Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
— Realizar estudos de necesidades formativas no contexto educativo, social e produtivo.
— Coñecer os organismos e institucións mentores da formación.
— Planificar accións formativas desde a macro e microdidáctica.
— Avaliar os investimentos en formación, así como a eficacia e o impacto da mesma.
— Xestionar de maneira integrada persoas e valores determinando as necesidades formativas.
— Elaborar criterios para a análise e valoración de estudos e investigacións sobre a formación de persoas en escenarios sociais diversos.
— Procesos de deseño, xestión e validación de estudos de investigación social, aplicados á formación. Estudos de demandas sociais e mercado dos servizos da Administración Pública.
— Diagnóstico de necesidades de formación atendendo aos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
— O armazón institucional das formacións profesionalizadoras: Organizacións internacionais e comunitarias con competencias na formación profesional.
— Plan de detección de necesidades e demandas sociais e produtivas de formación. Análise da realidade: fases, obxecto de estudo, recollida de información, etc.
— A análise e descrición do traballo, e a determinación de perfís profesionais como referente para a planificación (métodos de recollida de información, descrición de postos e construción do perfil profesional).
— A dimensión microdidáctica da formación. Definición de grupos destinatarios e itinerarios. Deseños curriculares de programas, actividades formativas e cursos. Estruturación e contidos. Estratexias de intervención e metodoloxía didáctica. Avaliación de actividades formativas.
— A dimensión macrodidáctica ou de planificación e xestión da formación e a xestión da calidade. O perfil do directivo e as súas funcións. A xestión da formación de calidade como instrumento de xeración do coñecemento no marco da xestión dos Recursos Humanos por competencias, o capital intelectual e a creación de recursos intanxibles para o avance da calidade dos servizos públicos, a atención aos dereitos democráticos e á cultura da paz.
— Plan estratéxico de xestión comercial e mercadotecnia da oferta formativa. Deseño, desenvolvemento e avaliación e avance.
— A investigación sobre o profesorado, a súa formación, desenvolvemento profesional e competencias: estado da cuestión (perspectivas, temáticas e metodoloxías).
Básica:
Alles, M. (2019). Formación, capacitación, desarrollo. Diseñar, planificar e implementar actividades formativas efectivas y eficaces. Gránica.
Albizu, E. (2011). Dirección estratégica de los recursos humanos. Teoría y práctica (2ª edic.). Pirámide.
Andrés, M. P. (2020). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide
Berrocal, F. e Alonso, M.A. (2020). Técnicas de formación y desarrollo de personas en las organizaciones. Editorial Universitaria Ramón Areces
Lieberman, A. e Miller, L. (Eds.) (2003). La indagación como base de la formación del profesorado y la mejora de la educación. Octaedro.
Pineda, P. (Coord.) (2008). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Complementaria:
Alles, M. (2008). Desarrollo del talento humano. Gránica
Bermejo, B. (2006). La formación a lo largo de la vida: exigencias sociolaborales-desarrollo personal. Educar, 38,15-32. https://educar.uab.cat/article/view/v38-bermejo
Calvo, R. e Gómez, J. (2007). El papel de las técnicas de investigación social en ciencias laborales y recursos humanos. Un análisis de las salidas profesionales desde la perspectiva académica. Revista Trabajo, 19, 77-92.
Diz, M. J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de estudios e investigación en psicología y educación, Extr.(6), 6-10. DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2017.0.06.2132
Fernández, M. D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Grupo Editorial Universitario.
Gairín, J. (2011). Formación de profesores basada en competencias. Bordón, 63(1), 93-108.
Gairín, J. (2017). Creación y gestión del conocimiento intergeneracional: reflexiones y propuestas. Revista Vasca de Gestión de Personas y Organizaciones Públicas, 1, 42-59
Gan, F. e Berbel, G. (2007). Manual de recursos humanos. 10 programas para la gestión y el desarrollo del Factor Humano en las organizaciones actuales. UOC.
Llorens, S. (s.f.). Detección de necesidades formativas: una clasificación de instrumentos. Universidad Jaume I. https://ldiazvi.webs.ull.es/detnecfor.pdf
Mad Comunicación (2019). EL plan de formación de la empresa 2019. Guía práctica para su elaboración y desarrollo. Fundación Confemetal.
Marbá-Tallada, A. e Garín, J. (2013). Evaluación del conocimiento didáctico y científico del profesorado: el caso del sistema educativo de Panamá. Revista de investigación y experiencias didácticas, 31(3), 229-247. https://ensciencias.uab.es/article/view/v31-n3-marba-tallada-gairin-tal…
Martín, F., Romero, P. M. e Sánchez, G. (2009). La investigación en dirección de recursos humanos: análisis empírico de los procesos de construcción y comprobación de la teoría. Revista Europea de Dirección y Economía de la Empresa, 18(3), 37-64.
Molina, N. y Contreras, A. (2007). Detección de las necesidades formativas de los equipos directivos: paso previo para el diseño de planes de formación. Acción pedagógica, 16, 70-81.
Moreno, A., Mataix, C. e Mahou, A. (2010). Claves para la gestión de puestos de trabajo en las organizaciones en red. Dirección y Organización (On line), 43, 2171-6323.
Patricio Jiménez, D. (2007). Manual de recursos humanos. ESIC.
Pérez, M. P. (2000). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea.
Rodríguez, M. M. (2006). Diseño y organización de puestos en nuevos entornos de trabajo. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga.
Rodríguez, D. e Gairín, J. (2015). Innovación, aprendizaje organizativo y gestión del conocimiento en las instituciones educativas. Educación, 24(46), 73-90. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5061324
Tomás, M. (2006) (coord.). La cultura i el clima organitzacional a l’Educació Secundària. Educar, 32, 195-225. https://educar.uab.cat/article/view/v38-tomas-castro-graells-et-al/155
— Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións.
— Definir problemáticas relevantes de investigación, relativos á detección de necesidades de formación, a planificación e a xestión da formación en contextos educativos, sociais e produtivos.
— Proxectar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades até a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación.
— Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia dos achados á mellora das prácticas profesionais.
Desenvolverase a materia por medio dunha metodoloxía activa-participativa. Fomentarase o traballo autónomo e en equipo, propondo estratexias de traballo colaborativo.
— Exposicións docentes: presentación de contidos básicos e actividades.
— Actividades dos estudantes: exercicios prácticos de lectura e análise de documentos (artigos, informes de investigación, etc.). Estudo de casos, resolución de supostos, elaboración de informes e relatos, debates, etc. Elaboración de traballos individuais e en pequeno grupo.
Con fin de poder establecer conexións entre as tres materias que forman parte do Módulo de Investigación (Avaliación de Programas e Institucións; Formación e Recursos Humanos; E-Learning), contase coa realización de obradoiros para abordar os procesos de formación, coas achegas dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedade ao afrontar a resolución de casos prácticos. O fin desta tarefa é poder establecer pontes e conexións entre as materias permitindo o desenvolvemento dun traballo transdisciplinar.
O traballo desta proposta supoñerá a organización do alumnado en tres grupos desde o inicio de curso. A cada alumno asignaráselle un caso. A distribución de casos será estable ao longo do semestre entre as diferentes materias que compoñen o Módulo de Investigación.
A proposta desenvolverase en cada unha das materias, á luz dos coñecementos específicos traballados mediante sesións interactivas específicas que permitan poñer en contexto, a través dos casos asignados, as aprendizaxes en situacións reais que os poñan en valor. Este traballo de enriquecemento coordinado terá peche nunha sesión conxunta, coincidindo co final da docencia, onde darán conta dunha visión holística dos casos. Nesta sesión contarán coa participación do profesorado do Módulo de Investigación, o que permitirá ter unha visión e devolución transversal mediante un diálogo a partir do traballo mostrado.
As materias que integran o módulo recollerán nas súas avaliacións o traballo que de forma específica se desenvolverá en cada unha delas. Terase en conta ademais o produto final que se desenvolverá de forma transversal para o conxunto.
— A primeira competencia: Desenvolver unha actitude positiva cara á investigación como ferramenta por excelencia para a comprensión e mellora da formación nas súas diversas manifestacións, adquírese por medio das actividades do alumnado, a través do estudo de casos e os debates dirixidos, tanto presenciais como en liña.
— A competencia segunda: Definir problemáticas relevantes de investigación, relativas á detección de necesidades de formación, a planificación e a xestión da formación en contextos educativos, sociais e produtivos, adquírese por medio das actividades conxuntas de alumnado e profesorado, a través do traballo colaborativo, resolvendo tarefas concretas titorizadas polo profesorado, presencialmente e a distancia.
— A terceira competencia: Proxectar plans de formación desde o diagnóstico de necesidades e o establecemento de prioridades até a concreción en accións de formación, o seguimento e a avaliación, adquírese a través do traballo dos/as docentes, e o persoal e grupal do alumnado na aula física e virtual, titorizados polo profesorado.
— A competencia cuarta: Contribuír ao establecemento de relacións entre a investigación, as políticas, e as prácticas da formación posibilitando a transferencia dos achados á mellora das prácticas profesionais, lógrase mediante accións persoais e en equipo dos estudantes, guiados polo profesor/a.
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1) Unha avaliación continua a través do seguimento do traballo autónomo levado a cabo polos/as estudantes nos diversos ámbitos: a participación activa e achegas nas clases presenciais e a distancia, seminarios, foros, chat, prácticas de laboratorio e a realización de informes.10%
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análises de materiais, representación de roles, videoforum, videoconferencia, etc. 30%
3) A realización de tarefas propostas nos talleres/prácticas de laboratorio. 20%.
4) A realización dun traballo individual centrado na realización dun suposto práctico, a resolución dun problema ou o informe sobre unha investigación que esixirá dos e as estudantes competencias de comprensión, análise, síntese e avaliación. 30%
5) A presentación do informe realizado. Os estudantes disporán en todas as situacións dos criterios de avaliación a utilizar, tanto para a súa autoavaliación como para a realizada polo profesorado. 10%
De acordo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, aquel alumnado con dispensa presencial de docencia en todas as sesións, contará coa mesma ou outra alternativa de traballo que lle permita ter as mesmas probabilidades e criterios de avaliación, aínda que con diferentes instrumentos e metodoloxía de traballo. Terase en conta a temporalidade da ausencia.
Igualmente, se proporcionará unha alternativa de traballo para o alumnado procedente de estudos de doutoramento, que curse a materia como “complemento de formación”
Todos/as os/as estudantes, que se atopen nalgunha das situacións anteriores, deberán solicitar unha titoría ou videotitoría nos primeiros dez días de inicio da materia, para concretar o que afecte a súa avaliación personalizada.
Polo que respecta á avaliación da segunda oportunidade, especificarase o procedemento no inicio da materia de xeito escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Horas presenciais: 48 horas
12 h. expositivas presenciais,
6h expositivas a distancia,
16 h. interactivas presenciais,
8 h. interactivas a distancia
6 h. de titoría.
Documentación estudo: 30 h.
- Lecturas recomendadas: 30 h.
- Elaboración do traballo grupal: 40 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, desde a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia alcanzando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo alcanzar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
— Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
— Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
— Realización e participación activa nas actividades prácticas.
— Traballo do alumno/a dun modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
— Consulta frecuente da aula virtual.
— Uso das titorías individuais e grupais.
RECOMENDACIÓN PREVIAS
Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ó procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ó EEES
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Ao mesmo tempo, seguiranse as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Recomendase consultar a Guía Práctica do Estudiantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudan…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar no seguinte enderezo:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero e ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ó respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación ós traballos persoais ou de grupo que se realicen para la materia deben terse en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ó seu emprego como instrumento de traballo seguido as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ó alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e/ou estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jose Ramon Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- xoseramon.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17.01.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |