Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Facilitar o coñecemento e dominio aplicado das claves metodolóxicas e epistemolóxicas da investigación cualitativa e das técnicas de achegamento á realidade asociadas.
2. Afondar nos soportes conceptuais, teóricos e metodolóxicos nos que se sustenta o proceso de planificación socioeducativa.
3. Delimitar as fases e identificar aspectos significativos no deseño de programas socioeducativos.
4. Seleccionar procedementos e instrumentos metodolóxicos adecuados á finalidade do programa e a cada unha das súas fases.
5. Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.
6. Valorar o deseño de programas como unha ferramenta de futuro sustentada no profundo coñecemento do presente.
7. Analizar os modelos de avaliación de programas socio-comunitarios.
8. Coñecer as técnicas e instrumentos para a recollida de información na avaliación de programas socio-comunitarios.
9. Estudar as fases da avaliación de programas
Seminario 1: Deseño de programas socioeducativos
1. A planificación socioeducativa como instrumento para a transformación social.
Concreción terminolóxica.
2. O deseño de programas: elementos e fases.
- As bases contextuales e o diagnóstico da realidade socioeducativa. Procedementos, métodos e técnicas. Investigación-acción participativa
- A formulación de alternativas: marco conceptual, obxectivos, contidos e propostas de avaliación.
3. A implementación do programa: factores de xestión.
4. A planificación estratéxica: un futuro posible socialmente compartido.
Seminario 2: Metodoloxía da avaliación de programas de intervención socio-comunitaria
1. Fundamentos e conceptos básicos sobre a avaliación de programas socio-comunitarios
2. O proceso xeral da avaliación de programas socio-comunitarios: o deseño da avaliación
3. Paradigmas e Modelos de avaliación de programas socio-comunitarios
4. A avaliación da implementación
5. A avaliación do proceso
6. A avaliación de resultados
7. Técnicas e instrumentos para a recollida de información na avaliación de programas socio-comunitarios
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alvira, M.F. (1991). Metodología de la evaluación de programas. CIS.
Fernández-Ballesteros, R. (1996). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Síntesis Psicología.
Ferraces, M.J., Godás, A., e García, J. (2019). Cómo realizar un estudio científico en Ciencias Sociales, de la Educación y de la Salud. Dykinson.
Lukas, J.F. e Santiago, K. (2009). Evaluación educativa. Alianza editorial
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación. Narcea
Pino-Juste, M. (2017). Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social. Alianza Editorial
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Campbell, T.D. e Stanley, C.J. (1966). Experimental and Quasi-Experimental Designs for Research. Rand McNally & Company.
Chinmann, M., Imm, P., e Wandersman, A. (2004). Getting to outcomes 2004: Promoting accountability through methods and tools for planning, implementation and evaluation. RAND Corporation. Disponible en http:///www.rand.org.
Donaldson, I.S. e Scriven, M. (2003). Evaluating social programs and problems. LEA.
Díez, E.J. (2013). Investigación-acción participativa: el cambio cultural con la implicación de los participantes. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 16(3), 115-131. file:///C:/Users/Usuario/Downloads/Dialnet-InvestigacionaccionParticipativa-4611716.pdf
Fernández, T. e Ponce de León, L. (coords.) (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Pirámide.
García, G. e Ramírez, J. M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
García, M.J. (2014). Diseño, desarrollo y evaluación del programa educativo socio-comunitario global con padres "Su educación, nuestra prioridad" en un centro de educación primaria en California. Revista Internacional de Educación para la Justicia Social (RIEJS), 3(1), 191-216.
https://cutt.ly/Hb4m4Pi
Krueger, A.R. (1991). El grupo de discusión. Pirámide.
Patton, Q.M. (2001). Qualitative evaluation and research methods. Sage.
Pereda C. e De Prada, M.A. (2014). Investigación-Acción participativa y perspectiva dialéctica. Arxius de Ciencias Sociales, 31, 57-68.
https://cutt.ly/Yb4QlEH
Rossi, P.H., Freeman, H.E., e Lipsey, M.W. (1999). Evaluation. A systematic approach. Sage.
Santos Rego, M.A., Godás Otero, A., e Lorenzo Moledo, M.M. (2009). Evaluation of the implementation of a socio-educational program with immigrant families: A case study. Evaluation and Program Planning, 32(1), 21-30.
Taylor-Powell, E., Rossing, B. e Geran, J. (1998). Evaluating collaboratives. Reading the potencial. University of Wisconsin (Dispoñible en www1.uwex.edu/ces/pubs/)
Xerais
- Capacidade de aplicación de modelos e procedementos de investigación a problemas concretos do campo educativo.
- Capacidade de análise e selección de procedementos metodológicos na investigación socioeducativa.
- Capacidade de aplicación das TIC na investigación educativo-cultural e na xestión da información.
- Capacidade de integración e comunicación en equipos multidisciplinares de investigación.
- Coñecer os principais enfoques e estratexias de avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
- Capacidade para resolver problemas e tomar decisións metodológicamente consistentes no deseño e avaliación de programas socioeducativos.
Específicas
- Capacidade de análise e interpretación dos procesos de planificación socioeducativa, entendidos como unha complexa toma de decisións que implica o manexo de coñecementos teóricos, ideoloxía e valores, recursos e posta en valor de potencialidades de territorios, comunidades e grupos humanos.
- Capacidade de aplicar estratexias e seleccionar procedementos metodológicos adecuados ao deseño de programas socioeducativos.
- Capacidade de deseñar proxectos de investigación orientados en todo ou en parte á planificación e implementación de programas socioeducativos.
- Coñecemento dos principais enfoques e estratexias de avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
- Dominar as bases metodológicas da implementación de programas.
- Coñecer o proceso de avaliación da implementación, do proceso e dos resultados das intervencións.
- Adquirir habilidades para deseñar instrumentos de avaliación de programas cando non existen procedementos estandarizados
- Adquirir as habilidades e recursos necesarios para deseñar a avaliación dun programa de intervención socio-comunitaria
- Desenvolvemento de habilidades de procura e manexo de información e fontes documentais en diversos soportes, relativos ao deseño, implementación e avaliación de programas socioeducativos.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos: clases teóricas, actividades de aula, traballos autónomos de carácter monográfico individual e grupal, titorización do proceso de ensinanza e aprendizaxe, etc., propiciando en todo momento o compromiso coa aprendizaxe significativa.
Tamén, de ser factible, contémplase a realización de prácticas de campo (visitas a institucións socioeducativas), incluso compartidamente con outras materias, como actividade relevante para o coñecemento e conexión co desenvolvemento práctico da planificación e avaliación de programas.
Para o óptimo desenvolvemento do proceso formativo resulta imprescindible o traballo persoal continuado das alumnas e alumnos, tanto na lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e na busca de novas achegas, como na participación activa no desenvolvemento das sesións.
ACTIVIDADES
a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase e titoría.
b) Realización das actividades e prácticas de aula.
Prácticas obrigatorias da materia:
- Elaboración do esquema do deseño e avaliación dun programa socioeducativo (en parellas)
c) Deseño dun programa socioeducativo (síntese comentada) (individual).
d) Realización do exame final da materia (4 preguntas curtas)
ALUMNADO ACOLLIDO Á AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por Módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Neste caso as actividades e criterios de avaliación da materia son os seguintes:
Actividade a) requisito para proceder á avaliación
Actividade b) 30% cualificación
Actividade de avaliación do Módulo I 70% cualificación
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://cutt.ly/eb9KiQz), con exención total de docencia (https://cutt.ly/rb9KkQC), ou que por circunstancias imprevistas inescusables debidamente acreditadas, non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as actividades de aula), seguirá as seguintes actividades e criterios de avaliación:
Actividade c) 50% cualificación
Actividade d) 50% cualificación
ALUMNADO MATRICULADO COMO COMPLEMENTO DE FORMACIÓN
O alumnado matriculado na materia como complemento de formación metodolóxica seguirá as seguintes actividades e criterios de avaliación
Actividade a) requisito para proceder á avaliación
Actividade b) 20% cualificación
Actividade c) 80% cualificación
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías obligatorias: 3 horas
Actividades: 51 horas
Traballo total do alunmo/a: 75 horas
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deberanse ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2021-2022
Metodoloxía
Escenario 1: Docencia presencial con desenvolvemento de prácticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorías serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas. A proba final desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) serán de carácter presencial, mentres que as sesión expositivas pasarán a ter un carácter virtual facendo uso das plataformas habilitadas (Teams e o Campus Virtual). As titorías poderán ser presenciais ou virtuais. A proba final desenvolverase de maneira virtual síncrona.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. A proba final desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
Avaliación
En calquera dos tres escenarios nos remitiremos o apartado de avaliación que figura neste programa.
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Moran De Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813848
- Correo electrónico
- carmen.moran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
11.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |