Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Historia
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Historia Moderna
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
HISTORIA
1. Comprender como se pode achegar a Historia nas aulas.
2. Afrontar os contidos, fortalezas e debilidades do currículo oficial.
3. Tratar de forma proactiva as destrezas pedagóxicas e as perspectivas máis constructivas en relación coa docencia da historia.
4. Subliñar a natureza estratéxica e o papel estrictamente profesional do profesor de historia na educación preuniversitaria.
XEOGRAFÍA
1. Avaliar criticamente a Xeografía que o currículo oficial estabelece, nomeadamente o valor conferido á Xeografía rexional e á memorística.
2. Tomar consciencia de que é a Xeografía e de que formas se pode abordar nas aulas.
3. Recoñecer un elenco de recursos amplo de Xeografía para traballar nas aulas.
HISTORIA
1. A Historia na ESO eo bacharelato: da norma ao IES.
2. O currículo: obxectivos, contidos, criterios, normas e competencias.
3. Os temas.
4. O ensino da Historia: entre o diletantísmo eo utilitarismo.
5. Da historia á historia, pasando pola historia.
6. As diferentes nocións de tempo e da súa duración (cambio, progreso, continuidade e regresión).
7. Cosir o guión da Historia: causalidade.
8. Pedra e papel. Reclamación e desmitificación do patrimonio.
9. Da historia do século XIX aos "contidos metodolóxicos e actitudinais".
10. O cine eo alumno da historia.
XEOGRAFÍA
1. Análise crítica do actual currículo de Xeografía na ESO e no Bacharelato
2. As Cartas de Educación Xeográfica da UXI
3. A Xeografía dun planeta en mutación: cambio global e riscos, diversidade na era da globalización e xeopolítica planetaria
4. O ensino-aprendizaxe das Xeografías rexionais a múltiples escalas: intencións declaradas e ocultas e recursos habituais e alternativos
4.1. Rexións e escalas, conceptos críticos presentados acriticamente
4.2. A rexionalización do mundo: a invención dos continentes
4.3. Europa e a Unión Europea, unha escala emerxente
4.4. A persistente Xeografía de España
4.5. O lugar da Xeografía de Galicia
5. Omisión e potencial das Xeografías fenomenolóxicas: experiencias, percepcións, lugares e contorna
Dado o tempo limitado da materia e sendo unha base esencial do traballo o Decreto de Secundaria vixente, non hai manual ou obra de referencia básica para preparar a asignatura; de xeito que co Decreto de Secundaria máis os contidos teóricos explicados polos profesores nas clases, cubrirase o 100% necesario para un óptimo desenvolvimento da asignatura. Calquer material ou bibiografia cuxo acceso se vise condicionado en virtude dos diferentes escenarios derivados da COVID-19, será proporcionado polos profesores a través da aula virtual.
HISTORIA.
*Básica:
-(2015). DECRETO 86/2015, de 25 de junio por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia. DOGA, número 120, pp.25.434-27.073.
*Complementaria:
-Feliu Torruella, M.; Hernández Cardona, F.X. (2011). 12 ideas clave. Enseñar y aprender historia; Barcelona.
Complementaria:
-Abilio Rabanal, M y Lara Peinado, F (1997). Comentario de textos históricos; Madrid, Cátedra.
-Aróstegui, J. y otros (1989). Enseñar historia. Nuevas propuestas; Barcelona, Laia.
-Ballesteros, E., y otros (2003). El patrimonio y la didáctica de las CC.SS., Cuenca.
-Benajam, P, Pagês, J (coords) (1997). Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia en la educación secundaria; Barcelona.
-Burke, P. (1995). Formas de hacer historia; Madrid, Alianza.
-Button, Leslie (1978). Acción tutorial con grupos; Salamanca, Anaya.
-Citron, S. (1990). Ensinar a História hoje. A memoria perdida e reencontrada; Lisboa, Livros Horizonte.
-Di Caro, G. (1992). Insegnare storia. La disciplina, l’apprendimento, il metodo; Milan, Franco Angeli.
-Dosse, F. (1988). La Historia en migajas; Valencia.
-Eco, Umberto (1992); Los límites de la interpretación; Barelona, Lumen.
-Fernández Sebastián, Javier (1989). Cine e historia en el aula; Madrid.
-Ferro, M. (2008). Cómo se cuenta la historia a los niños en el mundo entero; México, F.C.E.
-Friera, F (1995). Didáctica de las Ciencias Sociales: Geografía e Historia; Madrid.
-Fontana, J. (2000). La Historia de los hombres; Barcelona, Crítica.
-García, Víctor (1996); Enseñanza de las Ciencias Sociales en educación secundaria; Madrid, Rialp.
-Hernández Cardona, F.X. (2002). Didáctica de las Ciencias Sociales. Geografía e Historia; Barcelona.
-Hernández S, Elena (2004). Tendencias historiográficas actuales: escribir historia hoy; Madrid, Akal.
-López Facal, R., y Valls, R (2010). "¿Un nuevo paradigma para la enseñanza de la historia? Los problemas reales y las polémicas interesadas al respecto en España y en el contexto del mundo occidental"; Debates, número 10, pp.71-81.
-Martínez Ruiz, Enrique y Maqueda Abreu, Consuelo (1989). La Historia y las Ciencias Humanas. Didáctica y técnicas de estudio; Madrid, Itsmo.
-Martínez Valcarcel, N., Souto, X.M., Beltrán, J (2006). "Los profesores de historia y la enseñanza de la historia en España. Una investigación a partir de los recuerdos de los alumnos"; Enseñanza de las Ciencias Sociales, número 5, pp.55-71.
-Michéa, J.C. (2002). La escuela de la ignorancia y sus condiciones modernas; Madrid, Acuarela, Madrid.
-Monterde, José Enrique (1986). Cine, historia y enseñanza; Barcelona, Laia.
-Monterde, José Enrique; Selva Masoliver, Marta y Solá Arguimbau, Anna (2001); La representación cinematográfica de la historia; Madrid, Akal.
-Moradiellos, E. (2008). El oficio de historiador; Madrid, S.XXI.
-Pablos Pons, Juan de (1986). Cine y enseñanza. Variables estructurales del cine didáctico y su interacción con algunas características de los alumnos; Madrid, Ministerio de Educación.
-Poinssac-Niel, Josette (1977). La tecnología en la enseñanza de la historia; Oikos-Tau, Barcelona.
-Pérez Garzón, J.S. (2008); "¿Por qué enseñamos Geografía e Historia? ¿Es tarea educativa la construcción de identidades?”; Historia de la Educación, número 27, pp.37-55.
-Prats, J. (2001). Enseñar hsitoria: notas para una didáctica renovadora; Mérida, Junta de Extremadura.
-Quinquer, D. (2004). "Estrategias metodológicas para enseñar y aprender CC.SS: interacción, cooperación y participación"; Iber, número 40, pp.7-22.
-Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato
-Recio Cuesta, J.P. (2012), "El valor de la Historia en las aulas. Retos ante el nuevo contexto educativo"; Clío, número 38.
-Romaguera, Joaquim y Riambau, Esteve (eds.) (1983). La Historia y el cine; Barcelona, Fontamara.
-Román, José María; Musitu, Gonzalo; Pastor, Estanislao y otros (1980); Métodos activos para enseñanzas medias y universitarias; Madrid, Cincel.
-Sánchez Prieto, Salustiano (1995). ¿Y qué es la historia? Reflexiones epistemológicas para profesores de Secundaria; Madrid, Siglo XXI.
-Serna, J. (2005). La historia cultural; Akal, Madrid.
-Trepat, C., y Comes, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales; Barcelona.
-Tribó, Gemma (2005). Enseñar a pensar históricamente: los archivos y las fuentes documentales en la enseñanza de la Historia; Madrid.
-Valls, R. (2007). "Las imágenes en los manuales escolares de Historia y las dificultades de su uso didáctico"; Clío y Asociados, número 11, pp.11-23.
XEOGRAFÍA
Obras recentes de referencia sobre Xeografía (escolma)
- Domosh, M. et al. (2010): The Human Mosaic. A Cultural Approach to Human Geography. New York: W. H. Freeman and Company.
- Hiernaux, D. & Lindón, A. (2006) (dirs.): Tratado de Geografía Humana. Iztapalapa/Rubí: Universidad Autónoma Metropolitana/Anthropos.
- Ortega Valcárcel, J. (2000): Los horizontes de la Geografía. Barcelona: Ariel.
- Romero, J. (2008): Geografía humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona: Ariel.
Bibliografía específica para a materia (escolma)
- García Álvarez, J. & Marías, D. (2000): La Geografía en los libros de texto de enseñanza secundaria. Madrid: Asociación de Geógrafos Españoles.
- Lewis, M.W. & Wigen, K.E. (1997): The Myth of Continents: a Critique of Metageography. Berkeley: University of California Press.
- Prats, J. (coord.) (2011): Didáctica de la geografía y la historia. Barcelona: Graó.
- Souto, X.M. (1998): Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Barcelona: Serbal.
Revistas especializadas (escolma)
- Children’s Geographies: https://www.tandfonline.com/loi/cchg20
- Didáctica Geográfica: http://www.age-geografia.es/didacticageografica/index.php/didacticageog…
- Journal of Research and Didactics in Geeography: http://www.j-reading.org/index.php/geography
Páxinas web (escolma)
https://www.rgs.org/schools/teaching-resources/
http://www.igu-cge.org/
http://www.catpaisatge.net/esp/activitat_educacio.php
http://www.age-geografia.es/site/recursos-didacticos/
http://proxectoterra.coag.es/
http://nationalgeographic.org/education/teaching-geography/
http://geography.org.uk/
http://ensenyament-geografia.espais.iec.cat/
LEXISLACIÓN
- Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato
- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
HISTORIA
COMPETENCIAS XERAIS
(CG1) Aprender a utilizar de maneira flexible os coñecementos adquiridos en función dun futuro labor docente.
(CG2) Familiarizarse con estratexias didácticas interactivas que faciliten e favorezan a empatía e comprensión polos escolares das utilidades e valor dos coñecementos a impartir
(CG3) Combinar adecuadamente coñecemento e referencias bibliográficas coa praxe educativa e o traballo reflexivo e crítico acerca da eficacia do labor desenvolvida.
AS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO (CE-E):
(CE-E1) Analizar as posibilidades didácticas da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais no nivel da educación secundaria.
(CE-E2) Aplicar esas análises ao desenvolvemento de aspectos dos temarios.
(CE-E3) Asumir estas áreas dp saber como coñecementos en constante e continua evolución para poder transmitir unha imaxen dinámica das mesmas.
(CE-E4) Planificar as secuencias que facilitarían a súa introducción e mellor comprensión na actividade docente.e nas tarefas individuais e de grupo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT):
(CT-1) Unha praxe adaptada aos usos da pluridisciplinariedade e da interdisciplinariedade facilitaría a consecución dos obxectivos a plasmar.
(CT-2) A experiencia do traballo en grupo facilitaría unha posibilidade máis interactiva para o traballo do profesor e serviría para a súa aplicación ás tarefas de clase.
(CT-3) Na “primeira idade informática” os usos didácticos da mesma e, en particular os referidos á aprendizaxe da Xeografía, a Historia e as Ciencias Sociais é unha aposta obrigada para un profesorado adaptado ás esixencias do seu tempo.
XEOGRAFÍA
COMPETENCIAS XERAIS
(CG1) Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
(CG2) Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
AB) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS Ao MÓDULO ESPECÍFICO (CE-E):
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
(CE-E4) Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT):
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet
As actividades serán desenvolvidas quer presencialmente, quer a través da aula virtual e os medios telemáticos dispoñibles en virtude dos diferentes escenarios que poidan determinarse en base a la evolución da COVID-19. Os profesores, sempre e de xeito proactivo, garantirán a mellor adaptación pedagóxica dos materiais de traballo en virtude das circunstancias.
HISTORIA
1. O ensino a desenvolver terá un carácter básicamente aplicado, quer nas clases expositivas quer nas interactivas.
2. Favorecerase a actitude participativa na medida do posible (en virtude dos diferentes escenarios), xa que corresponde a unha aprendizaxe que se desexa operar nas futuras actividades docentes dos alumnos do máster. Será importante a interactividade e o traballo en grupo.
3. Sempre se procurará que os contidos da materia teñan o seu impacto metodolóxico e práctico no perfil do profesor e do seu traballo futuro.
XEOGRAFÍA
1. A metodoloxía docente baséase no debate de ideas a partir de textos, mapas e outros recursos didácticos. Evitaranse neste sentido as aulas de tipo maxistral.
2. Favorecerase a actitude participativa, en liña cos procesos de aprendizaxe-ensino que o alumnado desenvolverá nas súas aulas.
3. Perséguese o desenvolvemento autónomo de entregas por parte do alumnado.
CRITERIOS COMÚNS
-Non se gardarán notas de ningún tipo dun ano a outro: iníciase a partir de cero.
-Non se puntuará a asistencia.
-Haberá unha proba final única da asignatura relativa á parte teórica, que incluirá equilibradamente tanto contidos de historia como de xeografía.
-Haberá dous traballos de interactivas (un para a parte de historia e outro para a de xeografía).
-Só se considerará que non se presentan aqueles alumnos que non realizaron a proba final, e non entregaron nengún dos dous traballos.
-A nota de interactivas será o resultado da media do traballo de historia e do de xeografía.
-Para a nota final, a proba final puntuará nun 65%, e a nota conxunta de interactivas puntuará en base a un 35%.
-Para superar a materia, o alumno terá que obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 quer na proba final, quer na nota conxunta de interactivas.
-Os alumnos con dispensa quedan liberados da asistencia a todas as clases; pero terán que realizar a proba final na data e hora fixada polo calendario oficial, e desenvolverán dous traballos de interactivas (un para historia e outro para xeografía) que serán especificados no seu momento.
ETAPA DE AVALIACIÓN DE XULLO.
-Haberá unha proba final conxunta na data e hora fixadas no calendario oficial.
-Tanto na parte de Historia como na de Xeografía deberáse entregar unha tarefa interactiva. A temática e características destas tarefas serán especificadas ao rematar a etapa de avaliación previa.
-Os alumnos que teñan aprobado o exame ou algún (ou ámbolos dous) dos traballos interactivos, poderán gardar dita nota para xullo, previa confirmación dos profesores.
-Mantéñense as mesmas porcentaxes e normas sinaladas para a etapa de avaliación previa.
Considérase que o tempo mínimo de traballo para aprobar a materia debería superar un mínimo de cen horas conxuntas; o que aconsella a dedicar un mínimo de 50 para cada unha das dúas partes da mesma.
1. Planificar adecuadamente o traballo práctico para evitar a saturación de última hora.
2. Estudo regular e intenso dos contidos explicados nas clases, desde o comezo e ao longo de todo o curso.
3. Consulta e análise do corpus legislativo.
4. Consulta e monitorización cotiás da aula virtual.
Dado que os contidos da materia non corresponden a unha única área de coñecemento, dase a coñecer que a asignatura desenvólvese e estabelécese de xeito coordinado entre os profesores de historia e xeografía.
CORREO ELECTRÓNICO INSTITUCIONAL: Obrigatoriedade de emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas plo docente, responsabilizádose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. -Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. -Imprimir a dúas caras en calidade de "aforro de tinta". -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. -Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe no sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Ademais de incluír os contidos habituais, para o curso académico 2020-2021, este apartado debe recoller as adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 nunha epígrafe denominada “Plan de Continxencia”, para os efectos de futuros procesos de seguimento e acreditación dos títulos.
Vitor Manuel Migues Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812616
- Correo electrónico
- vitormanuel.migues [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Angel Miramontes Carballada
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Martes | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
22.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
02.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |