Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Educación e Linguas en Galicia, incluída como materia común no Máster, pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
1.- Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2.- Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
3.- Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4.- Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5.- Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
Co propósito de asentar os conceptos e as informacións básicas neste eido temático, pero buscando a súa aplicación a tarefas de planificación lingüística escolar, os contidos organízanse nos seguintes temas:
TEMA 1: Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do plurilingüismo.
TEMA 2: A planificación lingüística escolar en contextos plurilingües. Modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
TEMA 3: A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
TEMA 4: As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
TEMA 5: O papel dos centros na planificación lingüística: os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e o Proxecto Lingüístico de Centro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Paz, Agustín, Anxo M. Lorenzo Suárez & Fernando Ramallo (2007): A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Lorenzo, Francisco J. (2005): “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación 17 (3), 253-263.
RAG (2018): Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016. A Coruña: Real Academia Galega.
Siguán, Miquel (2004): Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza Editorial.
Xunta de Galicia (2010): Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Diario Oficial De Galicia de 25 de maio de 2010. En http://www.xunta.es/linguagalega/decreto_plurilinguismo [citado 14/05/2021].
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Arnau, J. (et al.) (1992): La educación bilingüe. Barcelona: ICE-Horsori.
Baker, C. (1997): Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Madrid: Cátedra.
Consello de Europa: “Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”. En http://www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html [citado: 14/05/2021].
Cummins, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. En Infancia y Aprendizaje 21, 37-68.
Huguet, A. & J. M. Madariaga (2005): Fundamentos de educación bilingüe. Bilbao: Universidad País Vasco.
Lorenzo Suárez, A. (2008): “A situación sociolingüística do galego: unha lectura”. Grial 179, 19-31.
Méndez López, I. & A. Sánchez Pérez (eds.) (2007): Lingua e Idade. III Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña.
Monteagudo, H. (coord.) (2009): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, H. (ed.) (2012): Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Observatorio da Cultura Galega (2011): O idioma galego na sociedade. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega. En http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1785 [citado: 14/05/2021].
Observatorio da Cultura Galega (2012): A(s) lingua(s) a debate. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. En http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1790 [citado: 14/05/2021].
Perera, J. (ed.) (2003): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Barcelona: Universitat de Barcelona.
Ruiz Bikandi, U. (2012): "El plurilingüismo visto desde los documentos europeos. una mirada crítica". En Textos de didáctica de la lengua y la literatura 60, 65-76.
Silva Valdivia, B. (2008): “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial 179, 48-59.
Silva, B., X. Rodríguez & I. Vaquero (coords.) (2010): Educación el inguas en Galicia. Santiago de Compostela: Universidade. En http://dspace.usc.es/handle/10347/2247 [citado: 14/05/2021].
Silva, B., X. Rodríguez & I. Vaquero (coords.) (2011): A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Santiago de Compostela: Universidade. En http://hdl.handle.net/10347/3598 [citado: 14/05/2021].
Vila, I., C. Siqués, & T. Roig (2006): Llengua, escola i inmigració: un debat obert. Barcelona: Graó.
Wurm, S. A. (ed.) (2001): Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París: Unesco.
Xunta de Galicia (2011): Orde de 12 de maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG de 20 de maio de 2011. En https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110520/AnuncioC3F1-160511-1… [citado: 14/05/2021].
Recóllense as que figuran na memoria do Máster, que se corresponden coas que aparecían na Orde ministerial que o regula. Dada a singularidade desta materia, débense entender simplemente na dimensión de traballo escolar coas linguas en contextos multilingües.
COMPETENCIAS XERAIS
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-G13) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos, e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición, para facilitar os conceptos ou informacións básicas, a interacción profesorado-alumnado e entre estudantes para contrastar opinións, e o traballo con documentos para asentar as aprendizaxes.
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, haberá sesións expositivas en gran grupo e sesións interactivas en grupo mediano. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia (obxectivos, metodoloxía de traballo, sistema de avaliación, etc.), para facilitar a información necesaria e para contrastar ideas sobre as cuestións nucleares do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos, para elaborar propostas referidas a situacións hipotéticas e para discutir cuestións máis específicas.
Fóra das sesións de clase o alumnado realizará algunhas tarefas de ampliación de coñecementos ou de aplicación que serán convenientemente orientadas pola docente en horario de titorías.
Utilizaremos a contorna da USC-Virtual para a entrega de documentos por parte da profesora, a entrega de tarefas por parte do alumnado e a comunicación virtual entre todos os membros da clase.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
Para obter esa información teranse en conta os seguintes elementos: a participación nas sesións de clase, as tarefas ou traballos que se encarguen e un exame individual. A ponderación de cada un na cualificación final será a seguinte:
- Participación: 20%
-----Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado e da súa participación nas actividades grupais realizadas na aula. Isto significa que a asistencia a clase ten un peso porcentual na nota final.
- Traballos: 40%
-----Instrumentos de avaliación: tres tarefas individuais que deben ser realizadas fóra das horas lectivas.
- Exame: 40%
-----Instrumento de avaliación: proba obxectiva tipo test.
PARA SUPERAR A MATERIA DEBERASE CONSEGUIR PUNTUACIÓN NOS TRES APARTADOS ANTERIORES (PARTICIPACIÓN NA AULA, TRABALLOS E EXAME). O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o alumnado de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase, en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
- Traballos: 40%
-----Instrumentos de avaliación: tres tarefas individuais.
- Exame: 60%
----- Independentemente de que sexa a primeira ou a segunda oportunidade, este exame constará sempre de dúas partes que nos permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
----------Primeira parte: proba obxectiva tipo test (40% da cualificación final).
----------Segunda parte: proba escrita aberta na que o alumnado debe responder a dúas preguntas de desenvolvemento (20% da cualificación final).
Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o plan de traballo correspondente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados “participación” e “traballos” da primeira oportunidade, e realizarase un novo exame coa mesma ponderación.
MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O valor curricular da materia é de 2 créditos ECTS, o que se traduce en 50 horas de dedicación do estudante. Destas, 14 son horas presenciais en grupo de clase e o resto estarán ocupadas na realización de traballos, na orientación dos mesmos en sesións de titoría individual ou grupal e en actividades de avaliación.
Á parte da asistencia regular á clase (obrigatoria de acordo coa normativa do Máster) e da revisión dos materiais que se faciliten, recoméndase a participación activa nos debates de clase como procedemento básico de autoaprendizaxe e tamén de contribución á aprendizaxe dos demais.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA OS ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS)
BIBLIOGRAFÍA
No caso de que nos atopemos nos escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións), a bibliografía necesaria para preparar a materia estará dispoñible na aula virtual.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
No caso de que nos atopemos nos escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións), seguirase a mesma metodoloxía de ensino que no escenario 1, de xeito que non se modificarán os contidos nin a planificación temporal da materia.
Pero, cando a docencia se teña que adaptar á semipresencialidade ou virtualidade, empregarase a plataforma MS Teams para impartir tanto as clases expositivas como as clases interactivas de xeito síncrono.
Cando as titorías teñan que ser telemáticas, o alumnado poderá elixir entre a videochamada por MS Teams e o uso do correo electrónico.
AVALIACIÓN
No caso de que nos atopemos nos escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche das instalacións), o sistema de avaliación será o mesmo que o que se contempla no escenario 1 (normalidade adaptada), e os tres elementos de avaliación indicados máis arriba terán o mesmo peso en calquera dos tres escenarios. As particularidades que poderemos atopar ao longo deste curso no proceso avaliador limitaranse só aos medios de recollida das evidencias de aprendizaxe, tal e como describimos a continuación.
1. PARTICIPACIÓN: 20%
O control de asistencia na aula presencial pode substituírse, cando sexa preciso, polo informe de asistencia ás reunións de MS Teams.
2. TRABALLOS: 40%
En calquera dos tres escenarios, e como ven sendo habitual, os documentos de entrega e corrección de traballos canalízanse pola aula virtual da materia, coa axuda da ferramenta “tarefa”.
3. EXAME: 40%
Se a proba obxectiva tipo test, complementaria á avaliación continua, non se puidese realizar de xeito presencial, converteríase nunha proba virtual en modalidade síncrona, xestionada mediante a aula virtual da materia e a plataforma MS Teams.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Entregará os traballos (ponderación: 40%) na aula virtual da materia e a súa proba final (ponderación: 60%), que consta de dúas partes, no caso de non poder ser presencial terá que ser telemática, coa axuda da aula virtual e a plataforma MS Teams.
MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
12.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
29.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |