Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes aspectos:
- Coñecer e comprender os referentes teóricos da Orientación Profesional.
- Identificar a organización e funcionamento dos Servicios de Orientación Profesional no contexto educativo.
- Diagnosticar as necesidades persoais e institucionais en materia de Orientación Profesional.
- Coñecer os procesos orientadores, así como asesorar e coordinar accións de Orientación Profesional.
- Coñecer e aplicar técnicas, instrumentos e recursos de Orientación Profesional.
- Deseñar programas de Orientación Profesional.
A materia estrutúrase en torno a catro bloques temáticos:
BLOQUE TEMÁTICO I. Bases conceptuais da Orientación Profesional: Definición, obxecto, características esenciais, funcións, enfoques, modelos e estratexias de intervención.
BLOQUE TEMÁTICO II. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación no contexto educativo.
BLOQUE TEMÁTICO III. Instrumentos e recursos de Orientación Profesional: itinerarios formativos e de inserción laboral, probas de avaliación e diagnóstico, técnicas de busca activa de emprego, etc.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Deseño de programas de Orientación Profesional.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Bibliografía Básica:
• Ceinos, C. (2012). La Orientación Profesional en Educación. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. e Rodicio, M. L. (coords.), Orientación Educativa (pp. 163-186). Biblioteca Nueva.
• Rodicio, Mª.L. (2012). Diseño y evaluación de Programas de Orientación Educativa. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. e Rodicio, Mª.L. (coords.), Orientación Educativa. Nuevas perspectivas (pp. 271-295). Biblioteca Nueva.
• Sánchez García, Mª.F. (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
• Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria:
• Bisquerra, R. (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Ministerio de Educación.
• Donoso-Vázquez, T. e Sánchez Martí, A. (2013). Orientación Educativa y Profesional. Estudio de Casos. ISEP.
• Manzanares, A. e Sanz, C. (dirs.), (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer.
• Martínez-Clarés, P.; Pérez Cusó, F.J. e Martínez-Juárez (2014). Orientación Profesional en Educación Secundaria. En Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado 17(1), 57-71. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/reifop.17.1.198841
• Negro Moncayo, A. (2006). La Orientación en los Centros Educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Editorial Grao.
• Pérez, E. e outros (2005). Orientación, información y educación para la elección de la carrera. Paidós.
• Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
Páxinas web de interese :
- International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
- Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
- Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://www.todofp.es/orientacion-profesional/orientacion.html
No que atinxe á bibliografía, apúntase que esta poderá sufrir algunha modificación en función das circunstancias que poidan producirse durante o desenvolvemento da materia e, en caso necesario, a docente realizará as adaptacións oportunas para garantir o cumprimento dos obxectivos, bloques temáticos e contidos establecidos no programa.
Competencias Xerais:
CG11 – Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiado.
Competencias Específicas:
CEE18 – Coordinar a elaboración do Plan de Acción Titorial nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) e, no seu caso, o Plan de Orientación Académica e Profesional.
CEE20 – Asesorar e colaborar cos docentes e, en especial, cos titores, no acompañamento ao alumnado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións.
CEE21 – Orientar ao alumnado no seu coñecemento persoal, na progresiva definición e axuste dun proxecto de vida, e na adopción de decisións académicas e profesionais, de xeito que todo elo facilite a súa inserción laboral.
CEE22 – Coñecer, seleccionar, deseñar e aplicar estratexias e plans de información e orientación profesional para a transición ao mercado laboral e a empregabilidade.
CEE31 – Coñecer e empregar algunhas ferramentas dixitais básicas pola súa utilidade nas tarefas de orientación e titoría e no desenvolvemento das funcións do orientador.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas, dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas que terá lugar a presentación do marco teórico e conceptual da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
- Sesións Interactivas, nas que se levarán a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, análise de itinerarios, presentación na aula de actividades do alumnado, análise de casos prácticos, ...) co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos homoxéneos. Ao longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases. Ditas actividades abarcarán o coñecemento e emprego de diferentes procedementos, estratexias e técnicas destinadas a proporcionar as competencias máis directamente vinculadas coa práctica orientadora, referidas ao deseño de programas e proxectos de orientación, así como á familiarización co emprego das diferentes metodoloxías e recursos máis habituais no marco da Orientación Profesional.
Complementariamente, destácase que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. Deste xeito, a documentación empregada para o tratamento dos diversos temas e contidos estará a disposición dos alumnos/as na aula virtual. Así mesmo, sucederá con calquera material complementario presentado na aula ou que se considere necesario para o desenvolvemento dos contidos.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas en horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico ou de MS Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia. En relación ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, os estudantes deberán empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias terá un carácter integral e continuo, abarcando os seguintes aspectos:
1.- Realización dunha proba individual escrita sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Elaboración e presentación de actividades prácticas de carácter grupal (6-7) realizadas na aula e orientadas ao desenvolvemento de contidos teórico-prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización e avaliación de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final. Para poder ser avaliadas, o/a alumno/a deberá entregalas no prazo establecido pola profesora da materia.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido. Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración. Para obter unha valoración positiva da materia será necesario superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como ter superada a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos).
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O carácter presencial desta materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo nos supostos oficialmente considerados (exención de docencia). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC. Polo tanto, en ambos supostos, o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase levará a cabo as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame oficial na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. A un tempo, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase ou a exención de docencia, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación na convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles alumnos/as que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na seguinte convocatoria, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de xeito coordinado.
Nota de interese: recórdase que nos casos onde se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula: 24 horas repartidas en:
- Clases expositivas: 8 horas
- Clases interactivas: 12 horas
- Titorías: 4 horas
Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
- Estudo: 18 horas
- Preparación traballos: 28 horas
- Lecturas recomendadas: 5 horas
Tempo estimado Total: 75 horas
- Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados.
- Elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas encomendadas.
- Participación activa nas clases prácticas.
PROFESORA:
Cristina Ceinos Sanz. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Módulo A. Despacho Nº 18 (1º andar).
Teléfono: 8818 13823 E-mail: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
REALIZACIÓN DE TRABALLOS: Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Na realización das prácticas e traballos, seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles, "unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Cabe lembrar que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nestes casos, no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma, o alumnado debe poñerse en contacto coa profesora para establecer o plan de titorización e seguimento individualizado da materia.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernacións.
- Imprimir a dúas caras en calidade de "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DA CONTA DE CORREO RAI: O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación coa profesora.
OBRIGATORIEDADE DO EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PRIVACIDADE DO ENSINO-APRENDIZAXE (clases/ titorías), entendendo privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |