Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar o significado da realidade social como “realidade dinámica”.
- Analizar a realidade educativa como sistema no conxunto dinámico do sistema social.
- Indagar na esixencia epistemolóxica que leva consigo o estudo do cambio socioeducativo.
- Concretar o determinismo metodolóxico respecto ao cambio socioeducativo.
- Valorar a importancia da investigación na orientación da práctica educativa.
- Dar conta dos principais paradigmas respecto ao cambio socioeducativo.
1.- Contextualización teórica do cambio socioeducativo. A concreción do significado do cambio e a consecuente determinación epistemolóxica.
2.- Socialización, educación e estrutura social: reprodución-cambio social.
3.- Principais paradigmas no estudo-investigación do cambio socioeducativo.
4.- A investigación social como orientación da práctica educativa.
5.- A investigación-acción como proceso metodolóxico de indagación e acción-intervención socioeducativa.
6.- O educador ante o cambio social. “O educador ha de ser educado”.
7.- A dinámica do cambio planificado.
Non se espere un repertorio bibliográfico xeneral, senón unha simple indicación ou orientación conforme a un compromiso teórico-metodolóxico. O profesorado entregará a principio de curso un material para o estudo básico do contido, e nel detallarase a bibliografía pertinente. Ademais, o profesorado orientará a bibliografía adecuada ás exposicións de clase, así como a concreta e puntual que poida requirir o alumnado.
Entre a bibliografía que pode considerarse básica, no ámbito da obra xeral dos autores máis clásicos, cabe citar:
Bachellard, G. (1973). Epistemología. Barcelona: Anagrama.
Bunge, M. (1985). Seudociencia e ideología. Madrid: Alianqa Universidad.
Durkheim, E. (1976). Educación y sociología. Salamanca: Sígueme.
Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Fierro, C.; Fourtoul, B. e Lesvia, R. (1999). Transformando la práctica docente: una propuesta basada en la investigación-acción. México: Paidós.
Kerlinger, F.N. (1984). Investigación del comportamiento. Técnicas y metodologías. México, Interamericana.
Latorre, A. (2003). La investigación-acción: conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graò.
Martínez, M. (1996): Comportamiento humano: nuevos métodos de investigación. México: Trillas.
Martínez, M. (2006): Ciencia y arte en la metodología cualitativa. México: Trillas.
Pérez Serrano, G. (1990). Investigación-acción: aplicaciones al campo social y educativo. Madrid: Dykinson.
Tojar, J. C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Madrid: Ediciones La Muralla.
Weber, M. (1993). Economía y sociedad. Esbozo de sociología comprensiva. México: Fondo de Cultura Económica.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO:
- Alcanzar unha adecuada comprensión estrutural e dinámica acerca dos exercicios da política educativa.
- Identificar factores, respostas e procesos de cambio presentes nos máis destacados exercicios de política educativa.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Dominar as destrezas técnicas e analíticas que fagan posible a comprensión dos factores, de toda índole, que condicionan os exercicios de política educativa na dinámica estrutural da política social e dos procesos de cambio social.
Proponse unha metodoloxía baseada no principio de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación da temática, orientando ao alumnado respecto dos centros de interese nos que conveña afondar dende o punto de vista documental e bibliográfico.
As clases prácticas de seminario desenvolveranse a partir da análise de situacións e lecturas de textos que complementen e amplíen as exposicións do profesorado, e que o alumnado terá que traballar, a nivel individual, baixo a supervisión do profesorado.
As titorías serán individuais e grupais.
A asistencia será obrigatoria, sendo supervisada e acreditada polo profesorado mediante os sistemas que se determinen a tales efectos.
AVALIACIÓN POR MÓDULOS:
A Comisión Académica do Master, reunida o 6 de xuño de 2020, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse.
Neste tipo de avaliación o alumnado terá que facer un traballo que servirá para todas as materias do módulo I do master, correspondéndolle o 70% da nota final, quedando o outro 30% para as actividades que se vaian desenvolvendo nas clases interactivas.
AVALIACIÓN DA MATERIA INDIVIDUAL:
Neste caso, realizarase unha proba escrita do contido impartido nas clases expositivas. O alumno realizará un exame final na data establecida no calendario académico do Master. O exame consistirá en desenvolver un tema, proposto polo profesorado, no que se valorará a capacidade de relación e de síntese respecto ao contido explicado.
No conxunto da cualificación da materia, a nota do exame terá un valor do 50%.
Así mesmo, o alumnado realizará unha serie de tarefas prácticas, que consistirán en comentarios escritos, tanto individuais como en grupo, solicitados polo profesorado, e que terán un carácter obrigatorio. Estes comentarios serán de textos e de “propostas” concretas formuladas en clase.
No conxunto da cualificación da materia, a nota final das prácticas de seminario terá un valor do 50%.
AVALIACIÓN DA MODALIDADE DE COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN:
A avaliación do alumnado de complementos de formación será a mesma que a avaliación da materia individual.
Implicación do alumnado no razoar e argumentar durante as clases expositivas. Confección dun guión persoal para preparar o exame final no caso de non ter elixido a avaliación por módulos.
Participación activa nas prácticas de seminario, elaborando por escrito, e persoalmente, os traballos de comentarios de texto ou situacións concretas propostos polo profesorado. Traballos que se entregarán no tempo previamente establecido.
Valorarase a aprendizaxe do razoar e argumentar e non o exercicio memorístico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
Plan de Continxencia, curso académico 2021-2022
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2021-2022
METODOLOXÍA:
A metodoloxía que se expón aplicaríase no caso dos escenarios 1 e 2.
Aínda que no escenario 2, poderíanse impartir as clases interactivas en grupos pequenos de xeito presencial e as clases expositivas de xeito virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuais.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. Tanto o exame ou proba final como as actividades prácticas desenvolveríanse de maneira virtual síncrona.
AVALIACIÓN:
Tanto nos escenarios 1 e 2 seguiríase mantendo o proposto neste programa, tanto si é unha avaliación por módulo como de materia individual.
No caso do escenario 3, se a avaliación é por módulos mantense igual que nos outros dous escenarios. No caso da avaliación da materia individual entendemos que se debe modificar a porcentaxe do exame e das actividades prácticas na nota final, quedando do seguinte xeito: Proba ou exame 40% e actividades prácticas 60%.
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Caride Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
11.01.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
06.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |