar da filosofía no ensino.
1.1. Xustificación da presenza da filosofía no currículo xeral.
1.2. O lugar da filosofía nas diversas reformas educativas.
1.3. As diversas materias filosóficas na LOMCE.
2. A especificidade da didáctica filosófica.
3. A Filosofía como materia na ESO e o Bacharelato.
3.1. A Filosofía optativa en 4º da ESO.
3.2. A Filosofía común en 1º de Bacharelato.
4. Desenvolvemento curricular dos bloques da materia común Filosofía.
4.1. O saber filosófico.
4.2. O coñecemento.
4.3. A realidade.
4.4. O ser humano.
4.5. A racionalidade práctica.
5. Caracterización, desenvolvemento e avaliación dos estándares e as competencias básicas.
6. Materiais e recursos para o ensino da filosofía.
6.1. Libros de texto e materiais escolares.
6.2. Actividades dentro e fose da aula.
6.3. Integración das TIC no ensino da filosofía.
7. Estratexias e técnicas de avaliación en filosofía.
AA.VV. (1999a). Enseñar filosofía hoy. Madrid: Santillana.
AA.VV. (1999b). La enseñanza de la filosofía hoy. íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, Vl, 20, abril-mayo-junio.
ADORNO, T. (1998). Educación para la emancipación. Madrid: Moraia.
ÁLVAREZ, J. (2001). Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid: Morata. ARNAIZ, G. (2007). Evolución de los talleres filosóficos: de la filosofía para niños a las nuevas prácticas filosóficas. Filoeduc. Consultado (18/05/2010) en: www.filoeduc.org/childphilo/n5/GabrielArnaiz.pdf .
ARROYO, J. y BOLÍVAR, A. (1996). Orientaciones bibliográficas sobre la enseñanza de la Filosofía en secundaria. Paideia, 34, 109-132.
BARBERA, E. (2000). Avaluació de l’ensenyament, avaluació de l’aprenentatge. Barcelona:
Edebé.
BONVECCHIO, M. (2006). Evaluación de los aprendizajes. Buenos Aires: Novedades Educativas.
BRENIFIER, O. (2005). E/ diálogo en clase. Santa Cruz de Tenerife: Ediciones Idea. Colección Praxis.
BRENIFIER, O. et al. (2002). L’Etat et la société, Saint-Germain-du-Puy: NathanNUEF. [Tradución en español: El Estado y la sociedad, Laberinto (Aprendiendo a Filosofar, 6), 2006].
CARR, W. e KEMMIS, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza. Barcelona: Martínez Roca.
CASSIRER, E. (1977). Antropología filosófica. México: FCE.
CELMAN, S. (1998). Es posible mejorar la evaluación y transformarla en herramienta de conocimiento?. En La evaluación de los aprendizajes en el debate didáctico contemporáneo.
Buenos Aires: Paidós (pp. 35-66).
GIMENO, P. (1995). Teoría crítica de la educación. Madrid: UNED.
GÓMEZ PIN, V. (2005), El hombre, un animal singular. Madrid: Esfera de Los Libros.
IBAR, M. (2002). Manual genera/de evaluación. Barcelona: Octaedro.
JIMÉNEZ ALEIXANDRE, M.P. (2010). 10 ideas-clave. Competencias en argumentos y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
LIPMAN, M., SHARP, A.M. E OSCANYAN, F.O. (1992). La filosofía en el aula. Madrid:
Ediciones de la Torre.
MARINA, J.A. y BERNABEU, R. (2007). Competencia social y ciudadana. Madrid: Alianza.
MARTENS, E. (1993). ¿Qué significa felicidad/ Valencia: Universidad de Valencia. Servicio de Publicaciones.
MUÑOZ, J. (2010). Prohibido pensar. Barcelona: Octaedro.
NOVAK, J. y GOWIN, D. (1988). Aprendiendo a aprender. Barcelona: Martínez Roca. OBIOLS, G. e RABOSSI, E. (coords.) (2000). La enseñanza de la filosofía en debate. Buenos Aires: Novedades Educativas.
PELLICER, C. y ORTEGA, M. (2009). La evaluación de las competencias básicas. Madrid: PPC. PERRENOUD, P. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona:
Graó.
PIMIENTA, J.H. (2008). Evaluación de los aprendizajes. Madrid: Pearson.
PIZARRO, F. (1996). Aprender a razonar. México: Alhambra.
REVENGA, A. (1997). Filosofía y didáctica: una relación intrínsecamente constitutiva. Tesis doctoral inédita. Universidad de Barcelona.
REVENGA, A. (2005). Pensar la filosofía desde su mediación didáctica. Diálogo Filosófico, 61, 83-112.
RORTY, R. (2007). Una ética para laicos. Buenos Aires: Katz.
RUSS, J. (2001). Los métodos de la filosofía. Madrid: Síntesis.
SALINAS, D. (2002). ¡Mañana examen! La evaluación: entre la teoría y la realidad.
Barcelona: Graó.
SANTOS GUERRA, M.A. (2003). Una flecha en la diana. La evaluación como aprendizaje.
Madrid: Narcea.
SANZ DE ACEDO, M.L. (2010). Competencias cognitivas en educación superior. Madrid: Narcea.
Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais e específicas asociadas ao módulo xenérico e específicas asociadas ao módulo específico de Filosofía que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan a continuación:
A) Competencias xerais:
-CG1 Coñecer os contidos curriculares das materias de filosofía
-CG2 Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía.
-CG3 Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de filosofía, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria.
-CG4 Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) procedente de distintas fontes, materias e disciplinas e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da filosofía, transformada en coñecemento argumentado e cualificada crítica e didácticamente.
- CG5 Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
B) Competencias específicas asociadas ao módulo xenérico.
CEG13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
C) Competencias específicas asociadas ao módulo específico.
-CEF1. Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
-CEF2. Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
-CEF4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
-CEF5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
-CEF6 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
-CEF7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
-CEF8 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
-CEF9 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
-CEF10 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
-CEF11 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso persoal mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e as titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles familiarizando ao alumno cos novos métodos de organización do currículo e da avaliación introducidos pola LOMCE.
As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, traballar en grupo e integrar as TIC na docencia.
As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
No caso daqueles alumnos que opten pola avaliación continua valoraráselles un 70% a súa participación nas actividades da aula e un 30 % a realización dunha unidade didáctica relacionada coa materia de Filosofía.
As actividades na aula incluirán elaboración e exposición de materiais didácticos por parte dos alumnos. Así como comentarios de texto e actividades tanto individuais como de grupo. Estas actividades permitirán o desenvolvemento da competencia CG2, CG3, CG4, CEG13, CEF1, CEF2, CEF3, CE 4, CEF 5, CEF7, CEF8, CEF9, e CEF10.
A realización da unidade didáctica permitirá o desenvolvemento das competencias CG1, CG5, CEF6 E CEF11.
No caso de que o alumno falte en máis de tres ocasiones sen causa xustificada perderá o seu dereito á avaliación continua e será avaliado exclusivamente pola unidade didáctica que elabore sobre a materia de Filosofía.
Dado que, por unha banda, o estudantado, segundo o artigo 33.g) dos Estatutos da Universidade, ten dereito a "unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral", e por outra banda, consonte o seu artigo 130.2, tamén ten o deber da "asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente", o alumnado poderá solicitar, ao principio de curso nas datas establecidas por cada Centro ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevidas, a dispensa de asistencia á clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decano ou ao Director de Escola segundo o disposto na Instrucción nº1/2017 da Secretaría Xeral.
Son causas para a solicitude de dispensa:
a) A enfermidade grave ou os tratamentos médicos inaprazables que impidan a presenza no centro do alumnado.
b) O coidado de dependentes a cargo ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, debidamente acreditada.
c) A prestación de servizos por conta allea ou por conta propia debidamente acreditada (e dicir: alta no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia do contrato de traballo ou dos encargos a realizar, copia do recibo de pago da última cotización), sempre que non se poda acoller ao réxime de matrícula a tempo parcial.
d) A persoa que presentou unha denuncia por acoso, ou por outros comportamentos semellantes, sempre que ela considere máis adecuado para a súa saúde a dispensa.
No caso de denuncia por acoso sexual, se coa denuncia fora incoado o procedemento do Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e o Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela, a Dirección do Centro deberá poñer en coñecemento da Oficina de Igualdade de Xénero a solicitude de dispensa en pro dunha mellor coordinación administrativa. A Oficina de Igualdade de Xénero actuará conforme dito Protocolo, o que Ile comunicará a Dirección do Centro.
Os alumnos aos que a Xunta do Centro (ao amparo da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) conceda unha dispensa da asistencia a clase, serán informados, atendendo ás súas circunstancias persoais, de como elaborar e entregar aqueles traballos que permitan compensar a falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito a unha avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
-6 créditos ECTS, 150h.
-Horas presenciais: 51h.
-Horas de Titorías 3h.
-Clases Expositivas 24h.
-Clase Interactiva 24h.
-Horas non presenciais: 99h.
-Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudo, etc.) 50h.
-Exposición e resumo escrito 25h
-Preparación do exame-presentación 24h.
Seguimento das clases e progresiva elaboración de materiais cara a elaboración dunha unidade didáctica a expoñer na aula.
É moi importante unha participación activa nas clases.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Mantéñense os criterios metodolóxicos e de avaliación, trasladando á aula virtual o que por razóns de limitación da actividade presencial non se poida desenvolver na facultade.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Toda a actividade (expositivas, interactivas) trasládase á aula virtual, manténdose os mesmos criterios de metodoloxía e avaliación.
Rocio Carolo Tosar
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Martes | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
26.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
07.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |