Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Pretendemos a través desta materia contribuír á formación de docentes capaces e comprometidos coa asunción e posta en práctica de proxectos compartidos a nivel de centro, acompañados inexcusablemente dunha responsabilidade individual para levalos a cabo.
Consideramos a figura do docente como un axente protagonista e dinamizador do necesario reaxuste de toda a maquinaria organizativa, das rutinas, dos procesos de actuación..., para resituar á institución educativa como elemento socializador das novas xeracións.
Por conseguinte, esta materia persegue os seguintes obxectivos:
- Coñecer a organización e a estrutura dos Ciclos Formativos.
- Identificar os diferentes niveis de concreción curricular referidos aos módulos da súa especialidade.
- Deseñar unha Programación Didáctica.
- Coñecer como implementala na aula, coñecendo estratexias, métodos e recursos, tanto para as actividades de desenvolvemento como para as relacionadas con procesos avaliativos.
- Organización e estrutura actual dos Ciclos Formativos.
-Niveis de concreción curricular. Análise do deseño curricular dos módulos da especialidade.
-Programación didáctica: deseño e elementos conformadores.
- Selección, deseño e desenvolvemento de actividades formativas, estratexias metodolóxicas, inclusión das TIC e recursos didácticos.
-Avaliación (e a súa práctica): obxecto, criterios, métodos e instrumentos.
*Case a totalidade da bibliografía aquí recollida é de fácil acceso por parte dos estudantes da materia, a través de fontes oficiais reseñadas e/ou a través do servizo de Préstamo de Libros Online (PreLo) da Biblioteca da USC.
*BÁSICA:
BRUNET, I. & MORAL, D. (2017). Origen, contexto, evolución y futuro de la Formación Profesional. Tarragona: Universitat Rovira i Virgili, Publicacions URV. Recuperado de http://llibres.urv.cat/index.php/purv/catalog/book/272
BLAS, F. A. (2007). Competencias profesionales en la formación profesional. Madrid: Alianza Editorial.
CANTÓN MAYO, I. & PINO JUSTE, M. R. (Coords.) (2014). Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento (1 ed. edición.). Madrid: Alianza Editorial.
CANTÓN MAYO, I. & PINO JUSTE, M. R. (Coords.) (2014). Diseño y desarrollo del currículum (1 ed. edición.). Madrid: Alianza Editorial.
COLL, C. (2010 – Coord.). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la Educación Secundaria. Barcelona: Ministerio de Educación (Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional; Editorial Graó.
DE LA TORRE, S. (Dir.); OLIVER, C. & SEVILLANO, M. L. (Coords.) (2010). Estrategias didácticas en el aula. Buscando la calidad y la innovación. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
GÓMEZ HURTADO, I. & GARCÍA PRIETO, F. J. (2014). Manual de didáctica. ES: Ediciones Pirámide.
HOMS, O. (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento. Barcelona: Fundación La Caixa (Colección Estudios Sociales, Núm. 25). Recuperado de http://todofp.es/profesores/biblioteca-todofp/informes/formacion-profes…
LUKAS, J. & SANTIAGO, K. (2014). Evaluación educativa. ES: Alianza Editorial.
SANCHA, I. & GUTIÉRREZ, S. (2019). La Formación Profesional en España 2018. Madrid: Fundae. Recuperado de http://todofp.es/profesores/biblioteca-todofp/informes/formacion-profes…
*COMPLEMENTARIA:
BARREIRA, E. M.; CASTELAO, A. & CASAL, L. (2018). El proceso de enseñanza y aprendizaje en FP: programación de un módulo profesional. En E. M. Barreira Cerqueiras & C. Sarceda Gorgoso, (Coords.). Formación Pedagógica y Didáctica del Profesorado (pp. 113-132). Santiago de Compostela: Campus na Nube.
CATALÁN BLAY, F. L. (2011). Unidad 2: El desarrollo curricular de la formación profesional. Recuperado de http://ocw.umh.es/ciencias-sociales-y-juridicas/didactica-y-aproximacio…
CEUFP (2019). Manual. Elaboración de programacións dos módulos profesionais LOE a través da aplicación informática. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia. Recuperado de https://www.edu.xunta.es/programacions/
GARCÍA MONTERO, R. (2015). Metodología didáctica en la formación profesional de Grado Medio (Tesis Doctoral Inédita). Deusto: Universidad de Deusto. Recuperado de https://www.educacion.gob.es/teseo/mostrarSeleccion.do
GARCÍA-VALCÁRCEL MUÑOZ-REPISO, A. & HERNÁNDEZ MARTÍN, A. (2013). Recursos tecnológicos para la enseñanza e innovación educativa (1 ed.). ES: Sintesis.
HOLGUERAS, A. I. & GONZÁLEZ, R. (2017). La formación del docente de formación profesional. En A. Medina Rivilla, A. de la Herrán Gascón e Mª C. Domínguez Garrido (Coords.). Nuevas perspectivas en la formación de profesores (pp. 125-169). Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
JIMÉNEZ, B. (1997). Formación Profesional: concepción de los ciclos formativos. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 30, 31-49. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/ejemplar/11383
MARTÍNEZ NAVARRO, F. (2004). Programaciones didácticas para el aula. Manual para opositores de Secundaria. Las Palmas: Cam – PDS Ediciones. Recuperado de https://issuu.com/fmarnav/docs/programaciondddactica-paco--b
MOSCOSO ARIZA, A. (2009). Metodología docente en la formación profesional. Temas para la Educación - Revista digital para profesionales de la enseñanza, 5. Recuperado de https://www.feandalucia.ccoo.es/indcontei.aspx?d=3577&s=5&ind=178
SOLBES i MONZÓ, R. (2014). Programaciones didácticas para FP. Manual de diseño y desarrollo de una programación didáctica basada en competencias contextualizadas. Valencia: Nau Llibres. Recuperado de https://raulsolbes.com/pedagogia-y-didactica/programaciones-didacticas/ [estracto libro]
RAJADELL, N. (2001). Los procesos formativos en el aula: estrategias de enseñanza - aprendizaje. En F. Sepúlveda y N. Rajadell (Coords.). Didáctica general para psicopedagogos (pp. 463-525). Madrid: UNED. Recuperado de https://www.unamenlinea.unam.mx/recurso/83807-los-procesos-formativos-e…
SOLSONA SOLÉ, J. (2015). Una revisión de los módulos transversales de los ciclos formativos de formación profesional. Avances en supervisión educativa: Revista de la Asociación de Inspectores de Educación de España, 24. https://doi.org/10.23824/ase.v0i24.15
*DIXITAL:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL – Sección Formación Profesional: https://www.edu.xunta.es/fp
INSTITUTO NACIONAL DE LAS CUALIFICACIONES (INCUAL) - http://incual.mecd.es/
MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL – TODO FP: http://todofp.es/inicio.html
*LEGAL
LEI ORGÁNICA 5/2002, de 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional [BOE, núm. 147, 20/06/2002].
LEI ORGÁNICA 2/2006, de 3 de maio, de educación, na súa modificación pola LEI ORGÁNICA 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (Texto Consolidado) [BOE, núm. 106, 04/05/2006].
REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo [BOE, núm. 182, 30/07/2011].
REAL DECRETO de establecemento do título de Técnico Básico/Técnico/Técnico Superior que corresponda.
DECRETO 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia [DOG, núm. 131, 12/07/2010].
DECRETO de currículo de ciclo formativo de grado básico/medio/superior que corresponda na comunidade autónoma.
X1 Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
X3 Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X4 Buscar, obter, procesar e comunicar información “oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia”, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
X5 Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
X6 Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
X7 Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
X10 Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
E1. Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
E3. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino - aprendizaxe.
E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
E15. En formación profesional, coñecer a evolución do mundo laboral, a integración entre sociedade, traballo e calidade de vida.
E16. En formación profesional, coñecer a necesidade de adquirir a formación adecuada para a adaptación aos cambios e transformacións que poidan requirir as profesións.
P1.- Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
P5.- Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
Tendo en conta as características da materia, é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
O traballo nas aulas será apoiado polo seguimento a través da USC Virtual (Aula Virtual da materia) onde o alumno disporá de ferramentas e materiais de apoio ao seu estudo.
*NOTA ACLARATORIA: no apartado “Observacións”, sección “Plan de Continxencia” aparecen os aspectos fundamentais da METODOLOXÍA DE ENSINO da materia en caso de situarnos nos escenarios de ensino – aprendizaxe semipresencial ou non presencial.
AVALIACIÓN PARA ALUMNADO ASISTENTE
*NOTA IMPORTANTE: Para que o alumnado poida acollerse a este sistema de avaliación ten que asistir ao 80% das clases (véxase o apartado de “Observacións”).
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 20%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia, rexistro de participación, observación do profesor e actividades/probas escritas que o profesor recollerá durante as clases.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: a puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: exercicios e prácticas; exposicións orais.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: explicación polo/a docente ao inicio das sesións da materia.
**NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
C. PROBAS ESPECIFICAS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: proba final (poderá ser tipo test, preguntas curtas ou unha combinación de ambas).
- Indicadores/orientacións para a avaliación: realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será preciso superar todos os apartados anteriores para a superación da materia, obtendo unha cualificación mínima global de 5 puntos (cualificación mínima no apartado B: 2 sobre 4, e cualificación mínima no apartado C: 2 sobre 4).
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA / NON ASISTENTE AO 80% DAS CLASES
Estará nesta situación, tanto o alumnado con faltas de asistencia non xustificadas superior ao 20% do total de horas da materia (serán denominados como “non asistentes”) como aquel alumnado que por algún motivo considerado non poida asistir a clase de forma continuada. Neste último caso, estes alumnos/as deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Comisión do Título (véxase o apartado de “Observacións”). O alumnado que se atope nunha das situacións contempladas anteriormente deberá ter en conta as seguintes condicións de avaliación.
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS.
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: portafolios; exercicios e prácticas.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: o alumno/a deberá entregar os traballos requiridos segundo unha programación e espazo de entregas habilitados.
**NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
B. PROBAS ESPECIFICAS
- Peso na cualificación: 60%
- Instrumentos de avaliación: proba final (preguntas tipo test; preguntas de desenvolvemento, curtas e extensas).
- Indicadores/orientacións para a avaliación: realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será preciso aprobar todos os apartados anteriores para a superación da materia, obtendo unha cualificación mínima global de 5 puntos (cualificación mínima no apartado B: 2 sobre 4, e cualificación mínima no apartado C: 3 sobre 6).
PROCEDEMENTOS PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA.
O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
- ALUMNADO ASISTENTE: deberá superar aquel/es apartados suspensos (apartado B e/ou C) presentando os traballos necesarios e/ou presentándose ao exame na segunda oportunidade, manténdose a mesma proporcionalidade e as cualificacións daqueles apartados que foran superados no período ordinario.
- ALUMNADO CON DISPENSA/NON ASISTENTE: deberá realizar unha proba final na segunda oportunidade, de carácter teórico/práctico, que versará sobre os contidos e traballos realizados ao longo do curso.
A súa cualificación virá determinada pola seguinte proporción: parte teórica (6 puntos) e parte práctica (4 puntos). Para obter a cualificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar no exame unha puntuación mínima de 3 puntos sobre 6 (parte teórica) e de 2 sobre 4 na parte de carácter práctico. A cualificación global virá determinada pola suma das cualificación obtidas nos dous apartados.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
***NOTA ACLARATORIA: no apartado “Observacións”, sección “Plan de Continxencia” aparecen os aspectos fundamentais do SISTEMA DE AVALIACIÓN da materia en caso de situarnos nos escenarios de ensino-aprendizaxe semipresencial ou non presencial.
Actividades formativas con seu contido en horas do alumno:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
- Clases expositivas: 30 h.
- Clases interactivas: 35 h.
- Titorías co profesor: 5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudio autónomo individual: 50 h.
- Lecturas a realizar fora da aula: 32 h.
- Realización de traballos da materia: 30 h
- Preparación de debates, ou exposicións, busca bibliográfica. 25 h. en relación o seu desenvolvemento.
- Traballo diario.
- Asistencia a clase de acordo coa normativa de USC.
A Universidade de Santiago de Compostela é unha universidade presencial, tal como queda reflectido no sistema de avaliación. É obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. É por iso que o alumnado que non poida asistir a clase de forma continuada deberá contar cunha dispensa de asistencia, segundo as condicións que se recollen na Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, que terá que ser aprobada pola Comisión do Título.
O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
O alumnado da materia que precise algún tipo de adaptación ou apoio debido a características asociadas a NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, non obstante, só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que foran valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: www.usc.es/gl/servizos/sepiu), co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade no trato e o mellor aproveitamento da materia.
Así mesmo, seguindo unha actitude de responsabilidade medioambiental, aqueles traballos/exercicios, tanto individuais como grupais, que se soliciten en papel para esta materia, deberán seguir as seguintes pautas: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; empregar grampas en lugar de encadernacións (sempre que sexa posible); imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
----
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía, sistema de avaliación e recomendacions para o estudo da materia segundo o documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e o documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO (restricións parciais á presencialidade física)
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
As sesións expositivas levaranse a cabo de maneira virtual na súa totalidade, apoiándose en sesións síncronas a través de ferramentas institucionais da USC e asíncronas, mediante vídeos explicativos e outros materiais elaborados por parte do/a docente.
As sesións interactivas levaranse a cabo de maneira presencial procurando desenvolver unha metodoloxía de traballo colaborativo entre o alumnado. En todo caso, as actividades prácticas serán tanto de carácter individual como grupal.
Os materiais de ensino – aprendizaxe, vídeos, ferramentas, tarefas, etc. así como o seguimento do alumnado se realizará a través da Aula Virtual da materia habilitada ao respecto. Empregaranse, así mesmo as ferramentas institucionais de comunicación postas a disposición da comunidade universitaria (Microsoft Teams, Skype empresarial, etc.) para a realización das sesións e titorías da materia.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
AVALIACIÓN PARA ALUMNADO ASISTENTE
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: 70%
Correspóndese cos exercicios, tarefas e prácticas vinculadas cos distintos contidos da materia, manténdose as mesmas condicións de realización, entrega, superación e “detección de producións e traballos copiados/plaxiados” que os establecidos para a docencia presencial.
B. PROBAS ESPECIFICAS: 30%
Realización dunha proba final (complementaria á avaliación continuada do alumnado) de carácter telemático e asíncrono na data oficial estipulada ao efecto. Preferentemente, tratarase dunha proba tipo test na que se valorarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será necesario que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 puntos no conxunto dos apartados anteriores.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA / NON ASISTENTE AO 80% DAS CLASES
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: 40%
Correspóndense coa realización dun portafolios, exercicios e prácticas vinculados á materia, manténdose as mesmas condicións de realización, entrega e detección de fraude na realización de exercicios e probas que os establecidos para a docencia presencial, aínda que coas adaptacións requiridas ao escenario de docencia semipresencial.
B. PROBAS ESPECIFICAS: 60%
Realización dunha proba final (complementaria á avaliación continuada do alumnado) de carácter telemático e asíncrono, na data oficial estipulada ao efecto. Tratarase dunha proba con preguntas tipo test e/ou de desenvolvemento, curtas e extensas.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será necesario que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 puntos no conxunto dos apartados anteriores.
PROCEDEMENTOS PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA.
Pautas e condicionamentos para o alumnado que non supera a materia no período ordinario:
- ALUMNADO ASISTENTE: deberá presentar un traballo de mellora na segunda oportunidade daqueles aspectos non superados no período de avaliación ordinario (tarefas e/ou proba final) cuxos aspectos serán establecidos e acordados entre docente e alumno/a, tendo en conta a súa avaliación.
- ALUMNADO CON DISPENSA/NON ASISTENTE: deberá presentar un traballo de mellora na segunda oportunidade daqueles aspectos non superados no período de avaliación ordinario (tarefas e/ou proba final) cuxos aspectos serán establecidos e acordados entre docente e alumno/a, tendo en conta a súa avaliación.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA NO ESCENARIO 2
- Continuación do calendario / horarios oficiais establecidos para a materia, tanto de sesións como de titorías.
- Traballo diario, ben pautado e organizado.
- Asistencia, de ser posible, ás sesións virtuais e telemáticas da materia empregando as ferramentas oportunas.
- Manexo das ferramentas institucionais da USC postas ao disposición da comunidade universitaria.
-----
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
As sesións expositivas e interactivas levaranse a cabo de maneira virtual na súa totalidade, apoiándose en sesións síncronas a través de ferramentas institucionais da USC (apertura de espazo virtual docente/discente no M. Teams) e asíncronas a través de vídeos explicativos, materiais, prácticas e recursos elaborados por parte do/a docente (en Aula Virtual).
O calendario e horarios establecidos de xeito oficial manteranse, aínda que coas adaptacións pertinentes en canto á actividade docente, actividade discente, titorización, guía e supervisión do traballo.
Os materiais de ensino – aprendizaxe, vídeos, ferramentas, tarefas, etc., así como o seguimento do alumnado se realizará a través da Aula Virtual da materia habilitada ao respecto. Empregaranse, como xa se mencionou con anterioridade, as ferramentas institucionais de comunicación postas a disposición da comunidade universitaria (Microsoft Teams, Skype empresarial, etc.) para o desenvolvemento das distintas sesións e titorías da materia.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
AVALIACIÓN PARA ALUMNADO ASISTENTE
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: 80%
Correspóndese cos exercicios, tarefas e prácticas vinculadas cos distintos contidos da materia, manténdose as mesmas condicións de realización, entrega, superación e detección de fraude nas probas e exercicios que os establecidos para a docencia presencial, aínda que adaptadas ao escenario de docencia non presencial.
B. PROBAS ESPECIFICAS: 20%
Realización dunha proba final (complementaria á avaliación continua do alumnado) de carácter telemático e con carácter asíncrono, na data oficial estipulada ao efecto. Preferentemente, tratarase dunha proba tipo test na que se valorarán os coñecementos adquiridos.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será necesario que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 puntos no conxunto dos apartados anteriores.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA / NON ASISTENTE AO 80% DAS CLASES
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS: 40%
Correspóndense coa realización dun portafolios, exercicios e prácticas vinculados á materia, manténdose as mesmas condicións de realización, entrega e “detección de producións e traballos copiados/plaxiados” que os establecidos para a docencia presencial.
B. PROBAS ESPECIFICAS: 60%
Realización dunha proba final de carácter telemático e con carácter asíncrono, na data oficial estipulada ao efecto. Tratarase dunha proba con preguntas tipo test e/ou de desenvolvemento, curtas e extensas.
**SUPERACIÓN DA MATERIA: será necesario que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 puntos no conxunto dos apartados anteriores.
PROCEDEMENTOS PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA.
Pautas e condicionamentos para o alumnado que non supera a materia no período ordinario:
- ALUMNADO ASISTENTE: deberá presentar un traballo de mellora daqueles aspectos non superados no período de avaliación ordinario (tarefas e/ou proba final) cuxos aspectos serán establecidos e acordados entre docente e alumno/a, tendo en conta a súa avaliación.
- ALUMNADO CON DISPENSA/NON ASISTENTE: deberá presentar un traballo de mellora daqueles aspectos non superados no período de avaliación ordinario (tarefas e/ou proba final) cuxos aspectos serán establecidos e acordados entre docente e alumno/a, tendo en conta a súa avaliación.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA NO ESCENARIO 3
- Continuación do calendario / horarios oficiais establecidos para a materia, tanto de sesións como de titorías.
- Traballo diario, ben pautado e organizado.
- Asistencia, de ser posible, ás sesións virtuais e telemáticas da materia empregando as ferramentas oportunas.
- Manexo das ferramentas institucionais da USC postas ao disposición da comunidade universitaria.
Eva María Barreira Cerqueiras
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala de Xuntas |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala de Xuntas |
Venres | |||
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala de Xuntas |
30.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
01.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |