Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:
- Coñecer e comprender os referentes teóricos da Orientación Profesional.
- Identificar a organización e funcionamento dos Servicios de Orientación Profesional no contexto educativo.
- Diagnosticar as necesidades persoais e institucionais en materia de Orientación Profesional.
- Coñecer os procesos orientadores, así como asesorar e coordinar accións de Orientación Profesional.
- Coñecer e aplicar técnicas, instrumentos e recursos de Orientación Profesional.
- Deseñar programas de Orientación Profesional.
A materia estrutúrase en torno a catro bloques temáticos:
BLOQUE TEMÁTICO I. Bases conceptuais da Orientación Profesional: Definición, obxecto, características esenciais, funcións, enfoques, modelos e estratexias de intervención.
BLOQUE TEMÁTICO II. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación no contexto educativo.
BLOQUE TEMÁTICO III. Instrumentos e recursos de Orientación Profesional: itinerarios formativos e de inserción laboral, probas de avaliación e diagnóstico, técnicas de busca activa de emprego, etc.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Deseño de programas de Orientación Profesional.
No que atinxe aos contidos a abordar, independentemente dos escenarios de docencia que poidan producirse, estes serán garantidos en calquera das modalidades establecidas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Ceinos, C. (2012). La Orientación Profesional en Educación. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. y Rodicio, M. L. (Coords.) Orientación Educativa (pp. 163-186). Madrid: Biblioteca Nueva.
- Rodicio, Mª.L. (2012). Diseño y evaluación de Programas de Orientación Educativa. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. y Rodicio, Mª.L. (Coords), Orientación Educativa. Nuevas perspectivas (pp. 271-295). Madrid: Biblioteca Nueva.
- Sánchez García, Mª.F. (2017). Orientación para el desarrollo profesional. Madrid: UNED.
- Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional: nuevos escenarios y perspectivas Madrid: Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Bisquerra, R. (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Madrid: Ministerio de Educación.
- Donoso-Vázquez, T. e Sánchez Martí, A. (2013). Orientación Educativa y Profesional. Estudio de Casos. Barcelona: ISEP.
- Manzanares, A. e Sanz, C. (Dirs) (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla-La Mancha: Wolters Kluwer.
- Negro Moncayo, A. (2006). La Orientación en los Centros Educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Barcelona: Ed. Grao.
- Pérez, E. e outros (2005). Orientación, información y educación para la elección de la carrera. Buenos Aires: Paidós.
- Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Madrid: Biblioteca Nueva.
No que atinxe á bibliografía, esta e o material teórico, práctico e de apoio para abordar os diferentes contidos e bloques temáticos da materia estará dispoñible na aula virtual, así como na biblioteca universitaria e/ou en internet (en acceso libre).
Non obstante, esta poderá sufrir algunha modificación en función das circunstancias excepcionais que poidan producirse e, en caso necesario, a docente da materia realizará as adaptacións oportunas para garantir o cumprimento dos obxectivos, bloques temáticos e contidos establecidos no programa, de xeito que a bibliografía necesaria estará dispoñible cos enlaces correspondentes para o seu acceso virtual.
a ) Competencias específicas do Máster ás que contribúe a materia:
- Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
- Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos da ensinanza e as aprendizaxes das materias correspondentes.
- Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- Analizar criticamente o desenvolvemento da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
b) Competencias específicas da materia:
- Comprender os fundamentos conceptuais e modelos de intervención en Orientación Profesional.
- Identificar a organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional no contexto educativo.
- Coñecer as técnicas, recursos e instrumentos de intervención orientadora.
- Aplicar metodoloxías e técnicas para o deseño de programas e proxectos de orientación profesional.
- Adquirir habilidades de comunicación, pensamento reflexivo e de mellora persoal e grupal.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas, dirixidas a todo o grupo de alumnos/as e levadas a cabo na aula física ou virtual nas que terá lugar a presentación do marco teórico e conceptual da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
- Sesións Interactivas, nas que se levarán a cabo diferentes actividades individuais e/ou grupais con carácter práctico e aplicado (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, análise de itinerarios, presentación na aula de actividades persoais e/ou grupais do alumando, análise de casos prácticos, ...) co propósito de promover a ensinanza a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos homoxéneos. Ao longo das diferentes sesións, desenvoltas na aula física ou virtual, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases. Ditas actividades abarcarán o coñecemento e emprego de diferentes procedementos, estratexias e técnicas destinadas a proporcionar as competencias máis directamente vinculadas coa práctica orientadora, referidas ao deseño de programas e proxectos de orientación, así como á familiarización co emprego das diferentes metodoloxías e recursos máis habituais no marco da Orientación Profesional.
Complementariamente, cabe apuntar que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensinanza-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. Deste xeito, a documentación empregada para o tratamento dos diversos temas e contidos estará a disposición dos alumnos/as na aula virtual. Así mesmo, sucederá con calquera material complementario presentado na aula ou que se considere necesario para o desenvolvemento dos contidos.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas en horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico ou de calquera outro recurso tecnolóxico que poida considerarse de interese en función do escenario formativo establecido) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia. En relación ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, debe especificarse que os estudantes deberán empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias terá un carácter integral e continuo, abarcando os seguintes aspectos:
1.- Realización dunha proba individual escrita sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Elaboración e presentación de actividades prácticas de carácter individual e/ou grupal realizadas na aula e orientadas ao desenvolvemento de contidos teórico-prácticos. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final. Para poder ser avaliadas, o/a alumno/a deberá entregalas no prazo establecido pola profesora da materia.
As características dos traballos recollidos neste programa poden sufrir modificacións en función das necesidades formativas observadas no desenvolvemento da materia, así como dos axustes necesarios como consecuencia dun escenario de non presencialidade na aula.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido. Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración. Para obter unha valoración positiva da materia será necesario superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O carácter presencial desta materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo nos supostos oficialmente considerados (exención de docencia) e, por suposto, as circunstancias excepcionais que poidan producirse. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, os alumnos/as realizarán as actividades prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, a cal terá un peso do 50% da cualificación.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación na convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles alumnos/as que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas, serán avaliados, na seguinte convocatoria, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais e grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de xeito coordinado.
Nota: Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo as actividades solicitadas, así como ter superado a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos).
Traballo presencial na aula: 24 horas repartidas en:
- Clases expositivas: 8 horas
- Clases interactivas: 12 horas
- Titorias: 4 horas
Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
- Estudo: 18 horas
- Preparación traballos: 28 horas
- Lecturas recomendadas: 5 horas
Tempo estimado Total: 75 horas
- Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados.
- Elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas encomendadas.
- Participación activa nas clases prácticas.
Complementariamente, será necesario, fundamentalmente, nos escenarios formativos 2 e 3, que o alumando conte con acceso a un equipo informático de uso individual, con cámara e micrófono, así como a posibilidade de acceso a Internet para o traballo virtual síncrono e asíncrono.
PROFESORA:
Cristina Ceinos Sanz. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Módulo A. Despacho Nº 18 (1º andar).
Teléfono: 881813823 E-mail: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
REALIZACIÓN DE TRABALLOS:
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Na realización das prácticas e traballos, seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles, "unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Cabe lembrar que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade de "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudante…
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ASPECTOS A CONSIDERAR PARA PODER CURSAR ESTA MATERIA CON ÉXITO NOS POSIBLES ESCENARIOS FORMATIVOS SOBREVIDOS POR MOR DA COVID-19:
Aspectos xerais:
O programa está deseñado para o desenvolvemento desta materia nun escenario presencial. Non obstante, todo o material teórico, práctico, de apoio e bibliográfico empregado para abordar os diferentes contidos e bloques temáticos estará dispoñible na aula virtual da materia, así como na biblioteca universitaria e/ou en internet (en acceso libre). No caso de que algún material non estivese accesible, a docente responsable da materia suplirá dito material por outro de iguais características co propósito de dar cumprimento aos obxectivos educativos e contidos contemplados no programa.
Se as circunstancias así o requiren e de producirse o paso a un novo escenario diferente ao presencial (escenario 2 e 3), a docente realizará unha replanificación do calendario formativo a través da aula virtual e dos recursos tecnolóxicos dispoñibles no entorno dixital da USC.
Nestes escenarios, a docente acomodará as sesións síncronas e asíncronas tendo en conta as posibles necesidades, carencias e/ou demandas tecnolóxicas -manifestadas polo seu alumnado- de xeito que o acceso e continuidade dos procesos formativos se realicen con garantías de igualdade, viabilidade, flexibilidade e eficacia.
Aspectos metodolóxicos:
A metodoloxía establecida en todo momento será activa e participativa, de modo que o desenvolvemento da materia facilite a actividade de cada alumno/a para que sexa capaz de construír o seu coñecemento, así como propiciar unha aprendizaxe autónoma. Dita metodoloxía, no escenario presencial, desenvolverase, fundamentalmente, a través da combinación de diferentes metodoloxías co fin de ter a oportunidade de implicarse nunha gran variedade de experiencias de aprendizaxe.
Por outra banda, de establecerse novos escenarios formativos (concretamente, o 2 e 3), o enfoque metodolóxico da materia toma como eixo central a aula virtual e as ferramentas dixitais postas á nosa disposición polo espazo Moodle da USC. Chegado ese momento, a docente da materia subirá á aula virtual as directrices específicas para facilitar e garantir o acceso e o adecuado desenvolvemento da materia.
Aspectos avaliativos:
O sistema de avaliación contemplado nesta materia terá sempre un carácter procesual, formativo e continuo, independentemente do escenario no que se desenvolvan os procesos formativos. Isto supón que, na totalidade de escenarios, debe darse cumprimento ao seguimento da materia nas sesións expositivas -presenciais, síncronas ou asíncronas, segundo se establezan e planifiquen con cada realidade-, así como a participación e entregas contempladas para o desenvolvemento das sesións interactivas e/ou tipoloxías de actividades/traballos nas datas oficiais.
Na totalidade de escenarios que poidan darse, mantense o 50% do peso da cualificación no referido aos aspectos teóricos, así como o 50% restante para aqueles de carácter práctico.
Complementariamente, destaca que as características dos traballos recollidos neste programa poden sufrir modificacións en función das necesidades formativas observadas no desenvolvemento da materia, así como dos axustes necesarios que poidan darse como consecuencia dun escenario de non presencialidade na aula.
Nota de interese: Recórdase que para aqueles casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Aspectos titoriais:
Informarase dos horarios de titorías ao comezo do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line. Independentemente do escenario de docencia que poida establecerse, estarán a disposición do alumnado espazos de debate e resolución de dúbidas como foros virtuais, así como o uso de outros recursos tecnolóxicos como o correo electrónico e a plataforma Teams.
Plan de continxencia:
(https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…)
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de Ciencias da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada) contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
- Escenario 2. Con medidas de distanciamento:
Metodoloxía da Ensinanza:
Segundo o protocolo da F acultade e condicións polo número de alumnado e de espazos para o desenvolvemento da docencia, esta materia é considerada principalmente de tipo C, quedando condicionada a metodoloxía de ensino de ensinanza da seguinte maneira:
A docencia expositiva realizarase combinando a docencia presencial coa virtual, dividíndose o grupo en dúas metades (materia tipo A por protocolo), recibindo deste xeito as clases de forma presencial/virtual de xeito alternado en cada unha das metades establecidas. A docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...) e seguimento aos grupos de traballo a través de correo electrónico.
As sesións interactivas (se as condicións protocolarias se manteñen) serán principalmente presenciais, mantendo o distanciamento de seguridade nas aulas asignadas. De ser o caso de ter que alternar con docencia virtual, cada grupo interactivo podería dividirse alfabeticamente en dúas metades (materia A segundo protocolo), de xeito que recibirían as clases de xeito presencial/virtual de forma alternada en cada unha das metades establecidas.
Nota: En función do número de estudantes matriculados e da aula asignada, revisarase o tipo de materia establecido, pudendo ser modificado de acordo co protocolo da Facultade no caso de excederse o aforo da aula asignada.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
A avaliación terá sempre un carácter continuo e será equitativo entre a parte teórica e práctica da materia, combinando os traballos e prácticas individuais e grupais levadas a cabo durante o desenvolvemento da materia coa realización dunha proba final de carácter presencial de ser posible ou telemático a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua e 50% proba final).
- Escenario 3. Peche das instalacións:
Metodoloxía da Ensinanza:
A docencia expositiva realizarase de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio realizarase telematicamente por correo electrónico, preferentemente nos horarios da materia ou de titoría do profesor.
As sesións interactivas realizaranse virtualmente, preferente de forma asíncrona, apoiándose nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e correo electrónico; e, de ser posible tecnicamente, farase seguimento telemático aos grupos de traballo de maneira síncrona a través de Teams.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
A avaliación terá sempre un carácter continuo e será equitativo entre a parte teórica e práctica da materia, combinando os traballos e prácticas individuais e grupais levadas a cabo durante o desenvolvemento da materia coa realización dunha proba final de carácter telemático a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua e 50% proba final).
María Isabel Porta Martín
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813819
- Correo electrónico
- isabel.porta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |