Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos instructivos:
1. Proporcionando ao alumnado un marco conceptual, pretendemos que alcance a comprender e abordar a orientación e intervención psicopedagóxica desde unha perspectiva preventiva, global e institucional.
2. Ofrecendo ao alumnado un coñecemento da situación profesional dos membros dos servizos de orientación e intervención psicopedagóxica, queremos que lles permita analizar e tomar decisións consecuentes respecto das necesidades existentes na escola en relación coas demandas institucionais e as funcións que a lexislación lles asigna.
3. Poñendo a disposición do alumnado os instrumentos de orientación e intervención psicopedagóxica, aspiramos a que comprendan as posibilidades e as limitacións que teñen no proceso de transformación da realidade educativa.
Obxectivos formativos:
Cos obxectivos formativos pretendemos que o alumnado:
1. Comprenda a importancia de ter explícita unha teoría da aprendizaxe escolar coherente co modelo de orientación e intervención psicopedagóxica asumido.
2. Desenvolva unha postura reflexiva e crítica sobre as principais alternativas no ámbito da orientación e intervención psicopedagóxica.
3. Adquira enfoques, estratexias de aprendizaxe e métodos característicos do traballo intelectual.
4. Faga seus hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.
5. Se apropie de hábitos de traballo grupal cooperativo.
Núcleos temáticos:
1.Modelos de intervención psicoeducativa: Dos modelos baseados no alumno-problema aos modelos contextuais.
2.Marco teórico de referencia dun modelo contextual de intervención psicoeducativa: O enfoque de sistemas para a comprensión dos problemas educativos como realidades sistémicas. O enfoque socio-construtivista sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe.
3.Principios de intervención psicoeducativa derivados dos enfoques sistémico e construtivista
4.Os escenarios da intervención psicoeducativa: Dos contextos sociais e interpersoais ao alumnado. Comunidade, familia e escola: intervención psicoeducativa para favorecer unha relación construtiva. O centro educativo como organización e como sistema: intervención psicoeducativa para impulsar culturas escolares colaborativas e o traballo en equipo do profesorado. As interaccións na aula: intervención psicoeducativa na organización e dinámicas de aula. O alumnado: intervención psicoeducativa no proceso de ensinanza e aprendizaxe
5.Intervención psicoeducativa pensada desde unha concepción inclusiva da educación para dar resposta á diversidade do alumnado: A educación inclusiva como educación para todos. Ámbitos de intervención psicoeducativa para promover unha educación sen exclusións. Propostas de intervención psicoeducativa para propiciar a inclusión educativa.
Lecturas obrigatorias:
1.Esteve, J.M., (2001): El sistema educativo ante la encrucijada del cambio: una mirada hacia el futuro. http://www.unrc.edu.ar/publicar/cde/2h3.html
2.Escudero, J.M. (1988): La innovación y la organización escolar. En R. Pascual (Coord.), La gestión educativa ante la innovación y el cambio. Madrid: Narcea. .
3.Ainscow, M. (2001): Apoyo a la escuela y a la formación del profesorado. En M. Ainscow, Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid: Narcea.
4.Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997): Modelos de escuela y modelos de orientación. T.E., 185, 5-8.
5.Solé, I. (1998): Los modelos de intervención. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
6.Solé, I. (1998): Un modelo educacional-constructivista de intervención psicopedagógica. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.
Lecturas recomendadas:
1.Kikirikí (2003): Editorial. Kikirikí. Cooperación Educativa, núm. 70, 3-4.
2.MEC (1987): Calidad de la enseñanza e innovación educativa. En Proyecto para la reforma de la enseñanza. Educación infantil, primaria, secundaria y profesional. Propuesta para debate. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia.
3.Stainback, S., Stainback, W. e Jackson, H.J. (1999): Hacia las aulas inclusivas. En S. Stainback e W. Stainback, Aulas inclusivas. Madrid: Narcea.
4.García Tobío, A. e Pardo, J.C. (1995): Informe sobre os Departamentos de Orientación. Documento interno non publicado. (Páxinas 1-3, 26-51).
5.Solé, I. (1994): Asesoramiento, orientación y supervisión. Cuadernos de Pedagogía, núm 223.
6.Rodríguez Romero, Mª (1998): El asesoramiento y la orientación: dos prácticas que convergen. En X. de salvador e Mª L. Rodicio (Coords.). Simposium sobre a orientación. ¿Cara onde camiña a orientación? A Coruña: Servicio de Publicacións da Universidade.
7.Aubert, A., Duque, E., Fisas, M. e Valls, R. (2004): Del fracaso escolar al éxito para todos y todas. Una visión desde la pedagogía crítica. En Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI. Barcelona: Editorial Graó.
8.Renau, Mª D. (1998): La respuesta psicológica. Consideraciones generales. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
9.Renau, Mª D.(1998): Nuevas formas de intervención psicopedagógica. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
10.de la Oliva, D, Martin, E. e Vélaz de Medrano, C. (2005): Caracterización y valoración de los modelos de intervención psicopedagógica en centros de secundaria. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
11.Monereo, C. e Solé, I. (1996): El modelo de asesoramiento educacional-constructivo: dimensiones críticas. En C. Monereo e I. Solé (Coords.), El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Madrid: Alianza Psicología.
12.Renau, Mª D. (1998): El trabajo comunitario. En Mª D. Renau, ¿Otra psicología en la escuela? Un enfoque institucional y comunitario. Barcelona: Paidós-Papeles de Pedagogía.
13.Vélaz de Medrano, C. (2005): El asesoramiento en educación no formal: una mirada desde los orígenes de este modelo de intervención. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
14.López, Mª L. e Muñoz, P. (1994): ¿Es necesario un modelo? Cuadernos de Pedagogía, núm, 226.
15.Boada, R. e Sala, C. (1977): Ayudar o seleccionar: una opinión del psicólogo. Cuadernos de Pedagogía, núm. 27. pdf, word, open office).
16.Ainscow, M. (1994): Reconsideración de las necesidades especiales. En M. Ainscow, Necesidades especiales en el aula. Guía para la formación del profesorado. Madrid: UNESCO-Narcea.
17.Giné, C. (2005): El asesoramiento desde la perspectiva de la educación inclusiva. En C. Monereo e J. I. Pozo (coords.): La práctica educativa del asesoramiento a examen. Barcelona: Graó.
18.Stambak, M. (1975): La psicología y la escuela. Cuadernos de Pedagogía, núm. 1.
19.Renau, Mª D. (1983): Historia y actualidad de los equipos. Cuadernos de Pedagogía,
20.Rodríguez, Mª M. (1996): Una alternativa. El asesoramiento comunitario en educación. En Mª M. Rodríguez, El asesoramiento en educación. Málaga: Aljibe.
Competencias xenéricas:
1. Capacidade para resolver problemas.
2. Capacidade de busca, selección, análise e tratamento de información.
3. Capacidade para o traballo en equipo.
Competencias específicas:
1. Coñecer os conceptos, modelos explicativos, enfoques teóricos e principios de intervención derivados do campo da Psicoloxía da Educación para a orientación e a intervención educativa na escola.
2. Identificar e definir os problemas que se producen nos contextos escolares e que requiren dunha intervención psicoeducativa.
3. Xerar propostas de intervención psicoeducativa capaces de dar resposta aos problemas que se produzan en cada un dos diferentes escenarios educativos.
4. Exercer un compromiso ético e de respecto das personas no transcurso das actividades profesionais.
5. Asumir unha posición autocrítica co propio traballo.
A actividade principal que da sentido á organización e dinámica do curso é a elaboración dun informe-síntese (non superior a 10 páxinas), no que se articulen de forma comprensiva os contidos traballados sobre os núcleos citados anteriormente.
O informe-síntese ha de responder á pregunta que quedaba formulada na introducción deste programa (véxase o apartado de observacións).
A dinámica base pola que se opta é a do curso-seminario que esixe a constitución de grupos estables de entre 4-6 alumnos, aos que se lle propón o modo de traballo colaborativo para a elaboración do informe-síntese, facendo uso dos procedementos habituais de traballo intelectual: confección dun ficheiro, con fichas resume e fichas conceptuais, do que se valerán para dar forma ao esquema da síntese e para redactala.
As sesións de traballo en equipo, supervisadas polos profesores da materia, compleméntanse coas exposicións que os profesores fan dos núcleos de contido e con debates de todo o grupo, formado por todos os equipos de traballo e os propios profesores.
“En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
De acordo coa organización e dinámica do curso exposto no apartado 5, prevense catro instrumentos de avaliación:
1. Informe-síntese
2. Base de datos documental: Fichas resumo e conceptuais, mapas de conceptos, esquemas
3. Observación continuada da actividade desenvolta polos grupos de traballo, e participación individual nas sesións de debate.
4. Autoavaliación realizada polo Equipo de Traballo.
A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese (nos que, de acordo coa Guía docente, valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a expresión adecuada e a reflexión), da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo aportado ó grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección da base de datos documental, das observacións realizadas polo profesor, e a avaliación (se se fixera) realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.
A Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, nesta materia óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, exame, traballos monográficos que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
“En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
1. Clases expositivas e clases interactivas (traballo en pequenos grupos e debates en gran grupo): 15 horas
2. Lectura individual e elaboración de fichas resume e conceptuais: 25 horas
3. Reunións do grupo de traballo para a redacción do informe-síntese: 35 horas
Sobre a asistencia ás sesións programadas:
Polas características da programación do curso, especificadas no apartado anterior, é imprescindible a asistencia ás sesións determinadas no programa da asignatura. Para garantizar o funcionamento adecuado dos grupos, para o cal é necesario o compromiso activo de cada un dos seus membros, establécese como condición a asistencia, polo menos, ó 80% (10) das sesións programadas.
Para a participación no traballo en pequenos grupos e para os debates programados do gran grupo, é necesaria a lectura dos documentos, segundo a secuencia establecida no programa amplo desta materia.
Propoñemos ao alumnado de "Modelos de Orientación na Intervención" indagar sobre o papel e as funcións que os profesionais da orientación e intervención psicopedagóxica deben desempeñar no seo das institucións educativas formais que buscan mellorar a educación, que buscan fórmulas para procurar o máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado, nun contexto crítico, enredado cunha multiplicidade de problemas que terminan por incidir de forma grave sobre as escolas, un contexto de maior complexidade, de maiores esixencias sociais con respecto ao traballo que se desenvolve nos centros escolares e nas aulas. A diferencia entre definir adecuadamente este novo papel e estas novas funcións do profesional da orientación e intervención psicopedagóxica ou non facelo, marca os límites entre chegar a ser un membro significativo e valorado polas súas aportacións para a mellora educativa ou ser, simplemente, irrelevante.
(Unha versión ampla deste programa está dispoñible no "Sistema de Xestión de Aprendizaxe" Moodle que empregan os profesores para o traballo cotiá co alumnado: http://firgoa.usc.es/moodle).
PLAN DE CONTINXENCIA:
En función das circunstancias sanitarias que poidan derivar, como consecuencia, nunha docencia semipresencial e/ou telemática, informar que:
-En relación á metodoloxía, para a docencia telemática, poderán empregarse diferentes ferramentas como Skype, Teams, Forms, Onedrive, Stream, Campus Virtual e Plataforma Firgoa, entre outras.
-En relación á avaliación, tanto para as posibles actividades individuais en formato proba/exame como para as posibles actividades grupais de defensa de traballos, empregaranse diferentes ferramentas como Teams, Forms, Onedrive, Stream, Campus Virtual e Plataforma Firgoa, entre outras.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
27.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |