Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1- Coñecer as metodoloxías, liñas e principais problemáticos de investigación do campo do e-learning
2.- Analizar investigacións para valorar os resultados que propoñen para o avance no campo científico
3.- Deseñar, implementar e avaliar propostas formativas en contextos de e-learning
4- Desenvolver habilidades para formar e asesorar aos formadores no deseño e desenvolvemento de propostas de e-learning en diferentes contextos
1.- A Tecnoloxía Educativa como campo de coñecemento científico. Deseños, problemáticas e liñas de investigación actuais. Investigación sobre os usos das redes na educación e na formación.
2.- Elearning: Ferramentas e servizos tecnolóxicos para elearning. Cursos en liña ou distribuídos, aulas virtuais, contornas de aprendizaxe, redes de aprendizaxe, PLE.
3.- Deseño de escenarios flexibles de formación e contidos dixitais. Distribución da información, distribución da instrución, comunicación e traballo colaborativo.
4. A avaliación de elearning.
Bibliografía Básica
- Cabero, J. (2015). Reflexiones educativas sobre las tecnologías de la información y la comunicación (TIC). Revista Tecnología, Ciencia y Educación, 1, 19-27.
- Cabero, J. (2016). ¿Qué debemos aprender de las pasadas investigaciones en Tecnología Educativa?. Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, 0, 23-33.
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. y Casal-Otero, L. (2019). Tecnologías emergentes y metodologías didácticas: dos ejes básicos para el éxito educativo. En M.A. Santos Rego, A. Valle Arias, y M. Lorenzo Moledo (Eds.), Éxito educativo. Claves de construcción y desarrollo (pp.173-196). Tiran Humanidades.
- Cebreiro, B., Fernández-Morante, C., y Casal-Otero, L. (2022). La Tecnología Educativa y el desafío de la formación en red. En M.A. Santos (Coord.) La educación en red. Una perspectiva multidimensional. Octaedro (en prensa)
Bibliografía Complementaria
- Aguaded, J. I., y Cabero, J. (2014). Avances y retos en la promoción de la innovación didáctica con las tecnologías emergentes e interactivas. Educar, 50(1), 67-83.
- Avello Martínez, R. y Duart, J.M. (2016). Nuevas tendencias de aprendizaje colaborativo en e-learning. Claves para su implementación efectiva. Estudios Pedagógicos, 42 (1), 271-282.
- Barberá, E. (2006). Aportaciones de la tecnología a la e-Evaluación. RED. Revista de Educación a Distancia, Monográfico 6, 1-13.
- Barroso, J. y Cabero, J. (2013). Replanteando el e-learning: Hacia el e-learning 2.0. Revista Campus Virtuales, 2(2), 76-87.
- Cabero, J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 3(1), 1-10.
- Cabero, J. y Llorente Cejudo, M.C. (2015). Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC): escenarios formativos y teorías del aprendizaje. Revista Lasallista de investigación, 12(2),186-193.
- Cabero, J. y Palacios-Rodríguez, A. (2021). La evaluación de la educación virtual: las e-actividades. RIED: revista iberoamericana de educación a distancia, 24(2), 169-188.
- Cepeda Romero, O., Gallardo Fernández, I. M. y Rodríguez Rodríguez, J. (2017). La evaluación de los materiales digitales. RELATEC, 16, 2, 79-95.
- Gallego Arrufat, M.J. (2014). Tendencias y retos de la investigación en Tecnología Educativa. EMETIC, 3(29), 3-6.
- Gros, B. (2015). La caída de los muros del conocimiento en la sociedad digital y las pedagogías emergentes. Education in the Knowledge society (EKS), 16(1), 58-68.
- Gros, B. (2016). Retos y tendencias sobre el futuro de la investigación acerca del aprendizaje con tecnologías digitales. RED. Revista de Educación a Distancia, 50(10), 1-13.
- Hernández-Selles, N., Muñoz Carril, PC. y González-Sanmamed, M. (2019). Computer-supported collaborative learning: An analysis of the relationship between interaction, emotional support and online collaborative tools. Computers & Education, 138, 1-12.
- Rodríguez Rodríguez, J., Bruillard, E. y Horsley, M. (2015) (Coords). Digital Textbooks, What´s New? (http://www.usc.es/libros
/index.php/spic/catalog/book/759). IARTEM/Servizo de Publicacións USC.
- Rubio, M. J. (2003). Enfoques y modelos de evaluación del e-learning. RELIEVE, 9(2), 101-120.
- Salinas, J. (2012). La investigación ante los desafíos de los escenarios de aprendizaje futuros. RED. Revista de Educación a Distancia, 11(32), 1-13.
- Salinas, J. y Benito Croseti, B. (2020). Construcción de itinerarios personalizados de aprendizaje mediante métodos mixtos. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, 65, 31-42
- Salinas, J., de-Benito, B., Moreno García, J., y Lizana Carrió, A. (2022). Nuevos diseños y formas organizativas flexibles en educación superior: construcción de itinerarios personales de aprendizaje. Pixel-Bit: Revista de medios y educación, 63, 65-91.
- Salinas, J., Benito Croseti, B., Perez i Garcias, A. y Gisbert, M. (2018). Blended learning, más allá de la clase presencial. RIED, 21(1), 195-213.
Revistas especializadas e on line
http://acdc.sav.us.es/pixelbit/
http://edutec.rediris.es/Revelec2/Revelec43/
Competencias Xerais:
Ser competente para:
1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a Formación.
2. Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
3. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
4. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
Competencias específicas
1. Ser competente para formar e asesorar aos formadores no uso pedagóxico dos distintos medios didácticos: impresos, visuais, auditivos, audiovisuais, informáticos e multimedia, así como nos criterios pedagóxicos adecuados para a correcta integración dos medios didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe específicos.
2. Deseñar/programar cursos de formación nos que quede claramente especificado o papel que van a desempeñar os medios didácticos, así como o "para que, por que e como" de súa utilización.
3. Ser capaz de definir problemáticas relevantes de investigación e analizar investigacións de elearning.
4. Deseñar e avaliar propostas formativas en rede identificando as posibilidades das redes telemáticas e os materiais multimedia para elearning.
5. Ser capaz de analizar diferentes plataformas virtuais de formación e colaboración, ferramentas Web 2.0 e servizos tecnolóxicos dispoñibles para elearning e saber empregar con finalidade didáctica estes recursos en contextos formativos diversos.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Terá un carácter fundamentalmente práctico. Levarán a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten. Todo iso estará apoiado nunha contorna virtual que permite a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, entrega de informes, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.). Experimentarase con contornas virtuais e diferentes ferramentas tecnolóxicas. Ademais da bibliografía mencionada, o profesor/a recomendará e distribuirá material complementario de carácter teórico e empírico para as actividades prácticas que permitirá completar o seguimento do temario. Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica que será indicada ao alumnado, durante o proceso de ensino-aprendizaxe
Nesta materia proporanse actividades relacionadas coa investigación en elearning e a creación/avaliación de contornas de formación en rede e contidos dixitais.
Actividades de formación:
- Presentación, explicación de temas, análises documentación, dossier da materia
- Análises de investigacións, experiencias e exemplos de boas prácticas de elearning
- Tráballo coa documentación, elaboración de informes, visualización e análises de materiais de elearning, resolución de problemas
- Actividades prácticas con medios e deseño de propostas formativas en rede e análises de plataformas, ferramentas e servizos de elearning.
- Manexo de software e hardware específico.
Traballo conxunto do Modulo de investigación:
Ademais, de forma interdisciplinar coordinarase con outras materias do módulo de investigación para o desenvolvemento de traballo conxunto e actividades nas que poñer en xogo as competencias. Este traballo, por tanto, implica que se aplican os coñecementos da materia e para a súa presentación é necesario realizar as actividades prácticas da materia de forma adecuada. As materias que comparten módulo realizarán un taller para abordar os procesos de formación coas apartacións dos distintos ámbitos de especialización e favorecer a interdisciplinariedade na resolución de casos prácticos. As sesións do taller son obrigatorias e contarán coa participación do profesorado do Módulo de Investigación o que permitirá ter unha visión interdisciplinar.
Cada persoa terá asignado un caso práctico para analizar. Esta organización será estable ó longo do semestre entre as diferentes materias que compoñen o Módulo de Investigación. A proposta desenvolvese en cada unha das materias cos coñecementos específicos traballados en sesións interactivas que poñen en contexto, a través dos casos, os aprendizaxes en situacións reais. As sesións contarán coa participación do profesorado do Módulo de Investigación o que permitirá ter una visión interdisciplinar. As materias que integran el módulo recollerán nas avaliacións a cualificación do traballo.
As sesións presenciais distribuiranse en clases expositivas-interactivas. Empregaranse as ferramentas do que dispón a plataforma da universidade para o desenvolvemento del 40% dos contidos da materia. Ademais, empregarase software especializado e espazos virtuais para a experimentación e deseño de propostas didácticas. Nas sesións online continuaranse as actividades iniciadas nas sesións presenciais e darase o apoio ao traballo individual con ferramentas tecnolóxicas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia por normativa establecese nun mínimo do 80% das sesións de clases obrigatorias. Nesta materia é imprescindible a asistencia ás sesións expositivas e interactivas polo seu contido práctico polo que non se aplica a exención de docencia. Ademais, nesta materia as sesións interactivas son de tipo prácticas de laboratorio e para as situacións protexidas na instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC sobre dispensa da asistencia establecerase un plan específico que requirira o seguimento con continuidade asistindo ás clases por conexión de videoconferencia.
No caso de estudantes de complementos de formación e dispensa elaborarase unha proposta de formación individualizada para as actividades programadas. Nas propostas individuais incluiranse tres actividades específicas e das actividades programadas para todo o grupo seleccionaranse algunhas para realizar de forma individual. Ademais, no casos de complementos de formación e dispensa realizarase un exame específico.
A avaliación será continua. A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1) Unha avaliación continua a través do seguimento do traballo levado a cabo por cada estudante nos diversos ámbitos: a participación e aportacións nas clases, seminarios, prácticas de laboratorio e a realización de informes. Este converterase na ferramenta por excelencia para a aprendizaxe autónoma. 10%
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como estudos de investigacións, deseño e elaboración de propostas formativas con TIC, análise de materiais, representación de roles, etc. 60%
3) A realización das tarefas e asistencia obrigatoria as sesións do taller do Traballo fin de modulo sobre un caso, elaboración de informe e defensa ante tribunal. 30%
Os e as estudantes dispoñerán en todas as situacións dos criterios de avaliación que se utilizarán en todas as instancias. Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso cumprir co requisito de asistencia previamente sinalado e ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (informes de actividades e prácticas ). As actividades só poden ser desenvolvidas durante o período de clase, a non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación. O traballo fin de módulo pódese presentar cando estean aprobadas as actividades prácticas realizadas nas sesións.
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso de estudantes de complementos de formación e dispensa elaborarase unha proposta de formación individualizada para as actividades programadas. O alumnado deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes a concesión e terá unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nas propostas individuais incluiranse tres actividades específicas e das actividades programadas para todo o grupo seleccionaranse algunhas para realizar de forma individual. Ademais, no casos de complementos de formación e dispensa realizarase un exame específico.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual, en parellas e/ou en grupo para realizar o prácticas
- estudo individual e continuado ao longo do semestre.
Aplicando os criterios de ECTS que asigna distintos factores ás horas de dedicación do traballo do alumno segundo o tipo de docencia establécese que para as sesións expositivas necesítase unha dedicación de 27h., para as sesións interactivas necesítase unha dedicación de 48h. e para as tutorías 24 h.
- Asistencia regular ás sesións de clase e participación nas actividades en liña que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante co profesorado).
- Uso adecuado das tutorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
Recomendacións para as materias
1º Respecto á normativa de protección de datos https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
2º Utilización do móbil na aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo"
3º Perspectiva de xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas
/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
4º Responsabilidade ambiental: en relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
5º Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
6º Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
USO DE DIFERENTES FERRAMENTAS PARA O SEGUIMIENTO DA MATERIA
-Será obrigatorio o uso do Campus Virtual institucional e das ferramentas integradas no paquete Office 365 da Universidade de Santiago de Compostela, así como as ferramentas dixitáis complementarias que a Facultade habilite para o desenvolvemento da docencia.
-O contacto co profesorado realizarase sempre a través de ferramentas institucionais e/ou outras complementarias que determinen para o seu uso académico. Utilizarase a mensaxería interna do campus virtual e o correo electrónico institucional (da USC) para mensaxes de texto privadas. Na aula virtual haberá un espazo de titoría pública para cuestións que afecten a todo o grupo-clase.
-O seguimiento da materia, polo seu propio contido, require o uso doutras ferramentas dixitáis non institucionais que non implicarán o uso de datos persoais.
Beatriz Cebreiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.01.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.06.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |