Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e comprender a lóxica e o procedemento da investigación en educación.
- Coñecer os diferentes enfoques metodolóxicos en investigación educativa.
- Coñecer as principais características dos deseños na investigación educativa e os seus tipos.
- Deseñar investigacións educativas atendendo a súa finalidade e ao contexto no que se levarán a cabo.
- Coñecer as técnicas e instrumentos de recollida de información no campo educativo.
- Coñecer e dominar as ferramentas básicas implicadas no proceso de análise de datos na investigación educativa.
- Elaborar e interpretar informes de investigación educativa.
- Desenvolver actitudes favorables cara á investigación e a necesidade de formación e actualización no desempeño profesional.
A materia estrutúrase en torno a cinco bloques temáticos:
Bloque I. As fases na investigación educativa.
Bloque II. Deseños de investigación cuantitativa e cualitativa.
Bloque III. Técnicas de recollida de información cuantitativa e cualitativa.
Bloque IV. Análise cuantitativa e cualitativa de datos.
Bloque. V. Informes de investigación educativa.
Bibliografía Básica:
Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. Madrid: McGrawHill.
Bisquerra, R. (Coord.). (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
López-Roldán, P., & Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Porto, A. & Mosteiro, Mª. J. (2016). Análisis descriptivo de datos con IBM SPSS Statistics. Santiago de Compostela: Andavira.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Madrid: La Muralla.
Bibliografía Complementaria:
Ander-Egg, E. (2001). Métodos y técnicas de investigación social. Buenos Aires: Lumen.
Ballester Brage, L. (2001). Bases metodológicas de la investigación educativa. Palma: Universitat de les Illes Balears.
Cardona Moltó, M. C. (2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
Creswell, J. W. & Plano Clark, V. L. (2007). Designing and conducting mixed methods research. Thousand Oaks: Sage
Denzin, N. & Lincoln, Y. (Eds.). (1994). Handbook of qualitative research. London: Sage.
Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Etxeberria, J. & Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
Festinger, L. & Katz, D. (2004). Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Barcelona: Paidós.
Flick, V. (2014). El diseño de la investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa. Barcelona: PPU.
Goetz, J. & Le Compte, M. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en la investigación educativa. Madrid: Morata.
Guasch, O. (1997). Observación participante. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
León, O. & Montero, I. (1997). Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.
Martinez, F. (2002). El Cuestionario: Un Instrumento para la Investigación de las Ciencias Sociales. Madrid: Laertes.
Morales, P. (2000). Medición de actitudes en Psicología y Educación. Madrid: Universidad Pontificia de Comillas.
Morales, P., Urosa, B. & Blanco, A. (2003). Construcción de escalas de actitudes tipo Likert. Una guía práctica. Madrid: La Muralla.
Plano, V.L., Creswell, J.W., O’Neil, D. & Shope, R. J. (2008). Mixing Quantitativa and Qualitative Approaches. En S. N. Hesse-Biber & P. Leavy (Eds.), Handbook of emergent methods (pp.363-387). New York: Guilford Press.
Ruiz-Maya Pérez, L. (2000). Métodos estadísticos de investigación en las ciencias sociales: técnicas no paramétricas. Madrid: AC.
Suárez Ortega, M. (2005). El grupo de discusión: una herramienta para la investigación cualitativa. Barcelona: Laertes.
Steinar, K. (2011). Las entrevistas en investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Tashakkori, A. & Teddlie, Ch.(2003) (Eds.). Handbook mixed methods in social and behavioral research. Thousand Oaks: Sage
Tejedor, F.J. & Etxeberria, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. Madrid:La Muralla.
Revistas
http://revistas.um.es/rie/
http://www.uv.es/RELIEVE/
http://reined.webs.uvigo.es/
Páxinas web
https://www.uv.es/aidipe/
http://www.eera-ecer.de/
http://www.apa.org/
a) Competencias específicas do máster ás que contribúe a materia:
CE 1- Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
CE 2- Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico
CE 5- Desenvolver unha actitude positiva cara a incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE 7- Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achádegos da investigación educativa á práctica profesional.
b) Competencias específicas da materia:
-Deseñar e desenvolver investigacións en diferentes contextos e desde distintos enfoques metodolóxicos.
- Deseñar instrumentos de medición e técnicas de obtención de información.
- Coñecer as principais técnicas de análise da información en investigación.
- Saber valorar críticamente a calidade das publicacións derivadas de investigación.
- Presentar e comunicar –de forma oral e escrita- os resultados dunha investigación.
-Empregar software de análise de datos cuantitativos (SPSS) e cualitativos (Atlas.ti).
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe oriéntase a desenvolver no estudantado un conxunto de competencias útiles para o deseño e o desenvolvemento dunha investigación no ámbito educativo e dotalo de autonomía para levala a cabo e para a auto aprendizaxe. Combinarase a presentación dos principais contidos polo profesorado co traballo individual e en grupo do estudantado. Realizaranse actividades de búsqueda, lectura e síntesis de información, debates e análise crítica de investigacións, análise de instrumentos de recollida de datos e exercicios prácticos de análise de datos. Ademais, o alumnado deberá elaborar un traballo final.
O 40% da materia realizarase de maneira non presencial, a través do campus virtual da USC, no que se empregarán os recursos que ofrece a plataforma Moodle para o deseño de actividades. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación en grupo a través de foros onde se analicen temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións expositivas on line.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións),a docencia impartirase, parcial ou totalmente respectivamente, atendendo a organización xeral da docencia na Facultade, de xeito síncrono ou asíncrono en función dos contidos, utilizando as ferramentas corporativas para a docencia “en remoto” campus virtual e Teams. Ademais, adaptaranse todos os materiais para facelos accesibles de acordo coas condicións do escenario.
No escenario 1 (normalidade adaptada), a avaliación será continua e atenderá aos seguintes compoñentes:
a) A asistencia. Para poder ser avaliado o estudante debe asistir ao menos ó 80 % da actividade presencial.
b) A realización das actividades prácticas previstas suporá o 50% da calificación.
c) A elaboración dun traballo final individual ou grupal (máximo dúas persoas) da materia suporá o 50% restante da calificación. Este consistirá no deseño dunha investigación educativa seguindo as pautas que se concretarán no inicio da materia.
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da mesma.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), dado que a avaliación é continua, non se modificarán os criterios de avaliación, nin os procedementos (asistencia, prácticas e traballo final). No relativo á asistencia terase en conta no cómputo do 80% sinalado a presencia do alumnado ás sesións síncronas que sexan convocadas.
Actividades presenciais
- Sesións expositivas: exposición de contidos: 12 h.
- Sesións interactivas: análise e elaboración de informes de investigación, análise de instrumentos de recollida de datos, análise
de datos cuantitativos e cualitativos: 16 h.
- Titorias individuais e grupais: 8 h.
Actividades en liña
- Sesións expositivas: foro de debate: 6 h.
- Sesións interactivas: deseño de instrumentos, avaliación/autoavaliación: 8 h.
Traballo persoal do estudantado
- Estudo. Lectura: 10 h.
- Búsqueda, selección e análise de información; Deseño informe/proxecto de investigación/Recollida e preparación de datos: 42 h.
- Preparación previa. Elaboración informe/proxecto de investigación: 30 h.
- Revisión de documentos e búsqueda bibliográfica: 5 h.
- Estudo. Revisión de instrumentos. Reflexión e análise: 13 h.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución núm.1/2007, da Secretaria Xeral da USC) deberá poñerse en contacto co profesorado para concretar o sistema de titorizacion e avaliación.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAN DE CONTINXENCIA
En función do número de estudantes matriculados na materia e da aula asignada, ao inicio do curso académico revisarase o tipo de materia establecido, podendo ser modificado de acordo co "Protocolo de centro para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura na Facultade de Ciencias da Educación no curso 2020-2021"
Metodoloxía da ensinanza
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións)a docencia impartirase, parcial ou totalmente respectivamente, atendendo a organización xeral da docencia na Facultade, de xeito síncrono ou asíncrono en función dos contidos, utilizando as ferramentas corporativas para a docencia “en remoto” campus virtual e Teams. Asemade, adaptaranse todos os materiais para facelos accesibles de acordo coas condicións do escenario.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), dado que a avaliación é continua, non se modificarán os criterios de avaliación, nin os procedementos (asistencia, prácticas e traballo final) . No relativo á asistencia terase en conta no cómputo do 80% sinalado a presencia do alumnado ás sesións síncronas que sexan convocadas.
Maria Esther Martinez Piñeiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813751
- Correo electrónico
- esther.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Mosteiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |