Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da asignatura é responder á cuestión ¿Como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia científica? Noutras palabras, como ensinar bioloxía e xeoloxía de forma que se promova a construcción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a capacidade de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversos.
Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Ser capaz de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado en prácticas científicas, como construír modelos ou usar probas.
- Ser capaz de formular problemas auténticos para traballar nas clases de bioloxía, xeoloxía e ciencias da natureza en secundaria (ESO e Bacharelato), relativos, por exemplo, aos seres vivos e a organización celular, aos procesos de nutrición, á orixe do relevo, o tempo en xeoloxía e os cambios xeolóxicos, aos ecosistemas, a herencia biolóxica e a evolución, e a tectónica de placas ou ás causas dos procesos internos.
- Ser capaz de identificar distintos problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas, e estratexias docentes que pretenden resolvelos.
- Ser capaz de modificar prácticas e actividades convencionais e transformalas en problemas que demanden participación activa do alumnado, que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas nas prácticas de laboratorio e nas saídas ao campo.
- Ser capaz de utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do entorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Ser capaz de identificar dimensións do traballo científico, modelos teóricos e métodos en exemplos da historia da ciencia, e integrar unha imaxe contemporánea do traballo científico no ensino.
ASPECTOS XERAIS DA APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E DA XEOLOXÍA: CONSTRUCCIÓN E USO DE COÑECEMENTOS, MODELOS E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE
O modelo constructivista: papel do profesorado e do alumnado e a importancia das ideas alternativas na aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía.
Estratexias mentais, habilidades e actitudes para a aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario.
Os modelos mentais no ensino e aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía.
A construcción, uso revisión e avaliación de modelos.
A transposición didáctica no ensino e aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: da ciencia das disciplinas á ciencia escolar.
O uso de probas para avaliar o coñecemento, a argumentación: papel das probas, criterios para avaliar probas, elementos dos argumentos.
A indagación nas clases de bioloxía e xeoloxía en secundaria: indagacións, proxectos de investigación do alumnado. Continuum de indagación.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias: comunicación, transformacións do discurso.
Estratexias e recursos para aprender a aprender: Mapas conceptuais e bases de orientación
A competencia científica e a súa relación coas prácticas científicas.
A investigación e innovación didáctica no ensino e aprendizaxe de Bioloxía e Xeoloxía.
A APRENDIZAXE DA BIOLOXÍA E DA XEOLOXÍA NOS GRANDES ÁMBITOS CURRICULARES:
A construcción de coñecementos e o seu uso nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: modelos e conceptos como ferramentas; pensar con conceptos científicos
Linguaxe e aprendizaxe nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeololoxía no ensino secundario: construcción de significados; aprender a ler, analizar e redactar textos científicos.
Dificultades na transferencia de conceptos científicos aos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: ideas alternativas en Bioloxía e Xeoloxía e cambio conceptual no avance de modelos mentais iniciais cara os modelos mentais complexos.
Dimensións afectivas na aprendizaxe dos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: o desenvolvemento de actitudes e valores; como promover a motivación e o interese polas ciencias; ensino das ciencias e formación da cidadanía.
O desenvolvemento de destrezas nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: Técnicas, destrezas e estratexias. Procedementos, clasificación, seriación, observación, interpretación de mapas e cortes xeolóxicos; representación de datos; imaxes e diagramas.
Traballos prácticos nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: obxectivos; tipos; traballos abertos e fechados.
Problemas auténticos relevantes para os diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: deseño de problemas
O traballo de campo nos diferentes ámbitos curriculares da Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario: Recursos en Galicia.
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NO CONTEXTO SOCIAL
Contexto social da Ciencia: a investigación e o seu impacto social; biotecnoloxía; determinismo; enfermidades emerxentes; dimensións científicas, sociais e éticas.
Educación Ambiental, cambio climático e cambio global.
Ciencia e xénero: coeducación na aula; outras historias da ciencia, papel do coñecemento etnobotánico tradicional.
As cuestións socio-científicas: traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Programa actividades nas clases interactivas
1- Análise da xerminación dende o punto de vista da fisioloxía vexetal e das sucesións nos ecosistemas
2 Extracción e purificación do ADN.
3.- Extracción e separación de pigmentos vexetais.
4.- Análise microbiolóxico das branquias dos mexilóns e as súas relacións coa nutrición dos bivalvos.
5.- A disección dun corazón como actividade práctica nuclear para o ensino e aprendizaxe da nutrición.
6.- A disección dun ollo como actividade práctica nuclear para o ensino e aprendizaxe da función de relación.
7. Análise microscópico de tecidos e orgános.
8.- Simulación de formación de dunas e riples no encadre do estudo dos impactos das obras públicas no litoral.
9.- Dinámicas de grupos e actividades prácticas sobre cambio climático.
Bibliografía básica:
Cañal, P., de Pro Bueno, A., del Carmen Martín, L. M., Barros, S. G., Jiménez , M. P. J., Bargalló, C. M., .& Samartí, N. (2011). Didáctica de la Biología y la Geología (Vol. 22). Graó.
Jimenez, M. P. ., Ros, A. C., de Torre, A. O., de Pro Bueno, A., & Rodríguez, E. P. (2003). Enseñar ciencias (Vol. 176). Grao.
Osborne, R., & Freyberg, P. (1991). El aprendizaje de las ciencias: influencia de las" ideas previas" de los alumnos (Vol. 121). Narcea Ediciones.
Bibliografía complementaria
Jiménez, M. P. J., Brañas, M. P., Sóñora, F. & García – Rodeja, I. (1998). Diez mil años en un centímetro: unidad curricular sobre el suelo. Su formación, degradación, cuidado y restauración. In Investigación e innovación en la enseñanza de las ciencias (pp. 83-90). DM.
Jiménez, M. P. , Gallástegui, J. R. G., Eirexas, F.., & Mauriz, Puig B. (2009). Actividades para trabajar el uso de pruebas y la argumentación en ciencias. Danú.
Jiménez, M. P., & Puig, B. (2013). El papel de la argumentación en la clase de ciencias. Alambique: Didáctica de las ciencias experimentales, (75), 85-90.
Jiménez, M. P. J., & Díaz, J. (1998). La indagación en las clases prácticas de biología: el uso del microscopio. In Investigación e innovación en la enseñanza de las ciencias (pp. 111-119). DM.
Municio, J. I. P., Pozo, J. I., & Crespo, M. Á. G. (1998). Aprender y enseñar ciencia: del conocimiento cotidiano al conocimiento científico. Ediciones Morata.
Sanmartí, N. (2008). Escribir para aprender ciencias. Aula de innovación educativa, 175, 29-32.
Sóñora, F., & Anguita, F. (2011). Unidade 3 de Climántica: Auga e cambio climático.Santiago de Compostela. Xunta de Galicia.
Sóñora-Luna, F., & Alonso-Méndez, A. (2018). Ocean Under Global Change: From Science to School. International Journal of Environmental and Science Education. 2018, (13 No. 2), 97-112.
Sóñora, F., Fernández, E., Barañano, C., & Alonso. A. (2019). Investigación de Ecoloxía Escolar nunha pradaría de Zostera nolteii. Innovación educativa, (29), 27-43.
Sóñora, F., Rodríguez-Ruibal, M. M., & Troitiño, R. (2009). Un modelo activo de educación ambiental: prácticas sobre cambio climático. Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, 17(2), 196-206.
Competencias
Que as e os estudiantes sexan capaces de:
Xerais
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Desenvolver estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver destrezas de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a entornos educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas asociadas ao módulo xenérico
- CE-G1. Coñecer as características do alumnado, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
Específicas asociadas ao módulo específico
- CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE-E4. Coñecer contextos e situacións nos que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes.
- CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
- CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidad.
Transversais:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesor. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos, de textos e artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto na aula coma nas sesións de titoría. Nestas atenderase os estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionados coa materia.
Por outra parte, a Aula Virtual permite a conexión directa do alumnado cos recursos da materia e facilita as estratexias de ensino-aprendizaxe, ao presentarse nela todos os contidos expostos nas sesións expositivas, presentacións do profesorado nas sesións interactivas, outros documentos utilizados, artigos recomendados, ligazóns de interese, outras propostas, etc. Amais, é a través desta Aula como se realizará a interacción do alumnado co profesorado en relación aos informes ou traballos a presentar.
Ao ser unha metodoloxía práctica é indispensable a asistencia a clase.
Escenario 2: Distanciamento
Concentraranse nas sesión presenciais as actividades en que sexa máis importante o intercambio de información docente-alumnado ou alumnado-alumnado, así como as actividades prácticas manipulativas que requiran orientación directa do docente ou equipamento específico. As actividades que se poidan facer máis fácilmente de forma autónoma e/ou individual polo alumnado serán as que o alumnado fará de xeito “distanciado”
Escenario 3: Perche das instalación
A) Clases expositivas
Proporciónase un documento que recolle contidos do “Resumo de Contidos” (que se utiliza como eixe orientativo de traballo durante as clases expositivos) elixidos especialmente por seren de fácil comprensión por todo o alumnado, e que se correspondan cos que están programados para as sesións expositivas.
Poderase solicitar ao alumnado que realice algún tipo de actividade en relación a ese documento a fin de que se poida avaliar o grao de comprensión dos contidos propostos, e que tamén sirva de autoavaliación ao propio alumando, e de avaliación da actividade para o profesor.
B) Clases interactivas
Dadas as especificidades que presentan as actividades experimentais que conforman a maioría das programadas nesta faceta do curso proporanse actividades que desde o carácter procedimental son, dunha parte, de reflexión e argumentación desde a perspectiva individual, e, doutra, de presentación de propostas online de interese para o profesorado da materia en sencudaria. Proporanse asimesmo actividades manipulativas que se poidan facer de xeito simple na casa usando portais de uso aberto e libre
como “Enseñando ciencia con ciencia” publicado recientemente pola FECYT e que se pode descargar gratuitamente en https://www.fecyt.es/es/publicacion/ensenando-ciencia-con-ciencia ou os recursos descargables e online do proxecto Climántica http://www.climantica.org/
Sistema de avaliación
(A) Escenario 1:
Normalidade adaptada
Parte1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo.
b. Elaboración e presentación dun traballo escrito a modo de portfolio que deberá describir, valorar e conectar co currículo todas as actividades interactivas. Tamén incluirá unha proposta curricular derivada e inspirada nas actividades das clases interactivas. Ese portfolio será grupal pero incluirá un apartado final que inclúa as reflexións persoais das achegas feitas cada membro do equipo ao traballo grupal e tamén as valoracións do conxunto do portfolio.
Parte 2
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final: Parte 1: - Apartado a: 10% - Apartado b: 30% (25% por pártea grupo e 5% pola individual). Parte 2: - Apartado c: 60% (45% por items de resposta pechada de elección múltiple e 15% por resolución de casos prácticos). Para obter puntuación na Parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das falta terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, pero non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira oportunidade é necesario obter como mínimo un 40% (mínimo 2,4 sobre 6) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar este o 60% do total non será superior a 6. O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre a fin de concretar o plan de traballo.
Avaliación do alumnado con dispensa de docencia. O alumnado que teña concedida dispénsaa de docencia estará sometido á Normativa xeral que corresponda. Con todo, é preciso que se poña en contacto co docente durante as primeiras semanas de máster para concretar a súa situación para establecer, no seu caso, o plan de traballo alternativo. Nese contacto das primeiras semanas de curso concretarase o sistema de traballo sustitutivo do descrito na parte b que consistirá en webquest que parta de situacións problemáticas relacionadas cos mesmos contidos abordados nas clases interactivas presenciais. Este traballo terá unha valoración do portfolio que presenten os estudantes individuais, tendo que entregar un documento coa fundamentación didáctica, a url, e a explicación da resolución con capturas de pantalla. Terá unha valoración de 3 puntos e a este alumnado, ao non sumarlles o punto de asistencia, avaliarase sobre 9 (6 da parte c e 3 da parte b alternativa para estes estudantes con concesión do dereito de dispensa da presencialidade).
(B) Escenario 2
Distanciamento
Utilizarase o sistema de avaliación do escenario 1, pero a parte 1 b será 15% pola parte en grupo e 15% polo traballo individual. A proba escrita neste caso, se non se pode facer en presencial, basearase en resolución de casos prácticos a modo de ensaio deseñadas para que ao responder póidase usar todo tipo de información.
2) Escenario 3:
Peche das instalación
a. Seguimento e entrega puntual das actividades propostas na aula virtual.
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos requiridos polo profesorado ao longo do curso que comprendan que poñan de manifesto o aprendido así como sobre as actividades e proxectos realizados.
c. Proba final (individual, a distancia) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática mediante casos prácticos que permitan, no tempo asignado de forma oficial para o exame, o uso de todo tipo de materiais
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final: Parte 1: - Apartado a: 10% - Apartado b: 30% Parte 2: - Apartado c: 60%
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumnado: total 42 horas
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías: 6
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Elaboración e escrita de exercicios, análises, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 20 horas
- - Programación, experimentación, preparación debates, etc: 14
- Actividades na biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas: 15 horas.
- Realización do exame: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe.
Os materiais – por exemplo guións das sesións interactivas- e resumos das presentacións do profesor, etc., estarán no campus virtual
DESCRICIÓN DA APLICACIÓN Á MATERIA DO PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA O CURSO 2021-2022 APROBADO POLO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE ABRIL DE 2021.
a) Adecuación da metodoloxía de ensiñanza e a avaluación para os escenarios 2 e 3 previstos no Plan de continxencia para ou desenvolvemento dá docencia ou curso 2021-2022 aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021
Escenario 2:
Distanciamento Concentraranse nas sesión presenciais as actividades en que sexa máis importante o intercambio de información docente-alumnado ou alumnado-alumnado, así como as actividades prácticas manipulativas que requiran orientación directa do docente ou material específico. As actividades que se poidan facer máis facilmente de forma autónoma e/ou individual polo alumnado serán as que o alumnado fará de maneira “distanciada”. Se as cocientes requiren de quendas, nas clases expositivas os estudantes que teñan que seguir as clases a distancia farano de forma sincrónica a través da plataforma Teams. Nas clases interactivas, se as cocientes requiren de quendas presenciais e non presenciais, os que teñan seguir a clase interactiva a distancia, farán actividades de análises e reflexión a partir de documentos escritos, audiovisuais e/ou interactivas. Os estudantes integrarán nun portfolio entregado ao final da materia os desenvolvementos desas actividades de análises e disporán de sesións de titoría para aclarar dúbidas que lles xurdiron
Escenario 3:
Peche das instalación As Clases expositivas Proporciónase un documento que recolle contidos do “Resumo de Contidos” (que se utiliza como eixo orientativo de traballo durante as clases expositivos) elixidos especialmente por ser de fácil comprensión por todo o alumnado, e que se correspondan cos que están programados para as sesións expositivas. Poderase solicitar ao alumnado que realice algún tipo de actividade en relación a ese documento a fin de que se poida avaliar o grao de comprensión dos contidos propostos, e que tamén sirva de autoavaliación ao propio alumando, e de avaliación da actividade para o profesor. As clases expositivas desenvolveranse de xeito sincrónico a través da plataforma Teams no horario establecido. En canto ás clases interactivas do escenario 3, dadas as especificidades que presentan as actividades experimentais que conforman a maioría das programadas nesta faceta do curso, propoñeranse actividades que desde o carácter procedemental sexan, dunha parte, de reflexión e argumentación desde a perspectiva individual, e, doutra, de presentación de propostas en liña de interese para o profesorado da materia en secundaria. No horario de cada quenda propoñeranse dinámicas de grupo baseadas en imaxes compartidas para a súa visualización desde os equipos informáticos, e xogos de rol baseados en conceptualizaciones e breves textos facilmente usables en pantallas de computadores. Propoñeranse así mesmo actividades manipulativas que se poidan facer de maneira simple na casa. Para iso recorrerase a plataformas de uso didáctica gratuíto “ Ensinando ciencia con ciencia” publicado recentemente pola FECYT https://www.fecyt.es/es/publicacion/ensenando-ciencia-con-ciencia ou a do proxecto Climántica: http://www.climantica.org/
b) Adecuación da avaluación para os escenarios 2 e 3 previstos no Plan de continxencia para ou desenvolvemento dá docencia ou curso 2021-2022 aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021.
Escenario 2
Distanciamento
Utilizarase o sistema de avaliación do escenario 1, pero a parte 1 b será 15% pola parte en grupo e 15% polo traballo individual. A proba escrita neste caso, se non se pode facer en presencial, basearase en resolución de casos prácticos a modo de ensaio deseñadas para que ao responder póidase usar todo tipo de información.
Escenario 3:
Peche das instalación
a. Seguimento e entrega puntual das actividades propostas na aula virtual.
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos requiridos polo profesorado ao longo do curso que comprendan que poñan de manifesto o aprendido así como sobre as actividades e proxectos realizados.
c. Proba final (individual, a distancia) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica mediante casos prácticos que permitan, no tempo asignado de forma oficial para o exame, o uso de todo tipo de materiais
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final: Parte 1: - Apartado a: 10% - Apartado b: 30% Parte 2: - Apartado c: 60%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Priorizar o envío por correo electrónico en formato PDF.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Traballaranse con contidos e actividades que poñan de relevo o papel da muller na ciencia
Francisco Sóñora Luna
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
23.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
06.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |